sábado, setembro 23, 2017

Baixo o titulo O Sahara un conflito esquecido, tivo lugar un acto en Narón da man de Esquerda Unida, coa participación de Mehdane Hocine Hassan, Maite Isla, Xavier Ron e André Abeledo


O SAHARA UN CONFLITO ESQUECIDO. EU NARÓN.


EU Narón organizou unha charla conferencia na tarde de onte, venres día 22 de setembro, no local da asociación veciñal da Gándara, baixo o título "O SAHARA UN CONFLITO ESQUECIDO".

O acto contou como relatores con Xabier Ron, responsable de Elaboración Programática de Esquerda Unida. Ex deputado de AGE e Investigador; Mehdane Hocine Hassan,  cidadá saharauí que acaba de chegar dos campamentos de Tinduf e André Abeledo, Concelleiro e Voceiro de Esquerda Unida- Narón.

Maite Isla, presidenta da Asociación Solidariedade có Pobo Saharauí e presidenta de SOGAPS, participou no acto xunto cunha delegación.

A asociación fixo un chamamento as familias e aos cooperantes da provincia d'A Coruña, para que participen neste acto que pretende visualizar o conflito no Sáhara Occidental e a situación que vive o pobo saharauí nos campamentos.

Así mesmo amosou o seu apoio e agradecemento a EU Narón pola presentación no pleno deste mes de Setembro dunha Moción en solidariedade coa loita do pobo saharauí.

André Abeledo defendera unha Moción no Pleno de Setembro por un “Narón solidario có pobo saharauí”, na Comisión correspondente EU, TEGA, PSOE e BNG xa amosaron o seu apoio a moción.




Intervención de André Abeledo durante a charla conferencia en Narón.

O Sáhara é un conflito esquecido, pero tamén é un conflito agochado.

Cando os medios de comunicación de masas deixan de falar dun conflito, dun drama humano, ese conflito, ese drama, non desaparece, continúan, pero faise invisible.

Cando isto acontece non é por casualidade, existe unha causalidade, normalmente son intereses económicos e xeoestratexicos os que fan calar aos medios, os que agochan o problema.

O caso do Sáhara Occidental é o dun esquecemento forzado, o dun agochamento intencionado e interesado.

Por ese motivo son importantes actos como este, que tentan acabar có esquecemento e sacar a luz a realidade.

O pobo saharauí precisa que se coñeza o seu drama e a súa historia.

Por iso estamos hoxe aquí.

Grazas a Maite Isla, presidenta da Asociación Solidariedade co Pobo Saharauí e presidenta de SOGAPS.

Grazas a Xavier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida.

Grazas a Hassan, un veciño, un amigo, un cidadá saharauí.

Grazas a todas e todos por vir.

As compañeiras e compañeiros de EU Narón non miramos cara outro lado.

Non miramos cara outro lado ante os problemas dos nosos veciños, nin ante a exclusión social, nin ante os abusos da patronal, non miramos cara outro lado no Sáhara Occidental.

Cumprimos có noso deber internacionalista, cumprimos coa nosa obrigación ética e moral como pobo consciente, como clase obreira.

En relación ao Sáhara Occidental faise necesario ter memoria, a mesma memoria histórica que aínda precisamos no Estado español.

Recuperando a memoria sobre a nosa historia entenderemos ata onde chega a nosa responsabilidade có Sáhara Occidental, este non é un conflito alleo ao Estado español, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmá.

O Estado español ten unha débeda histórica có pobo saharauí, os deixamos tirados, os entregamos a Marrocos, o pobo español ten a obrigación moral de denunciar a situación da poboación saharauí que vive nos Territorios Ocupados por Marrocos, que sufre, sistematicamente, a violación dos seus dereitos máis elementais.

A legalidade internacional é clara.

Os Acordos Tripartitos de Madrid, polos cales España cedía a súa soberanía sobre o Sáhara Occidental, son ilegais.

Este proceso non pode ser desenrolado unilateralmente, ten que ser, en todo caso, coa aceptación da comunidade internacional.

Isto quere dicir que, según a legalidade internacional, España sigue sendo a potencia administradora do territorio ata que se peche o proceso de descolonización, mediante un referéndum de autodeterminación.

Marrocos, polo tanto, é unicamente a potencia ocupante, a que desenrola a administración do Sáhara Occidental pola forza, mediante a represión, sen que ningún estado membro de Nacións Unidas teña recoñecido a día de hoxe a súa soberanía sobre o territorio.

O Estado español é, polo tanto, responsable de todo o que acontece no Sáhara Occidental e debe impulsar a celebración do referéndum de autodeterminación canto antes.

O  Estado español debe asumir as súas responsabilidades e poñerse do lado dos Dereitos Humanos e da liberdade.

A actual estratexia de Marrocos no Sáhara ocupado é unha copia da estratexia que segue Israel en Palestina.

Marrocos amosa un total desprezo e desobediencia as resolucións internacionais que obrigan á celebración dun referéndum de autodeterminación. Desobediencia que como no caso de Israel non ten ningún tipo de consecuencias para Marrocos.

España traizoou ao pobo saharauí unha e outra vez, ningún Goberno da democracia foi o suficientemente valente para desenrolar unha política acorde coas súas obrigacións legais e morais.

Sempre han primado os intereses económicos duns poucos e as relacións de Estado, que, en algunha ocasión, están directamente relacionadas cós intereses persoais dos que ostentaron determinados cargos públicos.

Os nosos gobernantes seguen coa súa teima de matarnos de vergoña.

Ana Palacio, a aristócrata e ex ministra de Asuntos Exteriores no gabinete de José María Aznar, ten sido fichada pola Monarquía marroquí para que exerza como "experta" defendendo internacionalmente as teses coloniais marroquís  en relación có Sáhara Occidental ocupado.

¿Que podemos esperar de semellantes mercenarios?.

Lembremos que presuntamente, a casa Real española, có Rei emérito Juan Carlos I a cabeza, está historicamente relacionada coa entrega do Sáhara Occidental á monarquía marroquí.

Nin que dicir ten que tanto o Partido Popular, como o PSOE, prometeron velar polos dereitos do pobo saharauí dende a oposición, esquecéndose das promesas, e incluso, traizoándoas abertamente, unha vez chegaron ao poder.

O pobo saharauí tamén sufre no desterro, un desterro obrigado, un desterro no deserto alxerino.

Nos campamentos de Tinduf sobreviven, principalmente, pola axuda da cooperación internacional.

O Estado español, as comunidades autónomas, os concellos, así como diferentes ONGDs foron os principais doantes de axuda humanitaria para a poboación refuxiada saharauí.

A crisis económica fixo que esta axuda  se teña reducido drasticamente, tendo duras consecuencias para a poboación.

Debemos impedir que a xestión desta crisis leve por diante a cooperación internacional, pero máis especialmente, debemos esixir que as axudas ao pobo saharauí  convértanse nunha prioridade para o goberno do Estado, dada a enorme responsabilidade que ten o Estado español neste conflito.

EU Narón apoia ao pobo saharauí neste acto, pero tamén o faremos politicamente no Pleno do Concello de Narón mediante a presentación de unha Moción este Xoves día 28 de Setembro, unha Moción que vai a declarar a  “Narón municipio solidario có pobo saharauí”, na que pediremos ao Consistorio o seu apoio aos seguintes acordos:

1) O Concello de Narón mellorará o marco de financiación estimando unha contía para cada neno e nena que veña a Narón dentro do programa de solidariedade Vacacións en Paz. A financiación debe considerar os gastos de desprazamento en avión que son, normalmente, os que máis problemas ocasionan a SOGAPS, por solicitar a compañía de avión o pagamento por anticipado.

2) Manter un encontro institucional co novo Delegado Saharauí en Galicia para tratar a situación actual do pobo saharauí e para debater sobre o novo marco de financiamento que se propón desde o Concello de Narón. Dito encontro será aberto a membros de SOGAPS.

3) Denunciar a sentenza ao Grupo de Gdeim Izik e solicitar ao goberno do Estado que se interese ante o seu homólogo marroquí e reclame a liberación destes 24 presos políticos que o único que fixeron foi defender o dereito de autodeterminación do Sáhara Occidental de forma non violenta, de acordo ao establecido pola Nacións Unidas, a Unión Africana e diversos organismos internacionais.

4) Solicitar que se manteña, ata que se celebre o Referendum de Autodeterminación, a consideración española dos Saharauís para que non teñan atrancos no seu desexo de asentarse no Estado español, e que, no seu defecto, se lles conceda asilo para evitar a súa deportación. En todo caso, lémbrase a obriga de respectar a lexislación internacional e se un menor solicita asilo non pode ser tratado coma un adulto.

5) Informar dos puntos tratados e dos acordos ao novo delegado saharauí en Galicia, Saad el Mami, e darase traslado desta moción ao goberno do estado.

QUE VIVAN OS POBOS DO MUNDO!

QUE VIVA O SAHARA LIBRE!


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.





Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
23 de setembro de 2017 02:08

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon