xoves, maio 31, 2012

Este sábado 2 de Xuño, Festa do PCG en Caranza - Programa - Mesa Redonda: Sari Alabau, Waldino Varela e Rafael Pillado a 40 anos das folgas do 72

Tags

Este sábado 2 de Xuño, Festa do PCG en Caranza.

O paseo marítimo de Caranza de Festa Vermella.

Haberá diversas mesas redondas, sobre o futuro do sindicalismo de clase, os retos da esquerda alternativa, xantar popular, exposición sobre Mercedes Nuñez, mitín, ... e un festival onde entre outros grupos actuará o popular grupo de Ferrol "La sentina".

Dentro desta Festa teremos un moi interesante acto ás 12 do mediodía, onde interviran os dirixentes históricos daquel 72 Obreiro.

MESA REDONDA: 40 ANOS DAS FOLGAS DO 72


Para esta mesa contaremos coa participación de dous figuras esenciais para entender o sindicalismo de clase deste país e os propios sucesos do 72, o camarada Waldino Varela, fundador das CCOO en Vulcano en Vigo e primeiro secretario provincial deste sindicato en Pontevedra.




Igualmente estará Rafael Pillado, ex-secretario xeral do PCG, detido no proceso coñecido como o dos "23 de Ferrol" e figura esencial do desenvolvemento folguistico nesta cidade.


Presentará o acto Sari Alabau Albors, ex-concelleira do PCG e EU en Ferrol e procesada tamén no PROCESO DOS 23 en 1972.

http://www.pcgalicia.org/imaxes/PROGRAMA%20FESTA%20PCG%20TRAZADO.pdf

Máis información en:

http://www.afestadopcg.blogspot.com.es/

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
29 de maio de 2012 23:36

____________

Moi interesante entrevista en "Voces de Ferrol" - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en rolda de prensa - Audio - Chamamento á participación na Manifestación do Domingo 3 de Xuño en Compostela - Autobuses

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol celebraou unha Rolda de Prensa o pasado martes día 29 de Maio pasadas as once e media da mañá na Galería Sargadelos de Ferrol onde unha amplia representación, no nome de 46 entidades que a conforma, fixo un balance da Campaña de recollida de Sinaturas a prol da Iniciativa Lexislativa Popular na comarca de Ferrol, onde se recollerom máis de 8.300 asinaturas; falou-se da situación da Área Sanitaria e se presentou a Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública, da que esta plataforma de Ferrol formamos parte, que se vai celebrar o domingo día 3 de xuño ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.


Para desplazar-se a Compostela haberá servizo de autobuses con saída do Monumento ao 10 de Marzo no Pilar ás 10 da mañá, parando en Caranza e Fene . O prezo son 7 euros e cada entidade debe anotar ás persoas que van a ir e trasladarllo a Luís: 654782028 ou Ana: 647938026 antes do venres ás 12 do mediodía.

A rolda de prensa no Diario de Ferrol:

A Plataforma da sanidade denuncia o peche de dúas plantas hospitalarias de xuño a outubro.

***

Entrevista moi interesante e un bon argumentario para concienciar e mobilizar.

O xoves, 31 de Maio, unha moi boa entrevista de 26 minutos no programa "Voces de Ferrol", presentado por Maria Meizoso Dopico, estiveron presentes Ana Arto e Elena Casal en representación da Plataforma:

Ir a descargar

______________

Yolanda Díaz reclama outra actitude do Alcalde que, co seu comportamento de hoxe, non semella crible á hora de apoiar as demandas da plantilla de Navantia.

A presidencia da SEPI ten hoxe outra oportunidade, na comparecencia forzada por EU no congreso, para rectificar e anunciar que sí se vai contruúr o dique flotante.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida  denuncia o comportamento da alcaldía de Ferrol, que coa súa intransixencia e desdén pola masiva mobilización das traballadoras e traballadores de Navantia  acaecida no trancurso da mañán de hoxe, fura aínda máis na feble credibilidade da alcaldía desta cidade para defender os intereses xerais de Ferrol, que son coincidentes cos das reivindicacións da plantilla dos estaleiros públicos de Ferrolterra.   Tan unánime é o apoio ao naval público na nosa cidade que na pasada Folga Xeral, o pequeno comercio sumouse diante da situación excepcionalmente grave que atravesa o sector, sen que haxa resolución efectiva algunha dos gobernos do PP en Madrid e Compostela.

Yolanda Díaz reclámalle outra actitude ao alcalde, quen de dicirlle e reclamarlle aos seus correlixionarios de Madrid que basta xa de palabras baleiras  e que adiante cos compromisos e a carga de traballo que reclama con firmeza a plantilla e toda a cidade.  “Con palabras baleiras non comen os máis de mil despedidos na industria auxiliar nestes meses; con elas non ten arranxo a explosión de paro que previsiblemente se producirá en agosto”, sinala a Voceira do Grupo Municipal de EU. O alcalde ten que deixar de agocharse e encabezar unha reivindicación tan firme que vencelle o seu mantemento na alcaldía a resolución positiva das demandas formuladas polas traballadoras e traballadores. O que nos xogamos semella dunha magnitude tal (un sector naval público estratéxico para a vida de Ferrolterra) que autoriza esa relación.

Esquerda Unida lémbralle ao PP e a opinión pública, que a SEPI ten hoxe unha magnífica oportunidade para rectificar a súa culpable inacción: na comparecencia  do seu presidente, hoxe pola tarde no Congreso, comparecencia forzada por EU,  ten a potestade de RECTIFICAR e anunciar a construción do dique flotante.

O Grupo Municipal quere amosar a súa solidariedade e apoio á nova mobilización convocada polos sindicatos de clase para o domingo, 10 de xuño, coa tripla demanda de :
  • Carga de traballo xa.
  • Construción do dique flotante.
  • Eliminación de todas as limitacións á construción naval pública nos estaleiros da nosa ría.
A loita unitaria das traballadoras e traballadores en unión a unha cidadanía que sabe o moito que se xoga Ferrol nesta reivindicación pode gañar a batalla ao PP e preservar e ampliar a importancia que o sector naval público ten para a nosa terra. EU vai sumar os seus humildes esforzos nesa tarefa.

Ferrol,  mércores 30 de maio  de 2012

INFORMACIÓNS do Grupo Municipal de EU Ferrol

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
30 de maio de 2012 15:28

Prezadas/os amigas/os: envimaos un INFORMACIÓNS do Grupo na defensa das reivindicacións das traballadoras e tralladores de Navantia, que son coincidentes co interese xeral desta comarca e do noso país. Saúdos, amiro Marier

_______________

Xosé Manuel Beiras hoxe en Ferrol, para presentar unha nova proposta política da esquerda nacionalista - Mesa redonda organizada pola Asemblea Nacionalista de Ferrolterra no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Dentro dun marco máis amplo, onde participarán tamén o ex-Alcade de Fene, Xosé María Rivera Arnoso e o representante de Máis Galiza, Xoán Bascuas, na presentación da Asemblea Nacionalista de Ferrol, participará hoxe en Ferrol, o dirixente histórico do nacionalismo de esquerdas Xosé Manuel Beiras Torrado, economista, analista político e escritor, cofundador e membro destacado do Encontro Irmandiño. Onde presentara a proposta política política que defende logo de saír do BNG.

Xosé Manuel Beiras, co Encontro Irmandiño, propón un proceso incluínte, en relación co debate que se está desenvolvendo no chamado novo proceso común, onde pouco a pouco van-se tomando posición ideolóxicas e organizativas, non exentas de tensións.

 Uns (Acción Galega, +Galiza e Ecogaleguistas) formulan un acordo polas cúpulas (CompromisoXGalicia) e a constitución xa dunha marca eleitoral.

O Encontro Irmandiño propón un proceso de construción que debe ser de abaixo cara arriba para facer algo novo, participado e útil. Fala de que "Non podemos caer en vellos modos substituíndo a participación directa da cidadanía".

"Neste sentido o Encontro Irmandiño propuxo aos outros grupos a implicación de todos eles nun esforzo de participación coas militancias respectivas na construción deste novo referente político pola base, integrándose a título individual nas asembleas que en número de máis de 25 xa están constituídas ao longo e ancho do País".

Din que están convencidos de que nin eles mesmos, xunto aos grupos antes mencionados -que xa chegaron a un acordo de bases políticas e programáticas, nin con todos os outros grupos que se teñen manifestado a prol do NPC, representan "a toda a cidadanía disposta a participar na súa construción" e porque non poden aceptar "acordos excluíntes" é polo que afirman que deben ser "as asembleas, onde cada persoa ten un voto, o mellor espazo para dialogar e acordar, aínda desde puntos de partida diferentes", o que lles une "que non é outra cousa que a defensa da nosa nación e dos dereitos e benestar da súa cidadanía".

O Encontro Irmandiño, cando falou co resto das organizacións interesadas no proceso aberto, convidou a "agardar que se formulen dende as asembleas propostas de definición e de programas para que o proceso sexa de baixo cara arriba e a iniciativa sexa dos cidadáns e non dunha cúpula excluínte de partidos". O Encontro Irmandiño parte de que o novo referente para a sociedade galega, sexa nacionalista e co centro de gravedade na esquerda.

Hoxe Xoves 31 de Maio, ás 19:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero na Praza de Inferniño - Acto público e aberto a toda a Cidadanía, convocado pola ANF - Asemblea Nacionalista de Ferrolterra -anferrolterrra@gmail.com- tamén no twiter e no facebook.



Enviado por:
inaciogz
inaciogz@gmail.com

31 de maio de 2012 12:25
_________

Nova concentración en Mercadona, desta vez en San Valentín-Fene, pola readmisión de Alberto, pola liberdade sindical - Hoxe Xoves 31 de Maio


Seguen as mobilizacións contra a represión antisindical en Mercadona, pola readmisión de Alberto, polo dereito á Folga.

Tras a Folga Xeral do 29M, foi represaliado o compañeiro Alberto que se atreveu a exercer o dereito á folga. A empresa nunha actitude represora despediu ao compañeiro, conculcando deste xeito un dereito fundamental á liberdade sindical. A loita pola readmisión de Alberto tamén é unha loita contra a burocracia sindical, contra o pactismo, contra o sectarismo, contra as actitudes que poñen por diante o burocratismo sindical, antes que a unidade de clase contra o Capital.

Son moitas as cousas que están en xogo nesta loita, é por iso de moita importancia a mobilización e a resposta unitaria, non permitamos que Mercadona impoña a súa política antisindical, respostemos como unha piña.

Despois das mobilizacións no Hiper de Mercadona d'A Gándara os pasados 4, 12 e 15 de Maio para esixir a readmisión de Alberto, as centrais sindicais, co apoio doutros colectivos sociais, convocan unha nova concentración para este xoves día 31 de Maio, mais desta vez a Concentración terá lugar no Hiper de San Valentín (Antiga barriada de vivendas de ASTANO), no concello de Fene. A cita ás 7 da Tarde.

A loita continua: Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga, en Defensa da da Liberdade Sindical, pola Unidade Sindical contra o Capital !

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Terceira Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona d'A Gándara, en Narón - Vídeos e Fotos: Unidade Sindical contra o Capital !
________________

Alcampo impide o dereito á información reprimindo o reparto de follas informativas en defensa da sanidade pública



A marca francesa "Alcampo" desaloxa a membros da "Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol" que estaban repartindo follas informativas da citada Plataforma.

Onte, martes día 29 de Maio, varios membros da "Plataforma en Defensa da Sanidade Pública" repartían ás portas do hipermercado Alcampo, no exterior, información da Manifestación do vindeiro domingo 3 de xuño en Compostela : Contra os recortes e privatizacións na Sanidade Pública.

A eles/as achegáronse membros da empresa de seguridade de Alcampo, que nunha actitude chulesca advertíronlles de que tiñan que abandonar as inmediacións propiedade da marca francesa, ou ían "arrepentirse délo" xa que estaban nunha propiedade privada.

Se nos paramos a pensar, caeremos na conta de que neste centro comercial nunca vemos xente pedindo unha esmola. Xa sabemos a que se debe, a unha política  feita por esta multinacional, que pretende facer ver que todo é "bonito" e que non hai xente necesitada que precise pedir nas portas dos Centros Comerciais.

Este feito sumase ao acontecido na xornada de Folga Xeral do pasado 29-M, na que o hipermercado solicitou a axuda da Policía Nacional para poder abrir pola tarde as portas do mesmo, como fai sempre que hai mobilizacións dos traballadores e traballadoras.
        
Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos rexeitar o comportamento antidemocrático, represivo e ilegal da Empresa Alcampo que ademais se repite continuamente.

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol



Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
30 de maio de 2012 17:53

______________

Limpeza da praia de Caranza, o 8 de Xuño, con motivo do Dia Mundial dos Océanos

Tags

Con motivo do Dia Mundial dos Océanos, 8 de Xuño de 2012, realizaranse no mundo diversos actos relacionado con tal día.

Dende Adega tense pensado diferentes iniciativas, con unha limpeza simultánea de praias, en toda Galiza, no Día Mundial dos Océanos 2012.

O venres 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Con tal motivo, ADEGA convoca a todas as entidades interesadas a unirse nun evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. Este día  diferentes grupos de toda Galiza, participarán na limpeza simultánea de praias, nas tres provincias costeiras. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares estades chamados a limpar as nosas praias e denunciar os graves problemas ambientais do lixo nos mares.. e na nosa comarca, temos pensado facer, entre outras cousas, unha limpeza na Praia de Caranza.

A cita é nas inmediacións da Ermida de Caranza o venres 8 de Xuño, as 5 da tarde, para limpar a Praia. A acción terá lugar perante unhas dúas horas. Aberta á participar, colaborar, facer algunha actividade complementaria, ... a toda a cidadanía.

O contacto para colaborar é Xandro, | @mar_abaixo |facebook.com/xandro.garcia | Mallando na e-ira |,  no telefono 660839493 e correo-e babor6@gmail.com


ADEGA-FERROLTERRA
adegatrasancos@adega.info
http://adega.info/

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
30 de maio de 2012 18:14
_____________________

Conferencia:"Alimentación saúdabel e evolución" e Xornada de portas abertas, no Museo de Historia Natural, na Praza de Canido

Tags
Conferencia: "Alimentación saudábel e evolución" o día 2 de xuño ás 19:00 horas.

O próximo sábado 2 de xuño, ás 19:00 terá lugar no salón de actos da SGHN en Ferrol (Praza de Canido, s/n) unha conferencia que baixo o título "Alimentación sadábel evolución" impartirá Ángel Burrel Botaya, profesor de psiconeuroinmunoloxía clínica, osteópata e fisioterapeuta ademais de socio da SGHN.

***

Actividades Museo de Historia Natural da Sociedade Galega de Historia Natural:

O vindeiro martes día 5 de xuño dos correntes co Gallo do día do Medio Ambiente  declárase xoranda de portas abertas para para as persoas que queiran visitar o Museo en horarios de 09:30 a 13:30 e de 16:30 a  20:30 horas.

Museo de Historia Natural
SGHN


Sociedade Galega de Historia Natural
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
"Casa do Coronel"  Praza de Canido, s/n 15402 - Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: ferrol@sghn.org
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com


Enviado por:
MUSEO
-museo@sghn.org-
31 de maio de 2012 11:59

__________________

Publicada a Revista Atenea nº44 [Especial Crise e Cultura] - Acceso a través da rede




Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)


Enviado por:
Ateneo Ferrolán
30 de maio de 2012 13:13

_____________

luns, maio 28, 2012

Cambiemos de vida para salvar a vida - Vídeo impactante e moi interesante

Chris Jordan era unha vez un avogado corporativo, agora é un artista nacido en Seattle que fotografa lixo e traer a conciencia o problema do consumismo no mundo. Jordan exhibe outros de puntos de vista de que a cultura occidental parece a través das súas imaxes que retratan supersized inimaxinábeis de estatísticas como o número de vasos de papel, teléfonos móbiles e obxectos que compamos a diario de usar e deitar ao lixo. Jordan exhibe a súa arte en todo o mundo e é un relator de renome.

"A arte veu a min cando eu deixei a miña carreira de avogado corporativo. Sempre me interesaron por fotografía aínda que realmente non tiña interese no ambiente. Eu adoro facer boas fotos coa composición, que se chama formalismo. Entón, un día, durante o meu proxecto "formalista", eu tirei unha foto grande de unha pila xigante de lixo podo atopar para abaixo na parte industrial de Seattle. Despois que eu fotografei, eu penso que era a mellor fotografía que eu xa tiña feito, non porque eu tiña interese en consumismo, só porque era bonito. Foi moi complexo e composto de cores moi pequenas que se axustan a serie cor que estaba a traballar con na época ..."


http://vimeo.com/midway/midwayfilm


Chris Jordan’s website and contact info: www.ChrisJordan.com

Midway Project blog, team details, behind the scenes photos, production diary videos : www.MidwayJourney.com

Facebook: http://www.facebook.com/MidwayJourney Donate: www.razoo.com/story/MidwayJourney

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
27 de maio de 2012 17:49
http://lupeces.blogspot.com/
_____________

Outro fracaso para Reganosa - Rajoy e Passos Coelho aparcan o gasoducto que pediu Feijóo por Tui A terceira tubería entre Galiza e Portugal non servirá a Reganosa e irá por Zamora

Tags
[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Unha vez máis Reganosa demostra que ademáis de ser unha instalación perigosa para toda a cidadanía de Ferrolterra, pola súa localización, é innecesaria e antieconómica e supón un lastre para o erario público, é dicir para todos nós.

Por unha banda manteñen pechado desde hai varios anos o gasoduto de Tui que subministraría o gas necesario para Galicia, máis económico e con menos riscos, só para xustificar a necesidade da Planta de Reganosa.

Pola outra, vaise descubrindo a endeblez dos seus argumentos por moito que Reganosa e a Xunta de Galicia, socia da mesma, pretendan ocultar os seus fiascos.

Van acumulando continuos fracasos de xestión: Nin o Grupo Tojeiro usou nunca do gas que aseguraba precisar nin os ciclos combinados, que traballan á mínima capacide, utilizan as cifras previstas. Súmase agora o rexeitamento de envío de gas a Portugal, ofertado sen éxito e a través de “descoñecidas xestións” polo Presidente Feijoo.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
| www.comitecidadan.org



Ver transcrición e tradución da noticia publicada en 'El País':

Un novo gasoduto Galicia-Portugal foi a principal e máis novidosa petición que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, formulou na súa até agora única reunión cun primeiro ministro luso, o 29 de xaneiro de 2010 co socialista José Sócrates. Dous anos e tres meses despois o seu xefe de filas, Mariano Rajoy, e o seu correlixionario primeiro ministro portugués, o conservador Pedro Passos Coelho, confirmaron que Zamora adiantarase a Galiza como punto de cruzamento do terceiro gasoduto entre ambos países que Feijóo reclamáballe a Sócrates. Así se certificou a semana pasada no Cume Ibérico celebrado en Porto. A Xunta, que rexeita explicar as súas xestións durante os dous últimos anos, opta por culpar ao Goberno socialista do ex presidente José Luís Rodríguez Zapatero.

Actualmente, entre España e Portugal existen unicamente dous gasodutos, un en Galiza, á altura de Tui, e outro en Estremadura. En 2010 Feijóo presentouse en Lisboa coa petición a Sócrates de que estudase a viabilidade de tender unha nova tubería entre Galicia e o Norte de Portugal coa que dar saída ao país veciño ao gas da planta que Reganosa ten na ría de Ferrol. A petición formulábase apenas unhas semanas despois de que Reganosa, con participación da Xunta, asinase un acordo con Gas Natural para exportar combustible a Portugal. No encontro de Lisboa ambos gobernos quedaron, dixo Feijóo, en que o ministro luso do ramo e o conselleiro de Economía, Javier Guerra, de orixe portuguesa, avanzarían na negociación do novo gasoduto.

Máis de dous anos despois, e tralo anuncio dos Gobernos de España e Portugal de que a terceira conexión entre ambos países será por Zamora, a Consellería de Economía rebaixa agora as expectativas espertadas en 2010. “A competencia neste tema non é autonómica aínda que desde a Xunta deféndense en todo momento os intereses de Galicia para potenciar a interconexión por Tui”, sinala unha portavoz do departamento que dirixe Javier Guerra.

Economía rexeita explicar que xestións das prometidas por Feijóo realizáronse con Portugal nestes dous anos. Pola contra, a consellería opta por cargar contra o Goberno de Zapatero. Segundo recorda, “o anterior Goberno central presentou, en outubro de 2011, unha planificación enerxética que prexudicaba os intereses galegos, por iso a Xunta no seu momento presentou alegacións nas que se contemplaban as propostas do Goberno galego para o mellor deseño da rede nacional de gas”.

Esas propostas que o Goberno de Feijóo atribúese “viraban en torno a intensificar a interconexión con Portugal por Tui”. Pero xa en setembro de 2007 o entón presidente socialista galego Emilio Pérez Touriño apostaba, nun encontro co presidente de Enagás, a empresa xestora de toda a rede española de gasoductos, por desdoblar a tubería que une Tui con Portugal. A empresa xa contemplaba entón esa duplicación na súa planificación para o período 2007-2016.

A Xunta non aclara que fixo nos dous últimos anos para que o proxecto de duplicación do gasoduto de Tui, defendido tanto polo bipartito como polo actual Goberno galego, saíse adiante. Tampouco aclara que supoñerá para Galicia e Reganosa a non realización do proxecto. Fronte a iso, para o portugués Passos Coelho, co que Feijóo quixo evidenciar a súa proximidade persoal e política durante a campaña electoral lusa do pasado ano, a nova condución por Zamora supón aproveitar “as oportunidades que se abren no marco europeo no que respecta a axuda financeira ás grandes infraestruturas de gas”.

Por | Santiago de Compostela | 19.05. 2012


Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
27 de maio de 2012 23:21

___________________

domingo, maio 27, 2012

Homenagear Carvalho Calero: Infraçom grave para o Partido Popular


Como cada mês de março desde há mais de 15 anos, a Fundaçom Artábria voltou a lembrar a figura de um dos grandes da história de Ferrol e da Galiza: Ricardo Carvalho Calero. Intelectual, defensor da língua, sociolingüista, filólogo e estudioso da nossa literatura, injustamente esquecido polas instituiçons públicas galegas atuais.

A homenagem que junto a várias dúzias de vizinhos e vizinhas de Ferrol realizamos este ano na rua Sam Francisco, em frente da casa onde Carvalho Calero nasceu em 1910, viu-se interrompida por elementos da Polícia Municipal que, com maus modos e com algumhas ameaças, tentárom impedir que a concentraçom anual, a qual nunca tinha sido comunicada à Subdelegaçom de Governo e só algumha vez ao Concelho, se realizasse.

Naturalmente, o ato poético e de lembrança de Carvalho Calero realizou-se sem nengum tipo de incidente, alteraçom ou moléstia para a vizinhança do bairro de Ferrol Velho, entre poesia, flores, música de gaita e reivindicaçom da nossa língua, o galego.

Agora, dous meses depois do incidente, as duas pessoas associadas da Fundaçom Artábria que mostrárom os seus Bilhetes de Identidade aos agentes naquela tarde acabam de receber notificaçons por parte da Subdelegaçom do Governo espanhol, a partir das denúncias apresentadas pola Polícia Municipal, da apertura dum processo sancionador no valor de 310€, por umha suposta 'Infraçom Grave' (sic).

O documento, escrito exclusivamente em espanhol, inclui mentiras como a afirmaçom de que as pessoas participantes no ato se “abalanzaron” (sic) sobre os agentes, ou que os polícias advertírom de que se tratava de umha “reuniom ilegal”.

Nada disso aconteceu. Unicamente fomos surpreendidos e surpreendidas pola ameaçadora presença policial e por termos que realizar a nossa tradicional homenagem a Carvalho Calero rodeados, como se nós representássemos qualquer ameaça. Sabemos também que a iniciativa repressiva partiu de elementos à paisana da polícia espanhola presentes na zona, que reclamárom a intervençom da Polícia Municipal diante do desenvolvimento do que uns e outras consideram, segundo figura no texto da multa, “umha infraçom grave”.

Da Fundaçom Artábria, queremos manifestar diante da vizinhança de Ferrol a preocupaçom com a linha repressiva que o novo governo do nosso concelho está a imprimir à força policial municipal, que neste caso se manifestou na perseguiçom de eventos culturais como a tradicional homenagem protagonizada pola nossa entidade, mas que nos últimos meses incluiu já agressons a trabalhadores e membros de piquetes participantes em mobilizaçons perfeitamente legais.

    Parece-nos que este novo episódio repressivo merece umha resposta social em forma de solidariedade com os dous companheiros multados e de reivindicaçom dos direitos fundamentais, incluído o direito à nossa língua. Nom vamos ficar em silêncio perante uns factos que consideramos graves.

De acordo com as anteriores consideraçons, a Fundaçom Artábria vai realizar umha campanha solidária para afrontar coletivamente a multa económica imposta, no caso de nom progressar o recurso que apresentarám os nossos serviços jurídicos, mas que sirva também para denunciar a perseguiçom da atividade cultural.

A campanha também deverá servir para reivindicar o cumprimento da norma de que o nosso concelho se dotou há já 15 anos em matéria de língua, e que continua sem ser cumprida pola instituiçom municipal: a Ordenança Municipal de Normalizaçom Lingüística do Concelho de Ferrol.

Nos próximos dias, esperamos poder apresentar a referida campanha, apelando desde já à participaçom da vizinhança ferrolana contra a perseguiçom da atividade cultural e em defesa do uso normal da nossa língua por parte da instituiçom municipal.

Na Terra de Trasancos, 25 de maio de 2012

Junta Diretiva da Fundaçom Artábria


Para mais informaçom:
Vítor Santalha
Secretário da Fundaçom Artábria
Telefone:  635 074 071

Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86


Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!




A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Código de Identificaçom Fiscal (CIF):  G15645518.


http://www.artabria.net


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
27 de maio de 2012 15:52

____________________

venres, maio 25, 2012

A Sepi non ten solucións para Navantia


No dia de onte o Presidente da SEPI (Ramon Aguirre) reuniuse cos alcaldes da zona e co Comité de Empresa de Navatia, previamente reunirase co presidente da Xunta , SR. Feijoo.. Do acontecido na xuntanza e aparecido nos medios , dedúcese que o Presidente da SEPI non aportou ningún compromiso concreto de carga de traballo (nin pedidos de buques, nin dique flotante). Polo tanto non despexou as dudas sobre o futuro de Navantia, que a dia de hoxe botou a Rúa a preto de 1.000 traballadores. Nos din que, en todo caso, seria o Sr. Feijoo quen puidera anunciar algún compromiso concreto que poida aparecer. En prata unha vez mais o PP, sexa o goberno central como o autonómico, non teñen nada que ofrecer, mais iso si, coordínanse para propalar unha nova mentira e engaiolar de novo aos cidadáns ante o previsible adianto das eleccións autonómicas.

A mobilización de hoxe por parte dos traballadores de Navantia, responde a tomadura de pelo do Presidente da SEPI.

As políticas neoliberais promovidas polos gobernos do PP, recortes sociais, perda de dereitos afectan a maioría dos cidadáns, namentres inxecta cuantiosos recursos aos bancos -responsables da crise- ou aproba unha amnistía fiscal para os defraudadores da facenda pública. Unha política que cría máis paro, máis pobreza e instala ao pais na depresión.

Só a mobilización masiva e sostible dos traballadores, da cidadanía, de tódolos sectores afectados, será quen de derrotala.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
25 de maio de 2012 01:45

______________

O BNG avoga por unha resposta comarcal contundente fronte aos incumprimentos do PP co sector naval

Tags
Queremos e Sabemos facer Barcos

Nen resultados no tocante á construción do dique frotante –máis ben, cuestionamento oficial do mesmo– nen compromisos concretos a respecto da carga de traballo, nen oficialización das negociacións para o levantamento do veto. As cuestións básicas das que debería de facerse cargo onte a SEPI  volveron quedar pendentes na visita do presidente a Ferrol; evidenciando de novo a actitude fraudulenta, enganosa e ofensiva do goberno do Estado coa nosa comarca.

Unha visita que lembra máis ás viaxes dos gobernantes da metrópole ás súas colonias, e que tivo ao PP da comarca – na persoa do alcalde de Ferrol – ao perfecto colonizado que, en troques de situarse do lado das demandas da cidadanía (que son as que tiña por mandato plenario da súa corporación) o que fixo foi xustificar, mesmo dun xeito esperpéntico, a falta de compromiso do goberno do estado coa comarca. Unido, claro, á falta de altura institucional e mesmo dos mínimos no tocante ás normas de educación demostrada polo alcalde de Ferrol na (non)convocatoria dos alcaldes para a devandita reunión.

Evidénciase –como xá diciamos desde o BNG no momento das “declaracións institucionais” do pasado 26 de Abril- que se trataba dunha nova manobra de confusionismo para eludir os verdadeiros compromisos; tentando construir unha falsa unidade que non se utiliza para forzar solucións políticas dos gobernos responsábeis coas demandas da comarca, senón precisamente para seguir narcotizando á sociedade comarcal.

Responsabilidades políticas

Nese sentido, entendemos que o acontecido onte supón un punto de inflexión a respecto das demandas da comarca e, nomeadamente, sobre as solucións pendentes para o sector naval. O BNG non acredita no mantemento de falsos procesos de unidade –nen en declaracións, nen en mobilizacións– que sitúan o escenario na suposta “demanda de solucións” para a comarca, cando o momento no que estamos é o de pedir responsabilidades polo incumprimento.

Por iso, desde o BNG comarcal avogamos por unha resposta urxente e contundente fronte aos incumprimentos do PP coa comarca. É hora de abandonar o cortexo procesional –que agora xá se mostra claramente dirixido ao enterro da economía comarcal– e facer da mobilización social un instrumento para desenmascarar aos oficiantes do funeral, e tamén aos monaguillos. Ferrolterra merece respecto.

Ferrolterra, 24 de maio de 2012.


Web BNG Ferrolterra:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada

Enviado por:
Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
25 de maio de 2012 03:03
______________

Por que se creou a crise?, ... por Vicenç Navarro

Este é un artigo imprescindíbel para entender o por que desta Estafa chamada Crise. Desde Ártabra 21, consideramos de moito interese este argumentario que explica a realidade do que acontece, aínda que feito desde unha perspectiva socialdemócrata, paga a pena parar-se a le-lo.


Por Vicenç Navarro [*]
25.05.2012

Todos os datos, mostran que as políticas de austeridade, que promoven recortes do gasto público (incluíndo o gasto público social) e a redución dos salarios –a chamada depreciación doméstica- foron un fracaso, e crearon un enorme dano á maioría das clases populares. A pregunta que debemos facernos é por que, entón, si a evidencia do seu fracaso é tan robusta, continúan impoñéndose ás poboacións dos países da Eurozona? Unha resposta podería ser que os deseñadores de tales políticas son xente incompetente. É certo que hai gran número de expertos que asesoran ás autoridades que toman as decisións conducentes á aplicación daquelas políticas de austeridade que son claramente incompetentes. As predicións de recuperación das economías da Eurozona son un exemplo diso. Mark Weisbrot, do Center for Economic and Policy Research (CEPR), documentou o cálculo erróneo de tales predicións por parte do FMI, do BCE e da Comisión Europea, alcanzando, no caso de Grecia, predicións irrisorias, que farían rir si non fóra polas tráxicas consecuencias que conleva a súa aplicación (os suicidios en Grecia creceron un 40% nun ano, segundo The Lancet).

