martes, decembro 31, 2013

Queirámolo ou non, somos multitude. Só nos queda recoñecernos - Feliz 2014


Feliz 2014

31 de dezembro de 2013

Deséxovos, cuns versos que andaban por aí, un perfecto remate do ano 2013 e un moi feliz 2014. E que de aí para adiante sexa todo aínda mellor, aínda máis alegre, aínda máis feliz.

Queirámolo ou non, somos multitude. Só nos queda recoñecernos. Continuaremos.

Évos o que hai...
Subiremos a montaña dunha nube enferma
para conquistar a era das avelaíñas
e estendela coma abidueira sobre un leito de mar
bicaremos os labios que cumpra morder
abrazaremos os ollos que nos esquiven as miradas
levaremos esvaecidas as contornas da desolación
porque o tempo perderá entre os nosos dedos
a navalla da última ferida
non
nós non somos Sísifo
somos multitude que arderá cos montes e as ribeiras
de binomios e plasma
como ardemos sendo nada
ou apenas unha triste tribo en derrota
unha fenda sísmica nos sumidoiros da cidade dolorosa e profunda
e sangraremos
se é preciso sangrar
coas nosas lanzas de afiar hortensias
coseremos con óso de arxila
o corazón do horizonte
ás nosas lágrimas
ás nosas lágrimas de multitude sen nome nun lugar sen nome
baixo a montaña dunha nube enferma
Nota.- post de Antón no facebook.

[*] Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego. [Na Galipedia].

Enviado por:Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
31 de dezembro de 2013 20:30
http://espazoartabro.blogspot.com/



______________

luns, decembro 30, 2013

Reintroducir un chimpancé nunha selva protexida, devolvéndolle a oportunidade que a nosa propia especie lle quitou - Cinco minutos emotivos - Vídeo de interese


A ferrolana Rebeca Atencia, directora desde hace 7 años do Instituto Jane Goodall en Congo.

O difícil labor de rescate e rehabilitación de chimpancés por parte do equipo do Instituto Jane Goodall na República do Congo brinda ás veces o mellor dos premios para todos: poder reintroducir un chimpancé nunha selva protexida, devolvéndolle a oportunidade que nosa propia especie lle quitou.


http://youtu.be/AyTd98yTE5I

A directora do Instituto Jane Goodall en Congo, a veterinaria Rebeca Atencia, denunciou que o aumento dos chimpancés orfos débese, "en gran parte" á tala de bosques tropicais: os cazadores que acompañan aos leñadores matan exemplares adultos para obter carne.

Pero os cazadores non matan para alimentar aos leñadores nin a familias famentas, senón para satisfacer a demanda que existe entre as elites africanas de degustar 'carne de selva'. Non hai moita carne nunha cría de simio, polo que estas adoitan ser vendidas vivas nos mercados, xunto ao corpo despezado da súa nai.

Rebeca Atencia recorda que España é o terceiro país importador de madeira africana. "Sen darse conta, os españois están contribuíndo a matar chimpancés por mor da deforestación", alerta.

Máis información na web do Instituto Jane Goodall España:
http://www.janegoodall.es.
________________

FACUA-Consumidores en Acción chama á mobilización social contra as subidas da luz e convoca un apagón dunha hora o vindeiro luns 30 de decembro ás 19.00 horas - FACUA reclama ao Goberno unha nova regulación tarifaria, unha auditoría sobre o déficit de tarifa e que prohiba á eléctricas cortar a luz por non pago ás familias durante o inverno

FACUA.org/apagon30D

FACUA chama á mobilización contra as subidas da luz e convoca un apagón o 30D ás 19h #apagón30D.

As políticas liberalizadoras desenvolvidas polos gobernos do PP e o PSOE provocaron un encarecemento do recibo para o usuario medio do 78% nos últimos dez anos.

FACUA-Consumidores en Acción chama á mobilización social contra as subidas da luz e convoca un apagón dunha hora o vindeiro luns 30 de decembro ás 19.00 horas.

Baixo o lema #apagón30D, FACUA reclama ao Goberno unha nova regulación tarifaria que deixe de basearse na poxa do mercado da xeración, unha auditoría sobre o déficit de tarifa e que prohiba á eléctricas cortar a luz por non pago ás familias durante o inverno.

Para informar sobre as iniciativas enmarcadas na mobilización, a asociación habilitará nas próximas horas a web FACUA.org/apagon30D. FACUA anima os usuari@s a que se sumen á iniciativa cambiando a súa avatar nas redes sociais por este que podes descargarche aquí.

Unha análise realizada por FACUA sobre a evolución das tarifas eléctricas pon de manifesto que as políticas liberalizadoras desenvolvidas polos gobernos do PP e o PSOE provocaron un encarecemento do recibo para o usuario medio do 78% nos últimos dez ano (descárgache o documento).

Coa tarifa vixente desde outubro de 2013, o usuario medio (4,4 kW e 366 kWh) paga 77,37 euros mensuais (60,83 euros máis o 27,19% de impostos). É un 78% máis do que abonaba no ano 2003, cando a cifra era de 43,47 euros (35,65 euros máis o 21,93% de impostos).

En dez anos, o prezo do kW de potencia contratada subiu un 119%. En canto ao kWh, o importe da enerxía consumida aumentou un 69%.


http://www.youtube.com/watch?v=DL4yZadkAmI&feature=share&list=UULmP-khXzpQaNG0DTfAk-GA



http://youtu.be/jTycQqg_jSQ


Fonte: http://www.facua.org/

A A.C. Fuco Buxán soma-se ao apagon do 30d2013

Participa do apagón 30D, o lúns 30 ás 19 hs, contra a subida da luz

A A.C. Fuco Buxán súmase á movilización social contra a subida da luz e convida a participar no #apagón30D convocado por FACUA-Consumidores en Acción para o vindeiro lúns 30 de decembro de 19,00 a 20,00 hs.

Reclamamos ao Goberno unha nova regulación tarifaria que deixe de basearse na subasta do mercado da xeneración, unha auditoría sobre o déficit de tarifa e que prohiba ás eléctricas cortar a a luz ás familias por impago durante o inverno.

Nova de interese:
A gran estafa da liberalización eléctrica, en Público.es

www.fucobuxan.net

Información baseada na enviada por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
28 de dezembro de 2013 16:26
________________

Un grupo de mulleres galegas leva a frioleira de 22 días en folga de fame sen que a maioría dos medios de comunicación españois lle dedique un mísero parágrafo, ... Por María Lapachet - Mulleres de Ve-la Luz 22 días en Folga de Fame


Por María Lapachet [*]
29.12.2013


Todas somos Mulleres Ve-la luz


Un grupo de mulleres galegas leva a frioleira de 20 días en folga de fame sen que a maioría dos medios de comunicación españois lle dedíque un mísero parágrafo.

Quen son as huelguistas?

8 mulleres galegas vítimas de violencia machista e abusos tanto por parte dos seus exes como por parte do sistema legal e xudicial que temos en España.

Por que fan folga de fame?

Porque o conseguido logo da primeira folga quedouse en papel mollado:

- "Nós pediamos a creación dunha Comisión de Investigación que revisase os casos de denuncia sobreseídos nos últimos cinco anos (...) Eles [a Xunta] aceptaro-no, pero logo crearon unha Comisión de Igualdade onde se tratan por encima os temas de violencia de xénero (...) Foi un engano: supoñía-se que íamos ter voz e voto nesa Comisión, pero quedouse en ir comentar as nosas queixas de cando en vez ao Parlamento"

- "O Parlamento galego e o Concello da Coruña comprometéronse a facer un seguimento dos nosos casos para evitar represalias, pero non foi así; houbo un asañamento brutal desde que abandonamos a folga"

Que ten que pasar para que poñan fin á folga de fame?


-"Que os gobernos tomen medidas reais: que creen unha Comisión que revise todos os expedientes dos casos sobreseídos de toda España, que son o 61%; que as nais deixen de ser condenadas por protexer aos seus fillos dos seus maltratadores; e que lle quiten a garda e custodia e a patria potestade aos maltratadores"

Por que é importante falar delas?

Primeiro e principal, para que estas 8 mulleres saiban que non están soas. Para que cando lles de a baixada no seu encerro saiban que hai (a) mulleres na súa situación que non teñen os seus ovarios que necesitan a súa axuda e (b) feministas comodonas [1] como a que subscribe que non ten estómago para facer unha folga de fame (é que non aguantaba eu nin medio día mireuste) e tanto as unhas como as outras agradecemos o que están facendo -que non é algo egoísta que fagan polas súas fill@s senón que afectará a todas as mulleres galegas que están sendo ou serán maltratadas.

Segundo, para que os seus maltratadores saiban que non están soas. Para que a partir de agora eses cabronazos o pensen dúas veces antes de volver maltratalas física, psicolóxica ou economicamente.

Terceiro, para meter presión, para que o concello e a Xunta cumpran co que lles prometeron.


Máis información:
http://www.asociacionvelaluz.es/

* 'Ve-a luz' continúa en folga de fame en Nadais
http://elprogreso.galiciae.com/nova/299620-ve-luz-continua-folga-fame-Nadais

* * Ve-a Luz volve á folga de fame contra a desprotección das vítimas de violencia machista
http://www.eldiario.es/galicia/Ve-a-Luz-desproteccion-violencia-machista_0_204030216.html

* * * Ve-a Luz volve ao xexún contra o ''silencio da violencia machista''
http://elprogreso.galiciae.com/nova/296361-ve-luz-volve-ayuno-silencio-violencia-machista

[1] díxeno unha e mil veces: é fácil ser feminista sentada cómodamente no meu salón ou metida na cama cunha caixa de galletas a man dereita e un vaso de Pepsi a man esquerda: xa me quixese ver eu nunha folga de fame nun local sen calefacción ou acampando diante do ministerio coa que está caendo na rúa.

Fonte: http://marialapachet.blogspot.com.es/

[*] Maria Lapachet, Córdoba 1978, lesbiana, feminista, escritora, tradutora e activista do VIH/SIDA e dereitos LGBT. Organizou o equipo Butch/Femme da Marcha contra o Sida (AIDS Walk NYC) e é co-anfitriona dunhas kedadas butch/femme (NYC Butch Femme Socials) en Manhattan.

marialapachet@yahoo.com

Web persoal:
http://www.marialapachet.com/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
29 de dezembro de 2013 23:00

http://espazoartabro.blogspot.com/

__________________

As compañeiras de Ve-la Luz levan desta volta 22 días en Folga de Fame, despois de ter pasado con anterioridade outros 30 días (entre o 11 de Outubro e o 14 de Novembro deste ano 2013).

Conta do evento:
https://www.facebook.com/events/746760068685878

Asociación Galega para a defensa de mulleres e niñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos. Membros da Movemento Grito en Silencio de ámbito estatal Teléfono: 633098277 .

No facebook:
https://www.facebook.com/velaluz.degenero

Web da Asociación Vela Luz:
http://www.asociacionvelaluz.es/

Canle:
http://www.youtube.com/user/velaluzgalicia

Enlaces relacionados:
____________________

domingo, decembro 29, 2013

O Natal de Isabel, ... Por Lupe ces


Por Lupe Ces [*]
29.12.2013


A tua era umha morte aguardada. Polo esforço colectivo por conhecer e investigar a violência machista, sabíamos que nestas datas as agressons aumentam, o risco de morte eleva-se nas estatísticas e sempre cumpre aguardar o pior.

Para alguns estamentos conhecedores desta realidade, esta informaçom lera-se com menor interesse que o aumento da velocidade do vento ou a intensidade das precipitaçons. Quando menos, ante esses adversos meteorológicos sempre estam as alertas amarelas, laranjas e vermelhas, e os Planos de Proteción Civil. A vida das mulheres tem menos valor que a dumha árvore caída na ciclogênese explosiva.

Tocou-che a ti Isabel protagonizar a lista interminável de mulheres mortas. Numhas datas onde a família e as relaçons afectivas som o epicentro das celebraçons, o conflito sem resolver derivado da organizaçom patriarcal das mesmas, nom fai máis que dar oxigeno ao lume da violência machista. Um home com quem compartiches afectos, intimidade... decidiu por ti, decidiu sobre a tua vida, decidiu por riba da tua vida. Assim, como outros homes co apoio dalgumhas mulheres, pretendem decidir por todas nós, quitando-nos por lei a soberania sobre o único território de propriedade sagrada, inviolável, que é o nosso corpo.

Mentres te arrincavam a vida, noutro extremo do país, a folga de fame dum grupo de resistência ao machismo na cidade da Corunha, mulheres de Ve-la Luz, vem mostrando durante mais de vinte dias, a hipocrisia dum poder político e judicial que esconde trás as cortinhas de fume das denuncias falsas, do Síndrome de Alineación Parental, da custodia compartida imposta... a sua misoginia, o seu medo à liberdade das mulheres e a sua resistência a entender que a desigualdade está na raiz da violência contra as mulheres que nom cessa; a sua resistência a que lhes desconstruamos este mundo injusto e violento sobre o que se mantenhem os seus privilégios.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
_________

Os Bancos de Alimentos e o Opus Dei - Que intereses pode haber neste labor caritativo?


A gran convocatoria da caridade celebrada entre os días 29 e 30 de Novembro deste 2013 pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) pretendía realizar "A gran recolleita de alimentos 2013". Como podemos ler na web habilitada para a campaña www.granrecogidadealimentos.org o seu urxente obxectivo é loitar contra o fame e o malgasto mediante o traballo de voluntarios e entidades colaboradoras entre as que atopamos bancos, grandes supermercados, medios de comunicación ou empresas de seguros privados.

Segundo a web de FESBAL os Bancos de Alimentos "son organizacións sen ánimo de lucro baseados no voluntariado e cuxo obxectivo é recuperar excedentes alimenticios da nosa sociedade e redistribuír-los entre as persoas necesitadas, evitando calquera desperdicio ou mal uso. A organización dun Banco de Alimentos oriéntase a un funcionamento similar ao dunha empresa, con distintas áreas e un equipo de dirección".

Pero ademais do xesto cidadán e solidario entre iguais que queren coa súa modesta achega evitar que un veciño pase fame ... Quen está detrás do Banco de Alimentos? Que intereses pode haber neste labor caritativo? Que leva a bancos, grandes centros de distribución de alimentos, compañías de seguros, transnacionais e medios de comunicación a unirse no apoio desta urxente iniciativa?

Si realizamos na páxina web do Opus Dei a procura "Banco de Alimentos" dános como resultado 42 entradas. Repasemos algúns cargos directivos do Banco de Alimentos.

As vinculacións do Banco de Alimentos co Opus Dei non son só a través dos supernumerarios en postos de responsabilidade. Son múltiples as referencias de cargos directivos e colaboradores do Banco de Alimentos aos ensinos e o ideario do fundador do Opus Dei San Jose María Escriba de Balaguer; "Chámome Vicente López-Alemany e son Director xeneral do Banco de Alimentos de Madrid, onde empecei a traballar fai máis de seis anos grazas ao espírito de servizo que aprendín dos ensinos de San Josemaría; e aos bos oficios dun amigo e profesor da Escola Naval Militar de Marín, que foi o primeiro que me falou dos Bancos de Alimentos". Ou Pedro Pereira que actualmente preside o Banco de Alimentos de Vigo e foi o coordinador xeral de estudos do colexio do Opus Dei Montecastelo de Vigo.

Unha das últimas noticias destacadas na páxina web FESBAL é a chamada de teléfono que a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade Ana Mato, supernumeraria do Opus, fixo ao presidente da FESBAL José Antonio Busto felicitando e desexando o maior dos éxitos aos Bancos de Alimentos. A que se debe o respaldo dunha ministra do Opus ao presidente da Federación de Bancos de Alimentos e membro supernumerario da orde?

Utiliza o Opus Dei os Bancos de Alimentos para facer proselitismo? Quizá as declaracións que podemos ver no seguinte vídeo (a partir do minuto 5:00) de José María Zarate, presidente do Banco de Alimentos de Valladolid aos voluntarios póidannos aclarar este punto.


"O que si que che digo é que ás 12 paramos a rezar o Ángelus"


http://youtu.be/ncOSraksGM4

Aínda que puidese parecer casualidade o que destacados membros da Prelatura persoal da Igrexa Católica ocupen cargos de responsabilidade no Banco de Alimentos, isto non deixa de resultar rechamante. Que interese apoia esta presenza?. Esta é só froito do compromiso persoal ou responde a unha estratexia de máis fondo calado? Esta presenza chama máis a atención si temos en conta que nas cúpulas das grandes empresas financeiras e de distribución que colaboran con este Banco de Alimentos, abundan tamén membros desta prelatura e que cando isto é non así, unha parte importante dos seus cargos executivos formáronse na escola de negocio do Opus Dei, a IESE.


O banco de Santander e os seus empregados doan 32.000 € a FESBAL. Foto: FESBAL.

A través do Banco de Alimentos presentase-nos ás grandes empresas de distribución , bancos e executivos de grandes empresas como entes altruístas. Estas empresas distribuidoras controlan o 70% do mercado de alimentos e que mellor que elas para liderar esta gran obra benéfica. Con todo os motivos destas alianzas aparentemente solidarias, introducen compoñentes de rendibilidade económica. Puidese parecer que as grandes distribuidoras de alimentos achéganse a este tipo de actividades filantrópicas só coa intención de mellorar a súa imaxe de empresa. Pero, ademais do efecto publicitario, un interesante negocio esconde-se detrás da relación destas empresas de distribución co Banco de Alimentos. Que conseguen as grandes empresa de distribución coa donación? Segundo podemos ler neste artigo:

  • Que non se produza unha caída de prezos debido a que os alimentos non entran directamente no mercado.
  • Mellora a súa imaxe corporativa.
  • Non teñen custos na destrución deses excedentes.
  • Non teñen custos na distribución pois o fai un exército de voluntarios.
  • As doazóns, de calquera tipo, desgravan un 35% no Imposto de Sociedades (coa Lei de Mecenado do PP será o 100%)
  • Á xente pobre afaise-lle á beneficencia, coma se fose lei divina, que haxa ricos e pobres.
  • Os Bancos de Alimentos minan aínda máis as vendas do pequeno comercio nos barrios con máis miseria.
  • Por unha banda regalan excedentes e por outro destrúen aos tender@s coas marcas brancas que son froito da sobreexplotación en orixe e a que aplican aos seus propios traballadores.
Estas empresas saben que os stocks doados evitan a caída de prezos e o gasto de destruílos e aproveitan a lei que permite a desgravación do 35% da cota íntegra do Imposto de Sociedades.

Pero por si estes beneficios ás grandes superficies fóra pouco, nun perverso exercicio de nova filantropía, cada certo tempo e en datas sinaladas, desde os medios de comunicación apelan á cidadanía a campañas de "Gran donación de Alimentos". Esta presión mediática, que habitualmente adoita enmascararse co rigor informativo, leva a que esquecemos que detrás da palabra doazón escóndese a mercantilista palabra "compra de alimentos". Os alimentos "doados" en realidade son adquiridos polos solidarios cidadáns nestas grandes superficies onde son estratéxicamente situados os puntos de recolleita do Banco de Alimentos. Produce-se así un incremento das súas cifras de negocio e beneficios.

Parece evidente que máis aló do mero efecto publicitario, o Banco de Alimentos resulta un pingüe negocio para algunhas empresas. Con todo, detrás da beneficencia, atópanse outros interese máis espurios capaces de unir ao OPUS, entidades financeiras, grandes empresas transnacionais e aseguradoras privadas. Nos Think Tanks onde o gran capital bosquexa a súa estratexia futura, negocios enmascarados como iniciativas solidarias ocupan un lugar destacado. En tempos de crises as iniciativas como a do Banco de Alimentos, cumpren cunha dobre función social. Por unha banda serven de antídoto contra a mobilización, tranquilizando as conciencias de solidarios doantes e indignados coa inxustiza social. Estas accións que apelan directamente á necesidade e tocan o fondo do corazón, nin se cuestionan nin se suscitan dar resposta ás inxustas causas que xeran o fame. Non cuestionan desigualdades sociais, a beneficencia sempre foi unha resposta solidaria vertical (de arriba a abaixo). Por outra banda, recupérase a vella estratexia de reforzar as estruturas benéficas xeradoras de dependencia, con ánimo de mitigar a posible resposta social daquelas persoas en situación de necesidade extrema e que xa non teñen moito que perder.

Fonte:  http://www.filantropofagos.com/
| Publicado o 22 de decembro de 2013

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
29 de dezembro de 2013 10:45
http://espazoartabro.blogspot.com/
_______________

Concentración en Ferrol, como en toda Galiza, en repulsa polo asasinato machista de Isabel Pérez Fraga - Luns 30 de Decembro ás 8 da tarde, na Praza do Concello de Ferrol


Concentración Ferrol Repulsa Asasinato Machista. Luns 30/12/2013 ás 20H na PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA

O LUNS 30 DE DECEMBRO ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ISABEL

Isabel Pérez Fraga, de 45 anos, foi asasinada polo seu "compañeiro" na súa casa de Marín.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de Isabel e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo!!.

--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
29 de dezembro de 2013 16:02

_______________

Mesa informativa de Espazo Ecosocialista Galego en Ferrol - O vindeiro domingo, 29 de decembro - Acción divulgativa sobre a a Iniciativa Europea por unha Renda Básica Incondicional

INICIATIVA EUROPEA POR UNHA RENDA BÁSICA INCONDICIONAL

"Trátase de garantir a vida digna de todas as persoas por medio dunha asignación económica do Estado"
Mesa informativa de Espazo Ecosocialista Galego en Ferrol

Espazo Ecosocialista Galego, organización pertencente á Coalición AGE, desenvolverá en Ferrol, o vindeiro domingo, 29 de decembro entre as 18:00 e 20:00 hh. unha acción divulgativa sobre a INICIATIVA EUROPEA POR UNHA RENDA BÁSICA INCONDICIONAL, colocando unha Mesa Informativa na Rúa Real (á altura da Pza. de Armas).

Esta iniciativa europea cidadá foi aceptada pola Comisión Europea o 14 de xaneiro de 2013 e a nosa acción inscríbese na Campaña que ten como obxectivo acadar un millón de sinaturas en Europa, até o 14 de xaneiro de 2014.

Trátase de garantir a vida digna de todas as persoas por medio dunha asignación económica do Estado dun importe, cando menos, igual ao umbral da pobreza.

A proposta consiste en pedir á Comisión Europea que estude a cooperación entre os estados membros para a implantación da Renda Básica Incondicional e a preparación de proxectos piloto.

Xuntamos Folleto Explicativo da iniciativa.

A proposta pódese asinar no enderezo
http://basicincome2013.eu/ubi/es/

Agradecemos difusión.

Ferrol, 28 de decembro de 2013

Lucía Vizoso Amado
Bernardo Lorenzo Cuétara (696915939)
Co-coordenación Comarcal de Espazo Ecosocialista Galego de Ferrolterra

Web:
http://www.espazoecosocialista.org/
Correo-e:
espazo@espazoecosocialista.org
web da  Alternativa Galega de Esquerda - AGE:
http://alternativagalega.com/

Anexo:
Folleto Informativo

Enviado por:
Lucia Vizoso
luciaxocaloma@gmail.com-
28 de dezembro de 2013 19:00

____________________

sábado, decembro 28, 2013

Festiclown Palestina lanza un crowdfunding para achegar o circo aos refuxiados palestinos - Desde o 12 ao 19 de xaneiro de 2014 - Enlace onde se poden facer contribucións



Festiclown Palestina lanza un crowdfunding para achegar o circo aos refuxiados palestinos

Será a 2ª edición do Festiclown Palestina que se celebrará nos campamentos de refuxiados palestinos do Líbano, desde o 12 ao 19 de xaneiro de 2014. Esta iniciativa de Pallasos en Rebeldía e da cooperativa Culturactiva busca financiamento mediante a plataforma Verkami.

Tralo éxito do Festiclown Palestina en Cisjordania, celebrado en 2011, Pallasos en Rebeldía organiza o Festiclown Palestina 2014 no Líbano. Do 12 ao 19 de xaneiro, campamentos de refuxiados palestinos e cidades do Líbano acollerán a artistas de todo o mundo que pasearán as súas actuacións de artes circenses, clown e risoterapia enchendo rúas, prazas, escolas, hospitais, centros sociais e teatros de sentimentos de esperanza, risa e fraternidad.

Ademais da poboación palestina refuxiada neste país, a actual crise provocada polo conflito en Siria incrementa día tras día o número de desprazados, palestinos e sirios, empeorando as súas condicións debido á falta de recursos. Por isto, Pallasos en Rebeldía decide trasladar o Festiclown Palestina ata o Líbano. Un festival solidario de clown que trata de paliar as consecuencias psicolóxicas dun conflito interminable e o seu consiguiente éxodo ademais de fomentar, xunto as contrapartes locais, as artes circenses, o clown e a risoterapia entre a poboación refuxiada, fundamentalmente pícaros e novos, como unha alternativa psicolóxica e social á situación de conflito na que viven.

Festiclown Palestina no Líbano albergará actuacións de máis de 10 compañías internacionais así como actuacións de compañías palestinas e libanesas. Son moitos os artistas que mostraron a súa solidariedade e o seu apoio artístico ao proxecto colaborando de varias e distintos xeitos como Leo Bassi, Patch Adams, Circ Bover, Kanbahiota, Jorge Blas, Peter Punk, Amparo Sánchez (Amparanoia) ou Jango Edwards, entre moitos outros.

As achegas recibidas a través desta campaña de crowdfunding destinaranse a sufragar os gastos de organización do festival, como son o desprazamento dos artistas ata o Líbano, o seu aloxamento e alimentación durante oito días, transporte para ir dun campo de refuxiados a outro ou aluguer de equipos de son.

Para apoiar a iniciativa podes pinchar AQUI.

www.pallasosenrebeldia.org

www.festiclown.org


Enviado por:
pallasosenrebeldia
-info@pallasosenrebeldia.org-
27 de dezembro de 2013 21:10

____________

venres, decembro 27, 2013

Que passa em ANOVA?, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
27.12.2013


Numha conferencia de Jurjo Torres Santomé, o nosso especialista internacional em temas educativos, e cuidadosamente oculto e silenciado nos médios de comunicaçom nos debates sobre reformas educativas, explicava entre outras cousas, que um dos objectivos da LOMCE é formar seres humanos que acolham como naturais as políticas neoliberais e para elo precisam ter um pensamento conservador. Nesse discurso podemos atopar também umha nova leitura sobre o que está acontecendo em ANOVA.

As renuncias, individuais e colectivas, as expulsons, a intervençom de cargos nacionais para torcer o curso de assembleias soberanas... som os efeitos que saem a luz dumhas causas profundas que tenhem leituras muito mais complexas que a concorrência eleitoral, ou as relaçons coas outras organizaçons na coaliçom AGE.

Em ANOVA esta-se a dar umha batalha ideológica entre duas correntes de pensamento que defendem modelos organizativos e projetos políticos diferentes. Em ANOVA esta-se em trabalho de parto, com contraçons dorosas que acurtam o seu tempo de repetiçom e mantenhem a incognita de como será a criatura que finalmente verá a luz entre tanto feito convulso.

Em ANOVA, onde se nom?, pois foi em ANOVA onde confluírom um número significativo de activistas que vivírom os processo do Foro Social Mundial e do 15M. Em ANOVA, onde se nom?, pois foi onde atoparom acobilho sectores organizados que fuxiam dos controis sectários e de dirigismos anacrónicos. Em ANOVA, onde se nom?, pois foi em ANOVA onde se fundírom a urgência e a indignaçom vivida por centos em primeira pessoa, pola perda de direitos, os abusos, a injustiça e a desafecçom aos partidos políticos e às instituiçons, convertida no pam nosso de cada dia.

Mas também em ANOVA, estam presentes sectores que aspiram a desenvolver um proxecto político que tem como obxectivo colocar-se como força nos postos de gestióm das instituiçons para aplicar velhas políticas socialdemócratas, de orientaçom produtivista e crecentista. Acreditam que a cidadania só lhes pide soluçons para o “que hai do meu?”. Mostram umha incapacidade manifesta para analisar corretamente o momento de crise sistémica que estamos a viver, e a incompetência para apresentar-se socialmente como umha alternativa segura para supera-la. Precisam logo, que o modelo organizativo seja “o de toda a vida”, “o que se fixo sempre”, “eu já fixem mais dumha duzia de campanhas eleitorais!”, “a gente nova nom sabe como montar umha organizaçom”.

Escoitando a Jurjo Torres podíamos perguntar-nos que foi antes o ovo ou a galinha? A LOMCE pretende formar pessoas neoliberais de pensamento conservador ou a hegemonia do pensamento conservador e neoliberal é o que permite a aprovaçom da LOMCE? O pensamento conservador aplicado ao espaço político-organizativo de ANOVA esta a impedir a consolidaçom do proxecto ou é o enunciado do proxecto de ANOVA o que nom se adapta ao pensamento conservador e neoliberal hoje socialmente hegemónico?

Segundo Torres, para o ser humano neoliberal, triunfar na vida consiste em acabar cos rivais e utilizar ao resto das pessoas como mercadorias para os seus fins. É um ser competitivo, guiado por ideas mercantis, de racionalidade positiva, cumha concepçom despolitizada da racionalidade económica, empresarial, e das dimensons tecnocráticas dos processos e da sua eficacia. Asume a lógica coercitiva e violenta dos processos burocráticos neoliberais. Som personalidades autoritárias porque carecem de contidos, procedimentos e valores sociais que contemplem o bem comúm.

Segundo J. Torres, o ser humano neoliberal precisa também do ser conservador. É um sócio necessário para fortalecer o neoliberalismo. Caracteríza-se pola ausência de empatia, rege-se polo presentismo, carecendo dumha cultura relevante e crítica para situar-se no curso da história. Tem um sentido comúm limitante e medo a arriscar. Carece de imaginaçom para criar possibilidades e alternativas distintas ao sistema neoliberal.

Só desde a atividade do ser neoliberal e conservador, pode entender-se a esclerose aplicada ao nascimento de muitas assembleias, dos modelos de eleiçom, direcçom, comunicaçom, imagem pública e finanzaçom de ANOVA.

Só desde a presença deste pensamento neoliberal e conservador também no resto das organizaçons que conformam a coaliçom, pode entender-se a planificada parálise das assembleias populares de apoio a AGE, ou a obstruçom dos vasos comunicantes que permitiriam converter em organizaçom popular, a energia liberada ante a unidade conseguida no processo desencadeado ao redor das eleiçons ao parlamento galego.

Só desde a presença deste pensamento neoliberal e conservador também no resto das organizaçons da esquerda nacional, pode-se entender o reumatismo que ataca qualquer processo de achegamento, pactos, estrategias conjuntas, que apontem a processos de acumulaçom de forças rupturistas.

Fronte a este conservadorismo neoliberal instalado dentro das nossas organizaçons políticas e sociais, cumpre construir e encher de contido o pensamento democrático e o ser socialista que está chamado a protagonizar a ruptura democrática que permita um processo constituinte, onde se expresse umha nova hegemonia: a do bem comum, a da cooperaçom, a da complementariedade, a da solidariedade, com nós, cos outros povos, coas outras especies, co planeta...

Esta construçom só pode ser umha criaçom colectiva, onde xurdam novas formas de liderado. Cumpre afortalar um modelo organizativo que libere as forças atrapadas nas aranheiras conservadoras e neoliberais, um modelo de horizontalidade e transparência que faga albiscar esse novo modelo social que aspiramos e precisamos construir. Se o parto se malogra e a realidade actual de ANOVA nom o permite, outros agromos faram a encomenda por nós, porque como di o Zeca “o povo é quem mais ordena”.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
---

xoves, decembro 26, 2013

Panxoliñas de Ve-la Luz: Que nada, nin ninguén che silencie! - Vídeo e moita solidariedade


Panxoliñas de Ve-la Luz.
"Que nada, nin ninguén che silencie!"

As compañeiras de Ve-la Luz que desta volta levan 16 días en Folga de Fame, despois de ter pasado con anterioridade outros 30 días, agasallan-nos con estas panxoliñas.


http://youtu.be/HkqjBgxkjkc

Conta do evento:
https://www.facebook.com/events/746760068685878

Asociación Galega para a defensa de mulleres e niñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos. Membros da Movemento Grito en Silencio de ámbito estatal Teléfono: 633098277 .

No facebook:
https://www.facebook.com/velaluz.degenero

Web da Asociación Vela Luz:
http://www.asociacionvelaluz.es/

Canle:
http://www.youtube.com/user/velaluzgalicia

Enlaces relacionados:

_________________

martes, decembro 24, 2013

A felicitación navideña do presidente de Uruguay, Pepe Mújica, devén nun discurso para a Humanidade: "Nacer significa honrar, non vivir a costa dos outros; non vivir roubando o esforzo aos demais"


Palabras do Presidente da República na súa audición radial do 24 de decembro de 2013 por Radio Uruguay



Fontes: radio uruguay - http://www.presidencia.gub.uy/sala-de-medios/audios/audicion-mujica-24-12-13.

É un gusto tomar esta conversación brevemente, por esta radio da Nación, que naturalmente nestas futuras horas, como todo o que dalgunha forma representa á Nación estará de garda. É unha data moi particular. Co diario do luns poderiamos facer algúns comentarios, pero hoxe o que conta é que para o mundo cristián e para as tradicións culturais "non necesariamente cristiás" que fixeron por todas partes este país laico, é un tempo de alegría e de festexo, pero é tamén un tempo de tristeza. As familias reúnense e reúnense con alegría, pero está a tristeza e a melancolía daqueles que xa non están e que, inevitablemente, compoñen unha parte do recordo.

É, pois, unha data que o noso pobo vive con intensidade por todas partes, de acordo ás súas posibilidades, data de loitos e de foguetes, pero hai moitos, moitos seres humanos nos recunchos da sociedade que están sós; sós porque si, porque a ruleta da vida así o quixo, ou están doentes ou están presos, perderon a súa liberdade, outros moitos estarán desexando abrazar ás súas familias porque estarán de garda; os que loitan pola saúde, pola seguridade, por todas partes na composición da Nación.

Algúns seguramente poderán gastar fortunas, dilapidarán en horas valores incribles, outros, no outro extremo da sociedade, haberá quen estarán conformes si logran comer algo; e todos, uns e outros, todos son o país, son "nós".

Aínda que ás veces as diferenzas de clases, os antagonismos relixiosos, filosóficos ou políticos poidan crear contradicións no noso acontecer; no fondo, todos compoñen o espazo de construción e de vida da Nación.

Pero quero determe un minuto nun abrazo simbólico aos máis novos, aos que necesariamente están espertando, aos milagres da existencia. Están mirando o futuro con alegría, con incerteza, recordar que ningún ben e ningunha gloria humana ten o valor do que se ten: o milagre de estar vivos, o milagre da vida. Nada, absolutamente nada é máis importante que a vida humana, para cada un dos que espertan en cada mañá; pero a vida humana é, primeiro de nada, ter tempo para vivila, ter unha marxe de tempo para vivila, vivir algo que naturalmente se ten e por iso tan frecuentemente, por telo, non se lle dá valor.

Hai que recordar algo moi sabido, a vida non se compra, non podes acumular diñeiro para comprar vida nunha tenda, nun supermercado, non están abertos os estantes dos fabulosos comercios para vender tempo de vida no planeta. Estásenos indo, pois, inexorablemente, por iso é un milagre, son tantas, tantísimas as chances en contra, e ao final, algunha desas chances terminará coa nosa existencia. Por iso á xente nova hai que machucarlle isto: Mozas e mozos onde estean, non deixen perder o milagroso tempo de estar vivos, non hai riqueza fácil, non hai meles que caen do ceo. Hai que, sinselamente, honrar o milagre de haber nado, e nacer significa honrar, non vivir a costa dos outros; non vivir roubando o esforzo aos demais. Diriamos, aquel consello asiático, "tanto ou arrocito".

Pero ao mesmo tempo que vives do teu esforzo, víveo con alegría, con humilde alegría cos teus, porque hai pouco máis que "un puñado de afectos", "un puñado de amigos" e un pouco de tempo para facer aquelas cousas que che motivan, o demais é puro ruído. Iso é o único que che queda, cóidao, non o malgastes.

Téñome que acordar da xente que está no cárcere e, sobre todo, dos raparigos que inutilmente han entorpecido e están perdendo anos de vida que deberían de estar gastando na alegría de vivir, na alegría do amor, na alegría de andar de face ao sol. Tempo para reaccionar hai sempre, sempre algo se pode facer, recordar que non hai nin gloria nin triunfo fácil e que o imposible costa, en todo caso, un pouco máis, pero o home e a muller que ten valor son aqueles que unha vez que caen teñen a forza e a coraxe de loitar para levantarse e aprender o necesario do costo que pagaron.

Así é, pois, o Nadal vén chea de alegría, de tristezas, de pesares, de cousas non logradas, de rutas maltreitas, dalgúns logros, de moitas esperanzas, de moitas ambicións e un pouco de foguetes e de vida, simbolizando o efémero das nosas existencias.

¡Saúde para todos!, en primeiro término, dentro deses todos, aos que están de garda; en segundo término, aos que teñen moi pouco ou non teñen nada, e en terceiro término, aos que teñen a coraxe de volver empezar cada vez que a vida "lle dá un tropezón". Sorte a todos e feliz Nadal.

______________

Mensaxe alternativa á do Borbón - Face o discurso do Borbón, propóñovos escoitar estoutra mensaxe, do Partido Comunista Português


Nunhas poucas horas o esperpento da monarquía española será retransmitido mentras ceamos. As súas palabras ocas, a súa retórica caduca, xa non enganan a ninguén. Porén, a alternativa non pode ser o silencio. Fanse precisas palabras de orde novas, propias. Para seren pronunciadas en acción polo pobo, como suxeito protagónico dos cambios que precisamos, e que máis cedo que tarde conquistaremos. Face o seu cinismo, debemos afirmar a nosa esperanza, o  noso esperanzador compromiso por facer posíbel a utopía necesaria. A confianza en que nas mans do pobo traballador está a posibilidade material de derrotar a quen nos explota, saquea e empobrece.
Nas mans do pobo traballador está a posibilidade material de derrotar a quen nos explota, saquea e empobrece.
Nunhas horas un Borbón volverá atragoarse cun discurso baleiro que non escrebeu. Fico certo de que non perderedes o tempo en o escoitar, mais pídovos en troca que atendades estoutra mensaxe. A pesar de estar destinada aos irmaos portugueses, acho que o seu contido, por boca do camarada Jerónimo de Sousa, é de plena utilidade para nós aquén-da-raia: alternativa patriótica de esquerdas, afirmando (conquistando) a nosa soberanía para a poñer ao servizo do pobo.


http://youtu.be/xvb-tbEf22A


Enviado por:
Xabier P. Igrexas
-xabiergz@gmail.com-
24 de dezembro de 2013 19:07

Esta noite non abonda con apagarmos a TV para non aturar o Borbón. | Recoméndovos escoitar estoutra mensaxe alternativa: http://www.contradiscurso.net/articulo/video1/mensaxe-alternativa-do-borbon/20131224190059000370.html | Unha aperta. | Xabier P. Igrexas | www.contradiscurso.net

______________

Comunicado de Nadal das Mulleres de Ve-la Luz que levan 15 días en folga de fame, despois de estar outros trinta, tan só 25 días antes


"Ante as situacións permitidas por un sistema de protección creado para as vítimas de violencia de xénero que nos tortura e nos somete, a mulleres e fill@s perpetuando o maltrato e empoderando ao maltratador"
Despois de  estar 30 días en folga de fame (do 15 de Outubro a 14 de Novembro), volven declararse en folga de fame por segunda vez [1], son un grupo de 8 mulleres galegas da asociación Ve-la Luz, vítimas de violencia machista e abusos; que a comezaron o luns día 9 de decembro ás 9 da mañá, de novo nun humilde e destartalado local, situado na rúa Eusebio dá Garda número 5 da Coruña. Afirman ser vítimas dunha dobre violencia: por unha banda, as brutais agresións ás que lles someteron primeiro os seus ex-compañeiros sentimentais; por outra banda, a fría inoperancia, cando non o desprezo ou a prevaricación, das institucións supostamente creadas para protexelas. Trátase dunha "submisión á barbarie" que -afirman- non as afecta só a elas, senón a todas as mulleres dun país, "onde ninguén parece xa querer ou poder cumprir as súas funcións". Desde Ártabra 21 queremos amosar a nosa solidariedade e difundir a súa loita e reivindicacións. Estas mulleres continúan en folga de fame cuxas circunstancias poden-se seguir nos diferentes enlaces que acompañamos ao citado comunicado.

A continuación transcribimos o seu Comunicado de Nadal.

Que facer cando a violencia provén dos que deben velar polos nosos dereitos?

Ao noso goberno di preocuparlles "os que van nacer" cando na actualidade miles de menores en España non toman leite e as súas familias atópanse na desesperación de verse imposibilitados polos recortes para poder cubrir as necesidades máis básicas dos menores; e xa non falemos si eses menores teñen algunha enfermidade ou minusvalía, posto que ante a carencia de axudas están invitados á morte. De xeito atentatoria contra a poboación o noso goberno di lexislar, sen ter en conta que resulta incompatible coa cantidade de recortes diarios manter unha mínima dignidade de vida.

Recortan os dereitos das traballadoras e traballadores fomentando a escravitude, recortan os dereitos das mulleres atándoas a leis inconstitucionais; recortan o dereito ao acceso á xustiza, recortan o acceso á vivenda e fomentan o desamparo da poboación mediante os desafiuzamentos, recortan, recortan.

E cal é o resultado? o resultado é un exército chamado poboación cheo de desesperanza.

Todas as nosas demandas foron sempre baseadas na protección de menores, dado que esta cumpre unha dobre función: a primeira e principal, protexer aos que máis sofren, os menores, do maltratador; e, en segundo lugar, protexer á vítima evitando a perpetuación do maltrato a través dos menores. Trátase duns obxectivos de mínimos que non figuran entre as prioridades nin das institucións nin dos órganos e profesionais da xustiza.

E isto é a desidia institucional, a pantomima de facernos crer que hai diferentes partidos e ideoloxías, cando todos carecen de principios, valores e ética importándolles o seu eu por encima de todo e de tod@s. Estes mesmos tiranos disfrazados de demócratas están utilizando o castigo da invisibilización, da normalización de actos violentos e da culpabilidade ... algo ao que nós xa estamos afeitas e preparadas.

Pese a todas as pedras que nos poñen no camiño, as mulleres de #VeLaLuz mantémonos firmes na loita, desexándolles a tod@s aquel@s que son responsables da nosa ausencia de liberdade un feliz Nadal en compañía das súas familias, posto que nós non poderemos facelo.

Cando as institucións deixaron de representarnos,

¡¡CHAMAMOS Á REVOLUCIÓN!!

Decembro, 2013
Gloria Vázquez

Conta do evento:
https://www.facebook.com/events/746760068685878

[1] Noticia que explica os motivos da folga de fame que comezaron as mulleres da Asociación Velaluz o pasado 14 de outubro http://www.publico.es/479275/encadenadas-a-su-pasado-y-al-laberinto-de-la-justicia

Asociación Galega para a defensa de mulleres e niñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos. Membros da Movemento Grito en Silencio de ámbito estatal Teléfono: 633098277 .

No facebook:
https://www.facebook.com/velaluz.degenero

Web da Asociación Vela Luz:
http://www.asociacionvelaluz.es/

Canle:
http://www.youtube.com/user/velaluzgalicia

Enlace relacionado:
Despois de 30 días en Folga de Fame, 8 mulleres de Ve-la Luz comezaron hoxe unha nova Folga de Fame contra as represalias xudiciais por cuestionar a xustiza; a desprotección dos menores ante os seus agresores; a normalización social e mediática da impunidade; a corrupción e negocio en torno ás vítimas da violencia
__________________

Videoclip do tema "Berros de Pedra" do grupo NOM

Tags

NOM


Creada no 2013 por xente que toca en outras bandas de Ordes (kastoma, chicharo psicótico, electróxeno) , esta a punto de gravar o primeiro traballo, unha demo de cinco temas propios. Diriase que andan entre o heavy e o hardrock mais primitivo pero eso decidirao o publico nos non poñemos etiquetas.

Compoñentes:
  • Soneira (voz)
  • Gael (guitarra)
  • Prego (bateria)
  • Suite (baixo)
Videoclip do tema "Berros de Pedra" do grupo NOM que agradecen a  Mou (rapapoulo estudios) a súa paciencia e a Jacobo polo seu traballo de montaxe, e a todos o que fixeron posible esta gravación: "A loita continua: contra a mina de corcoesto contraminacion".


http://youtu.be/m91xfj6yGJ0


Fonte: http://musicaengalego.blogspot.com.es/
____________

Fuco Buxán A.C. achega un vídeo fotográfico recordatorio do 2013

A A.C. Fuco Buxán agradece a todas e todos a vosa atención neste ano que remata e desexa un 2014 cheo de forza e solidariedade para seguir traballando por conquerir unha sociedade máis xusta e igualitaria na que os dereitos da cidadanía sexan respectados.


FB2013 de Fuco Buxán en Vimeo.
http://vimeo.com/82491864

A nosa web:
www.fucobuxan.net

Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/

Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/
Picasa
https://picasaweb.google.com/106726281086842107689
Youtube
http://www.youtube.com/user/fucobuxan
Vimeo
http://vimeo.com/user18058474

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
22 de dezembro de 2013 16:04
______________

domingo, decembro 22, 2013

As grandes eléctricas españolas duplican os beneficios das europeas - A mantenta do 'Tarifazo Eléctrico'


As grandes eléctricas españolas duplican os beneficios das europeas


Mentres se madura a próxima subida da luz que vai afondar en que esta enerxía se converta nunha das máis caras do continente e que máis subiron (incluíndo a subida do próximo mes de xaneiro, a electricidade pode encarecerse case un 80% na última década, profundando a crise polo medio) segue o debate do déficit tarifario e a súa posible titulización con aval do Estado, é dicir por parte de todos. As grandes empresas eléctricas xa se beneficiaron dos ingresos por custos de transición á competencia, a moratoria nuclear, as axudas ao gas, ao sector do carbón, entre outras; e todo iso na procura de máis competencia, ao compás marcado pola OCDE e as Directivas da UE, ao obxecto de lograr un mercado máis eficiente e polo tanto unha redución de custos que deberían trasladarse aos prezos.
Nun país ineficiente e mal planificado como o noso, as súas empresas eléctricas son as máis rendibles do continente
Por outra banda, non é nada evidente que a orixe do déficit tarifario, a famosa diferenza entre custo real e o calculado, que xerou unha débeda que supera actualmente os 26.000 millóns de euros, valorouse de forma correcta pois se basea en acumulacións sucesivas ao valor de orixe (Marco Legal Estable), e ademais ese valor estimativo alcanzouse a partir dos datos das propias compañías (iso si auditadas cara a dentro), aínda que logo sexa asumido polo Estado tras informe da Comisión Nacional de Enerxía e a aprobación de Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

A análise completa do asunto do déficit eléctrico é extenso e atende a varias causas; aquí soamente apúntanse dúas delas por contradictorias: a alta rendibilidade das empresas españolas respecto á contorna europea e a debilidade da competencia do mercado.

A análise apóiase no recente artigo publicado na Revista de Obras Públicas dos Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, no seu número de novembro 2013, no artigo de Fernández Mato, E. e Avellaner, J. "Novas actividades e negocios no sistema eléctrico: a xeración distribuída". De devandito artigo extraéronse unha serie de análise, coa autorización dos seus autores:

Alta rendibilidade
"Debe facerse constar que as nosas empresas eléctricas teñen uns ratios de rendibilidade bastante superiores á das súas homólogas europeas. Non é lóxico que no noso país, coa crise económica que estamos soportando, todas as grandes empresas eléctricas españolas sigan tendo máis beneficios que as grandes empresas europeas".

Falta de control
"A benevolencia do regulador coas empresas eléctricas demóstrase na falta de control e a xenerosidade nos criterios de fixación de tarifas: malia a liberalización teórica, polo menos no 50 % son prezos regulados para remunerar investimentos en xeración, transporte, distribución, ademais dos custos de transición á competencia,a moratoria nuclear, 30 anos logo da decisión, e o incentivo ao carbón nacional.

A comparación dos parámetros de rendibilidade resumiuse no cadro achego que recolle as facturacións, os Ebitda, (é dicir, o resultado empresarial antes de: intereses, impostos, depreciacións e amortizaciones produtivas) e os resultados das principais empresas españolas e europeas; no que se pode ver que nun país ineficiente e mal planificado como o noso, as súas empresas eléctricas son as máis rendibles do continente".
O cadro e o texto extraéronse do artigo publicado na Revista de Obras Públicas de novembro 2013, e do artigo: "Novas actividades e negocios no sistema eléctrico: a xeración distribuída", con permiso dos seus autores.

Media semestral das empresas analizadas. Periodo 2011, 2012 e primeiro semestre de 2013.
Clicar na imaxe para ampliar

No cadro obsérvase como as compañías españolas obteñen resultados de facturación en porcentaxe, moito maiores que as empresas europeas, con resultados finais (en euros) similares e ata maiores que as empresas europeas. Os resultados antes de impostos Ebidta tamén son moito maiores (excepto no caso de EDF que son similares). É dicir beneficios moi importantes nestes anos de profunda crise.

As causas que sinalan os autores no artigo sobre o mercado son: áreas de actividade máis amplas e competitivas baseadas en fortes interconexións físicas e económicas; maior fortaleza e participación das asociacións de consumidores, etc. Pero ademais cabería sinalar, entre outros, a errónea planificación empresarial e a deficiencia de supervisión da Administración, ao longo de máis dunha década e que levou ao sistema a alcanzar: un sobre-equipamento termoeléctrico inasumible, pola carga financeira que introduce no mercado, amplificado pola necesidade de levar a cabo un novo ciclo de investimento tecnolóxico avanzada no parque operativo termoeléctrico, ademais de dispoñer dun nivel de diversificación (índice de Shanon-Wiener) desaxustado; e, finalmente, unhas perdas do sistema inaceptables.

En conclusión unha mestura explosiva de ineficiencia e ineficacia aflora neste sector. Todas estas cuestións técnicas anotadas poderán ser ou non discutibles en canto á intensidade da mesma e o seu peso no resultado final dos prezos, pero sumadas ao cadro económico-financeiro presentado anteriormente sinalan unha perda moi importante do histórico posicionamento de excelencia que a industria eléctrica española asumiu en ciclos anteriores e que serviu de motor da economía española e un intento por manter as rendibilidades aos accionistas a base de prezos altos. Esta situación require tomar decisións importantes tanto ao lado público como ao lado privado, e con carácter inmediato, a fin de recuperar o pulso que a Sociedade demanda dela en beneficio da propia Sociedade.

Competencia cuestiona a poxa do 19 de decembro

Por Redacción web Diagonal
A poxa celebrada o 19 de decembro estableceu unha subida media do 11% das tarifas eléctricas a partir de xaneiro. O impacto da noticia levou á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia a invalidar póxaa Cesur pola concurrencia de "circunstancias atípicas". Nas próximas horas, Industria tense que pronunciar sobre un incremento na tarifa de último recurso que incrementa de novo un recibo que subiu un 80% desde o comezo da crise.
Artigos relacionados:


Publicado por Juan Avellaner e Fernando Prieto no xornal Diagonal | 20.12.2013
_____________________

sábado, decembro 21, 2013

A coordinadora local de Anova Ferrol constitúese e reparte as súas áreas de traballo

Tags
A coordinadora local de Anova Ferrol constitúese e reparte as súas áreas de traballo.

Ferrol.- A recen electa coordinadora de Anova Ferrol reuniuse o pasado xoves 19 de decembro co gallo de constituírse e facer o reparto de responsabilidades:
  • Xosé Manuel Pazo será o portavoz e coordinador.
  • César Manso será o responsábel de organización.
  • A responsabilidade de Acción Institucional recaerá sobre Xosé Diego Martinez.
  • Aurora Rivas será a encargada da área de Acción Social.
  • Jennifer Prieto será a responsábel de Acción Feminista.
  • Adrián Acción farase cargo da responsabilidade de redes e comunicación, mocidade e ecoloxía.
A Coordinadora de Anova Ferrol comeza esta andaina chea de ilusión por traballar en contra das agresións que día a día estamos a recibir, especialmente na nosa cidade.

Correo-e:
ferrolanova@gmail.com

Blogue:
http://anovaferrol.blogspot.com.es/

Anova Ferrol nas redes sociais:
https://www.facebook.com/anova.ferrol.7
https://plus.google.com/100696055681127845117

Web oficial de Anova:
http://anova-galiza.org/

Web oficial de AGE:
http://alternativagalega.com/

Foto: Na ofrenda no Monumento 10 de Marzo | Ferrol | 10.03.2013

Enviado por:
anova.ferrol
-anova.ferrol@galicia.com-
21 de dezembro de 2013 13:57

___________

O Grupo Municipal de EU critica o resultado final das obras na praza de España: un desastre funcional e esteticamente un bodrio

O Grupo Municipal de EU critica o resultado final das obras na praza de España: un desastre funcional  e esteticamente un bodrio. | Esquerda Unida considera  lamentable que o Partido Popular se esconda do seu proxecto de Praza de España.

O Partido Popular e o Alcalde Rey Varela rematan o vodevil da praza de España tal e como o comezaron o mentor político do señor Rey e o seu compañeiro Vilariño cando o da performane do  pico e a pala: con un espectáculo lamentable e bochornoso.

En primeiro lugar é lamentable todo o conxunto de decisións tomadas para chegar a un malgasto dun millón de euros. Neste punto non imos insistir máis xa que abonda co moito que xa se dixo no seu momento e os ouvidos xordos dos nosos gobernantes, insensibles ao sufrimento da xente do común e extraordinariamente atentos a cumprir con supostos mandados e compromisos electorais que, no fondo, son actuacións dun programa  impregnado de revanchismo político.

En segundo lugar é lamentable que o propio Alcalde inaugure o labirinto da praza aludindo a unha rocambolesca comparativa coa situación de hai doce anos. O labirinto inaugurado metéuselle nos miolos e agora temos un labirinto mental  do señor Rey. Non señor Rey, a cuestión é se había ou non que investir en cousas como levantar o chan recén feito e volver a poñer outro modelo, se había que retirar un xardín e deseñar e poñer outro, se había que defender ou non disparates como o de que non hai prazas sen árbores etc. vostede ten  que asumir que procedeu de maneira aloucada a executar compromisos sen sentido en virtude de argumentos irracionais É, amodo de exemplo, o disparate seguinte: non me gusta a praza de Armas e arrecende a estética franquista ergo levanto o chan da praza e póñoo novo, “de vermello- Ferrol” a poder ser. Adubío todo co discurso dos postos de traballo, investimentos, plan de barrios e demais e asunto concluído. Pero a cidadanía non está para estas bromas. Nin para estas nin para ningunha outra. É literalmente impresentable a súa actitude, politicamente cobarde, de non asumir as súas propias decisións e inaugurar a súa magna obra pola porta de atrás, con disimulo e con declaracións infumables. Un auténtico laberinto mental.

Porque, e en terceiro lugar, a obra é un atentado ao bon gusto. Sen dúbida o peor proxecto de todos os posibles. Esquerda Unida sempre foi respetuosa como organización cos profesionais que presentaban as súas propostas e ofertas pero hai que dicilo, agora xa, unha vez concluídas: é tecnicamente un bodrio e estéticamente horrible; dá arrepíos e é un atentado ao gusto. Nin é praza, nin é xardín nin hai concepto regulativo que recolla o feixe de impresións de tal cuadro: unha mistura kitsch que só con bo humor ferrolano conseguiremos dixerir. Bo nadal, señor Alcalde. Parabéns, señor Evia. Debeulles quedar a cabeza aliviada.

Ferrol a 21 de novembro de 2013

Grupo Municipal

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
21 de dezembro de 2013 13:51

Bo dia. Adxunto enviamos nota do grupo municipal sobre a inauguración da praza de España. Grazas e un saúdo. Secretaría de Comunicación. CPL- EU Ferrol.

____________

En Ferrol como no conxunto das cidades galegas, sobre as 7 da tarde, concentraban-se numerosas persoas para denunciar e protestar ante tal atropelo contra os dereitos das mulleres - O Consello de Ministros aprobaba o anteproxecto de reforma da lei do aborto

Concentración en Ferrol - 20 de Decembro de 2013 -Foto: Fer Ocampo M.

Onte o Consello de Ministros do, polo de agora, Reino de España, aprobaba o anteproxecto de reforma da lei do aborto. Contrareforma conservadora con nome eufemístico: 'Anteproxecto de Lei Orgánica de Protección da vida do Concibido e os Dereitos da Muller Embarazada', que reforma a actual  'Lei orgánica 2/2010 de Saúde Sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo'.

 En Ferrol como no conxunto das cidades e varias vilas galegas, sobre as 7 da tarde, concentraban-se numerosas persoas para denunciar e protestar ante tal atropelo contra os dereitos das mulleres. A convocatoria a realizaba a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, para rexeitar esta contrarreforma do goberno  do PP, contra Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos. No conxunto do territorio do Estado tamén saíron ás rúas e prazas miles de persoas.

No acto de Ferrol, participaron numerosas persoas, moitas delas portaban unha candea en sinal de do. Estes recortes en dereitos só van traer máis sufrimentos e dor para as mulleres.  No transcurso do acto berraron-se diferentes consignas contra o atropelo reaccionario e integrista da dereita española que queren impoñer a súa hipócrita moral ao conxunto da sociedade. Só hai que ver as diferentes portadas dos xornais conservadores (La Razón, ABC, La Gacdeta, ...) intentando manipular a realidade. O comunicado unitario foi lido pola compañeira Tereixa Pereiro Garcia da Marcha Mundial das Mulleres. A loita continua.

A continuación transcribimos a reportaxe publicada no xornal dixital 'Praza Pública', xornal que fornece importante e numerosa  información e opinión (baixo licenza
Creative Commons by-sa), no camiño da construción dun país normalizado, xusto e libre que merece o noso apoio.

O día a día cunha nova lei do aborto que xa é contestada na rúa

Tan só poucas horas despois de que o Consello de Ministros aprobase o anteproxecto de reforma da lei do aborto, e logo de que o ministro Ruiz Gallardón a xustificase en rolda de prensa, centos de mulleres saíron ás rúas nas concentracións convocadas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto en varias cidades do país. "Nin un paso atrás nos nosos dereitos", berraron unhas manifestantes que volveron denunciar o retroceso en 30 anos que supón unha contrarreforma que só contenta o sector máis extremo e radical da dereita española.
"Fóra os rosarios dos nosos ovarios", berraron as mulleres que se manifestaron este venres en varias cidades galegas
"Nós parimos, nós decidimos" ou "fóra os rosarios dos nosos ovarios" foron algúns dos cánticos máis repetidos nas mobilizacións das sete cidades galegas, ademais das de Cangas e Ribadeo. "Que desilusión, que o pai de Gallardón non puxera un condón", chegouse a berrar tamén nunhas marchas que demostraron a rabia e indignación dun colectivo que "nin nos peores presaxios" imaxinaba unha contrarreforma "tan dura" que tamén foi contestada en moitos outros lugares do Estado.

Protestaban as mulleres contra o anteproxecto de Lei para a Protección da Vida do Concibido e dos Dereitos das Mulleres Embarazadas. Unha iniciativa que, de aprobarse, provocará que as mulleres que queiran abortar en España se atopen con grandes dificultades para facelo. Se coa lei actual de prazos, aprobada en 2010, as que queren interromper de forma voluntaria o seu embarazo dentro das primeiras 14 semanas de xestación -o 89,77% das que abortan fano antes das 12 semanas- non deben acreditar ningunha razón, coa futura reforma deberán sempre xustificar cun ditame médico que seguir co embarazo pon en risco a súa saúde mental.
Dez casos sobre como poderían abortar as mulleres en España, baseándose na proposta do Goberno e en casos ficcionados baseados en datos e perfís reais
A continuación, explicamos como as mulleres poderían abortar en España de aprobarse a reforma do PP, en base á información ténica facilitada polo Ministerio de Xustiza, con casos ficcionados baseados en datos e e perfís reais.

1. Ana e seus pais

Ana ten 16 anos, vive cos seus pais e quedou embarazada. A noticia é un shock para seus pais, pero están de acordo con ela en non seguir adiante co embarazo. Eles deben, por lei, consentir o aborto. Van ao médico de cabeceira, onde a moza explica que está sometida a unha forte tensión e ansiedade pola situación, que de seguir co embarazo pode afectar á súa saúde mental. Ten sorte. O seu médico non se declara obxector de conciencia. Remítea con carácter de urxencia a unha consulta psiquiátrica. Este especialista deberá acreditar que efectivamente a saúde mental de Ana periga. Ademais, Ana e seus pais deberán buscar outro especialista médico, dun centro diferente de onde se vaia a practicar o aborto, que asine o ditame que acredita o risco. Pero iso non é todo.

A continuación, Ana deberá acudir aos Servizos Sociais da súa Comunidade, onde a informarán por escrito e de maneira verbal, "que a vida do non nado constitúe un ben xurídico protexido pola Constitución". Ademais, explicaranlle as prestacións sociais, públicas e privadas, ás que ten dereito en caso de continuar co embarazo e contaranlle "as alternativas existentes" ao aborto como a adopción. Daranlle un certificado coa data na que recibiu esta información. Outro médico, alleo ao centro no que se realizará o aborto, deberá explicarlle "os riscos que a interrupción voluntaria do embarazo pode levar para a saúde da muller e para a súa maternidade futura", entre outros aspectos. É un momento moi difícil, pero tras recibir toda esta información, Ana mantense na súa decisión de abortar. Pero aínda terá que agardar sete días, o período de reflexión ao que obriga a lei. Pasado ese tempo, Ana pode xa interromper o seu embarazo, despois de asinar o consentimento informado que require calquera intervención hospitalaria.

