domingo, abril 01, 2012

Outra vez Reganosa por acima da nosa seguridade e da nosa vida

Tags

Planta de Regasificación de Mugardos - Entrada e saída de buques de GNL na ría de Ferrol

Emilio Bruquetas, Director Xerente da planta de regasificación de Mugardos, presentou un relatorio en Madrid, no transcuso da 37ª reunión do Comité de Seguimiento do Sistema Gasista, sobre a "Entrada e saída de buques de GNL na ría de Ferrol"

O Xestor Técnico do Sistema Gasista, dentro da estrutura do Comité de Seguimiento do Sistema Gasista, inclúe de xeito habitual unha conferencia sobre un tema de interese para o sector a cargo de profesionais convitados a participar como ponentes. Nesta ocasión no transcurso da 37ª Reunión do citado Comité, foi convidado o novo Director Xerente de Reganosa, Emilio Bruquetas Serantes, un ferrolán de 37 anos de idade que leva un ano na dirección da compañía gasista, aínda que formou parte do proxecto gasista desde o seu comezo. Un ferrolán licenciado en empresariais e cun master en dirección de empresa. Mais agora tamén un experto en navegación e seguridade que decidiu o que era ou non seguro para as nosas "insignificantes" vidas. A súa conferencia, celebrada na 9ª Planta do Salón de Actos do Teatro Real de Madrid, foi sobre a “Entrada e saída de buques de GNL na ría de Ferrol” e tivo lugar o 25 de xaneiro deste ano 2012. A propia páxina web de ENAGAS facilita a presentación, de 40 páxinas, que expuxo o citado Director Xerente.

A ponencia divide-se nos seguintes apartados: 1. Localización | 2. Tráfico e buques | 3. Planificación e medios do proxecto | 4. Estudos de navegación Deltares | 5. Estudos de navegación Siport XXI | 6. Estudos de navegación CEDEX | 7. Resultados. | A todas luces esta presentación parece interesante, pode que o contido desta ponencia sexa a base fundamental do cambio de normativa para a navegación de buques gaseiros cargados pola Ría de Ferrol que efectuou a Capitanía Marítima en Novembro do pasado ano 2011. Paga a pena a súa análise.

Baixar a Presentación en formato -pdf.

Fontes: propias e da web de Enagas.
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon