segunda-feira, junho 12, 2017

Centos de persoas secundaron a convocatoria solidaria, o sábado 10 de maio de 2017, contra a represión e a manipulación mediática que padeceron as activistas e simpatizantes do centro social okupado Escárnio e Maldizer, logo do seu recente desaloxo - Vídeo e novas relacionadas


Centos de persoas secundaron a convocatoria solidaria, o sábado 10 de maio de 2017, contra a represión e a manipulación mediática que padeceron as activistas e simpatizantes do centro social okupado Escárnio e Maldizer, logo do seu recente desaloxo.


https://youtu.be/NL5IPCaUY78

Baixo a licenza CC BY-NC-SA Galiza Contrainfo.

Novas relacionadas:

Buscan criminalizar a okupación para poder especular a pracer” | Na véspera dunha nova manifestación en apoio do desaloxado Centro Social Escarnio e Maldicer, entrevistamos aos activistas que o puxeron en marcha. A polémica carga policial e o papel dos medios de comunicación no debate sobre a okupación son dous dos puntos desta conversa. | Por Manuel Vilas - Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/06/2017 | Actualizada ás 14:00. | “Sádica e violenta”. Así cualifica o Centro Social Escarnio e Maldizer a actuación policial no polémico desaloxo en Santiago. Fano nun pequeno xornal, que inclúe  foto-denuncias das lesións producidas nos incidentes, que os okupas acaban de editar. | Ir á Web.

Cargas policiais e dous detidos na manifestación polo desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer. | Sermos Galiza - Redacción. 10 Xuño 2017 23:17 h. | As persoas manifestantes, máis de medio milleiro, non puideron acceder ao casco vello polo forte dispositivo policial. Tras ocupar de forma simbólica o antigo Peleteiro, 114 persoas foron identificadas polas unidades da Policía Nacional, que utilizou gases e pelotas de goma para dispersar as persoas concentradas. | Ir á Web.

Outra marcha contra o desaloxo dun centro social remata con cargas policiais en Compostela. | Praza Pública | @prazapublica. | Marcha de protesta polas rúas de Compostela. | Cargas policiais, tensión, dous detidos e varios identificados. Ese foi o balance tras a marcha na que máis de medio milleiro de persoas protestaron este sábado en Compostela de novo polo desaloxo dun centro social ocupado -o Escárnio e Maldizer da zona vella- hai tan só uns días. | Ir á Web.
________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon