domingo, maio 07, 2017

A Plataforma de Afectadas pola Hipoteca, publica un novo Kit - Acábase de aprobar o Real Decreto 5/2017 que modifica o Real Decreto 6/2012 (Coñecido como Código de Boas Practicas) e a Lei 1/2013 que decretou unha tímida moratoria de 2 anos para algúns casos de desafiuzamento


KIT RDL 5/2017 MORATORIA E ALUGUER SOCIAL

Acábase de aprobar o Real Decreto 5/2017 que modifica o Real Decreto 6/2012 (Coñecido como Código de Boas Practicas) e a Lei 1/2013 que decretou unha tímida moratoria de 2 anos para algúns casos de desafiuzamento.

Aínda que se anuncian como "medidas urxentes para reforzar a protección dos deudores hipotecarios", as modificacións teñen un alcance limitado e cosmético, de face á galería, pois non soluciona as carencias das versións anteriores e non aborda a situación actual de miles de persoas en urxencia habitacional.

A principal novidade é que este Real Decreto amplía os supostos de especial vulnerabilidade para a moratoria, a todas as familias con menores de 18 anos, independentemente do número ou idade, cuestión que desde a PAH xa denunciaramos mediante o recurso de inconstitucionalidade que suscitamos contra a Lei 1/2013.

Con todo, aínda que se teña unha situación "vulnerábel", mantense o requisito "económico", que obriga a demostrar que o esforzo no pago da hipoteca incrementouse nos últimos catro anos. Concretamente o artigo 1.3.b) que di "Que, nos catro anos anteriores ao momento da solicitude, a unidade familiar ha de sufrir unha alteración significativa das súas circunstancias económicas" e o complementa o punto 4 do mesmo artigo cando di: "A efectos do previsto neste artigo entenderase: Que se produciu unha alteración significativa das circunstancias económicas cando o esforzo que represente a carga hipotecaria sobre a Renda familiar se multiplique por 1.5".

Este requisito "económico" non ten en conta a cronificación da situación da pobreza que fai imposíbel o pago das cotas por dificultade acumulada tras varios anos de redución de ingresos, aínda que a cota se mantivo máis ou menos estábel. É habitual caer en non pagar a hipoteca por esgotamento no esforzo económico tras varios anos obtendo ingresos irregulares de aquí e de alá, con independencia da cota.

Cando se redactaron as moratorias orixinais, anos 2012 e 2013, este criterio podía ter certo sentido, pero entón as situacións de vulnerabilidade contempladas eran máis restritivas e, xa que logo, tampouco eran medidas reais e efectivas para a maioría das familias afectadas. Por iso, a medida chega tarde e mal, xa que miles de familias que se puideron beneficiar desde o ano 2013 até agora, xa non teñen opción, e hoxe en día, moitas delas viven pendentes de desafiuzamentos de alugueiro.

Outro aspecto que contempla a Lei é un alugueiro para as mesmas familias que teñen dereito á moratoria. A familia deberá afrontar, si quere acceder a iso, o pago da taxación da súa vivenda a fin de calcular o prezo da cota de alugueiro, que será dun máximo do 3% anual do valor actual da vivenda, pero non regula nin limita estes alugueiros en función da situación social e económica das familias que se poderían beneficiar. En conclusión, a medida establece un impedimento á vez que obriga a pagar a taxación que pode custar uns 400 euros ou máis, e deixa en mans das entidades financeiras o feito que sexa ou non unha medida efectiva para as familias que poidan pagar a taxación.

Este alugueiro establecerase por cinco anos (o anterior era só por tres) o que parece un incentivo para que as persoas con moratoria non esgoten o prazo total até maio de 2020, aínda que teñan dereito a iso.

Aportámosvos os documentos útiles para o seu respectivo uso:
  • Enlace ao modelo de Solicitude Moratoria | 2017 | Acceder/Baixar.
  • Enlace ao modelo de Solicitude Alugueiro Social | CBP 2017 | Acceder/Baixar.
  • Enlace ao modelo de Escrito Solicitude de suspensión de lanzamento por Execución Hipotecaria. | 2017 - Sen Advogad@ | Acceder/Baixar.
  • Enlace ao modelo de Escrito de suspensión de lanzamento por Execución Hipotecaria. | 2017 - Con Advogad@ | Acceder/Baixar.
  • Cadro comparativo das normas, en tres ámbitos de interese (coas reformas en amarelo e as principais modificacións en verde) | Acceder/Baixar:
    • Ámbito de aplicación da situación de vulnerabilidade.
    • Novo prórroga de prazo de suspensión de lanzamentos - Até 15 de maio de 2020.
    • Mecanismos de aluguer - Sobre inmóbeis obxecto de lanzamento suspensión.
Publicado na web da PAH (Estatal) | 03.05.2017. Os documentos atopan-se aloxados na base de datos do servidor da PAH.

Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/2017/05/03/kit-rdl-52017-moratoria-y-alquiler-social/

Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Pode-se !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.


Correo-e:

forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon