martes, marzo 25, 2014

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración de protesta, o Mércores 26 de Marzo, ante a entrada na Ría do 'LNG Trinity Arrow', cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa

Tags


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA
ÁS 7 DA TARDE, DO MÉRCORES 26 DE MARZO

O 'LNG Trinity Arrow', é un buque gaseiro de grande porte, pois ten 289.93 metros de eslora por 44,7 de manga e un calado de 12,07 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para o Mércores 26 de marzo de 2014. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supón xa a 166, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Son dúcias as entradas que se produciron despois de ditada a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Mércores, 26 de Marzo (despois da Manifestación en Defensa da Sanidade Pública, contra as privatizacións que convocan os sindicatos co apoio da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol), sobre ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Características do buque.-
Nome.-Trinity Arrow, Bandeira.- Panamá, Eslora.- 289.93 m, Manga.- 44.7 m, Puntal.-   26 m, Calado.- 12.07 m, Capacidade.- 154.982 m³ de GNL
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
25 de março de 2014 11:02
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon