sábado, novembro 30, 2013

Ferrol Terra Esixe Solucións - Miles de persoas concentraron-se na Praza do Concello nunha especial noite de difuntos, de denuncia e de reivindicación - Vídeo


Unha noite de "defuntos" para unha comarca agonizante. Os traballadores e traballadoras de Navantia remataba o seu feche nos estaleiros para reunirse coa cidadanía que hoxe decidiu participar na vixilia organizada polos sindicatos. A negra sombra das reconversións, a mesma que leva baleirando esta Comarca, convertendo a Ferrol nunha cidade pantasma, erguese ameazante neste final do 2013, en forma de plan estratéxico. A multinacional The Boston Consulting Group é a encargada de elaborar este plan de privatización e desmantelamento dos estaleiros públicos de Ferrol e Fene. O currículum desta consultoría estadounidense, está marcada precisamente por esta habilidade destrutora. Mentres, en Ferrol Terra quéntanse motores para a gran manifestación que percorrerá a cidade o domingo, onde confluirán as manifestacións de Nunca Mais e a defensa dos estaleiros.



http://youtu.be/H5iT6TqJqOM

Centrais Sindicais: __________________

luns, novembro 25, 2013

Os gaseiros de Gas Natural-Fenosa versus Reganosa e Navantia

Tags

Destápase nestes dias o escándalo de que Gas Natural Fenosa versus Reganosa (un dos seus máximos accionistas) e Repsol adxudican 4 gaseiros aos estaleiros de Xapón e Korea. Estando os nosos sen carga de traballo, a construción destes catro buques, serviría para paliar a gravísima situación que atravesamos cando máis de 2000 traballadores das Compañías Auxiliares xa están na rúa.

É rechamante que nos útimos anos os directivos de Reganosa (Planta de Gas ilegal, perigosa, deficitaria e destrutiva para a nosa Ría), tentando - sen escrúpulo algún - gañarse á cidadanía, véñennos bombardeando con que Reganosa promove o traballo en Navantia, coa reparación de gaseiros, vestíndose con plumas alleas, xa que Navantia vén realizando estas reparacións desde 1993.

A adxudicación dos gaseiros aos estaleiros asiáticos demostra o interese real, de Reganosa e os seus socios, polo emprego nesta comarca.

Unha vez máis aos traballadores e cidadanía desta comarca tocaranos seguir padecendo a ameaza para as nosas vidas da Planta de Reganosa, a seguir pagando a estafa da subida continuada da tarifa eléctrica e asistindo á destrución do ecosistema da Ría. Todo iso coa complicidade dos gobernos de Rajoy e de Feijóo, que promoven unha política de deixar caer a actividade dos estaleiros públicos para logo desmantelalos.

A pesar do que diga o Alcalde de Ferrol, os xestores de Navantia son simples peóns colocados polo goberno do PP para cumprir o labor político de desmantelamento dos estaleiros públicos.

É a cidadanía de Ferrolterra quen ten nas súas mans o impedilo a través da mobilización sostida e contundente.

Só a presión social - sen perda de tempo- será capaz de reverter esa adxudicación e impedir a posta en marcha do Plan de Empresa que presentarán en próximos días e que será outro paso adiante para a súa destrución.

A solidariedade da comarca e a firmeza dos traballadores teñen que facer posible un verdadeiro plan de viabilidade para os nosos estaleiros, en defensa dos postos de traballo e da vida social e económica de Ferrolterra.

 Sí se pode !


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
21 de novembro de 2013 12:15

_______________

domingo, novembro 24, 2013

COMUNICADO DE PRENSA SOBRE O 25 DE NOVEMBRO | “DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” | O CONSELLO POLÍTICO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA, A TRAVÉS DA ÁREA DA MULLER, QUERE MANIFESTAR O SEU APOIO AOS ACTOS CONVOCADOS POLA COORDENADORA COMARCAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES EN FERROLTERRA. O ACTO QUE TEŔA LUGAR NA PRAZA DE ARMAS AS 20:00HRS CONMEMORA UN ANO MAIS O 25 DE NOVEMBRO BAIXO O LEMA:

"O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións"

Para Esquerda Unida este día convértese nun día de denuncia da violencia contra as mulleres, a violencia sexista e machista, que non ten tregua.

Tamén temos que denunciar este día a violencia institucional que se exerce contra as mulleres a través de medidas que inciden directamente nas súas vidas: a reforma regresiva das normas laborais e da lei de aborto.

Días como este, deben servir canto menos, para remover conciencias e analizar de maneira estrutural, e preguntarse por que a pesar de que na teoría a violencia de xénero é rexeitada dende calquera ámbito político, é aínda, unha lacra endémica que xunto coa desigualdade, móstranse como elementos inseparables.

Esta lacra require medidas específicas e especiais que proporcionen ás mulleres elementos de prevención e protección reais e a sociedade conciencia e cultura política para rexeitar todo tipo de violencia e, en particular, a violencia machista.

En moitas partes do mundo as mulleres atópanse nunha situación insostible de negación de dereitos, que as oculta, as empobrece e as sitúa nun continuo risco, incluso institucionalizado, de violencia extrema, de explotación sexual, de agresións, violacións, asasinatos e execucións. 

A deriva conservadora e patriarcal nas posicións políticas do goberno ameaza coa modificación regresiva da Lei do Aborto, impoñen a corresponsabilidade irreal nas obrigas familiares e os recortes en recursos de protección social e en programas de igualdade.  Padecemos a Lei de Familia, que elimina dereitos as mulleres fomentando, dende as institucións, un rol retrograda; ao mesmo tempo que vítimas de agresións machistas non teñen acceso a axudas debidos aos recortes da Xunta. Ponse de manifesto máis aínda, que a loita pola igualdade entre mulleres e homes , é a loita contra a violencia machista.

Ferrol, 25 de novembro do 2013

Consello Político Local de Esquerda Unida.
Área da Muller.
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
24 de novembro de 2013 19:40

Boa tarde, Remitimos nota de prensa da Área da Muller de Esquerda Unida con motivo do "Día internacional contra a violencia de xénero" (25 de novembro), con apoio e chamamento a participar nos actos organizados pola Marcha mundial das mulleres, ás oito da tarde na Praza de Armas baixo o lema: "O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións". Un saúdo. Secretaría de comunicación do Consello Político Local de Ferrol.

_____________

25 de Novembro: Dia contra o Terrorismo Machista, dia contra os insultos do PP de Rey Varela

Nestes últimos dias vemos florescer nas redes sociais e imprensa vária, as diferentes iniciativas de entidades, associaçons e partidos políticos perante a efeméride do 25 de Novembro.

Somos conscientes de como nesta última década o sistema fijo bem o seu trabalho pondo freno à luita feminista, e neste caso nom nos referimos às inumeráveis reformas, propostas e leis contra os direitos das mulheres; senom mais bem ao contrário, a como o capitalismo fazia suas inumeráveis luitas sociais incluida esta data tam significativa no calendário lilás.

Assim nestes dias devemos sofrer a deturpaçom dumha jornada nom só de visibilizaçom do cúmio do machismo, as mulheres assassinadas, senom que temos que ouvir e agüentar a popularizaçom dumha data tam preta em quase toda umha festividade.

Eis como o Partido Popular de Ferrol, por trás do rosto disfarçado de igualdade de Verónica Casal, anunciava há dous dias a sua intençom de “celebrar” o seu particular “Dia contra a Violéncia de Género” (assim denominam as institucionalidades), umha jornada na que repartirám bolachas nas praças do bairro da Madalena sob a legenda “Eu son doce non son violento”.

- De que lhes servem estas “campanhas” às mulheres de Ferrol que diáriamente padecem agressons nas suas casas?

- E às mulheres que tenhem que aguentar qualquer tipo de agressom pola rua?

- Que beneficio tirarám as mulheres que tenham que abandonar seu trabalho ou casa por mor do medo ao seu acosador?

- Qual é a mensagem para as jovens ferrolanas quando se atopar de fronte com o machismo?

Sem algumha dúvida podemos e devemos denunciar esta política inmoladora para com as mulheres, podemos e devemos fazer ver ao PP que a sua ideia de luitar contra o Terrorismo Machista é nom só despectiva com os milheiros de galegas que anualmente denúnciam agressons físicas por parte dos seus companheiros, senom que é umha campanha humilhante para todas as mulheres conscientes do sistema patriarcal no que vivimos.

Assim pois, de NÓS-Unidade Popular queremos denunciar a hipocrisia de um governo municipal que durante os restantes 364 dias do ano alimenta a segregaçom genérica, apoia o integrismo católico mais ráncio e obvia a problemática real das mulheres trabalhadoras galegas. Realidade que abonda só com ver a quem som destinadas as partidas culturais, associacionais, etc.

Nom esqueçamos que Jose Manuel Rey Varela e Verónica Casal fam parte do partido governante na Galiza e no Estado espanhol que da única política de igualdade que entende é a dos recortes: em direitos médicos, em direitos laborais e em direitos sobre as nossas próprias decisons, como se queremos ou nom ser maes.

Sobram pois os motivos para que as  mulheres nos organizemos e tomemos nas nossas maos as rendas do nosso futuro, pois só desde a unidade e a luita organizada poderemos fazer fronte a este sistema patriarcal que ameaça as nossas liberdades. Por isso desde NÓS-Unidade Popular encorajamos às mulheres trabalhadoras da Comarca de Trasancos a secundar os atos convocados polo feminismo galego nestas datas, com destaque para a concentraçom convocada pola Secretaria confederal da Mulher da CIG, que será na segunda-feira 25 às 12h diante do prédio da Junta da Galiza

Avante a luita feminista!

Direçom Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos
23 de novembro de 2013
--

NÓS-Unidade Popular
Assembleia Comarcal de Trasancos
Sede Comarcal: Rua Sam Luis, nº9, rés-do-chao. Ferrol
web: http://nosgaliza.org/prova2/category/comarcas/trasancos/
Twitter: @nosgaliza Facebook /NÓS-Unidade Popular
Telefone: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro)

Enviado por:
nos-up trasancos
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
23 de novembro de 2013 16:50

________________

Esquerda Unida reclama un xiro radical na maneira de xestionar os centros culturais da cidade

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA ESIXE UN XIRO RADICAL NA XESTIÓN DOS CENTROS CULTURAIS DE FERROL. | PRIVATIZACIÓNS, ENFRONTAMENTOS ENTRE ASOCIACIÓNS, OSCURANTISMO E DEFICIENCIAS IMPORTANTES NOS INMOBLES MARCAN A REALIDADE COTIÁ DESTES ESPAZOS.

Esquerda Unida considera inaceptable a realidade dos nosos centros culturais. Un goberno do PP que comezou o seu mandato presumindo de non necesitar asesores vai privatizando e deixando en mans de empresas amigas todos aqueles aspectos que ten que ver co día a día dos espazos municipais. Daquela arrogancia do señor Reyes, que se vía sobradamente preparado para o labor, chéganos agora está realidade dunha programación cultural absolutamente descontextualizada, sen ningún obxectivo centrado na nosa realidade específica, elaborada de costas á cidadanía e ao movemento asociativo e que deixa en mans de empresas foráneas importantes ingresos contribuíndo a desmantelar a xa escasa industria cultural da nosa cidade.

Esquerda Unida desde sempre mantén un concepto ampliado do feito cultural, algo fundamental para o pleno desenvolvemento do ser humano. Unha actividade que non pode limitarse a un mero exercicio rutineiro de programación ou posta en escena de produtos artísticos que non se impliquen coa realidade da nosa cidade. Volvemos a demandar, unha vez máis, a recuperación daqueles cursos orientados á formación dos nosos veciños en distintas facetas culturais. Cursos de cerámica, gravado, talleres de escritura, comics, etc, mantiñan unha importante acolleita na nosa cidade contribuíndo ademais a pechar o círculo natural de calquera política cultural que mereza tal nome. A creación, o coñecemento, é un diálogo que esixe interacción, que posibilita que a cidadanía convértase en axentes activos neste campo. Esquerda Unida quere resaltar que non atopou en ningún proxecto destas empresas importadas nin unha soa referencia a este aspecto fundamental.

O grupo municipal de Esquerda Unida tamén quere sinalar ao goberno do señor Rey Varela como culpable do que está sucedendo no edificio do Ateneo. Unha situación xerada por unha persecución dunha entidade incómoda á que mediante a escusa dun suposto aforro económico (que non é tal) tratouse de difuminar entre outras asociacións culturais ou vecinales. Actuación cobarde que deu lugar a este triste espectáculo de enfrontamentos dentro do asociacionismo ferrolano coa intervención ata da policía local. Esquerda Unida sinala como un exercicio de cinismo extremo o feito de querer xestionar desde o Concello un espazo ao que non se quere destinar un só empregado municipal. O grupo municipal de Esquerda Unida volve a demandar unha solución para os fondos do Ateneo, retidos nun contenedor, importante patrimonio de toda a cidade, e en cuxa situación o Concello ten unha responsabilidade que debe afrontar inmediatamente.

O concelleiro Suso Basterrechea en vista do que está sucedendo co edificio do Ateneo vén demandando na comisión de cultura que calquera previsión de ocupación do antigo Hospicio sexa xestionada do xeito máis transparente posible e coa participación plena do movemento asociativo ferrolano. A resposta aportada na última destas comisións de que se trata dun asunto que se está abordando de xeito interno dentro do equipo de goberno énchenos de inquietude e non pode menos que merecer o noso rexeitamento.

Da mesma xeito queremos sinalar como absolutamente impresentable a situación na que se atopan outros dos nosos espazos na cidade. O deterioro que presentan estes edificios é evidente. O Centro Carvalho Calero do Inferniño mantén unha enorme cantidade de goteiras que ademais de ofrecer unha imaxe lamentable xa deron lugar a accidentes entre os usuarios e que non parecen merecer ningunha atención nun goberno dedicado a tratar de malgastar o diñeiro público en obras que poidan ofrecerlle maior intratabilidade electoral.

Ferrol, 21/11/2013.

Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
23 de novembro de 2013 15:29

Boa tarde. Enviámosvos nota de prensa do grupo municipal de Esquerda Unida pola que se reclama un xiro radical na maneira de xestionar os centros culturais da cidade.Grazas. Saúdos, Secretaría de Comunicación Consello Local de Esquerda Unida.

_________________

Estratexias neoliberais - Susan George reflexiona, nesta entrevista sobre das diferenzas de clase e das guerras de clases

Susan George [*] reflexiona nesta entrevista sobre das diferenzas de clase e das guerras de clases, a importancia da educación e o seu papel na construción da democracia. Comparte o seu punto de vista da crise e as razóns polas que España se converteu nunha "unha rata de laboratorio". Cre na tradición intelectual de Europa e ofrece algunhas reflexións sobre os logros posibles.

Susan George é presidenta do comité de planificación do Transnational Institute de Ámsterdam, filósofa e analista política. Presidente de Honor de ATTAC Francia.


http://youtu.be/uLNiUiXZcPA


Canle de AttacTV.

[*] Susan George (1934) naceu nos Estados Unidos, e adquiriu a cidadanía francesa en 1994. É presidenta do comité de planificación do Transnational Institute de Ámsterdam, filósofa e analista política. Entre 1999 e fins de 2006 actuou como vicepresidenta de ATTAC Francia.

Entre os seus títulos académicos atópanse os de doutora en Ciencias Políticas (École deas Hautes Études en Sciences Sociais, Université de Paris), licenciada en Francés (B.A.Smith College, EE.UU.) e Filosofía (Sorbonne, Parides), etc. O seu traballo actual vai encamiñado cara á loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e relaciónelas norte-sur.

A partir de 1990-95 desempeñou servizos no comité de Greenpeace Internacional así como a de Greenpeace Francia. É un membro do grupo de Lisboa, patroa do jubileo 2000 e actuou como consultora de varias axencias especializadas de Nacións Unidas (FAO, UNESCO, Unicef etc.). Susan George é unha portavoz pública habitual, determinante para os sindicatos e as organizacións non gobernamentais en moitos países e entrevístase a miúdo coa prensa, a radio e a televisión. (Fonte: wikipedia).

Colabora con AttacTV para que podamos seguir producindo contidos. Fai o teu doazón en http://www.attac.tv.

Enviado por:
ATTAC.TV
attactv@gmail.com
23 de novembro de 2013 20:15
_________________

xoves, novembro 21, 2013

"O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións", Concentración o 25 de Novembro, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres

ACTOS 25 NOVEMBRO DA MMM
      
A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
    
QUEREMOS CONVÍDAVOS UN ANO MÁIS A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DO  CONCELLO DE FERROL, ÁS 20H.

O 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

"O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións"

Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo autoconvócanse para denunciar o máis profundo rexeitamento das violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres.

Esperamos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista.
MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA
Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!

--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

nacional@feminismo.info

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
21 de novembro de 2013 00:09

________________

Un novo mapa en alta resolución mostra a situación actual dos bosques no mundo - Enlace de interese


Mapada deforestación


A ferramenta interactiva publicada en internet é de acceso público e destaca a capacidade de facer foco en detalles locais cun alto nivel de precisión, una resolución de 30 metros. O mapa traza a historia dos bosques a nivel mundial desde o ano 2000 ata o 2012, baseado en 650.000 imaxes satelitales obtidas polo Landsat 7.

Neste tempo (2000-2012), a Terra perdeu un total de masa forestal do tamaño de Mongolia, tantos árbores como para cubrir seis veces un país como o Reino Unido.

O progreso de Brasil na redución da deforestación foi contrarrestado polas perdas en Indonesia, Malasia, Paraguai, Bolivia, Zambia e Angola, según un estudio que publica a revista Science.

"Este é o primeiro mapa do cambio forestal que é consistente globalmente e relevante a nivel local", di Matthew Hansen, da Universidade de Maryland, quen dirixiu o proxecto que elaborou o mapa. "O que a unha soa computadora hubéralle tomado 15 anos completouse en cuestión de días usando a ferramenta digital Google Earth Engine".

A Terra perdeu 2,3 millones de km2 de bosques nese período a causa da explotación forestal, os incendios, plagas ou tormentas. Pero o planeta tamén gañou 800.000km2 de bosques novos, o que representa una perda neta de 1,5 millones de km2 en total.

Brasil mostrou o maior grao de mellora de todos os países, recortando a mitade a súa perda anual de masa forestal entre 2003-2004 e 2010-2011. Indonesia, pola súa parte, ten o maior incremento de deforestación, doblando a súa perda anual ata 20.000 km2 en 2011-12. Nos Estados Unidos, o índice de perturbación dos bosques surorientales foi catro veces maior que o das selvas de América do Sur: perdeuse o 31% da cuberta forestal.

Paraguai, Malasia e Camboia teñen os índices nacionais de perda máis altos. En total, a desaparición dos bosques tropicais está aumentando arredor de 12.000 km2 por ano, dicen os investigadores.

O mapa, que será actualizado anualmente, pode ser una ferramenta útil para evaluar a efectividade dos programas de gestión dos bosques.

Tamén pode servir aos grupos ambientalistas para facer un seguimento do impacto da deforestación, incluindo as ameazas para a diversidade, o almacenamento de carbono e o cambio climático.

Para ver o mapa clickar no seguinte link:
http://earthenginepartners.appspot.com/science-2013-global-forest

Enviado por:
Salvemos Monteferro
-salvemosmonteferro@gmail.com-
19 de novembro de 2013 16:19

______________

mércores, novembro 20, 2013

Juan Rubio del Val, falará de "Rexeneración Urbana e Rehabilitación de Vivendas", dentro do ciclo de conferencias "Ferrol: Rexeneración Urbana e Recuperación Económica", o venres 22 de Novembro, no Ateneo Ferrolán


O vindeiro venres 22 de Novembro, continúa no Ateneo Ferrolán, o Ciclo de Conferencias "Ferrol: Rexeneración Urbana e Recuperación Económica", organizadas pola Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Federación 'Roi Xordo' de Asociacións Veciñais de Ferrol.

Como todas as conferencias deste ciclo, está terá lugar no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202), ás 8 da tarde.

Este Venres (22 de Novembro), participará: o arquitecto, Juan Rubio del Val, nunha conferencia que leva o titulo "Rexeneración Urbana e Rehabilitación de Vivendas".
_____________

Mesa Redonda sobre a LOMCE, este venres 22 de Novembro no Instituto Concepción Arenal, coa intervención de Jurjo Torres Santomé, Helena Gómez Vecino e Marcos Abad


Mesa Redonda sobre a LOMCE, este Venres 22, ás 19:30hs, organizada por Fuco Buxán A.C., co titulo "A LOMCE Unha Lei neliberal, privatizadora e clasista". Que se celebrará no Salón de Actos do Instituto Concepción Arenal. Presentará Celso Posada Fernández, mestre e responsable da Área de Xuventude de Fuco Buxán. Coa intervención de Jurjo Torres Santomé, Catedrático da UDC, Helena Gómez Vecino, Presidenta da CONFAPA, Marcos Abad, Sindicato Estudantes de Ferrolterra.

A nosa web:
www.fucobuxan.net
Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts
---
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
20 de novembro de 2013 08:33

______________

Educación, sanidade, vivenda son algúns dos dereitos básicos que os nenos, nenas e adolescentes están vendo mermados - AGAMME (asociación galega contra o maltrato a menores) reclama, no día mundial dos dereitos dos nenos e das nenas, unha viraxe nas políticas de infancia que garanta os seus dereitos fundamentais

Tags
AGAMME (ASOCIACIÓN GALEGA CONTRA O MALTRATO A MENORES) RECLAMA, NO DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS, UNHA VIRAXE NAS POLÍTICAS DE INFANCIA QUE GARANTA OS SEUS DEREITOS FUNDAMENTAIS.

Educación, sanidade, vivenda son algúns dos dereitos básicos que os nenos, nenas e adolescentes están vendo mermados.

A palabra crise estáse a volver un comodín que pode ser empregado para xustificar políticas que implican perda de dereitos da cidadanía. AGAMME, como entidade que loita pola promoción dos dereitos da infancia, chama a atención sobre os riscos que entraña esta postura, non só a curto prazo senon para o futuro.

No inmediato, é evidente: bolsas de poboación infantil que non ven cubertas as súas necesidades básicas, familias que se atopan en serias dificultades para facer fronte aos gastos derivados da educación, a inestabilidade que xenera a perda da vivenda, un sistema sanitario público debilitado e saturado. En definitiva: a creación de ghettos socio-económicos xa dende a primeira infancia que poñen barreiras a aquel obxectivo aceptado universalmente de acurtar as diferenzas sociais e ofrecer iguais oportunidades para todas as nenas e todos os nenos.

Por outra banda, o curtopracismo das medidas que socavan os dereitos da infancia e da adolescencia non permite ver que o custo social e mesmo o gasto público que vai supoñer ter en breve unha poboación xuvenil que non puido facer uso dos dereitos básicos de sanidade, educación e vivenda, entre outros, é moi superior ao que supoñería facer fronte ás dificultades do momento actual e restaurar plenamente o desfrute destes dereitos.

O informe recentemente publicado polo comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa sinala con contundencia a gravidade da situación da infancia e da adolescencia no Estado Español, precisamente nestes tres aspectos.

Noutra orde de cousas, debe producirse un cambio decidido na protección da infancia ante todas as formas de maltrato, o cal supón modernizar a xustiza e os servizos relacionados coa mesma, mellorar a capacidade de deteción por parte de profesionais que traballan habitualmente con menores e, en definitiva, acadar unha máis elevada conciencia sobre a incidencia e repercusións desta problemática e sobre o deber de toda a cidadanía de denuncialo.

Non nos podemos permitir dar por perdida toda unha xeración e é responsabilidade dos poderes públicos recoñecer as prioridades dun país. En base ao interese superior dos nenos nenas e adolescentes a prioridade non pode ser outra que apostar por que os nenos e as nenas de hoxe medren en igualdade de condicións e coas mellores oportunidades e calidade de vida que como sociedade en crise poidamos ofrecer. En función de como superemos ese reto poderemos cifrar o noso nivel de desenvolvemento como sociedade, a nosa calidade  humana.

Para máis información pode-se contactar coa AGAMME no correo agammeferrol@gmail.com ou no teléfono 636142012.

Web:
http://agamme.org/

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
20 de novembro de 2013 12:25

____________________

martes, novembro 19, 2013

Asemblea en Autoconvocatoria: Motivada pola decisión do goberno local do alcalde Rey Varela en restrinxir e limitar o acceso a cidadanía ao Pleno do Concello de Ferrol - Martes 19 de Novembro


Asemblea en Autoconvocatoria


Xuntanza de Asemblea Cidadá con carácter de autoconvocatoria o martes 19 de novembro ás 19 horas na Galería Sargadelos. Motivada pola decisión do goberno local do alcalde Rey Varela en restrinxir e limitar o acceso a cidadanía ao Pleno deste concello de Ferrol.

Ante a decisión do goberno municipal do PP e alcalde -Rey Varela- no continuo incumprimento e mesmo o desmantelamento do Regulamento de Participación Cidadá , acordamos de forma unánime unha mobilización  e concentración na Praza de Armas- Praza do Concello este vindeiro Xoves-día 28, coincidindo coa celebración do Pleno Ordinario de fin de mes.

As forzas políticas da oposición van presentar de forma conxunta unha moción a este respecto.

Concretaremos a Petición de Palabra para este Pleno.

Saúdos

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
19 de novembro de 2013 09:55

____________

Guillermo Castro e José María Hernández, serán os relatores da quinta xornada sobre a Ría de Ferrol e o seu Saneamento: 'Presente e Futuro' - Esta terá lugar este mércores 20 de Novembro, cos títulos “O convenio de xullo do 2012” e “A auga como dereito e non como mercaduría”, ás 19:30hs en Ferrol, na Sala de Actividades do Ateneo Ferrolán (Madalena 202)


XORNADAS SOBRE A RÍA DE FERROL E O SEU SANEAMENTO:
PRESENTE E FUTURO


OLLO: TRASLADAMOS AS XORNADAS AO LOCAL DO ATENEO FERROLÁN

Estamos no ecuador das
Xornadas sobre o Saneamento da Ría de Ferrol e esta semana nos trasladamos ao Ateneo Ferrolán, onde terán lugar as xornadas todos os mércores até o día 4 de Decembro. Mañá teremos os seguintes relatorios:

Mércores 20 de Novembro.
Lugar e hora :
  • As 19:30hs, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202).
Quinta Xornada:
  • O convenio de xullo do 2012A auga como dereito e non como mercaduría”.
Relatores:
  • José María Hernández (A.VV. de Recimil)
  • Guillermo Castro (cooperante de Enxeñeiros sen Fronterias).
Pequeno resumo dos relatorios:

O convenio de xullo do 2012
O convenio firma-se o 14 de xullo de 2012 por parte da Xunta de Galicia, Entidade Publica Empresarial Augas de Galicia, Concellos de Ferrol e Narón e a sociedade anónima estatal ACUAES e é o marco lexislativo que vai regular a construción e a explotación da actuación  "interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol" e que vai permitir a esta sociedade estatal a súa explotación durante 45 años o ven facer unha encomenda da mesma a entidade titular do sistema de depuración da marxe dereita  da ría.

A auga como dereito e non como mercaduría
O segundo relatorio se falará sobre as estratexias que se desenvolveron dende a creación da Organización Mundial do Comercio (OMC) en 1995 en canto a un avance na mercantilización dos denominados "bens comúns", en especial da auga potable. Neste sentido analizarase o proceso de mercantilización mediante a expansión da axenda da OMC cos chamados "novos temas" ou "temas de Singapore" incorporados no Cumio Ministerial da OMC de 1996 na devandita cidade. Con esta ampliación da axenda de libre comercio posibilítase que bens como a auga potable sexan tratados como mercadoría dentro do réxime de liberalización proposto polo sistema multilateral de comercio, o cal tamén dispara a necesidade de reflexionar acerca das posibles consecuencias de considerar á auga como mercadoría ou como ben básico universal.

Organizan as Xornadas:
Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil
ADEGA
SGHN
VERDAGAIA

Información baseada na enviada por:
Pablo Iglesias
-cidadansversustanquestormentas@gmail.com-
19 de novembro de 2013 12:00
Entra no noso blog para máis información:
http://www.cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/ |
Unete ao noso grupo:
cidadansversustanquestormentas@googlegroups.com
_______________

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
_______________________

O 'Prestige' afundiuse porque quixo, ... Por Manuel Rivas

A sentenza é propia da Idade dos Combustibles Fósiles. Un fósil, en si mesma | Blanquea a actitude do goberno de entón e envía unha mensaxe patética a nivel internaiconal.

Por Manuel Rivas [*]
19.11.2013


A sentenza sobre o Prestige leva por data o 13 de novembro de 2013, xusto no undécimo aniversario do desastre, pero en realidade é un documento da éra prePrestige. Unha sentenza propia da Idade dos Combustibles Fósiles. Un fósil, en si mesma. O relato é inverosímil. Todo parece froito do azar e non existe a casualidade. Formúlase, de forma indirecta ou inconsciente, unha especie de doutrina da irresponsabilidade ambiental. Se branquea a actitude dun Goberno que nunca recoñeceu a realidade dunha marea negra que afectou polo menos a 1.600 quilómetros de costa. Envíase unha mensaxe patética a nivel internacional. Nun peritaxe modélico, os danos foran avaliados en 4.328 millóns de euros. Pero ao non haber responsables, non ha lugar a reclamación. É dicir, os danos non existen. Nun anterior auto da Audiencia, no que se imputaba por vez primeira a un político, José Luís López-Sors, dicíase sobre a xestión gobernamental do desastre: "Peor, imposible". A sentenza, puro conformismo, pode interpretarse agora como un eloxio desa actuación. O mar pode con todo.


Benvidos á prehistoria da inxustiza ambiental.

Naqueles días de outono do 2002, o entón ministro de Defensa e heroe de Perejil, Federico Trillo, propuxo bombardear o barco. Visto o visto, foi unha mágoa non haberlle dado máis cancha ao noso comandante xurídico. Hoxe teriamos, polo menos, a viñeta espectacular dun afundimento causal, a certeza dun home con ovos e ao mando e talvez un proustiano conde do Prestige para celebrar este tempo perdido.

A de Trillo foi unha das moitas declaracións memorables no florilegio do Prestige, aínda que tivo que competir cunha alta xerarquía en plena inspiración, desde o ramallazo beat de Aznar ("Son cans que ladran o seu rancor polas esquinas") ao insuperable haiku de Rajoy ("Uns pequenos hilitos / solidificados / plastilina en estiramiento vertical"). Con todo, quédome coa brillantez do aforismo do entón delegado do Goberno en Galicia, Arsenio Fernández de Mesa: "Hai unha cifra clara, e é que a cantidade que se verteu non se sabe".

Houbo dúas mareas negras. Unha, física, brutal, con sucesivas embestidas dos miles de toneladas do fuel da peor calaña, de uso prohibido en Europa. E outra marea de intoxicación pública, usando a linguaxe ao xeito da Neolengua de Orwell, onde o que se afirmaba significaba o seu contrario. A complexidade deste xuízo, cunha instrución máis que precaria, non permitía alimentar moitas esperanzas, aínda que o caso Prestige era unha oportunidade extraordinaria de crear un referente e ensanchar a mirada xurídica contra a gravísima violencia medioambiental. Pero saír un fósil. A linguaxe é propio da Neolengua. E así din da acción gobernamental: "Tomouse unha decisión discutible, pero parcialmente eficaz, enteiramente lóxica e claramente prudente". ¡Chapó!

O Prestige non levaba "rumbo suicida", di tamén a sentenza, en contradición co anterior auto da Audiencia. En Portugal, a modo de elegante eufemismo, adoita dicirse do suicida: "Morreu porque quiz". Iso é o que lle pasou ao barco. Non houbo nin haberá responsables. Afundiuse porque el quixo.

[*] Manuel Rivas, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego. Así mesmo, dende o 31 de xullo de 2009 é académico da RAG [Galipedia].

Publicado na edición para Galicia do xornal 'El Pais' o 13 de Novembro de 2013 | ESPECIAL: Consulte toda a información sobre a catástrofe.

Enviado por:
Miguel Ángel Fernández
-miguelafp@gmail.com-
19 de novembro de 2013 11:22
____________

Anova Ferrolterra convoca un acto pola Fronte Ampla cara as eleccións ao parlamento europeo e chama a participar na mobilización comarcal "Ferrolterra esixe solucións" o 29 de Novembro

Tags
Acto da Fronte Ampla para o venres 29 de novembro en Ferrol

Anova Irmandade Nacionalista de Ferrolterra organiza un acto político para o venres 29 de novembro para falar da Fronte Ampla cara as próximas eleccións ao parlamento europeo.

o acto político, consistirá nunha asemblea aberta que contará coas intervencións de Luis Eyré, responsábel de Relacións Políticas, e de Consuelo Martínez, deputada no Parlamento Galego.

O acto celebrara-se no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202),  ás 19:00 horas.

Mobilización comarcal :"Ferrolterra esixe solucións"

Por outra banda fan un chamamento  á toda a cidadanía para que participe activamente na xornada de vixilia o vindeiro día 29 de novembro ás 21:00 horas na Praza de Armas, mobilización contra a agonía que vive la comarca.

Un saúdo,
Anova Irmandade Nacionalista de Ferrolterra



Información baseada na enviada por:
Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
18 de novembro de 2013 23:16
_____________

Cayo Lara, coordenador Estatal de Esquerda Unida , en Ferrol .- Acto público este Mércores 20 de Novembro que tamén contara coa presencia de Yolanda Díaz

Acto publico con Cayo Lara

Boas compañeir@s e amig@s:

O pasado 12 de xuño milleiros de persoas esixiron cunha soa voz solucións para Ferrolterra. Esquerda Unida, e o conxunto de forzas políticas e sindicais, temos propostas e alternativas á políticas do PP, centradas en rescatar bancos no canto de persoas, en obter fondos para eses rescates a través das privatizacións en lugar de reforzos para os servizos públicos e en derruír a escasa industria que queda na nosa comarca.

Fronte ás políticas do medo Esquerda Unida propón a construción de espazos de participación para a cidadanía activa e rebelde, fronte o muros infranqueables das políticas do medo, do engano e da fraude, queremos ofrecer converxencia , solidariedade e loita de clases.

O vindeiro mércores 20 de novembro ás 18:00 horas, terá lugar no Centro Cívico Carvalho Calero na praza do Inferniño un ACTO PÚBLICO ABERTO organizado por Esquerda Unida e coa participación de Yolanda Díaz e Cayo Lara.

Animámoste a acudir e alí te agardamos,

Saúde e República.

Consello Político Local de Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
18 de novembro de 2013 20:21

________________

luns, novembro 18, 2013

Aberta unha conta de facebook e evento da campaña "Ferrolterra esixe solucións" para este venres 29 de Novembro

FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS

Bos días:

Como sabedes o pasado venres arrancou a campaña "FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS" e xa comezarón as actividades preparatorias para a noite de defuntos do día 29 de novembro.

Esta semana comezamos co reparto de cartaces.

Hoxe (luns 18 de Novembro) quedaremos as 17:30 na parza do Concello de Ferrol.
Maña (martes 19 de novembro) quedaremos as 17:30 na praza do Concello de Naron.
E o mércores (20 de Novembro) quedaremos as 17:30 na praza do Concello de Fene.

Tamén informarvos de que xa comezou a funcionar, de maneira definitiva a paxina de facebook, dádelle gostame, curtir ou me gusta:
e que hai creado un evento para o día 29:
PARTICIPADE

Unha aperta

ANDRÉS RODRÍGUEZ
USTG- FERROL

Enviado por:
andresrs@ustg.es
-andresrs@ustg.es-
18 de novembro de 2013 13:50

_______________

domingo, novembro 17, 2013

Denuncian a orden do SERGAS remitida ás empresas de ambulancias que se ocupan do transporte sanitario urxente para o traslado dos feridos menos graves de accidentes de tráfico a clínicas privadas

Ante as noticias de que a Xunta de Galicia elaborou un protocolo remitido ás empresas de ambulancias que se ocupan do transporte sanitario urxente para o traslado dos feridos menos graves de accidentes de tráfico a clínicas privadas, mentres que os maior gravidade fágano aos hospitais públicos, a Asociación Galega para a Densa dá Sanidade Pública quere comunicar que esta medida supón:

1.- Un paso máis na privatización da asistencia sanitaria, ao obrigar ás ambulancias (servizos tamén privatizados) a trasladar pacientes a centros privados. Isto xa se vén facendo desde fai algún tempo desde os servizos de información sanitarias (tamén privatizados) nos que se anima a pacientes pendentes de intervención quirúrgica a acudir a centros privados concertados.

2.- Unha descapitalización do sistema alentada pola propia administración sanitaria pública que selecciona aos enfermos menos custosos para os centros privados e quédase cos máis graves cuxo tratamento s máis elevado.

3.- Esta estratexia supón un apoio descarado ao sector privado para que se lucre con fondos públicos, que ten a súa explicación polos conflitos de intereses dos dirixentes políticos, que saen e entran da administración desde o sector privado (porta giratoria). Non hai que esquecer que a mesma Conselleira era gerente dun centro privado do grupo POVISA, cando foi nomeada para o seu cargo de responsabilidade pública.

4.- Desde a AGDSP esiximos a retirada desta medida de apoio económico ao sector privado, mentres se recortan dereitos a pensionistas, doentes crónicos, discapacitados, ou con graves enfermidades como o cancro que deben pagar pare dos tratamentos fornecidos nos hospitais

Asociacion Galega para a Densa da Sanidade Pública

mmargar1951@gmail.com

669704177

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de novembro de 2013 19:49
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com
_________________

O gaseiro LNG 'Valencia Knutsen', o 158 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Luns 18 de Novembro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta

Tags

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 18 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro LNG 'Valencia Knutsen', é un buque de grande porte, 290 m de eslora e 45,8 m de manga, 26,5 m de puntal e  de calado 11.95 m. Cunha capacidade de 173.410 m³ de GNL, moi superior á permitida na normativa da Capitanía Marítima do 27 de Abril de 2007, que puña o límite en 140.000 m³ como máximo. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 18 de Novembro de 2013. Esta entrada, supon xa a 158, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia dinste do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai máis dun ano que se dictou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de novembro de 2013 10:18
_______________

sábado, novembro 16, 2013

Denunciamos de novo a desidia do goberno municipal á hora de abordar o asunto pendente da reparación, adxudicación e entrega das vivendas - Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra queremos amosar a nosa solidariedade coa compañeira Yolanda


Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra queremos amosar a nosa solidariedade coa compañeira Yolanda Martín Roca, adxudicataria dunha das vivendas protexidas que entregou o Concello de Ferrol en Recimil.

Por outra banda queremos denunciar de novo a desidia do goberno municipal á hora de abordar o asunto pendente da reparación, adxudicación e entrega das vivendas.


No caso de Yolanda a actuación municipal é moi grave. Yolanda ocupaba o número 22 da lista. A vivenda foi entregada hai un mes, o pasado 14 de Outubro. Ese mesmo día foi ver a vivenda que tanto agardaba, mais ao entrar, mesmo xa no portal a cousa non pintaba moi ben.  A vivenda tiña un monton de deficencias que foron comunicadas axiña ao Concello: lacenas, marcos da porta, pintado, sintasol diferente nos mesmos espazos, colocación deficiente do prato da ducha, solo do comedor sen reparar, ... e o peor, sen poder enganchar a corrente eléctrica, pois a instalación, totalmente renovada, non cumpría coa normativa vixente. Mais pasado un mes, o Concello aínda non resolveu esta deficiencia como se pode comprobar pola carta remitida ao Concello pola compañía eléctrica, carta que anexamos a esta nota.

O Concello recepcionou unha vivenda que non estaba ben reparada. A empresa que a reparou foi a pontesa Construciones Canosa que non facía moito tempo que saiu dun concurso de acredores, polo que debería ser máis coidadosa á hora das reparacións e facer as cousas ben.

No seu momento o goberno municipal ferrolán accedeu á nosa demanda, liberando  unha partida de máis de 451 mil euros para poder rehabilitar, adxudicar e entregar 28 vivendas en Recimil. Polo que, este, tiña a obriga de velar polo bon emprego dos centos de miles de euros de diñeiro público para reparar as vivendas municipais e que estas quedaran en perfecto estado de habitabilidade.

Yolanda ten que facer frente a un aluguer de 230 euros, cunha pequena paga, nunha vivenda insalubre, aínda tendo adxudicada unha vivenda en Recimil que non pode ocupar. E o goberno municipal é o responsábel. Polo que esiximos que atenda as demandas de Yolanda que non son outras que se cumpra o Regulamento das vivendas de Recimil e mesmo o acordado polo Pleno sobre a súa entrega.

Yolanda decidiu desde o pasado martes acudir todos os días, ás 11 da mañá, ao Concello para lembrar-lles aos responsábeis municipais os seus compromisos e obrigas, e así leva catro días. E así vai seguir até conseguir unha vivenda digna e adecuada.

Saúde e Vivenda Digna !

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra (Comisión Dereito a unha Vivenda Digna) | Está Adherida ás PAHs  e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Foto de : Daniel Alexandre publicada no Diario de Ferrol.
__________________

Miles de persoas en toda Galiza expresan a indignación do pobo galego perante a sentenza do Prestige - En Ferrol mobilizaron-se na Praza do concello máis de dúas mil


Miles expresan a indignación do pobo galego perante a sentenza do Prestige [Entrar]

Texto do manifesto da Plataforma Cidadá Nunca Máis lido en todas as concentracións [PDF]

Nunca Máis volta ás rúas en repulsa á sentenza do Prestige (Vigo), de GZVídeos [Vídeo]

Galería de fotografías de todas as concentracións [Facebook]

CON OU SEN SENTENZA, PASARÉMOSLLE FACTURA POLA SÚA INCOMPPETENCIA !

PLATAFORMA CIDADÁ NUNCA MÁIS
En Facebook:
https://www.facebook.com/plataformanuncamais
En Twitter:
@pnuncamais

Para ficar informada/o de novas convocatorias, sigue á plataforma nas redes sociais.

Enviado por:
Xabier P. Igrexas
-xabiergz@gmail.com-
15 de novembro de 2013 23:12

Unha Aperta | Xabier P. Iglesias | www.contradiscurso.net
rsstwitterfacebook
_____________

venres, novembro 15, 2013

A Plataforma NUNCA MAIS, convoca concentracións este Venres 15 de Novembro en todas as cidades galegas, ás 20h. En Ferrol, será na Praza de Armas.

En Ferrol a concentración será na Praza de Armas ás 20h.

Nunca Máis convoca a cidadanía galega a saír á rúa nas principais cidades e cabeceiras comarcais do país para amosar o seu rexeitamento á "impunidade" que supuxo o ditame xudicial do caso Prestige. As mobilizacións están previstas para as 20 horas deste venres 15 de novembro, no que prevén que sexa unha resposta a un ditame que consideran "inxusto e decepcionante". Todas se celebrarán baixo o lema "Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras nunca máis".


Cousas que compre non esquecer "nunca máis" from Terra e Tempo Tv on Vimeo.


 A Plataforma abriu um Facebook que podedes ver neste enlace:
https://www.facebook.com/plataformanuncamais 

xoves, novembro 14, 2013

En Ferrol, coma no resto da Galiza, haberá manifestacións comarcal contra a Reforma das Pensións, ás 19:30h.

A CIG convoca para este xoves, día 14 de novembro, manifestacións en todas as comarcas contra a reforma das pensións. As mobilizacións insírense na campaña que a central sindical vén desenvolvendo para denunciar que esta reforma provocará unha redución das pensións actuais e futuras e pretende abocar á poboación á subscrición masiva de plans de pensións privados para alimentar o negocio da banca e das aseguradoras.

Durante estas semanas desenvolvéronse en toda Galiza asembleas de delegadas/os, actos de protesta, concentracións e repartos de material informativo nas empresas e nos polígonos industriais para explicar a posición da CIG respecto da reforma das pensións. Unha campaña que culminará na tarde deste xoves con manifestacións simultáneas en todas as comarcas e que terá continuidade con novas respostas de contestación social.

Para a CIG esta reforma ten un fondo calado político e ideolóxico e graves consecuencias para as pensións actuais mais tamén para as futuras. A central sindical considera que non ten xustificación algunha “porque nin no informe dos expertos -9 dos 12 vinculados á banca e ás compañías aseguradoras-  se di que o sistema non sexa sostíbel”.

Horas e lugares das manifestacións
  • Ferrol: 19:30 horas con saída do local do sindicato CIG na Avda. de Esteiro.
  • Ourense: Ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.
  • Pontevedra: Ás 20:00 horas da Praza da Ferrería
  • Vilagarcía: 20:00 horas da Casa do Mar
  • Vigo: Ás 20:00 h da Vía Norte
  • Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
  • Lugo: 20:00 h da Ronda da Muralla
  • A Coruña: 20:00h praza de Vigo
  • Ribeira: ás 19:00 horas da Praza do Concello
Intervención da técnica de formación sindical Silvia Bermúdez
na asemblea de delegados/as da CIG de Vigo o 7/11/13.
A trama do capital contra as pensións públicas.
Tirado de: http://www.galizacig.com/avantar/

martes, novembro 12, 2013

Victoriano Urgorri e Joam Luis Ferreiro, serán os relatores da terceira xornada sobre a Ría de Ferrol e o seu Saneamento: 'Presente e Futuro' - Esta terá lugar este mércores 13 de Novembro, co título “Situación actual da ría de Ferrol: aspectos biolóxicos e marisqueo”, ás 19:30hs en Canido, na Sala de Actividades da SGHN


Terceira Xornada


Dentro das Xornadas sobre o Saneamento da Ría de Ferrol que se están celebrando todos os mércores entre os días 30 de Outubro e 4 de Decembro, este mércores 13 de Novembro toca: “Situación actual da ría de Ferrol: aspectos biolóxicos e marisqueo”.

XORNADAS SOBRE A RÍA DE FERROL E O SEU SANEAMENTO:
PRESENTE E FUTURO


Mércores 13 de Novembro.

Lugar e hora :
  • As 19:30hs, na sede da SGHN, na rotonda de Canido (Antiga Casa do Coronel).
Teceira Xornada:
  • Situación actual da ría de Ferrol: aspectos biolóxicos e marisqueo.
Relatores :
  • Victoriano Urgorri (Director da Estación Biolóxica da Graña).
  • Joam Luis Ferreiro (Membro da SGHN).

Organizan as Xornadas:

Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil
ADEGA
SGHN
VERDAGAIA

Enlaces relacionados de Interese
:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
______________

sábado, novembro 09, 2013

A Tenda de Troco, de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, lembra á compañeira Vitoria Fernández Paredes


Desde os primeiros pasos, os primeiros debates na construción da Tenda de Troco da Cooperativa Armeria, a presencia de Vitoria aportou serenidade, equilibrio e experiencia. Nas primeiras reunións do Encontro Social de Ferrolterra apenas podiamos alcanzar a mirar o que hoxe é unha realidade. A súa enfermidade chegounos discretamente, como era ela. Deixou de fazer a súa quenda dos xoves coa compañeira Fani poucos días antes de que nos sorprendera a súa morte. Varias compañeiras estabamos na tenda na hora do seu pasamento. Estabamos montando os novos expositores dos que ela estaría orgullosa, como o estaba de termos conseguido darlle vida real a un dos proxectos soñados entre todas as persoas que conformaron ou conforman o Encontro Social de Ferrolterra e a Cooperativa Armeria, da que formaba parte do Consello Rector. Ata sempre compañeira! Seguiremos trocando para trocar o mundo!


Tenda de Troco
tendadetroco@gmail.com

_______________

Falecemento da compañeira Vitoria Fernández Paredes. Comunicado da Asociación Fuco Buxán.


Con gran sentimento, comunicamos o falecemento, esta tarde (8 de Novembro de 2013), da nosa querida compañeira Vitoria Fernández Paredes [1] e [2], tras unha breve, pero irreversible, enfermidade.

Victoria, Directiva e cofundadora da Asociación Cultural Fuco Buxán, mantivo toda a súa vida un gran compromiso con todas as causas sociais, desde a súa activa militancia na HOAC nos anos sesenta, a participación nas ANPAS e nos movementos veciñais, o seu labor como Concelleira polo terzo familiar, despois na UGT e no PSOE e os últimos anos nesta Asociación, desenvolvendo un importante traballo no Foro Social de Ferrolterra e nas súas Plataformas solidarias.

Hai que destacar tamén a súa entrega xenerosa a todas as actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, do que formaba parte e do cal ou seu compañeiro Carmelo Teixeiro foi o primeiro Coordinador.

Lembraremos sempre a Vitoria, e a Carmelo, como amigos, como compañeiros entrañables e como exemplo de dedicación e perseveranza no traballo polo ben social e as causas solidarias.

Aos seus fillos Juan Ramón, Carmelo e Noé, ás suas compañeiras, netos e netas, aos seus hirmáns Angeles e Ricardo, familia e amigos as nosas máis profundas condolencias e apertas solidarias.

Asociación Cultural Fuco Buxán
--
María Victoria Fernández Paredes
Tanatorio Artábria - A Gándara
Enterro: o sábado, 10 de Novembro de 2013, ás 18 hs.
______________________

O Comité Cidadán de Emerxencia ante o falecemento da compañeira "Vitoria"

Tags
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, lamenta o pasamento da compañeira Victoria Fernández Paredes, que desde o inicio das actividades en defensa da Ría, da legalidade e da vida, xunto co seu compañeiro Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do mesmo, prestou a súa valiosísima colaboración e xeneroso apoio.
O seu compromiso e a súa entrega, non só nesta loita senon en todas as cuestións sociais e solidarias, será un exemplo permanente para todas e todos.
Para a súa familia, amigos/as e compañeiros/as unha fonda aperta.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Tanatorio: Artabria - A GándaraEnterro: sábado ás 18 hs.

venres, novembro 08, 2013

Carta de Secundino Garcia Casal, Alcalde de San Sadurniño: "Actuacións sobre o re-pago sanitario das persoas con doenzas crónicas" - Concentración en Catabois, diante do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol: hoxe venres 8 de Novembro ás 8 da tarde



Estimado amigo, estimada amiga,

As últimas decisións que vén de adoptar o Ministerio de Sanidade do Goberno de España no que ten a ver co establecemento dun sistema de re-pagos para algunhas menciñas coas que se tratan doenzas tan sensíbeis como o cancro de mama ou ril, os tumores cerebrais, a leucemia ou a SIDA, significan un salto cualitativo negativo en todo o referido á política sanitaria e abren a porta á desaparición da universalidade da sanidade.

Non teño ningunha dúbida que a meirande parte da sociedade, isto é, esa gran maioría de xentes de ben, non podemos dar por boa unha proposta que deixa fóra do dereito á saúde a homes e mulleres en función do seu poder adquisitivo. E por iso tampouco podemos dar por boa outra alternativa que non sexa a derrogación desta medida ou, no peor dos casos, a súa non aplicación en Galiza.

Así as cousas, o Concello de San Sadurniño sumouse á iniciativa doutros municipios galegos e asumirá o repago dos seus cidadáns e cidadás, como unha medida de xustiza social. Pero tamén estamos convencidos de que paralizar esta resolución estatal é unha obriga do conxunto da sociedade, razón pola cal queremos convocar aos colectivos sociais, aos colexios profesionais, ás plataformas en defensa da sanidade, aos representantes institucionais e ao movemento veciñal, a unha serie de actuacións en contra do repago sanitario.

Gustaríanos contar coa vosa presenza na Concentración cidadá que se levará a cabo o venres día 8 de novembro, ás 20:00 horas, no CHUF (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol), e na cal expresaremos a nosa repulsa ós ataques contra a sanidade.

Agradecendo a vosa atención e sen outro particular recibide un cordial saúdo.

Secundino García Casal
Alcalde de San Sadurniño

San Sadurniño, 5 de novembro de 2013

Enviado por:
cig-saude.ferrol@sergas.es
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
6 de novembro de 2013 13:36
http://www.cig-saude.org/ferrol/

______________

Manifesto da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade, en formato pdf
[Acceder ou Baixar], nos arquivos do xornal dixital Praza Pública.
_______________________