xoves, maio 31, 2007

Convocaroria da Asemblea Cidadá para a defensa da Ría de Ferrol

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA CIDADÁ
PARA A DEFENSA DA RÍA DE FERROL
Xoves, 31 de maio de 2007
ás 8 da tarde nos locais da
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, fai pública unha convocatoria da Asemblea Cidadá, para hoxe, 31 de maio, ás 8 da tarde nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, para informar e analizar a situación, ademais de preparar a concentración convocada para o vindeiro domingo 3 de xuño ás 12 do mediodía no peirao de Ferrol.

CCE -comitecidadan@iespana.es-
http://comitecidadan.org

______________

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de Maio de 2007 15:32
Asunto: Convocatoria da Asemblea Cidadá


Aparte do comunicado por SMS que se enviou co prego de que se pase o aviso, ainda que sexa a estas horas comunicase que:

Hoxe xoves 31 de maio, as 20:00 horas habera una Asamblea Cidadá ou xuntanza ampla do CCE, no local da A.VV de Ferrol Vello, a fin de tratar polo menos o seguiente:

Valoracion do acontecido nos derradeiros dias.

Concentración no porto de Ferrol as 12 da mañan do vindeiro domingo e saida en Manifestación hasta a Praza de Armas.

Decidir si somentes se fai concentracion ou ademais manifenifestacion.

Esta concentracion manifestacion acordouse onte polo Comite Cidadan, diante dos Xulgados de Ferrol, cando xa se tiña noticia de que Bernardo Bastida o iban levar para o carcel de Teixeiro.

Temos xa asegurado que o domingo as 12 estará un equipo do programa "En directo" De TVE.
Saúdos Cordiais
Carmelo Teixeiro
_________________

Os acontecementos de onte 30 de maio de 2007 nos medios dixitais na rede:

Diario de Ferrol.-

Máis detencións e cargas da policía contra os opositores á planta de gas
Ferrol foi escenario onte de novos disturbios entre os opositores a Reganosa e as forzas da orde que tiveron o seu punto culminante a última hora da tarde cunha carga policial que se saldou cun novo detido e varios feridos. O conflito estalou cando se coñeceu a noticia de que o patrón maior da Confraría, arrestado o pasado martes,...

O colectivo do depósito advirte de que "sempre haberá outro Bastida"
Jaime Gabarri xa advertira, horas antes de que se producisen os sucesos de final da tarde, de que "sempre haberá outros Bastida", en clara advertencia ás autoridades e a Reganosa de que as accións para impedir a entrada de gaseros terán continuidade. Gabarri asegurou que a entrada destes buques divide por dous os 170 días do plan.
A entrada de gaseiros depende da Policía
O normal funcionamento de Reganosa dependerá das forzas da orde. Polo menos esta é a impresión que se deriva dunha nova xornada de protestas, a vivida onte, en contra da localización, no interior da ría ferrolá, do complexo de Mugardos.
CCOO esixe á Xunta que poña en práctica un Plan de Urxencia Exterior
O secretario comarcal de Comisións Obreiras, Xulio Abelleira, esixiu onte da Xunta a redacción dun Plan de Urxencia Exterior ante a presenza na ría ferrolá da planta de regasificación de Mugardos. Ademais de facer alusión ás alegacións que en 2001 a mencionada central sindical presentou en contra da localización de Reganosa, "dás...

__________________

Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
[Blog actualizado a 31 de maio de 2007 17:35 hrs]
__________________

Video e fotos:
30 de maio 2007

____________

Hoje foi um dia moi duro

Opinión.-
De: lupe ces

Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de Maio de 2007 13:16
Asunto. Artigo de opiniom

Venho de escoitar na Radio Galega a voz de Ramiro Anca Pichel, director económico administrativo de Reganosa. Decia que as mobilizaçons contra a Planta de Gas, estám danando seriamente a image da comarca, convertindo-a numha zona de difícil desenvolvemento de actividades económicas. Engadia que esta image negativa, tem mais custes que o retraso na entrada da ria dos gaseiros pola acçom das pequenas embarcaçons no mar. Hoje foi um dia moi duro. Duro para todas as pessoas que nos mobilizamos no porto de Ferrol pola convocatória do Comité Cidadá de Emerxencia. Duro para a gente do mar que nom puido aceder às súas embarcaçons e veu como conduziam a prisom ao seu patrom maior. Duro foi estar baixo a pressom de forzas uniformadas e armadas que até diante do próprio julgado demostrarom-nos a determinaçom dos que nos governam, de defender os interesses de Endesa, Unión Fenosa, Grupo Tojeiro, Sonatrach, Xunta, Caixa Galicia, Caixanova e Banco Pastor, todos eles confabulados para fazer da nossa Ria um lugar moi perigosso para viver. Mas somos cada día mais as pessoas que queremos e temos umha outra image da Ria. Queremos umha Ria saneada e viva. Queremos umha Ria que nom mantenha só 500 postos de trabalho do marisqueo, a curto prazo ameazados pola actividade de Reganosa, senom que sabemos que podem ser até 1500, o que daria um pulo muito importante a esta comarca, e sem dana-la, sem ponhe-la em perigo. Dis que o gas é estratégico para Galiza. Mas a verdade é que de Reganosa vai para Meirama (Fenosa) e para As Pontes (Endesa). Duas empresas que levam expoliando Galiza, tanto tempo e com tantos custes ambientais e humanos, que forom e som vergonha para qualquer pessoa cum mínimo de conciência. É a luita por outra maneira de pensar o mundo, é a luita por outra maneira de produzir, é a luita polo controlo democrático da economía. Por isso nom me creo que a image desta comarca seja negativa. Sera-o para empresários sem escrúpulos. Sera-o para empresários da lei do máximo benefício custe o que custe e caiga quem caiga. Sera-o para empresários como os de Pescanova, caprichossos eles, que nom lhes deixárom fazer a piscifactoria no espaço protegido de Tourinham e já nom lhes valia outra cousa, e fórom para Portugal, vaia o demo com eles! E se Reganosa quere ir detrás faremos festa. Mais bem penso eu que a image que queda cada dia mais deturpada é a da própria Reganosa e a dos políticos que a defendem. Por isso Ramiro Anca está preocupado, porque sabe que ninguém dos deles, desses que se vem nas comidas de negócio, na cancha de tenis, nos campos de golf ou na sauna, aprovam a ubicaçom da planta de gas, simplesmente que como já está feita hai que deixa-la como está! Mas é duro para Ramiro Pichel escuitar coa boca pequena dos seus colegas que a ubicaçom é umha machada, que já deveriam ter sabido que iam ter problemas coa gente. Ramiro, desde hai algumhas semanas, vai nervosso a trabalhar representando a Reganosa, a gente da prensa murmura cando passa, hai comentário de costas a ele, confidéncias nom compartilhadas. Ademais Ramiro sabe que cada vez que entre um gaseiro estaremos aí, para dizer que queremos viver, que som ilegais. E até a súa familia, a súa vicinhanza, companheiros da escola das súas crianzas, se as tem, podem começar a sinala-lo como o perigo, uns dos representantes do perigo, o perigo que ameza a nossa vida, cada día mais real, mais palpável, mais sentido.

Lupe Ces
30.05.2007
--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

A Fundaçom Artábria ante os graves acontecimentos vividos na nossa cidade

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra212gmail.com
Data: 31 de Maio de 2007 04:29
Asunto:A Fundaçom Artábria ante os graves acontecimentos vividos na nossa cidade



Ante a situaçom de estado de sítio vivida nos últimos dous dias na cidade de Ferrol e a violenta respota policial para proteger os interesses económicos de REGANOSA a Fundaçom Artábria quer manifestar:

1.- O nosso total rechazo a permanência da Planta de Gás que REGANOSA tem instalada ilegalmente em Punta Promontório.

2.- O nosso total apoio às acçons desenvolvidas polo Comité Cidadán de Emergência e polo colectivo de mariscadores/as para impedir a entrada dos gaseiros "Galicia Spirit" e "Mourad Didouche".

3.- Exigimos a imediata posta em liberdade de Bernardo Bastida e das outras pessoas detidas na tarde de ontem, 30 de Maio, após a violenta resposta da polícia espanhola. Da mesma maneira queremos monstrar a nossa solidariedade com as dúzias de pessoas feridas nos dous últimos dias.

4.- Solicitamos a demissom dos dous principais responsáveis das actuaçons repressivas destes dias: Manuel Ameixeiras, delegado do Governo espanhol na Galiza, e Amable Dopico, presidente da Autoridade Portuária de Ferrol.

5.- Chamamos a participar ao povo de Ferrol nas próximas mobilizaçons convocadas contra REGANOSA e em especial na manifestaçom do próximo domingo, 3 de Junho, no Peirao de Curujeiras às 12h.

A ria é nossa e nom de REGANOSA!
Planta de Gás fora da ria!
Bastida liberdade!

Fundaçom Artábria
Terra de Trasancos, 31 de Maio de 2007


--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

Galería Fotográfica: 30 de Maio de 2007

Tags










mércores, maio 30, 2007

Graves sucesos en Ferrol - Planta de Gas Fóra da Ría

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de Maio de 2007 21:29
Asunto: GRAVES SUCESOS EN FERROL - PLANTA DE GAS FORA DA RIA



ENVIAMOS COMUNICADO DO COMITE CIDADAN DE EMERXENCIA DA RIA DE FERROL

SOLICITAMO-LA AXUDA E A SOLIDARIDADE DE TODOLOS GALEGOS

Os graves sucesos de onte no peirao de Ferrol, trala inútil tentativa de entrada dun vello gaseiro (28 anos) a Reganosa, teñen continuidade no día de hoxe nos seguintes feitos:

Hoxe 30 de Maio, a Policía Nacional e a Guardia Civil impediron ós mariscadores , desde a madrugada, acceder as súas embarcacións, perdendo asemade outro día de traballo e de salario.

O Patrón Maior, Bernardo Bastida, segue detido no Cuartel da Guardia Civil.
Ás 15 horas, convocados polo Comité Cidadán de Emergencia, varios centos de cidadáns, concentráronse no peirao para rexeitar a entrada desa bomba flotante, a unha Planta ilegal e perigosa. O porto de Ferrol estaba tomado por un enorme aparato policial e varias patrulleiras da Guardia Civil, só así foi quen de entrar o gaseiro, e así será cada vez que o intenten de novo. (unha ou duas ve3ces a semán)
Unha hora mais tarde, os concentrados dirixíronse en manifestación polas ruas de Ferrol, ó Xuzgado, onde foi trasladado Bernardo Bastida a prestar declaración.
As 19,30 horas segue a manterse esta situación, e varios centos de persoas permanecen concentrados ás portas do Xuzgado, a espera da resolución judicial, reclamando:

LIBERDADE PARA BASTIDA
PLANTA DE GAS FORA DA RIA
PLANTA DE GAS NO PORTO EXTERIOR

Desde Ferrol, solitamo-la axuda e a solidaridade de tódolos galegos, para conquerir o fin deste atropelo, en salvagarda das nosas vidas, da nosa ría e dos postos de traballo de centos de traballadores do mar.

Pregamos a máxima difusión e seguiremos a informar.


Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240.
Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España.
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@fucobuxan.com
www.fucobuxan.com

Video do acontecido o 30 de Maio en Ferrol

Despois de subir este vídeo que nos enviou damchgz@gmail.com, para a PA21, comunicaron a declaración de prisión provisional, para Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradiá de Pescadores de Ferrol, despois de máis de catro horas diante dos xulgados, a Guardia Civil e Policia Nacional, cargou contra as persoas concentradas [Continuaremos ...]

Audio da CRTVG, Pichi Varela ao vivo durante a carga policial.
Descargao AQUI

Video Actualizado con imaxes e audio da carga policial




Galeria de Fotos
Pincha AQUI para ver a galeria enteira

Abortado o primiero intento de entrada ilegal do Gaseiro Mourad Didouche segundo gaseiro para unha Reganosa ilegal

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de Maio de 2007 02:18
Asunto: Abortado primer intento de entrada ilegal del Gasero Mourad Didouche segundo gasero para una Reganosa ilegal


Mércores 30 de maio.

Este mércores 30 de maio a pleamar en Ferrol será ás 16:23. Media hora antes o metanero Mourad Didouche cargado cuns 110.000 m3 de GNL posiblemente intente de novo a entrada na Ría de Ferrol para descargar na planta de Gas que constrúe Reganosa, porque non ten resoltos os condicionados da súa autorización de construción sobre seguridade para as poboacións próximas nin e para a saída de urxencia de buques gaseros, coa ameaza á vida da Poboación próxima que supón a actividade iniciada o pasado 9 de maio. Por iso o Comité Cidadán acordou facer un chamamento para que a partir das 15 horas do mércores 30 de maio estean no porto de Ferrol quen queiran apoiar as actuacións para que devandito gasero non entre na Ría.

A última hora do martes tívose coñecemento da presenza dun gran número de policías autonómicos antidisturbios, que posiblemente este mércores véxaselles no Porto de Ferrol para repetir o que realizaron o pasado día 9 de maio no que desde as 6 da mañá en todos os portos e peiraos da Ría pecharon os accesos aos pantaláns onde embarcan os mariscadores para de oito a nove da mañá saír e ir faenar desde os seus botes e lanchas a motor, co cal deixaron vía libre para a entrada do buque gasero Galicia Spirit. Ás autoridades competentes ténselles solicitado que prohiban a entrada destes buques gaseros, recolléronse unhas 1.200 firmas para solicitar o cesamento dos catro titulares nos organismos implicados.

Martes 29 de maio

Este martes 29 de maio ás 15:35 o metanero Mourad Didouche abortou a manobra de entrada na Ría de Ferrol, pola presenza dunhas 40 pequenas lanchas que obstaculizaban a bocana de entrada. Todas os barcos patrulleiras que dispón a Garda civil do mar estiveron desde a mañá na Ría de Ferrol intentando disuadir ás pequenas lanchas de mariscadores cando cara ás 13 horas dirixíanse cara á canle de entrada. Mentres en Ribadeo hoxe quedaba sen asistencia de patrulleiras da Garda Civil a procura dun dos mariñeiros desaparecidos no afundimento dun pesqueiro..

Ás 15,50 horas un observador desde un piso nº 20 na cidade da Coruña comunicounos que o metanero asomara e que venia desde o sur con rumbo cara á Ría de Ferrol Un pouco mais tarde cara ás 14:05 o barco era visto por outro observador desde a Praia de Chanteiro no extremo norte da Ría de Ares adxacente e ao sur da Ría de Ferrol. O metanero situouse a un kilometro e paralelo ao dique de abrigo do Porto Exterior . Alí esperou a chegada de dous remolcadores procedentes do interior da Ría, pero estes quedaron bloqueados polas numerosas lanchas de mariscadores. Ás 14:35 o gasero puña rumbo ao fondeadero da Ría de Ares, nun espazo que habitualmente é fondeadero de grandes buques antes de entrar nos portos da Coruña e Ferrol.

Entre os tripulantes das lanchas de mariscadores, pertrechados con traxes flotadores, foron cámaras de televisións Tee 5, Antena 3, Canle 4, Europa Press, TVE, Localia e Canle 31, Así mesmo fotógrafos do País e Diario de Ferrol entre outros. Todos eles foron testemuñas da operación de bloqueo á entrada do gasero Mourad Didouche, o segundo que intenta entra na Ría de Ferrol para descargar GNL, despois de que o pasado 9 de maio fixéseo o gasero chamado Galicia Spirit.

Incidentes no porto de Ferrol.

Nos peiraos de Ferrol pacíficamente esperaban unhas trescentas persoas que foron aplaudindo ás lanchas que chegaban procedentes do bloqueo ao gasero. Pero a nota de desorde e de violencia lamentablemente puxérona uns poucos policías nacionais que empezaron a empuxar brutalmente e aporrear ás persoas que estaban próximas ás escaleiras de acceso ao pantalón onde atracaban as lanchas. Outros dos veciños asistentes pediron orde e alma a devanditos violentos policías, mentres outros aprehendían a Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol e ás 16,15 horas metérono nun coche furgón policial e levárono ao cuartel da Garda Civil nesta cidade.

Quedaron feridos varios veciños entre eles unha muller que foi asistida no Hospital Arquitecto Marcide e que anuncio a presentacion dunha denuncia contra os policías agresores dos que existen fotos e vídeos. A un Cámara dunha televisión local un policía qujiso retirarlle a cámara que a punto estivo de caer ao chan, pero o xornalista moveuse con axilidade cara atrás mentres un grupo de veciños protexíalle fronte ao policía violento.

Por todo iso os veciños e mariscadores alí concentrados decidiron ir en manifestación ata o cuartel da Garda Civil, onde unha delegación reclamou falar co Capitán do Posto, quen se nego a recibilos. Os avogados Victor Lopez e Yolanda Diaz alli presentes para apoiar xuridicamente ao Comité Ciuddano, dirixíronse á Xuíz de Garda quen manifestou que esperaba a que a garda civil tramitase o ateigado. Ás 20 horas a Bernardo Bastida aínda non lle tomaron declaración en base ao pretexto de que aínda non chegara o ateigado da Garda Civil do Mar, considerándose un boto anormal que lle tivesen detido sen cargos. Polo Comité Cidadán fíxose unha rolda de prensa publica alí mesmo diante da barreira de policias nacionais que impedia o acceso ao cuartel da Garda Civil, denunciando os feitos do día que foron emitidos en todas as cadeas de televisión nacionais, galega e locais, como noticia primeira nos telexornais da noite.

martes, maio 29, 2007

A mobilización cidadá consigueu impedir a entrada na Ría de Ferrol do buque gaseiro "Mourad Didouche", que pretende descargar GNL para REGANOSA



PA21 - Ferrol, 29.05.2007 16:00

Atendendo á chamada do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sobre unhas 40 embarcacións obstruíron a entrada da Ría de Ferrol, impedindo deste xeito a entrada do buque gaseiro "Mourad Didouche". De novo o Goberno Civil puxose do lado dos intereses da empresa regasificadora REGANOSA, contra os intereses da cidadanía da Ría de Ferrol. Coa intervención dun helicótero, tres lanchas patrulleras e varias zodiacs da Guardia Civil, con cañons de auga e forzas da polícia en terra, pretendían impedir que a cidadanía exercera os seus direitos na defensa da Ría e da vida. Mais as embarcacións pilotadas principalmente por mariscadores da Ría, curtidos polo seu traballo na navegación rápida, impediron con destreza a maniobra do buque que non pudo enfiar a proa cara a Ría e nom tivo mais remedio que ir a fondear á Ría de Ares.

Parece ser que por "denuncia" da Guardia Civil, a Policia Nacional detiveu a Bernardo Bastida, Pratrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, que é a que agrupa aos Maricadores e Mariscadoras, cando desenbarcaba no peirao de Ferrol. As persoas que agardaban na concentración de apoio ás accións no mar, intentaron que non houbera detencións e a policia cargou con saña contra a cidadanía, deixando varias persoas feridas. Posteriormente unha manifestación de máis de 200 persoas, baixo a intensa chuvia, desplazouse desde o Porto de Ferrol até as inmediacións do Cuartel da Guardia Civil na Porta de Neira de Ferrol, onde foi trasladado Bastida, a estas alturas non sabemos se hai máis detencións [17:45 hrs do 29.05.2007].

Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia entrou no Cuartel, para interesarse pola saúde e situación do Patrón Maior da Cofradía, ver se hai máis persoas detidas, enterarse de quen puxo a denuncia e cais son os cargos que se lle imputan ...

Nas inmediacións do Cuartel, baixo a chuvia, sigue unha concentración de apoio e solidariedade.

Confirmouse que só está detido o Patrón Maior da Cofradia, Bernardo Bastida.

A delegación do Comité de Emerxencia non puido falar co comandante do Cuartel, por negarse este a recibirlos. Os gardas manifestaron que até mañá non van poñer a disposición xudicial a Bastida, pensan deixá-lo nos calabozos do Cuartel detido, polo que o avogado do Comité de Emerxencia e unha delegación, vanse dirixir até o Xulgado de Guarda, para pedir o Habeas Corpus e solicitar a súa liberdade. O resto das persoas siguen concentradas diante do Cuartel.

Fontes do Comité Cidadán de Emerxencia, confirmaron que un remolcador militar da marina, participou no operativo represivo contra a cidadanía que estaba no mar defendendo a Ría e a seguridade das persoas que moramos na súa ribeira. Sendo este un feito moi grave que non pasaba desde marzo de 1972.

O Comité Cidadán de Emerxencia tiña convocada unha Rolda de Prensa nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, mais a petición de xornalistas, camaras e fotógrafos presentes decideuse facer a Rolda de Prensa, mesmo diante do Cuartel da Guardia Civil, na Porta de Neira, onde sigue a concentración cidadá [18:45 hrs do 29.05.2007]


O Comité Cidadán de Emerxencia está realizando unha Asemblea para convocar unha nova concentración mañá, mércores, 30 de maio, ás 15:00 hrs no peirao de Ferrol e para informar de que a a Guardia Civil alega de que está coas dilixencias policiais e que non levará á presencia xudicial a Bernardo Bastida até mañá, obrigando-o a pasar a noite nos calabozos do Cuartel. [20:22 hrs do 29.05.2007]
______________________________


Nova convocatoria Urxente
do Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol

Mércores 30 de Maio

de novo tentará entrar na Ría
o buque gaseiro,"Mourad Didouche",
cargado de GNL para REGANOSA,
que rexeitamos hai unhas horas,
pois está agardando por unha nova pleamar,
para intentá-lo.


Polo que o Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol fai un chamamento a


CONCENTRACIÓN

no Porto de Ferrol, ás 15:00 horas ,

para rexeitar esta amenaza a nosas vidas
e a riqueza da nosa ría,
e reclamar o cese desta ilegalidade.

¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!!

Prégase difusión

_______________________________

Enlaces de interese:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Ferrol Cape

Noticiário de Noroeste: Planta de Gás Fora da Ria

Segundo metanero, o Mourad Didouche, que pretende descargar en Reganosa: Concentración ás 13:00 hs no peirao de Ferrol [29.05.2007]


De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 29 de Maio de 2007 00:17

Asunto: Segundo metanero que pretende descargar en Reganosa



Convocatoria Urxente
do Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol


Martes 29 de Maio

tentará entrar na Ría
outro buque gaseiro
cargado de GNL para REGANOSA.


O Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol fai un chamamento a


CONCENTRACION

no Porto de Ferrol, ás 13.30 horas ,

para rexeitar esta amenaza a nosas vidas
e a riqueza da nosa ría,
e reclamar o cese desta ilegalidade.

¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!!

Prégase difusión


Este martes 29 de maio a partir das 13:00 horas debemos estar nos peiraos de Ferrol, con bocadillos aos que non lles de tempo a comer, a pleamar é ás 15:48.

Púidose saber que o Metanero Mourad Didouche, o segundo buque cargado de GNL que pretende entrar na Ría de Ferrol, realizará o seu primeiro intento de entrada este martes 29 de maio de 2007 coa pleamar diúrna ás 15:48. Ten 274,4 metros de eslora (longo), capacidade 130.000 a 140.000 m3/GNL e trae unha Carga duns 110.000 m3 de Gas Natural Licuado.

Achégase unha foto e datos do buque.

Se é posible embarcar nas lanchas ás 13:00 podran ir os que caiban nas mesmas, no caso de que non este pechado o trafico dentro da Ría.

Como alternativa unha parte dos alli presentes irase cara a determinados puntos da Canle de acceso á Ría. A maioria permaneceremos no peirao á espera de acontecementos.

As normas de Capitanía Marítima de Ferrol de 27 de abril de 2007 requiren que o Práctico suba a bordo do buque entre unha hora e a media hora antes de devandita pleamar para guiar a súa entrada. É dicir entre as 14:48 e as 15:18 o Practico ten que estar abordo co barco enfilando a entrada no espazo fóra do morro do porto Exterior.

As mesmas normas de Capitanía Marítima de Ferrol determinan que en caso de urxencia durante a descarga o metanero sexa desatracado do peirao e levado ao fondeadero de Santa Lucía, é dicir movelo uns cen ou douscentos metros para fondealo dentro da Ría mais cerca do núcleo de poboación principal de Mugardos e da cidade de Ferrol. Con iso dita normas recoñecen que en caso de urxencia o metanero non podería saír ao mar como require a norma EN-1532 e ameazaría a vida da poboación.

O Comite Cidadán de Emerxencia ten decidido continuar con actuacións en defensade a vida da ría e da legalidade e para iso é necesario que este buque non entre. Tense ten solicitado das autoridades competentes que prohiban a entrada de metaneros cargados de GNL en base a que Reganosa non ten todos os permisos en regra e tamén porque é imposible a saída ao mar en caso de urxencia segun require a norma EN.1532.

Cabe a posibilidade de que as augas interiores da Ría esten pechadas ao trafico de lanchas e barcos de calquera porte, excepto as patrulleiras da Garda Civil.

Por iso emítese un SOS a quen teñan lancha na Ría de ares ou outra, a fin de que vexan de acudir á entrada da Canle da Ría de Ferrol desde o mar aberto, para estar na bocana no lado de mar aberto desde as 14:30 ata ata as 16:15 hora na que xa non pode entrar o metanero Mourad Didouche cargado duns 111.000 m3 de GNL.

Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Nota: A quen teñan lancha ou buque con radioemisora, prégase que a partir das 13 horas e ata as 14:00 transmitan varias veces o texto anterior desta mensaxe, por se algunha lancha nas Rías de Ares ou da Coruña anímase a estar na bocana da Ría entre as 14:30 ata as 16:15.

xoves, maio 24, 2007

Escrito de autoinculpación evitar a entrada dun buque gaseiro na ría de Ferrol con destino a planta de REGANOS: Procedemento abreviado nº 443/2007

AO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 3 DE FERROL

Procedemento abreviado nº 443/2007

D/Dª________________________________________, maior de idade, con DNI ____________, e domicilio en rúa __________________________________, Concello de _________________, código postal __________, como mellor proceda en Dereito, DIGO

1º) Que teño coñecemento do procedemento abreviado nº 443/2007 que se instrúe nese Xulgado contra o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, don Bernardo Bastida Sixto, e vintecinco mariscadores máis, por un presunto delicto ou falta de desobediencia á autoridade; consecuencia dos feitos acaecidos nos primeiros días do presente mes de maio, e dentro da mobilización cidadá que pretendía evitar a entrada dun buque gaseiro na ría de Ferrol con destino a planta de REGANOSA en Mugardos. Tal movilización cidadá fíxose polo seguinte:

1. A entrada na Ría de Ferrol do Galicia Spirit incumpre a norma UNE EN 1532 sobre saída de emerxencia o mar en caso de accidente. Tamén a movilizacion cidadá fixose para denunciar publicamente que a Planta de Gas de Reganosa incumpre o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que require un mínimo de dous quilómetros ata o núcleo de poboación agrupada máis próximo; ademais pola inexistencia de estudio de impacto ambiental, inexistencia de plan de emerxencia e evacuación en caso de accidente na planta ou no buque, feitos que imposibilitan a concesión da licencia de obra e actividade da mesma. Dita mobilización cidadá culminou o día 9 de maio ca entrada do buque gaseiro na ría de Ferrol, con forte e violenta intervención das forzas antidisturbios i escolta da Garda Civil do Mar.

2. Que tal saída de emerxencia o mar aberto e un dos condicionados da autorización de construcción que Reganosa ten sen resolver, ademais doutro condicionado tamén sen resolver dun dictame de seguridade que acredite a distancia suficiente ata as poboacións próximas a fin de que non sufran riscos que no deben soportar, segundo require o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, segundo tamén recordan os escritos de 22 de Xaneiro e 22 de marzo de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, organismo competente en Galicia para aplicar o devandito artigo 12 do R.D. 1254/99, segundo o artigo 3 do Decreto autonómico 277/2000 de 9 de novembro (DOG 229 de 27 de novembro).

3. Que non é legal a “Acta de posta en servizo parcial para probas durante tres meses”, asinada o 4 de maio de 2007 por Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Enerxía e Industria, Rúa Durán Loriga nº 9-1º, A Coruña, organismo provincial do Ministerio de Industria e competente para outorgar a acta de funcionamento de Reganosa, (artigo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro), pero que non tivo en conta que Reganosa aínda non rematou as obras e que non ten resoltos todos os condicionados de seguridade para a poboación aos que está suxeita a súa autorización de construcción de 13/2/2004, outorgada pola Dirección Genenal de Política Energética y Minas, dependente do Ministerio de Industria, por todo isto a entrada do gaseiro Galicia Spirit e ilegal

2º) Que eu, en defensa da vida, da riqueza marisqueira da Ría de Ferrol e da legalidade, participei libre e voluntariamente no bloqueo por mar do buque gaseiro Galicia Spirit no seus intentos de entrar na ría de Ferrol os días 6 a 9 de maio pasado, sendo o meu único obxectivo, e dada a conculcación da normativa vixente, polas Administracións implicadas, facer cumprir a mesma.

Por todo o exposto SUPLICO ao Xulgado que teña por presentado este escrito, uníndose ao procedemento antes referido e sexa chamado ó mesmo en calidade de imputado.

Ferrol a ______ de maio de 2007
Sinatura

Acordos da Asemblea Cidadá do 23 de maio de 2007: Escritos de autoinculpación e outros acordos e valoracións

De: CCE -comitecidadan@iespana.e-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de Maio de 2007 03:05

Asunto: Escrito de autoinculpación e acordos da Asamblea Cidadan.


Acordos da Asemblea Cidadá do 23 de maio de 2007. Comité Cidada de Emerxencia para a Ría de Ferrol , 24 de maio de 2007

Como preámbulo informouse da campaña sucia da Voz de Galicia, que parece A Voz de Reganosa, acusando a debilidade dos promotores de Reganosa, ante as actuacións últimas do CCE que romperon os muros de silencio dos últimos oito anos. A lancha con gasolina que onte mércores salio en primeira pagina da Voz de Galicia, era unha lancha nodriza par encher gasolina as distintas lanchas no bloqueo do metanero Galicia Spirit. Así mesmo de que a Conselleria de Industria esta dicindo que coas nosas actuacións estamos atrasando a chegada do gas natural aos particulares, o cal e falso porque os particulares non recibirán nin un gramo de gas natural de Reganosa, porque en la planificación energética só contempla fornezo aos ciclos combinados de Endesa e FENOSA.

