domingo, maio 13, 2012

Nova acción obreira contra Mercadona "pola liberdade sindical - non aos despidos" - 12 de Maio de 2012


Este sábado 12 de Maio de 2012, coincidindo coa #PrimaveraGlobal, tivo lugar unha nova acción obreira no hipermercado de Mercadona n'A Gándara no concello de Narón, contra as medidas antisindicais de Mercadona, pola readmisión de Alberto, traballador despedido por participar na Folga Xeral do 29M. Apoiando a concentración estiveron activistas das catro centrais sindicais (CCOO, CIG, CNT, UGT e USTG). Conseguiu-se a unha unidade sindical e de clase contra o Capital que demandamos a maioría das traballadores e traballadoras e que multiplica a nosa forza.

A gravidade das causas do despido do traballador de Mercadona de A Gándara, reuniu nesta segunda convocatoria a un maior número de traballadoras e traballadores de diferentes sindicatos da comarca, mas cunha idea común: defender o dereito á folga. Son moitos os despidos e feches de empresa que se veñen sucedendo na comarca, que pasa xa das 20.000 persoas desempregadas. A reforma laboral veu a acelerar a situación de indefensión e precariedade  que viven as persoas que manteñen o seu posto de traballo, as que o perderon, e aquelas que aínda non puideron acceder a ningún. A protesta masiva contra a reforma, que se viviu na nosa comarca non pode utilizarse para escarmentar a quen a protagonizaron. Aínda que a actitude de Mercadona ven a dar a razón ás organizacións sindicais, que nos días anteriores á folga falaban de ameazas, coaccións, e máis ilegalidades que se estaban a utilizar para recortar o dereito á folga, se non enfrentamos este despedimento desde a unidade sindical e social, será a constatación de que a perda do dereito á folga é irreversible. Alberto readmisión!

Fotos de Susete'70 e Artabra21.

Vídeo feito con telefone móbil dun detalle da concentración.


http://youtu.be/OK5yD_lFEJg


Enlace relacionado:

Ártabra 21: A #PrimaveraGlobal en Ferrol e a Loita polos Dereitos Fundamentais en Mercadona

Centrais Sindicais:

____________________

1 comentarios so far

Aqui esta un video feito pola C.N.T. do pasado dia 12 no Mercadona:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=f9QGjNec_2A


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon