martes, maio 31, 2016

Vontade de poder, ... Por Iván Rivas - A mantenta do que pasa no Palacio Municipal de Ferrol

Por Ivan Rivas [*]
31.05.2016


Hai tempo alguén afirmou que o impulso fundamental no ser humano non era a vontade de vivir senón o impulso por acadar os seus obxectivos argumentando que calquera que arrisca a súa vida por calquera razón, amosa un instinto superior ao de vivir. A isto deulle en chamar vontade de poder.

Na nosa Cidade o Goberno argumenta que actúa en contra da súa vontade cando adopta decisión que prolongan á política do PP e das que o PE de Ferrol Vello foi a primeira delas e non a peor. Asumir os convenios con Defensa, con Acuaes, o morto dunha EDAR que non funciona ou poñerse de perfil ante a proposta de xestión directa da electricidade permítelle ao PP continuar coas súas propostas sen despeitearse.

Que un goberno renuncie a desenvolver a súa vontade non só vai en contra deste principio de dignidade humana, senón que vai en contra da esencia do que é un goberno. E se o actual así o fai é unha fraude porque, ou ben, realmente non é quen goberna, ou ben, di o contrario do que pensa.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Foi candidato á Alcaldía polo BNG - Asembleas Abertas, para as eleccións locais do 24 de maio deste 2015. Ten conta no facebook: https://www.facebook.com/ivan.rivasrico .

Artigos de Ivan Rivas no Diario de Ferrol.

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
31 de maio de 2016 09:10

___________

Despois de catro adiamentos quedou visto para sentenza o xuízo de Marcos Guerreiro contra o abusivo IRPH que lle impuso o Banco Santander a través da finaceira UCI - Concentración no exterior dos xulgados


O compañeiro Marcos Guerreiro, demandou á financeira Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI) ante as cláusulas abusivas do seu crédito hipotecario, e despois de catro adiamentos quedou visto para sentenza o xuízo que se celebrou onte 30 de Maio, no Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol,  contra o abusivo IRPH que lle impuxo o Banco Santander a través da financeira UCI.

Marcos solicitou en 2006 un crédito hipotecario, por 116.000 euros, para adquirir unha vivenda, á transnacional financeira, Banco Santander, que llo concedeu a través da súa filial UCI que comparte coa francesa BNP (Banca Nacional de París). Pasados dez anos, a súa débeda coa financeira inmobiliaria, en lugar de diminuír, aumentou, logo de ter pagado perante todos estes anos miles de euros, Marcos sitúa a súa débeda odiosa en 116.139 euros.

José María Erauskin de Stop Desafiudamentos Gipuzkoa, avogado de Marcos que veu expresamente a este xuízo, xunto a tamén avogada Maite Ortiz, denunciou que se aplicara o IRPH (Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios) [1], en lugar do Euribor [2].

A vista centrou-se nun principio en dilucidar se Marcos foi ao Banco Santander a buscar un asesor, como así defende a parte demandada, ou si foi o propio banco (intermediario) o que lle facilitou os servizos da UCI, para a concesión do crédito hipotecario. José María Erauskin, criticou a actitude do banco, non só por derivar o préstamo a súa filial, senón por non informar debidamente e por impoñer o IRPH como índice de referencia (fixado polas propias entidades) e non o Euribor (establecido polo Banco Central Europeo), moito máis beneficioso para a persoa que necesita acceder a un préstamo.

Con toda probabilidade o caso vai-se ter que ver de novo na Audiencia Provincial d'A Coruña, pois a sentenza, sexa favorábel ou non, vai-se recorrer por calquera das partes prexudicadas á instancia xudicial superior, pois esa é a práctica habitual.

Concentración no exterior dos xulgados

Desde as dez da mañá activistas antidesafiuzamentos, organizados na PAH de Ferrol e Comarca e de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, mantiveron unha concentración, en apoio do compañeiro Marcos e a súa familia, así como para denunciar os abusos bancarios, que empobrecen ás persoas e as deixan con débedas impagábeis de por vida.

Desde o noso sitio na rede, explicabamos polo miúdo a situación de Marcos con respecto ao seu inxusto e ilegal contrato hipotecario:

Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol queremos amosar a nosa solidariedade con Marcos Guerreiro, e a súa familia. E chamamos á mobilización contra os abusos bancarios, por unha outra lexislación hipotecaria e bancaria que teña en conta ás persoas primeiro e non os intereses das grandes corporacións financeiras.

Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

Notas.-

[1]  Os Índices de Referencia de Préstamos Hipotecarios (IRPH) son indicador en porcentaxe que utilizan as entidades financeiras co que actualizan o tipo de interese das hipotecas con tipos de interese variábeis. O Banco de España publica mensualmente todos os índices a través dunha media das diferentes ofertas do mercado hipotecario que inscribiron os bancos e caixas de aforro. Mais o índice máis utilizado como referencia para as hipotecas a interese variable é o Euribor. | + Info .

[2] O Euribor o índice máis coñecido e utilizado polas entidades financeiras á hora de conceder préstamos hipotecarios, constitúe unha preocupación para moitas persoas que formalizaron unha hipoteca a interese variábel referenciada a ese índice, pois da súa evolución depende a cota mensual da súa hipoteca. O Euribor (Tipo europeo na oferta interbancaria) Este é o índice que deben utilizar os bancos pertencentes á Unión Monetaria Europea cando se prestan diñeiro. Gran parte das hipotecas están referenciadas a este índice. É importante sinalar que o Euribor é o tipo de interese que os bancos se cobran por prestarse diñeiro entre si. Calcúlase cada día pola Federación Bancaria Europea que convoca todas as mañás a 47 entidades bancarias para preguntar-lles, a que prezo están dispostas a ofrecer fondos? A federación recolle as propostas das entidades bancarias, elimina as que se superen por arriba ou por abaixo o 15% e co resto fai unha media aritmética. Esta media é o valor que cada día marca o Euribor. | + Info.

Enlaces de interese:

Agrupación de Afectad@s polo IRPH | Porque non queremos que nin ti nin ninguén máis sexa o próximo DESAFIUZADO. Porque queremos que o IRPH desapareza en todas as súas variantes e non sirva para afectar a máis familias. Porque o IRPH desapareza por ser abusivo. Revisa a túa escritura e si o teu índice de referencia é IRPH ... benvido. | Ir á Web.

Recentes sentenzas comezan a estimar a nulidade da fixación do IRPH como índice de referencia para calcular o tipo de interese dos préstamos hipotecarios, pois entenden que o mesmo é abusivo como consecuencia da inclusión nos préstamos con falta de transparencia sobre o seu funcionamento. | As Sentencias na sección Tribunais da web d@s compañeir@s da IRPH Stop Gipuzkoa, plataforma de afectados polo IRPH, que xurdiu dun grupo de traballo de Kaleratzeak Stop Desafiuzamentos (PAH) en Donostia. | Ir á Web.

INFORME IRPH | ANÁLISE CRÍTICA DO PROCEDEMENTO DE CÁLCULO DOS ÍNDICES IRPH, OU POR QUE DICIMOS QUE O IRPH É MANIPULABLE E FALTO DE TRANSPARENCIA. | J.E. - Donostia, 19-02-2014 | En formato pdf de 10 páxinas. | Acceder/Baixar.

___________________-

luns, maio 30, 2016

Dragado ilegal da Ría de Ferrol para aumentar o calado da entrada da ría para permitir o paso a grandes buques como os gaseiros de Reganosa - Imputado o ex-director xeral de Conservación da Natureza García-Borregón por delictos contra o medio ambiente - 4 altos cargos de Medio Ambiente na etapa de Agustín Hernández, acusados pola Fiscalía


Imputado o ex-director xeral de Conservación da Natureza García-Borregón por delictos contra o medio ambiente - 4 altos cargos de Medio Ambiente na etapa de Agustín Hernández, acusados pola Fiscalía


Ricardo García-Borregón Millán, ex-Director Xeral da Natureza con Agustín Hernández, declarará como "investigado" o vindeiro luns 6 de xuño a petición da Fiscalía ambiental do TSXG, xunto con outros tres ex-altos cargos de Medio Ambiente, polo dragado da ría de Ferrol denunciado en 2011 por ADEGA. A obra tiña como obxectivo aumentar o calado da entrada da ría para permitir o paso a grandes buques como os gaseiros de Reganosa.

No Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela están a desenvolverse as dilixencias previas relativas a un presunto delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente, relacionado co dragado irregular dos fondos da Ría de Ferrol dentro da ZEC Costa Artabra (Rede Natura 2000), executado entre outubro e novembro do 2011, e no seu día denunciado por ADEGA perante a Fiscalía Ambiental.

Como “investigados” (antes imputados) por estes feitos atópanse as persoas que naquela época ocupaban os postos de máxima responsabilidade na xestión dos espazos naturais de Galiza: Ricardo García-Borregón Millán (Director Xeral de Conservación da Natureza), Rogelio Fernández Díaz (Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade), Javier Turrillo Montiel (Xefe do Servizo de Análise e Proxectos) e Carlos Múñoz (Xefe do Servizo de Conservación da Natureza na Delegación Provincial da Coruña).

Todos eles están acusados pola Fiscalía de delictos contra os recursos naturais e o medio ambiente, prevaricación e falsidade documental. Entre todos presuntamente "cociñaron", logo de iniciadas as obras do dragado da ría de Ferrol, unha autorización ambiental fraudulenta baseada nun suposto informe técnico que non figuraba no expediente. Logo de rematadas as obras, e tras as xestións do Valedor e a Fiscalía a denuncia de ADEGA, apareceu o informe que, curiosamente, recomendaba a non execución do proxecto polos seus impactos ambientais.

O xusto colofón a unha desastrosa xestión dos espazos naturais galegos

Confiando no labor da xustiza e da Fiscalía, este caso representa a paradoxal culminación da desastrosa xestión da biodiversidade e dos espazos naturais acontecida nos últimos anos.

A escandalosa inacción, cando non a defensa de intereses alleos á conservación, exemplifícase na desastrosa xestión dos Parques Naturais; humidais protexidos, especies de flora e fauna ameazada... Na paralización inxustificada da ampliación da Rede Natura 2000, a máis cativa do estado; na negativa á declaración de parques naturais nos Ancares, Courel, Monte Pindo... Mais tamén na tolerancia ou promoción de actuacións incompatíbeis coa protección do noso patrimonio natural: piscifactorías, minas, eólicos, celulosas, eucaliptización de espazos naturais, licenzas ilegais de caza, cacerías de lobos, etc.

Resulta irónico pois, que sexa a tramitación irregular dunha obra para beneficiar a Reganosa (como acaba de acontecer co governo en funcións de Rajoy) a que trala denuncia de ADEGA subministre as probas que leven aos responsábeis ou cómplices de tantas outras desfeitas ambientais perante a Xustiza.

Enlace de interese:
Xunta e Ministerio autorizan dragar a Rede Natura sen todos os informes preceitivos. | Ir a web.

Novas relacionadas:
Denunciados pola Fiscalía dous altos cargos de Medio Ambiente por prevaricación, falsidade documental e delicto ambiental. | Ir á Web.

Publicado na web de Adega. | 30 de Maio de 2016.

Delegación de Ferroterra:
Ferrolterra-Trasancos
Apartado 481
15480 Ferrol
adegatrasancos@adega.gal

ADEGA / Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal.
http://adega.gal/
____________

Esquerda Unida Narón estará atenta a que a mancomunidade non sirva para outorgar monopolios de servizos a empresa privada


EU Narón estará atenta a que a mancomunidade non sirva para outorgar monopolios de servizos a empresa privada.


Dende Esquerda Unida de Narón estaremos atentos a que a posible mancomunidade do servizo do lixo entre Narón, Ferrol, e Neda non se converta no monopolio dunha empresa para a xestión de dito servizo na nosa comarca, algo que sería moi insán ademais de totalmente contrario o fin que se di perseguir con esta medida.

Dende EU Narón defendemos a necesidade de municipalizar os servizos básicos, e entendemos que sería moi beneficioso que unha vez recuperada a concesión de servizos, como o lixo, a auga, etc, estes pasen a xestionarse dun xeito mancomunado para mellorar o servizo e abaratar costes a veciñanza.

Sabemos que a lei de “Réxime de Administración Local” sacada adiante polo PP, e contra a que EU Narón xa presentou unha moción no nosos Concello, limita as competencias dos Concellos e complica moito o proceso de municipalización dos servizos, agardamos que das próximas eleccións autonómicas saia un goberno que derrogue esta lei tan prexudicial para os intereses das veciñas e veciños, que recorta competencias básicas no social, e tamén na contratación de servizos, e creación de emprego publico, unha lei que so serviu para baleirar os concellos de competencias e beneficiar a empresa privada.


Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Concelleiro: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/



Enviado por:

Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
24 de maio de 2016 18:46

________________

Xuízo en Ferrol, este luns 30 de Maio, contra a financeira UCI (Banco Santander e BNP), polo abusivo índice hipotecario IRPH, xuízo que leva sufrindo varios aprazamentos - Na vista estarán presentes o avogado José María Erausquin e a avogada Maite Ortiz, da PAH e Stop Gipuzkoa, referentes na loita contra o abusivo índice hipotecario IRPH


Este luns 30 de Maio ás 11 da mañá, está sinalada unha nova vista contra a financeira UCI (Banco Santander e BNP), polo abusivo índice hipotecario IRPH. Xuízo que quedara adiado por varias veces, mesmo houbera unha vista que tivo lugar o 13 Xaneiro deste ano 2016, mas xa viña doutros adiamentos anteriores. Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a A PAH de Ferrol e Comarca, amosaron o seu apoio a Marcos Guerreiro, contra o abuso bancario e polo dereito a unha vivenda digna e adecuada. Ambas entidades que forman parte da Coordinación Galega de PAHs e STOPs, chaman a acompañar ao compañeiro, nunha concentración este mesmo día, diante dos xulgados de Ferrol, ás 11 da mañá, (Rúa Coruña 53-55).

O xuízo contra UCI, responde á demanda interposta por Marcos Guerreiro, contra as cláusulas abusivas no contrato hipotecario, ao aplicar-se-lle perante anos o índice hipotecario IRPH (Índices de Referencia de Préstamos Hipotecarios). Na vista estarán presentes o avogado José María Erausquin e a avogada Maite Ortiz, da PAH e o Stop de Gipuzkoa, referentes na loita contra o abusivo índice hipotecario IRPH

Desde o noso sitio na rede, en Xaneiro deste ano, explicabamos polo miúdo a situación de Marcos con respecto ao seu inxusto e ilegal contrato hipotecario:
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

Enlaces de interese:

Agrupación de Afectad@s polo IRPH | Porque non queremos que nin ti nin ninguén máis sexa o próximo DESAFIUZADO. Porque queremos que o IRPH desapareza en todas as súas variantes e non sirva para afectar a máis familias. Porque o IRPH desapareza por ser abusivo. Revisa a túa escritura e si o teu índice de referencia é IRPH ... benvido. | Ir á Web.

Recentes sentenzas comezan a estimar a nulidade da fixación do IRPH como índice de referencia para calcular o tipo de interese dos préstamos hipotecarios, pois entenden que o mesmo é abusivo como consecuencia da inclusión nos préstamos con falta de transparencia sobre o seu funcionamento. | As Sentencias na sección Tribunais da web d@s compañeir@s da IRPH Stop Gipuzkoa, plataforma de afectados polo IRPH, que xurdiu dun grupo de traballo de Kaleratzeak Stop Desafiuzamentos (PAH) en Donostia. | Ir á Web.

INFORME IRPH | ANÁLISE CRÍTICA DO PROCEDEMENTO DE CÁLCULO DOS ÍNDICES IRPH, OU POR QUE DICIMOS QUE O IRPH É MANIPULABLE E FALTO DE TRANSPARENCIA. | J.E. - Donostia, 19-02-2014 | En formato pdf de 10 páxinas. | Acceder/Baixar.
____________

domingo, maio 29, 2016

O Goberno Español, exime a Reganosa do trámite de avaliación de impacto ambiental, antepoñendo un suposto cáracter estratéxico da regasificadora de Mugardos, á vida e seguridade das persoas que moramos na contorna da Ría de Ferrol - Resposta do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ante a ilegal decisión do Goberno respecto a Reganosa - Acto Público o xoves 2 de Xuño e X Marcha a Pé a Mugardos o sábado 4

Tags

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol tras o acordo do Goberno de excluír á Planta de Gas de Reganosa da Avaliación de Impacto Ambiental.


O Consello de Ministros do Goberno en funcións no día de onte, acordou “excluír de maneira excepcional, do trámite de avaliación de impacto ambiental os proxectos de autorización da planta de regasificación de gas natural licuado (GNL) de REGANOSA en Mugardos (A Coruña)”.

Ante este feito, o CCE declara:

1º.- Con ese acordo o Goberno en funcións, pretende eludir a aplicación das Sentenzas do Tribunal Supremo, que determinou a radical ilegalidade da planta de gas de Reganosa, aplicación que debera ter como consecuencia, a paralización da actividade e a saída do sistema de retribucións.

2º.- Non é certo, ademais, que a paralización de Reganosa poña en perigo a subministración aos consumidores. Ao contrario, Reganosa supón un timo á cidadanía por canto nos custa preto de 60 millóns de euros ao ano. Mentres se ten paralizada a entrada de gas polo gasoduto de Tui, tal como viña sucedendo antes do 2007, gasodutos que teñen capacidade para subministrar gas, tanto aos ciclos como aos usuarios domésticos.

3º.- Estamos diante dun acordo ilegal que pretende saltarse a legalidade ambiental  e de seguridade, tanto do Estado, como europea. Esta decisión, retrata a un goberno corrupto e situado á marxe da lei.

4º.- O Comité Cidadán de Emerxencia, procederá con todo os recursos xurídicos e legais ao seu alcance, que lle brinda o Estado de dereito,  até conseguir a revogación do acordo ilegal do Consello de Ministros. Así mesmo o CCE fai un chamamento ás forzas políticas e sociais a pronunciarse en defensa do Estado de dereito, así como á cidadanía a mobilizarse  en cumprimento da legalidade.

Con eses obxectivos, o CCE celebrará un acto público, que intenta reunir todo o apoio e solidariedade con esta loita tan desigual, David contra Goliat, que non pensamos abandonar.

Convidamos a toda a cidadanía a asistir ao próximo acto do xoves 2 de xuño que se celebrará no Centro Cívico Carvalho Calero de Ferrol, ás 19h.

Ferrolterra, 28 de maio de 2016


Asemade convidamos a toda a cidadanía a participar na 10ª Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, que terá lugar o sábado 4 de xuño, con saída ás 17 hs, do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, ate a A. VV “O Cruceiro” de Mehá en Mugardos.

Planta de Gas: Peche Xá !

Resolución de 27 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros de 27 de maio de 2016, polo que se declaran excluídos do trámite de avaliación de impacto ambiental os proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos, A Coruña. | Acceder/Baixar.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
28 de maio de 2016 21:08

_______________

sábado, maio 28, 2016

As columnas galegas das Marchas da Dignidade, confluiron en Lugo este 28M, ao tempo que se realizaban mobilizacións polo resto do estado e de toda Europa - Manifesto "Muralla de Liberdade"


MANIFESTO MURALLA DE DIGNIDADE


Unha vez máis, as Marchas da Dignidade estamos hoxe aquí, na rúa, reivindicando os nosos dereitos fronte a unha mafia financeira psicópata que non sente a dor allea, a dor dun pobo que está a padecer as súas políticas criminais coa complicidade de gobernos sicarios que non defenden a quen terían que defender; a nós, ao pobo, que é quen máis ordena. Loitamos contra esa mafia representada pola Troika, unha mafia que ninguén elixiu, pero que dita as normas que rexen as nosas vidas. Unha mafia que minte, extorsiona, engana e provoca mortes, como as que están a producirse no Mediterráneo. Non son mortes, son asasinatos.

Estamos a ver como os gobernos europeos, incluído o español, están a deportar, gasear e deportar a persoas refuxiadas que foxen das guerras provocadas polo imperialismo e o capitalismo, por eses mesmos gobernos que agora lles negan a entrada En Europa, incumprindo a Convención de Xenebra e a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Están a comportarse dun xeito criminal, descoñecido en Europa desde a Alemaña nazi, e non podemos calar fronte a este crime contra a humanidade. Calar, faríanos cómplices da barbarie, e a loita das persoas refuxiadas tamén ten que ser a nosa loita.

Esta Unión Europea é unha unión de criminais e a historia xulgaraos como o que son. Non é a nosa Europa, é unha Europa sometida ás ordes das grandes multinacionais, ás ordes do poder económico. É ese poder quen quere impoñer un acordo de libre comercio entre Europa, EEUU e Canadá, o TTIP / CETA, negociando en segredo e con medidas que supoñen o maior atentado aos dereitos sociais dos últimos tempos. Un acordo que non someterán a referendo, nin se vai debater no Parlamento Europeo, unha baixada de pantalóns fronte á mesma mafia que está a provocar esta crise. O inimigo é o mesmo, sempre é o mesmo, aínda que tome diferentes formas.

Un inimigo poderoso que utiliza unha crise provocada para recortar os nosos dereitos, impoñendo medidas neoliberais que levan anos aplicando en numerosas partes do mundo. Privatizacións, recortes, rescates bancarios e reformas laborais son as mesmas receitas que aplican alí onde teñen oportunidade de facelo, e se non poden, acaban provocando golpes de estado encubertos como o de Honduras, Paraguai e, agora, Brasil. Por iso temos que loitar con unidade e pensando nese inimigo poderoso, porque se non somos quen de unirnos, imos perder esta loita. Temos que entender iso e traballar pola unidade das loitas, porque todas as loitas contra ese inimigo común, son a mesma loita. Se nos separamos, perdemos. E non podemos permitirnos perder esta loita.

O estado español o sabe, e por iso utiliza a represión, que cada vez é máis forte. Milleiros de persoas padeceron esta represión desde a aprobación da Lei Mordaza, persoas reprimidas duramente por exercer o seu dereito a manifestarse, a expresarse ou, simplemente, a existir. Unha represión que están a padecer agora mesmo no SAT, que levan varios días en folga de fame pedindo a liberdade de Andrés Bódalo, condenado á cadea nunha farsa á que chaman xuízo. Ou o caso dos dous titiriteiros, procesados pola representación dunha sátira, ou as compañeiras da CGT da Cofradía do Coño Insumiso, tamén procesadas, ou Alfon, Pablo Hásel ou César Strawberry, por poñer só uns exemplos coñecidos. Desde aquí, esiximos a absolución para todas as persoas represaliadas inxustamente polo estado, queremos xustiza, non queremos esta falsa democracia.

Usan a represión para asustarnos, porque non queren que paremos o que están a facer. Están a privatizalo todo, a regalar o que é noso a empresas privadas. Privatizan a sanidade pública, constrúen hospitais que quintuplican o seu custe coa xestión privada, como o Álvaro Cunqueiro. Déixannos sen medicinas ou vacinas, o cal provoca mortes, como ben saben as vítimas da Hepatite C. Non son mortes, son asasinatos. Privatizaron tamén os servizos de emerxencias, provocando descoordinación e situacións de perigo inadmisibles, como poidemos comprobar, recentemente, no incendio de Fandicosta, ou o que acontece todos os anos cos lumes forestais. O beneficio económico por riba das nosas vidas.

Por enriba, tamén, da vida das mulleres asasinadas pola violencia machista. Un feminicidio inaceptable e inasumible que temos que parar. Unha sociedade que permite estes asasinatos é unha sociedad enferma. Unha sociedade que non acabe co patriarcado e a discriminación das mulleres é unha sociedade enferma, e temos que cambiala. A loita das mulleres é tamén a nosa loita, e ten que gañar. Sen elas non hai revolución nin liberdade. Se tocan a unha, tócannos a todas.

Queren destruílo todo. Acaban coa educación pública, impoñen a LOMCE que non quere ninguén, precarizan ao estudantado, queren a universidade para unha elite e non lles importa o vergonzante paro xuvenil de máis do 50%. Non fan nada serio pola mocidade, non teñen o máis mínimo interese. A loita da mocidade tamén é a nosa, porque son o futuro do país. Un futuro negro como a contaminación que provocan as políticas medio ambientais baseadas na destrución e o consumo masivo. O cambio climático é unha realidade, e non están a facer nada para frealo. Esnaquizan a nosa terra construíndo autopistas coma a da Riveira Sacra, ou concedendo 75 anos máis a ENCE na Ría de Pontevedra, e non fan nada para defender os nosos recursos pesqueiros, gandeiros e labregos.

Pero non imos parar de loitar, non nos van deter mentres teñamos forzas. As Marchas da Dignidade seguiremos a traballar pola unidade das loitas, para ser máis fortes e poder facer fronte a toda esa mafia criminal que nos está a asoballar. Ven con nós, loita con nós. Canto máis fortes sexamos, máis débil será o inimigo. Temos que entendelo e deixar de lado as nosas diferenzas, que non son tantas.

Para iso están as Marchas, para xuntar todas as loitas e poder esixir:
  • Non ao pago da débeda ilexítima
  • Auditoría do déficit tarifario das eléctricas
  • Non ao TTIP
  • Economía ao servizo do pobo
  • Non á corrupción
  • Retirada da reforma laboral
  • Retirada da LOMCE
  • Defensa dos servizos 100% públicos e de calidade
  • Dereito á vivenda
  • Respecto ao medio ambiente
  • Medidas contra o cambio climático
  • Xustiza para as vítimas de ANGROIS
  • Defensa dos dereitos da mulleres
  • Dereitos para as persoas migrantes. Ningún ser humano é ilegal
  • Non á represión! Retirada da “Lei Mordaza”
PAN, TRABALLO E TEITO.
A LOITA CONTINÚA




PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/ |
Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica:
http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/

______________

O contrato eléctrico, ... por Lupe Ces - Vídeo: o debate sobre a remunicipalizaçom do serviço eléctrico em Ferrol no Pleno Municipal


Por Lupe Ces [*]
28.05.2016


Onte o BNG apresentou umha moçom para a renúncia do contrato eléctrico de subministro e mantimento. Um contrato começado a tramitar no anterior governo do PP. Um contrato a15 anos de mais de 41milhos de euros. A fórmula está muito extendida: umha multinacional (FCC) e umha empresa local SEFCON. O administrador de SEFCON, Borja Silveira Rey, pertence também a um bufete transnacional de advogados (LAMAS Y Asociados) [1] que tenhem oficinas em Ciudad de Panamá, Shangai, Republica Dominicana, Madrid, A Corunha e Ferrol. Este mesmo bufete de advogados, tem um contrato de serviço de defensa judicial e assistência jurídica co Concelho de Ferrol, assinado polo antigo alcalde. Esse bufete redactou um informe externo, solicitado polo alcalde Jorge Suárez, conforme nom se podia desestimar nem renunciar ao contrato, que está a piques de rematar o seu procedemento num pleno municipal. A assembleia de Ferrol en Común, inexplicavelmente, aprovou seguir adiante co contrato. No pleno da quinta-feira, a moçom do BNG que propóm a renuncia tivo os votos a favor do BNG e do PSOE, Ciudadanos e Ferrol en Común abstiverom-se e o PP votou em contra. A continuaçom pode-se escoitar e ver como se desenvolveu o debate no pleno. A remunicipalizaçom é possivel. Si se pode!


https://youtu.be/IqL_mRsu-ws

Debate no pleno municipal do dia 26 de Maio de 2016 da moçom do BNG relativa à renúncia ao contrato de subministro e mantimento eléctrico para a sua remunicipalizaçom.Publicado em 27 de Maio de 2016, na Canle do BNG Ferrol.

[1] Nota.- Por outra banda, o alcalde de Ferrol (José Manuel Rey Varela) tamén informou doutros dous asuntos que viron luz verde na Xunta de Goberno celebrada esta mañá. Un deles foi a contratación do servizo de auditoria externa e verificación do programa Urban da que se ocupará “Auditores de Empresas Asociados S.L” por un montante de 17.157,80 euros (21% de IVE incluído) e un prazo de execución dun ano. O outro tema abordado na reunión ordinaria do executivo municipal foi a contratación do servizo de defensa xudicial e asistencia xurídica do Concello de Ferrol á “UTE Bufete Pieltain-Fuertes y Asociados S.L.P y Lama Abogados S.L.P” por un montante de 171.820 euros ao ano (21% de IVE incluído). Este contrato terá un tempo de duración de catro anos (Fonte: Web do Concello - 09.03.2015).

[*] Lupe Ces Rioboo, é umha das pessoas da coordenadora promotora dumha "Plataforma pola Remunicipalización dos Servizos Públicos", iniciativa cidadá que em primeiro lugar pretende parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concelho de Ferrol.

Artigos de Lupe Ces en Ártabra 21.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
28 de maio de 2016 01:15
http://lupeces.blogspot.com/
___________

Unha primavera de mobilización e loita: As Marchas da Dignidade volvemos ás rúas o 28 de Maio con mobilizacions na Galiza e simultáneas, nesa data, en todo o Estado e no resto de Europa - Imos a Lugo este 28M, a construír entre tod@s unha Muralla de Dignidade


Unha primavera de mobilización e loita
. O pasado 15M, mobilizaba-mo-nos en toda Galiza, no resto do estado e en todo o mundo, na #GlobalDebout. Coincidiamos desde as Marchas da Dignidade, co 5º aniversario do movemento das prazas 15M, e as mobilizacións promovidas polo #NuitDebout. Comezabamos a quentar motores para para este 28M, onde as rúas de Lugo e de Europa, van-se encher de voces e vontades para rematar co sistema inxusto que nos escraviza e empobrece.
"A situación política, social e económica está atravesando un dos peores momentos dos últimos tempos... A corrupción e o latrocinio xeneralizado, o apuntalamento dun sistema que permite a inxustiza, o empobrecemento e deterioro das condicións de vida de millóns de persoas... A xeneralización do traballo escravo, precarizado e sen dereitos... A falta de perspectiva para os nosos sectores produtivos, no agro, na pesca, na industria... O deterioro do medio ambiente, a destrución das nosas rías... É urxente frear as políticas que nos afunden en beneficio das transnacionais e dos máis ricos, das persoas cobizosas que acumulan toda a riqueza e o esforzo do noso traballo. Cumpre denunciar o TTIP (Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos entre EEEUU e a Unión Europea) e esixir unha pasaxe segura para as refuxiadas e inmigrantes, denunciando a deportación e os campos de internamento. Necesitamos unha outra sociedade, xusta e equitativa que pense no benestar e na saúde das persoas. Saiamos á rúa para defender os nosos dereitos como persoas, como pobo, con dereitos, con liberdade, pan, traballo e teito".
Diciamos este pasado 1º de Maio, falabamos do comezo dunha primavera de loita e mobilización, chamando este 28 de Maio, en Lugo, a construír entre tod@s unha Muralla de Dignidade. Como outras nacións, comunidades e pobos do territorio do Estado que se van mobilizar o mesmo día nun esforzo de acumular forzas contra inimigo común: as políticas do Capital transnacional e financeiro, que nos escraviza e somete.

Na Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade, acordou-se este comunicado unitario que a continuación transcribimos.

O 28M LUGO UNHA MURALLA DE DIGNIDADE

Sobran razóns para seguir loitando


As Marchas da Dignidade volvemos ás rúas o 28 de Maio con mobilizacións na Galiza e simultáneas, nesa data, en todo o Estado.

Para as Galegas e os Galegos. O 28M, en LUGO converterase NUNHA MURALLA DE DIGNIDADE CONTRA A TROICA E OS PODERES ECONÓMICOS.

Nestas Mobilizacións nas que damos continuidade a grande mobilización do 22M de 2014 sobre Madrid onde a Columna Galega tivo una importante presenza, nomeadamente cos “trens da dignidade”, se convoca a todos os colectivos e persoas que desexan un vida digna, porque seguimos tendo moitos motivos para seguir loitando xa que pouco ou nada mudou a situación social na Galiza e no Estado, nos últimos tempos.

Os dereitos e liberdades fundamentais vulnéranse continuamente polas autoridades, dando contido á chamada “Lei Mordaza” e adoptando medidas exemplarizantes que levan a penas de privación de liberdade nunha escalada represiva desproporcionada que busca convencernos, mediante o medo, para quedar na casa.

A precariedade laboral continúa, Os ERES multiplícanse e os despedimentos caprichosos e disciplinarios campan ás súas anchas amparados por unha lexislación desfavorable para os traballadores e traballadoras froito das reformas laborais, así mesmo denunciamos a ampliación da idade de xubilación aos 67 anos, a non revisión segundo o IPC e o baleirado da caixa do Fondo de Reserva das Pensión. Vivimos cuns niveis de desemprego superiores ao 20% e un emprego inestable, precario e en condicións indignas. Incrementándose a figura do traballador e traballadora pobres, crecen as familias que contan con todos os seus membros sen ningún tipo de ingreso.

Os desafiuzamentos continúan. A educación volve á rúa coa entrada en vigor da LOMCE e a elitización da Universidade. A sanidade segue loitando por unha verdadeira universalidade que cada vez parece máis dubidosa. O sistema de seguridade social cambaléase e ameaza o futuro das prestaciones e as pensións. E a violencia machista continúa deixándonos cifras abraiantes dun feminicidio sostido.

Os políticos da dereita máis rancia e o poder económico quedan de novo retratados coas noticias sobre paraísos fiscais como o caso dos “papeis de Panamá” ou con tramas de corrupción que non fan máis que medrar.

E mentres, todos os días, vemos como miles de refuxiados buscan desesperadamente sobrevivir en cárceres ao aire libre ás portas de Europa, unha Europa insolidaria que trafica con mercancía humana con Turquía. ¡Non hai dereito a tanta vergonza! Ante isto non podemos permanecer calados/as.

Pero nada podemos agardar dunha UE que prepara o TTIP e os seus tratados irmáns que só buscan poñer aos pobos ao servizo das grandes multinacionais, como coñecemos grazas ás poucas filtracións que logran pasar o cerco que os mantén no máis estrito segredo.

Denunciamos a reforma do artigo 135 da C. E. para dar prioridade ao pago da débeda, unha débeda ilegal e ilexítima e que non debemos pagar, fronte a cubrir as necesidades da maioría social, denunciamos a perda de soberanía fronte aos dictados das institucións internacionais UE, BCE e troika, así como o Pacto de Estabilidade Presupuestaria que nos imporá máis recortes nos vindeiros anos para beneficiar á banca e as multinacionais.

Quérenos calados e caladas, pero vannos a atopar nas rúas de novo. Só desde a participación masiva, unitaria e organizada de millóns de traballadoras e traballadores, como impulsamos desde as Marchas, permitirá a revolución democrática para poder decidir todo o que nos afecta na nosa vida cotiá. Sóbrannos razóns para seguir loitando. Todas e Todos á rúa.

O 28M EN LUGO UHA MURALLA DE DIGNIDADE CONTRA A TROIKA.
PAN, TRABALLO, TEITO e DIGNIDADE
#MURALLADEDIGNIDADE


PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/ |
Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica:
http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/

____________

Na fin de semana do Día Mundial do Medioambiente, máis dunha decena de poñentes analizarán en Ferrol a situación na Galiza e UE da problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo


Xornada "A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE". |  "A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE". | Xornada de análise e debate sobre a situación do medio mariño convocada polo GUE/NGL e coordenada por AGEe o vindeiro sábado 4. | Na fin de semana do Día Mundial do Medioambiente, máis dunha decena de poñentes analizarán en Ferrol a situación na Galiza e UE.


O vindeiro sábado 4 de xuño, coincidindo nesa fin de semana ca conmemoración do Día do Medio Ambiente, o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) levará adiante a través de Alternativa Galega de Esquerda en Europa a xornada  A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE [1], que terá lugar no Centro Cultural Carvalho Calero (Ferrol) de 10.00a 19.30hrs.

Tras a chegada e recepción de participantes [10.00hrs.], a eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, e a Concelleira de Medio Ambiente e Sanidade de Ferrol, María Esther Leira Penabad, procederán á introdución e apertura desta xornada [10.15hrs.] que procurará "poñer de relevo unha visión holística do medio mariño na que teñamos en conta non só a importancia da súa dimensión produtiva, senón tamén a correspondencia existente entre a propia calidade das augas e a nosa saúde, ou as claves do significado xeopolítico que cada vez máis están adquirindo os recursos hídricos a nivel global,  sen perder de vista ademais o compoñente identitario que o mar, as rías, os ríos e mesmo os océanos teñen para o pobo galego", expuxo Senra.

A eurodeoputada de AGEe é suplente para o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nordica (GUE/NGL) na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, xa que "dende o inicio asumimos que loita a prol do noso medio mariño tiña que ser unha das principais estratexias de traballo de Alternativa Galega de Esquerda en Europa". Ente outras accións, no mes de novembro do ano pasado levamos adiante en Cangas a xornada “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, en decembro achegamos a Bruxelas unha delegación de colectivos que loitan contra a contaminación das rías e ríos e trasladaron as súas denuncias directamente á Comisión Europea, intervimos en sesión plenaria para denunciar a situación do cerco, pelexamos a exclusión dos TACs da pesca artesanal, impulsamos a visita dunha delegación da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a Galiza no mes de mazal deste ano, e levamos rexistradas distintas preguntas parlamentarias[2] en relación ao medio mariño.

Aliás, este encontro o vindeiro sábado 4 en Ferrol para abordar en común a contaminación das augas será tamén un rico espazo no que analizar algunhas conclusións do Informe anual sobre as augas de baño realizado pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) e a Comisión Europea e publicado esta mesma semana. A través deste estudo, que revela que das 29 praias con calidade  "pobre" que hai no Estado 23 atópanse na Galiza,  "a propia UE corrobora a preocupación expresada en múltiples ocasións polas organizacións sociais, pesqueiras e ecoloxistas en relación á calidade das nosas augas", salientou Lídia Senra.

Daremos inicio a esta xornada a través do Xefe da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Guillermo Díaz Agras, e do Presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA), José Luís Rodríguez, quen plantexarán primeiramente unha RADIOGRAFÍA XERAL DA SITUACIÓN MEDIOAMBIENTAL DO NOSO MAR [10.30hrs]. Lucía Vizoso, membro da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Marea Ártabra, moderará este primeiro espazo introdutorio.

Tras un pequeno descanso ás 12.00hrs., retomaremos a quenda de mañá afondando na situación concreta do litoral a través da mesa A CONTAMINACIÓN DAS RÍAS GALEGAS E AS ACTUACIÓNS DAS INSTITUCIÓNS DA UE [12.30hrs.], que será desenvolvida polo Coordenador do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol e membro da Asociación Cultural Fuco Buxán, Manuel Rodríguez Carballeira; o Presidente da Asociación polo Saneamento da Ría de Pontevedra, Andrés Ruano e o Presidente da Plataforma en Defensa do Mar da Comarca Muros-Noia (Plademar), Estebo Ameneiro.

A Vicepatroa da Confraría de San Telmo de Pontevedra, Marina Buceta, será a responsábel de coordenar este panel, ao que seguirá un espazo de debate.

A quenda de tarde desta xornada estará centrada en extrapolar a situación do medio mariño a nivel europeo e estatal. A ECONOMÍA AZUL NO CONTEXTO DA POLÍTICA DA UNIÓN EUROPEA E MUNDIAL E A SÚA REPERCUSIÓN PARA O SECTOR PESQUEIRO EN GALIZA [16.00hrs.] abondará na problemática da acaparación de recursos hídricos pra a súa explotación en clave multimensional [3] -pesqueira, mineira, enerxética, farmacéutica, biotecnolóxica, turística...-, unha estratexia de capitalización dos recursos naturais que está a ocupar un papel diferenciado no presente mandato da Comisión Europea baixo a preocupante denominación Crecemento Azul.  A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra; o voceiro de Pesca por AGE no Paralmento Galego, Juan Manuel Fajardo e o Doutor en Xeoloxía e Impulsor do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, Francisco Canosa Martínez serán as responsábeis de desenvolver este punto . O Concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Antonio Ramos Rodríguez, moderará e dará paso ao debate.

Tras un descanso de media hora [17.30hrs], avanzaremos na conclusión desta xornada a través dunha espazo final de carácter esencialemente propositivo baixo o título FACENDO FRONTE Á CONTAMINACIÓN MARIÑA PARA PRESERVAR OS RECURSOS PESQUEIROS. ALGUNHAS EXPERIENCIAS DENDE O ESTADO ESPAÑOL [18.00hrs.]. O Directivo da Confraría de Ferrol e armador de embarcación de baixura en Ferrolterra, Javier Castro, será o responsábel de coordenar as intervencións dos poñentes que trasladarán experiencias dende distintas partes do Estado. Nesta mesa contaremos co Presidente da Federación de Cofradías de Pescadores de Almería-Motril e Patrón Maior de Motril vinculado ao Proyecto Ecopuertos, Ignacio José López Cabrera; o Director da Cátedra Relec da Universidad de Cádiz e vinculado tamén ao Proyecto Ecopuertos, Enrique Montero e o avogado e secretario da Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Valencia e integrante da Campaña contra as prospeccións de hidrocarburos no Mediterráneo, José Ortega.

O encontro finalizará ás 19.30hrs.

Compostela, de 27 Maio de 2016.

Nota.-

[1] Adxuntamos cartaz e díptico-programa, Acceder/Baixar.

[2] Deguace e cotas, Impactos negativos da ampliación do Real Club Náutico de Sanxenxo, Colocar a pesca artesanal acidental fora dos TAC, Distribución das quotas de sarda pelo Estado espanhol, Verquido de residuos asfálticos na zona de Ferrol, Efluentes contaminantes na costa de Lugo, Reparto das cotas de pesca entre o cerco galego, Construcción dunha presa no río Miño, Sendas fluviais do Río Tea e Castro da Croa, Pregunta sobre la denuncia CHAP(2014)00627 (Río Tea), Ampliación da pranta de Reganosa en Ferrolterra, Recursos mineros en alta mar, Gobernanza dos océanos e enerxía, Agresión medioambiental contra el LIC del río Tea, Estacion depuradora de augas residuais no barrio de Coruxo (Vigo), Estudos da EFSA sobre biotecnoloxías mariñas, EFSA, DRA e consumo de moluscos, Marisqueo na Ría de Ferrol, Etiquetado produtos acuicultura e pesca, Prohibición da pesca de deriva con redes artesanais e tradicionais, Indefensión dos traballadores galegos en barcos noregueses.

[3] Máis información no informe "El acaparamiento mundial de océanos", TNI (2014).

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

   

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
27 de maio de 2016 14:15

_____________________

Decide en Común, apoia e anima á cidadania a participar na manifestacion deste sábado 28 de Maio en Lugo - E apoia e asina os Principios Básicos das Mareas en Común

Por Celso Posada Fernández [*]
28.05.2016


Apoio á manifestación das Marchas da Dignidade do 28M en Lugo

O Partido Político Socialista e Republicano Decide en Común a través do Coordinador en Galicia e membro da Executiva Federal do Partido, Celso Posada, amosa o seu total apoio e participara na Manifestación do sábado 28 de Maio ás 12:00 horas en Lugo, da Columna Galega das Marchas da Dignidade. Decide en Común participa e forma parte das Marchas da Dignidade de Ferrolterra. Celso Posada anima á cidadanía a acudir, a participar nesta Manifestación. O Coordinador en Galicia de Decide en Común afirma que e fundamental seguir loitando e manifestándose nas rúas como fan as Marchas da Dignidade na defensa dos dereitos sociais, dos servizos públicos, da Sanidade e do Ensino e rexeitando rotundamente os desafiuzamentos, a Lei Mordaza, o neoliberal Tratado de Libre Comercio (TTIP), os recortes nos servizos públicos as reformas laborais antisociais do PP e do PSOE, así como rexeitando rotundamente as políticas neoliberais e clasistas do PP que nos empobrecen, nos condenan ao paro, á precariedade laboral e o exilio económico e nos recortan salvaxemente os nosos dereitos sociais a maioría social e á clase traballadora.

Decide en Común apoia e asina os Principios Básicos das Mareas en Común

O ferrolan Celso Posada manifesta que e fundamental a Unidade Popular, unha Marea Viva e a Confluencia da esquerda para derrotar e vencer nas urnas a Feijoo, o PP, a dereita e as súas políticas neoliberais, clasistas e austericidas nas Eleccións Galegas de este ano. Posada afirma que Decide en Común apoiamos as Mareas en Común porque e un proceso de confluencia, aberto, inclusivo, participativo, construído dende as bases, dende abaixo, de forma democrática, horizontal, participativa e en igualdade de condicións para poñer as Institucións ao servizo da maioría social. Decide en Común facemos un Chamamento a cidadanía, os colectivos sociais e os partidos de esquerdas a apoiar e a asinar os Principios Básicos das Mareas en Común na paxina web: www.mareasencomun.gal ou mandando un correo a: ola@mareasencomun.gal.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e Secretario de Ensino e de Cultura da Executiva Federal; integrante da Plataforma Somos Esquerda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. Foi membro do PSOE, candidato a liderar o partido a nivel provincial, até formou parte da súa Executiva Comarcal da que dimitiu. A situación socioeconómica e política, e a súa participación activa nos movementos sociais, levou-no a abandonar o PSOE e colaborar na refundación dun novo partido socialista e republicano. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Artigos de Celso Posada en Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
20 de maio de 2016 23:13
27 de maio de 2016 15:10

___________

xoves, maio 26, 2016

Constituída en Ferrol unha iniciativa cidadá que pretende parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concello de Ferrol


Constituída en Ferrol unha iniciativa cidadá que pretende parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concello de Ferrol.


Onte, martes 24 de maio, celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da nosa cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol. Un contrato de 15 anos, que vai outorgar máis de 41 millos de euros das arcas municipais, a unha Unión Temporal de Empresas (UTE), composta pola empresa local (SEFCON) que administra Borja Silveira Rey, e a multinacional Fomento de Construciónes e Contratas (FCC).

Esta asemblea considerou que este contrato, ademais de ser ilegal no seu procedemento, segundo distintos técnicos consultados, que fan traballo de asesoramento a esta asemblea, é lesivo para os intereses do pobo de Ferrol, hipotecando o futuro da cidade.

Por todo isto aprobou constituírse en promotora dunha Plataforma pola Remunicipalización dos Servizos Públicos, nomeando unha coordinadora, que comezou a traballar cara o obxectivo de paralizar este contrato, e encetar o camiño da defensa da municipalización dos servizos públicos.

Abonda de saqueo!
Hai outras alternativas!
Si se pode!

Ferrol, 24 de maio de 2016

Asinado.-

Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero.
Lupe Ces.

Enviado por:
Plataforma Remunicipalizacion
-remunicipalizacion.plataforma@gmail.com-
26 de maio de 2016 13:40
_____________

Moción do BNG ao Pleno do Concello de Ferrol, onde se insta ao mesmo para que interpoña un requirimento de derrogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construción do acceso ferroviario ao porto exterior


O BNG propón ao pleno a interposición dun requirimento de derrogación que paralice a licitación do acceso ferroviario ao Porto Exterior.

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno municipal de fin de mes na que propón que o concello interpoña un requirimento de derrogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construción do acceso ferroviario ao porto exterior.

O BNG considera que o Partido Popular despois de desenvolver un procedemento irregular, baseándose en motivacións de carácter, exclusivamente, económico, desde a administración central e cun goberno en funcións licitou as obras do acceso ferroviario ao porto exterior sen ter en conta todas aquelas reivindicacións feitas por organizacións políticas e innumerábeis colectivos desta cidade que reclamaban unha solución diferente á proposta que contemplaba un viaduto que cruza a enseada da Malata. Así mesmo censuramos que o Goberno Municipal non tivera interposto ningún tipo de recurso cando tivo oportunidade de facelo como ten feito o BNG.

Desde o BNG, así mesmo, consideramos inaudito que por parte do goberno local se continúe sen facer nada e sen tomar ningún tipo de decisión para evitar que a alternativa adoptada pola Autoridade Portuaria sexa a definitiva para levar o acceso ferroviario ao porto exterior atravesando A Malata.

O BNG considera que debe terse en conta que este proxecto se licitou sen terse publicado a Declaración de Impacto ambiental e sen ter resolto as alegacións e por último que ao Concello de Ferrol non se lle informou sobre o proxecto definitivo, como queda evidenciado e se recolle nos informes do enxeñeiro municipal. O Concello non ten informado sobre o proxecto construtivo nin sobre a modificación substancial que se produce na delimitación de espazos portuarios que se produce no porto de Ferrol produto da elección da alternativa sur.

Para o BNG a elección desta alternativa non só supón agravar o deterioro da ría de Ferrol senón que ademais ten afectacións de carácter patrimonial no barrio da Graña, en elementos que debían estar protexidos como o dique da Cabana, vai supoñer impactos que están sen resolver acústicos para o ámbito urbano desta cidade e desde o BNG queremos insistir no feito de que parece que tanto o PP como o actual goberno municipal, que forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, parece que están cómodos no ámbito, exclusivamente, das recriminacións verbais pero que máis aló destes reproches duns aos outros non se toma ningún tipo de decisión para resolver un dos grandes problemas que ten esta cidade.

É por isto que dado a pasividade e indolencia coa que este goberno esta a enfrontar este problema desde o BNG instámolo a adoptar algún tipo de decisión ao respecto. É por isto que lle propoñemos ao Pleno a interposición dun requirimento de derrogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construción do acceso ferroviario ao porto exterior.

Ferrol, a 25 de Maio de 2016.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com | bng@ferrol.es (Grupo Municipal)
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/ | http://adiante.gal/ | #Adiante.



Moción do BNG ao Pleno do concello de Ferrol, de hoxe 26 de Maio de 2016, onde se insta ao Concello a que interpoña un requirimento de derrogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construción do acceso ferroviario ao porto exterior. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
25 de maio de 2016 21:54
______________

Referencias de interese:

O non ao tren a Caneliñas polo trazado sur en Ártabra 21 | Ir á Web.

Imaxen de GeoTren e Google. | Clicar acima da imaxe do cabezallo para ampliar.

Enlaces relacionados de interese:

GeoTren - O acceso ferroviario ao Porto exterior de Ferrol. | 16.Xaneiro.2014 | Ir á Web.

A Autoridade Portuaria licita as obras do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol. | Ministerio de Fomento | 16.Abril.2016 | Ir á Web.

Fomento adxudica a redacción do proxecto constructivo do acceso ferroviario ao Porto exterior de Ferrol. | Ministerio de Fomento | 03.Xaneiro.2014. | Ir á Web.
______________