Amosando publicacións coa etiqueta Biodiésel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biodiésel. Amosar todas as publicacións

sábado, febreiro 14, 2009

Porco Exterior

Por Elena López
13.02.2009


Hoxe volvín a espertar con novas tristes, o "Porco Exterior-Exterminador" cagou por si, estaba solto e fixo aceite e glicerina, pero non pasa nada eh¡¡, é algo "natural e orgánico", tan natural como os monocultivos de oleaxinosas na Sudamérica para a obtención de "bio"diesel e como os milleiros de cagadas dos ferrolterráns.

O tapón da ría, converteuse unha vez máis nun asasino directo da vida mariña.

E coa morriña dun mar limpo, rico, libre e azul, escribo unhas liñas en memoria da ría de Ferrol:

Hoxe volvín a achegarme ao mar, á ría, esa ría que chora porque nunca quixo "facerse maior", madurar en sentido humano, facerse industrial, agrandarse o peito con recheos de cemento para parecer máis burguesa civilizada, á miña ría lle cortaron a cabeza, a miña amiga xa non pensa, porque se a deixaran se rebelaría salvaxemente contra a ocupación desorbitada da súas beiras, desvirxinadas ao máis puro estilo do violador desquiciado.

Pequena estás esterilizada con basuras e metales pesados, fuches tan maltratada que o teu leito é un estercoleiro e a túa forza azul é agora calma gris.

D.E.P.

Carqueija
_________________

martes, febreiro 10, 2009

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao remitiu ao Seprona a información relativa á vertedura en augas da ría de 10.000 litros de biodiésel

Sobre o asunto do verquido da empresa Entabán Biocombustibles á Ria de Ferrol, a publicación dixital "O Xornal de Galicia" di que "A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao remitiu ao Seprona a información relativa á vertedura en augas da ría de 10.000 litros de biodiésel procedentes da planta que Entabán Biocombustibles ten na dársena exterior de Caneliñas. Aínda que o Porto realizará un informe interno para analizar os motivos da vertedura, será o Seprona o que concrete a responsabilidade da empresa. En todo caso, Entabán informou que se trataba dunha mestura de aceites vexetais e glicerina, unhas sustancias que son biodegradables e non contaminantes.

O Porto ferrolán deu por desactivado no día de onte o dispositivo especial de urxencia que activou o pasado domingo, cando se detectou unha gran mancha por unha vertedura situada á altura dos norays 20 e 21, no peirao de atracada do porto exterior. Un fallo na planta de Entabán Biocombustibles provocou que os 100 hectolitros de biodiésel fosen arroxados ao mar a través do colector de augas pluviais do porto.

Durante toda a noite do domingo e a madrugada do luns permaneceron despregadas barreiras anticontaminación que limitaron a expansión da mancha, e ademais permitiron que as bombas de succión recollesen todo o produto vertido. Na mañá de onte, os técnicos da Autoridade Portuaria xa informaron de que non quedaban restos da mancha no mar".
____________

Baixar nota da Autoridade Portuaria, en formato -pdf-: Aqui
________

luns, febreiro 09, 2009

Esquerda Unida, diante do accidente acontecido na planta de Entabán

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org -eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de fevereiro de 2009 15:00
Asunto: comunicado de prensa de Esquerda Unida



Estimad@s compañeir@s: achégase nota de prensa sobre o verquido da planta de biodiésel do porto exterior.
Grazas pola atención,
un saúdo,
Ramiro Marier

Ferrol, luns 9 de febreiro de 2009

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA LEMBRA O ACERO E VIXENCIA DAS SÚAS ALEGACIÓNS SOBRE A PLANTA DE BIOCOMBUSTIBLE ACCIDENTADA
A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL RECLAMA O TRASLADO DA PLANTA A UN POLÍGONO INDUSTRIAL
ESQUERDA UNIDA ESIXE AO ALCALDE – AÍNDA REPRESENTANTE NA AUTORIDADE PORTUARIA – QUE DE EXPLICACIÓNS DO ACONTECIDO AOS GRUPOS MUNICIPAIS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida, diante do accidente acontecido na planta de Entabán, lembra as consideracións feitas nas súas alegacións ( presentadas en decembro de 2007 ) ao emprazamento desa industria no porto exterior, nas que xa sinalaba as lagoas e baleiros que tiña o expediente de autorización da instalación. O RAMINP ( decreto 2414/1961 de 30 de novembro ) obriga a manter unhas distancias mínimas respecto dos núcleos habitados máis próximos ( Cariño, O Pieiro, Liñares e Espiño ) que neste caso non se cumpren. E por outra banda unha industria desta natureza debe pasar polo control ambiental previo, esto é, o procedemento de Avaliación Ambiental, procedemento do que incomprensiblemente se lle exime a pesares de que a planta produce unhas 300.000 tn anuais de combustible.

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, reclama que Esquerda Unida alegou xa no seu día a falla de idoneidade da localización da planta atendendo tanto a razóns ecolóxicos canto económicas. A súa proximadade ao LIC Costa Ártabra xunto a exención de control ambiental, vulnerando o elemental principio do dereito ambiental de cautela. Xunto con elo, a instalación da planta no porto é inadecuada porque a función dun peirao é permitir o atraque e desembarco de cargas, e non a de misturarse – ocupando un espazo considerable - cun polígono industrial, que é onde ten que ubicarse unha instalación das características da que estamos a falar. A devandita instalación no porto exterior afórralle os custos dun oleoducto á empresa, mais non sirve ao interese xeral da cidade.

O Grupo Municipal de EU esixe ao alcalde – aínda representante na Autoridade Portuaria – que dea as explicacións oportunas do acontecido no porto exterior aos Grupos Municipais ao través dunha reunión urxente. Non sabemos a natureza do vertido e, xa que logo, as posibles consecuencias ambientais e de sáude pública do mesmo, sinalou a Voceira do Grupo Municipal.
_________________

Unha das plantas de biodiesel localizadas no Porto Exterior de Ferrol, Entabán Biocombustibles, verte á Ría máis de 10.000 litros de "glicerina"

[Ría de Ferrol - Clicar acima da Imaxe para ampliar]

Unha das plantas de biodiesel localizadas no Porto Exterior de Ferrol, Entabán Biocombustibles, verte á Ría máis de 10.000 litros de "glicerina", segundo a Autoridade Portuaria. O mesmo organismo, en declaracións á Radio Galega, considera o verquido "non contaminante" e que xa despregaron os dispositivos "anticontaminación", colocando barreiras na Ría, para evitar a súa dispersión. Mais o temporal que xa está chegando á Ría vai probocar un desenlace crítico e de novo, a nosa Ría, vai recebir unha nova agresión con este verquido. Compre estar atent@s e levar un seguimento deste accidente, das súas causas, consecuencias e responsabilidades. As organizacións ambientalistas e ecoloxistas da comarca deberían xuntar-se para avaliar o sucedido e actuar en consecuencia.

_________________

Datos:
Concesionario: Entaban Biocombustibles de Galicia, S.A.
Tráficos: Biodiésel, Aceites Vegetales y Metanol
Dirección Postal: Plaza – Edificio TIC XXI, c/ Bari, 57 -2º planta, 50197 Zaragoza
Data de concesión: 23-12-2005
Superficie de almacenamento: 32.000 m²
Obxetivo de tráfico anual: 400.000 t
Orzamentoi de inversión: 26,5 millones de euros
Posta en explotación: 2007

_______________

mércores, outubro 08, 2008

A FAO pide unha revisión das políticas e subvencións aos biocombustibles





A FAO pide unha revisión das políticas e subvencións aos biocombustibles

Un informe anual sopesa as oportunidades e riscos

7 de outubro de 2008, Roma - As políticas e subvencións dos biocombustibles deberían ser reconsideradas con urxencia para manter o obxectivo da seguridade alimentaria mundial, protexer aos campesiños pobres, promover un desenvolvemento rural de ampla base e asegurar a sustentabilidade ambiental, afirmou hoxe a FAO nunha nova edición da súa principal publicación anual O Estado Mundial da Agricultura e a Alimentación (SOFA, polas súas siglas en inglés) 2008.

"Os biocombustibles ofrecen oportunidades pero tamén expón riscos. O resultado dependerá do contexto específico do país e das políticas adoptadas", dixo Jacques Diouf, Director Xeral da FAO. "As políticas actuais -explicou- tenden a favorecer aos produtores dalgúns países desenvolvidos fronte aos da maioría dos países en desenvolvemento. O desafío reside en reducir ou xestionar os riscos compartindo ao mesmo tempo as oportunidades de forma máis ampla".

A produción de biocombustibles baseada en produtos agrícolas creceu máis do triplo entre 2000 e 2007, e agora supón case o dous por cento do consumo mundial de combustibles para o transporte. Espérase que este crecemento continúe, aínda que a contribución dos biocombustibles líquidos (principalmente etanol e biodiesel) para a enerxía do transporte, e, máis aínda, para o consumo enerxético mundial, seguirá sendo limitada.

A pesar da escasa importancia dos biocombustibles líquidos en termos da subministración enerxética mundial, a demanda de materias primas agrícolas (azucre, millo, sementes oleaginosas) para obtelos seguirá aumentando na próxima década e quizais máis adiante, incrementando a presión sobre os prezos alimentarios.


Oportunidades para os pobres

Se os países en desenvolvemento poden obter beneficios da produción de biocombustibles e estes poden chegar á poboación pobre, unha maior demanda de biocombustibles podería axudar ao desenvolvemento rural.

"As oportunidades para os países en desenvolvemento de beneficiarse da demanda de biocombustibles poderían aumentar mediante a supresión das subvencións agrícolas e aos biocombustibles e das barreiras comerciais, que crean un mercado artificial e benefician actualmente aos produtores dos países da OCDE á conta dos produtores dos países en desenvolvemento", afirmou Diouf.

Outras medidas políticas que impulsan o uso de biocombustibles líquidos, como a esixencia de que se mesturen con combustibles fósiles, así como os incentivos fiscais, deron lugar a un rápido crecemento artificial da produción de biocombustibles. Segundo o informe, estas medidas teñen elevados custos económicos, sociais e ambientais e deberían ser reconsideradas.


Seguridade alimentaria

A crecente demanda de biocombustibles e o consecuente aumento do prezo dos produtos agrícolas ofrecen grandes oportunidades para algúns países en desenvolvemento. A agricultura podería converterse no motor de crecemento para a redución do fame e a mitigación da pobreza. A produción das materias primas dos biocombustibles pode crear empregos e xerar ingresos, especialmente se os pequenos campesiños pobres reciben axuda para ampliar a súa produción e conseguir acceso aos mercados. Fomentar a participación dos pequenos agricultores na produción de cultivos, incluíndo os destinados a biocombustibles, require investimentos en infraestrutura, investigación, financiamento rural, información dos mercados e institucións e sistemas legais.

Con todo, entre os riscos existentes, predomina a preocupación pola seguridade alimentaria. Os elevados prezos dos produtos agrícolas xa están tendo un impacto negativo nos países en desenvolvemento que dependen en gran medida das importacións para satisfacer as súas necesidades alimentarias. Os consumidores pobres de zonas urbanas e os compradores netos pobres de alimentos das zonas rurais atópanse especialmente en perigo. Unha gran parte da poboación pobre mundial gasta máis da metade dos seus ingresos en comida. "As decisións sobre os biocombustibles deberían ter en conta a situación da seguridade alimentaria, pero tamén a dispoñibilidade de terra e a auga", segundo Diouf. "Todos os esforzos -engadiu- deberían encamiñarse a manter o principal obxectivo: liberar á humanidade do azoute do fame?.


Gases de efecto invernadoiro

Se analizamos a dimensión ambiental, o balance non sempre é positivo. "Unha maior produción e emprego de biocombustibles non contribuirá necesariamente a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro tanto como previamente se había suposto", revela o informe. Aínda que algunhas materias primas dos biocombustibles como o azucre poden xerar unhas emisións de gases de efecto invernadoiro considerablemente inferiores, non sucede o mesmo con moitas outras.

O maior impacto dos biocombustibles nas emisións de gases de efecto invernadoiro vén determinado polo cambio do uso da terra. "Os cambios no uso da terra - por exemplo a deforestación para satisfacer a crecente demanda de produtos agrícolas- son unha gran ameaza para a calidade do chan, a biodiversidade, e as emisións de gases de efecto invernadoiro", apuntou Diouf.

O informe afirma que os criterios de sustentabilidade baseados nas normas internacionais acordadas poderían axudar a mellorar o impacto ambiental dos biocombustibles, pero non deberían crear novas barreiras comerciais para os países en desenvolvemento.


Segunda xeración

A próxima xeración de biocombustibles atópase actualmente en desenvolvemento pero aínda non está dispoñible a nivel comercial. Utiliza materias primas como madeira, pastos altos, refugallos agrícolas e forestais, e podería mellorar o equilibrio da enerxía fósil e os gases de efecto invernadoiro dos biocombustibles.

"Parece ser que hai unha proposta para destinar unha maior porcentaxe do investimento en biocombustibles en investigación e desenvolvemento, especialmente en tecnoloxías de segunda xeración que, se son ben deseñadas e aplicadas terían un maior potencial en termos de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro cunha menor presión sobre a base de recursos naturais", afirmou Diouf.


Contacto:
Erwin Northoff
Oficina de prensa, FAO
erwin.northoff@fao.org
( 39) 06 570 53105
( 39) 348 252 3616 (móbil)

http://www.fao.org/index_es.htm
________________

xoves, abril 24, 2008

4ª xornada e última do ciclo “Agrocombustibeis a debate”, este Venres, 25 de Abril, no Salón de Actos do Campus de Esteiro da UDC

O vindeiro venres 25 de abril 2008 , ás 17:30 h, no Salón de Actos do Vicerrectorado de Ferrol, no Campus de Esteiro, terá lugar a 4ª xornada e última do ciclo “Agrocombustibeis a debate”, organizado por Verdegaia, SGHN, ADEGA e “A Xoaniña”

Esta xornada, que comeza media hora antes que o resto, estará adicada integramente á proxección de audiovisuais relacionados co tema dos mal chamados biocombustibeis. Ao remate das proxeccións haberá tempo para para o coloquio, e ao remate do acto as persoas asistentes poderán disfrutar dun ágape elaborado con produtos ecolóxicos da Cooperativa A Xoaniña.

Cunha duración aproximada de 1 hora e 44 minutos, a proxección estará formada por dous bloques organizados do seguinte xeito:

BLOQUE 1: 1 hora

* Arxentina: Fame de Soia (34 min.)

Un magnífico documental de 50 minutos, do que veremos os primeiros 36, no que se fala sen tapuxos sobre as implicacións sociais, económicas e ambientais da produción de soia a gran escala na Pampa Arxentina.

* O caso da soia no Brasil: fragmento de “We feed the world” (13 min.)

Veremos un fragmento deste extraordinario documental laureado con varios premios internacionais, no que o biólogo Vincent José Puhl nos contará como as plantacións de soia están substituíndo ás selvas amazónicas no Mato Grosso, en Brasil, para alimentar á gandería dos Estados Unidos e Europa.

* Paraguai 2007: Soberanía violada (13 min.)

Como consecuencia dos plans económicos expansivos do presidente brasileiro Lula e as multinacionais alimentarias, os labregos de Paraguai estanse vendo obrigados a abandonar as súas terras, cercados polas plantacións de soia e millo transxénicos. Os que quedan expóñense a sufrir os efectos terribeis para a saúde das fumigacións con herbicidas e pesticidas.


BLOQUE 2: 44 min.

* Colombia: palma africana e paramilitares (programa de TV “La noche”, 29 min.)

Programa televisivo que investiga sobre os cultivos ilegais de palma africana no Chocó colombiano, unha zona declarada como Reserva da Biosfera. Ante a pasividade das autoridades (complicidade?), os paramilitares expulsan a punta de fusil aos/ás campesiños/as e as compañías de palma implantan impunemente o seu monocultivo a gran escala, deforestando os bosques.

* Indonesia: deforestación e palma africana (10 min.)

Surleste de Asia: Indonesia e Malasia devoran as súas selvas a unha velocidade de vértigo para substituílas por plantacións de palma aceiteira. As cifras son de millóns de hectáreas. As poboacións indíxenas que vivían da riqueza da selva quedan sen medios de subsistencia. Os orangutáns e outras miles de especies ameazadas perden o seu hábitat para sempre. Destrución a toda costa en aras do negocio do aceite de palma.

* Quiero ser tortilla (5 min.)

Simpático audiovisual de Citoplasma e Veterinarios sen Fronteiras que aborda, en clave de humor acedo, o problema dos transxénicos e a súa relación cos agrocombustibeis.

Ao remate do acto as persoas asistentes poderán disfrutar dun ágape elaborado con produtos ecolóxicos da Cooperativa A Xoaniña.

_______________
Crise Alimentaria no mundo


_____________
Unha resposta á crise alimentaria
Pola via campesiña [*]

Os consumidores de todo o mundo han visto que os prezos dos alimentos básicos incrementáronse dramaticamente durante os pasados meses, creando unhas extremadamente difíciles condicións de vida, especialmente para as comunidades máis pobres. Durante o ano pasado, o trigo dobrou o seu prezo, o millo subiu cerca do 50 por cento que fai un ano. Con todo, non hai crise produtiva. As estatísticas mostran que a produción de cereais nunca foi tan alta como en 2007.

Os prezos incrementáronse porque unha parte da produción é agora derivada a agrocombustibles, as reservas globais de comida están no seu momento máis baixo dos últimos 25 anos debido á desregulación dos mercados marcada pola OMC e o tempo extremo que padeceron algúns países exportadores, como Australia. Pero os prezos tamén se incrementaron porque as compañías financeiras especulan coa comida das persoas, xa que anticipan que os prezos dos produtos agrícolas seguirán subindo no futuro próximo. A produción de alimentos, o seu proceso e a súa distribución quedarán cada vez máis baixo o control das empresas transnacionales que monopolizan os mercados.

A traxedia dos agrocombustibles industriais: poden alimentar coches, pero non persoas. Os agrocombustibles (combustibles producidos a partir de plantas, produtos agrícolas e forestais) preséntanse como unha resposta á escaseza de combustibles fósiles e ao arrequecemento global. Os agrocombustibles industriais son un sen sentido económico, social e ambiental. O seu desenvolvemento debe deterse e a produción agrícola debe enfocarse prioritariamente cara á alimentación.

Os pequenos campesiños e os consumidores necesitan prezos xustos e estables, non a actual alta volatilidade. Os pequenos campesiños non poden producir se os prezos son demasiado baixos, como foi o caso durante as últimas décadas. Polo tanto, necesitan regulación dos mercados e a oposición ás políticas da OMC. A actual crise revela que a liberalización do mercado agrícola conduce ao fame e á pobreza.

Os países convertéronse en extremadamente dependentes dos mercados globais. En 1992, os campesiños indonesios producían suficiente soia para abastecer o seu mercado doméstico. O tofu baseado en soia e o tempeh son unha parte importante da dieta diaria en todo o arquipélago. Seguindo a doutrina neoliberal, o país abriu as súas fronteiras ás importacións, permitindo que a entrada de soia estadounidense barata alagase o mercado. Isto destruíu a produción nacional. Hoxe, o 60 por cento da soia que se consome en Indonesia é importada.

A Vía Campesiña cre que para protexer as necesidades vitais, os postos de traballo, a saúde das persoas e o medio ambiente, a alimentación debe permanecer nas mans dos pequenos campesiños sostibles, e non pode deixarse baixo o control das grandes compañías de agronegocios ou de cadeas de supermercados. O OMG e a agricultura industrial non proverán de comida saudable e deteriorarán máis fortemente o medio ambiente.

Os gobernos teñen que desenvolver, promover e protexer a produción local para ser menos dependentes dos prezos mundiais da comida. Isto significa que cada país ou cada sindicato debe ter o dereito de controlar os alimentos importados e o deber de parar cada forma de dumping dos prezos da comida.

Os gobernos teñen tamén que establecer (ou apoiar) mecanismos de xerencia das provisións como uns buffer stocks (inventarios amortiguadores) e asegurar uns prezos mínimos para crear unhas condicións estables para os produtores.

A Vía Campesiña cre que a solución á actual crise dos prezos da comida áchase na soberanía alimentaria. A soberanía alimentaria é o dereito da xente a comida saudable, culturalmente adecuada producida con métodos ecoloxicamente responsables e sostible, é o dereito dos gobernos a definir a súa propia comida e as políticas agrícolas do país sen prexudicar a agricultura doutros países. A soberanía alimentaria pon as aspiracións e as necesidades da xente que produce, distribúe e consome a comida ao centro do sistema de produción alimentaria e das súas políticas máis que as demandas dos mercados e das empresas. A soberanía alimentaria dá prioridade ás economías e aos mercados locais e nacionais e fortalece aos campesiños e á agricultura de condución familiar e a produción alimentaria.

* Movemento internacional que agrupa a organizacións de campesiños e comunidades agrarias indíxenas.
___________

xoves, abril 17, 2008

xornadas "agrocombustibeis a debate"- 3ª Xornada, Venres, día 18 de abril

De: noe -olaolaoola@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de abril de 2008 23:58

Asunto: xornadas "agrocombustibeis a debate"- sexta-feira, día 18 de abril



Boas!!

Este venres temos a terceira xornada sobre os agrocombustibeis, ás 6 do serán no salón de actos do Vicerreitorado, no Campus de Esteiro (no 1º edificio a man dereita, entrando dende o pabillón).

Imos contar con con Antonio Dorado (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia), Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción), e Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra). Aquí tendes máis detalles.

Son totalmente de balde, e NON hai que facer inscrición, nen nada, para asistir e participar!!
Gostarianos que botasedes unha ollada ao blogue da mesa, porque as organizazóns internacionais comezan a se desdicer...

3ª xornada, 18 de abril

18:00 h: Antonio Dorado, (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia). Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas.
18:45 h: Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción): Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico.

19:30 h: Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra): Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis.
20:15 h: Coloquio.

4ª xornada, 25 de abril

18 h: Audiovisual 1.
19 h: Audiovisual 2.
20 h: Coloquio e ágape con produtos ecolóxicos.

Máis información sobre esta andadura en:
www.agrocombustibeisadebate.blogaliza.org

Pregamos difusión, graciñas!!

Saúdos.
(Noelia)

¿Por qué organizamos estas xornadas?

A actual situación de crise enerxética e ambiental obriga a unha reestruturación de todo o sistema económico e, por tanto, político e social, tomándose para iso medidas como a substitución de enerxías baseadas en combustibeis fósiles por renovables que, en principio, semellan aceptabeis, pero que, se non se levan adiante análises serias sobre as súas repercusións, poden acarrexar consecuencias imprevisibeis, e ás veces fatais para o futuro da humanidade.

Aínda que a crise fora xa anunciada por persoas do ámbito científico e ambientalista dende hai mais de dúas décadas, non se tomaron as medidas precisas e no momento actual os problemas acadan unha envergadura desmesurada e afectan a moi diversos ámbitos: escaseza e carestía de combustibles, contaminación, quentamento global, seguridade alimentaria, desaparición de acuíferos, que nalgúns casos abastecen importantísimas zonas de produción cerealística, etc.
Neste contexto córrese o risco de tomar medidas precipitadas sen analizar todas as posibles consecuencias que orixinarían. Por outra banda, existe o risco da aparición de certos lobbys asociados a grupos empresariais coa única finalidade de sacar beneficios económicos a esta situación, sen considerar as posibles consecuencias negativas das súas operacións.

A Mesa “Agrocombustibeis a debate” formouse hai xa mais de tres meses co obxectivo de analizar esta problemática, utilizando como método o estudo con base bibliográfica, o debate e a toma de posturas consensuadas, co obxectivo de proporcionar información á cidadanía e denunciar aqueles casos nos que se infrinxa dano ao medio ambiente ou á seguridade alimentaria das persoas.

Co mesmo obxectivo formativo vímonos na necesidade de abrirse a novos colectivos, promovendo un debate social a partir dunhas xornadas impartidas por persoas cualificadas e con profundo coñecemento das custións que o problema plantexa: seguridade alimentaria, danos medioambientais, balance final dende o punto de vista enerxético do emprego de agrocombustibeis, posibilidades produtivas para Galiza, mantemento e agudización das desigualdades nos intercambios comerciais entre países, etc.

________________

Enlace relacionado:

4 de abril de 2008 comezan as xornadas "Agrocombustibeis a debate" en Ferrol
________________

xoves, abril 03, 2008

4 de abril de 2008 comezan as xornadas "Agrocombustibeis a debate" en Ferrol

De: SGHNFERROL
-sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de abril de 2008 11:22
Asunto: Agrocombustibeis a debate


Agrocombustibeis a debate

Maña, venres, día 4 de abril de 2008 comezan as xornadas 'Agrocombustibeis a debate'

Composta pola Sociedade Galega de Historia Natural, ADEGA, Verdegaia, a cooperativa de consumo responsable Xoaniña e persoas a título individual.

Convidamos a asistir as xornadas de formación sobre agrocombustibeis que se celebrarán os 4 venres de Abril (4, 18 e 25) no Salón de Actos do Campus de Esteiro, e o venres 11 se celebrará no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204)

A inscripción é de balde para toda persoa que queira asistir, incluso para os alumnos da Universidade da Coruña que queiran o CRÉDITO (en solicitude).

Os datos necesarios para ficar inscrito son: nome e apelidos, DNI, teléfono, enderezo e indicar se se quere ou non o crédito.

Para inscribirse hai 2 vías, unha por internet, no correo da SGHN sghnferrol@teleline.es, e outra no museo da SGHN, R/Méndez Núñez, nº11

Non hai límite de prazas.

Se pode asistir sen estar inscrito.

Adxuntamos programa das xornadas

Máis información e no 618714152

www.agrocombustibeisadebate.blogaliza.org

Prégase difusión

¿Por qué organizamos estas xornadas?

A actual situación de crise enerxética e ambiental obriga a unha reestruturación de todo o sistema económico e, por tanto, político e social, tomándose para iso medidas como a substitución de enerxías baseadas en combustibeis fósiles por renovables que, en principio, semellan aceptabeis, pero que, se non se levan adiante análises serias sobre as súas repercusións, poden acarrexar consecuencias imprevisibeis, e ás veces fatais para o futuro da humanidade.

Aínda que a crise fora xa anunciada por persoas do ámbito científico e ambientalista dende hai mais de dúas décadas, non se tomaron as medidas precisas e no momento actual os problemas acadan unha envergadura desmesurada e afectan a moi diversos ámbitos: escaseza e carestía de combustibles, contaminación, quentamento global, seguridade alimentaria, desaparición de acuíferos, que nalgúns casos abastecen importantísimas zonas de produción cerealística, etc.

Neste contexto córrese o risco de tomar medidas precipitadas sen analizar todas as posibles consecuencias que orixinarían. Por outra banda, existe o risco da aparición de certos lobbys asociados a grupos empresariais coa única finalidade de sacar beneficios económicos a esta situación, sen considerar as posibles consecuencias negativas das súas operacións.

A Mesa “Agrocombustibeis a debate” formouse hai xa mais de tres meses co obxectivo de analizar esta problemática, utilizando como método o estudo con base bibliográfica, o debate e a toma de posturas consensuadas, co obxectivo de proporcionar información á cidadanía e denunciar aqueles casos nos que se infrinxa dano ao medio ambiente ou á seguridade alimentaria das persoas.

Co mesmo obxectivo formativo vímonos na necesidade de abrirse a novos colectivos, promovendo un debate social a partir dunhas xornadas impartidas por persoas cualificadas e con profundo coñecemento das custións que o problema plantexa: seguridade alimentaria, danos medioambientais, balance final dende o punto de vista enerxético do emprego de agrocombustibeis, posibilidades produtivas para Galiza, mantemento e agudización das desigualdades nos intercambios comerciais entre países, etc.
_______________

Enlaces realacionados:

PROGRAMA
Xornadas sobre Agrocombustibeis: Ferrol 4, 11, 18, e 25 de Abril de 2008

_________
Enlaces de interese desde a Wikipedia:
___________

Lexislación e Normas sobre o Biodiesel:

27.08.2007 >>PDF
09.10.2006 >>PDF
26.09.2006 >>PDF
18.09.2006 >>PDF
07.09.2006 >>PDF
14.08.2006>>PDF
04.08.2006 >>PDF
01.08.2006 >>PDF
29.07.2006 >>PDF
22.07.2006 >>PDF
15.07.2006 >>PDF
02.07.2006 >>PDF
__________

xoves, marzo 13, 2008

Xornadas sobre Agrocombustibeis: Ferrol 4, 11, 18, e 25 de Abril de 2008

Mesa de traballo “Agrocombustibeis a debate”. Ferrol.

XORNADAS SOBRE AGROCOMBUSTIBEIS.
Ferrol, 4, 11, 18 e 25 de abril de 2008.


Programa

1ª xornada, 4 de abril

18h: Miguel García Guerrero (Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Sevilla): As microalgas como fonte alternativa de biocombustibeis.

19h: José Santamarta Flórez (director da revista World Watch).

20h: Coloquio.

2ª xornada, 11 de abril

18 h: Lidia Senra Rodríguez (Sindicato Labrego Galego, coordinadora europea de Vía Campesina, labrega, ecoloxista e feminista). Os cultivos agroenerxéticos e a súa relación coa soberanía e a seguridade alimentaria.

19 h: Luis Costal Andrade, (Enxeñeiro agrónomo e Técnico da Dirección Xeral de Investigación agroforestal). O papel da agricultura galega na produción de biocarburantes.

20 h: Coloquio.

3ª xornada, 18 de abril

18 h. Antonio Dorado, (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia). Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas.

18:45 h. Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción): Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico.

19:30 h. Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra): Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis.

20:15 h. Coloquio.

4ª xornada, 25 de abril

18 h: Audiovisual 1.

19 h: Audiovisual 2.

20 h: Coloquio e ágape con produtos ecolóxicos.
______________

PROGRAMA DAS XORNADAS DE FORMACIÓN SOBRE AGROCOMBUSTIBEIS ABRIL 2008 FERROL

A actual situación de crise enerxética e ambiental obriga a unha reestruturación de todo o sistema económico e, por tanto, político e social, tomándose para iso medidas como a substitución de enerxías baseadas en combustibeis fósiles por renovables que, en principio, semellan aceptabeis, pero que, se non se levan adiante análises serias sobre as súas repercusións, poden acarrexar consecuencias imprevisibeis, e ás veces fatais para o futuro da humanidade.

Aínda que a crise fora xa anunciada por persoas do ámbito científico e ambientalista dende hai mais de dúas décadas, non se tomaron as medidas precisas e no momento actual os problemas acadan unha envergadura desmesurada e afectan a moi diversos ámbitos: escaseza e carestía de combustibles, contaminación, quentamento global, seguridade alimentaria, desaparición de acuíferos, que nalgúns casos abastecen importantísimas zonas de produción cerealística, etc.

Neste contexto córrese o risco de tomar medidas precipitadas sen analizar todas as posibles consecuencias que orixinarían. Por outra banda, existe o risco da aparición de certos lobbys asociados a grupos empresariais coa única finalidade de sacar beneficios económicos a esta situación, sen considerar as posibles consecuencias negativas das súas operacións.

A Mesa “Agrocombustibeis a debate” formouse hai xa mais de tres meses co obxectivo de analizar esta problemática, utilizando como método o estudo con base bibliográfica, o debate e a toma de posturas consensuadas, co obxectivo de proporcionar información á cidadanía e denunciar aqueles casos nos que se infrinxa dano ao medio ambiente ou á seguridade alimentaria das persoas.

Co mesmo obxectivo formativo vímonos na necesidade de abrirse a novos colectivos, promovendo un debate social a partir dunhas xornadas impartidas por persoas cualificadas e con profundo coñecemento das custións que o problema plantexa: seguridade alimentaria, danos medioambientais, balance final dende o punto de vista enerxético do emprego de agrocombustibeis, posibilidades produtivas para Galiza, mantemento e agudización das desigualdades nos intercambios comerciais entre países, etc.
____________
agrocombustibeisadebate

http://agrocombustibeisadebate.blogaliza.org/
_
A Sociedade Galega de Historia Naural, Verdegaia, ADEGA, a cooperativa Xoaniña e persoas a título individual estamos a organizar unhas xornadas formativas para o vindeiro mes de abril en Ferrol, onde se tratarán temas relacionados coa problemática dos agrocombustibles
____________

venres, decembro 28, 2007

Entidades ambientalistas locais denuncián a tramitación da licenza urbanística outorgada á nova planta de biodiésel

De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de dezembro de 2007 18:50
Asunto: Biodiesel


GRUPOS AMBIENTALISTAS DENUNCIAN A TRAMITACIÓN DA LICENZA URBANÍSTICA OUTORGADA Á NOVA PLANTA DE BIODIÉSEL

As entidades medioambientalistas Verdegaia-Ferrol, ADEGA-Trasancos e SGHN-Ferrol denuncian diante da administración autonómica o xeito en que se desenvolveu a tramitación de outorgamento de licenza, polo Concello de Ferrol, a Infinitas Renovables S.A., empresa que pretende instalarse no Porto Exterior de Ferrol, para producir 300.000 Tm anuais de biodiésel, a base de produtos vexetais (aceite de palma africana procedente de Malasia, soia, etc).

O Concello outorgou licenza de obra previamente a ser concedida a licenza de apertura, cando segundo a LOUGA (Lei de Ordenación Urbanística), a licenza de apertura obteráse con anterioridade, ou polo menos simultaneamente á licenza urbanística.

Estas entidades cuestionan a non obrigatoriedade de someter o proxecto ao Estudo de Impacto Ambiental, así como que non se cumpra coa distancia mínima de 2.000 m con respecto dos núcleos habitables máis próximos, esixibles pola lexislación que rexe as a actividades molestas, insalubres e perigosas.

Denuncian tamén que se tivera outorgado a licenza seguindo un procedemento de urxencia, días antes de ter rematado o prazo de presentación de alegacións, motivo polo que non foron atendidas as súas reclamacións.

Por outra banda, non queda moi claro no expediente se esta empresa vai ser ubicada na segunda fase do Porto Exterior. Se así fose, non se comprende o trámite de urxencia ao que foi sometida a tramitación do expediente, xa que dita fase aínda non comezou e a construción da industria tería un límite de seis meses despois de serlle outorgada a licenza para o inicio.

Estas entidades, xunto con outros colectivos, puxeron en movemento dende hai xa dous meses, unha Mesa sobre Agrocombustibles, que pretende ser un foro de debate sobre esta cuestión.

A obrigatoriedade, por parte da Unión Europea e mais da lexislación española, de utilizar nos combustibles para automoción un 6% de biocombustibles para 2010 e os problemas que estas políticas están orixinando en países empobrecidos, na súa maior parte tropicais, dado que as materias primas empregadas proceden practicamente na súa totalidade destas zonas, terían que obrigar aos países ricos a non adoptar medidas precipitadas sen analizar en profundidade as repercusións que producirán a escala mundial: deforestación de bosques tropicais, ameaza á seguridade alimentaria destas zonas, perda de terras de cultivo, contaminación de solos e de augas, etc. Máxime cando non hai acordo nos datos extraídos das investigacións feitas para calcular a cantidade total de combustibles fósiles necesarios para producir os biocombustibles.

_________

Os agrocombustibeis a debate.

Novo Blog Comarcal para debater sobre os agrocombustibeis, dado que no porto exterior da Ría de Ferrol, estase a construir unha planta de biodiésel e agora o Concello de Ferrol deu vía libre a outra nova tramitación de licenza, para a construción doutra planta máis por parte da empresa Infinita Renovables, S. A.

Participa no debate !!

http://agrocombustibeisadebate.blogaliza.org/

____________
ADEGA-Trasancos
SGHN-Ferrol- Blog
SGHN-Ferrol-Web
Verdegaia-Ferrol
________________

Información relacionada no Blog da PA21:

Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol e enlaces para documentación e lexislación
____________

xoves, decembro 20, 2007

Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra212gmail.com
Data: 20 de dezembro de 2007 14:36
Asunto: Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol


O Consello Local de Esquerda Unida-Izquierda Unida de Ferrol vén de presentar alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol. Con tal motivo, fixo chegar hoxe, mediante a súa oportuna entrada no Rexistro Xeral deste Concello, e dirixido ó alcalde da cidade, Vicente Irisarri, o documento que en tal sentido aprobou a organización.

Adxuntamos o texto íntegro das alegacións.

Enlace coas alegacións nos Arquivos Ártabros.
_______________

Enlaces de interese desde a Wikipedia:
___________

Lexislación e Normas sobre o Biodiesel:

27.08.2007 >>PDF
09.10.2006 >>PDF
26.09.2006 >>PDF
18.09.2006 >>PDF
07.09.2006 >>PDF
14.08.2006>>PDF
04.08.2006 >>PDF
01.08.2006 >>PDF
29.07.2006 >>PDF
22.07.2006 >>PDF
15.07.2006 >>PDF
02.07.2006 >>PDF
___________