martes, xullo 22, 2014

Éste mércores, 23 de Xullo, chega a Ferrol a Carvana-Marcha de Baladre - O recebimento está previsto ás 11 da mañá no Mercado de Caranza - Participa !

Tags


Escola Social de Verán, en movemento


Mañá, mércores 23 de Xullo de 2014, chega a Ferrol a Caravana-Marcha Baladre: "Escola Social de Verán, en movemento", despois de visitar varias cidades desde o 20 de Xullo, facendo a ruta Barakaldo-Vigo. Ás once da mañá serán recibidos no Mercado de Caranza por un grupo de activistas que realizarán un roteiro reivindicativo, para intentar un intercambio de experiencias na construción de alternativas e o desenvolvemento das loitas cidadás. Visitarán o Mercado de Caranza, a Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega. Desprazaran-se logo até a Avda do Mar, onde visitarán a Horta Comunitaria e se lles informará da situación da loita contra a Planta de Gas. Logo na Praza do Anfiteatro das Vivendas "Rosas", na Veciñal II, Rúa Alcalde Quintanilla, informara-se da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento, e da loita polo dereito á vivenda digna e adecuada, a loita pola Defensa da Sanidade Pública, ...

A Caravana-Marcha Baladre continuará ás 13hs o seu camiño cara Compostela.

Convidámosvos pois a participar nesta xornada de mañá en Ferrol que se desenvolverán en Caranza, mañá 23 de Xullo, co seguinte programa:

ROTEIRO REIVINDICATIVO:EXPERIENCIAS E ALTERNATIVAS EN COMUNIDADE.

- 11:00 hs. Recibimento da Caravana no Mercado de Caranza

- 11:30hs. Experiencias e alternativas en comunidade: o Mercado de Caranza; a Tenda de Troco.

- 12.00hs. Na Avda do Mar: as Hortas Comunitarias; a loita contra Reganosa.

- 12:30hs. Na Praza do Anfiteatro das Vivendas "Rosas", Recuperación da Xestión Pública e Social da Auga e o Saneamento; o Dereito á Vivenda, ...

Ao longo dos trinta anos de existencia do espazo de coordinación Baladre, as xentes que o conforman sinten a formación como algo central nas formas de facer política. Formarse entre iguais para comprender e actuar, compartir as preocupacións e afondar nas análises sobre as realidades.

Este verán, volveron a poñer en marcha ese espazo autoxestionado de coñecemento mutuo, relación e reflexión para a acción social en forma de Caravana/Marcha. Entendendo que viaxar e pararse a pé de rúa polos diferentes territorios onde día a día articulanse loitas anticapitalistas e antipatriarcais, que para moitas é unha experiencia vivencial sen igual. Desta volta, están viaxando polo norte da península, enredando con xentes inquiedas desde Barakaldo até o barrio de Coia, en Vigo, durante os días 20 ao 24 de xullo.

Concretamente, na Galiza estarán os días 23 e 24 reflexionando sobre o dereito a autoderterminación dos nosos corpos, vidas e territorios e tratando de coñecer mais de preto a situacións de represión e criminalización dos movementos sociais para pensar xuntas estratexias de colaboración e apoio internacionalista. Tamén os procesos de xentrificación e expulsión da poboación empobrecida nos centros urbanos sometidos á lóxica e aos intereses especulativos, ou as agresións ao dereito básico de acceso á vivenda e aos espazos públicos, ...

A xente de Baladre, convidou-nos á Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra a ser a súa guía por estas terras de Ferrol e Comarcas, así que lles preparamos un roteiro reivindicativo, para que coñezan algunhas das loitas nas que estamos por estes lugares.

CONVIDAMOS A PARTICIPAR NESTE ROTEIRO DE REIVINDICACIÓN E CONFRATERNIZACIÓN.

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon