martes, febreiro 19, 2013

O que esconde o viaducto do tren ao porto exterior de Ferrol - Vídeo

O pasado 30 de Xaneiro de 2013, o salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, acollía unha Asemblea Cidadá Aberta, onde o único punto da orde do día era o de organizar a oposición ao trazado sur do tren de enlace co Porto Exterior de Ferrol. Días antes, desde Madrid, chegaba a decisión de que este trazado sur para a vía do tren a Caneliñas, fora a alternativa escollida polo Goberno Español, unha alternativa elaborada pola Autoridade Portuaria de Ferrol. Alternativa que sacrifica, unha vez máis,  unha parte moi importante da nosa Ría.

Un dos acordos da Asemblea, foi o da elaboración dun vídeo co material que serviu, a Cesar Bedoya Díaz, de exposición, na mesma asemblea, da agresión á Ría que supuña a alternativa Sur. Este vídeo xa está subido na rede, nunha conta de youtube, e colgado nun Blogue que nos envía o compañeiro Xandro, e que vai ser o punto de encontro da Asemblea Cidadá Aberta, para centralizar a información sobre a loita, que continua, en defensa da Ría de Ferrol, contra o trazado sur do tren a Caneliñas..

Este vídeo, "descobre
a verdade sobre a construción do tren ao porto exterior de Ferrol. Unha infraestrutura que vai ser construída do peor xeito posíbel, causando o maior impacto medio ambiental e provocando o maior prexuízo posíbel aos sectores produtivos da Ría".

"Esta infraestrutura, si se constrúe pola alternativa sur será o último paso para rechear a enseada da Malata, a máis grande das enseadas da ría de Ferrol (uns 1.200.000 metros cadrados de mar)".

"Este proxecto, aínda que é financiado polo Ministerio de Fomento (e a Unión Europea?) está promovida pola Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao que ganaría 1.200.000 metros cadrados de terreo, para alugar, vender ou especular".

Enlace ó blogue:
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/

E da páxina do facebook:
http://www.facebook.com/pages/O-que-esconde-o-tren-ao-Porto-Exterior-de-Ferrol/490570557646538



http://youtu.be/ui4UQA4MAus

Espalla e difunde:
Prégase toda a difusión posíbel deste vídeo, do enlace ao blogue e da conta no facebook. Pouca xente coñece cal é a razón que hai detrás deste trazado e queremos que todo o mundo coñeza a verdade desta grave situación.


Enlaces de interese:
Información baseada na enviada por:
Xandro García
-babor6@gmail.com-
18 de fevereiro de 2013 23:47
____________

4 comentarios

Por que CESAR BEDOYA cando estivo a delegación de Unión Europea só lle entregou as alegacións e denuncias contra o trazado Sur á eurodeputada do BNG? Xa empezamos cos partidismos?

Déixate de partidismos nin de coñas. A documentación se lle entrega ó que esté disposto a recibila e a facer algo con ela. De feito de todas esas alegacións e denuncias xa están o tanto o resto dos partidos, a lo menos os que teñen representación no Concello de Ferrol, porque xa se puxeron a disposición de todos, pero a resposta foi nula. O único que se mollou no tema foi o ex-edil de urbanismo Ánxel Mato que, no seu tempo, tivo os güevos de encargarlle as alegacións do Concello ós técnicos que informaron que en contra da opción sul dos trazados propostos no estudio informativo, e eso en contra do que o propio PSOE quería, pero Mato tivo naquel momento a visión necesaria para pensar que as alegacións do Concello debían ir en contra do trazado sul. Agora o PSOE quere subirse ó carro e opoñerse tamén a ese trazado.

E por suposto ó actual goberno municipal do PP parécelle a mellor opción a sul e pásase polo forro as alegacións que fixo o anterior goberno municipal.

Que se saiba en ningunha asemblea se nomeo portavoz do colectivo opositor ao Trazado Sur a CESAR BEDOYA. Por que exerce como tal?

Queridos ANONIMOS: Bedoya non é portavoz de ningún colectivo, nin quere selo, nin tampouco o foi ante una comisión de parlamentarios europeos, que descoñezo quen son salvo polas noticias da prensa, o único parlamentario que eu coñezo, non quero nin lembrarme del, xa que, nunha anterior visita a esta cidade, os compañeiros de EU pedíronme trasladalo por mar a planta de gas e así tamén poñelo en coñecemento do problema do tren, el voluntariamente ofreceuse a levar este asunto ante o parlamento europeo, e xestionarnos una entrevista coa daquela ministra de fomento Rosa Aguilar, por suposto que eu non estaba alí como portavoz de ninguén senón como propietario e patrón do barco que ía trasladalo, do único que fun portavoz foi do meu barco “solo fodería”.

Queridos ANÓNIMOS: eu cesar bedoya, nin son portavoz, de ningún colectivo, nin quero selo, nin tampouco o fun, ante ningunha comisión de parlamentarios da unión europea, nin coñezo de nada aos ditos parlamentarios, exceptuando a un que tiven a mala experiencia de falar con el hai aproximadamente dous anos, cando os compañeiros de E.U. de Ferrol, pedíronme trasladalo por mar até a planta de gas, cousa que accedín e que serviu para facerlle una exposición do problema do tren, bastante descoñecido daquela, mais eu nunca fun en calidade de portavoz de ninguén, senón como propietario e patrón de un barco, do que si (son portavoz, solo fodería), parlamentario este que ofrecéndose el, a levar ao parlamento europeo o asunto, así como xestionarnos a todo o colectivo, unha entrevista coa ministra Rosa Aguilar que era daquela, titular de Medio Ambiente. Posteriormente, o dito parlamentario non fixo nin “puto casos” dos correos nin chamadas que eu lle enviei, por suposto coa autorización e mandato dous meus compañeiros do (grupo redactor das alegacións presentadas, formado por voluntarios das distintas asociacións), o mesmo que me autorizou a min e a outros compañeiros, dos que acudimos dous a falar coa parlamentaria europea, Ana Miranda, do BNG, única que quixo e contactou con nos, cousa que na entrevista agradecemos, así como que presentara, una pregunta anteriormente no parlamento europeo por iniciativa súa, cousa que eu saiba non fixo ningún outro parlamentario, aínda que na ultima asemblea na escola de idiomas invitamos a tódolos partidos, eles saberán por que, eu non o sei nin quero sabelo, aínda que si dixen publicamente nunha asemblea na cabana que eu persoalmente non perdía mais o tempo con ese outro parlamentario do que antes falei. Agardo que esta aclaración sirva para clarificarlle a calquera anónimo, que cando por algunha causa apareza eu como portavoz de algún grupo, ou é porque así o decidiron os compañeiros dos que falei antes (aos que me debo unicamente), como exemplo o de este próximo domingo no Diario de Ferrol, ou ben porque os que o din non están ben informados. Por último aos meus case 62 anos, non quero nin vou ser protagonista, do que non quixen ser antes cando si cadra aínda non nacerades algún de vos xa que daquela non eramos anónimos nin no franquismo, seguirei traballando coma sempre pola cultura marítima e demais problemas sociais, si a miña saúde mo permite, e quedo a vosa disposición, para calquera aclaración espero que véndonos as caras, (eu chateo soamente nos bares), pode ser este luns 25 as sete na asociación de A Graña en asemblea que estamos convocando para todas as asociacións firmantes e tamén aquelas que por falta de tempo non estaban incorporadas, así como partidos políticos. Como un amigo meu ensinoume, a firmar sempre os meus anónimos. Saúdos dende Montecuruto de César Bedoya Diaz.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon