Amosando publicacións coa etiqueta Clínker. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clínker. Amosar todas as publicacións

luns, decembro 08, 2008

A veciñanza protesta polo tránsito de camións cargados con clínker e carbón pola estrada de Valón procedente do Porto Exterior

O tránsito de camións de grande tonelaxe, pola estrada de Valón procedente do Porto Exterior de Caneliñas, pon en perigo á veciñanza que mora e tránsita, polo lugar.
Fotos: Mel Sanxoan

Galería da Manifestación convocada polas asociacións veciñais de Doniños, A Cabana e Valón, contra o tránsito de camións de grande tonelaxe, cargados con clínker e carbón, pola estrada de Valón desde o Porto Exterior. Manifestación celebrada o Venres, 5 de Decembro de 2008.

As reivindicacións veciñais:

1.- Por un tráfico que respete as simais de 40 quilómetros/hora, 16 toneladas e os pasos de peóns

2.- Porque non se transporte o clinker e o carbón por esta estrada

3.- Para que a Deputación amañe os danos que fan os camións do clinker e os do carbón nas vivendas, cerres e na propia estrada

4.- Para que os culpables de non ter feita esta estrada ao Porto Exterior, asuman a súa responsabilidade

5.- Polo dereito da veciñanza a vivir e camiñar polas beirarruas con seguridade
__________

Enlaces relacionados:
_____________

xoves, decembro 04, 2008

Apoio de EU á manifestación veciñal das asociacións de Doniños, A Cabana e Valón, contra o transporte o clínker e o carbón pola estrada de Valón

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de dezembro de 2008 15:44
Asunto: ESQUERDA UNIDA RESPALDA E CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN ORGANIZADA POLAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE DONIÑOS, A CABANA E VALÓN


ESQUERDA UNIDA RESPALDA E CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN ORGANIZADA POLAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE DONIÑOS, A CABANA E VALÓN

O GRUPO MUNICIPAL ASISTIRÁ PARA EXPRESAR O SEU RESPALDO E ESIXIR SOLUCIÓNS INMEDIATAS PARA AS DEMANDAS VECIÑAIS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida participará na manifestación convocada para a sobremesa de mañá, venres, 5 de decembro, ás 16:30 horas, polas asociacións veciñais de Doniños, A Cabana e Valón. Van meses dabondo sen que as administracións públicas competentes teñan feito algo pola veciñanza, que sofre de cotío os perigos e inconveniencias que a desidia dos responsables políticos permiten.

Esquerda Unida hai meses que ven denunciando da man dos veciños a problemática creada, e demandando das autoridades competentes unha resolución e as debidas compensacións para os afectados. Demarcación de estradas ten neste periodo unha actuación alomenos neglixente, con tratamentos diferenciados segundo os casos.

Para Esquerda Unida hai razóns dabondo para se mobilizar, e as enumeran as asociacións convocantes:
  • Para conquerir un tráfico que sexa respectuoso das sinais da estrada: 40 km/h e camións que non excedan as 16tn.
  • Para que a Deputación amañe os danos que causan os camións que transportan clínker e os que levan carbón, danos que afectan ás vivendas, aos peches e a propia estrada.
  • Para que non se transporte o clínker e o carbón pola estrada de Valón, segundo os compromisos adquiridos.
  • Para que asuman a súa responsabilidade os que aínda non fixeron a estrada ao porto exterior.
  • Para conquerir o dereito da veciñanza para vivir e camiñar polas beirarrúas con seguridade.
Chama, pois, a nosa organización, a participar a todas e todos para conquerir a forza necesaria para arrancar das autoridades unha solución os problemas que arrastra a veciñanza da zona.

Ferrol, xoves 4 de decembro de 2008
_______________

http://esquerdaunida-ferrol.blogspot.com/
_______________

mércores, xuño 04, 2008

O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de junho de 2008 17:18
Asunto: INFORMACIÓN iNICIATIVAS BNG



O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quer facer pública a súa solidariedade e compromiso coa A.V.V. De Ferrol Vello e anuncia que vai secundar a mobilización convocada para o vindeiro mércores, 4 de xuño, co obxecto de facer pública a indignación e repulsa polas continuas descargas, sen control medio ambiental algún, que se desenvolven de forma reiterada e que poñen en perigo a saúde dos veciños e veciñas das zonas colindantes coas instalacións portuarios.

O BNG reclama do Goberno local de Ferrol que esixa á Autoridade Portuaria a cumprir a resolución Plenaria deste concello, aprobada por unanimidade, na que demandamos que se tomen as medidas necesarias para facer cumprir a lexislación vixente en materia de carga e descarga nos Portos de Ferrol e tomar as medidas oportunas para evitar as molestias que esta actividade causa entre a veciñanza das zonas limítrofes aos portos.

Ferrol a 3 de xuño de 2008

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol

--
Xosé Manuel Pazo Blanco
______

martes, xuño 03, 2008

Concentración veciñal diante da Autoridade Portuaria, este mércores, 4 de Xuño, ás 18:30 hrs contra as agresións medioambientais no Porto de Ferrol

De: Alberto Saavedra Fernández
Para: artabra21@gmail.com

Data: 3 de junho de 2008 06:48

Asunto: NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA



NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA

A Asociación de veciñal de “FERROL VELLO” Quérevos convocar a unha concentración veciñal diante da Autoridade Portuaria, este mércores ás 18:30, co obxecto de facer pública a nosa indignación e repulsa polas continuas agresións medioambientales que de forma reiterada poñen en perigo a nosa propia saúde.

Cremos que o máis inmediato responsable é a propia administración pública, neste caso a Autoridade Portuaria, que coa súa actitude benevolente consente e permite que se infrinxan dereitos e deberes de carácter medioambiental, poñendo en serio perigo algo tan preciado como é a saúde.

Esta asociación vecinal quere reclamar con este acto, a atención tanto dos organismos oficiais directamente responsables de que nos atopemos nesta situación (Concello, Xunta e ou propio goberno Español) como a de solicitar a participación de “TOD@S” os veciñ@s e de “TODAS AQUELAS FAMILIAS” que ben directa ou indirectamente sofren a diario un alto grado de contaminación tanto en forma de partículas no aire como á hora de entrar en contacto co mar.

Por todo iso esta asociación responsabiliza á carga, descarga e almacenamiento de produtos perxudiciais para a nosa saúde sen que se tomen as medidas medioambientales oportunas, dando un mal exemplo de irresponsabilidad, temeridad e falta de respecto a unha Ría, a un pobo e o que é peor a futuras xeracións que algún día pedirán explicacións sen obter resposta.

EVITÉMO-LO

Por este motivo solicitamos a “TODOS” os veciños e veciñas que realmente estean sensibilizados con este grave problema tanto a título individual como aos distintos membros de agrupacións, colectivos e asociacións que sentan como seu un problema que é de “TODOS”, a participar na concentración que se celebrará o vindeiro mércores día 4 ás 18:30 da tarde fronte á Autoridade Portuaria no peirao de Ferrol, facendo coincidir o acto con a descárga de miles de toneladas de “CLÍNKER” sen que ninguén faga cumprir as obrigadas medidas medioambientales, poñendo en perigo inútilmente e unha vez máis a saúde de familias enteiras ao “NON FACER CUMPRIR AS NORMATIVAS VIXENTES”

ACÚDE

O vindeiro mércores Ás 18:30 DIANTE DA AUTORIDADE PORTUARIA

NON CAMBIES A SAÚDE POR RIQUEZA, NIN A LIBERDADE POR PODER, AS DECISIÓNS VALENTES PERMANECEN NO TEMPO

________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
avvferrolvello@yahoo.es

_______________

Enlace relacionado nos Arquivos Ártabros:

O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol
___________

luns, xuño 02, 2008

Mércores 4 de Xuño, concentración en Ferrol Vello, contra a pasividade da administración para rematar coa contaminación producida no Porto de Ferrol

De: Asociación Veciñal de Ferrol Vello
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de junho de 2008 20:07
Asunto: convocatoria de mobilización




__________
A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
avvferrolvello@yahoo.es
____________________

mércores, maio 07, 2008

A Saúde e o Perigo das descargas e transporte de Clínker: Asemblea Popular na Asociación Veciñal de Ferrol Vello, este xoves 8 de Maio

De: Asemblea Veciñal de FERROL VELLO
-avvferrolvello@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de maio de 2008 00:09
Asunto: ASAMBLEA REIVINDICATIVA NA AVV FERROL VELLO



ASAMBLEA REIVINDICATIVA NA AVV FERROL VELLO
O PRÓXIMO XOVES DÍA 8 AS 20:30 Horas
SAÚDE E PERIGO NAS DESCARGAS E TRANSPORTE DE
CLÍNKER

A tódalas asociacións de veciños, colectivos, plataformas, entidades... a tódolos que viven do mar ou durman preto dela, degusten os seus froitos, a súa beleza.ou se indignen polo pouco respeto ao entorno, a saúde e o medio ambiente.

Chamámosvos a unha xuntanza no noso local veciñal, no porto, preto do mar, co único punto a debatir: iniciativas e actuacións.

Dentro da máxima corrección e respeto cas institucións, fumos falar en diversas ocasións coa Autoridade Portuaria e ... ¡Boas palabras non faltaron!, fumos ó Concello e ¡Ate nos permitiron falar! e tamén... ¡Boas palabras non faltaron! Outras asociacións puxéronse en contacto coa Fiscalía de Medio Ambiente , co Seprona, co Goberno central, ca Xunta, con Fomento... i estes ¡Nin boas palabras! A calada foi a resposta.

E mentras o clinker, a magnesita, o carbón, a chatarra, etc... seguen a desembarcarse sin medidas correctoras no noso Porto (interior i exterior) e seguen a trasladarse polas nosas carreteras sen as mínimas garantías que eles mesmos se impuxeron na resposta parlamentaria. Garantías mínimas para a nosa saúde, e a saúde da nosa ría, da nosa Terra.Ou seña : desprezan e búrlanse das tímidas queixas dos veciños/as, da unanimidade de todo un Pleno Municipal, das decisións do Parlamento Galego.

Por eso nos preguntamos, vos preguntamos.

¿Qué toca facer?

Nós o temos claro, somos "pobre xente", pero nós e máis vós temos a forza necesaria

¡Xuntos farémos respetar as normativas, a saúde e o medio ambiente !
______________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
___________

FERROL VELLO
Blog veciñal
Artigos PA21

_______________

Enlaces relacionados:
______________

xoves, marzo 27, 2008

Hoxe, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello, vai intervir no Pleno Municipal, para denunciar, entre outras, a descarga do "clinker" no Porto de Ferrol

De: Asociación Veciñal de Ferrol - Vello
-avvferrolvello@yahoo.e-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 23:22
Asunto: INTERVENCIÓN DA AVV DE FERROL VELLO NO PLENOMUNICIPAL DO XOVES 27 DE MARZO


INTERVENCIÓN DA AVV DE FERROL VELLO NO PLENO MUNICIPAL DO XOVES 27 DE MARZO

Informámoslles de que no pleno de mañá día 27 de marzo as 19:00 horas, un representante da nosa AVV, tras a pertinente autorización do Concello, intervirá para expoñer os problemas que, segundo nós, está a presentar as descargas no muelle Fernández Ladreda de carbón e de distintos materiais contaminantes (achégase, ao final do texto, a nosa última nota sobre o tema).

Esta intervención solicitouse tras constatar que as nosas xuntanzas co presidente da Autoridade Portuaria [unha delas hai mais dun ano e a última hai apenas un mes] non tiveron consecuencia algunha apreciable por nós.

Ademais do contido da intervención, gustaríanos salientar a importancia de que a veciñanza preocupada polo tema acudan mañá ao pleno a apoiar coa súa presenza as nosas reclamacións. Por iso convocamos a todos cantos compartan as nosas inquedanzas polo medio ambiente e a prevención dos riscos para a saúde a achegarse mañá ao Concello. Facemos un chamamento especial á veciñanza de Ferrol Vello, A Cabana, A Graña e Brión.

Moitas grazas polo seu interese.


RESPONSABILIDADE, SEGURIDADE E CONVIVENCIA

A asociación de veciños de -FERROL VELLO- queremos manifestar a nosa preocupación e ao mesmo tempo denunciar unha serie de feitos e accións que lonxe de desaparecer aumentaron nas últimas semanas.

Como ben saben as entidades competentes xunto cos veciños da Cabana , A Graña , Canido e sobre todo de Ferrol Vello, desde fai anos estase producindo no porto de Ferrol unha agresión contra a saúde pública e contra o medio ambiente, con continuas descargas de materiais contaminantes que non fan máis que pór en serio perigo a saúde dos veciños se non se pon as medidas correctoras que a lexislación fixa e define claramente.

Esta asociación veciñal tras manter sucesivas reunións co presidente da Autoridade Portuaria , Amable Dopico Freire e coa súa Directora, Susana Roel Cabal, vémonos defraudados novamente posto que en vez cumprir e facer cumprir as normativas vixentes en materia de carga e descarga de materias perigosas, esta Autoridade Portuaria é a responsable de agravar aínda mais esta situación descargando novamente CARBÓN no peirao interior Fernández Ladreda, en lugar de facelo na terminal de carbón, sen tomar ningún tipo de medidas ambientais, carecendo de depuradora e derramando a recollida de augas directamente ao mar, alertar que un contacto continuo con partículas de carbón en suspensión poden provocar neumoconiosis ou agravar patoloxías respiratorias dos veciños afectados.