2. Marta e o seu pai maltratador

Marta acaba de cumprir 17 anos e acaba de decatarse que está embarazada. Non quere ese fillo. Así que acode cunha amiga aos servizos sociais. Alí dinlle que se quere abortar, ademais de acreditar que corre perigo a súa saúde mental cun ditame asinado por dous médicos, necesita o consentimento dos seus pais. Marta cóntalle ao traballador social que o seu pai a maltrata e ten moitísimo medo de contarlle o ocorrido. Infórmana que no seu caso pode solicitar ao Xulgado Civil de Instrución que decida sobre a súa situación. Debe explicar as súas "circunstancias persoais", así como "a identidade dos médicos que van realizar a intervención e das persoas interesadas no procedemento". Marta tamén deberá incluír, no seu caso, o informe médico que acredita que a súa saúde mental corre perigo, os certificados que constatan que recibiu a información dos servizos sociais e dos riscos médicos de someterse a un aborto. Nun prazo non maior a 15 días o xuíz pode investigar toda a información que considere relevante para tomar a súa decisión. El será quen diga se Marta ten a madurez suficiente para tomar esta decisión sen o consentimento paterno.

3. Berta quéreo ter

Berta apenas cumpriu 14 anos e estuda Segundo da ESO. Hai poucos meses que sae cun mozo, o seu primeiro noivo, e ten seis semanas de xestación. Ela só pensa en seguir adiante co seu embarazo. Pero ao contárllelo aos seus pais estes opóñense, cren que é moi nova para ser nai, e queren que aborte. Ela decide presentar unha solicitude de amparo ao xuíz, quen tras escoitar aos pais e á moza, decide darlle a razón aos pais xa que como Berta ten 14 anos o maxistrado debe atender "principalmente ao consentimento manifestado polos pais". Con todo, podería darse o caso de que o xuíz considerase que a decisión dos pais "fose contraria á protección do interese da muller", e resolvese que Berta pode seguir co seu embarazo.

4. Natalia quere unha carreira

A Natalia quédanlle dous anos para terminar Mediciña. Sorprendeulle moito o seu embarazo porque usaba un método anticonceptivo. Pero despois duns días de desconcerto e dunha conversa co seu noivo decidiu que non quere ter o bebé. Quere continuar cos seus estudos e é unha responsabilidade que non pode asumir. Acode aos servizos sociais e danlle toda a información que está obrigada a recibir por lei. Non lle importan as axudas que haxa, ela non quere ter un fillo. O de ter que esperar unha semana enteira mortifícaa, parécelle unha crueldade innecesaria. A ansiedade mesmo a leva a Urxencias unha noite. Son sete días eternos ata que finalmente pode abortar. A intervención vai ben, pero a recuperación tarda. Foron moitas semanas de angustia, de sentirse presionada para cambiar a súa decisión.

5. Cristina, a crise e o medo

Cristina e o seu marido chegaron hai cinco anos de Ecuador. Ten 32 anos e de momento as cousas non foron doadas. O diñeiro non é dabondo. El está no paro desde hai tempo, e a ela reducíronlle a xornada laboral, e polo tanto o seu soldo na empresa de limpeza onde traballa. Ela quere ter un fillo, pero tras unha tristísima charla decidiron que a falta de recursos pesa máis. Terán fillos cando teñan máis medios. Acoden aos servizos sociais, onde lle dan toda a información social, así como a médica. É un proceso moi doloroso. E tarda demasiado. O seu marido mesmo lle expón acudir a un coñecido do que lle dixeron que fai abortos sen necesidade dos trámites. Ela resístese. Nos sete días de reflexión, Cristina non deixa de pensar e asustarse ante as palabras do médico, que lles explicou os riscos que o aborto pode levar. Díxolles mesmo que podería non volver quedar embarazada. Unha amiga anímaa dicíndolle que é un risco mínimo. Finalmente danlle cita nunha clínica. Por sorte conta co apoio da súa parella. Despois de longas semanas o calvario acabou. A preocupación non.

6. Beatriz marcha a Londres

Beatriz ten 35 anos, vive coa súa parella desde hai tempo e ambos teñen uns traballos que lles permiten vivir de maneira folgada. Acaban de saber que ela está embarazada, pero decidiron abortar porque non queren ter fillos. Nunca os quixeron. Acoden directamente a unha clínica privada onde os informan dos pasos a seguir, como que deben ter un ditame médico, asinado por dous especialistas, que acredite que a saúde mental de Beatriz corre perigo se segue co embarazo, e que tamén deben acudir aos servizos sociais. Beatriz non está disposta a que un médico diga que as súas facultades mentais quedarían prexudicadas se segue co seu embarazo. Pero non ten outra opción. Non ten ningunha posibilidade de elixir agás alegar unha enfermidade psíquica. Así que ela e a súa parella optan por viaxar a Londres, onde unha amiga concertoulles xa unha cita nunha clínica. En menos dunha semana están de volta en España.

7. Familia numerosa
Paula ten tres fillos, de seis, catro e dous anos. Encántalle ter unha familia numerosa. Pero volveuse a quedar embarazada. Pasan unhas semanas de dúbidas, de exporse e reformularse o asunto. Finalmente ela e o seu marido deciden non ter un cuarto fillo. Está de 12 semanas cando acode ao seu médico de cabeceira para explicarlle que seguir co embarazo xéralle un estado de ansiedade terrible. O médico contéstalle que non pode axudala porque é objetor de conciencia ante o aborto. Paula e o seu marido, desconcertados, acoden a outro médico do mesmo centro, que lles responde o mesmo. A desesperación crece. E entre tantos intentos, as ausencias de ambos no traballo empezan a xerar problemas. Non o contaron por medo á presión dos demais. Finalmente, un terceiro sanitario derívalles á consulta de psiquiatría e failles o favor de chamar para que a atendan canto antes. Pero a mala sorte fai que dean cunha especialista que se nega a emitir o informe médico. Teme que o certificar risco psíquico nunha muller que é felizmente nai poida acabar nunha demanda dalgún grupo dos denominados provida. Desesperados e xa con varias semanas de xestación, deciden concertar e pagar unha cita nun centro privado para lograr o ditame médico. Respiran aliviados ao saber que os traballadores sociais da rede pública non poden acollerse á obxección. Finalmente Paula pode interromper o seu embarazo, xa con 18 semanas de xestación.

8. Irene e o seu dobre drama

Irene, de 34 anos, sofre un dobre drama e non pode compartilo con ninguén. Non foi capaz de contar nin sequera á súa familia que foi violada por un mozo que coñecera nunha discoteca. Non o denunciou. E agora sabe que está embarazada de 10 semanas. Baixo ningún concepto quere ter o bebé. No hospital explícanlle que debe acreditar a violación cunha denuncia -un requisito indispensable en caso de violación- e que debe acudir aos Servizos Sociais para que lle informen de todo o proceso. A cita atrásase e ten medo que pase o prazo máximo de 12 semanas nos que o aborto é legal en caso de violación. Son días de desesperación, porque ademais hai que contar coa obrigatoria semana de reflexión até poder interromper o seu embarazo a tempo.

9. Martina e o dilema

Martina e o seu marido queren desde hai tempo ter un fillo. Por fin ela quedou embarazada e todo transcorre ben ata que o seu xinécologo infórmaos de que o bebé nacerá con síndrome de Down. Está embarazada de 14 semanas, pero ambos cren que non están preparados para asumir esa responsabilidade. Deciden non ter un fillo nestas condicións. Dinlles que necesitan un informe, asinado por dous médicos distintos, que acredite que de seguir adiante co embarazo a saúde mental de Martina está en perigo. O paso polos servizos sociais é durísimo. Alí infórmanlle das supostas axudas que tería e dos recursos cos que conta a rede pública (e privada) para casos de nenos con esa discapacidade. Pero eles seguen sen sentirse capaces. E pensan en que pasará con ese fillo se eles morren. Tras obter o certificado de recibir a información médica e co ditame médico na man, Martina finalmente pode abortar.

10. Pilar e o peor diagnóstico


Pilar está xa na semana 22 de embarazo. Ela e a súa parella esperan impacientes a chegada da súa segunda filla. Pero na última visita ao seu xinecólogo déronlles unha mala noticia: o feto ten anencefalia, unha anomalía moi grave. Os médicos dixéronlle que morrerá ao pouco de nacer. Ante esta situación e por moito que a parella queira ter o seu fillo, non queren levar o embarazo até o final sabendo que o neno morrerá axiña. Explícanlles que un médico debe acreditar esta "anomalía" do feto e que ademais outro especialista debe certificar que esa "anomalía é incompatible coa vida" supón un grave perigo para a saúde psíquica de Pilar. Á dor de coñecer o peor diagnóstico para o seu bebé súmase un peregrinar por especialistas e psiquiatras que convirtan o seu caso en apto para someterse a unha interrupción do embarazo.

Por  Patricia Rafael e Miguel Pardo .

Recomendamos entrar na noticia orixinal en Praza Pública con comentarios, galerías fotográficas e máis información relacionada .

Publicado no xornal Praza Pública 21 de decembro de 2013 Licenza Creative Commons by-sa.

Praza  Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].
__________________