venres, setembro 22, 2017

Concentración de protesta ante a entrada do gaseiro 227 para a ilegal e perigosa Reganosa - Vídeo

Tags


Desde que en maio de 2007, entrara el LNG "Galicia Spirit", son 227, os buques que arribaron até o pantalán de Reganosa para descargar gas natural licuado.
Cada vez que entra un buque o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha concentración sonora, son 227 buques en dez anos de actividade da regasificadora que sempre se considerou ilegal e así quedou patente con catro sentenzas do Tribunal Supremo que condenan a Reganosa, mais que foron burladas polo acordo do Goberno Español que resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento.

Foi o "LNG Rioja Knutsen", de bandeira española, o que este venres 22 de setembro de 2017, entrou na Ría de Ferrol,  cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, para descargar nos tanques de Reganosa, son máis de 70 toneladas que transporta nos seus tanque que teñen unha capacidade de 170.000 metros cúbicos. Este buque gaseiro de grande porte, tivo que entrar, pola bocana da Ría e cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros de lonxitude, até chegar ao peirao de Punta Promontoiro, en Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un gaseiro cargado, para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos.

Na acción de protesta deste venres foi o compañeiro coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia, Manuel Angel Rodríguez Carballeira -Lalán- quen tomou a palabra, para situar o contexto da denuncia e reiterar unha vez máis o compromiso na loita contra a imposición da regasificadora, froito da corrupción política e económica.


https://youtu.be/JGhBG2TQUsw


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon