Amosando publicacións coa etiqueta AGAMME. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AGAMME. Amosar todas as publicacións

martes, novembro 01, 2022

Pronunciamento de AGAMME sobre certos aspectos da chamada Lei Trans


Ante os que consideramos graves acontecementos que se están a producir dende hai meses no marco do debate sobre os contidos da Lei Trans, dende AGAMME emitimos este comunicado.

En primeiro lugar, desexamos amosar noso apoio ás compañeiras pertencentes a diversos partidos e asociacións, universidades e profesións varias que están sufrindo represalias por exercer o lexítimo dereito de expresar libremente a súa opinión, polo simple feito de disentir, de argumentar en contra dalgúns dos puntos clave do texto da chamada Lei Trans. Asistimos a un deterioro continuado e acelerado dos principios democráticos, de tal forma que se chega a normalizar a negación da posibilidade da discusión argumentada como fonte de enriquecemento da política. O mesmo observamos no ámbito académico respecto ao coñecemento científico. Aséntase cada vez con máis intensidade o criterio de “comigo ou contra min”, eliminando a posibilidade de escoitar outras posturas, outros razoamentos. Independentemente de que unhas ou outras teñan a razón, permitir que se hostigue a compañeiras por ter expresado un punto de vista determinado é abrir a porta ao extremismo ultradereitista. Por iso é imperativo deter esta dinámica que está poñendo en serio risco o xa debilitado sistema democrático.

Por outra parte, AGAMME manifestou en repetidas ocasións a súa crítica a algúns aspectos do texto do Proxecto de Lei, que pasamos a resumir a continuación.

Para empezar, y para afastar calquera posibilidade de malentendido, AGAMME maniféstase plenamente respectuosa cos dereitos das persoas transexuais e defendemos o seu dereito a vivir libres de discriminación e violencia, en cumprimento de toda a normativa internacional, estatal e autonómica de Dereitos Humanos.

Unha vez establecido este punto de partida inamovible, ao noso parecer, a que se deu en chamar Lei Trans inclúe no seu articulado algúns contidos que supoñen un risco para a saúde das persoas menores de idade, poñéndoas a mercé dos intereses da industria farmacéutica e dos centros de cirurxía especializados. Pasamos a continuación a describir os nosos principais puntos de disensión co articulado do "Proxecto de Lei para la igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI":

PRIMEIRO. O concepto “identidade de xénero” como entidade xurídica.

O xénero é unha construción cultural a través da cal se atribúen ás persoas, en función do sexo, unha serie de cualidades conductuais, psicolóxicas, sociais, etc. É de feito a base sobre a que se asentan os postulados patriarcais e machistas que, como sociedade democrática, debemos rexeitar. Admitir que sexa precisamente o xénero o determinante para identificar ao individuo é reforzar un concepto contra o cal o feminismo vén batallando dende as súas orixes.

No ámbito de infancia e adolescencia, deben cumprirse os principios coeducativos, cuxo obxectivo é tirar as barreiras que dificultan o pleno desenvolvemento das persoas menores de idade, máis alá dos estereotipos de xénero. A lei non debe, pois, reforzar un concepto que é causante de discriminación e violencia contra mulleres e nenas.

DEBEN SER RETIRADAS DO TEXTO DA LEI TODAS AS EXPRESIÓNS NAS CALES, DIRECTA OU INDIRECTAMENTE, SE ASENTE O CONCEPTO DE IDENTIDADE DE XÉNERO. NO SEU LUGAR DEBE UTILIZARSE A EXPRESIÓN “IDENTIDADE SEXUAL”.

SEGUNDO. O cambio rexistral do xénero por autodeterminación.

Este é un punto difícil de abordar, dado que é comprensible o desexo de que non sexan necesarios informes médicos e trámites diversos. Non obstante, este cambio na normativa supoñería a eliminación do suxeito xurídico muller –xa que calquera podería selo tan só con declaralo- co cal, toda a loita feminista por lograr igualdade de condicións no ámbito laboral e familiar, para a erradicación da violencia de xénero, a recompilación de datos estatísticos en base ao sexo, o estudo das enfermidades femininas, a promoción do deporte femenino e un longo etcétera, quedaría en auga de borraxe.

Aínda que no plano teórico podemos formular o desexo de que se dilúan as diferenzas por razón de sexo, estas non desaparecen na vida real. A discriminación que sofre a muller segue sendo dramática e a lexislación e as políticas que se foron logrando tras décadas de loita feminista non poden perderse. De feito, seguen sendo insuficientes, debemos seguir promovendo cambios que avancen na eliminación das desigualdades e a violencia. No tocante á infancia e adolescencia, as nenas seguen sendo, con  moito, as principais vítimas de violencia sexual e cada ano as cifras de violencia de xénero en parellas adolescentes son alarmantes.

POLO TANTO, DEBE PERMANECER A NORMATIVA ACTUAL, QUE EXIXE ALGÚNS REQUISITOS E TRÁMITES PARA A CONSECUCIÓN DO CAMBIO REXISTRAL DO SEXO E QUE DITO CAMBIO SE PRODUZA DE FORMA ESTABLE.

TERCEIRO. Tratamentos e intervencións en menores de idade.

Debemos partir de tres presupostos indiscutibles:

En primeiro lugar, non existe evidencia científica sobre os efectos a medio-longo prazo de someter a persoas a tratamentos hormonais dende idades temperás e de por vida.

En segundo, estase esquivando, por ser tema tabú, os efectos que as cirurxías en xenitais e mamas poden ter sobre o pracer sexual e en consecuencia sobre a vida sexual, de forma irreversible.

Por último, a adolescencia caracterízase por ser unha etapa de cambios e de autocoñecemento, non é estática e a súa duración é variable en cada caso.

Por todo isto, pedimos con toda a contundencia posible, que se estableza normativamente:

1.- Que non se someterá a ningunha intervención cirúrxica nin tratamento hormonal a ningunha persoa menor de 16 anos, no marco dun proceso de cambio de sexo.

2.- Que non se someterá a tratamentos hormonais nin intervencións cirúrxicas a ningunha persoa de entre 16 e 18 anos se non é tras unha avaliación médica e psicolóxica que estableza a suficiente madurez e desenvolvemento da persoa así como a conveniencia de ditos tratamentos dende un punto de vista da saúde integral.

Por no estenderse máis neste punto, e dada a total concordancia co seu punto de vista, adherímonos ao manifestado recentemente sobre este tema pola Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria.

CUARTO. Sobre a adopción de medidas contra proxenitores-as que se opoñen á realización de tratamentos.

A Convención dos Dereitos da Infancia (CDN) establece no seu artigo 5 que, salvo que aqueles sexan prexudiciais para o benestar da persoa menor de idade, “Os Estados Partes respectarán as responsabilidades, os dereitos e os deberes dos pais (…)”. Polo tanto, salvo que atenten contra a súa integridade ou dignidade, se recoñecese aos proxenitores e proxenitoras a potestade para tomar as decisións que consideren aconsellables para o benestar dos seus fillos e fillas.

Como temos denunciado noutras ocasións, e segundo avalan informes do Valedor do Pobo de Galicia, por exemplo, o cal consideramos extensible a outros territorios, os equipos psicosociais dependentes dos gobernos autonómicos ou municipais (protección de menores, equipos municipais de servizos sociais, …) carecen de formación específica en materia de infancia. Polo tanto, tendo en conta ademais que este novo campo é un nicho de mercado suculento para a industria farmacéutica, ameazar a proxenitores e proxenitoras coa posibilidade de perdela custodia dos  seus fillos e fillas por opoñerse a que se sometan a tratamentos agresivos, de efectos adversos e quizais irreversibles, ataca os dereitos enunciados na CDN así como a independencia (dentro de duns parámetros de coidados e respecto da liberdade sexual dos seus fillos e fillas) das familias para adoptar libremente as decisións que consideran son as que mellor se axustan ao interese superior do ou da menor de idade.

POLO TANTO, DADO QUE AS CONDUTAS VEXATORIAS, O MALTRATO EMOCIONAL, ETC XA ESTÁN REGULADAS NO CÓDIGO PENAL E EXISTE MARXE DE MANOBRA POR PARTE DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS PARA DESENVOLVER DISTINTOS TIPOS DE INTERVENCIÓN EN BENEFICIO DO BENESTAR INFANTIL, DEPENDENDO DA GRAVIDADE DE CADA CASO, ESTE CONTIDO DEBE DESAPARECER DA LEI.

QUINTO. Sobre todas aquelas medidas contempladas na lei que atentan contra a liberdade de expresión.

O Proxecto de lei contempla todo un aparato disciplinario que se aplicaría contra calquera persoa que disinta do seu articulado. Consideramos esta unha medida anticonstitucional e un perigo para a estabilidade da democracia o feito de que se inclúa nun texto lexislativo. A lei vixente xa contempla medidas contra aquelas persoas que atenten contra a dignidade das persoas, co cal é absolutamente innecesario establecer medidas disciplinarias e debemos entender estas como un intento de blindar a lei  impedir calquera posibilidade de rexeitamento ou crítica da mesma.

ESTE CONTIDO É COMPLETAMENTE INADMISIBLE DADO QUE ATENTA CONTRA O DEREITO CONSTITUCIONAL DE LIBRE EXPRESIÓN.

SEXTO.  Sobre a necesidade e o consenso social.

Como se evidenciou especialmente nas últimas semanas, existe unha clara desconformidade dun sector importante da sociedade sobre a necesidade e a conveniencia desta lei, ou ao menos dalgúns dos seus contidos. Polo tanto, dado  que o poder lexislativo emana do pobo, os poderes públicos deben ser cautos na aprobación de leis sobre as cales existe un debate aberto e non concluído, cunha oposición clara dunha parte da sociedade.

Non existe suficiente coñecemento científico sobre os efectos a largo prazo de aplicar terapias de transición, non é pertinente asentar unha lexislación baseada na suposición. De feito, están empezando a transcender datos aportados por países que aplicaron leis trans con anterioridade e os resultados obtidos e os relatos de persoas que agora están en fase de detransición non son en absoluto tranquilizadores.

SOLICITAMOS, POIS, QUE SE PRORROGUE A SÚA APROBACIÓN, QUE SE ABRA UN PROCESO DE DISCUSIÓN, DE DEBATE RESPECTUOSO E ARGUMENTADO QUE NUNCA SE PRODUCIU PORQUE, DENDE O INICIO DA TRAMITACIÓN, SE CRIMINALIZOU O DISENSO E EVITOUSE TODA POSIBILIDADE DE DIÁLOGO.

FAISE NECESARIO O QUE NON SE PRODUCIU AO INICIO: UN PERÍODO DE REFLEXIÓN, DE ANÁLISE DE INFORMES E ESTUDOS A NIVEL INTERNACIONAL, DE ESCOITAR ÁS ENTIDADES SOCIAIS E PROFESIONAIS, NON SÓ AS AFÍNS, OS TESTEMUÑOS DE TODA A GAMA DE PERSOAS AFECTADAS POR ESTA CUESTIÓN,  ANTES DE DAR O PASO DEFINITIVO QUE PODERÍA CONDUCIRNOS A UNHA SITUACIÓN NORMATIVA POUCO DESEXABLE NOS ASPECTOS QUE VIMOS DE SINALAR.

Xunta Directiva de AGAMME, a 29 de outubro de 2022




Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME): Asociación sen ánimo de lucro, fundada en 2010. Os seus obxectivos principais son a visibilización da problemática do maltrato infantil, e de forma sinalada o abuso sexual incestuoso, ofrecer apoio e información a vítimas e as súas familias ou profesionais que traballan habitualmente con nenos, nenas e adolescencia. Para rematar a participación en procesos lexislativos e a presentación de demandas á administración para o cumprimento da lexislación vixente [+Info].

Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
30 de outubro de 2022 09:40

_______

venres, xuño 03, 2022

Justicia, Riquiescat In Pace, ... Por Estrela Gómez Viñas - Á nosa compañeira María Salmerón seralle arrebatada a súa liberdade contravindo todos os principios da Xustiza con maiúsculas


Si algunha vez houbo un leve sopro de verdade na palabra xustiza hoxe hase esfumado definitivamente. Nos próximos días o sistema xudicial, co beneplácito do aparello institucional do goberno, cometerá o maior dos latrocinios. Á nosa compañeira María Salmerón seralle arrebatada a súa liberdade contravindo todos os principios da Xustiza con maiúsculas. O movemento feminista e de dereitos de infancia non deixou de dirixirse ao goberno pedíndolle que parase esta atrocidade e, ou non responderon ou o fixeron con palabras ocas. Esta semana decatámonos de que a mesma Ministra que despachaba a solicitude de indulto de María Salmerón co cacarexado "impedimento legal" por reincidencia denegou-lle en abril deste ano a cancelación dos antecedentes penais. A quen pretende enganar este goberno? Chamemos a cada cousa polo seu nome. Alguén nalgún lugar alá no alto debeu decidir que si se deixaba a María Salmerón saír ilesa sentaría precedente e moitas outras mulleres serían máis valentes para protexer aos seus fillos e fillas, máis mulleres desobedecerían sentenzas nas que se expuxese aos seus fillos e fillas a proxenitores violentos. Coñecemos a estratexia, seguímola sufrindo década tras década, a "educación" das mulleres a través do medo, o maltrato institucional como forma de control.

"Estamos fartas de que mentres organismos internacionais como a ONU tíralle das orellas a España por un sistema xudicial no que o machismo segue campando ás súas anchas"

Estamos fartas de que mentres organismos internacionais como a ONU tíralle das orellas a España por un sistema xudicial no que o machismo segue campando ás súas anchas (desculpen as xuízas e xuíces feministas pola xeneralización) en casa seguimos deixando que todo siga exactamente igual. Ata os cumios de que se aproben leis novas que quedan en papel mollado porque non son suficientemente claras para tirar abaixo décadas de aplicación do SAP (só fai falta revisar a xurisprudencia aplicable ou a Circular do ano 2009 da FGE sobre o testemuño de nenos e pícaras vítimas) ou porque ningún goberno concretounas e dotado de recursos. Estamos encabuxadas, non hai outra palabra, porque o goberno ao que se lle enche a boca dicindo que os fillos e fillas de vítimas non terán que visitar ás súas proxenitores é o mesmo que permitirá que a nosa compañeira sexa feita prisioneira, ¡nunca máis chamarémola presa!.

Todo o sistema actuou durante 20 longos anos para cobrarse a súa presa. Coas garras do SAP. Recorda o xogo sádico do gato que non asesta o golpe mortal á súa vítima, posterga o final, regozixa-se nel, aínda que, por suposto a súa presa non ten desde o principio ningunha oportunidade. Con María Salmerón e coa súa filla Míriam xogaron as institucións dende o minuto cero. Desde o mesmo momento en que se lle di a aquela muller que acaba de saír do maltrato (será necesario recordar que o violento non cumpriu a condena de cárcere porque non tiña antecedentes?) que ela se salva pero a súa filla, un bebecito, non, que a súa filla quédase atrás, baixo o control do agresor. Seguiuno facendo cada vez que ignorou as peticións de axuda de nai e filla e en cada unha das ocasións nas que se aceptaron as denuncias presentadas polo vitimario, evitando ver o obvio, que eran un instrumento máis para manter a María baixo control, esgotala economicamente, irlle quitando ano tras ano de vida. Nada cambiou. Non me digan que se avanzou, non o aceptamos. Isto é tan só o colofón da estratexia máis groseira e ao mesmo tempo máis efectiva do patriarcado nas últimas décadas, a aplicación do SAP e a terapia da ameaza. Por que diso vai o tema, de ameazar, de ameazarnos a todas. Entre as liñas da notificación de ingreso en prisión a María Salmerón vai escrito en tinta indeleble: "isto é o que che pode pasar si denuncias". ¡Que gran sistema xudicial, que grande o seu poder pedagóxico! Por iso, con María nos todas á sombra.

María
, es grande. Loitas cada día por ti, pola túa filla, por todas nós. Cada acto de resistencia hónrache e seguirao facendo. Nós sentímonos impotentes ante tamaña inxustiza, con ese absurdo pero tan necesario escintileo que perdura coa esperanza de que algo suceda ao teu favor no último momento. Esta carta é froito da desazón e non está especialmente ben escrita, pero non hai nada peor que quedarse de brazos cruzados.

Compañeira, estamos contigo. 100.000 almas pediron a túa liberdade e séguenche alá onde esteas. Non nos rendemos, non o faremos xamais.

Publicado en Tribuna Feminista.  | 02.06.2022

[*] Estrela Gómez Viñas. Coordinadora de AGAMME (Asociación Galega contra ou Maltrato a Menores). Profesora de educación secundaria. Mediadora social en prevención do abuso sexual infantil. Relatora e autora de artigos en distintos foros e medios sobre dereitos de infancia.

Enviado por:
Inacio GZ
inaciogz@gmail.com
3 de junho de 2022 08:27

_______

luns, maio 30, 2022

AGAMME reitera perante á Ministra de Xustiza o seu apoio ao indulto para María Salmerón


Esta mañá AGAMME dirixiuse ao Ministerio de Xustiza para reiterar o seu apoio á petición de indulto de María Salmerón.

No texto remitido á Ministra Llop, AGAMME, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, discute o argumento esgrimido polo executivo segundo o cal existe un impedimento legal para conceder o indulto a Salmerón.

AGAMME non considera que se poida falar de reincidencia dado que se trata dunha mesma conduta que María Salmerón se viu na obriga de manter no tempo e que deu lugar a sucesivas denuncias realizadas polo seu agresor. Polo tanto, se ben existiron varios procedementos sucesivos, o acto sería un só prolongado no tempo.

Sinala AGAMME no seu escrito que coa expresión “se viu na obriga de” se refire a que, sendo ela sabedora de que a súa filla corría un perigo real dado o carácter violento do proxenitor, a omisión da súa acción protectora tería sido inmoral pero non unicamente iso. Na liña das leis anteriores, a LOPIVI define violencia contra a infancia e a adolescencia como “toda acción, omisión ou trato neglixente que priva ás persoas menores de idade dos seus dereitos e benestar”. Se Salmerón no tivese desobedecido tería sido neglixente ou violenta coa súa filla, polo tanto non tiña opción.

Por outra parte, AGAMME fai referencia ao carácter do sistema penal español que ten como fundamento e obxectivo a reeducación e a reinserción do reo na sociedade, tal como se establece na Constitución Española. Por iso carecería de sentido facer cumprir a María Salmerón unha pena por un delito que hoxe, trala aprobación da LOPIVI, non se tería producido pois o xulgado tería que ter contemplado a necesidade de protección de la filla menor de idade.

AGAMME lembra que se se ten producido o avance social e legal que permite hoxe en día protexer aos fillos e fillas de vítimas de violencia de xénero é grazas á valentía de mulleres como María Salmerón, que antepuxo a seguridade e os dereitos da súa filla aos seus propios, que soportou durante máis de dúas décadas a persecución xudicial instigada polo seu agresor sen por iso abandonar o seu deber de protección. Foron exemplos como o seu os que impulsaron á sociedade e ao poder lexislativo a acometer ese cambio tan necesario de incluír aos fillos e fillas das vítimas no sistema de protección ante a violencia de xénero.

AGAMME apunta que as vítimas teñen dereito á recuperación e que as institucións españolas lles están negando a María Salmerón e á súa filla este dereito ao permitir que se prolongue sine die o rosario de procedementos xudiciais. Consideran que existe unha indiscutible “razón de xustiza ou conveniencia pública” que sería argumento xurídico suficiente para que o tribunal se declarase favorable ao indulto, cousa que sorpresivamente no se produciu. AGAMME fai fincapé no feito de que María Salmerón foi premiada pola súa loita tanto por parte do goberno estatal como polo de Andalucía, co cal é evidente o carácter de interese público da súa acción protectora.

AGAMME advirte de que a situación á que se está expoñendo a María Salmerón e á súa filla a é unha clara mostra de revitimización e que é deber das institucións evitala en cada un dos seus actos.

Conclúe o escrito AGAMME alegando que se Salmerón chega a entrar en prisión será unha vitoria para os agresores e negacionistas da violencia machista e a derrota definitiva de todo o sistema xudicial e da lexislación vixente en materia de violencia de xénero, dereitos da vítima e dereitos de infancia. Significará un retroceso en todo o logrado ata o momento porque, efectivamente, as sanciones teñen unha función educativa no só para quen as cumpre senón para a totalidade da sociedade, miles de mulleres aprenderán que denunciar e protexer aos seus fillos e fillas é demasiado perigoso.

AGAMME considera contraditorio que o mesmo goberno que aprobou a LOPIVI permita que unha vítima entre en prisión polo único feito de ter protexido á súa filla dun agresor que fora condenado en firme. Por outra parte mostra a súa maior perplexidade ante a información recibida nas últimas horas segundo a cal a Ministra de Xustiza, Pilar Llop, tería denegado a María Salmerón a cancelación dos antecedentes penais, os mesmos que o seu propio Ministerio utiliza como argumento para rexeitar a petición de indulto.

Xunta Directiva de AGAMME

A 30 de maio de 2022



Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME): Asociación sen ánimo de lucro, fundada en 2010. Os seus obxectivos principais son a visibilización da problemática do maltrato infantil, e de forma sinalada o abuso sexual incestuoso, ofrecer apoio e información a vítimas e as súas familias ou profesionais que traballan habitualmente con nenos, nenas e adolescencia. Para rematar a participación en procesos lexislativos e a presentación de demandas á administración para o cumprimento da lexislación vixente [+Info].

Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
30 de maio de 2022 17:14

_______

Relacionada:

✅ AGAMME solicita ao goberno que conceda o indulto a María Salmerón - Que se realice un recoñecemento oficial ao valor da súa loita e o da súa filla, e do beneficio que a mesma supuxo para a sociedade - E que a Fiscalía inicie un procedemento de investigación da violencia institucional sufrida por ámbalas dúas. | Ir a Ártabra 21.
_______

mércores, abril 20, 2022

AGAMME solicita ao goberno que conceda o indulto a María Salmerón - Que se realice un recoñecemento oficial ao valor da súa loita e o da súa filla, e do beneficio que a mesma supuxo para a sociedade - E que a Fiscalía inicie un procedemento de investigación da violencia institucional sufrida por ámbalas dúas


Este martes, 19 de abril de 2022, a Asociación Galega contra ou Maltrato a Menores (AGAMME), en relación á petición de indulto presentada por María Salmerón Parrilla e o recente requirimento do xulgado para a súa próxima entrada en prisión, fixo chegar ao Presidente do Goberno; á Sra. Ministra de Xustiza; á Sra. Ministra de igualdade; á Sra. Ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030; ao Defensor do Pobo (España) e á Fiscalía Xeral do Estado, un escrito pedindo que se lle conceda o indulto solicitado. Escrito que transcribimos a continuación.

Como asociación de dereitos de infancia consideramos un deber político, moral e de xustiza a concesión do indulto a María Salmerón. Como trasladamos noutras ocasión ao goberno, é necesario evitar a prolongación da violencia que sofre Salmerón a mans do seu ex marido, primeiro de forma directa (da cal queda constancia pola condena de prisión que o violento nunca chegou a cumprir por non ter antecedentes penais) e durante máis de dúas décadas de forma indirecta a través da continua querulancia contra a vítima que a xustiza no se preocupou por deter. Así pois, consideramos que María Salmerón é tamén vítima dunha sorte de violencia vicaria por medio da cal o agresor se vale dos instrumentos do estado para seguir causando dano tanto a ela como á súa filla. En consecuencia, no só é necesario, imprescindible, deter o dano que se lle está provocando dende as institucións do estado ao prolongar os procedementos contra ela, obviando a súa condición de vítima (da nai e da filla), senón que ao mesmo tempo debe iniciarse un proceso de reparación de dito dano.

María Salmerón non é un perigo para a sociedade, non existe risco de reincidencia, pois a súa filla é agora maior de idade. María Salmerón é un exemplo de valores, de tesón e de valentía. A sociedade beneficiouse da loita que ela emprendeu hai máis de dúas décadas, agora ninguén pon en dúbida que os fillos e fillas de mulleres que sofren violencia de xénero son tamén vítimas e recentemente aprobouse unha lei que converte este principio nun dereito de protección para os nenos e nenas.  Polo tanto é deber das institucións do Estado recoñecer a súa enorme valía e impedir que o agresor siga perpetuando a súa violencia contra nai e filla. A filla de María Salmerón é agora maior de idade pero sufriu durante toda a súa infancia e adolescencia os prexuízos creados por unha xustiza anticuada, non formada para responder de forma efectiva contra a violencia de xénero, e que non soubo protexela ante a violencia, esqueceuna entón e continúa esquecéndoa agora. Todo dano que se cause á súa nai será un dano causado a ela e temos o deber de impedilo.

SOLICITAMOS:

💜 A aprobación da concesión do indulto a María Salmerón Parrilla no próximo Consello de Ministros.

💜 Que a Fiscalía inicie de oficio un procedemento de investigación da violencia institucional sufrida por María Salmerón e pola súa filla.

💜 Que se realice un recoñecemento oficial por parte do goberno do valor da loita de María Salmerón e da súa filla e do beneficio que a mesma supuxo para a sociedade.



Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME): Asociación sen ánimo de lucro, fundada en 2010. Os seus obxectivos principais son a visibilización da problemática do maltrato infantil, e de forma sinalada o abuso sexual incestuoso, ofrecer apoio e información a vítimas e as súas familias ou profesionais que traballan habitualmente con nenos, nenas e adolescencia. Para rematar a participación en procesos lexislativos e a presentación de demandas á administración para o cumprimento da lexislación vixente [+Info].

Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
19 de abril de 2022 18:04

_______

luns, marzo 07, 2022

Declaración de AGAMME sobre o cumprimento de Dereitos de Infancia no conflito de Ucraína


A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme), diante da situación que se está vivindo en Ucraína en referencia ao cumprimento dos dereitos humanos e da infancia, elaborou unha "Declaración sobre o cumprimento de Dereitos de Infancia no conflito de Ucraína" que fixo chegar a diferentes organismos entre os que están a Comisión Europea, Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, Presidente do Goberno, Ministerio de Asuntos Exteriores, Ministerio de Defensa, Ministerio de Dereitos sociais e Axenda 2030, Ministerio de Igualdade e Ministerio de Cultura e Deportes.

DECLARACIÓN SOBRE O ESTADO DE CUMPRIMENTO DE DDHH NO CONFLITO ARMADO EN UCRAÍNA

Dende AGAMME, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, queremos amosar a nosa preocupación polo estado de cumprimento de Dereitos Humanos por mor do conflito bélico que se está a producir en territorio ucraíno, moi especialmente en todo o que atangue a nenos, nenas e adolescentes. Ao respecto, consideramos que algunhas das decisións que se están tomando por parte dos Estados membro e das institucións da propia UE non só non están a contribuír a resolver o conflito senón que poderían conducir á súa prolongación, aumentando o sufrimento do pobo ucraíno e a destrución do territorio así como o risco dun ascenso na escalada bélica, co perigo subxacente da súa ampliación a outros estados. Algunhas destas actuacións dos organismos estatais e/ou europeos coliden frontalmente cos estándares internacionais de dereitos humanos e de infancia, dando lugar a  situacións de discriminación e dunha enorme vulnerabilidade.

Para a elaboración desta declaración baseámonos nos seguintes fundamentos:

✔ Rexeitamos a guerra, calquera guerra, estamos en contra de dirimir os conflitos por medio das armas, que causan mortes, sufrimento, destrución, pobreza, …

✔ Rexeitamos a militarización e a política de bloques. Apostamos pola Paz e pola resolución dos conflitos por vías pacíficas no seo das Nacións Unidas.

✔ A necesidade urxente dunha resolución do conflito por medios pacíficos de negociación.

✔ O perigo que representa para a humanidade a escalada bélica.

✔ A atención a preservar os parámetros de benestar da poboación –especialmente a infancia e a adolescencia, en base á CDN- incompatible coa situación de guerra.

✔ A necesidade de primar este interese sobre outros de tipo estratéxicos e xeopolíticos.

✔ Promover a concordia entre os pobos evitando a herdanza de conflitos de odio para xeracións futuras.

✔ A toma en consideración da vontade popular de evitar un conflito bélico, tanto entre a poboación de Rusia e Ucraína como no resto de Europa.

En base a estes principios de carácter xeral, denunciamos unha serie de actuacións que están a levar a cabo por acción ou omisión os organismos públicos estatais e europeos, afectando de maneira global á poboación e en particular á infancia e á adolescencia, vulnerándose normativas europeas e internacionais:

1º A actitude das institucións comunitarias e dos países membros, caracterizada pola pusilanimidade na busca da restitución da paz. Moi pola contra, o envío de armamento a Ucraína podería alimentar o conflito, prolongándoo e provocando consecuencias indesexables.

2º A vulnerabilidade que se está  xerando a nenos, nenas e adolescentes, así como a mulleres desprazadas ao non regularse o mecanismo de acollida de persoas refuxiadas e ao permitirse que este labor sexa levado a cabo por parte de iniciativas particulares. Deste xeito, como xa se comeza a ver en prensa, menores de idade e mulleres convértense en branco fácil para as redes de trata.

3º A discriminación por motivo de orixe como principio de regulación dos procedementos de entrada na EU de persoas refuxiadas, colidindo coa normativa de DDHH e específica relativa ás persoas refuxiadas. Denunciamos que esta discriminación se produce, tal e como se informa a través dos medios de comunicación, entre persoas residentes en Ucraína, en función da súa nacionalidade ou orixe. Denunciamos tamén a discriminación que están a sufrir as persoas solicitantes de asilo na UE que foxen de conflitos armados noutros puntos do planeta.

4º A utilización mediática da infancia coa fin de provocar reaccións emotivas no público, afastando ao xornalismo do seu deber de información obxectiva e incumprindo a necesaria protección da imaxe e a intimidade dos nenos, nenas e adolescentes.

5º A falta de información veraz e suficiente para que a poboación poida formarse unha opinión propia sobre os distintos aspectos do conflito. O acceso a información é imprescindible para asegurar o correcto funcionamento das estruturas democráticas.

6º O emprego do boicot contra Rusia como arma de guerra, incluídas as actividades artísticas e deportivas. Como dixemos máis arriba, o pobo ruso non desexa a guerra e, non obstante, podería verse empobrecido de forma dramática en caso de prolongarse o boicot, co cal estariamos a provocar un escenario de emerxencia humanitaria na que de novo a infancia e a adolescencia se verían gravemente prexudicadas.

Por outra banda, o boicot a artistas e producións artísticas rusas, a deportistas e ao mundo da cultura en xeral debe ser desbotada como estratexia. As artes e a cultura deben ser entendidas como un valor humanístico que transcende fronteiras e deben ser preservadas. Foron historicamente oportunidades para restablecer o entendemento e a concordia e como tales deben ser protexidas pola comunidade internacional. Debemos evitar, por outra banda, para garantir ás xeracións vindeiras un futuro de convivencia positiva entre os pobos, que se caia no odio ao ruso que marcou o período da guerra fría no século pasado.


Por todo isto, solicitamos:


✔ Que a UE e os estados membros se senten a deseñar unha estratexia para a recondución do conflito cara á negociación e urxente detención da acción bélica.

✔ O estrito cumprimento do dereito internacional no tocante ás persoas refuxiadas, con especial atención ás persoas máis vulnerables nestes contextos.

✔ Que se estableza un mecanismo oficial, non discriminatorio e seguro de acollida das persoas refuxiadas, poñendo especial cautela na protección de menores de idade e mulleres como potenciais vítimas das redes de trata.

✔ Que se establezan pautas de conduta e compromisos por parte dos medios de comunicación que garantan unha información suficiente e veraz, con datos obxectivables e evitando a confusión e o falseamento de imaxes e informacións.

✔ Que se cumpran as obrigas establecidas normativamente para protexer a imaxe e a intimidade dos nenos e nenas no eido dos medios de comunicación.

✔ Que se deteña a campaña de boicot en todos aqueles aspectos que poidan afectar directamente á poboación civil rusa. Que se abandone a persecución das artes, a cultura e o deporte rusos.

✔ Que se promova por parte das institucións comunitarias e os estados membros a volta ao respecto entre os pobos, evitando así o asentamento de prexuízos rusófobos impropios dos tempos actuais.

Ferrol, 6 de marzo, de 2022




Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME): Asociación sen ánimo de lucro, fundada en 2010. Os seus obxectivos principais son a visibilización da problemática do maltrato infantil, e de forma sinalada o abuso sexual incestuoso, ofrecer apoio e información a vítimas e as súas familias ou profesionais que traballan habitualmente con nenos, nenas e adolescencia. Para rematar a participación en procesos lexislativos e a presentación de demandas á administración para o cumprimento da lexislación vixente [+Info].

Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
6 de março de 2022 21:39

_______

mércores, novembro 10, 2021

Propostas de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores) para a participación no trámite de consulta pública previa para a reforma da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero


O Ministerio de Igualdade coa modificación da Lei Orgánica 1/2004 pretende avanzar na adaptación da normativa española aos compromisos internacionais asumidos polo Estado no seu deber de actuar con debida dilixencia para previr e erradicar todas as formas de violencia previstas no 'Convenio do Consello de Europa para previr e combater a violencia contra a muller e a violencia doméstica' (2011), así como noutros tratados e instrumentos internacionais de dereitos humanos, ratificados polo Estado, como a 'Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller (CEDAW)', para o cal de conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, en relación co artigo 26.2 da Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno, se sustancia, con carácter previo á elaboración dun proxecto normativo sobre o asunto de referencia, unha consulta pública ao obxecto de solicitar a opinión das persoas e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma. Neste marco a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), acordou elaborar unha serie de propostas para participar no trámite de consulta pública previa, por considerar-se afectada pola Lei que se vai modificar.


AO MINISTERIO DE IGUALDADE

Propostas de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores) para a participación no trámite de consulta pública previa para a reforma da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.


En primeiro lugar xustificaremos a participación de AGAMME neste trámite de consulta previa, en base ao feito de que os fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero son á súa vez vítimas, a que a súa participación en procedementos penais pode ser crucial para lograr que o mesmo prospere e ao uso recorrente por parte dos maltratadores dos procedementos civís relativos a custódiaa e/ou visitas cos fillos e fillas como forma de prolongar en control e a violencia. O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero incluíu entre os seus obxectivos o tratamento da violencia de xénero que sofren nenos, nenas e adolescentes. Por outra banda, está documentada en diversas estatísticas e estudos a presenza de comportamentos violentos de tipo machista por parte de mozos cara ás súas parellas menores de idade. Está plenamente xustificado, pois, que unha asociación como AGAMME participe neste trámite lexislativo.

A LOPIVI, aprobada neste mesmo ano, deixou algúns puntos fracos que poderían xerar desprotección a mulleres,nenas e nenos, polo que creemos que esta pode ser unha boa ocasión para concretar algúns dos artigos alí expostos, co fin de evitar devandito risco.

Pasamos a continuación a desenvolver as nosas propostas de contidos que consideramos imprescindíbel incluír no texto de reforma.


1.- A Lei 1/2004 é unha lei ben formulada que máis que ser reformada require un maior grado de concreción respecto das medidas que se levarán a cabo para a súa posta en práctica de forma efectiva.

Especialmente importante é manter o espírito inicial da lei: facer fronte á violencia que sofren os seres humanos de sexo feminino polo mero feito de nacer mulleres. Debe manterse este obxectivo único coa única limitación da necesidade de incluír o deber de protección dos fillos e fillas das vítimas, pois é en realidade parte do mesmo fenómeno.

A violencia que sofren outros colectivos, incluso sendo as vítimas mulleres, debe ser abordada nun texto normativo separado co fin de non desvirtuar o valor da que aquí se pretende modificar.


2.- A violencia que se basea nunha concepción patriarcal da familia diríxese con frecuencia de xeito indistinta cara á muller e os fillos e fillas. Aínda que se avanzou formalmente na declaración dos fillos e fillas de mulleres vítimas como vítimas directas á súa vez, o ordenamento xurídico pode ser máis explícito á hora de establecer as obrigacións dos tribunais respecto do dereito dos fillos e fillas menores de idade a recibir protección, tanto como parte dentro do procedemento xudicial (principios de Xustiza Adaptada á Infancia da UE), como á hora de establecer as medidas sobre o réxime de custodia e/ou visitas co proxenitor violento ou presuntamente violento.

A LOPIVI avanzou ao permitir que os tribunais adopten medidas de suspensión dos réximes de custodia e visitas nestes casos pero consideramos que o texto debe ser máis contundente e evitar a excepción final do artigo. Tal e como está redactado queda a decisión do tribunal determinar que se entende por interese superior e si este pasa por establecer algunha modalidade de contacto filio-parental.

A lei debe ser tallante en establecer a obrigación dos tribunais de protexer aos nenos e nenas e adolescentes expostos a situacións ou presuntas situacións de violencia de xénero. En especial é imprescindíbel que se prohiban, coas medidas disciplinarias correspondentes en caso de incumprimento:

a) Os réximes de custodia ou visitas en contra da vontade manifestada polo neno, nena ou adolescente.

b) As terapias de revinculación cando os fillos ou fillas manifesten a existencia de condutas violentas por parte dos proxenitores ou proxenitoras, exista ou non condena.

c) Calquera decisión xudicial conducente a modificar a vontade do neno, nena ou adolescente respecto da modalidade de contacto cos seus familiares.


3.- Participación de menores de idade en procedementos xudiciais.

A LOPIVI non foi suficientemente clara nin plenamente acorde á normativa europea a este respecto. Polo tanto, a modificación da Lei 1/2004, desde o momento en que o fillo ou filla pode ser testemuña ou vítima da violencia de xénero, debe dar un paso máis aló para garantir que as normativas europeas son traspostas ao noso ordenamento xurídico de forma adecuada.

Por iso pedimos, unha vez máis:

a) Que se establezan as características de formación e experiencia exixíbeis a quen haxa de obter o testemuño dun neno, nena ou adolescente nun procedemento xudicial.

b) Que se adapten as dependencias xudiciais para garantir espazos seguros para menores de idade, co fin de evitar calquera tipo de contacto directo ou indirecto co acusado antes, durante e despois do acto testemuñal.

c) Que se estableza a obrigación de que a proba testifical da testemuña menor de idade, se realice por medio de persoal experto en avaliación do testemuño infantil e do dano.

d) Que se garantan uns prazos máximos para a celebración das distintas partes do procedemento, co fin de evitar dilacións excesivas.

e) Que se doten suficientemente os equipos forenses, con persoal con formación específica ou que se cre un listado de profesionais en colaboración cos colexios de psicoloxía nomeados por medios aleatorios, todo iso co fin de garantir que o tempo non actúa en detrimento da calidade do testemuño do neno, nena ou adolescente.

f) Que se dote aos xulgados, ou polo menos a un número suficiente de xulgados por unidade territorial, de salas Gessell que permitan a realización do acto testifical con todas as garantías para as partes.

g) Que se entenda o testemuño infantil como un proceso que debe desenvolverse en base ás necesidades da vítima e non ás características do sistema xudicial (momento adecuado para realizar a intervención, en función do estado emocional e físico, duración das sesións e número de entrevistas). No caso de violencia sexual debe darse á vítima a oportunidade de elixir o sexo da persoa entrevistadora (Convenio de Lanzarote).

h) Durante a entrevista forense non debe haber ninguén máis na sala que a vítima e o/a profesional. A revelación do suceso traumático ha de evitar afondar na ferida causada (vitimización secundaria). Para permitir ás partes e aos axentes xudiciais estar presentes existen medios técnicos e tecnolóxicos factibles que se están utilizando desde fai anos en numerosos estados. Especialmente prohibirase a presenza do acusado na sala, cuestión na que a LOPIVI supuxo un retroceso. Non é suficiente con evitar a confrontación visual, o neno, nena ou adolescente ten que ser protexido da presión que supón declarar estando presente o acusado, co cal probabelmente mantén unha relación de parentesco e dependencia.

No referente á formación, debemos chamar a atención sobre o feito que certifica o informe do ano 2016 do Valedor do Pobo de Galicia (que supoñemos extrapolábel a outros territorios do estado), sobre a forma de nomear aos/as profesionais dos equipos de psicoloxía forense dos Institutos de Medicina Legal e Forense (a partires da páxina 588). Segundo este informe, os sistemas de acceso a esta función non establecen o requisito de contar coa especialización en psicoloxía forense, co cal é posíbel ser membro dun equipo forense sen ter dita formación.


4.- Modificación do artigo 154 do Código Civil e do Artigo 225c do Código Penal. A LOPIVI modificou en contido destes artigos xerando, ao noso parecer unha situación de enorme vulnerabilidade para as mulleres vítimas con fillos e fillas menores a cargo, dado que lles obriga a obter o consentimento do proxenitor violento para modificar o seu lugar de domicilio. De forma máis ampla ate consideramos innecesaria a nova redacción de ambos artigos dado que actúa en detrimento da liberdade de movemento da persoa que ostente a custódia dos fillos e fillas, independentemente de que exista risco de subtracción ou de que a modificación do domicilio supoña unha traba para a realización do réxime de custodia ou visitas que se estableceu.

Polo tanto, a nosa proposta é:

a) Que se elimine o apartado 3º do artigo 154 do Código Civil.

b) Que se recupere a redacción anterior do artigo do 225 bis, do Código Penal.

c) Subsidiariamente aos anteriores, que se estableza a limitación para as situacións nas que exista denuncia ou condena por violencia de xénero.

d) En calquera caso, que se inclúa o contido do artigo 13 da Convenio de La Haya, segundo o cal, non poderá considerarse subtracción de menores cando o traslado se efectúe para evitarlle un dano ao neno, nena ou adolescente.


5.- Incluír unha aclaración do artigo 17 da LOPJM, modificado pola LOPIVI, no cal se define o concepto de situación de risco:

O apartado 1 define risco, entre outras cuestións, como "conflitos familiares". Coñecemos o significado, ligado á teoría da suposta síndrome de alienación parental, que lle dan a esta expresión certos grupos de presión negacionistas da violencia de xénero. Un significado que calou fondo en boa parte dos nosos xulgados, Fiscais e equipos psicosociais.

Propoñemos que se cambie esta expresión por "violencia no ámbito familiar".

O apartado 2 establece os indicadores de violencia de xénero, sendo o apartado (l) o relativo a "exposición a calquera situación de violencia doméstica ou de xénero". Dito deste xeito, sen maior aclaración, unha nena cuxa nai sufra violencia de xénero (é dicir, unha nena vítima que debe ser protexida xunto coa súa nai) podería ser derivada aos servizos de protección de menores (así o establece o artigo 43 da LOPIVI) malia ter unha nai protectora.

Polo tanto este apartado debe ser eliminado ou polo menos matizado para non levar a interpretacións problemáticas.


6.- Servizos de "conciliación" e psicosociais.

O artigo 28 da LOPIVI establece que en caso de ruptura familiar "o xulgado que coñeza dun procedemento derivado do conflito parental (...) poderá derivar aos proxenitores (...)" aos servizos nomeados anteriormente.

Respecto diso debemos dicir que é paradoxal que a mesma lei inclúa este artigo xunto con outro que prohibe o uso da suposta síndrome de alienación, pois a expresión "conflito parental" é sinónimo na práctica da ideación gardneriana (páxina 100). Por iso pedimos que se elimine este término da lei.

Por outra banda, ao non estar definido que significa "servizos de conciliación", incluílos nunha lei que os fai aplicábeis segundo o criterio do xuíz supón un risco de inseguridade xurídica de primeira orde. Polo tanto pedimos a súa eliminación do texto normativo.

Para finalizar este apartado, os equipos psicosociais actúan a día de hoxe nun absoluto baleiro legal, pois forman parte dos Institutos de Medicina Legal e Forense que, segundo afirmaba un informe do Valedor do Pobo de Galicia do ano 2015,  (páxina 995 en adiante) carece de base normativa para operar (os decretos establecen que a función destes institutos está circunscrita ao ámbito da saúde, en ningún caso á rama do social). Polo tanto, ou ben se regulan ou ben terían que deixar de existir e entanto deberían quedar non operativos.


7.- Puntos de encontro familiar. Desde fai anos solicitamos que se modifique a regulación dos puntos de encontro en varios sentidos:

a) Serán de titularidade pública, cunha selección de persoal con criterios de formación específica en materia de violencia de xénero e maltrato infantil.

b) Contemplaran-se dúas tipoloxías: os centros que simplemente serven como lugar intermedio para as recollidas e chegadas de proxenitores/as e fillos e fillas; os centros aos cales acoden vítimas tanto de violencia de xénero como de maltrato infantil, que require outras medidas de seguridade e formación máis estritas.

c) O servizo debe vertebrarse, en calquera das dúas modalidades ao redor do neno ou nena que acode e deberán incluírse como causa para a interrupción ou suspensión da visita que o neno ou nena non se atope en disposición de realizala ou que exista unha negativa á súa realización, do cal deberá ser informado con carácter urxente o órgano derivante.

d) Dada a presenza reiterada da ideoloxía ligada á suposta síndrome de alienación parental nos informes de puntos de encontro e á relevancia da información que estes equipos aportan nos procedementos xudiciais, deberán realizarse un labor de reeducación destes equipos profesionais de forma periódica.


8.- Prohibición da suposta síndrome de alienación parental. Aínda que se deu o paso de prohibir formalmente o sap a través da LOPIVI, (artigos 11.3 e 26.3.a) ao noso parecer é insuficiente si non se acompaña dun sistema de inspección e sanción para a súa eliminación.

Por outra banda, dada a capacidade camaleónica do construto misóxino, creemos imprescindíbel incluír na nova lei unha definición que contemple tanto as liñas argumentativas como as accións que propón. De feito, a mellor forma de facer inaplicábel o SAP é prohibir o que Gardner chamou "terapia da ameaza", que é o fin último que persegue, é dicir, criminalizar á nai que denuncia e lograr que sexan as propias institucións as que exerzan a violencia contra muller, nenos e nenas.

Nas nosas achegas á LOPIVI faciamos a seguinte proposta de ampliación do artigo 10 bis, que volvemos traer aquí:

"..., co fin de restar valor ao testemuño dunha vítima ou testemuña menor de idade ou como base para establecer modificacións do réxime de comunicacións dos fillos e fillas coas súas proxenitoras.

Evitarase, así mesmo, que poidan ser sometidos a terapias ou medidas de vinculación paterno-filial aqueles nenos, nenas ou adolescentes que presenten rexeitamento cara a un proxenitor, baseándose nas premisas da síndrome de alienación parental.

Non será imprescindíbel o uso explícito do término "síndrome de alienación parental" para definir a súa utilización, senón que poderá ser identificado a través doutras terminoloxías análogas ou por medio dos seus fundamentos discursivos e de procedemento:

1. Utilizar terminoloxía relativa á influencia de terceiros sobre o relato do neno ou nena, co fin de definilo como falso ou pouco fiábel.

2. Usar terminoloxía que arroxe xuízos de valor sobre posíbeis intencións non demostradas obxectivamente por parte do proxenitor ou proxenitora que realiza a denuncia.

3. Ignorar a vontade expresada polo neno, pícara ou adolescente respecto ao réxime de custodia e visitas en base ao conflito existente entre os proxenitores.

4. Modificar ou propoñer a modificación do réxime de custodia ou visitas utilizando como argumento a existencia de condutas obstrucionistas ou non colaboradoras por parte dun dos proxenitores.

5. Modificar ou propoñer a modificación do réxime de custodia ou visitas cando exista rexeitamento por parte do neno, nena ou adolescente para o seu cumprimento, argumentando que devandito rexeitamento débese á presenza de influencia por parte do outro proxenitor e/ou da súa familia.

6. Establecer ou propoñer o establecemento de terapias de mediación, familiares ou doutro tipo co fin de revincular afectivamente a un neno, nena ou adolescente que presente rexeitamento cara a un proxenitor ou proxenitora ao que identifica como autor de actos de violencia de xénero ou maltrato infantil.

7. Establecer ou propoñer o establecemento de medidas cuxa finalización dependa da modificación do rexeitamento do fillo ou filla cara ao proxenitor ou proxenitora e a aceptación por parte do primeiro do réxime de custodia ou visitas.

8. Establecer ou propoñer o establecemento de períodos de incomunicación entre un proxenitor ou proxenitora e o neno, pícara ou adolescente, argumentando que o rexeitamento cara ao outro proxenitor sería froito de influencia externa.

Os actos descritos levarán parellas responsabilidades civís e penais por parte dos profesionais que os cometan
"

9.- Prohibir a utilización de recursos de coordinación parental, establecendo como único recurso legalmente establecido o da mediación e a través do listado de profesionais acreditados polo Ministerior de Xustiza.

Por outra banda deben establecerse mecanismos de control dos procedementos de mediación ou "terapéuticos" para evitar que sexan empregados como forma de presión (aínda que non é facilmente demostrábel, dado que na intervención están presentes tan só o equipo técnico e ambos proxenitores, chegan ás asociacións de forma constante relatos de mulleres vítimas ou nais de vítimas que foron premidas para aceptar un réxime de vistas ou custodia por medio da ameaza de informar negativamente sobre elas). Este tipo de situacións prodúcense tanto nos equipos psicosociais adxuntos aos xulgados como nos equipos de mediación, nos gabinetes de orientación familiar ou similares e en determinadas terapias psicolóxicas ás que son derivadas estas mulleres. O mecanismo de control debe contemplar o procedemento desde o seu inicio, é dicir, desde o acto de información ás partes para que poida detectarse calquera anomalía.


