Amosando publicacións coa etiqueta A.C. Medulio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A.C. Medulio. Amosar todas as publicacións

domingo, marzo 18, 2018

O venres 23 de marzo: 'A mirada de Carvalho', Segundo Roteiro Literario Musical, desde a Praza Vella, até o Cantón, dirixido por Loreto de Castro


"A mirada de Carvalho", II Roteiro Literario-Musical, desde a Praza Vella... pasando por Amboaxe, Real... rematando no Cantón de Ferrol, dirixido por Loreto de Castro. A cita é o venres 23 de marzo, ás 17:30hs na Praza Vella de Ferrol Vello. Coa colaboración da Asociación Cultural Medulio, a Fundaçom Artábria, o Ateneo Ferrolán, a asociación Centro Comercial Aberto da Madalena e o Concello de Ferrol.

Coa participación de: Miguel Costoya Kostoia, Mariola Hermida Romero, Andrés C. M. Riveira, Fer Ocampo M, Rosa Salanova Shakti, Adelaida Abad, Elisardo de la Cruz, Aurora Varela, Esther Val e na parte musical Alberte e Padín.

O acto contará cunha exposición de fotos e textos de Ricardo Carvalho Calero nos escaparates dos comercios da Madalena.

A nova en Radio Fusión. | Ir á Web.

Evento no facebook.

Ricardo Carvalho Calero no buscador libre: DuckDuckGo.

Nota.-
En caso de choiva o roteiro se celebrará a modo de recital poético musical, nas intalacións do Ateneo, na sala da terceira planta.
_______________

mércores, maio 27, 2009

A S.C. Medulio presenta o libro: Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro

Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro

Co fin de esclarexar as diferentes concepcións ideolóxicas que se desenvolveron durante a posguerra e saber da incidencia que tiveron nas diversas visións políticas actuais, a Sociedade Cultural Medulio, vai apresentar o libro "Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro" publicado por edicións A Nosa Terra.

Nel comprobaremos se as diferenzas na concepción política destes dous personaxes, non trascende dos aspectos formais e persoais ou se estas disconformidades representan un idea política diverxente.

O acto terá lugar no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol ás 20:00 h do luns 1 de xuño e nel contaremos ca presenza do autor do libro Xoan Carlos Garrido.

Agardando a túa presenza, recebe un cordial saúdo da Sociedade Cultural Medulio.

Enviado por:
bng@ferrol.es
27 de maio de 2009 13:46

________________