luns, xuño 12, 2017

Andaina 2017 en Fene, contra a fatiga oncolóxica, este domingo 18 de xuño, desde as 10 da mañá - Por + Vida é unha asociación sen ánimo de lucro co fin de impulsar a actividade física e uns hábitos de vida saudábeis, así como servir de apoio ou soporte emocional a outras e outros pacientes intentando mellorar a súa calidade de vida

Tags


PARA A ANUNCIAR A ACTIVIDADE
DO VINDEIRO DOMINGO 18 DE XUÑO
ANDAINA 2017


Por + Vida é unha asociación oncohematolóxica, que nace no ano 2011 a raíz da participación de vari@s enferm@s de cáncro nun programa pioneiro de exercicio físico no concello de Fene dende o ano 2008, onde destacamos a súa orientación a paliar a fatiga polos tratamentos de cancro e da propia enfermidade. Creamos esta asociación sen ánimo de lucro co fin de impulsar a actividade física e uns hábitos de vida saudables, así como servir de apoio ou soporte emocional a outras e outros pacientes intentando mellorar a súa calidade de vida.

Cada ano aumenta a participación e as actividades desenvolvidas coa fin de involucrar ao público de todas as idades. Tamén consideramos que todas as asociacións de enfermos perseguen os mesmos obxectivos (información, apoio e calidade de vida e dereitos laborais) e nos gustaría que outras agrupacións participen tamén neste tipo de actos de interese xeral.

Dentro das nosas actividades destacamos unha, por antigüidade, que é a Andaina, actividade que neste 2017 celebra o 9º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica. Este ano será o vindeiro domingo 18 de xuño a partir das 10 horas, durante toda a xornada de mañá na praza do concello de Fene.

O recadado irá destinado a nenxs enfermos de cancro.

Tamén queremos lembrar que este ano fixemos unha doazón de 4.000,00 € á Fundación Ramón Domínguez para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para proxectos de investigación de medicina xenética.

E tamén doamos 600,00 € á  campaña de mecenado para potenciar a investigación da biopsia líquida no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para continuar os estudos iniciados hai anos polo grupo Oncomet (Oncoloxía Médica Traslacional).

Desgraciadamente neste estado e na nosa terra non se financia o suficiente en investigación, e neste caso, en investigación médica.


Horario da xornada do vindeiro 18 de xuño:

10.00 a 10.30 horas | recollida de dorsais e benvida.

10.30 a 11.30 horas | Andaina cun percorrido doado dunha hora.

11.30 a 12.00 horas | Carreira Infantil e entrega de premios.

12.00 a 12.30 horas | Exhibición do Club Ximnasia Ferrolterra.

12.30 a 12.45 horas | Lectura do Manifesto e entrega simbólica do donativo deste ano.

13 horas aproximadamente remate da xornada.


Máis datos dun xeito resumido da nosa asociación:

Tamén formamos parte de GEPAC (Grupo Español de Pacientes con Cáncer) unha organización composta por diferentes organizacións de pacientes oncolóxicas/os unidos para compartir experiencias e recursos e ter unha única voz ante os diferentes axentes sociais e sistemas de saúde.

Colaboramos con outros colectivos en temas de saúde, mesas redondas para amosar o noso punto de vista e vivencias durante o cancro e despois desta enfermidade, unha vez superada a enfermidade, intentando levar unha “vida normal” contar a nosa experiencia, porque creemos que a información é moi importante de cara intentar mellorar a calidade de vida. Colaboracións coa universidade de Santiago en cursos de verán ou na formación de docentes para temas de estética para mellorar a autoestima, de gran importancia durante e despois da enfermidade, por medio de colaboracións conxuntas co Balneario de Guitiriz (Lugo).

Incluímos participacións incentivando o deporte dende a organización da nosa actividade máis coñecida como é a Andaina que este ano celebra o seu  9ª edición e a colaboración en iniciativas como as edicións da CARREIRA DA MULLER na cidade de A Coruña, CARREIRA CONTRA O CANCRO organizada pola AECC de Ferrol, a I e II CARRERA DE ASOTRAME celebrada en Narón no ano 2015 e 2016, ANDAINA n'As Pontes 2015 e outro tipo de actividades físicas onde intentamos a participación en grupo.

A isto sumamos a organización de charlas sobre temáticas concretas do cancro  e as súas variantes, a concienciación de levar unha vida o máis saudable posíbel.

Tamén imos incorporando outras activicades como por exemplo talleres /obradoiros para as socias e socios (manualidades, obradoiros de repsotería, arte floral,...), e quen queira apuntarse, espazos onde nos xuntamos e socializamos, intentando apoiarnos unhas/uns en outras/os e aprender cosas novas. Levamos 2 anos ofrecendo clases de pilates en  varios horarios.

--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 650 812 030
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
11 de junho de 2017 20:04

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon