mércores, febreiro 28, 2007

Exposición no Ateneo Ferrolán, comemorando o Día Internacional das Mulleres

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de febrero de 2007 12:09
Asunto: INAUGURACIÓN EXPOSICION no ATENEO FERROLÁN - 8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


EXPOSICIÓN no ATENEO FERROLÁN.
AGRADECEMOS DIFUSIÓN


- Do 1 ao 14 de marzo (2ª planta): EXPOSICIÓN: INAUGURACIÓN XOVES DÍA 1 ÁS 20,30 horas

”A MULLER NO PATRIMONIO CULTURAL DO ATENEO FERROLÁN”

Coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora (8 Marzo) o Ateneo Ferrolán fai unha selección do seu patrimonio cultural tendo como protagonista á MULLER nos diferentes eidos das artes plásticas, bibliográficas e visuais.


http://www.ateneoferrolan.org/

Art. 4 do RAMINP en perigo, hai que salvalo, pola nosa saúde

De: ALMASSORA CONTAMINACIO NO -contaminaciono@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de febrero de 2007 4:02
Asunto: Art. 4 do RAMINP en perigo, hai que salvalo, pola nosa saúde


Estimados compañeiros e compañeiras das Plataformas, fai uns meses logrouse paralizar unha central térmica en Estremadura grazas a que esta se achaba a menos dos 2000 metros dun núcleo urbano que establece o artigo 4 do Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP).

Ollar enlace:
http://www.ecologistasenaccion.org/article.php3?id_article=4499

O borrador da nova Lei da Calidade do Aire quere derrogar o RAMINP e desde a Plataforma Non á Contaminació de Castelló iniciamos unha serie de activiades encamiñadas a preservar o art.4

Por favor, é necesario que nos tomemos este asunto en serio e evitemos que dito artigo elimínese, porque con el pódense parar aqueles proxectos perigosos que están preto dos municipios. Mirade de difundir ao máximo a carta que achegamos abaixo.

Saúdos.

Vicent
-Plataforma no a la Contaminació Castelló-

Resultado:

Desde a "Plataforma Contaminació Non de Castelló", iniciamos unha campaña para intentar afastar dos nosos barrios e cidades tanto as novas industrias perigosas como as xa existentes que tanto nos contaminan e ameazan a nosa seguridade. Ata o momento remitimos cartas aos Ministerios de Interior e Medio Ambiente, solicitando que se inclúa na nova lexislación medioambiental e de protección civil a distancia de 2000 metros entre estas industrias e un núcleo urbano, indicada no art.4 do RAMINP e que se pretende abolir. Tamén temos pensado comunicar as nosas propostas aos grupos parlamentarios e non descartamos outras accións. No entanto consideramos que é necesario que a cidadanía e as diversas organizacións aúnen esforzos e presionen ás administracións públicas a fin de conseguir estes obxectivos.

Para iso propoñemos enviar a carta achegada máis abaixo a:

Ministerio de Medio Ambiente: ministra@mma.es, gabinete.prensa@mma.es
Ministerio del Interior: estafeta@mir.es
Dirección General de Protección Civil: dgpc@proteccioncivil.org
Copia a: contaminaciono@hotmail.com

Difunde esta actividad entre tus contactos, organizaciones amigas, webs,
medios, etc.

Legislación de Protección Civil:
http://www.proteccioncivil.org/centrodoc/centro00.htm

Legislación medio ambiente:
http://groups.msn.com/contaminacionoalmassora

___________________________

Estimado/a ministro/a:

Comunícome con vostede para expresarlle o meu máis profunda preocupación ante os riscos que corre a cidadanía pola presenza de industrias perigosas nas proximidades de núcleos urbanos. Estas empresas producen serias molestias e representan un perigo potencial polas súas características intrínsecas, talles como materias primas empregadas, substancias almacenadas, procesos industriais aplicados, contaminación lumínica, residuos xerados, ruídos, emisións contaminantes en auga e atmosfera, etc.

Folga dicir que cando dúas ou máis destas industrias conviven nunha mesma zona, o risco e a preocupación increméntanse exponencialmente pola interacción e a suma das diversas substancias que se emiten e polo ?efecto dominou? que se desencadearía ante un accidente en calquera instalación.

Por todo iso, a administración pública debe tomar medidas firmes a efectos de preservar á cidadanía e ao medio ambiente das molestias e os alarmantes riscos que ocasionan estas industrias. Por todo iso, solicito ao Ministerio de Medio Ambiente que inclúa íntegramente na nova Lei de Calidade do Aire, o mantemento da distancia mínima, EN TODO CASO, de 2000 metros das industrias perigosas e insalubres de casco urbano, que marca o RAMINP e que se pretende abolir. Da mesma xeito, insto ao Ministerio do Interior a que se estipule na lexislación estatal de Protección Civil como norma xeral básica, a distancia mínima de 2000 metros entre un núcleo urbano e unha industria perigosa. Así mesmo deberanse establecer os mecanismos para que os municipios e as comunidades autónomas teñan en conta esta distancia de seguridade á hora de redactar e aprobar os respectivos plans de ordenación urbana.

Sen outro particular despídome desexando que se tomen en consideración as inquietudes e propostas suscitadas nesta carta.

Firma

Nome e apelidos:
Cidade:

Firma


martes, febreiro 27, 2007

Saúdan a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo e empraza á Alcaldía a que paralice as obras inmediatamente

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de febrero de 2007 17:30
Asunto: Esquerda Unida-IU saúda a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo e empraza á Alcaldía a que paralice as obras inmediatamente


Ante as últimas noticias en relación co pronunciamento da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia sobre a construcción dun edificio na Praza de España, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere, por medio deste comunicado, manifestar:

Que saúda o pronunciamento que obriga ao Concello de Ferrol a paralizar as obras, se ben lamenta que trantándose dunha resolución tan grave se lle dea ao Concello de Ferrol tres meses para ejecutar o mandato do organismo autonómico e de que este debería terse producido con antelación.

Que da nova situación creada os responsables do grupo de Goberno PP-IF deben dar unha explicación á cidadanía que durante todo este tempo lle estivo a lembrar da ilegalidade das obras e do porqué do seu empecinamento que levou á situación ao estado actual. Cidadanía que foi ignorada, no mellor dos casos, durante todo este tempo polo Grupo de Goberno co Alcalde á cabeza.

Agora correspóndelle ao Sr. Alcalde mover ficha e paralizar con carácter inmediato as obras de construcción do macroedificio da Praza de España e buscar unha solución coa Empresa adxudicataria, solución que xa foi adiantada por esta formación política, que non entrañe pérdida de dereitos e que supoñan un mayor rendimento social.

Ademais, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere anunciar que apoia, convoca e participará na manifestación que baixo o lema “En defensa dos espazos públicos, non ao edificio da Praza de España” que terá lugar o domingo 4 de marzo, e quere, a travès deste comunicado, animar á participación da cidadanía a amosar o seu rexeitamento á construcción dun edificio de 21 metros de altura no medio dunha Praza pública.

Ferrol, a 27 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU Ferrol

dadelle un vistazo... Blog interesante ... Reganosa

De: calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra212gmail.com
Data: 27 de febreiro de 2007 1:56
Asunto: dadelle un vistazo...


dadelle un vistazo...

http://ciudadanoscabreados.blogia.com/temas/reganosa.php

É o blog de Enrique Banet.
Saúdos de Carlos Lareo

Ciclo de cinema pola recuperaçom da Memória Histórica

De: Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de febreiro de 2007 1:05
Asunto: CICLO DE CINEMA POLA RECUPERAÇOM DA MEMÓRIA HISTÓRICA

Acordos convocantes na reunión do 26.02.2007

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de febreiro de 2007 0:35
Asunto: Acordos convocantes na reunión do 26.02.2007


Reunidos os CONVOCANTES POLA DEFENSA DOS ESPAZOS PUBLICOS ESTE LUNS ÁS 7 DA TARDE, NO LOCAL SOCIAL DE FONTELONGA , ACORDAMOS realizar REPARTOS CARTEIS E DIPTICOS - INFORMATIVOS DURANTE TODA A SEMANA QUE RESTA PARA A MANIFA DO DOMINGO, 4 DE MARZO.

- LEMBRAR que temos solicitado unha entrevista ca Alcaldía , sen resposta algunha.
- Está pendente outra entrevista coa Dirección Xeral de Urbanismo.
- Comunicarvos que neste día realizamos unha ROLDA DE PRENSA , en Fontelonga, Miguel Lopez , Eliseo Zaera e Xosé M. Sanxoán.
- Carlos Lareo, Os Verdes, encargarase da MEGAFONÍA.
- Xa podedes pasar a recoller á CARTELERIA E PANFLETOS polo local da A. Veciñal de Fontelonga.

* == REPARTOS === *

MARTES-27 .- Recoller carteis e PEGADAS NOS VOSOS BARRIOS.

MERCORES-28 .- REPARTO NO MERCADO DE RECIMIL ÁS 11 horas.
A tarde quedaremos CONVOCADOS polo MOBIL en repartir na Praza de España .

XOVES- 1 .- REPARTO NOS ARREDORES DO CAFE AVENIDA AS 11 horas. - RECOLLIDA DE SINATURAS - PANCARTA.
REPARTO NO INFERNIÑO - RECOLLIDA DE SINATURAS - PANCARTA.

VENRES-2 .- REPARTO AS 6,30 horas da tarde no PALCO DA MUSICA DO CANTÓN.
REPARTO NO JOFRE ás 7 horas da tarde.

SABADO-3 .- ROLDA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN SAN FERNANDO DE RECIMIL NA GALERÍA SARGADELOS ás 11 horas , para denunciar ao Alcalde e Goberno local pola política urbanística e as formas conque está gobernando.

Arrouparemos ao colectivo Recimil para continuar co REPARTO na Praza de Porta Nova- Praza de España.

Ferrol a 27 de Febreiro de 2007

Polos CONVOCANTES

asdo.

Amadeo Varela
Xosé Permuy
Miguel López
Carlos Lareo
Xosé M. Sanxoán



PD.- O vindeiro martes , día 6 ás 7 da tarde, autoconvocatoria motivada a actitude e tratamento informativo da Voz de Galicia.

luns, febreiro 26, 2007

Saúdos, denuncia de comportamento periódistico da Voz de Galicia,...aínda que seguramente non valerá para moito,...

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de febreiro de 2007 16:53
Asunto: Saúdos, denuncia de comportamento periódistico da Voz de Galicia,...aínda que seguramente non valerá para moito,...

Queridos compañeiros/as: Como seguramente estaredes vendo estes últimos días (.. meses, e creo que anos..), a edición de Ferrol da Voz de Galicia, nalgúns temas e con certos colectivos está tendo un comportamento claro, na miña opinión, de censura periódistica, de desinformación e de falta do comportamento ético á hora de informar adecuadamente aos lectores.

Na súa páxina web, ten unha sección de denuncias:

http://www.lavozdegalicia.es/denunciatucaso/index.jsp

Eu xa lles denunciei a eles mesmos; non creo que lle fagan moito caso, pero se queredes e se vos animades a facelo algúns máis, ata se é posible reenvialo ao "defensor do lector" (non sé se teñen e-mail), pois se cadra cambian algo de actitude..

Un forte abrazo

Antonio García
Ferrol

Planta de Gas: Fondos para pago del Peritaxe dun Arquitecto

De: Comité Cidadán -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de Fevereiro de 2007 18:01
Asunto: Fondos para pago del Peritaxe dun Arquitecto


Para coñecemento de todas e todos, especialmente dos que aínda non realizaron doazon na conta bancaria, infórmase o seguinte:

A día de hoxe temos 1.140 euros na conta onde recebimos doazons.

Para o pago do peritaxe do Arquitecto que é o último, faltan xa que logo uns 860 euros.

Recibiuse do Tribunal unha comunicación cunha decisión de 16 de febreiro, indicando o nome dun Arquitecto e o custo de 2.000 euros do seu peritaxe. O prazo é ata o venres para abonalo na conta do Tribunal.

Esa comunicación ten uns defectos de forma que o noso avogado está intentando resolver antes de que termine o devandito prazo.

Entretando debemos partir do suposto de que o prazo termina o venres. No caso de que se amplie o plazo xa se informará.

Á espera diso, quen vaia facer doazons, deben ter en conta que é preferible sexa en efectivo nunha sucursal de BBVA.

Quen vaia utilizar a transferencia, nunha sucursal do BBVA ou por vía telemática, rógase que o faga canto antes e avise por email ou telefono xa que pode tardar varios días en estar dispoñible na nosa conta.

Para quen eliminara o email cos datos da conta Bancaria para doazons, reitéranselle o fina de este email.

Eses datos tamén poden verse na Web do CCE, http://comitecidadan.org/
Así mesmo tamén o numero de devandita conta pode verse na Web http://www.verdegaia.org/ da organizacin ecoloxista Verdegaia.

Saúdos cordiais

Carmelo Teixeiro

Datos da conta bancaria para doazons
Banco: BBVA.
A nombe de Carmelo Teijeiro Menéndez e doutros componentes do Comité Cidadán de Emerxencia.

Desde dentro de España o numero de conta e:
0182-0181-59-0201548440 del BBVA

Desde fora de España:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
codigo internacional de conta bancaria
IBAN ES96 0182 0181 5902 0154 8440

O día 28 de Febreiro desde as 19:00 horas ás 20:00 horas apaguemos todos os móbiles

Tags
De: Pili Ces Rioboo -pilicex@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de Fevereiro de 2007 13:25
Asunto: O día 28 de Febreiro desde as 19:00 horas ás 20:00 horas apaguemos todos os móbiles

O PRIMEIRO DE TODO DICIRVOS QUE ESTE MAIL TEN QUE RULAR E CHEGAR A TODA A PENÍNSULA ANTES DO DÍA 28 DE FEBREIRO ASÍ Q REENVIARLO A TODOS Os vosos CONTACTOS

Ola a todos, como ben sabedes TODAS as compañías telefónicas van subir as súas tarifas e o establecemento de chamada, xa que agora van empezar a tarificar por segundos, o que supón unha fraude. Trátase de que todos nos unamos e para o día 28 de Febreiro (día en que empezan esta estafa) desde as 19:00 horas ás 20:00 horas apaguemos todos os móbiles ou a maioría deles, xa que esa é unha das horas de máis "tráfico telefónico", calcúlase ademais que non Estado Español hai uns 30 millóns de terminales. Se por un casual conseguimos apagar a metade dos terminales, calculando que o establecemento de chamada custa 15 céntimos máis outros 10 céntimos que de media ten unha chamada dun minuto, podemos ocasionarlles unhas perdas de 3 millóns 750000 euros, pouca cousa para eles, pero un récord para nós.

Non o esquezades, día 28 de Febreiro desde as 19:00 horas ás 20:00 horas.

P.D.1 Se tendes buzón de voz, desconectalo para ese día.

P.D.2 Se tendes móbil de empresa desconectarlo tamén (a pérdida será maior), a excusa para o xefe "acabóseme aa batería"

P.D.3 Para que non se vos esqueza apuntádeo na axenda do móbil, é moi simple.

P.D.4 Debemos de comunicalo por e-mail, a gritos, etc, pero non co móbil ou teléfono.

COPIADE O TEXTO E PEGADE, É MELLOR PARA TOD@S!!!!

Piden a retirada de competencias do Tenente de Alcalde e a investigación do asunto por parte da Fiscalía

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de febrero de 2007 13:15
Asunto: Piden a retirada de competencias do Tenente de Alcalde e a investigación do asunto por parte da Fiscalía

Menáncaro: Esquerda Unida-IU de Ferrol pide a retirada de competencias do Tenente de Alcalde e a investigación do asunto por parte da Fiscalía

Ante as noticias aparecidas esta fin de semana en relación cos vínculos do Primeiro Tenente de Alcalde, Juan Fernández, coa promoción dunha urbanización na zona de Menáncaro (Serantes), Esquerda Unida-IU de Ferrol considera necesario que o Alcalde de Ferrol debe tomar cartas no asunto e apartar das súas responsabilidades de goberno ao Tenente de Alcalde e Voceiro de IF, en tanto non sexan clarificadas estas relacións.

Como se lembrará as ditas noticias relacionan xan non só ao Tenente de Alcalde coa promoción da urbanización senón que van máis alá ao existir un compromiso, segundo estes medios, coa modificación dun vial. Se isto é así, non estamos a falar dunha cuestión totalmente lícita, a de que un cargo público venda o seu patrimonio, senón da utilización do seu cargo para posibilitar ou facilitar os intereses dunha empresa sobre os públicos. Polo que procede abrir unha investigación por parte da Fiscalía para determinar se o procedemento e os vínculos do Sr. Fernández coa promoción están axustados á legalidade ou non.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol por transparencia democrática e para evitar comentarios, infundios ou males maiores, o Alcalde de Ferrol do mesmo modo que quitou as competencias de goberno a outro membro desta formación política, ao anterior Concelleiro de Urbanismo, debe actuar con urxencia e proceder a retirarlle ao Tenente de Alcalde as competencias de goberno en tanto non se clarifique a actuación e intervención do Sr. Fernández na urbanización de Menáncaro.

Esquerda Unida-IU de Ferrol considera que de facerse a urbanización de Menáncaro estaríamos ante un atentado a unha das escasas fragas existentes no noso Concello, como o ven demostrando nas súa participación nos distintos actos de carácter reivindicativo convocados. Ademais queremos salientar, por un lado, a incongruencia da modificación puntual do PXOM coa proposta de inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia e, por outro, que a calificación actual do solo que posibilitaría, de cumprir todos os requisitos legais, propúxose e aprobouse durante o anterior mandato BNG-PSdG-PSOE.

O que está claro, segundo a documentación que obra no expediente sobre a modificación puntual para a promoción de 69 chalés de luxo e un hotel, é que conta con informes negativos da Xunta de Galicia e, polo tanto, na nosa opinión non cabe acudir ao silencio administrativo para aprobar a dita modificación pois a figura do silencio non pode amparar actuacións irregulares.

Así pois, esixímoslle ao Alcalde de Ferrol que tome cartas no asunto apartando do goberno ao Primeiro Tenente de Alcalde, en tanto non se clarifique a situación, e instando á Fiscalía a que proceda á apertura dunha investigación para depurar, no caso de existir, as responsabilidades penais que houbera.

Ferrol, 26 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

Manifestación Popular, o 4 de marzo, ás 12 do mediodía, na defensa dos espazos públicos, contra a construción do macro-edificio na Praza Porta Nova

Nota de prensa, das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España].-

As entidades abaixo asinantes, imonos manifestar por terceira vez, contra a construción dun macro-edificio na Praza da porta Nova, ¿por que o facemos?, pois:

Porque o Goberno Municipal do Concello de Ferrol, está construíndo na Praza da Porta Nova [Praza de España], un macro-edificio innecesario; porque é ilegal, pois non respecta o PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal], pois ocupa un solo cualificado na actualidade, como sistema xeral viario, é dicir vías de dominio e uso público onde non está permitido a edificación en superficie; e porque, este, se vai a entregar para a explotación e lucro privado, nun espazo público que é de toda a cidadanía.

Porque mentres a cidadanía ten que cumprir o Plan Xeral, a administración municipal que é garante do seu cumprimento, pasa olimpicamente desta norma na Praza. Din que o "fito" urbano é legalizable, porque, no futuro, se póde adaptar ao Plan Xeral o que alí se constrúa. Este goberno municipal está a inventar un novo urbanismo no que son os plans os que se adaptan ás obras e non as obras aos plans. Un territorio no que a cidadanía cumpren as normas mentres a administración as adapta á súa conveniencia.

Porque con esta actuación están destruíndo, aínda máis, a praza que pretenden recualificar, para cambiar o uso do chan, coa pretensión de esconder a cesión dun espazo, que é de todas e todos, a unha empresa privada, sen un uso definido, mais coa pretensión de destinalo a ser centro de servizos administrativos, comerciais e lecer privados, de máis de 7.500 m2 de superficie e 21 metros de altura, que van poñer en mans dunha empresa, para que o xestione como mellor lles conveña, usurpando o que é de todos para beneficio particular.

Hai uns días, o Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, organismo dependente da Consellería de Política Territorial, propuso requirir ao Concello para que paralice as obras do macro-edificio, incluíndo os dous edificios destinados a cafeterías de 180 m2 de superficie e 4 m de altura; e para que dispoña a suspensión dos efectos do acordo plenario do 16 de marzo do 2005, por entender a Inspección que é nulo de pleno dereito.

Esta proposta do Servizo e Inspección da Consellería de Política Territorial, ..., ven confirmar as demandas do movemento cidadán que en todo momento quixemos deixar patente a oposición á construción do edificio, por ser innecesario, por ocupar e usurpar un espazo público para beneficios privados e por ser ilegal.

Diante disto, os responsables municipais, non só non a paralizan as obras das edificacións, senón que reclaman da empresa construtora a aceleración das obras. Intentando confundir á cidadanía, culpando a outros do que é única responsabilidade deles e do seu mal-goberno.

O pasado domingo 21 xaneiro manifestabámonos en Ferrol, xa o tiñamos feito o 3 de decembro do pasado ano, agora farémolo este domingo 4 de marzo, e así pretendemos seguir mobilizándonos até acadar os nosos obxectivos que son: que se paralicen as obras e que o goberno municipal busque outras alternativas que non sexa a construción dese macro-edificio na superficie da Praza e que, esta, quede aberta e limpa para uso e gozo de toda a cidadanía.

Domingo,
4 de marzo,
manifestemos que
a Praza da Porta Nova [Praza de España]
é un
espazo público noso, de toda a cidadanía.
Non consintamos a construción do macro-edificio.
Achegate ás 12 do mediodía frente ao edificio da Xunta.
Non o consintamos !!

MANIFESTACIÓN CIDADÁ,
DOMINGO 4 DE MARZO, ÁS 12 DO MEDIODÍA,
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA


Convocan:
Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido, Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", Asociación Veciñal de Santa Mariña, Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón, Asociación San Fernando de Recimil, CC.OO - Ferrol, CIG-Ferrol, Colectivo Veciñal de Sartaña, Esquerda Unida-IU, Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra, Os Verdes - Grupo verde de Ferrol, NÓS-Unidade Popular, Plataforma Ártabra 21, UGT-Ferrol e USTG-Ferrol.

A.V. de Esteiro Fontelonga: venres en Tele 5 Programa de denuncia antenas de tefonía móbil

Tags
De: asociacion vecinos fontelonga
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de febrero de 2007 08:48
Asunto: venres Tele 5 Programa de denuncia antenas

------ Mensaxe Orixinal ------
Data: Fri Feb 23 15:46:16 CET 2007
De: Fini Manso
Para: roixordo@roixordo.org, ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA, AVV FERROL VELLO Nª Señora Del Socorro, AVV ENSANCHE- A, AVVRECIMIL, AVVULTRAMAR, avvstamarina@wanadoo.es, AVVCANIDO, Alberto, LAPIS VERDES, Verónica, Rosa dos Ventos, a_ferrol@teleline.es, R M.D
Asunto: Fw: venres Tele 5 Programa de denuncia antenas


venres
Tele 5
Programa de denuncia sobre os efectos das antenas de telefonía móbil en Caiga quen caiga a partir das 21:20 horas.
Intervirán Raúl da Rosa..

domingo, febreiro 25, 2007

Segunda emisión dos fundamentos que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo Reganosa

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: a_ferrol@teleline.es
Data: 25 de febreiro de 2007 22:53
Asunto: Segunda emisión dos fundamentos que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo Reganosa

Ferrol.cape@gmail.com , blog opositor a la ubicación de la planta de Gas Natural Licuado dentro de la Ría de Ferrol

PLANTA DE GAS DE FERROL E A DECLARACION DE IMPACTO AMBIENTAL QUE NON TEN.

ROGAMOS A MÁXIMA DIFUSION A PERSONAS E ORGANISMOS INTERESADOS, PORQUE XA SABEMOS QUE OS MEDIOS NON O VAN A PUBLICAR. Grazas.

Ola de novo:

Tal como prometémosvos , enviamos a SEGUNDA emisión dos FUNDAMENTOS E RAZÓNS que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Punta Promontoiro (Mugardos), Ría de Ferrol.

Estamos abertos aos COMENTARIOS, SUXESTIÓNS e CRITICAS que se puidesen realizar sobre a lectura destes FUNDAMENTOS. Os comentarios pódense facer por e-mail en: ferrol.cape@gmail.com

Ao final desta serie de artigos publicaremos unha ALTERNATIVA TECNICA á planta de Gas de Mugardos que permite recibir GAS NATURAL para o consumo dos Ciclos Combinados da Galicia sen a necesidade de meter na angosta Ría de Ferrol eses perigosos gaseiros e cun CUSTO MOI ACEPTABLE.

Saúdos a tod@s do blog www.f-cape.org ¡NON QUEREMOS OUTRO "NUNCA MAIS" e menos en Ferrol!.

Edita: Colectivo universitário opositor á planta de GNL dentro da ria de Ferrol .

O blog www.f-cape.org (ferrolterra-Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna) xorde pola SEN RAZON de políticos, especuladores e "técnicos competentes" que, debido aos seus intereses persoais, deciden situar unha peligrosísima planta de REGASIFICACION de Gas Natural Licuado na Ría de Ferrol. Este blog non é político nin ten relación algunha con persoas, entidades ou partes interesadas. O único interese na realización do blog está referido aos artigos 43 e 45 da Constitución Española pois nos preocupa a nosa seguridade e a da nosa familia.

O jornal La Opinión de A Coruña, continua informando sobre a Fraga de Menáncaro, o Alcalde pedirá informe ao Secretario Geral do Concelho

De: Comunidade Menáncaro -menancaro@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de febreiro de 2007 16:00
Asunto: O jornal La Opinión de A Coruña, continua informando sobre a Fraga de Menáncaro, o Alcalde pedirá informe ao Secretario Geral do Concelho

Onte, este memo jornal, publicava umha reportagem sobre a Fraga e as implicaçons do Tenente Alcalde em todo este assunto. Hoje mesmo também o Diario de Ferrol, publica toda umha reportagem de très páginas sobre o assunto, que já temos reproduzido num anterior post. E por último, agora, pola importáncia da notícia, seguemos transcrevemdo, as notícias que se producem neste Blog, co ánimo de recopilar todo o que se está a publicar sobre o assunto da Fraga, pois desde a Comunidade Menáncaro, vemos com preocupaçom todo o que está acontecendo neste assunto. A proximidade das eleiçons municipais previstas para finais de Maio deste ano, podem desvirtuar umha acçom vizinhal e ecologista que o único que persegue é a proteçom da Carvalheira e todo o contorno natural que forma a Fraga de Menáncaro, polo que imos demandar de todos os partidos políticos que agora estám na oposiçom, e que nom figérom a correspondente autocrítica pola sua actuaçom quando estavam governando, que asumam o compromisso de, no caso de acadar o poder municipal, proponher a recalificaçom do solo da Fraga, como solo rústico no PXOM, e o da proteçom do habitat de todo o contorno natural, de mais de 10 ha, gestionando a declaraçom da Fraga como Espaço Local de Interesse Natural.


Enlace co Blog da Comunidade Menáncaro

La Opinión de A Coruña
Domingo, 25 de febreiro de 2007
FERROL

O CONCELLO AFIRMA QUE OS ESTUDOS DESFAVORABLES DA XUNTA PRESENTÁRONSE FÓRA DE PRAZO
Un informe do secretario determinará a legalidad do proxecto de Menáncaro
O tenente de alcalde acordou coa promotora a venda das súas parcelas se se constrúe a urbanización. Juan Fernández alega que nunca votou nos plenos sobre este asunto.
RUBÉN GARCÍA

O Concello de Ferrol requiriu ao secretario municipal un informe no que evalúe a legalidad ou non do proxecto de urbanización da zona de Menáncaro. O primeiro tenente de alcalde, Juan Fernández, que posúe os terreos afectados de forma conxunta coa Sociedade Agraria de Transformación Agropino, alcanzou un acordo con Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria para vender as súas leiras na zona e modificar o trazado dun vial que se proxectou, o que permitiría executar o polígono residencial. Os vendedores xa percibiron da constructora 192.000 euros.

O primeiro tenente de alcalde de Ferrol, Juan Fernández, afirmou onte que ten a "conciencia limpa" tralo pacto que alcanzou con Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria para vender uns terreos da zona de Menáncaro. O concelleiro de Independentes por Ferrol (IF) negou o seu implicación no proxecto porque non participou dos acordos plenarios nos que se tratou este asunto. Juan Fernández e a Sociedade Agraria de Transformación Agropino percibiron de Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria 192.324 euros pola opción de compra das súas parcelas de Menáncaro. No acordo subscrito entre ambas partes, e rexistrado ante notario en novembro de 2004, indicábase que o vendedor dos terreos "prevé a posibilidade da modificación da achaiadura municipal, respecto do actual trazado dun futuro vial que atravese o ámbito urbanístico das parcelas, e que consiguientemente o trazado do mesmo quede fóra do citado ámbito do conxunto das parcelas". No caso de que non se modifique o proxecto antes de que se aprobe de forma definitiva o plan de sectorización da zona de Menáncaro, Juan Fernández e a Sociedade Agraria de Transformación Agropino, representada por Armando Romero Castrillón, deberán devolver o diñeiro cobrado.

O primeiro tenente de alcalde defendeu a legalidad do proceso. Fernández sostivo que non existe unha vinculación entre devandita opción de compra e o seu cargo na Alcaldía porque nunca participou nas sesións plenarias nas que se alcanzou algún acordo sobre a urbanización de Menáncaro. No entanto, o tamén edil de IF, Francisco Pita-Romeu, na súa etapa como concelleira de Urbanismo, foi o primeiro en achacar que os informes negativos que emitiron as consellerías de Medio Ambiente e Política Territorial eran consecuencia das "presións" de "algún grupo municipal", en referencia ao Bloque.

O Concello, gobernado en coalición por PP e IF, indicou onte que os informes desfavorables da Xunta emitíronse fóra de prazo. Fontes municipais afirmaron que están á espera de que o secretario municipal emita un informe técnico no que determinará se dá o seu visto bo ou non ao plan de sectorización.

Os nacionalistas insistiron onte en que a intención do Goberno local era aprobar este proxecto mediante a vía do silencio administrativo. O Concello asegurou que quen tratou de levar o proceso por esta canle é Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, que presentou "varios" escritos no rexistro municipal nos que solicita a aprobación do proxecto por silencio administrativo.

Tanto o portavoz do BNG de Ferrol, Xoán Xosé Pita, como o candidato do PSOE á Alcaldía, Vicente Irisarri, pediron ao alcalde, Juan Juncal, e a Juan Fernández que dean unha explicación."É algo moi forte, porque se hai un acordo ante notario que inclúe un compromiso do tenente de alcalde para alterar o trazado dunha futura estrada, é algo que non só implica a Juan Fernández, tamén ao goberno", subliñou o portavoz nacionalista. Irisarri cualificou os feitos como "gravísimos".

No acordo subscrito ante notario o 11 de novembro de 2004 pola constructora e os propietarios dos terreos especifícase que as parcelas atópanse en "chan rústico apto para urbanizar", no que se permitiría edificar quince vivendas por cada hectárea. O pagarei que a inmobiliaria entregou aos donos das leiras por unha "prima de opción de compra e pago a deducir do prezo total" era de 192.324 euros. Comprador e vendedor xa fixaron en 159 euros o prezo do metro cadrado edificable trala aprobación definitiva do plan de sectorización. A urbanización proxectada ocupa 50.000 metros cadrados e prevese a construción de 69 chalés e un hotel de luxo.
_______________________________________
Enlace com a noticia original em La Opinión de A Coruña

Reportagem do Diario de Ferrol sobre a Fraga de Menáncaro e das implicaçons do Tenente Alcalde do Concelho de Ferrol, Juán Fernández

De: Comunidade Menáncaro -menancaro@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de febreiro de 2007 12:15
Asunto: Reportagem do Diario de Ferrol sobre a Fraga de Menáncaro e das implicaçons do Tenente Alcalde do Concelho de Ferrol, Juán Fernández


Se ontes foi o jornal La Opinión de A Coruña, hoje é o Diario de Ferrol, o que publica um extenso informe sobre a Fraga de Menáncaro, demostrando as vinculaçons do Tenente Alcalde do Concelho de Ferrol, Juan José Fernández García, com o projecto de urbanizacçom que conleva o Plano de Sectorización de Menáncaro - Serantes aprovado inicial e provisionalmente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Ferrol em 28 de Junho e 4 de Outubro de 2005 respectivamente. Demostrando, esta reportagem, os interesses económicos particulares do regidor municipal com o projecto e un possível delito de prevaricaçom, dado que compromete umha série de actuaçons e modificaçons puntuais do PXOM e de aprovaçom do Plano, que lhe beneficia nos seus interesses económicos particulares.


O nosso organismo popular, a Comunidade Menáncaro, junto com ADEGA, VERDEGAIA e a SGHN, nom é alheo a todas estas denúncias, investigaçons e informaçons, sobre o que estava acontecendo, neste Plano de Sectorización, pois todas as nossas actuaçons, acçons e denúncias tenhem como objectivo a defensa da Fraga de Menáncaro e conquerir a sua recalificaçom de solo no PXOM, como solo ruústico, assim como umha figura de proteçom de Espaço Natural de Interesse Local [Lei 9/2001, do 21 de Agosto, de Conservación da Nartureza] que evite estas situaçons, onde todos os partidos políticos [BNG, IF, PSOE e PP] que estavam na coorporaçom municipal quando se aprovou o PXOM [Dezembro-2000 e Marzo -2001] som responsáveis, ao nom atender as alegaçons vizinhais e ecologistas de proteçom da carvalheira e todo o seu contorno natural, assim como as posteriores solicitudes que sempre fórom desestimadas.

Enlace co Blog da Comunidade Menáncaro

______________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 25 de Febreiro de 2007
FERROL

A Xunta emitiu ata tres informes desfavorables ao plan de Menáncaro
O plan de sectorización de Menáncaro, promovido pola empresa Bros Noroeste e aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, recibiu ata tres informes desfavorables da Xunta. Os dous últimos, de Medio Ambiente e Política Territorial, foron emitidos fóra de prazo.
______________________________
Notícia original no Diario de Ferrol


______________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 25 de Febreiro de 2007
FERROL

Unha iniciativa que se traduce na construción de 69 chalés de luxo e un hotel
O plan de sectorización de Menáncaro aprobado inicialmente polo Concello afecta a unha superficie total de 50.774,80 metros cadrados, cunha edificabilidad máxima de 15.854,85 m2. Tal e como se recolle en devandita iniciativa urbanística promovida pola empresa Bros Noroeste, 21.576 metros cadrados destinaranse a uso residencial -3.027 refírense a vivendas, tres xa existentes na actualidade-, que terán unha edificabilidad máxima de 13.673 metros cadrados.

Neste sentido, cabo apuntar que as previsións da constructora pasan por executar un total de 46 vivendas unifamiliares encostadas, pareadas e illadas, cunha superficie media de 220 m2 construídos -10.938,4 metros cadrados edificables-, mentres que o 20% que marca a lei destinarase a vivendas de protección pública -edificabilidad máxima de 2.734,6 m2-. Así, Bros contempla no seu plan de sectorización a ejecución de 23 unidades incluídas dentro desta modalidade, que terán unha superficie media por vivenda de 118,89 metros cadrados construídos.

Como se recordará, o proxecto tamén inclúe a ejecución dun hotel en bloque illado, con corenta unidades. Este, di o plan, construirase sobre unha parcela de 2.468,90 metros cadrados, cunha edificabilidad máxima de 2.181,85 m2.

Tamén se contempla unha parcela de 2.778,40 metros cadrados para equipamiento. Do total, 684 serán para uso deportivo, 1.000 para docente e 586 para uso social, deixando os 508,40 metros cadrados restantes para o sistema de infraestructuras de servizos técnicos. Para zonas verdes e espazos libres deixaranse 11.258,8 m2, que se repartirán, segundo as previsións do plan de sectorización, entre xardíns de dominio público -5.051,4- e área de xogo -6.207,4 metros cadrados-.

Finalmente, 12.692,70 metros cadrados -aos que hai que restar os 1.607,30 xa existentes- destinaranse á construción de viales. Destes, 1.122,50 responden á ampliación das seccións actuais, mentres que os 9.962,90 restantes afectan a novo viario.

O plan afecta a un total de 16 leiras, das que 12 atópanse localizadas no interior da superficie ordenada, e están cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal como chan rústico apto para urbanizar. As catro restantes vense afectadas por ampliación de viales ou conexión con infraestructuras exteriores. A cualificación destas é chan urbano -dous- e rústico apto para urbanizar -outras dúas parcelas-.
______________________________
Notícia original no Diario de Ferrol


______________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 25 de Febreiro de 2007
FERROL

A vinculación de Fernández co proxecto
A pretendida urbanización de Menáncaro por parte da empresa Bros Inmobiliaria está envolvida na polémica desde fai máis dun ano, cando saltou á palestra, a través dunha denuncia pública formulada por Adega, a presunta titularidad do primeiro tenente de alcalde, Juan Fernández (IF), da maior parcela sobre a que a constructora pretende executar 69 chalés de luxo e un hotel. Este diario accedeu ao expediente do plan de sectorización e a outros documentos do Catastro e Rexistro da Propiedade para demostrar estas teses.
______________________________
Notícia original no Diario de Ferrol


______________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 25 de Febreiro de 2007
FERROL

Piden a Juncal que explique a relación do seu socio con Menáncaro
A vinculación do primeiro tenente de alcalde, Juan Fernández, co proxecto de Menáncaro e a titularidad dos terreos foi denunciada xa en varias ocasións. Onte, o concelleiro do Bloque Nacionalista Galego Xoán Xosé Pita pediu explicacións públicas ao alcalde, Juan Juncal.

REDACCIÓN > FERROL

O candidato a alcalde polo BNG reclamou ao regidor municipal que explique se o seu socio de goberno cobrou un pagarei de 192.000 euros da empresa Bros Inmobiliaria, a responsable do proxecto de urbanización de luxo na fraga de Menáncaro e se a opción de compra inclúe o compromiso do vendedor, Juan Fernández, de promover a modificación do trazado dun vial que en principio estaba previsto que atravesase unha das parcelas obxecto de actuación.

Para Xoán Xosé Pita, de confirmarse este caso, "Juncal ten moito que dicir, porque é ou seu socio de goberno". En declaracións a Europa Press, o candidato a alcalde nacionalista indica que "é algo moi forte, porque se hai un acordo ante notario que inclúe un compromiso do tenente de alcalde para alterar ou trazado dunha futura estrada, é algo que non só implica a Juan Fernández, senón tamén ao goberno en xeral".

O edil do Bloque asegurou que a formación política á que representa realizará un seguimiento exhaustivo do proxecto de urbanización en Menáncaro -que xa rexeitou públicamente-e fixo mención tamén aos informes desfavorables emitidos por organismos da Xunta, que poñen de manifesto, ao seu xuízo, a existencia de deficiencias na elaboración do proxecto.

Xoán Xosé Pita considera que non sería lóxico pretender aprobar o proxecto pola vía de silencio administrativo -os dictames da Xunta foron emitidos fóra de prazo- por entender que "esta posibilidade non cabe ante un organismo de superior xerarquía".

"Parece que as cousas non se fan coa transparencia que cabería esperar", concluíu o que será cabeza de lista do Bloque.
______________________________
Notícia original no Diario de Ferrol

Contra as manobras especulativas do PP e IF: protecçom para a carvalheira de Menáncaro

De: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume" -artabra21@gmail.com-
Data: 24 de febreiro de 2007 18:11
Asunto: Contra as manobras especulativas do PP e IF: protecçom para a carvalheira de Menáncaro

NÓS-Unidade Popular tem já manifestado o seu rejeitamento aos planos da direita espanhola governante em Ferrol para um dos últimos restos boscosos do nosso concelho: a fraga de Menáncaro. Por iniciativa de Juan Fernández, vice-presidente da Cámara Municipal, um espaço de grande valor ecológico e paisagístico é ameaçado pola construçom de umha urbanizaçom de casas de luxo que engrossará, directamente, a conta particular do líder de Independentes de Ferrol, proprietário de 60 hectares dessa carvalheira.

De facto, diversos meios confirmárom que Juan Fernández tem já um acordo assinado com a empresa Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, polo qual essa firma entregou 192.324 euros a Fernández e ao também vereador de IF Francisco Pita-Romero, em conceito de opçom de venda e que compromete os políticos a desviar a nova estrada prevista na zona para que nom atravesse a futura urbanizaçom. O acordo assinado garante umha quantidade similar umha vez aprovado o Plano de sectorializaçom para os terrenos, que estabelecerá que a urbanizaçom pode ser construída onde até hoje subsiste a maior fraga autóctone do concelho de Ferrol.

Estamos diante de umha prova clara e concreta dos interesses que subjazem na estratégia da política urbanística do PP e IF, que nom se limita a Menáncaro. A construçom de um grande edifício em plena Porta Nova, a construçom de 3.000 apartamentos e centros comerciais em terrenos do Bertom, Santa Marinha, Canido e o Boial, umha irracional infraestrutura desportiva privada na praça pública de Sartanha... todo fai parte do assalto da direita espanhola e o sector da construçom aos nossos espaços públicos, sem importar-se com o valor ambiental, patrimonial ou de utilidade pública das zonas ameaçadas.

O enriquecimento pessoal de políticos concretos, com nomes e apelidos, e cuja trajectória de corruptelas é bem conhecida, junto aos interesses de empresas construtoras que financiam os partidos que nos governam explica a grave situaçom do urbanismo no nosso concelho. Só a firme resposta do movimento vicinal e popular, que NÓS-UP apoia sem reservas, poderá parar os pés à especulaçom e à corrupçom. A defesa dos interesses da maioria social é hoje mais imprescindível do que nunca.

Especuladores e corruptos, fora do concelho!

Continuemos mobilizando-nos em defesa dos espaços públicos!

Salvemos a fraga de Menáncaro!

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

24 de Fevereiro de 2007

Roda de prensa celebrada no Ateneo por unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [23.02.2007]

De: Comité Cidadán -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de Fevereiro de 2007 00:53
Asunto: Roda de prensa celebrada no Ateneo por unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [23.02.2007]


Achégase un resumo entregado hoxe aos medios de comunicación na roda de prensa celebrada no Ateneo por unha delegacion do CCE.

Como primeiro punto se informou do acto convocado para o martes próximo no salón de actos do Vicerrectorado en Ferrol no que se proxectase o documental de Linea 900.

Tamén informouse da conta bancaria que foi aberta o 13 de febreiro pasado, e que, despues de pagar o peritaje do Capitan de Mariña Mercante (2.000 euros), quedaban de remanente 470 euros. (Cara ás dúas da tarde ascendeu a 670 euros).

Así mesmo informouse de que desde o 13 de febreiro se habia cumplido o prazo máximo de 36 meses (tres anos) previsto na Autorización de construción de Reganosa, o que evidencia que as cousas vanlle mal e encima ten sen cumprimentar condicionados de distancias suficientes ata a población e de saída de Urxencia dos buques gaseros.

Saúdos
Carmelo Teixeiro

Resumo:

1.- Próximo martes 27 de febreiro ás 20,00 no salón de actos do Vicerrectorado Universitario en Esteiro: Acto público con proxección do documental de Linea 900: “Un gasoducto no meu xardin”, mesa redonda e coloquio. Ver a octavilla anexa. Dous compoñentes do equipo de linea 900 participarán representando a TVE. Solicitóuse ao director de programa L900 Jaume Codina o permiso para proxectar o seu documental neste acto aberto o público. Hoxe sabemos que sus resposta e afirmativa.

2.- Conta bancaria, (aberta o 13/2/2007)

O Comité Cidadán de Emerxencia ten varios contenciosos abertos en contra da planta de gas que REGANOSA contrúe no interior da Ría de Ferrol e que no caso de que entre en funcionamiento suporá unha grande amenaza permanente, dia e noite, para a vida de miles de veciños da ría.

Nun dos contenciosos, contra a modificación para usos de Planta de Gas aprobada polo Concello de Mugardos, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aceptou designar tres técnicos: Capitán da Marina Mercante, Arquitecto e Enxeneiro Químico para que respondan ás preguntas do avogado do Comité Cidadán de Emerxencia. Ditos informes periciales son moi importantes xa que serán aceptados polo Tribunal neste contencioso e terán o mesmo efecto nos outros contenciosos a trámite. O custo das peritaxes destes tres técnicos ten que pagalos o propio Comité polo que urxe a túa axuda. Tanto o concello de Mugardos como REGANOSA tentaron opoñerse á designación dos tres técnicos, mais perderon o recurso e finalmente contamos cunha oportunidade que non debemos perder. Coa axuda de todos/as pararemos esta barbaridade.

O luns 19 de febreiro fíxose un primeiro pago para costear a peritaxe do Enxeñeiro químico e quedaba un saldo remanente de 200 euros. As donacions seguiron goteando na conta aberta. A primeira hora do venres 23 de febreiro poidose pagar o coste da peritaxe do Capitán da Mariña Mercante, quedando un saldo remanente de 470 euros. Está pendente da comunicación do TSXG sobre a peritaxe do Arquitecto, que se supón será dunha cuantía similar ás anteriores, para o que haberá tamén cinco dias de plazo hábiles. Queda ainda moito colectivo que non aportou sua donación e asociacions dispostas a un esforzo para que tamen se cubra o coste da peritaxe do Arquitecto. O importe de ditos costes abonase nuhna conta do Tribunal quen o entregará a cada tecnico despois de que resposten as preguntas, que para as peritaxes sa pagadas son as seguintes:

O Enxeñeiro Quimico: "Probabilidade e posibilidade de que a consecuencia dun accidente grave, no peirao de atraque ou nas instalacións de Reganosa ou de Forestal do Atlántico S.A., poidan verse incrementados os danos debido á ubicación e á proximidade de devanditos establecementos e á presenza nestes de sustancias perigosas. Determinación das consecuencias para a vida humana e o ecosistema da zona en caso de incendio e explosión dun buque metanero con carga de 123.000 m3 ou 135.000 m3 de GNL no peirao de descarga de Punta Promontorio co efecto dominou previsto na Directiva 96/82/CE."

O Capitán de Mariña Mercante: "Se un buque metanero de 125.000 ou 135.000 m3, transportando GNL atracado en Punta Promontroiro, instalacións proxectadas por Regasificadora do Noroeste S.A. (Reganosa), podería en caso de accidente grave no peirao de descarga, soltar inmediatamente amarras e dirixirse rápidamente a mar aberto, tendo en conta as restricciones á navegabilidad pola canle, estrechez, condicións meteorolóxicas, de marea e outras esixidas pola Capitanía Marítima de Ferrol. E grado de posibilidade para adoptar esa medida de seguridade en calquera tempo e detalle das dificultades que podería atopar a súa saída.”

3.- O 13 de febreiro de 2007 finalizóu o plazo máximo de 36 meses da autorización de construcción, pero continúan as obras de Reganosa, evidencia de que vai mal todo o proceso, pendente de solicitar a autorización de funcionamento (*) e sen ter resoltos os condicionados de devandita autorización: entre eles as distancias suficientes á poboación e a saída de urxencia dos buques gaseros, o que é imposible de cumprimentar coa caprichosa ubicación elixida polas súas promotores

sábado, febreiro 24, 2007

Fraga de menáncaro: Juan Fernández prometeu modificar un vial ao comprador das súas parcelas

De: Comunidade Menáncaro -menancaro@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de febreiro de 2007 13:15
Asunto: Fraga de menáncaro: Juan Fernández prometeu modificar un vial ao comprador das súas parcelas


Polo seu interese, transcrebemos unha reportaxen de José Manuel Gutiérrez que pública hoxe o xornal La Opinión de A Coruña, sobre os intereses do tenente Alcalde Ferrol Juan José Fernández García, no Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes, onde desde o goberno municipal, apoian a construción dunha urnanización de 69 chalés e un complexo hoteleiro numha das fragas mais importatantes e singulares do concello de Ferrol. Urbanización promovida pola entidade mercantil de Compostela Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria S.L., que ven da mán do cabeza visíbel do grupo Independentes de Ferrol, co apoio de todo o seu grupo.


Desde as filas veciñais e ecoloxistas, veñen loitando pola defensa da Carvalleira e toda a Fraga desde hai moitos anos e en especial desde que se aprobou inicialmente o Plano de Sectorización, en xuño de 2005.

[Enlazar co Blog da Comunidade Menáncaro, entidade que forma parte da nosa Plaforma Ártabra 21 http://menancaro.blogspot.com ].


La Opinión de A Coruña
Sábado, 24 de febreiro de 2007

FERROL
O TENENTE DE ALCALDE RECIBIU 192.000 EUROS A CONTA POLA súa PROPIEDADE EN MENÁNCARO

Juan Fernández prometeu modificar un vial ao comprador das súas parcelas

O acordo asinado ante notario inclúe o compromiso do concelleiro para alterar o trazado dunha futura estrada, de forma que non atravesase o terreo da urbanización prevista.
JOSÉ MANUEL GUTIÉRREZ

José Manuel Gutiérrez. Ferrol

O primeiro tenente de alcalde de Ferrol, Juan Fernández, acordou coa empresa Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria a modificación do trazado dunha estrada proxectada na zona de Menáncaro, co fin de permitir a urbanización proxectada neste lugar sobre 50.000 metros cadrados de terreos que posúe de forma conxunta coa Sociedade Agraria de Transformación Agropino, representada por Amando Romeu Castrillón.

O BNG denunciou nos últimos días que o Goberno local pretende aprobar este proxecto mediante a vía do silencio administrativo, pese a que ten no seu contra dous informes desfavorables elaborados polas consellerías de Medio Ambiente e de Política Territorial, que consideran que esta iniciativa incumple a normativa autonómica.

Os propietarios cobraron xa a metade do importe das leiras da zona de Menáncaro onde Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria proxecta a construción dunha urbanización de chalés e un hotel que conta con informes negativos da Xunta. Fernández e Romeu percibiron 192.324 euros en concepto dunha opción de compra que foi desvelada xa en 2005 pola OPINIÓN. Os propietarios recibirán unha cantidade similar unha vez que se aprobe o plan de sectorización para os terreos, que están clasificados como chan urbanizable non delimitado, no que é necesario xustificar a necesidade dunha promoción inmobiliaria.

No acordo entre as partes, asinado ante notario, o vendedor dos terreos "prevé a posibilidade da modificación da achaiadura municipal, respecto do actual trazado dun futuro vial que atravese o ámbito urbanístico das leiras, e que consiguientemente o trazado do mesmo quede fose do citado ámbito do conxunto das leiras". No texto indícase que se esta variación da normativa urbanística non se efectuase antes da aprobación definitiva do plan de sectorización, "ambas partes están de acordo coa resolución do presente contrato de compraventa, coa obrigación para o vendedor de devolver a cantidade recibida".

Ademais de ocupar a primeira tenencia de alcaldía do Concello, Juan Fernández é xefe de filas do entón concelleiro de Urbanismo, Francisco Pita-Romeu, quen achacó o primeiro informe negativo da Xunta sobre este proxecto ás "presións que algún grupo municipal recoñeceu públicamente en relación con este expediente", en alusión ao BNG.

O último pronunciamiento da administración autonómica produciuse o pasado mes de decembro por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, que reitera as deficiencias sinaladas no informe realizado en febreiro de 2006, momento no que esixiu ao Concello de Ferrol a corrección das deficiencias apreciadas no proxecto.

Valor natural

A urbanización de Menáncaro levarase a cabo sobre unha superficie que os colectivos ecologistas consideran de gran valor natural, xa que se trata dun dos últimos bosques autóctonos de Ferrolterra, no que se achan especies vegetales e animais de gran interese. Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria xustificou a necesidade de urbanizar estes terreos pola "vocación residencial" de Ferrol, pese a que o municipio sufriu unha caída continua da súa poboación nos últimos dez anos. Os colectivos opostos a esta iniciativa sinalan que tampouco pode argumentarse a inexistencia de superficie urbanizable en Ferrol, xa que o Concello autorizou xa a construción de máis de 3.000 vivendas en zonas como Ou Bertón, Santa Mariña, Canido e Ou Boial.

Ao coñecerse a existencia da opción de compra sobre os terreos de Menáncaro, o primeiro tenente de alcalde e líder de Independentes por Ferrol declarou que adquiriu unha superficie de 60 hectáreas nesta zona no ano 1978 xunto co resto dos directivos do club de baloncesto OAR Ferrol. O obxectivo, segundo Juan Fernández, era construír neste lugar un pabellón de deportes e promover unha cooperativa de vivendas, proxecto que non se materializou ao non recibir a autorización municipal.

Ante este revés, Fernández asegura que ofreceu os terreos ao Concello de forma gratuita, pero que o Goberno local rexeitounos. Bros Noroeste ofertou no ano 2003 ao concelleiro e á sociedade Agropino, a adquisición desta superficie, da que o político ferrolano é propietario da metade, mediante unha opción de compra condicionada a que se recibise a autorización administrativa para a urbanización.

Para, Juan Fernández, "non hai nada que ocultar" sobre este proxecto e o seu tramitación no Concello, xa que asegura que todos os acordos adoptados pola Corporación achega da urbanización de Menáncaro "foron aprobados por unanimidad e sen a miña presenza".

O tenente de alcalde consideraba que en 2005 os terreos xa non eran da súa propiedade, pese a que a venda non se había formalizado.

Cando se lle pediron explicacións achega da súa ausencia das sesións municipais nas que se abordou esta actuación unha vez efectuada esa suposta transacción, Juan Fernández únicamente contestou: "Eu fago o que me dá a gana, non o que me diga vostede".

A opción de compra prevé construír quince vivendas por cada hectárea

O acordo subscrito entre Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, Juan Fernández García e Amando Romeu Castrillón foi rexistrado en Santiago o 11 de novembro de 2004 polo notario Carlos da Torre Deza. No documento detállanse a superficie das leiras e as cargas coas que están gravadas, así como que os seus propietarios afirman que se tratan de "chan rústico apto para urbanizar", cun aprovechamiento urbanístico que permitiría construír quince vivendas por cada hectárea.

Nese mesmo día, a inmobiliaria entregou aos propietarios un pagarei por valor de 192.324 euros, en concepto de "curmá de opción de compra e pago a deducir do prezo total". Ambas partes fixaron un prezo de venda de 159 euros por cada metro cadrado que resulte edificable tralo plan de sectorización, tras cuxa aprobación #establecer+se un prazo de dous meses para a formalización da escritura pública de compraventa e abonarase "o importe necesario para completar o 50% do prezo total resultante", para o que haberá de coñecerse a edificabilidad adxudicada aos terreos.

No acordo subscríbese o compromiso de presentar o plan de sectorización nun periodo máximo de tres meses e de que os propietarios levantasen as cargas que pesaban sobre as leiras. Tamén se establece un prazo de tres meses para a presentación pola inmobiliaria do plan de reparcelación se non fose necesaria a constitución dunha xunta de compensación, mentres que se este órgano fose exixible, deberá presentar os seus estatutos en dous meses.

Outro asunto que aparece recollido no documento é a posibilidade de que se produza unha modificación do plan urbanístico municipal polo trazado dunha estrada que atravesaría estes terreos.
__________________________________________

Noticia orixinal no xornal La Opinión de A Coruña
__________________________________________

Conferencia en Fene de Santiago Carrillo: unha ollada á política do estado

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de febreiro de 2007 12:26
Asunto: Santiago Carrillo en Ferrol e Fene


Transmitimos información recibida do PS de G – PSOE de Fene

Estimados amigos:
Estimadas amigas:

Informámosvos de que, dentro do ciclo de coloquios que está a organizar a Agrupación Socialista de Fene, temos programada para este xoves, 1 de marzo, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Fene, a conferencia: UNHA OLLADA Á POLÍTICA DO ESTADO con SANTIAGO CARRILLO, destacado protagonista da nosa historía polítia e ex Secretario Xeral do PCE, e IVÁN PUENTES, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldia de Fene.

Logo da exposición inicial dos oradores, abrirase un turno de intervencións para que tódolos asistentes podan formular todas cantas preguntas e reflexións desexen.

Esperamos contar coa vosa asistencia. Saúdos ;-)
Iván Puentes Rivera
Portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE
Concello de Fene

Pola nosa banda, participarvos que Santiago Carrillo (o noso Socio de Honra) estará presente tamén nos actos da Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo, en Ferrol, o día 2 de Marzo: Acto Central do Teatro Jofre (ás 19,30 h.) e Cea Homenaxe (Feira de Mostras, 22 horas).

fuco buxán

Asociación Cultural

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Martes, 27 de febreiro, Asemblea Xeral Ordinaria da PA21


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
27 de Febreiro de 2007.

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, tal e como fixa o seu Documento Fundacional, convócavos para unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ás 7,00 h. da tarde do martes, día 27 de Febreiro no Salón de Actos do IES. Marqués de Suanzes.

Orde do día :

1.- Lectura e aprobación , se procede, da ACTA da ASEMBLEA anterior.

2.- Estado de contas.

3.- INFORMACION XERAL.-

a- FRAGA DE MENANCARO.

b - NOVIDADES EN RECIMIL.

c - PRAZA DE SARTAÑA.

d- ANULADO PROXECTO DE PISCIFACTORIA EN PONZOS.

4.- MANIFESTACIÓN O 4 DE MARZO CONTRA O EDIFICIO DE PORTA NOVA.

5.- CONSTITUCION O PASADO DIA 10 DE FEBREIRO DA REDE LITORAL VIVO.

- PROPOSTA DE MOBILIZACION

6.- Determinación do día, lugar e hora da seguinte Asemblea da PA21.

7.- Fixar data de ASEMBLEA EXTRAOR. REGULAMENTO INTERNO PA21.

8.- Suxestións e preguntas.

Ferrol a 21 de Outubro de 2006.

A Xunta Coordinadora
Asdo. Amadeo Varela
Xosé M. Sanxoán
Ernesto Lopes
José R. Jove

xoves, febreiro 22, 2007

Buques gaseros o bombas flotantes por Ferrol sin Operativo de Riscos Previsíbeis

De: calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de febreiro de 2007 19:11
Asunto: Buques gaseros o bombas flotantes por Ferrol sin Operativo de Riscos Previsíbeis

A raíz do operativo de riscos montado para o buque “Ostedijk”, Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra, quere facer público tamén o risco que vai a supoñer a navegación de buques gaseiros pola pequena ría de Ferrol, e asimismo denunciar que non existe ningún plan de emerxencias coñecido para os mismos, xa que éstes implicarían a evacuación urxente de todalas áreas habitadas do entorno da ría, o cal e imposible de levar a cabo.


Cada 4-5 dias, un enorme buque gaseiro, auténtica bomba flotante cargado -NON CON FERTILIZANTES-, senon con 70.000 Toneladas de Gas Liquido, entrará pola ría de Ferrol, dun xeito inapropiado e incumplindo as leis de navegación de buques. Pasará a 500 mts das casas de Mugardos e Ferrol, a 1.000 mts da base militar da Graña, e descargará en Reganosa, tendo enfrente un obxectivo militar de primer orden para atentar contra él: o arsenal militar da armada e as fragatas F-100, a uns 700mts de distancia.

En caso de accidente o percance no gaseiro, non poderá abandoar a ría (como esixe a lei) polos seus propios medios, porque necesita ser remolcado e facelo con marea alta, porque senón toca fondo, de tal xeito que pode encallar, partirse pola mitade e soltar a sua mortal carga ao exterior.

A sua carga é Gas Natural Licuado, o combustible mais potente que existe. Imposible de sofocar en caso de arder, e equivalente a 50 bombas de Hirosima. A sua salida a atmósfera, provocaría uhna nube de gas de varios Km a redonda, primerio de asfixia,ues vai a ras de terra por ser mais pesado que o aire, e despois, unha vez disolto no aire (multiplicase a sua cantidade por 600), DEFLAGRARÍA calcinado todo a miles de graos.

Estudios internacionais* (eiquí no se fan) revelannos que o radio de dispersión do gas licuado para una cantidade de 20.000 Tm, é de 3 Km. Estes buques levan casi catro veces mais. Reganosa conterá 300.000 Tm!!!

Esto equivale a decir que 100.000 persoas de Ferrolterra están en perigo constante cada vez que un buque de este tipo entra pola angosta ría de Ferrol, cargado de GNL, hacia unha planta de gas inadecuadamente situada allí por intereses politico-económicos ocultos, en perjuicio de sus habitantes, para leva-lo gas a As Pontes e Arteixo.

Estáse así, poñendo en risco, de xeito permanente, a vida dos cidadáns de Ferrolterra, coa complicidade dos politicos locais, alguns medios de comunicación que censuran as noticias do movemento cidadán contra a planta de gas como é La Voz de Galicia, e coa inoperancia das autoridades que deberan de vixiar, esixir, e garantir, a ausencia de riscos para a poboación.

Carlos A. Lareo,
Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra
www.osverdes.org
Tfno. 619 083 499

Gracias por difundir este comunicado.

*Prof. Jerry Havens (Arkansas University) / Prof. James Fay (Instituto Tecnológico de Massachussetts)

Presentación do libro: "Issac Díaz Pardo. Homenaxe Galega", Editado por Fuco Buxán, A.C. e Compilación de: Rosa Méndez Fonte

De: fucobuxan asociacion cultural -fucobuxan.ac@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de febreiro de 2007 17:27
Asunto: Hoxe, Martes, 20 Febreiro, ás 12 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol, tivo lugar a presentación, ante os Medios de Comunicación, do libro:"I.DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA", Editado por Fuco Buxán, A.C. Compilación de: Rosa Méndez Fonte.


APRESENTACIÓN DO LIBRO "I. DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA"

Hoxe, Martes, 20 Febreiro, ás 12 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol, tivo lugar a presentación, ante os Medios de Comunicación, do libro:"I.DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA",Editado por Fuco Buxán, A.C. Compilación de: Rosa Méndez Fonte.

O principal obxectivo desta obra, editada pola nosa Asociación, é profundizar no coñecemento da traxectoria de Isaac nas súas múltiples vertentes: artista, industrial, escritor e galeguista comprometido con Galicia e a súa cultura dende os seus tempos de adolescencia.

Consta de 260 páxinas e cerca de 100 ilustracións e fotografías relativas a Isaac e a súa obra, e recolle as intervencións dos participantes nas Mesas Redondas, do 9 e 23 deste mes, na Fundación Caixa Galicia: Camilo Díaz, Manuel Aznar, Xosé Neira Vilas, Euloxio Ruibal, Fernando Salgado, Fermín Bouza e Andrés Varela;

As composicións que recitarán, o 2 de Marzo, no Acto do Teatro Jofre, os poetas: Eva Veiga, Xosé Leira, Jose Viale Moutinho e Rosa Méndez

Está prologado por Fuco Buxán, Conselleira de Cultura e Deportes e Presidente da Xunta de Galicia.

A presentación oficial terá lugar na Cea-Homenaxe que se celebrará ó remate do Acto Central, o 2 de Marzo, entregándose un exemplar, como agasallo, a cadaún dos asistentes.

Asemade, na presentación a prensa, fíxose distribución do libro ós xornalistas presentes.

A fin de acadar unha difusión o máis amplia posible, da personalidade e obra do homenaxeado, unha boa parte da edición irá destinada a Bibliotecas, Asociacións e Entidades onde poda estar a disposición de tódalas persoas interesadas.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

fuco buxán Asociación Cultural

--
fuco buxán, a.c . telfº 981325492
Aptdo.Correos 240 15400 FERROL
fucobuxan@yahoo.es
www.fucobuxan.com

mércores, febreiro 21, 2007

A urbanización de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza

De: BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de febreiro de 2007 17:10
Asunto: A urbanización de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza


O BNG afirma que a urbanización de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza

O Consello Local do BNG quer manifestar unha vez máis o seu total rexeitamento a iniciativa para a construcción de chalets de luxo e un Hotel na centenaria Fraga de Menáncaro por ser este un proxecto traerá aparellado a destrucción deste enclave natural.

Para o BNG a pretensión do Goberno Local de continuar coa tramitación deste proxecto aplicandolle ao mesmo o silencio administrativo non é posíbel posto que o mesmo incumpre a Lei do Solo de Galiza como acreditan os informes contrarios emitidos pola Conselleria de Medio Ambiente e pola Consellería de Política Territorial. Asi mesmo, cumpre salientar que este último informe, o da Dirección Xeral de Urbanismo, datado en decembro de 2006 é para este proxecto preceptivo e vinculante tal e como recolle o artigo 86.1.d da Lei do Solo.

Temos que lembrarlle ao Goberno Municipal de Ferrol que para poder aplicar o silencio administrativo a este proxecto este non pode conter determinacións contrarias à Lei, aos planos de superior xerarquia ou às directrices de ordenación do territorio de Galiza, como estabelece o artigo 90.3 da Lei do Solo. O Plano de sectorización incumpre a Lei deixou manifestamente claro a Dirección Xeral de Urbanismo.

O BNG exíxelle ao alcalde da cidade Juan Juncal a máxima transparencia neste proxecto xa que o mesmo favorece de forma directa ao primeiro Tenente de Alcalde do goberno local propietario de cerca do 75% dos terreos nos que se pretende edificar esta urbanización e que lle pode reportar ao mencionado edil pingües beneficios económicos.

Para o BNG a atitude do Goberno que preside Juan Juncal é incoerente non se pode promover a inclusión da Fraga de Menáncaro no catálogo de árbores Senlleiras de Galiza e ao mesmo tempo promover unha urbanización que vai destruir esta carballeira.

Ferrol a 20 de febreiro de 2006
Bloque Nacionalista Galego; Consello Local de Ferrol

_________________________________
Enlace co Blog da Comunidade Menáncaro
http://menancaro.blogspot.com

Fraga de Menáncaro: Verdegaia alerta da aprobación definitiva do Plan de Sectorización

Verdegaia alerta da aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncaro

A pesares de que o Plan de Sectorización conta con varios informes desfavorábeis da Xunta de Galicia; dous da Dirección Xeral de Urbanismo e un da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, preténdese, dende o Concello de Ferrol, aprobar definitivamente o proxecto urbanizador de Menáncaro acolléndose á figura do silencio administrativo por terse emitido ditos informes fóra do prazo legalmente estipulado.

A Carballeira de Menáncaro (Serantes) continua seriamente ameazada pola execución do “Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes” nesa zona. A (sin)razón: construción de setenta chaletes e un hotel no mesmo corazón da fraga.

De acordo coa documentación que obra no expediente, a empresa promotora do Plan de Sectorización, a inmobiliaria Bros Noroeste, S.L., solicitou en varias ocasións ao Concello de Ferrol que certificase a aprobación definitiva de dito plan e a publicase no D.O.G e no B.O.P por entender que o proxecto de Menáncaro ficou aprobado definitivamente por silencio administrativo, dado que, ao parecer, os informes preceptivos da Xunta de Galicia foron emitidos fóra do prazo estipulado por Lei. No mesmo senso exprésase o Oficial Maior do Concello a través dun informe suscrito por este, polo que existe a posibilidade de que a aprobación definitiva do plan urbanizador de Menáncaro se efectue oficialmente en sesión plenaria ou simplemente mediante a súa publicación no D.O.G. e no B.O.P. antes das elecións municipais.

Mais, o que non dí a empresa inmobiliaria Bros Noroeste S.L. nen o Oficial Maior do Concello é que, de acordo co apartado 2 do artigo 90 da Lei 9/2002 (modificada pola Lei 15/2004), o Plan de Sectorización ficaría aprobado definitivamente sempre e cando “... se obtivesen os informes preceptivos en sentido favorable”, lembrando que o devandito plan conta con tres informes desfavorébeis. Tampouco din que o apartado 3 do mesmo artigo dispón que “Non se aplicará o silencio administrativo estimatorio cando os plans ou instrumentos contivesen determinacións contrarias á Lei, ós plans de superior xerarquía ou ás directrices de ordenación do territorio de Galicia”, lembrando tamén que o Plan de Sectorización de Menáncaro contén numerosas irregularidades; parte das cales reflíctense nos devanditos informes desfavorabeis da Xunta de Galicia. Por conseguinte, o silencio administrativo quedaría sen efecto neste caso e, polo tanto, a aprobación definitiva do Plan de Sectorización por parte do Concello de Ferrol resultaría nula de Pleno Dereito.

Por outra banda, o feito de que se pretenda levar a cabo o proxecto urbanístico en Menáncaro colisiona frontalmente coa petición efectuada polo Concello de Ferrol ante a Consellería de Medio Ambiente para que a Carballeira de Menáncaro se inclúa no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Venres, 16 de Febreiro do 2007
Núcleo de Ferrol de VERDEGAIA
http://www.verdegaia.org/

_____________________________________
Enlace co Blog da Comunidade Menáncaro
http://menancaro.blogspot.com

Recursos Planta de Gas: Prégase a quen estexa disposto a ingresar que o faga canto antes pois este sábado 24 termina o prazo de pago.

De: Comite Cidadan
Para:artabra21@gmail.com
Data: 21 de Fevereiro de 2007 13:39
Asunto: Estado de los fondos para peritaje de Capitan de Marina Mercante designado por el TSXG.


Infórmase a todos os que aínda non ingresaron que nestes momentos disponse de 1.430 euros na conta do BBVA para recibir donaciones.

Así mesmo que unha asociación entregaranos esta tarde un talon doutro banco coa donacion de 200 euros. Con eles mañá xoves haberá dispoñibles 1.630 euros.

Con estes datos faltan por ingresar 370 euros para totalizar os 2.000 que nos require o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ingresemos na súa conta para poder dispoñer do peritaje do Capitan de Mariña Mercante designado, que consiste en responder ás preguntas realizado polo noso avogado que van a final deste email. O prazo de pago termina este sábado 24.

Rógase a quen estan dispostos a ingresar, e aínda non o fixeron, que realicen os seus ingresos en efectivo ou via telematica que sexa directa para que estean dispoñibles na mañá do sabado proximo antes das 12,00 horas. Os talóns bancarios doutros bancos ingresados no BBVA atrásanse ata dous dias en estar dispoñibles, por iso é mellor levar o diñeiro en efectivo a unha sucursal do BBVA.

Ademais fáltanos por recibir a providencia sobre o peritaje do Arquitecto, que tamén é moi importante poder dispoñer da súa resposta a unhas preguntas das que xa se informará noutro email.

Datos da conta bancaria para donaciones
Banco: BBVA.

A nome de Carmelo Teijeiro Menéndez e doutros compoñentes do Comite Cidadán de Urxencia,

Desde dentro de España o numero de conta é:
0182-0181-59-0201548440 do BBVA

Desde fóra de España:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
codigo internacional de conta bancaria
IBAN É96 0182 0181 5902 0154 8440


Observación para ingresos desde fóra de España: fai uns dous dias, nunhas poucas direccións de email , o codigo BIC levaba unha errata e ía así: BBVAESMNXXX no canto de BBVAESMMXXX este que é correcto e o enviado a unha mayoria de direccións, que agora se envia en cor azul con letras correctas. Rogo que quen estes dias envíen eses datos a unha persoa que resida fóra de España, llos reenvíen de novo por se fixo o ingreso cun codigo bic erroneo e a fin reclamar ao BBVA no caso de que non lle deu erro. Para evitar un erro de ingreso noutra conta por dar mal algun dato é conveniente poñer o nome dun dos titulares por exemplo o de Carmelo Teijeiro Menéndez. e quedarse ao menso uns días o resgardo do ingreso.

Saúdos cordiais
Carmelo Teixeiro

_________________________________________
Preguntas ao Enxeñeiro Quimico e ao Capitan de Mariña Mercante na proposicion de proba presentada polo noso avogado:

Preguntas ao Enxeñeiro Quimico (Ingresado o luns pasado o importe de 1.900 euros polo seu peritaje:

"Probabilidade e posibilidade de que a consecuencia dun accidente grave, no peirao de atraque ou nas instalacións de Reganosa ou de Forestal do Atlántico S.A.", poidan verse incrementados os danos debido á ubicación e á proximidade de devanditos establecementos e á presenza nestes de sustancias perigosas.

Determinación das consecuencias para a vida humana e o ecosistema da zona en caso de incendio e explosión dun buque metanero con carga de 123.000 m3 ou 135.000 m3 de GNL no peirao de descarga de Punta Promontorio co efecto dominou previsto na Directiva 96/82/CE.?

Preguntas ao Capitán de Mariña Mercante(pendente de ingresar este sabado proximo o importe de 2.000 euros):

"Se un buque metanero de 125.000 ou 135.000 m3, transportando GNL atracado en Punta Promontroiro, instalacións proxectadas por Regasificadora do Noroeste S.A. (Reganosa), podería en caso de accidente grave no peirao de descarga, soltar inmediatamente amarras e dirixirse rápidamente a mar aberto, tendo en conta as restricciones á navegabilidad pola canle, estrechez, condicións meteorologicas, de marea e outras esixidas pola Capitanaía Marítima de Ferrol. E grado de posibilidade para adoptar esa medida de seguridade en calquera tempo e detalle das dificultades que podria atopar a súa saída.?

Á vista das preguntas enténdese que os avogados da parte demandada presentasen un recurso contra esta proposición de proba, intentando que non se levase a cabo, pero o tribunal hallo denegado, é dicir, aceptou o que se chama proposiciòn de proba e designo por sorteo os tres tecnicos, un Enxeñeiro Quimico, Capitan de Mariña Mercante e ou Arquitecto que puidesen responder ás preguntas suscitadas polo noso avogado. Estas designacións o TSXG faias por sorteo nunha lista que lle facilita cada Colexio Profesional e designa dous para cada clase de tecnico. A comunicación failla ao primeiro designado para que diga se acetpa e custo do seu peritaje. Se o primeiro desitnado renuncia comunícanllo ao seguinte. No noso caso ao renunciar dous primeiros habemos teniso a sorte de que non viñeron as tres comunicacións cl mesmo tempo e por iso nos esta dando tempo de momento a poder sufragar os gastos de dous deles.

Esixen resposta a unha denuncia por presunta infracción urbanística en Esteiro

Tags
De: Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume -artabra21@gmail.com-
Data: 21 de febrero de 2007 8:37
Asunto: Esixen resposta a unha denuncia por presunta infracción urbanística en Esteiro


Diario de Ferrol
Ferrol | Mércores, 21 de Febreiro de 2007

Esixen resposta a unha denuncia por presunta infracción urbanística en Esteiro
A Asociación de Veciños Fontelonga pediu ao Concello que dea resposta á denuncia formulada o pasado mes de decembro en relación coas obras acometidas nun edificio do barrio de Esteiro que non contan con licenza de ningún tipo, segundo a entidade.

REDACCIÓN > FERROL
O edificio está na esquina de Carlos III e Adán e Eva C. CARBALLEIRA

A Asociación de Veciños Fontelonga do barrio de Esteiro presentou un escrito no rexistro municipal no que demanda unha resposta á denuncia formulada o 20 de decembro pasado sobre unha suposta infracción urbanística grave no edificio situado na esquina das rúas Carlos III e Adán e Eva. Nesta petición, da que se envía copia á Alcaldía e á Concejalía de Urbanismo, recórdase que as obras efectuadas no inmueble, coñecido como Panadería Irmáns Bellón, derribouse a cuberta e se desmantelaron as galerías, ademais de retirarse as fiestras. A entidade vecinal recorda que no seu día aportou un dossier fotográfico en relación coa denuncia.

Fontelonga sostén que as obras non contaron coa preceptiva autorización por parte da Consellería de Cultura, pese a que o barrio de Esteiro pertence ao inventario de Patrimonio Cultural de Galicia, e apunta que por este motivo a asociación cursó tamén denuncia ante o citado organismo. Carecen así mesmo de licenza de obras @expededir polo Concello pese ao cal, di a entidade vecinal, "a data de hoxe non temos constancia de que por parte do Concello de Ferrol se teña aberto ningún expediente de infracción grave en materia de Urbanismo".

Fontelonga acóllese ao artigo 42.1 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común para pedir que se adopte unha resolución sobre a súa denuncia e que esta sexa respondida por escrito, como dicta a citada normativa. A súa intención é que o Concello obrigue ao propietario do inmueble á reposición do edificio ao seu estado anterior "e facemos responsable tanto ó citado propietario como ó Concello de Ferrol", di, "de posibles dános irreparables que se poidan producir tanto sobre persoas como non citado edificio, non caso que este, por mor dás citadas obras, acabe derrubándose sobre a rúa". A denuncia formulada pola entidade ante a Consellería de Cultura foi ampliada para impedir que o edificio "sexa derrubado, como pretende ou seu propietario"

__________________________________

Noticia orixinal no Diario de Ferrol

__________________________________

Planta de Gas: Mesa redonda para ol próximo día 27 de febreiro, ás 20:00 hrs no salón de Actos do Vice-rectorado

De: Comité Cidadán -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de Fevereiro de 2007 11:20
Asunto: Mesa redonda para ol próximo día 27 de febreiro, ás 20:00 hrs no salón de Actos do Vice-rectorado


Para que se teña na axenda da próxima semana, adiántase a seguinte información.

Según informouse na Asemblea Cidadá do 14 de febreiro, para o próximo martes 27 de febreiro as 20, 00 estase organizando unha mesa redonda a celebrar no Salón de Actos do Vicerrectorado. Todo un reto xa que son poucos días.

Trátase dun acto público no que en primeiro lugar vaise proxectar o documental de Linea 900 titulado "Un Gasoducto no meu xardín", para logo un grupo de xornalistas falen do mesmo e ao final teñalugar un coloquio cos asistentes. É tamén un acto ao que debemos invitar a todos cantos non vexan o documental e tamén aos que o viron para que expresen as súas valoracións e apoio á difusóon dos seus contidos.

A partir da tarde de hoxe facilitaranse carteis e octavillas, que se deberán distribuír nos próximos días.

Na mañá de hoxe quedará pechado os ponentes cos seguintes ponentes que aceptaron participar:

Carles Enrique Carrasco Redactor de TVE L900 (*)

Jose Manuel Costas, Realizador de TVE L900. (*)

Sonia Vizoso do Pais.

Patricia Hermida, do Correo Galego.

Anxo Lugilde, Corresponsal da Vanguardia.

Jose Manuel Ponche, xornalista


(*) Carles Enrique e Jose Costas veñen en representación e con permiso de TVE, así mesmo por motivos legais, ao Director do Programa LInea 900 de TVE solicitóuselle permiso para emisión da súa documental neste acto público,do cal na mañá de hoxe espérase ter a resposta.

Saúdos Cordiais

Carmelo Teixeiro