Denuncia da Garda civil e autoinculpacións

En relación coa denuncia a varios mariscadores por un atestado da Garda Civil, nos que se lles imputa desobediencia no bloqueo do metanero Galicia Spirit o pasado 7 de maio, acordouse:

a) Rolda de prensa ás 12,30 no Ateneo Ferrolán para explicar os acordos.

b) Inicio o día 24 de maio da autoinculpación nesa denuncia por parte de cidadáns/ás en xeral (ás 13,00 no rexistro do Xulgado de Ferrol. (horario dese rexistro ata as 15,00) Entregouse escrito de autoinculpación e repartíronse cen exemplares. Unha boa parte foi asinada na Asemblea para entregar este xoves ás 13,00 por unha representación do CCE, acompañada dos que queiran asistir a entregar os seus escritos.

Acordouse un prazo dunha semana ata o xoves da semana próxima para recoller escritos asinados de autoinculpación.

Quen leven o escrito directamente ao rexistro dos Xuzgados de Ferrol, rógaselles deixen copia, con selo de entrada, no Ateneo Ferrolano ou a un membro do CCE.

Quen non poidan ir ao rexistro do Xulgado de Ferrol, teñen a opción de deixar o escrito asinado no Ateneo Ferrolán.

Para persoas doutras cidades poden presentalo no rexistro do xuzgado da súa cidade, ou envialo por correo postal ao Ateneo Ferrolán, para que se lle presente no Xuzgado de Ferrol.

Actuacións para que non entre na Ría un segundo buque metanero cargado de GNL.

O vindeiro venres 25 de maio a pleamar diurna é cara ás 12:45, pero non se ten confirmada a chegada do metanero. Estarase atentos por se ese dia ou seguintes tense noticia da súa chegada e avisarase para unha reunión no Porto de Ferrol.

Como información se entregou copia da pagina 4 das normas elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol para a entrada de metaneros cargados de GNL e para a súa saída. Esta pagina é unha proba documental de que un metanero como o Galicia Spirit non podería saír ao mar rapidamente e polos seus medios tal e como require a norma EN-1532. E unha proba dun dos condicionados que ten Reganosa impostor na súa autorización de construción e imposible de resolver. Por tal motivo non é legal a acta de posta en servizo parcial para probas asinada na Coruña o 4 de mallo pasado por Francisco Barroso Palomino, Director do "Area de Energia e Industria", organismo provincial dependente do Ministrerio de Industria.

Nesa páxima 4 das Normas elaboradas pola Capitanía Maritima consta como fondeadero de urxencia o de Santa Lucia, o lado dos peiraos onde descargou o Galicia Spìrit e moi preto do barrio das casas baratas de Mugardos e tamén preto do barrio de Ferrol Vello da cidade de Ferrol.

Esa páxina 4 das normas de 27 de abril feitas pola Capitanía Maritima, tamén proba a irresponsabilidade temeraria e tansgresora das autoridades que autorizaron a entrada do metanero Galicia Spirit, particularmente do Delegado do Goberno que ordenou o emprego das forzas antidisturbios e a Garda Civil para que un metanero entrase dentro de Ría de Ferrol ameazando a vida de miles de persoas.

Escrito de autoinculplación no
AO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 3 DE FERROL
Procedemento abreviado nº 443/2007


__________________


Estrea do Documentario
"O Salario do Silencio"
Sobre a Planta de Gas
que construe REGANOSA
na Ría de Ferrol

Venres 25 de Maio, ás 8 da tarde
Salón do Vicereitorado
Campus de Esteiro – Ferrol
Realizado por:
Mabel Rivera e Enrique Banet
Producción: Namche Film, S.L.
Entrada libre.
Prégase difusión.

mércores, maio 23, 2007

24 de maio de 2007, no Día Internacional das Mulleres pola Paz

De: Marcha Mundial das Mulleres Coordenadora Local Ferrol
-marchagaliza.ferrol@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de Maio de 2007 17:45

Asunto: DIA DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ




O próximo xoves 24 de Maio a Marcha Mundial das Mulleres comemora en Narón o DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ. Nesta ocasión coa proxección da película Irano-Iraqui, AS TARTARUGAS TAMÉN PODEN VOAR. O director kurdo, Bahman Ghobadi, comezou a filmar esta película, a sete dias do comezo da guerra de Irak. A proxección terá lugar na aula de usos múltiples da Biblioteca Municipal, desde as 19hs.

Asi se desenvolve o valor da PAZ no texto da Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade:

PAZ

1. Todos os seres humanos vivem num mundo de paz. A paz resulta em particular da: igualdade entre os sexos, da igualdade social, económica, política, jurídica e cultural, do respeito aos direitos, da erradicaçom da pobreza que assegure a todas e todos umha vida digna, isenta de violência, onde cada pessoa tem um trabalho e recursos suficientes para alimentar-se, ter vivenda, vestir-se, instruir-se, estar protegida na velhice e ter acesso aos cuidados necessários.

2. A toleráncia, o diálogo, o respeito da diversidade som garantias da paz.

3. Quedam excluidas todas as formas de dominaçom e de exclusom de parte de umha pessoa sobre outra, de um grupo sobre outro, de umha minoria sobre umha maioria, de umha maioria sobre umha minoria, de umha naçom sobre outra.

4. Todos os seres humanos tenem o direito de viver num mundo sem guerra e sem conflito armado, sem ocupaçom estrangeira nem base militar. Ninguém tem direito sobre a vida ou morte das pessoas ou dos povos.

5. Nengum costume, tradiçom, ideologia, religiom, sistema económico nem político justificam violências.

6. Os conflitos armados ou nom, entre os países, comunidades ou povos som resolvidos pola negociaçom que permite encontrar soluçons pacíficas, justas e equitativas a nível nacional, regional e internacional.