Agora ben, o problema é moito maior que a incompetencia. É un problema de fe nun dogma, o dogma neoliberal, que imbúe tales institucións e que se reproduce debido a que serve intereses moi específicos, intereses de clase (si, de clase social), tanto financeira como empresarial, que deseñaron un sistema de gobernanza da Eurozona que leva inevitablemente a estes resultados, resultados que coinciden cos seus obxectivos, que non son outros que cambiar Europa, convertendo a Europa social na Europa liberal. E para conseguilo e vencer as resistencias populares, crearon unha gran recesión, impoñendo tales políticas (impoñendo porque non hai ningún goberno que as aplique que tivese tales políticas no seu programa electoral) co argumento de que non hai alternativas. En realidade, tal obxectivo aparece claramente nas declaracións do Sr. Draghi ao Wall Street Journal (24.02.12), onde afirma que a Europa social está desaparecendo, referíndose a España como un exemplo diso. Indica na súa entrevista que en España, cunha taxa de desemprego xuvenil superior ao 50%, xa non existe protección social universal (o goberno PP ha anulado a universalidade do sistema nacional de saúde, de maneira que as persoas de máis de 26 anos non teñen garantida a cobertura sanitaria a non ser que haxan cotizado á Seguridade Social). Isto é o que intentan, e estano conseguindo. É o que Noam Chomsky chamou a guerra de clases unidireccional.

Os instrumentos para conseguilo son dous. Un é o Pacto de Estabilidade (ao cal engadiuse o término “Crecemento”, a proposta do goberno socialista francés do Sr. Jospin, sen que se lle dotase de instrumentos para facilitar tal crecemento) que forza aos Estados a ter un déficit público por baixo dun 3% do PIB e que dificulta enormemente a recuperación económica en momentos de recesión, como está ocorrendo agora. Por iso é polo que cando hai unha recesión, o Estado recorta os gastos públicos, incluído o gasto público social, a fin de reducir o déficit público orixinado pola baixada de ingresos ao Estado como consecuencia da recesión. A recesión é, pois, un xeito de forzar o desmantelamento da Europa social (a través dunha redución da protección social e dos salarios). En realidade, a entrada de España ao euro (que requiría unha redución do déficit do Estado) conseguiuse a base de aumentar o enorme déficit de gasto público social que España ten en relación co resto de países da UE-15. Este Pacto de Estabilidade quérese agora substituír por un Pacto fiscal incluso máis restrinxido, no que en lugar dun 3% do PIB, o déficit terá que ser prácticamente cero (si, leu ben, cero). Isto é un ataque frontal á Europa Social e á posibilidade de saír da recesión.

O outro instrumento que se creou para eliminar a Europa social é o Banco Central Europeo que, en realidade, non é un banco central. Esta afirmación sorprenderá a moita xente, pero os feitos así o mostran. Un banco central imprime diñeiro, e con este diñeiro axuda ao Estado comprándolle débeda pública, mantendo os intereses dos seus bonos relativamente baixos. Protexe así aos Estados fronte á especulación dos mercados financeiros sobre a súa débeda pública. En ausencia de tal protección, os mercados financeiros (sobre todo os bancos e as compañías de seguros) especulan coa débeda pública, creando a percepción de que os Estados teñen problemas para pagar a súa débeda, forzándolle así a ter intereses altos nos seus bonos. Si houbese un banco central en cada país, este banco central imprimiría diñeiro e compraría débeda pública do Estado baixando así os intereses dos bonos e impedindo a especulación por parte da banca privada (os chamados mercados financeiros).

Pois ben, o Banco Central Europeo non fai isto. Si que imprime diñeiro, pero dállo (a un interese bajísimo, dun 1%) aos bancos privados para que compren bonos públicos (a uns intereses moito máis elevados, un 6% no caso dos bonos públicos españois). É un enorme negocio para a banca a costa dos Estados. E aí está o problema. Sen un Banco Central que lles protexa, os Estados están totalmente expostos á especulación. Non son os mercados financeiros o problema, senón a ausencia dun Banco Central, feito que está deseñado deste xeito para debilitar aos Estados a fin de que teñan que reducir o seu gasto público e a súa protección social e facilitar a diminución dos salarios.

Dise que o Banco Central Europeo non pode comprar débeda pública. Iso responde á lóxica que acabo de explicar. Pero hai que saber que o BCE faio en bases excepcionais cando o Estado está a piques de crebar e non pode pagar a súa débeda pública, como consecuencia de non estar protexido fronte aos mercados financeiros. Cando está a piques de colapsar, intervén entón, comprando débeda pública para que baixe os intereses da mesma. Con iso evita que o Estado colápsese e os bancos puidesen estar colgados con gran cantidade de débeda pública que non poden recuperar debido ao colapso do Estado. É coma se houbese unha sanguesuga que chupa o sangue do corpo e que, como resultado diso, a persoa estivese a piques de morrer e inxectásenlle sangue para que puidese continuar vivindo e así a sanguesuga puidese continuar chupándolle o sangue.

Agora ben, cando o BCE compra débeda pública ao Estado, esíxelle como condición que desmantele o seu Estado social, é dicir, que recorte a protección social e baixe os salarios. Esta é a realidade que se oculta á cidadanía nos medios. O problema non son os mercados financeiros, como constantemente acentúa gran parte das esquerdas, senón o edificio construído para soster o euro, que deixa aos Estados totalmente vulnerables, o cal era o obxectivo da avalancha neoliberal.

Artigo publicado por Vicenç Navarro, no seu blogue persoal o 24 de Maio de 2012



[N. de Paco Belo]

Este é o mellor Vicenç Navarro que lin nunca.

Non é que D. Vicenç non nos deixou grandes reflexións e documentos até agora; trátase de que é tan aberrante e grave o que está ocorrendo, que até os máis grandes necesitan integrar o seu discurso até ser plenamente conscientes do que xa sabían, para atreverse a dicir que o Rei vai espido. Cando isto definitivamente prodúcese, podemos felicitarnos porque sumamos a un aliado de enorme valor.

Non se pode ser máis claro e máis didáctico: estamos en mans de criminais; e que ninguén se escandalice, porque isto que se está levando a cabo non é outra cousa senón un auténtico crime a escala case mundial, e estano cometendo persoas, non “entes”.

Grazas, profesor.


[*] Vicenç Navarro, naceu en Barcelona o 1937 e licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Barcelona en 1962. Exiliouse de España no mesmo ano pola súa loita anti-franquista, pasando por universidades de Suecia (Uppsala e Estocolmo), onde estudou Economía Política; Gran Bretaña (London School of Economics, Oxford e Edimburgo), onde estudou Políticas Públicas e Sociais; e EEUU (Johns Hopkins University), onde se doctoró en Políticas Públicas e Sociais o 1967. Alí tamén foi nomeado profesor e posteriormente catedrático de Políticas Sanitarias e Sociais, Políticas Públicas e Estudos Políticos desde o ano 1977 [Máis información na wikipedia].

Sobre este e outros asuntos de interese, pode-se acceder a máis información no propio blogue do profesor Navarro.

Blogue Persoal: vnavarro.org
______________

Un premio xusto sempre invita á censura - Impresionante discurso de @adacolau representante da Plataforma Afectad@s pola Hipoteca PAH de Catalunya - Vídeo


@A_PAH mellor iniciativa solidaria #cataladelany. O discurso que tv3 non emitiu

Un premio xusto sempre invita á censura

Discurso na entrega de premios de Català de l’any , que tivo lugar en Barcelona o 22 de Maio. Este non foi emitido en directo por tv3 (omiteuse esta parte) nin tampouco figura nos seus vídeos en diferido do evento (cortouse).


http://youtu.be/4tNbXwgI22E


Publicado en 24.05.2012 por afectadosxlahipoteca

O video co discurso de @adacolau de @a_pah recollendo o premio mellor iniciativa solidaria #cataladelany que tv3 non emitiu:

O 22 de maio de 2012 @a_Pah foi galardonada co premio Mercé Conesa que outorga anualmente @elperiodico por unanimidad dun xurado independente. A PAH asistiu á gala de #cataladelany retransmitida en directo por tv3, cunha audiencia de máis de 600.000 telespectadores. Con todo os cidadáns de Catalunya non tiveron a oportunidade de escoitar o discurso da galardonada PAH, nin en directo nin posteriormente a través da web. Cun lamentable atraso, deixámosvos o vídeo coa intervención da PAH ante a Plana Maior da Generalitat.

Por certo, o desafiuzamento de Jaime ao que fai referencia no vídeo e que tivo lugar ao día seguinte da gala paralizouse por terceira vez consecutiva a pesar do despregue policial solicitado por Catalunya Caixa. Ademais arrincouse un compromiso, contemplado nun papel asinado, para ofrecer a Jaime un aluguer social.

O evento en:

http://www.elperiodico.com/es/noticias/barcelona/pah-logra-parar-nuevo-desahu...

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/23/catalunya/1337792067_110880.html


Blogue da plataforma:

http://afectadosporlahipoteca.wordpress.com/
_____________

Numerosas persoas concentráronse en Ferrol pola defensa da Sanidade Pública e contra as medidas e recortes dos gobernos do PP - Vídeo, Fotos, Enlaces, Novas


Hoxe venres, 25 de Maio, ás 6 da Tarde vai ter lugar a Asemblea Plenaria da Plataforma, no Local da Asociación Veciñal de Esteiro

Nota.- Prégase un esforzo de asistencia á mesma nun momento de especial gravidade para a Sanidade Pública, ademais da preparación da manifestación do 3 de Xuño en Compostela.

...

SOS Sanidade Pública convocou en toda Galiza mobilizacións en defensa da Sanidade Pública contra as medidas e recortes do PP e dos gobernos dereitistas de Mariano Rajoy e Alberto Nuñez Feijóo. En Ferrol a Concentración foi á 7 da tarde na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta. Interveu na Concentración o portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

A continuación o vídeo e a transcrición da intervención do voceiro da Plataforma e SOS Sanidade Pública, Miguel López, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro.


http://youtu.be/bZYj8GuJNns


Boa tarde veciñas e veciños de Ferrolterra.

Moitas grazas por acudir á convocatoria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, esta plataforma cidadá agrupa, neste momento a 44 entidades diversas: asociacións sociosanitarias, veciñais, culturais, partidos políticos, sindicatos e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol, entidades defensoras da sanidade pública e preocupadas polos anuncios privatizadores, de redución de orzamentos en materia sanitaria e de absoluta falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Non será esta, desgraciadamente, a última vez que nos teñamos que mobilizar en Defensa da Sanidade Pública, volveremos a facelo o día 3 de xuño ás 12 do mediodía na Alameda de Compostela. Pero estamos seguros que cada vez irán en aumento as mobilizacións de todas aquelas persoas que, votasen ó partido que votasen, non queren que se fagan recortes, se privatice e se establezan repagamentos en aquilo que en todas cantas enquisas se fan aparece como máis valorado por toda a cidadanía do Estado Español.

Estes días do Sr. Núñez Feijoo, que xa leva recortado o orzamento da Consellería de Sanidade en 300 millóns de euros desde que preside a Xunta de Galicia, fala de privatizar o que, segundo el, non sexa esencial na sanidade e fala de que esa privatización da xestión, que é o que vai facer no novo Hospital de Vigo, vai resultar máis rendible para a cidadanía.

Non di o Sr. Núñez Feijoo que  na Comunidade de Madrid a maior parte dos hospitais públicos e moitos centros de saúde, están xestionados por organismos privados que levaron á Sanidade Pública de Madrid a ser a peor do Estado Español. Iso é o que quere o Sr Núñez Feijoo e o Partido Popular para Galicia, quere levarnos a ser a peor ou unha das peores sanidade do Estado. Non o imos consentir.

Pon como exemplo de modelo de xestión ao Hospital Povisa de Vigo, non se lembra o Presidente da Xunta dos mortos por aspergillus, non sabe que Povisa,  hospital privado que ten un concerto anual de 72 millóns de euros que supoñen o 74% dos seus ingresos, é o que ten maior lista de espera de todos os hospitais do Sergas. Non sabe que a cidadanía que ten, obrigatoriamente, como Hospital de referencia a Povisa, Cangas, Moaña, etc., rexeitan ter a ese Hospital como Hospital de referencia e queren ser atendidos na Sanidade Pública. Será un modelo POVISA  por que a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pertencía a ese grupo empresarial? Trátase diso Sr. Feijoo?

En Galicia xa tivemos un exemplo de fracaso absoluto na privatización da xestión sanitaria: Foron as Fundacións Sanitarias que promoveron os Señores Romay Becaría desde a Consellería de Sanidade e Alberte Núñez Feijoo á fronte do Servizo Galego de Saúde. As  fundacións sanitarias dos hospitais de Verín, Barbanza, Salnés e Cee que tiveron que ser rescatadas, para poñelas en valor polo Sergas, hoxe son hospitais públicos. O Sr . Nuñez Feijoo non quere aprender dos seus erros e segue turrando contra o aguillón.

O que queren o Sr Rajoy e o Sr Feijoo amparándose na crise, provocada pola Banca e os grandes monopolios que sufrimos as clases populares, é de que as aseguradoras, construtoras, laboratorios e mesmo bancos entren a facer negocio na Sanidade Pública, non se trata de mellorar a xestión, niso estaríamos todos de acordo, non é mellor a xestión privada que a pública tampouco se trata de facer sostible un sistema que xa é sostible, do que se trata é de poñer a andar as políticas neoliberais fracasadas de Margaret Thacher, de converter a sanidade pública nun negocio, por unha banda e por outra banda deixar unha sanidade de dúas velocidades unha de beneficencia e outra para quen poida pagarse os tratamentos.

O sistema é sostible xa que por cada 6 euros que no Estado Español, se dedican a Sanidade Pública, na Unión Europea dedícanse 9 euros e aínda así temos, con menos investimento, mellores resultados. Por que hai que atacar un sistema que nos beneficia a todos e todas e do que maioritariamente nos sentimos satisfeitos. A resposta é clara: Para convertelo nun negocio para uns poucos.

Se o sistema fose insostible, que non o é, do mesmo xeito que se meteron millóns de euros en socorrer á Banca Privada e se permite que os seus directivos, a pesar da súa nefasta xestión, se leven millóns e millóns de euros, non habería que socorrer o Sistema Sanitario Público antes que á Banca Privada, antes que ao ladrillo?

Agora o Partido Popular que recortar 7000 millóns de euros máis na Sanidade Pública, será para tapar o burato de Bankia? Pensará Núñez Feijoo poñer a xestionar á Sanidade Pública Galega a Rodrigo Rato ou a algunha das empresas nas que é directivo como por exemplo CAPIO Sanidade, da que tamén é accionista Ignacio López del Hierro, marido de Dolores de Cospedal e que se están facendo coa xestión de moitos hospitais e centros de saúde en varias comunidades autónomas ?.

Acaban de aprobar o  Real Decreto-Ley 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde e que, como acabamos de dicir, recorta 7.000 millóns de euros na Sanidade Pública.

Mentres anuncian eses recortes, perdoan a ladróns, defraudadores, narcotraficantes e lles van permitir branquear os seus capitais, algúns deles manchados de sangue, a cambio de que paguen o 10% do defraudado.

Anuncian o incremento no repago dos medicamentos ós traballadores en activo e, por vez primeira, o repago dos medicamentos ós pensionistas, incremento no pago dos doentes crónicos, sempre esmagando ós colectivos máis desfavorecidos, e xa anuncian máis recortes, algún deles de carácter xenófobo o ir directamente contra os inmigrantes, repago de próteses e ortopróteses  e tamén o repago polo transporte sanitario non urxente. E deixando fóra da prestación a maiores de 26 anos e as mulleres separadas ou divorciadas que nunca cotizasen. Deixando fóra da atención sanitaria aos inmigrantes non regularizados, colectivo  en diminución pola crise, e que realiza un escaso uso dos servizos e un reducido gasto sanitario, pretendendo criminalizalos e culpabilizalos.

Tamén efectúan recortes nos cadros de persoal do Sergas que, por moito esforzo que fagan os traballadores e as traballadoras, acaban afectando á calidade asistencial que teñen dereito a recibir os doentes. Precarizan as condicións de traballo e recortan os dereitos laborais e tamén os seus salarios.

Dende o 2011 ata decembro do 2013 vanse xubilar 1.695 traballadores e traballadoras no Servizo Galego de Saúde co que unha parte do cadro de persoal fixo vaise reducir.

Hai que lembrar que a Xunta de Galicia foi a primeira en establecer un decreto de transporte sanitario non urxente que permitía cobrar ós usuarios e usuarias o Decreto 11/2011 do 20 de xaneiro, hai 14 meses. Agora di o Sr. Feijoo que non pensa aplicalo. Se non pensa aplicalo para que o fixo? Ou é que non pensa aplicalo este ano por que estamos en época electoral pero despois si que pensa aplicalo?

En Galicia temos unha poboación moi avellentada, xeograficamente moi dispersa e coas pensións máis baixas do Estado.

As medidas do Partido Popular van ter en Galicia unha especial incidencia, sobre todo entre pensionistas e enfermos crónicos. Como van pagar o trasporte sanitario pensionistas de Cedeira, Ortigueira, Mañón, etc cando vaian a recibir un tratamento de Diálise, Rehabilitación, Quimioterapia, etc no Arquitecto Marcide cando teñen unhas pensións medias que non chegan a 600 euros?

Como van a pagar o transporte sanitario non urxente cando teñan que acudir ó Centro Oncolóxico da Coruña a recibir un tratamento de Radioterapia?. Un transporte en ambulancia custa actualmente 50 euros o traxecto de ida e volta na mesma Área Sanitaria e a isto hai que sumarlle uns 50 euros se hai que ir a outra Área Sanitaria.

Canto suporá para un doente en diálise durante anos e anos? E para un doente que teña que recibir un tratamento de Radioterapia na Coruña?

Isto é o que acaba de Decretar o Partido Popular: Perseguir a pensionistas, inmigrantes e doentes crónicos.

Non falan de perseguir a fraude fiscal e mesmo a perdoan. Non falan dos 5.000 millóns e euros que tiveron de beneficio no ano 2010 as Mutuas de Accidentes de Traballo, moitos deles obtidos ao derivar á Sanidade Pública, como enfermidades comúns o que son enfermidades profesionais. Non falan de aplicar a Lei de incompatibilidades e sendo sabedores das moitas irregularidades e ilegalidades que se cometen, nesta comarca sabemos moi ben onde se fan esas prácticas fraudulentas, prefiren mirar para outro lado. Non diso non falan, prefiren perseguir a traballadores e traballadoras e a pensionistas.

A Xunta de Galicia espera ingresar coas políticas de repagamento 155 millóns de euros. Si se aplicasen medidas  baseadas na mellora da eficiencia e o uso racional dos recursos,  para mellorar a calidade e seguridade da atención sanitaria e os niveis de saúde da cidadanía:

Reducir nun 50% os medicamentos innecesarios. Reducir nun 50% os ingresos por reaccións adversas aos fármacos. Reducir nun 30% os efectos adversos durante a hospitalización. Reducir en 1/3 as estancias hospitalarias inadecuadas. Reducir nun 10% a frecuentación á urxencias hospitalarias que non son ingresadas. Traspasar o 25% das consultas hospitalarias á Atención Primaria. Suporía un aforro de 539 millóns de Euros. 384 millóns máis dos que se queren recadar co repago.

Debe quedar claro para todo o mundo que os recortes, privatizacións e ataques contra a Sanidade Pública non teñen nada que ver coa situación económica, non nos deixemos enganar, ten que ver cunha posición ideolóxica de querer acabar con ela e crear un imposto sobre a enfermidade  e sobra a vellez, establecendo copagamento en servizos onde non o había anteriormente. Non se busca mellorar a xestión do Sistema Sanitario Público o que se busca e á súa privatización. Non van a parar e ten que ser a cidadanía na rúa que paremos a súas políticas absolutamente regresivas.

A sanidade pública é un dos piares esenciais do estado do benestar, a atención sanitaria como un dereito dos cidadáns e o acceso aos servizos ten que ser universal e gratuíto, sen ningunha restrición. O financiamento da sanidade pública debe realizarse cos impostos dos cidadáns e a prestación debe ser fundamentalmente pública e, se fose posible, totalmente pública, o sector sanitario privado será, sempre que sexa preciso, subsidiario e complementario.

A Sanidade Pública é o ben máis prezado que temos, as maiores queixas son polas listas de espera, e en épocas de crise e paro, faise aínda máis necesario. Non deixemos que o convertan nun negocio.

A resposta a esa agresión e a eses recortes é a mobilización na rúa en Defensa da Sanidade Pública, Universal e Gratuíta, financiada a través dos impostos, coas mesmas prestacións como tiñamos ata a chegada do Partido Popular o Goberno do Estado e da Xunta e incrementando as prestacións que sexa posible incrementar.

O presente da Sanidade Pública está ameazado polas políticas neoliberais do Partido Popular, que so buscan o beneficio privado en detrimento do público. O futuro da Sanidade Pública vai depender da vontade que teñamos a cidadanía. O Partido Popular ten a maioría absoluta no Parlamento, pero non ten a maioría social, esa maioría social que considera a Sanidade Pública un ben imprescindible, pero que ten que manifestalo abertamente nas rúas, temos que conquistar as rúas temos que dicirlles abertamente a Rajoy e Feijoo que a Sanidade Pública non se toca nin moito menos se recorta.

Hoxe estamos en Ferrol mobilizándonos e estaremos máis veces, todas as que sexan preciso, non imos a parar, temos a razón e tamén temos a forza. O domingo día 3 de xuño as 12 da mañá estaremos na Alameda en Compostela.

A saúde non é un negocio nin é negociable.

Moitas grazas.

Ferrol a 24 de Maio de 2012.

Asdo./ Xosé Miguel López Pérez, portavoz da Pdspf.


A nova nos medios convencionais comarcais:

A concentración contra os recortes sanitarios congregou a máis de 300 persoas  [ir a 'Diario de Ferrol' - 25.05.2012]

[ir a 'La Voz de Galicia' - 25.05.2012]

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Fotos de Susete'70.

-----

Nova de interese:

Galicia | O Sergas pecha este verán o 10 % das camas, 117 máis que o pasado
Os centros con máis recursos operativos serán os do Área da Coruña | Por Elisa Álvarez - [ir a 'La Voz de Galicia' - 25.05.2012]
_____________________

xoves, maio 24, 2012

Este Xoves 24 de Maio, ás 5 da tarde, en Ferrol, no salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, vai ter lugar unha Asemblea aberta para as persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes - E vídeo sobre o Endebedamento


A estafa das participacións preferentes e a organización das persoas afectadas en Ferrol
.

Este Xoves 24 de Maio, ás 5 da tarde, en ferrol, no salón de Actos do Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, vai ter lugar unha Asemblea aberta para as persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes. Convocada por Adicae-Galiza.

http://galicia.adicae.net/

Endebedados sobre a telaraña

Co-producido con Debitas Quepo ADICAEy.

Neste momento, o endebedamento das familias incapacitante estímase en centos de miles ou millóns de persoas e, aínda que é difícil dicir cantas poden estar propensos a unha situación precaria no futuro próximo, os datos de organizacións como a ADICAE confirmada por datos recentes Consello Xeral do Poder Xudicial, revelan que o tribunal final de arrestos de residencias en 2008 xa se aproxima dos 100.000 e pode dobrar en 2009.

Ante o silencio e solucións políticas para inadecuadas e inxustas as institucións políticas e económicas, como a sociedade civil e os cidadáns comúns teñen o reto de responder a unha das situacións máis críticas económicos da nosa historia recente. Temos as ferramentas para facelo: consumidores e usuarios, organizacións sociais e cidadáns aos que representan alternativas viables e intelixentes teñen que só a forza da sociedade civil para cambiar a base dun modelo económico que beneficia a poucos e sufocar a gran maioría. Só esperamos que este documental é só unha desas ferramentas.


http://youtu.be/dVY6dRzN5W0


Máis info sobre o documentario:
http://www.quepo.org/es/proyectos/endeudados/index.html
_______________

Palestra sobre finanzas éticas en Pontedeume - 24 de maio de 2012

Tags



Palestra sobre finanzas éticas terá lugar en Pontedeume.

Xoves 24 de maio, ás 20:30 horas.

No local social do Colectivo Terra situado en Boa Vista 8 baixo.

Intervirán Raúl Asegurado da Asociación de Interese Solidario O´Peto e Fiare Galiza, e Manuel Rivera de Coop57.

http://colectivo-terra.blogspot.com.es/

Enviado por:

Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
23 de maio de 2012 20:37
________________

Paralización dun desafiuzamento en Ferrol - Xoves 23 de Maio de 2012


Este 23 de maio de 2012, unha concentración solidaria contra un lanzamento en Esteiro tivo lugar. Ao chamamento da  Asociación Veciñal de Esteiro, respostaron: membros das Mesas de Conversencia, sindicalistas da CIG, do Colectivo Ártabra 21, concelleiros e concelleiras dos grupos municipais de Esquerda Unida e o BNG, militantes do Encontro irmandiño e outras persoas entre elas veciñanza do lugar. Todas participaron na acción contra o desafiuzamento que ao final no se levou adiante. Non porque o xulgado desistira, senón que ao parecer non había suficientes efectivos policiais para proceder ao mesmo, pois o número de persoas congregadas era moi importante. A policía estaba ocupada coa mobilización de Navantia que se estaba realizando diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello. Os intentos para que os responsábeis municipais de servizos sociais non resultaron efectivos, a concelleira non asumiu as súas responsabilidades, nen o acordo plenario de mediación. mañá será un día de moita actividade no Concello. Unha faixa e os berros das persoas congregadas sintetizaban a reivindicación: "Nin xente sen casa, nin casa sen xente".

Fotos de Susete.

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Lanzamento en Esteiro - Mércores día 23 de Maio ás 11 horas vai producirse un desafiuzamento dunha muller (sen apenas ingresos) e o seu fillo de catro anos - Trata-se de evitar o desafiuzamento e Solicitar a paralización do mesmo por parte do Xulgado
______________

Concentración da CIG en Ferrol contra a reforma laboral do goberno dereitista do PP - 23 de maio de 2012

Tags

A CIG convocou en toda Galiza mobilizacións contra a Reforma Laboral. En Ferrol tivo lugar unha simbólica concentración na Praza do Himno Galego do barrio de Esteiro. Pintos e Xosé Lois foron os encargados de pronunciar unhas palabras en representación das traballadoras e traballadores congregados.

Fotos de Susete.
_______________

24 de maio: "Día Internacional das Mulleres pola Paz" - En Ferrol Exposición Antimilitarista ás 7 da Tarde no Cantón



Exposición 24 de maio

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ
24 de MAIO

FERROLTERRA

Xoves, 24 de maio
Exposición dende ás 19:00 hrs.
Cantón de Molíns (Ferrol)

Este ano, a Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres, quere conmemorar esta data internacional de mulleres antimilitaristas, a través, dunha exposición na que se reflicte como os estados invisten nas guerras e nas armas e recortan dereitos sociais, que son fundamentais, como o ensino e a sanidade.

Tamén queremos mostrar como as mulleres e as nosas crianzas, somos vítimas nos conflitos armados e somos utilizadas como "botín de guerra".

E amosar os valores que debería ter unha sociedade mundial, como a nosa, para conquerir a paz definitiva.     

As mulleres da Marcha Mundial das Mulleres demostramos a nosa perseveranza e a nosa forza colectiva, para superar a inxusta orde actual que provoca violencia e pobreza, e construír o mundo que queremos, baseado na paz, a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade.

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 696732735
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
R/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544, Mobil: 620485450
E-mail:  diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
Blog:    http://rachandobarreiras.blogspot.com

Enviado por:
Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
22 de maio de 2012 10:22

Por se fora do voso intéres. Mari Morado.

_________________

mércores, maio 23, 2012

En toda Galiza están convocadas mobilizacións contras as medidas do goberno dereitista do PP que pretenden desmantelar a Sanidade Pública - En Ferrol a cita é para este Xoves 24 de Maio


CONTRA OS RECORTES E A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

CONCENTRACIÓN
Xoves 24 de Maio ás 7 da Tarde
na Praza Amada Garcia
diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol


As medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta Galicia, introducen cambios fundamentais sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da Sanidade Pública, supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria.

Coas medidas aprobadas, o Partido Popular:

1º.-  Acaba  co  sistema  sanitario  universal  como  un  dereito  básico  da  cidadanía  e introduce un modelo de aseguramento no que para ter dereito á asistencia sanitaria no marco da Sanidade Pública  hai que ser “asegurado”, deixando fóra aos que non reúnan esa condición.

2º.- Deixa fóra da atención sanitaria aos inmigrantes non regularizados, colectivo  en diminución pola crise,e que realiza un escaso uso dos servizos e un reducido gasto sanitario. A desculpa do “turismo sanitario” non pode xustificar a perda do carácter universal do dereito á asistencia sanitaria. Tamén deixa fora aos maiores de 26 anos que non teñan “cotizado”.

3º.- Reduce a oferta de servizos da sanidade pública, crea tres grupos de servizos e introduce o  copago (repago) en servizos esenciais  como a prestación farmacéutica,  ortoprotésica, a prestación con produtos dietéticos e o transporte sanitario non urxente(diálise, rehabilitación, quimioterapia, etd). Creaunha Carteira  común de  servizos accesorios, que pode ser financiada co copago ou a través de aseguradoras  privadas. Os recortes nos servizos afectarán especialmente ás mulleres.

4º.- Establece un sistema de copagos que afectan esencialmente aos pensionistas e enfermos    crónicos,    dificultando    o    acceso    a    medicacións    e    prestacións    sanitarias indispensables para a súa saúde, converténdose nun novo imposto á enfermidade.

5º.-  Inclúe  un  novo  “medicamentazo”  xa  que  anuncia  a  retirada  das  prestacións farmacéuticas  da  carteira básica, incrementando o copago, e retira medicamentos moi usados do financiamento público.

6º.- Incorre en intromisións graves nas competencias da Xunta de Galicia, limitando a súa capacidade de organización da asistencia sanitaria, tal e como recolle o Estatuto de Autonomía.

7º.- Cambia as condicións laborais do persoal da sanidade pública, diminuíndo o seu número e precarizando as súas condicións de traballo, coa conseguinte perda de calidade no servizo prestado.

8º.- Privatiza a xestión de áreas sanitarias, hospitais e centros de saúde, encarecendo o servizo e empeorando a súa calidade.

---

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
23 de maio de 2012 08:42

____________________