CLÍNKER.- A descarga de clínker (compoñente principal para a fabricación de cemento) leva realizando ao descuberto e sen ningunha medida anticontaminante, desprezando unha vez máis unhas medidas ambientais que tanto os consignatarios como a autoridade portuaria desprezan en beneficio duns maiores dividendos, ao abaratar custos supostamente ?INNECESARIOS?, tamén queremos deixar claro que é falso que todo o clínker válase a descargar no porto exterior de Ferrol posto que son dúas concesións as que descargan dito material, unha COP Galicia (Porto exterior) e Perez Torres (Porto interior Fernández Ladreda).

MAGNESITA.- mineral moi volátil e altamente contaminante por conter sílice cristalino en elevadas concentracións, que pode producir a medio prazo silicoses e afeccións pulmonares moi graves.

CHATARRA.- chatarra de recuperación procedente de despezamentos que se importa e descárgase no porto interior de Ferrol con todo tipo de materiais non férreos que aglutina inherentemente devandito material (Metais pesados, combustibles, aceites, etc...).
Advertir que todo o sistema de recollida de augas e rede de sumidoiros verte directamente ao mar carecendo dunha planta depuradora e dun sistema de decantación previo.

A Autoridade Portuaria é consentidora destas malas prácticas e de non esixir aos diferentes consignatarios que se dedican á carga e descarga de devanditos materiais de que instalen e utilicen sistemas para evitar estes riscos para a saúde da veciñanza.

De igual xeito desde esta Asociación parécenos que unha obra como a pasarela que se construirá na entrada do porto na zona da Cabana non teña presente o volume de ciclistas que circulan con fillos menores de idade e non se inclúa no proxecto un carril bici que unha o paseo da Cabana co paseo do peirao de Curuxeiras. Non sería aceptable que pais e fillos circulen coas súas bicicletas por unha das estradas con máis tráfico rodado, saída natural da autoestrada e punto de préstamo de bicicletas. Unha irresponsabilidade ante o perigo que iso leva e unha falta de previsión nun proxecto que debería beneficiar aos cidadáns que pasean e circulan polo barrio de Ferrol Vello.


ESIXIMOS Á AUTORIDADE PORTURIA E ÁS DISTINTAS CONSIGNATARIAS.

1. A compra de tolvas ecolóxicas (Con aspersores, captacións de po e cintas transportadoras pechadas).

2. A construción dunha planta depuradora que recolla as verteduras e as augas residuais que orixinal o almacenamento ao aire libre destas mercancías molestas e insalubres e así evitar a súa vertedura ao mar.

3. A construción dun sistema de abrigo que evite a dispersión de partículas a causa do vento.

4. A construción dun carril bici que unha os paseos da cabana e do peirao proporcionando seguridade aos usuarios.

Ferrol a 8 de marzo de 2008

Xunta directiva da AVV De -FERROL VELLO-
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
http://www.jazztelia.com/ferrol-vello/blog
__________________

Enlaces Relacionados:
_________

xoves, febreiro 21, 2008

Esquerda Unida de Ferrol, ante as descargas de clínker no Porto Exterior e o seu transporte polas estradas do Concello de Ferrol

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de fevereiro de 2008 17:47
Asunto: Ante as descargas de clínker no Porto Exterior e o seu transporte polas estradas do Concello de Ferrol



COMUNICADO DE PRENSA

Ante as descargas de clínker no Porto Exterior e o seu transporte polas estradas do Concello de Ferrol

O Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol, ante as descargas de clínker no Porto Exterior e o seu transporte polas estradas do Concello de Ferrol, quere manifestar o seguinte:

Este Consello Local presentou un escrito dirixido ao Alcalde en decembro de 2007 para que dera as ordes oportunas para vixiar o continuo trasiego de camións de gran tonelaxe polas estradas de Ferrol, así como copia escrita das condicións que dende o Goberno Central se impuxeron para realizar os transportes.

Temos que lembrar a limitación existente na tonelaxe para este tipo de transportes está sendo vulnerada pois os vehículos que realizan estas labores sobrepasan este peso xa que só en vacío acadan as 25 Tn., o límite son 16 Tn., co conseguinte deterioro das estradas do Concello. A isto, debémoslle engadir que estes vehículos unicamente protexen a mercancía cunha lona e calquera ráfaga de vento espalla o clínker, incluso entre núcleos poboados, co conseguinte risco para a saúde.