10.- Violencia vicaria. A nosa asociación quere advertir do risco de que devandito concepto poida chegar a chocar con dereitos fundamentais dos nenos, nenas e adolescentes si non se teñen as cautelas necesarias e si non se garante o respecto á validez do manifestado por o/a menor de idade. Por iso solicitamos que se establezan as seguintes pautas de aplicación:

a) Modificación do vocábulo utilizado, dado que redirecciona a violencia inflixida á persoa menor de idade cara a unha terceira (a nai), perdendo entidade a violencia que sofre de forma directa. O neno ou nena pasa a ser un mero obxecto, perdendo por iso status xurídico.

b) Debe recoñecerse que toda violencia dirixida contra un neno ou nena nun contexto de violencia machista é á súa vez violencia contra a nai, con todas as previsións e deberes de protección que iso supón.

c) Debe eliminarse da definición deste tipo de violencia a expresión "co fin de causarlle o maior e máis grave dano" (á nai), pois invisibiliza que é necesario o propósito de causar dano ao neno ou nena.

Desde o noso punto de vista é violencia machista igualmente dado que se enmarca no concepto de familia patriarcal e é resultado da perda de control do vitimario sobre os compoñentes do grupo familiar. Con todo, consideramos prexudicial para o status do neno e da nena que se entenda esta forma de violencia como unha forma de danar á muller (aínda que efectivamente cause ese dano), restando importancia á vítima directa, é dicir, a vítima menor de idade.

d) Non debe ser un mero recoñecemento formal, senón que debe converterse nun instrumento capaz de previr este tipo de violencia, recoñecela, investigala, establecer as medidas de protección necesarias para ambas vítimas (nai e fillo ou filla) e establecer as medidas penais pertinentes. De nada serviría un recoñecemento formal si non se acompaña das medidas que o fagan aplicábel a favor da vítima.

e) A aplicación deste concepto en ningún caso debe supoñer restar valor ao testemuño infantil ou a vontade expresada polo neno, nena ou adolescente sobre o establecemento do réxime de custodia ou visitas con calquera dos seus familiares.

f) Debe prohibirse taxativamente a aplicación de terapias de revinculación forzada da relación afectiva do neno, nena ou adolescente con calquera membro da familia.


11.- Recuperar o concepto de coeducación no ámbito educativo como instrumento de transformación social no marco de dereitos humanos e de igualdade. Evitara-se custe o que custe, como se viu nalgúns borradores de proxectos normativos recentes, que se establezan como indicadores da necesidade de intervir o feito de que un neno, nena ou adolescente mostre afeccións, gustos, estética, etc distintas ás que se supón "propias" do seu sexo. Por outra banda garantira-se que cada adolescente finaliza libremente o seu proceso de afirmación da identidade e orientación sexuais, perseguindo os comportamentos discriminatorios e normalizando a idea da diversidade sexual pero actuando baixo o principio de mínima intervención e sobre todo evitando intervencións de consecuencias irreversíbeis ou con efectos secundarios severos ou insuficientemente estudados.


Por todo o cal,

SOLICITAMOS que as nosas propostas sexan incluídas no presente trámite de información previa e que se nos teña en conta ao longo da tramitación parlamentaria da modificación da Lei 1/2004.

Atentamente:

Ferrol, a 9 de novembro de 2021


Documentación:

Consulta publica previa. | Anteproxecto de lei orgánica pola que se modifica a lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. | Ministerio de igualdade | Secretaría de estado de igualdade e contra a violencia de xénero | Delegación do goberno contra a violencia de xénero. | Acceder/Baixar.

Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. | BOE núm. 313, de 29/12/2004. Entrada en vigor: 28/01/2005 | Acceder/baixar.







Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME): Asociación sen ánimo de lucro, fundada en 2010. Os seus obxectivos principais son a visibilización da problemática do maltrato infantil, e de forma sinalada o abuso sexual incestuoso, ofrecer apoio e información a vítimas e as súas familias ou profesionais que traballan habitualmente con nenos, nenas e adolescencia. Para rematar a participación en procesos lexislativos e a presentación de demandas á administración para o cumprimento da lexislación vixente [+Info].
_______

martes, outubro 26, 2021

Comunicado a raíz da sentenza do xulgado de Marbella que retira a custodia a unha muller por vivir 'na Galicia profunda'

No día de onte, domingo 24 de outubro, varios medios de comunicación fixéronse eco da sentenza ditada por unha xuíza da cidade de Marbella a través da cal, en sentenza de medidas provisionais, lle retira a unha muller a custodia do seu fillo por considerar que as condicións de vida no seu lugar de residencia non garanten que o neno medre “nun ambiente feliz”. Segundo se extrae dos contidos da sentenza que transcenderon aos medios de comunicación, o motivo para dubidar da adecuación do lugar de residencia sería que se atopa no que a xuíza considera que é “a Galiza profunda”.

As entidades abaixo asinantes non podemos se non amosar a nosa máis absoluta repulsa ante este acto xudicial no que, segundo se desprende do recollido en prensa, se vulnerarían dereitos do neno e da nai en base a prexuízos ligados a un concepto estereotipado e pexorativo do rural galego, incumpríndose así o dereito fundamental enunciado no artigo 14 da Constitución. Do mesmo xeito, o auto amosaría unha absoluta ignorancia sobre a realidade xeográfica, cultural e demográfica do noso país. Ao respecto debemos dicir que a comarca de Noia se atopa a uns 30 minutos da capital de Galiza, que conta cunha densidade de poboación de 103 habitantes por km2 así como unha serie de núcleos urbanos nas súas proximidades que aseguran o acceso a todos os servizos necesarios. Non se pode falar, polo tanto de Galiza profunda, que faría referencia a municipios illados, con moi pouca poboación e dificultades para acceder a servizos.

Máis aló desta aclaración, asentar xudicialmente que os nenos e nenas de zonas rurais galegas non teñen garantidas as necesidades básicas por mor das características socioeconómicas e de distribución da poboación no noso ámbito xeográfico, significaría crear unha situación de vulnerabilidade para todos aqueles menores de idade residentes en municipios rurais, dado que se cuestionaría a capacidade dos seus proxenitores e proxenitoras para asegurar o seu benestar en base a un principio discriminatorio e non obxectivo.

Por este motivo consideramos imprescindible que os organismos públicos galegos publiquen nos próximos días declaracións institucionais ao respecto e realicen cantas accións estean na súa potestade para que se depuren responsabilidades e se garanta unha actuación da xustiza consonte ao marco de Dereitos Humanos e en especial da Convención dos Dereitos do Neno e da Nena.

Ferrol, a 25 de outubro de 2021

AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores)
AGAFEM (Asociación Galega de Acollemento de Familia Extensa do Menor)
ALVIXE (Asociación para a Loita contra a Violencia de Xénero)
ASOCIM (Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller)
Asociación Cultural Fuco Buxán
Colectivo Feminista As Pontes
Marcha Mundial das Mulleres
Maternidades Feministas
Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo
Sindicato Labrego Galego

Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
25 de outubro de 2021 21:39

_______

xoves, maio 20, 2021

Grupos e asociacións que traballan a prol dos dereitos da infancia, envían carta aos grupos parlamentarios instando a modificar puntos da lei antes da súa última tramitación no Congreso


Grupos e asociacións que traballan a prol dos dereitos da infancia, envían carta aos grupos parlamentarios instando a modificar puntos da lei antes da súa última tramitación no Congreso

As asociacións AGAMME, Aso. Rede Mulleres, SOMOS MAS, Mujeres sobrevivientes de la violencia machista, Mujeres moviendo el mundo, Associació Dones Juristes e Asociación de Mujeres Juristas Themis, enviaron nas últimas horas cartas aos grupos parlamentarios no Congreso instando a, na súa última tramitación, modificar os puntos da Lei da Infancia que valoran como negativos para os dereitos das vítimas e que poden concretarse en :

✔ Unha aplicación indirecta do inexistente Síndrome de Alienación Parental (SAP)
✔ A entrada por lei da figura do coordinador parental, unha figura controvertida e con amplo rechazo do movemento asociativo.
✔ Non palía a falta de garantías para menores vítimas de violencia no descorrer do proceso xudicial.
✔ A categorización dos servizos sociais como "axente de autoridade" capaz de tomar decisións que antes correspondían ao ámbito xudicial.

A continuar o contido da carta enviada aos grupos parlamentarios.

POR UNHA LEI INFANTIL QUE NON ATAQUE OS DEREITOS DAS VÍCTIMAS

O Proxecto de lei orgánica para a protección integral da infancia e a adolescencia contra a violencia, aprobado o pasado 12 de decembro no Senado e que será votado o xoves 20 no Congreso para a súa aprobación final, non inclúe as propostas que presentamos, desde o principio do trámite da lei, as asociacións de dereitos das vítimas mulleres, nenos e nenas.

Non se mellorou nada en relación ás condicións nas que deben declarar os nenos e nenas; a maioría das medidas relacionadas coa protección dependen da existencia dunha condena, que hoxe sabemos que deixará sen esta cobertura a centos de nenos e nenas; o SSAP está prohibido, pero ao mesmo tempo recoñécese a existencia de conflitos parentais e promóvense servizos específicos aos que se poden remitir casos por decisión xudicial e non se incluíu a violencia institucional solicitada por numerosas entidades. Pola contra, ao longo do texto atopamos unha terminoloxía proposta por asociacións que negan a violencia de xénero, os abusos sexuais e os defensores do ssap e da terapia da ameaza. O termo "conflito familiar" está presente en varios artigos e usarase, se se aproba, contra as nais protectoras.

A última fase do procedemento parlamentario estase a levar a cabo con urxencia, o que nos deixa sen prazo para intentar reabrir o debate cos grupos parlamentarios. Por este motivo, escribimos para solicitar que se retiren ou modifiquen os seguintes contidos antes da aprobación:

1.- Adopción plena dos principios establecidos nas Directivas europeas 11/92 / UE e 29/12 / UE, relativas á protección das vítimas e ás condicións para escoitar o testemuño. O contido que regula a presenza do acusado durante a declaración da vítima debería ser eliminado da lei. Hai medios tecnolóxicos adecuados para evitalo. Polo tanto, nos artigos 449 bis e ter, debe eliminarse a pasaxe que se refire a que o acusado pode estar presente.

Ademais, debe incluírse un artigo ou sección separada na que se recollan os dereitos de todas as vítimas menores incluídas nas mencionadas directivas, incluíndo que se evitará calquera contacto, "directo ou indirecto" entre a vítima e o acusado. Neste apartado especificaranse os medios técnicos, materiais e profesionais adecuados para levar a cabo tales medidas.

2.- Artigo 28. É a porta de entrada a SSAP - contradicindo o artigo que prohibe o seu uso -, a terapia de ameazas e os coordinadores parentais. Hai que eliminar todo o artigo. Pola contra, deberían incluírse medidas específicas para que todos os servizos que actúan en situacións de ruptura familiar estean capacitados e creen principios de acción para detectar e abordar situacións de violencia de xénero e violencia contra a infancia e adolescencia.

3.- Artigo 154 do Código Civil e 225c do Código Penal. O primeiro determina a obriga del proxenitor custodio de obter o permiso do non custodio para o cambio de domicilio. O segundo converte o incumprimento do anterior nun delito de secuestro de menores.

Este contido é inconstitucional xa que limita de xeito xeral e inxustificado o dereito á libre circulación. Non se pode supoñer que os proxenitores custodios sexan secuestradores potenciais, nin a decisión sobre o lugar de residencia pódese pór en mans do non custodio, especialmente no caso de mulleres vítimas ou nais de vítimas, xa que o poder de control é dado ao non custodio que engade outro nivel de risco. Pola contra, debería lexislarse de xeito que quen actue como  proxenitor protector, estea exento de responsabilidade ao levar a cabo a acción que podería clasificarse como secuestro para evitar danos á crianza, tal e como se establece no artigo 13 da Convención da Haya.

4.- Accións dos servizos sociais. Non se debe recoñecer a condición de "axente de autoridade" para os servizos sociais, xa que implica darlles unha responsabilidade e un poder para os que carecen dunha formación adecuada, xa que son servizos de carácter xeneralista. Deben garantirse todas as partes do procedemento que garantan a acción xudicial. O acurtamento dos prazos non debe limitar de ningún xeito os dereitos.

Na definición de risco, debería eliminarse a expresión "conflito familiar" xa que o que implica risco é a existencia de violencia, non o conflito. Por outra banda, afectaría ao 100% dos casos nos que unha nai denuncia a violencia do pai. Empregar esta expresión é dar lugar ao uso da SAP. Por outra banda, deberíanse eliminar os indicadores de risco h), i) e l) Segundo os convenios internacionais, o feito de ser vítima de tráfico ou violencia de xénero debería levar á protección conxunta da nai e das crianzas, non á determinación da situación de risco, o que engade outro punto de vulnerabilidade. Tamén implica facer énfase no control do proxenitor protector, en lugar do agresor. En canto ao punto i), o feito de que un menor sexa vítima de violencia de xénero tampouco se pode interpretar como unha situación de risco, xa que os actos que a parella realiza contra o menor non son responsabilidade directa dos proxenitores.

Debe eliminarse o artigo 43, segundo o cal os casos de risco remitiranse á protección de menores. Protección de menores é a entidade que determina se existe unha situación de desamparo, pero as intervencións en situacións de risco lévanse a cabo dende os servizos municipais, polo que toda acción debe manterse neste nivel. O contrario significaría elevar a percepción dos servizos sociais, como un perigo potencial para a permanencia dos nenos no núcleo familiar e dificultaría a intervención socioeducativa que pretende resolver os problemas sen chegar ao extremo da retirada da custodia.

Estes catro puntos son algúns dos que deberían ser escoitados. Estes son os aspectos que de ningún xeito deben incluírse na lei, a non ser que se pretenda causar un estado de total vulnerabilidade ás vítimas. As asociacións están profundamente decepcionadas por como se levou a cabo todo o proceso da lei. Avisamos por medio deste escrito do enorme erro que suporía incluír estes contidos e solicitamos, in extremis, a súa modificación.

Maio, 2021


Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
19 de maio de 2021 17:31

@lupeces
http://lupeces.blogspot.com/

_______

venres, abril 23, 2021

Non pode ser que familias teñan que deixar aos seus fillos e fillas na tutela da Xunta de Galicia por falta de recursos económicos - Por mor das declaracións realizadas pola Conselleira de Política Social, relativas ao aumento do número de nenos e nenas tutelados pola administración, por causa da crise económica derivada da Covid-19, AGAMME E AGAFEM remitiron un escrito de queixa e demandas ante a Consellería


Posicionamento AGAMME e AGAFEM ante as declaracións da Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez que relacionaba o aumento dos acollementos directamente coa crise económica que está afectando ás familias polo contexto sanitario de pandemia, por mor da Covid-19

AGAMME E AGAFEM remitiron este xoves 22 de abril, un escrito de queixa á Consellería de Política social por mor das declaracións realizadas pola Conselleira, Fabiola García Martínez, esta semana, polo aumento dos acollementos en Galiza. A Conselleira relacionou directamente este incremento coa crise económica que está afectando ás familias polo contexto sanitario. Ao xuízo de ámbalas dúas entidades, AGAMME e AGAFEM, isto suporía un incumprimento da normativa vixente.

"...a Lei Orgánica de Protección Xurídica do Menor deixa ben claro que os nenos e as nenas nos poderán ser afastados das súas familias, agás que isto fose contrario ao seu interese superior. Neste senso, que as familias atravesen dificultades económicas non xustifica adoptar a medida do acollemento, dado que existen medidas alternativas que a administración pode levar a cabo que protexerían plenamente o interese superior do neno ou da nena ao garantirlle a estabilidade psicolóxica, emocional e social que favorece a permanencia no núcleo familiar."

As entidades presentan unha serie de demandas coa fin de garantir que nenos e nenas galegas non son afastadas das súas familias por motivos estritamente económicas, para o cal será necesario desenvolver políticas de apoio das familias específicas para a crise que atravesamos.

Outras das demandas presentadas teñen que ver coa discriminación en canto á falta de apoio económico que sofren as familias acolledoras fronte aos recursos de acollemento residencial. Outro aspecto que salientan e a falla de transparencia en canto ao modo en que se bareman as contías por cada praza en centros de acollemento residencial, segundo as distintas variables, como poden ser a idade ou a existencia de necesidades específicas do neno ou nena.

Piden tamén que a Xunta cree centros de menores de titularidade pública, de tal forma que o acollemento residencial en Galiza non dependa de entidades que se lucran coa prestación deste servizo.

Axúntase o texto completo.

Víctor M. López Casa
, Coordinador de AGAMME (Asociación galega contra o maltrato a menores). | agammeferrol@gmail.com

Mª José Alonso Abalde, Presidenta de AGAFEM (Asociación Galega de acollemento de familia extensa do menor). | info@agafem.com

✔ Escrito de Queixa e Demandas ante a Consellería de Política Social. | Agamme e Agafem | 22 de abril de 2021 | En formato pdf. 4 páxinas. | Acceder/Baixar.

--



Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
22 de abril de 2021 19:08

_______