Coordenadora Local de Ferrol-Terra
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

http://feminismo-ferrolterra.blogspot.com/

FENE [Ferrol-Terra]:
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene

Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735

http://www.feminismo.info/

http://feminismo-galego.blogspot.com/

http://www.marchemondiale.org/
__________________

Martes 29 de maio, celebrarase a XI Asembleia Xeral Ordinaria da PA21

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA PA21

29 de maio de 2007
1º Aniversario da PA21


A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra 21, CONVOCAVOS para unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, ás 7 h. da tarde do día 29 de Abril no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

Motivado ao cumprimento de nosos PRIMEIRO ANIVERSARIO, a Xunta Coordinadora fai un chamamento a tod@s @s membros de colectivos e organizacións que conforman á PLATAFORMA ÁRTABRA21, para facer unha BALANCE ANUAL NESTE PREIMEIRO ANO.

Procuraremos facer unha análise e crítica entre tod@s o máis ampla posible para deseñar o presente e futuro de nosa Plataforma.

Estamos en pleno debate organizativo para preguntar como queremos que participen os Partidos Políticos ou se debemos revisar outro tipo de propostas para estas organizacións.

Orde do día

Ponto único .- Avaliación, balance e propostas de futuro de nosa Plataforma ÁRTABRA21.

Ferrol a 22 de maio de 2007.

A Xunta Coordinadora

Asdo.
José R. Jove
Amadeo Varela
Carlos Gª Seoane
Ernerto Lopes
Xosé M. Sanxoán

Estrea do Documentario "O Salario do Silencio", de Mabel Ribera e Enrique Banet, sobre a Planta de Gas que construe REGANOSA na Ría de Ferrol


Estrea do Documentario
"O Salario do Silencio"
Sobre a Planta de Gas
que construe REGANOSA
na Ría de Ferrol

Venres 25 de Maio, ás 8 da tarde
Salón do Vicereitorado
Campus de Esteiro – Ferrol
Realizado por:
Mabel Rivera e Enrique Banet
Producción: Namche Film, S.L.
Entrada libre.
Prégase difusión.

martes, maio 22, 2007

23 de maio, ás 8 da tarde, nos locais da Asociación Veciñal Ferrol-Vello: Convocatoria da XII Asemblea Cidadá [URXENTE]

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 22 de Maio de 2007 12:15

Asunto: Convocatoria da XII Asemblea Cidadá [URXENTE]



A tódalas entidades cidadas e persoas, integradas na Asemblea Cidadá de Ferrolterra

XII ASEMBLEA CIDADÁ

(Extraordinaria e urxente)

MÉRCORES 23 DE MAIO DE 2007, as 20,00 horas

Salon de Actos Asociación Veciñal de Ferrol-Vello

Ante a citación recibida por Bernando Bastida Sixto, para acudir o Xuzgado numero 3 o vindeiro dia 8 de xuño a fin de prestar declaración en calidade de imputado sobre desobediencia ocurrida o 7 de mayo de 2007 en Ferrol, asimesmo ante as noticias de entrada de un segundo gaseiro o próximo vernes dia 25 de mayo, o CCE onte acordou convoca-la XII Asamblea Cidada co seguinte

ORDE DO DÍA

1º.- Autoinculpacións sobre a desobediencia ocurrida o pasado 7 de maio en Ferrol que se lle imputa a Bernardo Bastida, según a citación que recibeu do Xuzgado número 3 de Ferrol.

2º.- Actuacións ante o anuncio de que un segundo gaseiro cargado de Gas Natural Licuado pretende entrar na Ría de Ferrol o vindeiro vernes 25 de maio con destino a Reganosa.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Solicitan á Xunta de Galicia que anule o acordo plenario onde se permite a construción da urbanización en Menáncaro e presentan Recursos de Reposición

O pasado venres, 19 de maio, a Comunidade Menáncaro no nome da veciñanza e dos demais grupos ecoloxistas e de participación cidadán, defensores da Fraga de Menáncaro [ADEGA, VERDEGAIA, SGHN e Plataforma Ártabra 21], presentaron no rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol e enviaron por fax, escritos ante a Secretaría Xeral da Presidencia, a Dirección Xeral de Urbanismo e a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para que, acolléndose ao disposto na lexislación vixente, actuen en consecuencia co manifestado publicamente e anulen e posteriormente, se é o caso, impugnen o ACORDO PLENARIO onde se aprobou o Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes, que o Concello de Ferrol aprobou, no Pleno Municipal do pasado 20 de abril de 2007, publicado o anuncio no DOG do 11.05.2007, alegando SILENCIO ADMINISTRATIVO POSITIVO; por non ser conforme á LEI e non respectar o PXOM vixente no Concello de Ferrol, en especial o seu Artigo 149.

Onte luns, 21 de maio, ás 12 do mediodía, ADEGA, a SGHN, VERDEGAIA e a Comunidade Menáncaro, desplegaron unha faixa diante da porta do Pazo Municipal e posteriormente presentaron no rexitro do Concello de Ferrol os RECURSOS DE REPOSICIÓN anunciados no seu día contra o xa citado acordo Plenario do 20 de abril pasado.

Asinado.-
Ramón REGUEIRO SANTIAGO, con DNI 32591787-M, no nome propio e en representación da Comunidade Menáncaro, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA-, da Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN-, da Asociación Ecoloxista Galega VERDEGAIA e da Plataforma Ártabra 21.


________________________________

Información tomada do
Blog da Comunidade Menáncaro
________________________________

Fotografias e o Plano de Sectorizaçom.-

Na foto pode-se apreciar, em perspectiva de 60º sobre chao, a Fraga de Menáncaro e o seu contorno. Esta fotografia está tomada há 2 anos em 2005, para amplia-la há que clicar acima dela.

Na foto pode-se apreciar, em vertical sobre chao, a Fraga de Menáncaro e o seu contorno. Na margem direita da fraga, próxima ao rio Aneiros, pode-se apreciar a tala ilegal do bosque ripicola que fixo Juan José Fernández García e o seu sócio Amando Romero Castrillón, em Setembro de 2001, paralizada no seu momento pola acçom e denuncias do movimento ecologista. Esta fotografia está tomada há 2 anos em 2005, para amplia-la há que clicar acima dela.

Este é o Plano de Sectorización de Menáncaro que comprende quase 5 ha, a mitade da Fraga, mais que está desenhado para ocupar a zona de mais valor ecológico, o coraçom da mesma Fraga, a zona mais viva, onde todo brota com muita facilidade.

Na foto pode-se apreciar, em vertical sobre chao, a Fraga de Menáncaro e o seu contorno. Agora ponhendo a escala o plano sobre o lugar onde pretendem localizar a urbanizaçom, pode-se apreciar como o Plano de Sectorizaçom incumpre o PXOM, ao nom respectar a carvalheira e polo tanto muito menos o seu contorno comoassim establece o PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal]. Mesmo nom haveria espaço físico suficiente, para localizar a urbanizaçom noutro lugar da fraga sem incumprir a legislaçom vigente e já nom digamos, sem destruir o conjunto do espaço natural que conforma a carvalheira, rio, humedais e bosque ripicola. Esta fotografia está tomada há 2 anos em 2005, para amplia-la há que clicar acima dela.

luns, maio 21, 2007

Este domingo, 20 de maio, tivo lugar o paseo urbano polos despropósitos municipais

Mais de 4.500 m de percorrido pola cidade, o ponto de partida estaba na Praza de Sartaña, onde se colocou a primeira estiqueta reivindicativa, onde se sinalaba o despropósito municipal de usurpar a praza á veciñanza, para entregala a mans privadas, lease empresa amiga SERVIOCIO, tamén a acción desenvolvida pola veciñanza e por último a revindicación cidadá: Praza de Sartaña Sempre Pública. O representante do colectivo veciñal, J. Ramón Jove, dirixeu unhas palabras as persoas congregadas, antes o membro da Xunta Coordenadora da PA21, Mel Sanxoán, presentou o Paseo Urbano lembrando os seus obxectivos.

Comezou o roteiro, atravesando o barrio de Ultramar, As Pías e o barrio de Recimil que pretendía derrubar este goberno municipal, mais a tenacidade na loita veciñal e un pouco de cordura na Dirección Xeral de Urbanismo, impideu que se cometera un grande atentado urbanístico especulativo e unha agresión á veciñanza moradora do barrio. A etiqueta colocouse nas inmediacións da esquina [Rúa R. Carvalho Calero -Estrada de Castela], onde estaba o "Bambu Club". Foi elexida esa zona, pois é a designada para levar adiante o Plano Piloto de Rehabilitación. No lugar agardaba unha importante representación veciñal que na súa maioria non se puideron somar ao paseo pola súa avanzada edade. O acto foi moi emocionante e a veciñanza de Recimil moi agradecida. O representante do colectivo veciñal, Eloy Montero Romero, presidente da Asociación San Fernando, dirixeu unhas palabras, ás persoas congregadas, resaltando a importancia da solidariedade e o apoio mútuo entre veciñas e veciños.

Os pasos dirixironse até a Praza da Porta Nova, onde se colocou a terceira etiqueta, acima do polémico tunel, fronte aos edificios administrativos da Xunta de Galicia, onde contemplamos case sete anos de obras para unha grande desfeita, onde costruen o macro-edificio innecesario e ilegal, e toda unha chea de despropósitos que nos van costar moito diñeiro público a toda a cidadanía de Ferrol. O encargado de dirixir a palabra aos congregados foi Miguel Reimúndez, representante da PA21, nos convocates das mobilizacións na defensa dos espazos públicos.

O Baluarte de Canido, simbolizando toda a zona rural, foi o lugar elexido para colocar a cuarta e quinta etiqueta. Lindo lugar, cun pequeno parque e unha conservada mostra das murallas que no seu día rodearon Ferrol. A vista que abarca é preciosa, onde podemos contemplar parte da Ría e unha parte importante da zona rural ao leste da cidade. Alí mesmo colocaronse as etiquetas da Fraga de Menáncaro e as referentes aos casos de Cha-Brión, Os Corrais, Mandiá e Leixa. Como así viña sucedendo no transcurso do percorrido, esta vez foi a veciñanza do rural a que agardaba en Canido. Interviñeron Ramón Regueiro en representación da Comunidade Menáncaro e Xan Ramírez da Plataforma pola Defensa Patrimonial e Natural dos Montes de Brión e Leixa.

Na Rúa Insua, colocouse a sexta etiqueta para denunciar a espoliación que pretendían facer coa veciñanza expropiada para a construción dunha urbanización na zona. A veciñanza e a asociación veciñal non están contra a urbanización que parece ser ven mellorar a calidade de vida do barrio, polo tipo de vivendas, o parque de máis de 8.000 m2 e os locais comunitarios previstos, mais o que se reivindica é un prezo xusto polas vivendas expropiadas e un realoxo digno. Pola veciñanza afectada falou emocionado, Enrique Sequeiro que agradeceu as mostras de solidariedade e pideu unha solución xusta diante das expropiacións.

O paseo continuou até Ferrol-Vello, onde a beleza do lugar contrasta co abandono ao que está sometido o barrio, para o cal a Asociación Veciñal ten un plano que hai poucos días presentou ante a opinión pública. A reivindicación dun plano integral de rehabilitación do barrio é necesaria e urxente, non se pode agardar máis tempo para un saneamento e solución integral. Rematou o roteiro na Praza Vella, onde se colocou a sétima e última etiqueta cunha bateria de reivindicacións, destacando o saneamento integral da Ría e rexeitando a Planta de Gas que REGANOSA coa complicidade das administracións, pretende poñer en funcionamento dentro da Ría. O compañeiro Mel Sanxoán encargouse de resumir as revindicacións do Paseo Urbano fronte os Despropósitos Municipais do Goberno da dereita [PP-IF], cos juanes, Juncal e Fernández á cabeza, rematando o acto o membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Alexandre Carrodeguas, que chamou a seguir mobilizandose contra a regasificadora de REGANOSA: Planta de Gas fóra da Ría.

_______________________________________________________
Galerías Fotograficas do Paseo Urbano polos Despropósitos Municipais [20.05.2007]
  • Enlace coa Galería Fotográfica da PA21, fotos cedidas polo Colectivo Veciñal de Sartaña [Disponíbel en poucos días]
  • Enlace coa Galería Fotográfica da PA21, fotos cedidas polo Clube de Montaña de Ferrol [Disponíbel en poucos días]
_______________________________________________________

Enlace coa noticia nas versións dixitais dos medios:

Diario de Ferrol

El País, un artigo de Lorena Bustabad
_______________________________________

Espolio en Canido:
____________________________________________