Doutra banda a Tenente de Alcalde e membros deste Consello Local mantiveron un encontro co máximo responsable da Autoridade da Autoridade Portuaria co fin de tratar este tema e poñer no seu coñecemento que se estána incumprir as condicións na descarga deste perigoso material, principalmente a carencia dunha tolva ecolóxica que permita a descarga sen riscos, posto que as descargas, na actualidade, se están a facer libremente e as partículas de clínker están a caer na Ría e esparcidas a través do ar polos arredores.

Non obténdose resultado positivo nin do escrito nin do encontro, este Consello Local entende que nin a Autoridade Porturia nin o Goberno municipal poden permitir por máis tempo esta situación e deben tomar as medidas necesarias para poñer fin á mesmas.

Dende o Consello Local de Esquerda Unida entendemos que non se está a dicir a verdade aos órganos de representación autonómica e estatal; consideramos unha falta de respecto cara a cidadanía que ante as pretensións exclusivamente económicas dun empresario, que antepón o lucro á seguridade e á saúde da veciñanza, se caia no seu xogo e se mire a outro lado deixando á cidadanía indefensa ante un ataque continuo á súa saúde. É por iso polo que o Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol, e ao seu pesar, veráse na obriga de convocar accións de protesta no caso de que ante unha nova descarga deste material non se adopten as medidas necesarias para garantir a seguridade e paliar os efectos perniciosos da descarga e transporte deste material.

Ferrol, 21 de febreiro de 2008
___________________

domingo, decembro 30, 2007

Denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm

De: Esquerda Unida-Ferrol -polaesquerda@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de dezembro de 2007 23:25
Asunto: EU, denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm. cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm



O Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol, reunido esta tarde na sede de EU, denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm. cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm. ademais de ser inadecuados ou condicionados e cubertos para transportar este tipo de mercadorias perigosas.

O Consello Local, acorda emitir este comunicado de prensa.

COMUNICADO DE PRENSA
Consello Local

EU esixe o cumprimento da normativa nas descargas de clínker no Porto Exterior de Ferrol ”.

Esquerda Unida de Ferrol presentou , o pasado día 26, no Rexistro municipal un escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol esixíndolle, como máximo representante da cidadanía, o cumprimento da normativa ambiental e a vixianza do transporte de clínker das descargas do Porto Exterior.

Como lembramos as AA.VV. da zona manifestaron as súas queixas polo tránsito de camións pesados que cargan este perigoso composto para a seguridade das persoas e as descargas no Porto Exterior sen ningún tipo de control nin medidas de precaución .

Salientamos que os camións que transportan este perigoso material son de 50 Tm, cando as estradas desta zona está limitada a 16 Tm., ademais de incumprir o compromiso do Parlamento Español coa veciñanza de transportar esta mercadoría en camións especialmente acondicionados e perfectamente cerrados.

Para Esquerda Unida a saúde das persoas e o medio ambiente está por enriba dos intereses económicos dunha empresa.

Polo tanto, non comparte, nin de lonxe, as manifestacións do máximo representante da Autoridade Portuaria cando di que “ trátase dunha cuestión puntual”. “Se facemos hemeroteca “ este mesmo argumento foi dado pola mesma representación cando as descargas foron realizadas no Porto de Curuxeiras.

Estase a contradicir, ademais os condicionantes impostos polo goberno do Estado pois, para este caso concreto, permitir as descargas cunha serie de medidas paliativas do impacto e que non se están a cumprir.

Así pois, dende EU esixímoslle ao Alcalde de Ferrol que faga cumprir as medidas impostas para o transporte deste material e ao Presidente da Autoridade Portuaria a paralización das descargas, en tanto non se dean as condicións axeitadas para levalas a cabo.

Ferrol a 28 de Decembro de 2007.

Polo Consello Local de Ferrol.

Asdo. Víctor Ledo – Coordinador - asdo. J. Loureiro - S. Organización

O Consello LOCAL.

Ferrol a 28 de Decembro de 2007.
_______________

Relacionados:

Francisco Rodríguez, diputado do BNG, preguntaba ao goberno sobre este problema en setembro de 2007 [formato pdf]

Noticia no Diario de Ferrol, o 18 de Decembro de 2007: En resposta a unha pregunta do deputado do BNG Francisco Rodríguez, o Goberno central asegura que a descarga de clínker no porto exterior realizarase con medidas anticontaminación e que o seu transporte en camións "será con restricións" mentres non se abra o novo acceso viario
______________