mércores, abril 30, 2014

CUO e o 1 de Maio: Día do Internacionalismo Proletario

1 de Maio: Día do Internacionalismo Proletario.

Unidade Obreira e FOLGA XERAL! | SÓ CON LOITA E SEN PACTO SOCIAL PODERÁ HABER VITORIA | CONVOQUEMOS OUTRA FOLGA XERAL

Desde o estourido da actual crise xeral capitalista as condicións laborais e de vida das clases traballadoras e capas populares están sendo golpeadas pola implantación de medidas antiobreiras que teñen un só obxectivo: cargar as consecuencias da crise sobre as costas da maioría traballadora.

Para iso a burguesía e os seus gobernos de quenda non están dubidando en arrasar os dereitos históricos adquiridos, demostrándose unha vez máis a falacia que tratou e trata de presentar ao capitalismo como o modo de produción capaz de asegurar un futuro digno, próspero e estábel, tamén para a clase obreira.

Pero a crise estrutural do capitalismo tamén mostra o papel que cada estratexia de loita xoga neste escenario de crise. Tras as contundentes Folgas Xerais convocadas de mala gana polas cúpulas sindicais ante a esixencia das mesmas pola clase obreira, volve abrirse o debate sobre o Pacto e a Paz Social.

Para os CUO o debate está claro, o Pacto e a Paz Social son -por definición- renunciar a conquistas adquiridas a cambio de que non nos ameacen con algo peor. E tres décadas de sindicalismo de pacto social demóstrano pois só conseguiron que reforma tras reforma laboral e pacto tras pacto social se nos vaian liquidando os dereitos adquiridos mediante a loita desenvolvida anteriormente por un modelo sindical de clase.

Por iso os CUO apostamos por abrir un período de mobilizacións sostido no tempo e que aumente progresivamente o nivel de confrontación ata derribar todas e cada unha das medidas que os sucesivos gobernos do capital han ir aplicando. E usando a arma da Folga Xeral como principal elemento de loita.

Por iso, para os CUO, neste 1 de Maio, debe manifestarse a actitude militante dunha clase obreira que sitúe con moita claridade unha serie de elementos:

  • A defensa da data do 1 de maio como día internacional de combate da clase obreira e que a enmarca con orgullo no recordo da súa historia de loita.
  • O rexeitamento frontal á chamada paz social como práctica suicida para os intereses da clase obreira.
  • A necesidade de pasar á ofensiva, a organizarse e preparar as mobilizacións necesarias para non só recuperar aquilo que nos está sendo arrebatado, senón para desposuír dos seus privilexios a unha minoría cuxa opulencia descansa sobre as nosas condicións de traballo e de vida, cada vez máis penosas.
  • A disposición inequívoca de manter a loita ata o final contra un sistema que demostrou que nada trae de bo para a clase obreira e os sectores populares.

1º DE MAIO 2014

COMITÉS PARA A UNIDADE OBREIRA (CUO)

www.unidad-obrera.org

cuogaliza@gmail.com

--
Comités para a Unidade Obreira (CUO) - Galiza

Enviado por:
Comités para a Unidade Obreira (CUO-Ferrol)
-cuoferrol@gmail.com-
30 de abril de 2014 13:21
_____________

luns, abril 28, 2014

A Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública Galega e as causas do incremento das listas de espera


A Asociacion Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere denunciar, unha vez máis, o incremento das listas de espera en Galicia, consecuencia da política de recortes no gasto, actividade e persoal sanitario, que veñen desenvolvendo a Consellería de Sanidade coa escusa de facer fronte á crise e garantir o pago do rescate dos bancos e do endebedamento cos mercados de capitais.

1.- O número de pacientes en espera quirúrxica experimentou un incremento substancial desde o ano 2009, pasando de 34.403 a 38.106 pacientes (contabilizada na mesma data de 31 de marzo), o que supoñen 3.703 pacientes máis en espera de operación.

2.- No caso dos pacientes en espera quirúrgica de máis de 12 meses o incremento foi moito máis importante, pasando de 148 pacientes en 2009 a 833 en 2014 (un pouco maior que  na mesma data do pasado ano).


3.- En canto ao tempo medio de espera quirúrxica o empeoramento tamén foi importante, pasado de 71 a 83 días (12 días máis de espera media).


4.- Os tempos para realizar probas diagnósticas en Resonancia Magnética, intervencionismo vascular ou endoscopia dixestiva (por escoller algunhas das máis representativas) tamén experimentaron un importante aumento.

5.- Para rematar queremos denunciar, por enésima vez o escurantismo e maquillaxe das listas, dado que os chamados buzóns almacenan numerosos pacientes que non conta en situación de espera  e seguen sen publicarse os datos das listas non estruturais que segundo estudos da nosa asociacion, realizados nalgunhas localidades, poden supoñer tantos pacientes como os publicados.


Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

26 de abril do 2014

Tno 669704177
--
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
27 de abril de 2014 23:19
www.plataformadspferrol.blogspot.com
________________

xoves, abril 24, 2014

Levantemos a dignidade desta comarca: Todas e todos diante da antiga porta do estaleiro o martes 29 de Abril ás 7 da tarde


Axudemos a levantar a dignidade desta comarca:
Todas e todos diante da antiga porta do estaleiro
o martes 29 de Abril ás 7 da tarde.

QUEN?

As Marchas da Dignidade que viven, medran e marchan en Ferrolterra.

QUÉ?


Concentración de protesta e asemblea aberta, micrófono aberto.

CANDO E ONDE?

O próximo martes 29 de Abril ás 7 da tarde diante da antiga porta do estaleiro, fronte ao Campo de Ferrándiz en Esteiro (Curva da Estrada de Circunvalación en Esteiro).

POR QUÉ?

Porque en Ferrol Terra temos DIGNIDADE. Somos unha comarca loitadora, que se rebela contra as decisións políticas que a agreden.

Porque queremos recoller o exemplo que as miles de prendas de roupa colgadas na rella da antiga Bazán simbolizan, se o pobo está unido si se pode.

Porque non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido condenarnos a pobreza e ao traballo sen dereitos, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido facer da nosa comarca un deserto en ruínas, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido facer dos nosos dereitos o seu negocio, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido que a nosa ría continúe a ser unha esterqueira e non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido a liquidación dos nosos estaleiros.

Porque se as loitas se unen si se pode: a loita d@s pensionistas; a loita d@s preferentistas; a loita polo dereito ao aborto e contra a violencia machista; a loita pola defensa da vida e da Ría fronte a ameaza de Reganosa; a loita sindical contra os EREs e na defensa dos postos de traballo; a loita contra os desafiuzamentos e pola vivenda digna; a loita pola defensa da sanidade, o ensino e os servizos públicos; a loita en defensa da construción naval, polo levantamento do veto á construción naval civil e pola construción do dique flotante, a loita polo saneamento integral da Ría; contra os recheos da Malata, o tren polo norte; a loita pola rehabilitación de Ferrol Vello, do barrio de Recimil, e do resto do Ferrol desafiuzado; a loita en defensa e rehabilitación do Mercado de Caranza; ...

Seguiremos marchando ...  : polo dereito ao traballo; polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica;  polo dereito a unha vivenda digna, polos servizos públicos, a sanidade e a educación; contra a corrupción , os corruptos e os corruptores; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga; contra a estafa e o roubo bancario; ... pola dignidade.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
24 de abril de 2014 21:01

_____________

A nosa comarca está en emerxencia, o 1º de Maio nas manifestacións obreiras e en 'Rodea o Concello'


Este 1º de Maio na nosa cidade, coma no resto do planeta, transcorrerán manifestacións para defender os dereitos das traballadoras e os traballadores, no 'Día do Internacionalismo Proletario'. Pero na nosa comarca este 1º de Maio ten que ser de loita e vixilia ante a emerxencia social que estamos a vivir. É por iso que un grupo de cidad@s activos na defensa de Ferrolterra, convocamos a toda a cidadanía a participar nestas manifestacións, e inmediatamente despois, de 13 a 22hs,  RODEAR O CONCELLO, en defensa das seguintes reivindicacións:
1ª Inversión inmediata a través dos concellos para a contratación pública de traballadores/as para conservación do patrimonio, rehabilitación, limpeza de montes, da Ria...

2ª Paralización, ante situacións de paro, dos desafiuzamentos, cortes de auga e luz.

3ª Carga de traballo para os nosos estaleiros, incluído o dique flotante, e levantamento do veto.

4ª Plan de axuda ao pequeno e mediano comercio a través do creto, nova lei para regular e limitar a implantación das grandes areas comerciais.

5ª Recuperación da Ria a través do saneamento integral. Paralización do trazado da Malata e da actividade ilegal, perigosa e gravosa de Reganosa.

6ª Defensa dos servizos públicos, sanidade, educación, s. sociais, da dependencia, correos, xustiza...
CONTAMOS CONTIGO!

RODEA O CONCELLO!!!

O 1º de Maio de 13 a 22hs, no concello de Ferrol (trae velas).
______________

mércores, abril 23, 2014

Semana “Abril Portugués” no Ateneo Ferrolán - Do 22 ao 26 de Abril de 2014 - Estades convidad@s



Semana “Abril Portugués”


Organizan:
Ateneo Ferrolán e o Dpto. Portugués da EOI Ferrol, do 22 ao 26 de abril, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

* Mércores día 23 ás 20 h.

Palestra: Falamos da  ILP "Paz Andrade" que promulga a disseminação da Galiza da língua e cultura portuguesas e que chegou ao Parlamento galego encostada pela assinatura de 17.000 pessoa

Ponencia de Isabel Rei e Maria Castelo. Presenta Antia Cortizas.

http://www.sermosgaliza.com/articulo/lingua/parlamento-galego-aprova-unanimidade-uma-ilp-paz-andrade-amputada-pp/20140311141632025151.html

* Xoves día 24 ás 19,30 h.

Proxección da película “Aniki Bóbó”. (VO)

Director: Manoel de Oliveira

Interpretes: António Santos (I) Fernanda Matos Horácio Silva Nascimento Fernandes

Duración 68 m Xénero Drama País Portugal Ano 1942

Dous nenos, o Carlitos (Horácio Silva) e o Eduardinho (António Santos), gústalles a mesma rapariga, a Teresinha (Fernanda Matos). Un é audaz e atrevido; o outro é de carácter tímido, bo, sosegado. A rivalidade vaise acentuando e, un día, para agradar á súa apaixonada, Carlitos rouba unha boneca. Teresinha séntese inclinada para el até que un día, nunha inocente brincadeira, Eduardinho escorrega por un talud e cae ao lado dun tren que pasa. Todos pensan que Carlitos o empurrou e todos pasan a afastarse del, mentres Eduardinho sofre nunha cama de hospital. Carlitos pensa en fuxir nun barco ancorado de Massarelos, mais todo se esclarece por intervención do dono da tenda das tentacións que vira o accidente e que, no final, tira todas as sospeitas de cima do mozo Carlitos. E os nenos alí puideron de novo xogar aos policías e ladróns, ao xogo do Aniki-Bobó.

* Venres día 25 ás 19 h.

"Poesía Salvaxe. Grande Grándola"

ROGER DE FLOR AND SISTER e PEDRO CAMPOS


* Sábado día 26 de abril ás 12 h.

Sesión Vermú con Jorge Mirancos.

Celebrando ABRIL con Jorge Mirancos nunha Sesión Vermú onde haberá, como sempre, petiscos variados e de balde, cervexas ... e vermú.


Sortearemos tamén os bonos para o cadro de Suso Basterrecehea en apoio ao Ateneo Ferrolán.

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
22 de abril de 2014 20:08
_________

martes, abril 22, 2014

Socialemocracia e Eurocomunismo, ... Por Luís Matalobos

Por Luís Matalobos [*]
22 de Abril de 2014


É hora xa de facer autocrítica construtiva que nos sirva para sabermos o que temos que facer para combater o neoliberalismo que, cada vez máis, nos escraviza.

Na década do setenta socialdemócratas e eurocomunistas incorremos nun erro histórico para a loita obreira e das clases humildes e excluídas da sociedade moderna, isto foi aceptar o mercado como motor da economía, pensando que desde o Estado podíamos poñer medidas para controlalo; esta aceptación supuxo que nos cederan momentaneamente en Europa un estado de Benestar e uns avances importantes na conquista dos nosos Dereitos e desenvolvemento Social, na Sanidade e o Ensino, pero a cambio eles puxeron en práctica os seus métodos alienantes a través do seu Poder Mediático e o seu control absoluto do Ensino e formación dos cidadáns, solapando o poder eclesiástico, facendo individuos sen capacidade crítica, enganchados a un consumismo atroz de tal xeito que transformaron o ímpeto revolucionario do Maio do 68 nun aburguesamento masivo dos dirixentes dese movemento, das masas obreiras e dos estudantes, até o punto de facerlles pensar que liberdade é escoller entre Pepsi-Cola ou Coca-Cola, Burger King ou Mcdonalds ou ben un pantalón Levis ou Pepe Jeans, chegando a xente a pensar que a felicidade é ter unha segunda vivenda no monte ou na praia, cambiar de coche, televisor e lavadora cada 2 anos, ou de roupa, móbil e peiteado cada 6 meses, sendo a aspiración máxima deses individuos ter unha pizza e un Red Bull, mentres espera sentado no sofá que Messi meta un gol para saír sorrindo á rúa (Non estou moito no tema, mais semella que agora ten que marcar o gol un Cristiano por iso Rouco Varela, o ministro do Interior e outros saen tanto na moviola). Con isto a maioría dos obreiros transformáronse en burgueses alienados, rematando a loita de clases, imprescindible para ganarlles a partida o imperialismo neoliberal.

Non serei eu quen diga que naqueles tempos se puidera facer algo mellor que alistarse na Socialdemocracia ou no Eurocomunismo para favorecer a clase obreira, mais estamos en hoxe, e por tanto o recoñecemento de ese erro histórico ten que valer para corrixilo e volver a ser obreiros e estudantes revolucionarios, renunciando o consumismo e perpetrar loita de clases para derrotar, no primeiro lugar, ao Mercado e implantar a Economía Planificada ao menos nos sectores que implican os Dereitos Humanos Fundamentais: Alimentación e Enerxía, Traballo, Vivenda, Sanidade e Ensino; en segundo lugar acabar coa idea da empresa neoliberal: É un ente para o lucro do empresario, é en consecuencia leva implícito a explotación dos traballadores; e por último establecer dunha maneira efectiva Nacións e Estados Republicanos, Democráticos e totalmente Laicos.

Nada deste proceso revolucionario debe asustarnos porque a loita vai a ser pacífica e sen violencia, si ben contundente e de Insubmisión para as Leis e Ordes abusivas e imperialistas; de acción permanente e asfixiante para o poder, pero sobre todo ten que ser de participación masiva xa que somos máis dun 90% os perxudicadas, agredidos e desposuídas dos nosos Dereitos. A loita será pola Democracia seria, con un sistema Electoral Proporcional puro e mellorado de tal xeito que todos os votos teñan representación parlamentaria. Iso si, os partidarios de dar o poder a esquerda teñen que esixirlles, unha vez no poder, que promovan programas socialistas tales como que os emprendedores en vez de ir a escolas neocapitalistas para ser empresarios e explotar ás traballadores, se formen para ser cooperativistas e xestionar as empresas de forma asemblearia na procura de dar un servizo ou producir un ben que necesiten as cidadáns en función dunha Economía Planificada (e non polo lucro) sendo este tamén o obxectivo na Universidade, Investigación, etc.

Nota.- Artigo publicado por Luís Matalobos na súa bitácora persoal o 22 de Abril de 2014.

[*] Luís Matalobos Sobrado
, activista social, participa no Encontro Social de Ferrol Terra, e é membro de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo.

Bitácora persoal:
http://ateo-poeta.blogspot.com.es/

No twitter:
https://twitter.com/lmatalobos

Enviado por:
lmataloboss
-lmataloboss@gmail.com-
22 de abril de 2014 05:33

http://ateo-poeta.blogspot.com.es/
http://opoetadeinternet.wordpress.com/

______________

xoves, abril 17, 2014

As Marchas da Dignidade viven, medran e marchan en Ferrol Terra - As citas que veñen

OLLO!
A ASEMBLEA DESTE MÉRCORES 23 DE ABRIL,
É NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA, ÁS 6 DA TARDE.
PARTICIPA NON FALTES !!


As Marchas da Dignidade viven, medran e marchan en Ferrol Terra. Non podía ser doutro xeito. Somos unha comarca loitadora, que se rebela contra as decisións políticas que a agriden: a loita polo saneamento integral da Ría; contra os recheos da Malata; en defensa da construción naval, polo levantamento do veto; a loita pola defensa da sanidade e do ensino público; a loita contra os desafiuzamentos e pola vivenda digna; a loita sindical contra os EREs e na defensa dos postos de traballo, a loita pola defensa da vida e da Ría fronte a ameaza de Reganosa, a loita polo dereito ao aborto e contra a violencia machista, a loita d@s preferentistas, a loita d@s pensionistas... .a loita dunha maioría social que ve pisoteada a súa dignidade.

Porque en Ferrol Terra temos DIGNIDADE. Por iso o pasado 22 de marzo desprazámonos a Madrid en autobuses e en tren. Para defender a nosa dignidade e 10 puntos que definen os problemas e as solucións que nos unen para marchar. Por iso seguimos ilusionándonos por ampliar este espazo de encontro, loita e solidariedade que son as Marchas da Dignidade, onde todas e todos estamos chamados a participar amosando a nosa dignidade como pobo.

No mes de xuño do 2013, nas rellas da antiga Bazán, colgábamos miles de prendas de roupa nunha acción convocada por múltiples organizacións e artistas, no que se chamou CARGA DE DIGNIDADE. Na actualidade, moitas desas prendas desapareceron, e unha faixa coa palabra “dignidade” atópase nun estado lamentable.

A asemblea das Marchas da Dignidade queremos coller o relevo e propoñemos a toda a cidadanía, que somos a maioría social, a todas as organizacións sociais, políticas, culturais... LEVANTAR A NOSA DIGNIDADE, A DIGNIDADE DESTA COMARCA ENTRE TODAS E TODOS.

Trátase dunha acción simbólica, pero cun forte contido, porque quere lanzar unha mensaxe a aqueles que teñen decidido a liquidación dos nosos estaleiros; a aqueles que teñen decidido que a nosa ría continúe a ser unha esterqueira; a aqueles que teñen decidido facer dos nosos dereitos o seu negocio; a aqueles que teñen decidido facer da nosas comarca un deserto en ruínas e a aqueles que teñen decidido condenarnos a pobreza e ao traballo sen dereitos. Esa mensaxe é : “NON NOS RENDEMOS! ESTAMOS UNÍNDONOS! PORQUE SOMOS POBO! PORQUE TEMOS DIGNIDADE!”.

Únete a nós, fala na túa organización para que se una ás Marchas da Dignidade, participa nas próximas accións:

23 de abril.- Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra no Centro Cívico de Caranza ás 6 da tarde.

26 de abril.- Asemblea das Marchas da Dignidade de toda Galiza no concello de Teo. Xornada de confraternización, análise e debate. Haberá bus para desprazarse. Contactar en columnacaranceira@gmail.com ou no 629 068 300 [+Info].

29 de abril.- Levantemos a dignidade desta comarca! Todas e todos diante da antiga porta do estaleiro, fronte ao campo do Ánimas, ás 7 da tarde, para arroupar o acto de rehabilitación da pancarta “CARGA DE DIGNIDADE”. Posteriormente celebraremos una asemblea aberta.

1 de maio.- Aínda que non foi posible este ano unha convocatoria que unise á clase obreira e aos dirixentes sindicais nunha soa manifestación, nunha soa voz, contra as directrices da Troica (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional), facemos un chamamento á participación nas diferentes manifestacións que recorrerán as rúas de Ferrol.

Seguiremos marchando ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/

________

luns, abril 14, 2014

Con Reganosa de fondo: "A cadea do Gas fai de España o maior exportador de GNL de Europa", ... Por Anna Shiryaevskaya and Julia Mengewein


As plantas regasificadoras españolas están procedendo a "colocar" no mercado excedentes de GNL que compraran fai anos cando as previsións de necesidade de gas eran altas.  A prioridade de uso do carbón, as centrais hidroeléctricas, nucleares e as renovábeis para producir electricidade escacharon as estimacións das empresas gasistas españolas. Hoxe en día a utilización das plantas de ciclo combinado apenas alcanza o 10%. Hai o dobre de potencia xeradora de electricidade que a realmente necesaria. Estamos pagando, vía tarifa, un canon a estas plantas ociosas soamente por estar dispoñíbel. O peor, segundo planos do goberno parte delas van-se a hibernar (engraxar, empapelar e bólas de naftalina). Hai 7 plantas regasificadoras que están traballando ao 35%, e unha delas hibernando (O Musel - Xixón). Xa se produciron reaccións das eléctricas: Enel quere desfacerse de Endesa. Iberdrola quere vender e desmantelar plantas. Gas Natural está á espera. De momento di que non pecha a planta de Sagunto.



A cadea do Gas fai de España o maior exportador de GNL de Europa.

Por Anna Shiryaevskaya and Julia Mengewein [*]
13.04.2014


España superou a Noruega o mes pasado e convértese no maior exportador de gas natural licuado na rexión. A nación do sur de Europa nunca produciu Gas Natural Licuado (GNL).

O xiro é unha consecuencia da crise que conduciu que unha cuarta parte dos traballadores españois estean en paro ao debilitarse a economía durante nove trimestres consecutivos. Suministros de GNL contratados antes da crise estanse enfrontando, por sexto ano consecutivo, a unha diminución da demanda interna, impulsándo aos cargamentos de reexportación.

O comercio basea-se nos prezos en Asia e América do Sur que son ao redor dun 30 por cento máis alto que en Europa. Xapón está importando máis GNL logo de pechar as súas plantas de enerxía nuclear tralo desastre de Fukushima en 2011. Nacións sudamericanas están acelerando as compras logo dunha seca en Brasil que limitou o fornezo de enerxía hidroeléctrica e as ondas de frío nos EE.UU. freado os fluxos de gasodutos a México.

HISTORIA: O risco ruso no hábito da Enerxía en Europa

"Non ten moito sentido traer unha carga no terminal, descargalo e logo volvelo a poñer no barco e envialo a outro lugar", dixo onte por teléfono Andy Flower, un ex executivo de BP Plc, que agora é un consultor independente de GNL con sé en Caterham , Inglaterra. "Recárgalas ("exportación") son un xeito tolo de comportamento das empresas, pero é a realidade do negocio de GNL".

O custo do GNL entregado no noreste de Asia, é dun promedio, $ 16,65 millón de unidades térmicas británicas (BTU) durante o ano pasado e alcanzou un récord de 19,70 dólares en febreiro, de acordo coas avaliacións realizadas pola Intelixencia Mundial do Gas para as cargas puntuais a entrega en seis a oito semanas. No suroeste de Europa foron de 12,81 $ $/MBTU.

Sete cargas

Compradores españois como Iberdrola SA e Endesa SA están obrigados a comprar volumes de GNL en virtude dos seus contratos a longo prazo, a maioría das cales teñen unhas cláusulas de destino, é dicir, as cargas non poden ser desviados no mar.

HISTORIA: Por que os subsidios ao combustible en países en desenvolvemento son unha adicción económica?

España despachou sete metaneiros cargados desde os seus terminais de importación en marzo, segundo Enagas SA (ENG), o operador de rede con sé en Madrid. Isto contrasta cos cinco que despachou a gasista noruega de Hammerfest, única planta de Europa que converte o gas natural nun líquido por medio de congelación a menos 162 grados centígrados (260 Fahrenheit menos), de acordo cos datos de seguimento de buques compilados por Bloomberg.

"Os mercados de recarga ("exportación") foron moi activos en febreiro e a primeira quincena de marzo", segundo dixo Trevor Sikorski, xefe de Gas natural, Carbón Ltd. de Londres, o 4 de abril. "Os prezos baixaron, pero aínda hai incentivos para recargar -exportar-".

Grandes Incentivos

A nación do sur de Europa (España) volverá a exportar un récord de 10 cargamentos en abril e sete en maio, segundo os datos de Enagás. Iso implica que as exportacións nos primeiros cinco meses do ano serán o dobre dos realizados fai un ano. Noruega exportou seis cargamentos ao mes en promedio durante o ano pasado, segundo datos da nave de seguimento.

HISTORIA: segundo capítulo: Os clientes corporativos, IPO, Condi Rice, e Eddie Vedder

O buque Wilpride chegou baleiro, o 9 de abril, a Huelva no suroeste de España, segundo transmisións captadas por IHS Fairplay. Por outra banda, segundo os datos da páxina web de Enagás mostra que o buque está programado para volver cargar ("exportar") 150.000 metros cúbicos de gas almacenado.

Os envíos de Noruega caeron 7,8 por cento a 3,05 millóns de toneladas métricas en 2014, mentres que as re-exportacións de España aumentaron un 68 por cento a 2,13 millóns, ou o 51 por cento de recárgalas globais, de acordo co Grupo Internacional de proveedores de GNL , un grupo de presión con sé en Parides, tamén coñecido como GIIGNL. As importacións de España diminuíron 37 por cento, a 9,13 millóns de toneladas.

Os prezos do GNL en Asia poden caer até un mínimo de 12 dólares por millón de BTU para o final de 2015 debido aos novos proxectos de exportación de Australia e os EE.UU., de acordo con Sikorski. Iso pode facer que as reexportacións non sexan rendíbeis, segundo conversación telefónica con Howard Rogers, director de investigación de gas natural no Instituto Oxford para Estudos de Enerxía, do pasado 7 de marzo.

HISTORIA: Post Crimea: a Asociación de Exxon con Rosneft vese estraña.

A dependencia da UE


Os envíos ("exportacións") da Unión Europea tamén poden diminuír a medida que o grupo de 28 nacións queira reducir a dependencia do gasoduto desde Rusia, que prové o 30 por cento das súas necesidades. É a metade do gas que pasa a través de Ucraína e ademais as relacións da UE con Rusia son máis tensas, logo da anexión de Crémea o mes pasado.

España "ten que volver cargar e enviar ("exportar") o GNL ao mellor mercado spot", segundo dixo por teléfono o 7 de marzo Howard Rogers, director de investigación de gas natural no Instituto Oxford para Estudos de Enerxía. Pero podería ser que "nun par de anos podería haber un cambio de ser unha especie de oportunidade de lucro a unha de diñeiro de equilibrio ou ata de perdas".

A demanda mundial superará a oferta polo menos até 2020, segundo manifestacións de BG Group Plc do mes pasado. Os sinais actuais dun precario mercado do GNL volve incita a continuar coas exportacións segundo dixo en Londres o pasado 18 de marzo Andrew Walker, vicepresidente mundial de GNL a BG Group Plc.

HISTORIA : Catro verdades incómodas sobre Ucraína

A empresa noruega Hammerfest LNG é un centro de produción de GNL máis setentrional do mundo e ten unha produción de 4,3 millóns de toneladas ao ano. Na planta realizaranse traballos de mantemento desde o 2 de maio ao 9 de xuño segundo informou o pasado febreiro o portavoz da operadora Statoil ASA (STL), Oerjan Heradstveit.

"A pesar de que os fluxos e liquidez de 'cross-basin LNG',  están a subir, aínda se agardan  que aumenten as diferencias de prezos a soportar", dixeron analistas do JPMorgan Cazenove incluíndo Fred Lucas nunha nota de investigación hoxe. "Agardamos que a Asia-Pacífico siga sendo o maior mercado que domine a xerarquía de prezos rexional, creando tensións de prezos na conca do Atlántico para os compradores europeos e Latinoamericanos".

Iberdrola é o maior cliente da planta tras a Statoil. Acordou mercar 1,2 millóns de toneladas ao ano, entre 2006-2026. España recibiu 0,9 millóns de toneladas de Noruega no ano pasado, segundo GIIGNL. Mais tamén comprou de Qatar, Alxeria, Trinidad e Tobago, Nixeria e Perú.

As reexportacións impulsaron volumes de GNL no mercado spot de 9,8 por cento, a 65 millóns de toneladas o ano pasado, ou 27 por cento do comercio global do combustíbel, segundo GIIGNL. Os Países latinoamericanos son os máis dependentes de recargas, Arxentina co 27 por cento do LNG que consume a partir de reexportacións, ou mesmo Brasil co 21 por cento e México co 6 por cento.

A demanda de gas

Uso de gas en España esvarou un 8 por cento o ano pasado, segundo datos da Enagás. A demanda do conxunto do territorio para combustíbel, probablemente non se vai recuperar a corto prazo, segundo Stephen Rogers, socio da consultoría Arthur D. Little, en Londres.

"É probable que pasen moitos meses, ou quizais anos, antes de que a España poda utilizar todo o gas que contratou para o seu uso na alimentación da súa propia economía", dixo Rogers en conversación telefónica hoxe.

A demanda de gas en España tamén está enfraquecendo por mor dun rebrote de enerxía eólica e solar. A participación de enerxía renovábel como fonte de alimentación de España saltou ao 42 por cento o ano pasado (2013), de só o 28 por cento en 2009, dixo nun informe de decembro, o seu operador de rede (REE - Red Eléctrica Española).

"É un mercado global e as cargas van seguir ao diñeiro", Abel Enríquez, director de asuntos regulatorios en Europa Enagás, dixo nunha entrevista en Berlín, o pasado 25 de marzo. "O sistema de recargue ("reexportación") permanecerá elevado en España tamén este ano".
http://www.businessweek.com/news/2014-04-10/gas-carousel-making-spain-europe-s-biggest-lng-exporter-energy

http://www.bloomberg.com/news/2014-04-10/gas-carousel-making-spain-europe-s-biggest-lng-exporter.html
Artigo orixinal:    
Bloomberg News | Gas Carousel Making Spain Europe's Biggest LNG Exporter: Energy | By Anna Shiryaevskaya and Julia Mengewein April 11, 2014 | Entrar.

[*] Para contactar os reporteiros nesta historia: Anna Shiryaevskaya en Londres, ashiryaevska@bloomberg.net; Julia Mengewein en Frankfurt en jmengewein@bloomberg.net | Para contactar os editores responsables de esta historia: Lars Paulsson en lpaulsson@bloomberg.net Rob Verdonck.

Todas estas noticias poden-se ler nos seguintes artigos de hoxe:
http://www.levante-emv.com/economia/2014/04/12/gas-natural-defiende-ciclos-combinados/1100244.html?utm_medium=rss

http://www.farodevigo.es/galicia/2014/04/12/gas-natural-fenosa-renuncia-ejecutar/1004378.html

http://www.laopinioncoruna.es/economia/2014/04/12/gas-natural-fenosa-ejecutara-parte/830893.html
---

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc



Información baseada na enviada por:
Ferrol CAPE
-ferrol.cape@gmail.com-
12 de abril de 2014 16:20
http://www.f-cape.org/

________________

venres, abril 11, 2014

¡Perigo! Acordo Transatlántico, ... Por Ignacio Ramonet


¡Perigo! Acordo Transatlántico

Por Ignacio Ramonet [*]
10.04.2014

Dentro de dous meses, o 25 de maio, os electores españois elixirán aos seus 54 deputados europeos. É importante que, esta vez, á hora de votar se saiba con claridade o que está en xogo. Até agora, por razóns históricas e psicolóxicas, a maioría dos españois -xubilosos de ser, por fin, "europeos"- non se molestaban en ler os programas e votaban a cegas nas eleccións ao Parlamento Europeo. A brutalidade da crise e as desapiadadas políticas de austeridade esixidas pola Unión Europea (UE) obrigáronlles a abrir os ollos. Agora saben que é principalmente en Bruxelas onde se decide o seu destino.

Entre os temas que, nesta ocasión, haberá que seguir con maior atención está o Acordo Transatlántico sobre Comercio e Investimento (ATCI) [1]. Este convenio estase negociando coa maior discreción e sen ningunha transparencia democrática entre a Unión Europea e Estados Unidos (EEUU). O seu obxectivo é crear a maior zona de libre comercio do planeta, con perto de 800 millóns de consumidores, e que representará case a metade do Produto Interior Bruto (PIB) mundial e un terzo do comercio global.

A UE é a principal economía do mundo: os seus cincocentos millóns de habitantes dispoñen, en promedio, duns ingresos anuais per cápita de 25.000 euros. Iso significa que a UE é o maior mercado mundial e o principal importador de bens manufacturados e de servizos, dispón do maior volume de investimento no estranxeiro, e é o principal receptor planetario de investimentos estranxeiros. A UE é tamén o primeiro inversor en EEUU, o segundo destino das exportacións de bens estadounidenses e o maior mercado para as exportacións estadounidenses de servizos. A balanza comercial de bens arroxa, para a UE, un superávit de 76.300 millóns de euros; e a de servizos, un déficit de 3.400 millóns. O investimento directo da UE en EEUU, e viceversa, rolda os 1,2 billóns de euros.

Washington e Bruxelas quixesen pechar o tratado ATCI en menos de dous anos, antes de que finalice o mandato do presidente Barack Obama. Por que tanta présa? Porque, para Washington, este acordo ten un carácter xeoestratéxico. Constitúe un arma decisiva fronte á irresistible subida en poderío de China; e, máis aló de Chinesa, das demais potencias emerxentes do grupo dos BRICS (Brasil, Rusia, a India, Sudáfrica). Hai que precisar que, entre os anos 2000 e 2008, o comercio internacional de China creceu máis de catro veces: as súas exportacións aumentaron un 474% e as importacións un 403%. Consecuencia? Estados Unidos perdeu o seu liderato de primeira potencia comercial do mundo que ostentaba desde facía un século ... Antes da crise financeira global de 2008, EEUU era o socio comercial máis importante para 127 Estados do mundo; China só o era para 70 países. Ese balance investiuse. Hoxe, China é o socio comercial máis importante para 124 Estados; mentres que EEUU só o é para 76.

Que significa iso? Que Pekín, nun prazo máximo de dez anos, podería facer da súa moeda, o yuan [2], a outra gran divisa de intercambio internacional [3], e ameazar a supremacía do dólar. Tamén está cada vez máis claro que as exportacións chinesas xa non só son produtos de baixa calidade a prezos adquiríbeis pola súa man de obra barata. O obxectivo de Pekín é elevar o nivel tecnolóxico da súa produción (e dos seus servizos) para ser mañá líder tamén en sectores (informática, finanzas, aeronáutica, telefonía, ecoloxía, etc.) que EEUU e outras potencias tecnolóxicas occidentais pensaban poder preservar. Por todas estas razóns, e esencialmente para evitar que China se converta na primeira potencia mundial, Washington desexa blindar grandes zonas de libre cambio ás que os produtos de Pekín terían difícil acceso. Neste mesmo momento, EEUU está negociando, cos seus socios do Pacífico [4], un Acordo Transpacífico de Libre Cambio (Trans-Pacific Partnership, TPP, en inglés), xemelo asiático do Acordo Transatlántico (ATCI).

Aínda que o ATCI empezou a xestarse nos anos 1990, Washington presionou para acelerar as cousas. E as negociacións concretas iniciáronse inmediatamente despois de que, no Parlamento Europeo, a dereita e a socialdemocracia aprobasen un mandato para negociar (aceptado tamén, en España, na proposición presentada conxuntamente, no Congreso dos Deputados, polo PP e o PSOE...). Un informe, elaborado polo Grupo de Traballo de Alto Nivel sobre Emprego e Crecemento, creado en novembro de 2011 pola UE e EEUU, recomendou o inicio inmediato das negociacións.

A primeira reunión tivo lugar en xullo de 2013 en Washington, seguida doutras dúas en outubro e decembro [5]. E aínda que as negociacións están actualmente suspendidas debido a desacordos no seo da maioría demócrata no Senado de Estados Unidos [6], as dúas partes están decididas a asinar canto antes o ATCI. De todo isto, os grandes medios de comunicación dominantes falaron pouco, coa esperanza de que a opinión pública non tome conciencia do que está en xogo, e de que os burócratas de Bruxelas poidan decidir sobre as nosas vidas con toda tranquilidade e en plena opacidade democrática.

Mediante ese acordo de marcado carácter neoliberal, EEUU e a UE desexan eliminar aranceis e abrir os seus respectivos mercados ao investimento, os servizos e a contratación pública, pero sobre todo intentan homoxeneizar os estándares, as normas e os requisitos para comercializar bens e servizos. Segundo os defensores deste proxecto librecambista, un dos seus obxectivos será "achegarse o máis posible a unha eliminación total de todos os aranceis do comercio transatlántico en bens industriais e agrícolas". En canto aos servizos, a idea é "abrir o sector servizos, como mínimo, tanto como se logrou noutros acordos comerciais ata a data" e expandilo a outras áreas, como o transporte. Sobre o investimento financeiro, as dúas partes aspiran a "alcanzar os niveis máis altos de liberalización e protección dos investimentos". E sobre os contratos públicos, o acordo pretende que as empresas privadas teñan acceso a todos os sectores da economía (ata ás industrias de defensa), sen discriminación algunha.

Aínda que os medios de comunicación dominantes apoian sen restrición este acordo neoliberal, as críticas multiplicáronse sobre todo no seo dalgúns partidos políticos [7], de numerosas ONG e de organizacións ecoloxistas ou de defensa dos consumidores. Por exemplo, Pia Eberhardt, membro da ONG Corporate Europe Observatory, denuncia que as negociacións leváronse a cabo sen transparencia democrática e sen que as organizacións civís tivesen coñecemento en detalle do que se acordou até agora: "Hai documentos internos da Comisión Europea -declara a activista- que indican que esta se reuniu, na fase máis importante, exclusivamente con empresarios e os seus lobbys. Non houbo un só encontro con organizacións ecoloxistas, con sindicatos, nin con organizacións protectoras do consumidor" [8]. Eberhardt observa con inquietude unha posible diminución das esixencias para a industria alimentaria. "O perigo -comenta- confórmano os alimentos non seguros importados de EEUU que poderían conter máis transxénicos, ou os polos desinfectados con cloro, procedemento prohibido en Europa". Engade que "a industria agrícola-gandeira estadounidense esixe a supresión dos obstáculos europeos a ese tipo de exportacións".

Outros críticos temen as consecuencias do ATCI en materia de educación e de coñecemento científico, pois podería estenderse aos dereitos intelectuais. Neste sentido, Francia, para protexer o seu importante sector audiovisual, xa impuxo unha "excepción cultural". O ATCI non abarcará as industrias culturais.

Varias organizacións sindicais denuncian que, sen ningunha dúbida, o Acordo Transatlántico afondar nos recortes sociais, na redución dos salarios, e destruirá emprego en varios sectores industriais (electrónica, comunicación, equipos de transporte, metalúrxica, papel, servizos ás empresas) e agrarios (gandería, agrocombustíbeis, azucre).

As ecoloxistas europeas e as defensores do comercio xusto explican ademais que o ATCI, ao suprimir o principio de precaución, podería facilitar a supresión de regulacións medio ambientais ou de seguridade alimentaria e sanitaria, á vez que pode supoñer unha merma das liberdades dixitais. Algunhas ONG ambientalistas temen que se comece tamén a introducir en Europa o fracking, ou sexa o uso de sustancias químicas perigosas para os acuíferos, co fin de explotar o gas e o petróleo de enquisto [9].

Pero uno dos principais perigos do ATCI é que incorpora un capítulo sobre "protección dos investimentos", o que podería abrir as portas a demandas multimillonarias de empresas privadas en tribunais internacionais de arbitraxe (ao servizo das grandes corporacións multinacionais) contra os Estados por querer estes protexer o interese público, o cal pode supoñer unha "limitación dos beneficios dos inversores estranxeiros". Aquí o que está en xogo é sinselamente a soberanía dos Estados e o dereito destes para levar a cabo políticas públicas en favor dos seus cidadáns. Para o ATCI, os cidadáns non existen; só hai consumidores, e estes pertencen ás empresas privadas que controlan os mercados.

O desafío é inmenso. E a vontade cívica de parar o ATCI non debe ser menor.

Editorial do 'Le Monde Diplomatique' número 221 do Marzo de 2014.

[*] Ignacio Ramonet, redondela 1943. Xornalista, escritor e análista político. Presidente e director de redación do xornal internacional 'Le Monde Diplomatique'.

Notas.-
[1] En inglés, Transatlantic Trade and Investment Partnership (TTIP).
[2] O valor do iuan está aliñado sobre o do dólar estadounidense.
[3] En abril de 2011, no marco da Cimeira dos BRICS en Sanya (illa de Hainan, China), asinou se un acordo de cooperación financeira entre as cinco potencias emerxentes que prevé a apertura de liñas de crédito nas súas moedas nacionais respectivas, co fin de reducir a dependencia a respecto do dólar. En 2008, xa Pequín asinara este tipo de acordo con Arxentina.
[4] Australia, Brunei, Canadá, Chile, Corea do Sur, Xapón, Malaisia, México, Nova Celandia, Perú, Singapur e Vietnam.
[5] Por parte europea, o xefe dos negociadores da UE é o español Ignacio García Bercero.
[6] Léase Le Figaro, París, 4 de outubro de 2013.
[7] Léase, por exemplo, la resolución sobre o ATCI adoptada por Izquierda Unida: http://www.izquierda-unida.es/sites/default/files/doc/RESOLUCION_TLC_UE_... E a posición de Jean-Luc Mélenchon, líder del 'Parti de Gauche' francés: http://europe.jean-luc-melenchon.fr/sujet/grand-marche-transatlantique/
[8] Léase Deutsche Welle en español, 17 de febrero de 2013, http://www.dw.de/tratado-ee-uu-ue-libertades-recortadas/a-17438697
[9] Léase “A Brave New Transatlantic Partnership”, 4 de outubro de 2013, http://corporateeurope.org/trade/2013/10/brave-new-transatlantic-partnership-social-environmental-consequences-proposed-eu-us

Fonte: http://www.monde-diplomatique.es/

Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
9 de abril de 2014 11:35
forosocialdeferrolterra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
10 de abril de 2014 01:14
--
Rede Social de Ferrol Terra

Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop
Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web)
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

Documentación:

Reportaxe en RT | EE.UU. quere colonizar Europa co Acordo Transatlántico: http://actualidad.rt.com/actualidad/view/123459-acuerdo-ttip-eeuu-europa-colonia

Documento oficial da CEOE sobre o Acordo Transatlántico:
http://www.ceoe.es/resources/image/a_fondo_negociaciones_acuerdo_transatlantico.pdf
____________

O BNG oponse á supresión do partido xudicial de Ferrol e xulgados de paz

Tags
O BNG CUALIFICA A PROPOSTA DE REFORMA DO PODER XUDICIAL DE ABERRANTE E REGRESIVA PARA OS DEREITOS DA SOCIEDADE COMARCAL | OS NACIONALISTAS OPOÑENSE ÁS PRETENSIÓNS DE SUPRESIÓN DO PARTIDO XUDICIAL DE FERROL E DA DESAPARICIÓN DOS XULGADOS DE PAZ.

En relación co anteproxecto de lei de reforma do poder xudicial e o debate que este está a abrir, desde o BNG queremos trasladar ao conxunto da opinión pública:

1.- O que temos enriba da mesa non é unha reforma dos partidos xudiciais; do que se trata é dunha volta completa á administración de xustiza, para estabelecer un tribunal de instancia de ámbito provincial (agás Ceuta e Melilla, e tamén se estabelece a posibilidade de que o seu ámbito territorial sexa superior á provincia) e que será competente en todas as ordes xurisdicionais.

2.- A reforma é un paso máis na regresión da administración de xustiza, iniciada coa implantación das taxas xudiciais, coa intención de dificultar o acceso de maioría das persoas, facer unha xustiza cada vez máis inaccesíbel, arredándoa dunha configuración como xustiza universal, e configurándoa como unha xustiza para a grande banca, as grandes empresas e as persoas con recursos económicos.

3.- Xa que logo, non debe enfocarse en ningún caso como unha mera adaptación da planta xudicial, da defensa dos partidos xudiciais que hai na actualidade, nin moito menos nunha guerra localista (Vigo-Pontevedra ou Santiago-A Coruña), unha visión curtopracista que non vai á raíz do problema.

4.- Estamos, pois, diante dunha reforma aberrante, que reforza a estruturación provincial e non ten en conta as nosas particularidades sociais, territoriais, demográficas e de asentamento no territorio. No caso galego –nomeadamente, en Ferrolterra- esta proposta é terribelmente lesiva polo factor da dispersión poboacional. Ademais, no canto de achegar unha administración a todas as persoas, o que fai é afastala na maior parte do territorio comarcal.

5.- Por outra parte, esta reforma fíxose sen ter en conta a opinión das comunidades autónomas cando estas teñen competencias na dotación e na xestión de medios humanos e materiais. Son, por tanto, as que terán que pagar a aplicación desta lei.

6.- Por outra parte, desaparecen os xulgados de Paz, que só manterían as competencias en materia de rexistro civil, até que esta non se privatice pasando aos rexistros da Propiedade.

7.- En consecuencia, desde o BNG solicitaremos a retirada da lei porque vai en contra dos intereses da cidadanía, viva onde vivir, que se verá obrigada a peregrinar pola provincia adiante para tutelar os seus dereitos.

Ferrolterra, 9 de Abril de 2014.

BNG-Ferrolterra
Rúa Naturista López Seoane, nº 13 baixo
15403 Ferrol
ferrol@bng-galiza.org
Telf.: 981 364 058
Fax: 981356 700
Resp. comarcal:
Mercedes Tobío Rodríguez


Web:
http://www.bng-galiza.org/ferrol/
Correo-e:
bngferrol@gmail.com
Facebook:
https://www.facebook.com/bng.ferrol
Twitter:
https://twitter.com/bngferrol
Web comarcal:
http://www.bng-galiza.org/ferrolterra/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
11 de abril de 2014 10:36
______________

Esquerda Unida contra a intención da empresa Correos de retalladas e despedimentos na comarca

O grupo municipal de Esquerda Unida apoia as reivindicacións da Plataforma contra a destrución do Emprego en Correos | Esquerda Unida asumirá as demandas e a moción que a plataforma ten previsto rexistrar mañá no Concello.

O grupo municipal de Esquerda Unida apoia as reivindicacións da plataforma constituída recentemente e que agrupa ao 90% de traballadores e traballadoras de Correos na cidade. A plataforma entende que a dirección de Correos pretende un plan de “reestruturación”, o típico eufemismo que o PP emprega cando quere falar de retalladas , despedimentos e privatizacións.

Esquerda Unida considera un proceso totalmente rexeitable na medida na que non só non soluciona a precarización de plantilla que está a sufrir o servizo público Correos senón que abre as portas de par en par á privatización. A dirección da empresa  ten que asumir que Correos é unha empresa pública e que presta un servizo público e que hai aspectos absolutamente irrenunciables en canto ao seu carácter: notificacións de organismo oficiais, por exemplo. Poñemos o exemplo para ilustrar mesmo aquelo que afecta aos dereitos constitucionais e que mesmo aparece cuestionado noutros procesos de reforma legal como o proceso de privatización dos actos de comunicación da man da lei de Axuizamento Civil, aínda que para EU todo o servizo que se presta é igualmente defendible como público e exercido por empregados públicos con dereitos e con traballos dignos.

O grupo municipal de Esquerda Unida denuncia a actitude da empresa na comarca que , para xustificar o inxustificable, opta por reducir o nivel de contratación anual amparándose en supostos cambios demográficos; así, de 235 contratos de Correos correspondentes á bolsa de emprego que cobre baixas e substitucións pásase a 79 no ano 2013.Todo correspondente ao servizo de reparto e atención ao cliente.

O grupo municipal de Esquerda unida estará presente mañá ás 12:00 horas cando os representantes da plataforma presenten a moción no rexistro do Concello e se defenda no Concello-pleno as correspondentes reivindicacións.

Ferrol 10 de abril de 2014

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
10 de abril de 2014 13:57

Boas. Enviámosvos nota do grupo municipal pola que nos posicionamos contra a intención da empresa Correos de retalladas e despedimentos na comarca así como  damos o apoio e acompañamento á Plataforma contra a destrución de emprego en Correos en Ferrolterra e á presentación dunha moción que mañá ás 12:00 horas farán no rexistro municipal os seus representantes. Grazas e un saúdo. Secretaría de Comunicación. CPL-Ferrol.

_________________

O gaseiro 'LNG Gemmata', o 167 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Venres 11 de Abril - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta o mesmo día

Tags

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 VENRES 11 DE ABRIL, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro 'LNG Gemmata', é un buque de grande porte, 290 m de eslora e 46 m de manga e  de calado 11.30 m. Cunha capacidade de 138.104 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 11 de Abril de 2014. Esta entrada, supon xa a 167, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Venres ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai case dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
9 de abril de 2014 18:27
_______________

martes, abril 08, 2014

Rádio FilispiM nominada aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia - Ártabra 21 apoia a Rádio FilispiM

Convocados pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento xunto coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz(ACPP), coma entidades do Terceiro Sector que apostan por iniciativas de comunicación con vocación social.

"O obxectivo dos Premios Luceira é visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade. Ademais, con este premio pretendemos motivar aos distintos medios de comunicación galegos a reflexionar sobre o tratamento informativo que están a dar actualmente sobre as temáticas sociais, aquelas que afectan directamente ás vidas das persoas".

Como votar pola candidatura de Rádio FilispiM?.

Até o 30 de abril podes votar ao través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1QuGvMx9tvQj78420_sUDCkekoWWQjZDOtcRpD-8gBTc/viewform

+ info da convocatoria: http://galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=noticias&id=not20140404103010

Grazas polo voso apoio!

--
OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]


Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
8 de abril de 2014 14:19

_____________

Esquerda Unida rexeita de plano o anteproxecto de lei que deixará a Ferrol sen partido xudicial e polo tanto sen órganos xudiciais

O Consello Político Local apoiará todas as medidas de presión e forza que convoquen os traballadores e fai un chamamento á cidadanía a defender a xustiza de proximidade e os intereses da cidade e da comarca. | Esquerda Unida de Ferrol impulsará e apoiará no Concello , no Parlamento e no Congreso todas as iniciativas tendentes a reverter os contidos do anteproxecto de lei lesivos para os intereses da cidade e da cidadanía da comarca.

O Consello Político Local de Esquerda unida quere manifestar o seu apoio ás concentracións convocadas hoxe en protesta polo anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial que desde hai meses vén pergueñando o goberno do PP para darlle a puntilla á xustiza como servizo público. Desde hai meses os traballadores do sector de  xustiza veñen alertando sobre as consecuencias da reforma de Gallardón e que se sumarían ao xa existentes recortes de dereitos, de acceso á xustiza gratuíta e de defensa  do servizo público ante a posible privatización do Rexistro Civil, en concreto, a actual reforma é o golpe máis grande á xustiza de proximidade desde a chegada da democracia e que significa: para Ferrol a eliminación dos órganos xudiciais adscritos ao partido xudicial, e para a comarca, a eliminación dos xulgados de paz.

Coa creación dos tribunais provinciais de instancia desaparece o partido xudicial de Ferrol e reasígnase os efectivos xudiciais dentro dun único órgano provincial aínda que poidan permanecer en Ferrol unidades administrativas.É dicir alónxase da comarca os órganos naturais de xustiza,os xulgados, e concéntranse na Coruña dándolle o golpe definitivo á xustiza de proximidade ,á calidade do servizo público e ás garantías do emprego dos traballadores do sector consolidando a mobilidade funcional e xeográfica dos traballadores.

A partir da entrada en vigor da lei a Xunta disporá dun ano para facerlle unha proposta ao Consello Xeral do Poder Xudicial en materia de demarcación territorial pero mantendo  a estrutura provincial en todo caso, polo que a sorte do partido xudicial de Ferrol está botada na medida en que a Xunta do PP é ,a todas luces, colaboradora necesaria do anteproxecto de lei.

Ferrol 8 de abril de 2014

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
8 de abril de 2014 14:24

Boas. Enviamos nota en apoio á concentración hoxe nos xulgados  contra o anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial presentada polo goberno o pasado venres. Grazas e un saúdo. Secretaría de Comunicación. CPL-Ferrol

________

Museo Obradoiro n'As pontes: 'O Comezo das Cousas', un proxecto de Xosé Manuel Ribeira


O comezo das cousas


Museo Obradoiro: 'O Comezo das Cousas', un proxecto de Xosé Manuel Ribeira[*], un museo que funciona cos principios básicos da física.

Xoguetes e experimentos conviven neste obradoiro con aires mariñeiros nas Pontes, unha vila galega da comarca do Alto Eume.

'O Comezo das Cousas', como se denomina o museo está sito na rúa Celso Emilio Ferreiro d'As Pontes.

Para visitas, a poder ser en grupos pequeños, pódese poñer en contacto co autor.

Reportaxe na Galega

http://youtu.be/6DuBeTJsy_s


Inauguración do Museo-Obradoiro

http://youtu.be/6WnrGo9v-NA


[*] Xosé Manuel Ribeira García (Covas-Viveiro, 1949], viveirense afincado n´As Pontes e prexubilado de ENDESA, activista do movimento obreiro e da cultura, argalla e crea por conta propia antigos xoguetes e inventos nos que as crianzas, e os non tan pequen@s poden ver e experimentar auténticas marabillas e curiosidades da física e do saber popular e tradicional. Ribeira crea tamén formas, gravado e esculturas utilizando pintura, tinta, barro, pedra e madeira.


Atopa a Xosé Manuel Ribeira no facebook:
https://www.facebook.com/xosemanuel.ribeiragarcia

Correo-e:
serribeira@gmail.com

Exposicións:

'Doce mulleres galegas'.
Vídeo:
http://youtu.be/vM6ifaJ2aug
'Os nosos escritores' (traballo con pedras e cerámica).
Vídeo:
http://youtu.be/9ZkQmxBgXOs

Novas de interese:
RegalXunqueira mostra obras que mesturan pedra e cerámica | O viveirense Xosé Manuel Ribeira García é o autor da exposición titulada 'Os nosos escritores'.
http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/03/04/0003_201103X4C12992.htm

A tinta viste as pedras.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/79036.html?lang=gl
__________________

A CIG entrega máis de 31.000 sinaturas para a ILP sobre a creación de emprego - Enlaces a vídeos e documentos


A CIG fixo entrega o pasado 2 de abril no rexistro do Parlamento de Galiza máis do dobre das sinaturas necesarias, en concreto 31.232, para avalar a tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular sobre Medidas para o Crecemento Económico e a Creación de Emprego en Galiza. As/os representantes da central sindical chegaron á sede parlamentar en manifestación xunto cuns 1.500 delegados/as que partiron da Alameda compostelá tras reunirse en asemblea no Pazo de Congresos. Despois deste trámite, a ILP pasará a se debater na cámara.

Na súa intervención na asemblea de delegados/as o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, lembrou que con esta campaña preténdese “abrir o debate sobre o actual modelo económico de capitalismo neoliberal”. Un modelo que “xera un reparto desigual da riqueza e, polo tanto, un aumento das desigualdades sociais”. Por iso apostou por loitar por “conquistar un novo modelo de organización social e económica máis xusto e democrático, ao servizo dos intereses da maioría social, da clase traballadora”.

Chamou a atención, ademais, sobre a situación de Galiza e sobre o papel que xoga no Estado e na Unión Europea “como subministradora de materias primas, man de obra barata, recursos enerxéticos ou recursos financeiros” e concluíu que, ante isto, é necesario que a nosa nación goce de “soberanía política”.

- Video-reportaxe: 26 semanas de campaña en prol da ILP
- Video: entrega das sinaturas, asemblea de delegadas/os e manifestación
- Video-resumo das 100 medidas
- Documento das 100 medidas
- Crónica da entrega de sinaturas do 2 de abril

Confederación Intersindical Galega CIG
http://www.galizacig.com/avantar/

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
cig-galiza@cig-galiza.org
7 de abril de 2014 17:36
_________