martes, setembro 30, 2008

Adega pide á Cptopt que faga o seu traballo e paralice as obras na Saíña, no concello de Valdoviño

[Foto de ADEGA]

Diario de Ferrol - Comarcas - Martes 30 de Setembro de 2008
REDACCIÓN > FERROL


Fai un ano que un informe da Consellería de Política Territorial xa advertía da existencia dunha serie de irregularidades na contorna da Saíña, zona con varias figuras de protección ambiental onde se prevé construír unha urbanización.

Responsables de Adega Trasancos e Adega Nacional volveron solicitar onte á Consellería de Política Territorial que faga cumprir a lei e evite que se urbanice A Saíña, unha zona próxima á lagoa da Frouxeira onde se asenta un parque arqueolóxico, cuxo contorna está afectado por varias proteccións ambientais; convenio Ramsar, Zona de Especial Protección para Aves (Zepa), Lugar de Interese Comunitario (LIC) Costa Ártabra e tamén hai constancia de que existen hábitats prioritarios protexidos. Desde hai pouco máis dun mes os obreiros volveron ao lugar, o que levantou as sospeitas de veciños e ecoloxistas que ven como, un ano despois, desde a Cptopt non se fixo nada por paralizar estas obras, cualificadas como "ilegais" por Adega.

Por outra banda, fai xa máis dun ano, o 23 de setembro de 2007, a entidade ecoloxista presentou unha denuncia ante o Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña. Na súa resposta, a Cptopt afirmaba que era necesario revisar as Normas Subsidiarias de Valdoviño, "que incorren en nulidade de pleno dereito ó clasificar sos como urbanos sen reunir vos requisitos legais para merecer tal clasificación". Así mesmo, no referido documento faise constar que se infrinxen determinaciones do propio PXOM, así como varias prohibicións da lei.

Desde Adega pregúntanse que clases de intereses existen para que se puida transformar unha leira rústica en urbanizable e que, ademais, se preténda obviar que se trata dun espazo protexido. Por outra banda, piden á Cptopt que faga cumprir a lei para que o terreo volva ao seu estado orixinal.
__________

ADEGA - 23 de setembro de 2008. Os datos que facemos público a continuación están na súa maioría recollidos da proposta de informe do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña dependente da Consellaría de Política Territorial e Ordenación do Territorio con data 1 de febreiro de 2007. Malia a detectarse graves eivas e irregularidades, a urbanización segue adiante coas administracións mirando para outro lado. Deste informe tiramos as seguintes CONCLUSIÓNS:

Enlace co documento "Política Territorial sinala graves irregularidades na urbanización da Saíña en Valdoviño "
_____________

domingo, setembro 28, 2008

Acción de protesta ante a entrada na Ría de Ferrol, do 31 gaseiro, o "LNG Sokoto", para a ilegal e perigosa REGANOSA

Tags


Venres, 26 de Setembro de 2008, ás 20 horas
_____

Documento elaborado polo:
Colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da ría de Ferrol
Ferrol-CAPE
www.f-cape.org
______________

"O Recuncho" Programa radio Fuco Buxán - Rádio FilispiM

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de setembro de 2008 11:04
Asunto: "O Recuncho" Programa radio Fuco Buxán/Rádio FilispiM


"O Recuncho" Programa radio Fuco Buxán/Rádio FilispiM

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", coa colaboración de "Rádio FilispiM", abre un novo lugar de encontro – "O Recuncho"- realizado polos compañeiros Iago Montes e Miguel Castro.

"O Recuncho" será un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. de cantos temas sociais e culturais afecten ás mulleres e homes de ferrolterra.
Desde aquí invitamos a participar, coas súas achegas, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen, a través do correo: opafuco@gmail.com.

Rádio FilispiM 93.9 FM




Primeira emisión en directo:
Sábado, 4 de outubro, de 11 a 13 h.

Repetición en diferido:
Mércores, de 15 a 17 h. e Domingos, de 20 a 22 h.

Visita a nosa web: www.fucobuxan.com
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
______________

sábado, setembro 27, 2008

Hoxe en Ferrol: II Masa Crítica Galega, sábado 27 de setembro as 12:00h no peirao de Curuxeiras

From: Linux Ferrol -linuxferrol@gmail.com-
Date: 2008/9/26
Subject: Pasao: Convocatoria da MASA CRITICA GALEGA Sábado 27 Ferrol
To: masacriticaferrol@bicis.info



Enviamos a seguinte convocatoria:

II Masa Crítica Galega

Ferrol, sábado 27 de setembro as 12:00h no peirao de Curuxeiras



Este sábado ás 12:00h sairá do peirao de Ferrol a II Masa Crítica Galega que convoca a ciclistas de toda Galiza para facer un percorrido urbán por rúas de ferrol e narón.

Para máis información sobre esta convocatoria podedes visitar:
www.bicis.info





masa_galega_08.png.jpeg

O vindeiro sábado 27 de setembro celébrase a 2ª Masa Crítica Galega en Ferol. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel!.
A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes" Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

En Galicia celébranse nas seguintes cidades:
  • A Coruña. Todos os primeiros venres de cada mes ás 20:00 dende a Praza de María Pita. Ver foro
  • Santiago de Compostela. Todos os últimos mércores de mes ás 20:30 dende a Praza de Galicia. Ver foro
  • Vigo. Todolos primeiros domingos de cada mes ás 11:00 horas dende a Praza de América. Ver web
  • Ourense. Últimos xoves de mes ás 20:00 dende o Pavillón dos Remedios. Ver blog
  • Ponteareas. Todos os últimos venres de mes ás 20:00 na Praza da igrexa. Ver blog / Ver foro
  • Ferrol. Os últimos xoves de mes ás 20:15 na Praza do Inferniño Ver foro
A masa crítica galega do 27 supón o segundo encontro a nivel galego de ciclousuarios e ciclousuarias , organizado neste caso polos participantes da Masa critica de Ferrol. O anterior foi en Compostela.

A saída desta II Masa Crítica Galega será o 27 de setembro ás 12:00 dende o peirao de Cruxeiras con este percorrido

Xa está aquí !!!!
Mañá vai ser un día de festa para todas as galegas e galegos: día nacional de reivindicazón do transporto ecolóxico, divertido, saúdabel, que fai as rúas máis humanas, que respecta a todas e a todos, que coida do meio...
E isto vai pasar no noso Ferroliño.

'DEIXA O CARRO
E COLHE A BICI'.

Xa che teño encamiñado correos da masa crítica ferrolá, así que aforro explicar de que vai o tema. Dígoche somentes que imos facer unha rotiña urbana, xantar logo todas xuntas no parque de Esteiro, onde está o 'L', falar sobre a mobilidade, facer xogos populares, e rematar con unha REPICHOCA!!
  • - O percurso que imos facer é duns 10 quilómetros, e calculamos que, indo mooooi paseniño, tardaremos perto de unha hora e un cuarto en o andarmos. Combinamos pra nos vermos ás 12 da mañá no peirao de Curuxeiras (no porto, ao pé de onde atracaban a lancha de Mugardos)
  • - Conviña que cadaquen trouxese algo para o xantar, como un bocata, ou algo de froita... para compartillarmos todos (en plan romaría de mantel a cuadros, desas de toda a vida, pero non é preciso que o mantel teña cuadros). Pódese deixar antes da rota no centro social (no de Artábria), para non o termos que carrexar todo o tempo
  • - O debate vai ser ás 4 e 1/2 no centro social da fundazón (Artábria). Nel collen os meios de transporto públicos, o carril-bici, o papel das administrazóns, as normas de tránsito... e todo canto vexamos relacionado.
  • - Para os xogos populares tornamos ao campeiro do 'L'. Imos ter, en principio, carreiras de sacos, tiro da corda, xogo da chave, billarda, lombas, chapa, arriba facu, lombas... e tódolos que nos acorden entre todas e todos!!!
  • - A repichoca pode ser tremenda, haise que animar a traer cadaquen algún instrumento que teña na casa. Valen as garrafas de anís para rascar (digo rascar cun pau e facer música, polo do relevo en cuadradiños, non rascar-nos a beber no anís!!!!), pandeiretas, axóuxeres, cunchas... o que tiverdes, que todo vale!, e veña a tocar e a cantar todas e todos!!! Podemos deixar tamén os instrumentos no centro para non pedalearmos con eles ao lombo.
  • - IMPORTANTÍSIMO!: temos sitio para durmir, no pavillón deportivo do colexio de Esteiro (mesmo a caronciño de todo o resto de actividades), e máis tamén podemos empregar as duchas e vestiarios, así que xa non hai razón ningunha para non vir.
Sómate ás ciclousuarias/os-ou-biciclistas-ou-pedaleantes de toda Galiza, pero ven con gana de festa, porque ímola armar!!

Unha aperta enorme

Para máis información sobre esta e máis outras convocatorias podedes visitar:
www.bicis.info
________

xoves, setembro 25, 2008

A Plataforma Cidadá en Apoio ao Cabo Gago convoca unha reunión no Ateneo Ferrolán o vindeiro

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 25 de setembro de 2008 12:34

Asunto: Convocatoria de reunión da Plataforma Cidadá en Apoio ó Cabo Gago



A Platorma Cidadá en Apoio ao cabo Gago convoca unha reunión no Ateneo Ferrolán o Mércores día 1 de Outubro, ás 8 da tarde

A Plataforma Cidadá en Apoio ó Cabo Gago, composta por máis de 24 organizacións, ten o pracer de convidarlle a unha reunión de sociedades sociais, culturais, deportivas, de mulleres, ecolóxicas, etc. no local do Ateneo, Rúa Magdalena 202-204, 1º, para informar e debater os seguintes puntos:
  • Explicala situación na que se atopa o expedinte ó Cabo Gago.
  • Informar de temas legais con respecto o seu caso, e apoiar a manifestación que a Plataforma ten convocada para o Día 12 outubro as 12 do mediodía.

UN PEQUEÑO RESUMO DA SITUACIÓN:

O 19 de decembro de 2005 rebentou unha caldeira na Fragata Extremadura levando por diante a vida de dous tripulantes.

Durante o acendido das caldeiras houbo unha serie de graves anomalías premonitorias do fatal accidente. En varias ocasións o Cabo Jorge Gago, entre outros, alerta do perigo de continuar coas caldeiras acesas. Os elevados índices de cloro na auga, que ían sendo confirmados cos análises en laboratorio, recomendaban o apagado das mesmas. A caldeira de popa daba índices de 11 unidades e a de popa 12. Estas cantidades son máis de 7 veces superiores as que, tanto os manuais xenéricos coma o libro de caldeiras do barco, recomendan o apagado e extracción de auga.

As advertencias son desoídas polo brigada de garda que se comunica telefonicamente co Xefe de Máquinas que daba ordenes desde a casa onde se atopaba porque, como deixou dito, vivía a menos de 10 minutos do Arsenal. As fatais ordenes a distancia tiveron como consecuencia o rebentón dunha das caldeiras, levando por diante a vida do mariñeiro Erik Noval e do Cabo 1º Francisco Pérez Castrillón. O Xefe de Máquinas tarda dúas horas en chegar.

A intervención do Cabo Gago e dun compañeiro, Cabo electricista Vila, é decisiva para impedir que se propague polo resto do buque e desaloxo ordenado da tripulación. Esta actitude e premiada con hasta cinco recoñecementos e felicitacións personalizadas pola súa valente intervención. Temos a vosa disposición fotocopia das referidas felicitacións, incluso con anotación en currículo.

A fina liña que na vida de Jorge separa o paso de “heroe recoñecido a vilán perseguido”, é imperceptible. O pequeno linde son unhas declaracións públicas, declaracións que xa tiña feito diante do Xuíz Togado Militar nas dilixencias previas en sesións públicas.

Estas declaracións foron unha boa escusa para que o accidente pase a ser secundario, os mortos e vítimas esquecidas, as felicitacións en aguillóns contra o propio Jorge, a transparencia en opacidade e os dereitos constitucionais sometidos militarmente.

A condena comunicada a Jorge de dous meses de prisión en Establecemento Disciplinario Militar e unha condena a os dereitos cidadáns.

Asinado, Santiago Torrente

Portavoz Plataforma Apoio Cabo Gago

Ferrol, 24 Setembro, 2004
____________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_____________________

Terractiva 2008 preséntase como a meirande feira ecolóxica de Galicia

De: Comunicación -comunicacion@coperactiva.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de setembro de 2008 19:03
Asunto: Festival Terractiva 2008


Terractiva 2008 preséntase como a meirande feira ecolóxica de Galicia

O festival das artes pola biodiversidade, Terractiva, presenta unha nova edición para os próximos 18 e 19 de outubro cargada de actividades para todas as idades. A que “é a feira ecolóxica máis grande de Galicia”, segundo afirmou a coordinadora do festival, Txeli Vicente, contará con máis de 40 expositores, 5 cursos formativos, diversos obradoiros e o Galeuzca musical, feitos que o alcalde arzuano, Xaquín García valorou “moi positivamente” de cara a continuidade do evento.

Un grande mercado verde abrirá de novo as súas portas nesta edición 2008 amosando diversos xeitos de cociña ecolóxica, produtos ecolóxicos de horta e limpeza, terapias alternativas, relacionadas todas ca defensa do medio ambiente aínda que tamén hai unha parte reservada á artesanía. A proposta que, en palabras do alcalde Xaquín García está financiada “nun 80 por cento por parte da Deputación da Coruña e cun 20 por cento achegado polo Concello”, congrega a cada vez máis hai produtores da zona e “tamén se ve un aumento de visitantes”, en especial dos veciños de arzúa, continuou a dicir o rexedor arzuano.


O único festival medioambiental de Galicia

Neste sentido, e logo de presentarse no día de hoxe en conferencia de prensa, a edición 2008 celebrarase “o único festival medioambiental de Galicia”, como afirmou Txeli Vicente. Non só avalan a esta feira ecolóxica a súa magnitude ou a variedade e riqueza das súas propostas, senón que pasa tamén pola formación co programa de cursos e obradoiros gratuitos que presenta, o Formaterra. Desde o seu nacemento, este encontro coa ecoloxía a través das artes e pola diversidade converteuse no único espazo que reúne a colectivos, asociacións, expositoras e expositores, docentes, alumnado e xente interesada en vivir nun mundo máis ecolóxico.

Terractiva é un festival de alternativas, multidisciplinar e que promociona as artes e a diversidade. Neste sentido, ademais das videoproxeccións contínuas programadas, o festival Galeuzca musical leva de novo a Arzúa unha selección de grupos galegos, vascos e cataláns que este ano pasa por contar coa presenza do Sonoro Maxín desde Galicia, da Troba Kung-Fú desde Catalunya e por Sorkun que chega de Euskal Herria. Será o sábado 18 ás 22 horas no Campo da Feira e con acceso libre e de balde. De novo, Galiza, Euskal Herria e Catalunya unidas a través da música.


Unha feira ecolóxica que medra e cala na sociedade

No apartado “Altofalante”, logo de catro anos, o Foro Ecolóxico dá pé novamente a un encontro para todo o movemento ecolóxico do país. A esta afirmación feita durante a rolda de prensa pola coordinadora do festival, Txeli Vicente, desde a entidade xestora do mesmo, Coperactiva Cultural, apóiana seis edicións ás costas e unha traxectoria de centos de expositores e expositoras, colectivos que desenvolveron obradoiros e que foron entrando nesta roda que cada ano facemos xirar coa entrada do outono na vila coruñesa de Arzúa.

Neste sentido, e ao fío da importancia do festival como voceiro da ecoloxía, Xaquín García cre importante “concienciar cada vez máis a poboación para coidar o noso medio e a terra, que é o que nos da vida”. Ademais, os numerosos obradoiros e o consolidado espazo de ludoteca infantil completan esta proposta. Cómpre destacar que Ademais, os numerosos obradoiros e o consolidado espazo de ludoteca infantil completan esta proposta. Cómpre destacar que Ademais, os numerosos obradoiros e o consolidado espazo de ludoteca infantil completan esta proposta. Cómpre destacar que todo o acceso ao festival é libre e de balde. Só os cursos formativos precisan abonamento.

Baixo o lema “A terra e a cidadanía son o noso país” arrinca o Terractiva 2008 para denunciar as grandes eivas que sofre Galicia no que respecta ao desenvolvemento medioambiental. Ademais, o lema deste ano responde a unha vontade extendida na sociedade galega como é a de mirar cara o noso e vivirmos do xeito máis respectuoso posíbel coa contorna.
_______________________

http://www.terractiva.org

NÓS-UP considera que o ensino galego continua igual de espanholizado no segundo ano de aplicaçom do novo Decreto educativo

De: NÓS-UP -imprensa@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de setembro de 2008 10:34
Asunto: NÓS-UP considera que o ensino galego continua igual de espanholizado no segundo ano de aplicaçom do Decreto educativo



NÓS-UP considera que o ensino galego continua igual de espanholizado no segundo ano de aplicaçom do novo Decreto educativo

Se alguém tinha dúvidas, o início deste segundo ano lectivo com novo Decreto de ensino confirma o papel subsidiário do galego, que nom só continua longe de se converter na língua veicular, nom chegando a cumprir, em muitos casos, nem os mínimos estabelecidos sobre o seu uso polo professorado nas matérias marcadas no novo texto legal em vigor.

NÓS-Unidade Popular, quem em Março de 2007 apresentou um texto analítico do novo Decreto e das suas carências, indicou na altura que, apesar dos inegáveis avanços quantitativos na presença do galego, nomeadamente no número de horas lectivas, nom suporia um avanço qualitativo para o nosso idioma no ensino. O motivo era – é – que mantém os mecanismos de dominaçom do espanhol como língua principal nos diversos níveis do ámbito educativo galego através de várias renúncias:
  • Renuncia a qualquer programa de imersom como os aplicados por outras administraçons autonómicas (nomeadamente a catalá e a basca);
  • Renuncia também a um sistema de modelos de diferente perfil lingüístico, como os da Comunidade Autónoma Basca ou o País Valenciano;
  • Renuncia, em definitivo, a dar ao galego estatuto de língua veicular principal.
A falta de um roteiro com medidas concretas fai com que a suposta avaliaçom anual do desenvolvimento do Decreto tenha sido “esquecida” pola Administraçom, o que junto à inexistência de novidades na necessária fiscalizaçom por parte da inspecçom educativa em relaçom ao decreto anterior, explica que os incumprimentos e inércias espanholizadoras continuem a funcionar nos centros de ensino galegos.

Há que lembrar que NÓS-Unidade Popular nom foi a única entidade a questionar as potencialidades do novo Decreto. Outras como a Nova Escola Galega afirmárom na altura da aprovaçom do mesmo que "seriam necessárias medidas muito mais avançadas e decididas” para mudar o rumo desgaleguizador que segue o ensino na Galiza. Infelizmente, neste segundo ano de aplicaçom do novo texto legal, nengumha das afirmaçons críticas feitas entom perdeu vigência.

Como pano de fundo para o sistema educativo espanholizante actual, erige-se o ‘culto ao bilingüismo’ que o actual governo da Junta mantém, em linha com a política do Partido Popular na matéria, e que foi plasmado no também incumprido Plano Geral de Normalizaçom da Língua Galega assinado polas três forças parlamentares em 2004.

Da mesma forma, continua a ser desprezada a inclusom do português e da cultura lusófona como apoio para a normalizaçom do galego, permitindo o acesso à cultura universal sem passar polo filtro do espanhol.

Por todo o anterior, NÓS-Unidade Popular reafirma-se na reclamaçom de um novo quadro legal que rompa com o falaz ‘bilingüismo equilibrado’ e reconheça, com todas as conseqüências, o galego como primeira língua da Galiza.

Galiza, 24 de Setembro de 2008

Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

NÓS-Unidade Popular
nosgaliza@nosgaliza.org
____________________

O gas natural licuado e as circunstancias actuais do mercado deste gas

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de setembro de 2008 23:16
Asunto: O GAS NATURAL LICUADO: OUTRA HIPOTECA PARA OS CONSUMIDORES



O GAS NATURAL LICUADO: OUTRA HIPOTECA PARA OS CONSUMIDORES

O gas natural licuado e as circunstancias actuais do mercado deste gas.

É importante dar difusión a este tema.

Un saúdo

www.f-cape.org

O gas natural licuado e as circunstancias actuais do mercado deste gas.
O gas natural licuado (GNL): Outra hipoteca para os españois
O GAS NATURAL LICUADO: OUTRA HIPOTECA PARA OS CONSUMIDORES

Resumo:

Os custos actuais de produción de enerxía eléctrica en España inquietan aos xestores do sistema debido á crecente desviación entre os custos de xeración e o prezo que pagan os consumidores. É o que se coñece como "déficit de tarifa". Segundo a Comisión Nacional da Enerxía (CNE) o deseño enerxético español, o cal cimentouse en torno ao gas natural e ao vento, pode provocar problemas ao sistema eléctrico na actual conxuntura de encarecemento dos combustibles fósiles.

Para maior despropósito, España optou pola subministración de gas natural en estado líquido (Gas Natural Licuado - GNL), o cal pode ter un prezo no mercado até dúas veces superior ao do gas natural recibido por gasoduto, debido a que a demanda do GNL no sector é moi superior á oferta e xa que logo o GNL revalorízase. España importa en estado líquido (GNL) entre o 65 ao 70% do gas de consumo e ás veces ten que saír ao mercado "spot" (a curto prazo) e puxar nas poxas pagando uns prezos elevados de oportunidade. O peor é que non parece que a medio prazo vaia modificarse a situación. É preciso un cambio radical na política de subministración de gas instalando gasodutos de conexión coa rede europea e mellorando a conexión con Alxeria pois á fin e ao cabo dependemos e moito deste país. España debe deixar de ser unha "illa enerxética" sometida ás regasificadoras nun mercado de gas moi caro e especulador.

Acceder ao documento completo nos Arquivos Ártabros:

O gas natural licuado e as circunstancias actuais do mercado deste gas

Baixar en formato PDF Download (148K) ou acceder ao documento online:
______________

O gas natural licuado e as circunstancias actuais do mercado deste gas

O GAS NATURAL LICUADO: OUTRA HIPOTECA PARA OS CONSUMIDORES
O gas natural licuado e as circunstancias actuais do mercado deste gas.
O gas natural licuado (GNL): Outra hipoteca para os españois


Resumo:

Os custos actuais de produción de enerxía eléctrica en España inquietan aos xestores do sistema debido á crecente desviación entre os custos de xeración e o prezo que pagan os consumidores. É o que se coñece como "déficit de tarifa"1). Segundo a Comisión Nacional da Enerxía (CNE) o deseño enerxético español, o cal cimentouse en torno ao gas natural e ao vento, pode provocar problemas ao sistema eléctrico na actual conxuntura de encarecemento dos combustibles fósiles.

Para maior despropósito, España optou pola subministración de gas natural en estado líquido (Gas Natural Licuado - GNL), o cal pode ter un prezo no mercado ata dúas veces superior ao do gas natural recibido por gasoduto, debido a que a demanda do GNL no sector é moi superior á oferta e xa que logo o GNL revalorízase. España importa en estado líquido (GNL) entre o 65 ao 70% do gas de consumo e ás veces ten que saír ao mercado "spot" 2) (a curto prazo) e puxar nas poxas pagando uns prezos elevados de oportunidade. O peor é que non parece que a medio prazo vaia modificarse a situación. É preciso un cambio radical na política de subministración de gas instalando gasodutos de conexión coa rede europea e mellorando a conexión con Alxeria pois á fin e ao cabo dependemos e moito deste país. España debe deixar de ser unha "illa enerxética" sometida ás regasificadoras nun mercado de gas moi caro e especulador.


O gas natural e o sistema eléctrico:

O gas natural comeza a utilizarse en España para a produción de enerxía eléctrica a gran escala no ano 2002 na central térmica de ciclo combinado (CTCC) de San Roque (Cádiz). Os avances tecnolóxicos neste tipo de plantas e as súas vantaxes en comparación coas vetustas centrais térmicas a carbón fixeron que o gas natural fose collendo peso no Mix enerxético en España e noutros países desenvolvidos. As empresas gasistas difundiron amplamente nos medios de comunicación o concepto de que lle gas natural é limpo 3), moderno e seguro con obxecto de concienciar á cidadanía e aos investidores da conveniencia de utilizalo como combustible térmico. É fácil ver nos logotipos das empresas gasistas imágines que pretenden transmitir ese carácter "limpo" do gas natural, como bosques, bolboretas, froitas, flores, etc.

A liberalización do mercado eléctrico en España estaba cerca, e había que dispor canto antes de plantas térmicas de xeración eléctrica. España opta por un desenvolvemento enerxético do seu sistema eléctrico en base ao gas natural e o vento a pesar de que a primeira opción ten un custo elevado de xeración e para a segunda resulta difícil garantir a subministración. É dicir, das tres características que todo sistema eléctrico debe ter, competitividade, seguridade de subministración e calidade ambiental, España decídese por dous sistemas susceptibles de presentar dificultades para unha subministración eléctrica eficaz e fiable sen cubrirse cun back-up alternativo que garanta a subministración en caso de "crise" no gas ou falta de vento.

Con todo as razóns máis importantes que animaron ás eléctricas a optar polas CTCC foron reducir os custos de investimento e diminuír o tempo de construción máis que o carácter limpo do gas natural.

O peso crecente en España das CTCC e da enerxía eólica para xeración eléctrica xunto coa escaseza de almacéns subterráneos de gas en xacementos esgotados vai complicar moito as cousas ao operador do sistema eléctrico do noso país. Por exemplo, en novembro pasado estivemos a piques de sufrir un colapso no sistema debido a factores predicibles: unha onda de frío, a parada de dúas centrais nucleares e un mal comportamento do sector eólico. Foi necesaria a desconexión de 200 empresas de gran consumo eléctrico para saír da situación.

Isto ocorreu por unha punta na demanda duns 40.000 MW cando no país temos unha potencia instalada de máis de 80.000 MW, é dicir o dobre da demandada. Desde o ano 2002 instaláronse en España aproximadamente uns 21.000 MW en centrais de ciclo combinado e está previsto que no ano 2011 alcáncese a cifra de 32.000 MW. A potencia eólica instalada é duns 14.000 MW. Iso significa que a suma dos dous sistemas representará máis do 50% da potencia dispoñible.


O abastecemento do gas natural:

O abastecemento de gas natural pode realizarse mediante gasodutos desde os xacementos de gas ata as propias plantas ou ben mediante buque gaseros que o transportan en estado líquido a temperaturas criogénicas (- 162 ºC). A mellor opción é sempre o gasoduto. Os gasodutos son infraestruturas planificadas mediante acordos bilaterais entre o produtor e o consumidor, coa participación de ambos tanto nos investimentos da planta de produción de gas como na explotación da mesma. Un gasoduto é máis rendible economicamente cando a distancia entre a planta produtora e o país de destino é menor de 3.000 km. A opción do gas licuado (GNL) é máis cara polos custos adicionais dos procesos de licuefacción, transporte en barco e regasificación. Ademais o prezo do GNL está suxeito a fortes fluctuaciones do mercado polos desequilibrios entre a oferta e a demanda, tal como ocorre nestes momentos pois se está demandando máis gas que o dispoñible no mercado. A súa única vantaxe é a non dependencia dun subministrador determinado xa que se pode comprar a provedores alternativos no suposto de fallo nalgún deles. Por esta razón algúns países dispón de regasificadoras para utilizar en casos de emerxencia.

Europa ten unha ampla rede de gasodutos que reciben gas directamente de Rusia, Noruega e o Mar do Norte e nun futuro próximo contará con outros dous. O primeiro, de nome Nabucco, transportará gas desde a zona do Mar Caspio (Azerbaijan e Turkmenistan) e polo segundo, de nome NordStream, circulará gas desde Rusia ata Alemaña pasando polo fondo do mar Báltico.

En España o gas natural en estado gaseoso chega por gasoduto desde Noruega (un 7 % do consumo) a través da conexión Lacq-Calahorra e desde Alxeria (un 28%) a través do estreito de Xibraltar. O resto do gas (o 65%) impórtase en estado líquido (GNL). Por esta razón España rodeouse de plantas regasificadoras de GNL (ten 6 das trece que existen en toda Europa). Segundo un informe do xestor do sistema observamos que a procedencia do GNL é como segue: Alxeria (15%), Países do Golfo (20%), Nixeria (15%), Exipto (10%) e o resto doutros países como Trindade Tobago. Dado que Alxeria e Exipto están a unha distancia moi inferior aos 3000 km citados anteriormente non se entende a razón de aprovisionarse de gas natural en estado líquido desde eses países.

Ademais dos gasodutos citados anteriormente (Lacq-Calahorra e Xibraltar), no ano 2009 disporemos doutro gasoduto, de nome Medgaz, que se está tendendo desde Beni Saf (Alxeria) ata Almería. Este gasoduto foi impulsado tenazmente polo ex-presidente de Cepsa D. Carlos Pérez de Bricio un veterano home do sector do gas que sempre viu con malos ollos o negocio do gas natural licuado. Con todo este gasoduto, que ten capacidade para transportar un 23% do consumo de gas natural de España, servirá tamén para prover de gas a Francia e probablemente ao resto de Europa. Xa que logo España verá reducida a súa capacidade para fornecerse a través deste gasoduto e continuará sendo unha "illa enerxética" subxugada polas regasificadoras.

Países consumidores de GNL como Xapón, Corea do Sur, Taiwan ou China non teñen outra alternativa que a de recibir o gas natural en estado líquido xa que están situadas a moita distancia do produtor de gas máis próximo. Europa e EE.UU. tamén expuxeron o abastecemento de gas natural licuado, como alternativa de urxencia, aínda que en EE.UU. freouse a construción de varias plantas polo excesivo prezo que está alcanzando o GNL no mercado e tamén, hai que dicilo, polo forte rexeitamento da poboación ao seu emprazamento.

Un dato significativo: desde o ano 2000 até hoxe solicitáronse en EE.UU unhas 50 plantas regasificadoras pero até o momento só se engadiron catro (dous en offshore e dous en terra) ás catro que xa existían.


O gas natural licuado (GNL):

Tal como dixemos, o abastecemento de gas natural en estado líquido (GNL) utilízase fundamentalmente nos países desenvolvidos como alternativa de urxencia ou naqueles que non teñen posibilidade de recibir o gas por gasoduto. En España e debido quizá á influencia do xestor do sistema gasista, propietario de varias plantas de regasificación desde fai 30 anos, optouse por continuar co uso do GNL. En principio sería unha opción non do todo preocupante se os prezos do GNL non se disparasen e a subministración estivese garantido.

A importante demanda de GNL por parte de Xapón (debida ao peche dunha central nuclear por mor dun terremoto), Corea do Norte e India xunto coa escasa dispoñibilidade de plantas de licuefacción está provocando unha forte especulación no mercado que, segundo os expertos, continuará a medio prazo.

O comercio tradicional do GNL está cambiando e a porcentaxe do mercado "spot" con respecto ao tradicional é cada vez maior. O mercado "spot" de GNL é un mercado especulador onde o GNL adxudícase ao mellor ofertante xusto cando o gasero (e a súa carga) xa saíu da planta de licuefacción. Ultimamente vimos un claro exemplo coa subministración realizada a Reganosa polo gasero Tanaga Satu pertencente á empresa Gaz de France. Esta subministración foi comprado, segundo a empresa, "a prezos reais de mercado" (ou sexa caro), cando o buque xa estaba navegando.

Un exemplo para medir a verdadeira dimensión do negocio do GNL neste tipo de mercado "spot". China pagou recentemente 49 millóns de $ por tres cargamentos de GNL de 60.000 Tons. cada un procedentes de Alxeria, Nixeria e Exipto (curiosamente ao mesmo prezo nos tres casos), un prezo que duplica o aplicado en contratos a longo prazo. A venda supuxo un beneficio de 24´5 millóns de $ por barco.


Algúns datos recentes:

* Segundo un informe recente de D. Zach Allen, presidente de PanEurasian Enterprises, as regasificadoras da Isle of Grain (Reino Unido) e a de Zeebrugge (Bélxica) están case inoperativas debido á escaseza de GNL (ou ao non poder pagar o prezo actual). Por certo esta última foi comprada por Gaz de France.

* Este mesmo experto acusa a Xapón e Corea do Sur de destruír os prezos de GNL e con respecto a España dixo "I can't believe price destruction also won't happen in Spain. I don't think they can afford to sustain LNG growth at these prices," (Non podo crer que a destrución de prezos non vaia ocorrer en España. Non creo que eles poidan permitirse soster un crecemento en GNL a estes prezos). Que prezos?

* De acordo coa información oficial do Ministerio do Petróleo e Gas do sultanato de Omán, emitida o pasado mes de agosto, este país retorna ás plantas térmicas de carbón para xerar electricidade e dedicar toda a súa produción de gas ao comercio do GNL debido ao "boom" deste mercado. É o GNL o novo ouro líquido?

* Estes días circulou pola rede a noticia da cancelación de plántalas regasificadoras de Hong Kong e Xangai, por problemas de contaminación mariña e escaseza de GNL.

* Segundo o Financial Estafes (marzo 2008) "O Sultanato de Omán marcou un novo precedente na arbitraxe de gas natural líquido desviando a maior parte da súa produción de gas, dos compradores orixinais españois (Unión Fenosa e Gas Natural) a clientes de países asiáticos que pagan prezos máis altos". Entendemos que son Xapón e Corea do Sur.

* As dúas novas plantas regasificadoras en terra de EE.UU, de nome Sabine Pass e Free Port, solicitaron recentemente autorización para reexportar o GNL (é dicir, cómprano no mercado, almacénano e venden posteriormente a un prezo especulativo superior). As gasistas deste país argumentaran que estas plantas traerían un gas moi necesario para quentar as súas casas e para cociñar.

* Estes días lese en medios xornalísticos do sector internacional do gas que a planta regasificadora Kitimat LNG (Canadá) solicitou o cambio na súa autorización. De instalar unha regasificadora quere pasar a construír no seu lugar unha planta de licuefacción para fornecer gas aos países asiáticos. Esta empresa informou que agora Canadá xa non necesita gas de importación porque o mercado cambiou ¿?. Isto demostra que é mellor negocio vender gas licuado que compralo.

* De acordo coa axencia de noticias Antara News de Jakarta, o próximo mes de outubro unha delegación do goberno indonesio intentará renegociar o prezo do GNL que se acordou con China no ano 2002. Indonesia ten programado o inicio de exportación de GNL a China no 2009 e pretende conseguir, obviamente, un prezo actual. A mesma circunstancia estase dando en Trindade Tobago que presiona aos seus clientes para subir os prezos (entre eles está Repsol).

* O principal grupo guerrilleiro da zona petrolífera do sur de Nixeria, o MEND, comunicou estes días lanzar unha «guerra do petróleo» e ameazou a todos os buques petroleiros e gaseros que se acheguen á rexión. Isto engade outro elemento preocupante que axuda a elevar o prezo do gas licuado. Nixeria é uns dos provedores habituais de GNL para o noso país.

* Referímonos tamén ás declaracións realizadas pola presidente da Comisión Nacional da Enerxía (CNE), Dna. María Teresa Costa a El economista onde 4) "advertiu de que o deseño enerxético español, no que se aposta polas renovables e se cimenta nunha base de xeración en torno ao gas, pode provocar -problemas- na actual conxuntura de encarecemento dos combustibles fósiles. A evolución dos prezos do gas afai ter unha pendente similar aos do petróleo, o que pode expor certo problema porque optamos polo gas".

* Recollemos algunhas frases de expertos no último Congreso Mundial do Petróleo en Madrid que nos pode achegar algo máis de luz ao panorama do GNL:
  • "O gas natural licuado (GNL) podería volverse máis caro que o cru porque a demanda de Asia e Europa sobe máis rápido que a oferta". (Sanford C. Bernstein & Co)
  • "Claramente, a demanda mundial de gas natural vai en aumento'' "A cuestión é se a oferta pode manter o ritmo'' (Linda Cook, directora executiva de gas e electricidade en Royal Dutch Shell Plc)
  • "Se necesita que chegue máis GNL ao mercado e iso parece ser un pouco difícil'' (Fatih Birol, Axencia Internacional da Enerxía).
  • "Hai unha relación natural entre o prezo do cru e o do gas'', "Dado que é un combustible limpo aumentará o seu papel no mercado enerxético e creo que o prezo do gas aumentará tamén''. (Ministro iraniano do Petróleo, Gholamhossein Nozari.)
A situación non vai cambiar a curto prazo pois as novas plantas de licuefacción (en construción ou planificadas) están sufrindo serios atrasos debido á escalada de prezos dos materiais, a cuestións geopolíticas e á falta de diñeiro nos mercados. É dicir, seguiremos pagando caro o gas e a electricidade.

O mercado do GNL non estivo exento de escándalos por corrupción política e malas prácticas nalgúns dos proxectos. Estes días lese nos medios do sector unha operación de investigación levada a cabo pola elite do FBI dos EE.UU. en Abuja (Nixeria) conducente a aclarar os nomes dos funcionarios dese país e dos EE.UU. que puideron incorrer nun probable caso de suborno na adxudicación dun proxecto multimillonario de GNL. Recordamos tamén o caso recente da planta de Brindisi en Italia, (nestes momentos paralizada), onde se procedeu á detención de varios directivos da planta de GNL polo mesmo motivo. En concreto no expediente estaban os dous directores (actual e anterior) da empresa e un ex-alcalde daquela cidade.

Para rematar, recollemos uns parágrafos de Expansión 5) de data 16 de setembro referidos ao "déficit de tarifa" congénito. Din así:

"A CNE veu reclamando tarifas máis altas desde fai meses, para resolver o problema do déficit de tarifa, un buraco que se vai acumulando desde fai anos e que se ten que financiar vía créditos bancarios, cos seus respectivos intereses financeiros. (O diferencial actual do déficit de tarifa é dun 30%).

A Comisión Nacional de Enerxía (CNE) enfróntase ao maior reto financeiro do sector eléctrico: colocar unha débeda de 3.850 millóns de euros. É a denominada poxa do déficit de tarifa. Será a maior poxa das realizadas pola CNE ata agora. Con este mecanismo, trátase de dar unha solución temporal ao problema do déficit. Os bancos dan diñeiro para cubrir ese déficit e tapar o buraco que se lles crea ás compañías eléctricas. Pero a cambio reciben uns intereses. O principal dos préstamos e os seus respectivos intereses páganse ao longo de quince anos con recargas nos recibos da luz. É como unha hipoteca, por iso é polo que unhas tarifas eléctricas baixas sexan só un espellismo. Co tempo, os usuarios terminan pagando o que non pagaron, pero con intereses. A adxudicación será o 30 de setembro".

O cidadán ten dereito a saber: Terá algo que ver o déficit de tarifa coa xeración eléctrica en plantas CTCC mediante gas natural importado en estado líquido -GNL- ?

España é o país europeo que máis vai sufrir o "impacto negativo" do mercado especulativo do GNL levado a cabo por empresas que soamente pensan nos negocios fáciles ante a desidia e o beneplácito dos gobernos. Non necesitamos o GNL.

Colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da ría de Ferrol

Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-

www.f-cape.org
__________________

Baixar ou acceder ao documento en formato PDF - Download (148K):
____________

Difundindo "Democracy Now!" desde Galiza: Boletín Democracy Now - 24 de Setembro de 2008

Boletín Democracy Now
DN! - Democracy Now! en español"
24 de Setembro de 2008 20:15
Os Titulares de Hoxe
[No Boletín Democracia Xá ! Difundindo "Democracy Now!" desde Galiza]
  • O goberno de Bush promove o seu plan de axuda económica
  • Buffet investirá 5.000 millóns de dólares en Goldman Sachs
  • Nova York recortará os fondos públicos por problemas de Wall Street
  • A Corte Suprema suspendeu a último momento a execución do prisioneiro condenar# á morte Troy Davis
  • Bush e Ahmadinejad falan ante a Asemblea Xeral da ONU
  • Miles de persoas participan en diversas protestas ante a Asemblea Xeral
  • Palin reúnese con Karzai, Uribe e Kissinger
  • Funcionarios: avión teledirigido espía estadounidense estrélase en Paquistán
  • Prisioneiro político burmés liberado
  • Demócratas ceden ante a Casa Branca para levantar prohibición de perforacións
  • Recoñécese a soldado como objetor de conciencia polas súas crenzas relixiosas
  • A policía de Michigan acusada de golpear a afroamericano diabético ata provocarlle o coma
  • Veteranos piden arresto de Bush e Cheney
_____________

Democracy Now!
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
_______________

mércores, setembro 24, 2008

Está previsto que o vindeiro venres, 26 de Setembro, entre na Ría o "LNG Sokoto", o Comité Cidadán convoca nova acción de protesta


De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de setembro de 2008 23:18

Asunto: 26 setembro, ás 20 hrs Concentración en Ferrol contra entrada gaseiro Reganosa



26 Setembro: Alerta Máxima na ría de Ferrol

Está prevista a entrada dun novo gaseiro na ría de Ferrol o
"LNG Sokoto" que fai o nº 31, coas seguintes características: Ano Construción.(03/10/2002); Eslora ( 288.75 m); Manga (48 m); Calado (12,30 m): Bandeira( Bermudas).

Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

CONCENTRACIÓN – MANIFESTACIÓN

Venres, 26 de Setembro, ás 20 horas

Ante o Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García – Praza de España, en Ferrol.

Enlace á páxina do Comité Cidadán de Emerxencia

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
______________

Características do buque:
Construción: 2002
Eslora: 288.75 m
Manga: 48 m
Calado: 12,30 m

_____________

En Xaneiro deste ano 2008, entraba o mesmo gaseiro na nosa Ría, aquí podes aceder aos diapositivos en formato grande:

[Clicar acima da imaxe para ver Galería de Diapositivos da Concentración -09.01.2008]
_________

Boletín Especial de ADEGA
"Eventos e Convocatorias"

25 de setembro.
DÍA GALEGO SEN BOLSAS
En Galiza utilízanse ao ano máis de 600 millóns de bolsas de plástico no consumo. A maioría son feitas de material non biodegradable (polietileno) e tardan decenios en degradárense. O 90% acaba en vertedoiros ou contaminando ríos e mares. Tamén contaminan visualmente a paisaxe. Tí como comprador/a ou comerciante podes contribuír a poñerlle freo. Usa só bolsas reutilizábeis ou biodegradábeis. Son cómodas, práticas e económicas. É unha pequena pero moi importante contribución para a conservación do medio natural.

Máis información: web de GALIZA, COMERCIO VERDE. Díptico DESEMBOLSA

4 de outubro.
PONTE AS BOTAS: LIMPEZA SIMULTÁNEA DOS RÍOS GALEGOS
Dentro da Campaña de Outono do Proxecto Ríos estase a organizar unha limpeza simultánea de ríos para o sábado 4 de outubro. Un dos problemas máis salientábeis que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende ADEGA-Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os nosos cursos fluviais.

O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.

Este é o primeiro ano que o Proxecto Ríos coordina unha actividade de limpeza de ríos, e pretendemos continuar nos próximos anos con esta actuación aumentando os grupos e zonas nas que se realice a limpeza.

As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.

Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona:

Grupo/Concello

Persoa de contacto
Teléfono
A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares
Chus Goldar
626 768 826
ABEGONDO: Departamento de Medio Ambiente
Mª Carmen
686 352 866
ARTEIXO: Departamento de Medio Ambiente
Óscar Miranda
981 64 18 15
CARBALLO: ADEGA-Carballo
Paco Graña
646 42 10 19
CELANOVA: ADEGA-Ourense
Xan Carlos
629 635 945
COMPOSTELA: ADEGA-Compostela
Paco Bañobre
981 57 00 99/627 628 194
CUNTIS: Asociación O Fervedoiro
Heitor Picallo
676 188 619
FERROL: ADEGA-Ferrol
Nes
649 779 774
GUITIRIZ: Departamento de medio Ambiente
José Cornide
982 37 01 09
LALÍN: Departamento de Medio Ambiente
Xosé Manuel
986 78 72 02/616 937 854
LUGO: ADEGA Lugo
Xosé Rodríguez
Benjamín Cela
678 810 217
982170435/676228883
MELIDE:
Asociación de troiteiros do río Furelos
696 607 348
ORDES: Departamento de Medio Ambiente
Xesús Pereira
649 84 56 74
PONTEAREAS: ADENCO e ADEGA-Paradanta
Anxo Saborido
666 893 879
PONTEVEDRA: ADEGA-Pontevedra; Vai polo Río; Cedofeita; Integra Futuros
Manuel Fortes
Xosé
676 088 486
676 842 942
PORRIÑO
Paula Domínguez
658 943 491
RIBADUMIA:Colectivo Ecoloxista do Salnés e Asociación Roi Vicente
Mª Dolores Barreiro
680 580 086
ROIS: Departamento de Medio Ambiente
Ana Yansi e Ángeles Bouzas
981 804 109
SALCEDA DE CASELAS: Asociación TRECECATORCE
Fran Rei
615 421 199
TEO: CEIP A Ramallosa


VIGO: ADEGA-Vigo
Xan Vilaboa
629 271 224
XOVE: Aula de Medio Ambiente
Desireé González
651 600 173



Unha sociedade enferma e un sistema encargado de enfermala. O "Gran Hermano" dos "teleimbéciles" ...

UNHA SOCIEDADE ENFERMA E UN SISTEMA ENCARGADO DE ENFERMALA

O “ GRAN HERMANO ” DOS TELEIMBÉCILES COMO SÍNTOMA CRETINO DA PROFECÍA ORWELLIANA


De todos os seres imbéciles que produciu a evolución da vida na terra, o espécime humanoide que participa nese programa (e todos os múltiples realities existentes) é o único que voluntariamente se somete a un peche vixiado.

Resulta difícil imaxinar a que límite de degradación moral e intelectual chegaron estes pobres monos de feira para someterse a semellante aberración. Pero o máis alarmante é pensar a que graos de enfermidade chegou unha sociedade que produce a tales elementos e na gran cantidade que os produce (en tan só unha semana 30.000 mozas presentáronse a selección para o último Gran herrmano). É certo que de toda esa feira o sector máis visible é o deses pobres tarados que se encerran na casa-cadea para “concursar”. Pero aos poucos minutos de observalos dámonos conta tamén que se trata de patéticas cobayas sen cerebro cazadas na xungla dunha mocidade sen principios morais nen finalidades vitais. Pobres individuos capaces de crer que a bochornosa actividade de vender a súa intimidade, mostrar a súa cobiza, alardear da súa ignorancia nun programa “basura” vailles a dar un recoñecemento social e un status que non teñen. Só hai que ver a tipoloxía dos proxenitores deses elementos para coñecer os grandes principios morais e os grandes tesouros culturais que transmitiron á súa exemplar descendencia. Miseria sobre miseria.
[Acceder ao resto deste interesante artigo no propio sitio de Utopia Foro]

UtopíaForo - Vigo - Setembro de 2008
http://www.nodo50.org/utopiaforo/utopia-foro1.htm
utopiaforo@nodo50.org


________________________

martes, setembro 23, 2008

Actividades no 10 Aniversário da Fundaçom Artábria

[Clicar acima do cartaz para amliar]

10 ANOS DE ARTÁBRIA, 3.650 DIAS EM GALEGO!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

Apoio do Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol ao VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de setembro de 2008 12:01
Asunto: Apoio do Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol ao VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres



Apoio do Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol ao VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

O Consello local de Esquerda Unida de Ferrol quere sumar o seu apoio ao VII Encontro Internacional organizado pola Marcha Mundial das Mulleres os próximos 18 e 19 de outubro en Vigo.

Poderemos compartir coas delegadas da Marcha Mundial das Mulleres a manifestación convocada para o domingo 19 de Outubro nas rúas de Vigo, baixo o lema "CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES PARA CAMBIAR O MUNDO, CAMBIAR O MUNDO PARA CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES".
___________________

Enlace Relacionado:

VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

________________

O Consello Local de EU de Ferrol e a reforma da Praza de Armas

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de setembro de 2008 14:10
Asunto: O Consello Local de EU de Ferrol e a reforma da Praza de Armas



O CONSELLO LOCAL DE EU SOBRE A REFORMA DA PRAZA DE ARMAS

O Programa de urbanismo de EU-IU para as eleccións municipais trataba a transformación da Praza de Armas sobre a base de desfacer vellos entortos, igual que noutros espazos fundamentais da cidade. A reforma da Praza de Armas debe levarnos a algún estado intemedio entre o que foi e o aparcamento cun semi-soto comercial en que a converteu unha durísima intervención dos anos 70. Aturamos moito tempo unha solución mala en deseño e en construción. Son coñecidos por todos os problemas que sofren os locais, cun intermediario (o concesionario) que se une a eles sinalando ao Concello como responsable, á vez que explota un aparcamento central na cidade histórica cuxos accesos e estado xeral son deficientes.

O rescate da concesión actual, para EU, non pode determinar o proxecto de tal forma que non se pense na praza como un espazo urbano de primeira categoría, moi accesible e ben comunicado peonilmente co contorno. É necesario trazar unha operación rendible, pero a praza debe recobrar protagonismo, eliminando circulacións confusas, como o semi-soto comercial, e debe descartar usos inaxeitados no contexto da Magdalena, como un centro comercial ocupado por unha gran marca ou por varias franquicias. Opinamos que o barrio da Magdalena e o Centro Comercial Aberto non precisan unha gran superficie comercial, máis ben todo o contrario.

O aparcamento debe ampliarse non só para rendabilizar a intervención, tamén para que compense sacrificar unha peonalización máis completa por un aparcamento.

A reforma está condicionada economicamente polo rescate da concesión actual. Por iso o Concello sacou a concurso na vez anterior o proxecto e obra sobre a base de que a operación sexa rendible: debe aparecer alguén que indemnice a concesión que queda, reurbanice a superficie e explote o aparcamento por un novo período de tempo. O rescate da concesión, valorado recentemente en 2.4 millóns de euros, debe abordarse baixo criterios económicos, entre eles, retrasarse o máis posible para que o seu importe sexa menor. Á vista da situación actual, EU non entende que este rescate deba producirse de inmediato; o lóxico é que o rescate se incorpore como unha condición máis para o concurso, a asumir polo novo adxudicatario, e que o Concello non se vexa na obriga de adiantar unha cantidade de cartos tan importante. Facelo pode restar ao Concello capacidade en inversións, inversións tan necesarias para este ano que vén.

O concelleiro de urbanismo vén de recuperar un anteproxecto para a reforma da praza de fai algúns anos, asinado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, no que se elimina o semi-soto comercial e se incorpora arboredo, ambas as dúas solucións acertadas.

No noso programa electoral contemplamos a recuperación integral da praza coa política de eliminar da Magdalena os elementos descontextualizados e agresivos, entre os que destaca por riba de todos a Casa Consistorial. A isto únese que é un edificio incómodo, avellentado, e que se está a baleirar de uso, sen dúbida por acumulación de defectos de todo tipo. A decisión de trasladar o Concello é unha decisión para madurar, para plantear á cidadanía con tempo e intención de debate. Neste momento, retomar un proxecto que contempla a posibilidade de que o edificio do Concello desapareza da praza de Armas é un punto de partida adecuado.

Aínda que valoramos positivamente o anteproxecto comentado (polo menos os seus aspestos xerais), para nós é imprescindible que a cidadanía participe desde agora na reforma da praza: debe coñecer os obxectivos, as trazas xerais do deseño, e ter unha idea clara dos prazos e das inversións que se van realizar. O Concello debe facilitar a información e promover o debate sobre un dos espazos máis importantes da cidade histórica.

Consello Local de Ferrol
___________________

Programación Trimestral [4º do 2008] do Ateneo Ferrolán

De: ATENEO FERROLAN
-administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de setembro de 2008 10:57
Asunto: PROGRAMACIÓN TRIMESTRE ATENEO FERROLÁN



Ola bo día axuntamos a nosa programación pechada de outubro-novembro-decembro, puntualmente informaremos de novidades. Grazas!

Temolo pracer de convidal@s aos actos culturais desta entidade!


PROGRAMACIÓN TRIMESTRAL OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO 2008

Proxeccións de filmes dentro da programación MARTES DE CINE no ATENEO FERROLÁN CICLO “GALIZA: O CINE EN GALEGO”. As proxeccións serán os MARTES ás 19:00 hrs, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán; a entrada é de balde.
En colaboración: Centro Galego de Artes da Imaxe

Diferentes exposicións están programadas no cuarto trimestre de 2008, ademais das exposicións permanenetes dos fondos patrimonio do propio Ateneo Ferrolán (1ª planta) Esculturas, Gravados, Pinturas, Fotografías, Cerámicas..... Entre diferentes artistas contamos con:AGUSTÍN RUIZ DE ALMODÓVAR, SEGURA TORRELLA, CARMEN CHACÓN, MANUEL PATIÑA, GONZÁLEZ COLLADO, JORGE LLORCA, GARAIZÁBAL, MORQUECHO, LAXEIRO, LOUREIRO, CORREA CORREDOIRA, Mª MANUELA, CARLOS VILLAAMIL, XAN XOSÉ BRAXE, JOSÉ LEYRA DOMÍNGUEZ, TOMÁS BARROS, RICARDO PENA, LUIS JAIME, JUAN GALDO, SPELA TROBEC, JUANA PRIETO, LUIS RAPELA, ALBA LEAL ............. entre outros moitos.

RETOMAMOS O NOSO CLUB DE LECTURA – Días 7 de outubro, 4 de novembro e 2 de decembro ás 19,30 horas. CLUB DE LECTURA. Todos os primeiros MARTES DE CADA MES. Encontros coa LECTURA. Xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro.

Todos os MÉRCORES – TERTULIA ás 18 horas.

Todos os últimos XOVES de cada mes – AMICOR ás 20 horas.

Os primeiros mércores de cada mes reunión Grupo Filosófico CIRPÉN ás 20 horas


Outubro 2008.-

Desde o pasado 19 de Setembro até o 15 de Outubro, na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán (1ª planta), viomos e poderemos ver a exposición de cartaces biográficos do CHE, nunha exposición organizada por Briga o "CHE É D@S REVOLUCIONARI@S"

1 de Outubro, ás 20:00 hrs – Salón de Actos – Asemblea Plataforma Cidadá deApoio ao Cabo Gago

7 de Outubro, ás 19:00 hrs proxección de CONTINENTAL (XAVIER VILLAVERDE, 1989)
  • Duración 100 min. Produción Xavier Villaverde Asociados Produtor Francisco Casal Guión Xavier Villaverde, Raúl Veiga Fotografía Javier G. Salmones
  • Intérpretes: Eusebio Poncela, Jorge Sanz, Cristina Marcos, Feodor Atkine, Alberto Alonso, Héctor Alterio, Marisa Paredes, Fernando Guillén, Xosé Lois González, Gonzalo Uriarte, Manuel Areoso, Carlos Marcet, Orlando Rodríguez, Nancho Novo, Marisa Soto, Elina Luaces, Luisa Martínez, Mónica García Pérez, Eufemia Román Torres, Lola Muñoz, Eduardo Puceiro, Manuel Manquiña, Xabier Lourido, Antonio Simón Álvarez, Marina Casal, Canco Ramonde, Angelita Enríquez, Antonio Durán "Morris", Juan Graell, Antón Reixa
  • Sinopse:Unha vella cidade portuaria, a principios dos anos corenta, o capo Gonçalves celebra o seu triunfo definitivo sobre as bandas rivais. Acompáñano Julia, a súa fiel compañeira, Anabel, a súa cativa e os seus homes de confianza: Otárola, Ventura envexosos do seu poder e Ruda. Pasaron xa moitos anos. Remata a década dos cincuenta e na mesma cidade enfróntanse as bandas de Ventura e Otárola que, despois de asasinar a Gonçalves, repartiron os seus dominios: o negocio da prostitución e o contrabando do tabaco. A cobiza de Otárola lévao a invadir os sectores do negocio controlado polo seu amigo de sempre, Ventura, desencadeando a loita entre as bandas e un clima de morte e terror.

7 de Outubro, ás 19:30 hrs Encontros coa Lectura, para reflexionar e comentar un libro no Clube de Lectura

14 de Outubro, ás 19:00 hrs proxección de DIVERTIMENTO ( JOSÉ GARCÍA HERNÁNDEZ, 2000 )
  • Duración 93 min. Produción Formato Producciones, S.L. Divertimento, Alta Films, en asociación con Televisión de Galicia (TVG) e coa participación de Canal Plus, Televisión Española (TVE) Produtor José García Hernández, Andrés Barbé Guión Manuel Ortega Fotografía Jorge Arce
  • Intérpretes: Francisco Rabal, Federico Luppi, Pastor R. Feal, Sonia Castelo, Margarita Fdez. López, Irene Lamas, Martín Mújica.
  • Sinopse: Daniel Osantos, un popular actor de televisión, está a piques de conseguir o papel da súa vida. Inseguro en canto ao seu talento como actor e malia os seus éxitos, decide entrevistarse con Bernando Gabler, un lendario actor que leva toda a vida a interpretar o mesmo personaxe. Mais Gabler parece pouco disposto a amosarlle os seus segredos a un actor no que non acredita e proponlle un xogo, un elaborado plan, unha proba de resistencia, para determinar se está á altura do papel.

Do 17 ao 29 de outubro - (2ª PLANTA) PINTURAS de LAURA LAGO BELLAS

21 de Outubro, ás 19:00 hrs proxección de ENTRE BATEAS ( JORGE COIRA, 2001 )
  • Duración: 90 min. Produción: Costa Oeste Produccións, S.A. para FORTA Produtor: Marco Meere, Roberto Sinde Guión: Carlos Portela, Ramón Campos Fotografía: Chechu Graf, Alfonso Sanz
  • Intérpretes: Miguel de Lira, Nekane Fernández, Pepo Suevos, Xosé Manuel Olveira "Pico", Luisa Merelas, Cristina Espinosa, Rosa Álvarez, Xulio Abonjo, Antonio Mourelos, Tino Rábade, Luis Iglesia, Celso Bugallo, Xurxo Souto, Toñito de Poi, Gonzalo Uriarte, Manuel Lourenzo, Santi Prego, Fernando Arcay, Marcos Aurelio González, Marcos Orsi, Quico Cadaval
  • Sinopse: Situada nos anos 60, conta a historia de dous mozos, amigos da infancia, que se desenvolven na convulsa e perigosa fronteira entre o contrabando e o narcotráfico, e evidenciará a realidade social relacionada con esa problemática na zona das Rías Baixas galegas.

24 de Outubro, ás 19,30 horas – Salón de Actos – Xornadas Sindicais

28 de Outubro, ás 19:00 hrs proxección de FISTERRA. ONDE TERMINA O MUNDO ( XAVIER VILLAVERDE, 1998 )
  • Duración: 100 min. Produción: Grupo Continental Producciones, S.L. Tornasol Films, Xavier Villaverde Produtor: Pancho Casal Guión: Miguel Anxo Murado Fotografía: Javier García-Salmones
  • Intérpretes: Nancho Novo, Elena Anaya, Enrique Alcides, Geraldine Chaplin, Chete Lere, Manuel Manquiña, Kassia Perminio, Harold Zúñiga, Adrián Ures.
  • Sinopse: Berto e Mario son dous irmáns nados na Costa da Morte en Galicia fillos dunha parella de hippys que se instalaron alí a finais dos anos sesenta cheos de ideais. Cando o irmán menor, Mario, aínda é un cativo, o pai abandónaos. Os irmáns crecen coa idea de se reuniren con el. Pero Mario e Berto separan os seus camiños e seis anos despois reencóntranse.
Do 31 de outubro ao 12 de novembro (2ª PLANTA) OLEOS E PINTURAS DIXITAIS de ALEJANDRO BICA LAMAS


Novembro 2008.-

Continua a Exposición na 2ª Planta OLEOS E PINTURAS DIXITAIS de ALEJANDRO BICA LAMAS até o 12 de Novembro

4 de Novembro, ás 19:00 hrs proxección de O LAPIS DO CARPINTEIRO ( ANTÓN REIXA, 2002 )

4 de Novembro, ás 19:30 hrs Encontros coa Lectura, para reflexionar e comentar un libro no Clube de Lectura
  • Duración: 100 min. Produción: Portozás Visión, Sogecine, Fish People Ltd, D&D Audiovisuais Guión: Xosé Morais, Antón Reixa Fotografía: Andreu Rebés
  • Intérpretes: Tristán Ulloa, Luis Tosar, María Adánez, Manuel Manquiña, Nancho Novo
  • Sinopse: 1936. Daniel da Barca é un médico e intelectual socialista. A súa moza é filla dun empresario próximo aos fascistas e oponse á súa relación.

Do 6 ao 18 de novembro (1ª PLANTA) EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA LATINOAMÉRICA – FOTOS de FEDERICO FERNÁNDEZ ACKERMAN
11 de Novembro ás 19:00 hrs proxección de LENA ( GONZALO TAPIA, 2001 )
  • Duración: 108 min. Produción: Portozás Visión, Tráfico de Ideas, Producciones La Iguana, Alta Films, S.A., Take 2000. Coa participación de Canal Plus, Televisión Española, ICAA, ICAM e a colaboración de Televisión de Galicia. Co apoio do Programa IBERMEDIA e o Concello de Vigo Produtor: Piluca Baquero, Antón Reixa, Elena Manrique, Enrique González Macho, José Maceda Guión: Antonio Trashorras, David Muñoz, Gonzalo Tapia Fotografía Carles Gusi
  • Intérpretes: Marta Larralde, Manuel Manquiña, Roberto Álvarez, Luis Tosar, Víctor Norte, Iván Hermes, Luis Zahera, Carlos Kaniowsky, Antón Reixa, Nuria Sanz, Josito Porto, Luma Gómez, Beatriz Campos, Santi Prego
  • Sinopse: Para todos supón un cambio brusco o paso da adolescencia ao mundo dos adultos; pero hai casos nos que a brusquidade toma sentido real e deixa de ser un concepto inocente ao que os mozos inmaturos lle damos importancia. Este é o caso de Lena, unha moza de dezaoito anos que vive no barrio de Bouzas, na ría de Vigo. O pai de Lena é un pobre home que vive de ilusións e de meterse en problemas. Aínda así é cariñoso coa súa filla. Un día seu pai aparece mallado por meterse en leas coa mafia local. A partir dese momento a vida de Lena cambia de forma radical.

Do 14 ao 29 de novembro (2ª PLANTA) PINTURAS de ROSA FERNÁNDEZ SALANOVA

18 de Novembro ás 19:00 hrs proxección de A NOIVA DE MEDIANOITE ( ANTONIO F. SIMÓN, 1997 )
  • Duración: 95 min. Produción: Encuadre Produtor Antonio F. Simón Guión Lino Braxe, Antonio F. Simón Fotografía: Acacio de Almeida
  • Intérpretes: Francisco Rabal, Nancho Novo, Pepe Soto, Roberto Vidal Bolaño, Juan Diego, Esperanza Roy, Clara Sanchís, Mara Sánchez, Rosa Alvarez, Rosa Lousa, Lino Braxe, Sara Astray, Francisco Taxes, Laura Ponte, Gonzalo Uriarte, Ernesto Chao, Miguel Castelo, Manuel Guede, Francisco Oti, Manuel Couñago, Romano Aticus, Celsa Bouzón, Yra
  • Sinopse: Unha acomodada muller viúva dúas veces, vive coa súa reducida familia e dous criados nun pazo sombrizo na Galicia de finais do século XIX illada do mundo para ocultar un grave suceso acontecido no seo da súa familia hai dez anos. Este acontecemento ten sometida a familia a certas chantaxes das que se verán liberados grazas á chegada á mansión de dous forasteiros que desencadean o esclarecemento dos feitos e un cambio na futura vida familiar.

25 de Novembro, ás 19:00 hrs proxección de SEI QUEN ES (PATRICIA FERREIRA, 2000)
  • Duración:106 min Produción: Grupo Continental Producciones, S.L. Tornasol Films, Zarlek Producciones coa colaboración de Vía Digital, Televisión Española, Televisión de Galicia Produtor Carmen de Miguel Guión: Inés París, Daniela Fejerman Fotografía: José Luis Alcaine
  • Intérpretes: Miguel Ángel Solá, Ana Fernández, Roberto Enríquez, Ingrid Rubio, Manuel Manquiña, Mercedes Sampietro, Héctor Alterio, Jordi Dauder, Vicky Peña, Gonzalo Uriarte, María Bouzas, Xavier Estévez, Luis Tosar, Carlos Blanco, Santi Prego, Mónica García, José Luis Beral “Farruco”
  • Sinopse: Cando Paloma, unha psiquiatra nova namorada do seu traballo, chega para ocupar a súa praza nun hospital remoto en Galicia, encontra un paciente moi especial. É Mario, un home inquietante e seductor á vez, que padece unha estraña enfermidade: a síndrome de Korsakov, unha alteración da memoria que supón un caso de estudo apaixonante para a doutora. Pero a memoria perdida de Mario oculta un pasado, aparentemente esquecido, que ameaza con sacar á superficie perigosos feitos borrados da recente historia de España.

Decembro 2008.-

2 de Decembro, ás 19:00 hrs proxección de SEMPRE XONXA (CHANO PIÑEIRO, 1989)
  • Duración: 114 min. Produción: P.C. Piñeiro Produtor Rafael Girón, Manuel M. Mallo Guión Chano Piñeiro Fotografía: Miguel Ángel Trujillo
  • Intérpretes: Uxía Blanco, Xavier R. Lourido, Miguel Insua, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Casteleiro, Rodrigo Roel, Aurora Redondo, Loles León, María Viñas, Roberto Fernández, Manuel Alonso Pérez, Gisela Romero, Javier Rocha, Miguel Angel Gómez.
  • Sinopse: A historia dunha muller, Xonxa, e dous homes, Pancho e Birutas, e as súas relacións desde a infancia no ano 1947 até a súa madurez en 1986. A emigración nas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, as lendas que se confunden coa realidade, o trasmundo dunha aldea que vai morrendo, perdida nos montes de Galicia. O humor mestúrase co realismo máxico, tan presente na cultura e na realidade galegas.
2 de Decembro, ás 19:30 hrs Encontros coa Lectura, para reflexionar e comentar un libro no Clube de Lectura.

9 de Decembro, ás 19:00 hrs proxección de TRECE BADALADAS ( XAVIER F. VILLAVERDE, 2002 )
  • Duración: 103 min. Produción: Tornasol Films, Ensueño Films Guión Curro Royo, Juan Vicente Pozuelo, Xavier Villaverde Fotografía: Javier Salmones
  • Intérpretes: Juan Diego Botto, Luis Tosar, Marta Etura, Elvira Mínguez, Laura Mañá
  • Sinopse: Xacobe, un mozo escultor, volve a Santiago despois de quince anos. A razón da súa volta é o descubrimento de que súa nai a quen cría morta en realidade non o está.
Do 19 de Decembro ao 13 de Xaneiro [1ª PLANTA] V EXPOSICIÓN “PEQUENO FORMATO ARTES PLASTICAS” para SOCIOS E SOCIAS DO ATENEO FERROLÁN.

Os días 22 e 23 de Decembro no Ateneo Ferrolán VIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” ATENEO.

E tamén:

VII CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA” 2009

RETOMAMOS AS NOSAS: XXI XORNADAS DA GAITA – DECEMBRO 08

CERTAMES E CONCURSOS BASES na nosa páxina web:

www.ateneoferrolan.org

_____________

ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
www.ateneoferrolan.org

EXECUCIÓN Xá ! do PROXECTO APROBADO de AMPLIACIÓN e REHABILITACIÓN DA SEDE DESTA ENTIDADE CULTURAL CENTENARIA
_______________________________________