Amosando publicacións coa etiqueta Dereito a unha vivenda digna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereito a unha vivenda digna. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 25, 2022

O Movemento Galego pola Vivenda Pública esixe que as propiedades da Sareb se utilicen para crear vivenda pública


O MOVEMENTO GALEGO POLA VIVENDA PÚBLICA ESIXE QUE AS PROPIEDADES DA SAREB SE UTILICEN PARA CREAR VIVENDA PÚBLICA

DESPOIS DE ASUMIR UNHA DÉBEDA PÚBLICA DE 35.000 MILLÓNS DE EUROS AS VIVENDAS E O SOLO DA SAREB TEÑEN QUE TER UN OBXECTIVO SOCIAL FUNDAMENTAL:GARANTIR O DEREITO Á VIVENDA

O Movemento Galego pola vivenda pública rexeita rotundamente a entrega da xestión das propiedades da SAREB aos fondos voitre Hipoges e Blackstone como recentemente decidiu o goberno español.

Unha vez que con diñeiro público se rescatou aos bancos liberándoos dos activos tóxicos e se asumiu a débeda o obxectivo ten que ser social, utilizando o solo e as vivendas propiedade da SAREB para crear un parque público de vivenda que dea solución ás miles de persoas que demandan vivenda pública e ás moitas desafiuzadas ou en perigo de ser expulsadas dos seus fogares.

Dito parque tamén debería servir como elemento regulador dos prezos do mercado libre, arrefriando as enormes subas dos últimos anos.

O camiño tomado polo goberno español de entregar a xestión das propiedades, con criterios puramente mercantís aos fondos voitre Blackstone e Hipoges, precisamente entidades que se lucran grazas ás políticas de vivenda no Estado español é unha enorme e intolerable estafa.

Esiximos que se rectifique esta decisión e dende as administracións se asuma a necesidade da creación dun parque público de vivenda cunha dimensión significativa para garantir o control do mercado da vivenda.

Os desafiuzamentos seguen a ser unha realidade cotiá e masiva nas cidades galegas, xa que a política do goberno español, da Xunta de Galicia e dos concellos galegos de abandonar a promoción de vivenda pública expulsa a miles de persoas das súas vivendas e deixa ao mando das políticas habitacionais aos grandes especuladores.

As propiedades coas que SAREB conta nas principais cidades galegas, un conxunto moi amplo de vivendas e solos, serían un piar fundamental dese parque, e darían solución ás máis de 10.000 persoas inscritas no Rexistro Oficial de Demandantes que agardan unha vivenda pública en alugueiro.

Dende o Movemento Galego pola Vivenda Pública loitaremos porque esta estafa non se consume finalmente mobilizándonos nas rúas e trasladando ás forzas políticas esta demanda.



MOVEMENTO GALEGO POLA VIVENDA PÚBLICA

movgalegopolavivendapublica@gmail.com

https://www.facebook.com/MovGalVivenda/

https://mobile.twitter.com/MovGalVivenda


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113
_______

martes, febreiro 15, 2022

O Movemento Galego pola Vivenda Pública convoca unha concentración diante do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Área Central, Fontiñas - Santiago de Compostela) o próximo 17 de febreiro ás 12 do mediodía, baixo o lema: 'Por un parque de vivenda público, non a especulación'


O Movemento Galego pola Vivenda Pública formada por persoas de distintos colectivos sociais convoca unha CONCENTRACIÓN diante do Instituto Galego de Vivenda e Solo - IGVS (Área Central, Fontiñas - Santiago de Compostela) o próximo xoves 17 DE FEBREIRO as 12.00H, baixo o lema: "POR UN PARQUE DE VIVENDA PÚBLICO, NON A ESPECULACIÓN".

Para satisfacer só a demanda rexistrada oficialmente de vivenda de protección en Galiza ao ritmo actual coas políticas do goberno galego precisaríanse 200 anos

A suba sistemática do prezo dos alugueiros  situándose Galiza por riba da media nacional con un incremento dun 25 por cento nos últimos cinco anos, converteuse nun problema para miles de galegas/os e segundo as asociación de loita contra a pobreza, o principal factor de exclusión social.

A resposta da Xunta de Galicia a esta situación de desamparo é menos investimento, menos execución dos orzamentos e a conxelación da oferta de vivendas de protección oficial e a inexistencia de un parque de vivendas público que dea resposta ao que é un drama para miles de persoas.

As cifras de demanda de vivenda de protección e pública demostran que hai moita xente que non chega a poder pagar unha vivenda no mercado libre e está a pedir que as administracións públicas fagan o seu traballo.

Para cuantificar esta demanda  creouse o Rexistro Oficial de demandantes que indica que hai case 15.000 persoas que reclaman unha vivenda de protección, 11.211 delas queren que sexa pública e preferentemente de alugueiro, pero o goberno de Feijoo desoe completamente estas demandas.

A media de vivendas de protección iniciadas nos últimos 7 anos, cando máis se incrementou a demanda é de só 74 anuais o que quere dicir que para satisfacer só a demanda actualmente rexistrada a este ritmo precisaríanse 200 anos.

E si falamos de vivenda pública o actual parque de 3.700 vivendas é a todas luces insuficiente si temos en conta as 11.211 persoas que demandan oficialmente unha vivenda pública, e moito máis si queremos que esa vivenda pública actúe como refrixerador do mercado posibilitando frear a escalada brutal que se da nos últimos anos.

A vivenda pública é a resposta necesaria para esas persoas que precisan dunhas condicións alcanzables para poder gozar dun fogar e para regular os prezos dun mercado no que non deixan de subir.

A inexistencia de políticas que defendan o dereito a unha vivenda digna tradúcense na Galiza en 299.000 vivendas baleiras, desafiuzamentos, incremento dos beneficios derivados da especulación dos grandes propietarios, banca e fondos voitre, máis parte do salario dedicado a pagar os gastos da vivenda mentres se reducen noutras necesidades básicas ou un problema grave para a emancipación da xente moza.

Tampouco desde os diferentes gobernos do Estado deron solución o problema da vivenda. O proxecto de lei vivenda do goberno español non garante ese dereito porque non se atreve a frear os privilexios dos que especulan coa vivenda.

Non frea os desafiuzamentos sen solución residencial si se incumpren os prazos das distintas prorrogas e non adopta solucións valentes de expropiación para mobilizar as decenas de miles de casas baleiras en mans da banca e de fondos voitre rescatadas con diñeiro público.Tampouco aposta pola utilización das vivendas da SAREB, para vivenda pública de alugueiro, a pesar de que todas e todos acabamos de asumir a débeda xerada polos bancos.

O Movemento Galego pola Vivenda Pública chama a maioría social galega a involucrarse na loita por este dereito fundamental, Unha loita que leve entre outras medidas a posta en marcha de normativas e orzamento necesario para a dotación dun parque de vivenda pública de alugueiro social suficiente para protexer os sectores mais vulnerables ademais de para exercer un papel regulador imprescindible no mercado libre.

Con este obxectivo facemos un chamamento a acudir á concentración diante do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), en Santiago de Compostela, para reclamar os nosos dereitos como cidadáns e cidadás a gozar dunha vivenda digna.

---
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

venres, decembro 17, 2021

Jose Mari Erauskin: 'A banca séguese rindo da lei' - Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra denuncia, diante dos Xulgados de Ferrol, ás malas prácticas da bancan que cometen fraude de lei, impedindo a familias vulnerábeis acoller-se aos beneficios do Código de boas prácticas - Vídeo da Rolda de Prensa

Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra denuncia, diante dos Xulgados de Ferrol, ás malas prácticas bancarias que cometen "fraude de lei", impedindo a familias vulnerábeis acoller-se aos beneficios do Código de Boas Prácticas. Un código asumido voluntariamente pola case totalidade das entidades financeiras, coa mesma unanimidade co que intentan non cumprilo.

"A banca séguese rindo da lei" Jose Mari Erauskin.

A Banca continúa escondendo a existencia do Código de Boas Prácticas Bancarias con total impunidade, cometendo continuas fraudes de lei e ríndose dos dereitos dos seus clientes.

Este mércores 15 de decembro, Maite Ortiz Pérez e José María Erauskin Vázquez, estiveron nos Xulgados de Ferrol, para defender a un afectado polo incumprimento, por parte da entidade Abanca, do Código de Boas Prácticas (CBP), que vendeu os dereitos do préstamo hipotecario a un fondo voitre, sen antes ofrecer os beneficios do CBP, para non perder a vivenda.



Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

mércores, decembro 15, 2021

O Pleno do Congreso d@ Diputad@s rexeitou iniciar a tramitación da Proposición de Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada, por 57 votos a favor, 280 en contra e 98 abstencións


Que isto fose previsíbel non deixa de ser unha moi mala noticia

Despois de tantos anos de estar-mos loitando por unha Lei polo Dereito a unha Vivenda Digna e Adecuada que garanta o exercicio deste Dereito Fundamental, agora volvemos a perder esta oportunidade, ao ser rexeitada no Congreso dos Deputados.

O Pleno rexeitou iniciar a tramitación da Proposición de Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada, por 57 votos a favor, 280 en contra e 98 abstencións. A iniciativa, impulsada polos grupos parlamentarios Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, Republicano, Plural (Compromís, Junts per Catalunya, BNG e Máis País), Euskal Herria Bildu e Mixto, a través de nove títulos, introduce medidas para evitar desafiuzamentos de persoas en risco de exclusión e suscita que a ocupación de vivenda baleira de entidades financeiras non se aborde por procedemento penal, cando xa existe a vía civil. En relación aos préstamos hipotecarios, regula a dación en pago e modifica o procedemento de execución hipotecaria, no relativo ao control de cláusulas abusivas.

Ademais, suscita a regulación do arrendamento de vivenda, coa posibilidade de actuar sobre áreas urbanas declaradas como de mercado de vivenda tensado, e regúlanse os alugueiros sociais e turísticos. Así mesmo, prohibe a venda do parque de vivenda pública e márcase un obxectivo de solidariedade urbana para que en 2050 o 20 % das vivendas cumpra políticas sociais.

Onte gañaron os especuladores, a banca e os fondos voitres, cos votos da dereita (PP), dos neofascistas de VOX, Ciudadanos e os do PSOE... con esta decisión deixan na estacada a centos de miles de familias con débedas acumuladas impagábeis e sen resolver os importantes problemas de vivenda lastrados no transcurso da aplicación das políticas neoliberais...

#IniciativaLeiDeVivenda

Fonte: Congreso d@ Diputad@s.

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

domingo, outubro 10, 2021

Valoracións da PAH sobre o acordo de Goberno de PSOE e Unidas Podemos sobre a Lei de Vivenda - A futura Lei de vivenda ten que garantir que este dereito nunca máis será esmagado


A futura Lei de vivenda ten que garantir que este dereito nunca máis será esmagado

O pasado martes facíase público que no Consello de Ministros se alcanzou un acordo en materia de vivenda entre os socios do Goberno de PSOE e UP.

Valoracións da PAH sobre o acordo de Goberno de PSOE e Unidas Podemos sobre a Lei de Vivenda

Desde a PAH, á espera de poder analizar en profundidade a totalidade do acordo asinado, explicitamos que a futura Lei de vivenda debería contemplar as medidas estruturais e de urxencia contidas na Proposición de Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada que rexistramos o pasado xoves

No entanto, sobre as medidas coñecidas en materia de desafiuzamentos, lamentamos que non se incluíron ningunha das recomendacións que sistematicamente vén reiterando o Comité DESC da ONU nas súas repetidas condenas a España por vulneración do Dereito á Vivenda, xa que nin se inclúe o xuízo de proporcionalidade previo a un desafiuzamento, nin se prohiben os desafiuzamentos de familias vulnerábeis sen alternativa residencial. Tampouco se inclúe a obrigación a grandes tenedores de ofrecer alugueiro social a familias vulnerábeis antes de proceder a un desafiuzamento.

En relación ao control de alugueiros, non se garante a súa aplicabilidade ao conxunto do Estado, como permite o artº 149.1 da CE.

Pese a todo, o Goberno dispón dunha Lei xa rexistrada no Congreso: A Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada, que debería servir de plataforma sobre a que traballar no trámite parlamentario, e que conta co referendo de máis de 150 organizacións de carácter social, sindical de pensionistas, de mozos, de consumidores, entre moitas máis, e que é espello do que a cidadanía ansía para afrontar o endémico problema de vivenda e a permanente situación de emerxencia residencial que sufrimos neste país.

A medida que se van coñecendo máis detalles podemos empezar a valorar o acordo, que dista moito de ser unha Lei estrutural que garanta o dereito á vivenda.

O Estado necesita, si quere ser estado avanzado, un punto de inflexión que se converta nunha mensaxe clara á poboación de que este dereito está realmente garantido para toda a cidadanía e non será nunca máis esmagado. Coa lei que presenta o goberno continuaranse violando os Dereitos Humanos ao continuar os desafiuzamentos de persoas vulnerábeis sen alternativa residencial e non ofrecerá solución real algunha para os máis de 79.000 desafiuzamentos que están por vir cando decaian as medidas excepcionais este 31 de Outubro. Tampouco soluciona as débedas para sempre que miles de familias teñen por non poder pagar a súa hipoteca, nin tan só soluciona a baixada de prezos nos alugueiros, nin responsabiliza aos bancos e fondos voitres rescatados con diñeiro público a que poñan as vivendas a disposición da cidadanía.

Temos unha mensaxe clara e alta para o presidente Pedro Sánchez e os seus socios de Goberno, Yolanda Díaz: Existe un clamor cidadán a lexislar dunha vez por todas medidas que freen a emerxencia residencial e poñan os cimentos para garantir o dereito á vivenda de toda cidadanía, traballen niso.

Fonte: PAH | 08.10.2021

✅ Boletín Oficial das Cortes Xerais (Congreso dos Deputados) Nº192-1. | 08.10.2021 | Proposición de Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada. | Acceder/Baixar.

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

sábado, outubro 02, 2021

Presentamos e rexistramos a proposta alternativa ao Goberno en materia de dereito á vivenda - Máis de 150 entidades e 9 grupos parlamentarios esixen a Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada - Vídeo


A Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - Stop-Desafiuzamentos, é unha das entidades que amosaron o seu apoio á iniciativa duna proposta de
Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada.

Presentamos e rexistramos a proposta alternativa ao Goberno en materia de dereito á vivenda

Máis de 150 entidades e 9 grupos parlamentarios esixen a Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada


Esta Proposta de Lei foi elaborada por organizacións da sociedade civil que levan moitos anos traballando sobre o terreo a problemática da vivenda ante a falta de solucións e a escaseza de recursos por parte da administración pública, e conta co respaldo de máis de 120 organizacións de todos os ámbitos: sociais, sindicais, xuvenís, de pensionistas, de consumidores...

A nosa Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada afronta os diferentes aspectos que se deben abordar si quérese garantir o Dereito á Vivenda e resolver a crise residencial que se arrastra no conxunto de nacións e pobos do Estado.

Para o seu rexistro, contamos co apoio dos partidos políticos Unidas Podemos, ERC, EH-Bildu, JuntsxCat, Máis País, CUP, Compromís, Nova Canarias e BNG, que comprometeron coas súas firmas o apoio tanto a esta lei, como ás medidas que contén.

Un paso adiante fronte ao bloqueo do PSOE

Pero esta lei non xorde dun conflito entre socios, senón dun conflito social que enfronta a poderosos lobbies financeiros e inmobiliarios que ven na vivenda unha forma de especulación e enriquecemento, co resto da sociedade: nos primeiros 6 meses de 2021 levamos acumulados

22.532 desafiuzamentos malia as medidas especiais de protección pola pandemia confirmando o carácter sistémico da urxencia residencial que sufrimos no Estado. Precisamente é un dos estados do mundo nos que as familias destinan maior proporción dos seus ingresos a pagar o alugueiro por mor das desproporcionadas subidas durante os últimos seis anos, feito que xerou un empobrecemento sistémico nos fogares inquilinos.

Por todo iso, as organizacións que defendemos a vivenda damos un paso adiante e rexistramos esta lei para garantir a protección do Dereito á Vivenda. Este xesto facémolo acompañadas dunha gran maioría social representada a través de máis de 120 organizacións sociais, sindicais, xuvenís, de pensionistas, de consumidores... en definitiva cunha transversalidade tan ampla como o é este Dereito.

O contido da lei

Esta lei desenvólvese en cumprimento dos compromisos internacionais do Estado en materia de Dereitos Humanos, así como do propio mandato constitucional, para garantir o Dereito á Vivenda e eliminar as trabas que impiden por centos de miles de cidadás o acceso a unha vivenda adecuada e digna.

A Lei que rexistramos hoxe se estrutura en nove títulos, cun total de 94 artigos, nos que se establecen as bases para facer efectivo o dereito á vivenda. Como aspectos fundamentais:

✔ Establécese o Dereito á Vivenda como dereito subxectivo exixíbel para asegurar a súa protección, e establécense novas garantías xudiciais moi definidas para evitar o abuso de Dereito contra os habitantes susceptíbeis de desafiuzamento, o que foi condenado reiteradamente polos Tribunais de Xustiza Europeos e o Comité DESC de Nacións Unidas.

✔ En materia de desafiuzamentos, a lei prohibe os desafiuzamentos a persoas ou familias vulnerables mentres non haxa garantía dun realoxo digno e adecuado, e obriga aos grandes propietarios a facer alugueiros sociais como opción prioritaria ante o desafiuzamento. Prohíbense expresamente os desafiuzamentos con data aberta e se lexislan diferentes medidas para evitar o sobre endebedamento, como son a dación en pago e limítase a responsabilidade ao ben hipotecado incluíndo maior selectividade a unha segunda oportunidade e lograr deixar atrás a lei hipotecaria inxusta que se levou por diante o soño de miles de familias e das súas avalistas.

✔ En materia de alugueiros, a lei presentada, complementa unha regulación dos alugueiros flexíbel en base a un índice de mercado co obxectivo de limitar e baixar o prezo das rendas para que supoñan un custo asumible para a maioría da poboación. Así mesmo, a renovación automática e obrigatoria dos contratos de arrendamento a condición de que a inquilina cumpra coas súas obrigas e o arrendador non precise da vivenda para goce propio ou dun familiar. Os honorarios, serán sempre a cargo da parte arrendataria.

✔ No ámbito do sinfogarismo, a Lei establece o Dereito á Vivenda como Dereito subxectivo e garante a protección inmediata en aloxamentos adecuados para toda persoa que caia ou se atope en situación de sinfogarismo.

✔ En canto ao parque de vivenda pública, co obxectivo de protexelo e amplialo prohíbese a súa venda e fíxase un obxectivo de solidariedade urbana do 20% antes do ano 2050 para mobilizar vivenda mediante diferentes ferramentas como son a cesión obrigatoria, o tenteo e retracto de grandes propietarios como pode ser a SAREB e entidades financeiras rescatadas con diñeiro público en 2009.

✔ Así mesmo garántese o acceso a subministracióna básicos, creando unha tarifa social e prohibindo os cortes de auga, luz ou gas a persoas en exclusión residencial.

✔ Para finalizar a Lei desenvolve a participación cidadá en políticas de vivenda e abórdase o réxime de control e sancionador para desenvolver as diferentes medidas explicadas.

Este conxunto de medidas estruturais son necesarias para revertir un modelo anti social de vivenda baseado no trasgase sistemático de diñeiro público a petos privados, sen xerar ningún valor ao patrimonio público (a libre especulación) que levou a decenas de miles de persoas a perdelo todo ante a inacción dos diferentes Gobernos.

Neste momento e cos apoios parlamentarios que xa se comprometeron a apoiala, só a negativa do PSOE impide que o Dereito á Vivenda pase a estar protexido con todas as garantías.

Agradecemos aos partidos asinantes o seu compromiso para defender dentro do Congreso a aprobación desta Lei de Garantía do Dereito á Vivenda, e esiximos ao PSOE que se poña tamén ao lado da cidadanía e achaie o camiño para a aprobación desta Lei, comezando por axilizar o seu paso pola Mesa do Congreso e por dar luz verde votando Si á súa toma en consideración.

Pola nosa banda desde hoxe mesmo comezamos a organizarnos para redobrar a presión e mobilizar á poboación xeral para conseguir este obxectivo e garantir o acceso a unha vivenda digna, adecuada, alcanzábel e accesíbel.

Pode-se!

Consulta a Lei e a campaña en iniciativaleyvivienda.com.

Fonte: PAH.


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

luns, agosto 30, 2021

Comeza en Ferrol o programa 'Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar' - Con este proxecto dáse luz verde a dúas vivendas de transición á vida autónoma para persoas usuarias do albergue municipal ou que veñan derivadas da mesa técnica de atención a persoas sen fogar


A boa vontade e o importante traballo social da asociación "Provivenda", contrasta coa mala política en vivenda do goberno municipal de Ferrol. O que non di o Alcalde Ángel Mato e a concelleira de Benestar Eva Martínez, que en Ferrol o Concello, ten un parque municipal de 1.000 vivendas públicas protexidas, con máis de 100 vivendas baleiras tapiadas e cada vez que unha inquilina entrega a chave, unha cuadrilla municipal corre a tapiar a porta da vivenda, independentemente de que esta vivenda que queda baleira estea ou non en condicións de habitabilidade. Mentres un centenar de persoas segue agardando desde hai unha década nunha lista municipal, para que se lle adxudique unha desas vivendas. Mais benvinda sexa a iniciativa se pode paliar os problemas de vivenda dalgunha persoa sen fogar.

Grazas ao financiamento do Concello de Ferrol, a Asociación Provivienda pon en marcha o programa "Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar".

Con este proxecto dáse luz verde a dúas vivendas de transición á vida autónoma para persoas usuarias do albergue municipal ou que veñan derivadas da mesa técnica de atención a persoas sen fogar. Estas vivendas darán resposta a oito persoas que accederán a unha vivenda compartida con acompañamento profesional para continuar avanzando no seu proxecto de vida a través dun aloxamento estable.

O Concello de Ferrol aposta polo labor de Provivienda para dar resposta ás necesidades das persoas en situación de rúa ou vulnerabilidade residencial dende o dereito á vivenda.

A Asociación Provivenda en Galicia poñerá en marcha o programa "Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar" cun triplo obxectivo:
  • Facilitar o acceso a unha vivenda autónoma para persoas en situación de sinfogarismo.
  • Ofrecer un alugueiro seguro e cómodo ás persoas que teñan vivenda en propiedade.
  • Impulsar o dereito á vivenda.
A firma do convenio levouse a cabo hoxe 27 de Agosto, coa concelleira de Benestar Social Eva Martínez e o alcalde de Ferrol Ángel Mato. Trátase dun proxecto de continuidade para o que Provivenda contará con financiamento ata finais do 2022.

Para o desenvolvemento do proxecto Provivenda conta co apoio de Emaús Fundación Social dentro da alianza existente entre ambas as entidades en Galicia.
Aluguer con valor social

Desde hai 31 anos traballamos para que, ademais dun valor económico, as vivendas teñan valor social, porque non é unha mera transacción comercial, é contribuír a que o lugar no que vivimos sexa máis xusto, máis digno e respectuoso cos dereitos de todas as persoas.

Para as persoas propietarias son moitos os incentivos de alugar a súa vivenda con Provivenda:
  • Realizamos o inventario fotográfico do inmóbel.
  • Formalizamos o contrato de arrendamento.
  • Garantimos a cobranza da renda de alugueiro.
  • Contratamos un seguro multirrisco do fogar, abonando o seu custo durante o primeiro ano do contrato.
  • Xestionamos e abonamos o Certificado de Eficiencia Enerxética.
  • Proporcionamos axudas para a adecuación da vivenda.
  • Facilitamos o asesoramento, mediación e seguimento durante toda a vixencia do contrato.

✅ PARA PROPIETARIAS DE VIVENDA PARA ALUGAR:
Si queres alugar a túa vivenda en Ferrol, escribe a  pinoro@provivienda.org o llama al 627 350 763.


Fonte: Asociación Provivenda en Galicia.

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

domingo, xuño 06, 2021

O Movemento polo Dereito á Vivenda organiza unha xornada de debate, na tarde do xoves, 10 de xuño, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, co título 'Alternativas Residenciais para as persoas maiores: os coidados á pequena escala' - Programa - Inscripción


O Movemento polo Dereito á Vivenda organiza unha xornada de debate, na tarde do xoves, 10 de xuño, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, co titulo "Alternativas Residenciais para as persoas maiores: os coidados á pequena escala". 

Dende o Movemento polo Dereito á Vivenda preocupa-nos a situación habitacional e residencial das persoas maiores. Pensamos que unha sociedade humana, un estado social e de dereito debe ter como un dos bens máis prezados ás persoas maiores e as crianzas; e polo tanto deberían dispoñer de fogares, de recursos de proximidade e axeitados ás súas características e demandas. Neste momento nin as persoas maiores nin as familias poden decidir onde desexan ser coidados. Encontrámonos con un sistema orquestrado para que os fondos de inversión sexan os provedores dos coidados onde o valor principal é o ánimo de lucro tal e como así consta no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
 
Dende o Movemento polo Dereito á Vivienda queremos estrear a nosa actividade con esta charla coa intención de crear debate social sobre un tema de vital importancia que son os coidados.

Inscrición:
 
As xornadas serán presenciais polo que cando vos apuntedes, debido a situación de prevención de Covid-19, deberedes enviar un correo electrónico cos datos do DNI e o teléfono (cultura@deputacionlugo.gal ou dereitoavivenda@gmail.com)

Agardamos sexan do voso interese.

PROGRAMA


ALTERNATIVAS RESIDENCIAS PARA AS PERSOAS MAIORES: OS COIDADOS A PEQUENA ESCALA

Lugar: Salón de actos da Deputación de Lugo (Pazo de San Marcos).
Dia: Xoves 10 de xuño de 2021.

✅ 16:00 hs. ✒ Presenta Patricia López Iglesias, presidenta do Movemento polo Dereito a Vivenda.

✅ 16:30 hs. ✒ Colexio de Traballo Social. Estela Martinez Villalba: ”A persoa maior, des-poboacion, des-arraigo, des-coidados".

✅ 17:00 hs. ✒ Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. Paula Varela Costa: “Diversidade funcional e alternativas habitacionais ao longo da vida".

✅ 17:30 hs. ✒ Maria Dolores Vega Fernández: “Reflexións dunha coidadora".

✅ 18:00 hs. ✒ Raimundo Mateos, psiquiatra no SERGAS e profesor da USC. Foi presidente da Sociedade Española de Psicoxeriatría (SEPG) e logo presidente da Sociedade Internacional de Psicoxeriatría (International Psychogeriatric Association - IPA): ”A saúde mental nas residencias de maiores".

✅ 18:30 hs. ✒ Xosé Carreira Montes, arquitecto e profesor da UDC: ”Unha visión dende a arquitectura e urbanismo dos modelos residenciais".

✅ 19:00 hs. ✒ Xoán Antón Pérez Lema, avogado: "A necesidade dunha fonda remuda na atención residencial da terceira idade".

✅ 19:30 hs. ✒ Sagrario Fernández Méndez. Traballadora social de saúde: “Por un minifundio para os coidados".

Aforo limitado. Reservas no correo:

culturaadeputacionlugo@gal

dereitoavivenda@gmail.com

O Movemento polo Dereito á Vivenda no facebook. |

Relacionado:

Unha moi interesante reportaxe de Ana Liste en Praza Pública: "Á procura de alternativas ao modelo de coidados á terceira idade: ″Quen decide en Galicia é a iniciativa privada″ |  Ana G. Liste @BelaMistura  | sábado 5, xuño 2021 | Ir á Web.


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

sábado, maio 15, 2021

Os ninguén denuncian desafiuzamento en Vigo: Esta nai precisa con urxencia unha vivenda en alugueiro social para o seu acollemento e para poder coidar, protexer e educar aos seus catro fillos menores, adolescentes, xoves e a unha neta - O desamparo residencial de nais con menores a cargo que non cobren necesidades básicas é dramático


Queremos informar de que na nosa cidade hai institucións públicas sen recursos de acollemento e protección de menores a cargo de nais empobrecidas.

Esta mañá (14.05.2021) acompañamos a unha nai (de catro fillos menores, adolescentes, xoves e a unha neta), que ás 10h  entregaba as chaves á comisión xudicial por facerse efectivo un despexo da vivenda que ocupaba en precario.

A esta familia foille imposible atopar unha vivenda alternativa en alugueiro, por ter uns ingresos de 450 euros mensuais, procedentes da RISGA.

No mercado libre estase pedindo aos arrendatarios unha nómina cun ano de antigüidade como mínimo, que teñan polo menos ingresos de mil euros mensuais, un aval bancario e un seguro.

O concello de Vigo ofreceuse a pagarlle a esta nai unha fianza e un ou dous meses de alugueiro no caso de conseguir ela un precontrato dun posible arrendador, igualmente ofrecéuselle unha praza de acollemento no albergue ou unha habitación nun hostal.

Esta nai non foi capaz de aceptar estas propostas, ao sentiren medo a disgregar aínda máis aos seus fillos.

En setembro do ano pasado, este despexo foi paralizado do piso que ocupaban, propiedade de UCI Santander, acadando unha moratoria ata decembro do 2020.

Ante a imposibilidade de alugar un piso no prazo acordado polas esixencias anteriormente nomeadas, o xulgado decidiu ordenar o despexo para hoxe, 14 de maio de 2021.

Esta nai precisa con urxencia unha vivenda en alugueiro social para o seu acollemento para poder coidar, protexer e educar aos seus queridos fillos.

O desamparo residencial de nais con menores a cargo que non cobren necesidades básicas é dramático, por seguir sinalando que a solución sería que atopen eles mesmas unha vivenda, sabendo que é practicamente imposible, con estes ingresos minorados e falla de garantías. É moi duro tentar nesta cidade alugar unha vivenda con 450 euros mensuais.

É urxente polo tanto poñer en marcha un consorcio de vivenda social en réxime de alugueiro, dende a Xunta de Galicia, coa colaboración do concello de Vigo, e reiteramos unha vez máis que seguiremos sinalando publicamente a falta de alternativas residenciais familiares por parte das institucións, precisando esta cidade con urxencia un plan de vivenda social sendo permanentes, confortables e suficientes para atender a estes casos tan dramáticos.

*Matizamos que a carencia na permanencia nese piso negociouse dende Benestar social municipal.

Aclarado isto, insistimos en que no novo plan de Vivenda da Xunta apenas hai tres parágrafos adicados a solucións sociais de vivenda. Esperamos que a nivel estatal saia adiante un pacto que aporte neste senso porque no caso contrario, en poucos meses, a situación será de auténtico colapso.

Precisamos todos os esforzos para acadaren alternativa residencial, o cal non significa regalar pisos, senón cedelos transitoriamente por un importe adecuado aos ingresos das familias. Se non chegamos a iso estamos perdidas.

Asumimos cada despexo executado como fracaso. Adiante e que sexa o último!

Polo dereito a unha vivenda digna !!

Nin casa sen xente, nin xente sen casa !!

✔ A nova en "La Voz de Galicia". | Desahuciada una familia que vive con una risga de 450 euros y no encuentra quien le alquile. Os Ninguéns demanda un parque de viviendas sociales en alquiler. | Ir á Web.

Fonte: Os Ninguén.

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra |
forosocialdeferrolterra@gmail.com
https://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra


_______

luns, marzo 29, 2021

Vivenda e debates, ... Por Joan Coscubiela - Hei de recoñecerlles que asisto estupefacto ao debate entre o PSOE e Unidas Podemos sobre a Lei de Vivenda


Vivenda e debates

Por Joan Coscubiela [*]
29.03.2021


Non me parecería mal que estas políticas se puxesen a proba nalgúns territorios acoutados e sometésense á avaliación de resultados, antes de consagralas definitivamente. Aínda que para iso necesitamos datos dun mercado, o do alugueiro, que é todo menos homoxéneo

Hei de recoñecerlles que asisto estupefacto ao debate entre o PSOE e UP sobre a Lei de Vivenda.

Non porque considere que o debate non estea xustificado. Defenden propostas distintas e o conflito ten toda a súa lóxica política. A miña estupefacción nace dos términos teolóxicos nos que se está producindo o debate.

A imposibilidade de acceder a unha vivenda é un dos conflitos sociais máis cruento que viven millóns de persoas, especialmente novas.

Moitos levamos anos advertindo dos riscos sociais que comporta que a vivenda, un ben dirixido a satisfacer un dereito fundamental, se converteu nun produto financeiro refuxio que ofrece elevadas rendibilidades.

Hoxe pagamos as consecuencias de que durante décadas se ignorou o alugueiro ou a promoción de parques públicos de vivenda. Os poucos recursos públicos investidos destináronse a facilitar a compra mediante endebedamento hipotecario. Iso xustificouse pola necesidade de facilitar o acceso á vivenda das familias. Nada máis lonxe da realidade. As políticas de promoción da protección oficial tiveron como verdadeiro obxectivo atenuar o impacto dos ciclos económicos na construción. Trátase dun sector do que dependen moitos empregos. E sobre todo unha potente fábrica de plusvalías especulativas privadas e tamén públicas coas que moitos concellos compensaron a insuficiencia dos seus ingresos tributarios. Iso sen esquecer o gran negocio financeiro que supuxo o mercado hipotecario.

Coas subvencións á compra de protección oficial sucedeu o mesmo que coas viaxes dos pensionistas do IMSERSO. Preséntanse en favor do lecer da xente maior, cando o seu principal obxectivo sempre foi manter abertos os hoteis en tempada baixa.

Daqueles pos, estes lodos. A gran recesión e as políticas do PP, de precariedade laboral e depreciación salarial, agravaron aínda máis o problema. Segundo un informe de CCOO, o 40% dos inquilinos soportan alugueiros excesivos para o nivel dos seus ingresos -salarios, prestacións ou pensións. E dous de cada tres persoas con alugueiros excesivos están en situación de pobreza ou risco de exclusión.

Non parece que sexa fácil nin rápido recuperar agora as décadas perdidas e articular políticas eficientes que consigan facer baixar a curto prazo os prezos do alugueiro, especialmente nalgúns territorios.

Pero que sexa complexo non xustifica a obstinación do PSOE en limitar as súas propostas ao establecemento de beneficios fiscais en favor dos grandes propietarios de vivenda. Argumentan que limitar os prezos por lei pode ter o efecto contrario, desincentivar o alugueiro e subtraer moitas vivendas do mercado. Non me atrevo a desmentir esta hipótese. Non son un beato do BOE e da súa capacidade de modificar a realidade cando pugna contra as poderosas leis do mercado -que se poden combater, pero non ignorar. Aínda que me resisto a que esta e outras afirmacións se fagan sen datos nun debate que ten máis de teolóxico que de ideolóxico. Porque o mesmo podería dicirse dos beneficios fiscais aos propietarios de vivendas. Poden acabar funcionando coma se intentásemos encher de auga un cesto de esparto. Comprobámolo coas axudas fiscais ao acceso á vivenda de protección oficial. Crearon un mercado paralelo, pero non conseguiron baixar os prezos do mercado "libre". Tamén temos exemplos da non eficiencia en moitos dos beneficios fiscais da política tributaria española.

Reducen de xeito significativo os ingresos tributarios, pero non conseguen o seu obxectivo -é o caso dalgúns dos beneficios fiscais no imposto de sociedades ou no de sucesións.

A miña estupefacción non é menor ante os argumentos utilizados en contra destes beneficios fiscais aos grandes propietarios de vivenda. Afírmase -tamén sen datos- que só van beneficiar aos propietarios e non conseguirán reducir os prezos do alugueiro. Até se chega a impugnar o papel da política tributaria e a súa capacidade para incidir nas actuacións dos axentes económicos -penalizando unhas e promovendo outras. Con esta lóxica quedarían desautorizadas moitas medidas de fiscalidade medioambiental para apoiar a transición enerxética, que tanto defende, xustamente, Unidas Podemos.

Sinceramente, resúltanme cada vez máis insoportábeis os debates teolóxicos, que se practican a babor e estribor, aínda que me desbasten moito máis cando se dan no seo das esquerdas. Non son debates ideoloxizados, como algunhas voces interesadas denuncian. A ideoloxía é imprescindíbel para orientar as políticas públicas en favor da sociedade á que se aspira. Pero a ideoloxía -calquera- sen datos é teoloxía. E o debate sobre o alugueiro está resultando ser un debate teolóxico.

Ademais, puxo de manifesto un dos puntos máis críticos do noso país. Non dispoñemos de datos estatísticos fiábeis nin dunha cultura e instrumentos de avaliación das políticas públicas. Carecer destes mecanismos é garantía segura de malbaratamento dos recursos públicos. Sen datos nin avaliación non se pode facer políticas de calidade. Porque o importante non son os grandes titulares senón como se concretan os principios xerais en políticas micro, concretas. Nalgunhas ocasións danme ganas de poñerme a gritar aquilo de "non é o goberno, é a xestión, estúpidos".

A natureza teolóxica do debate non fai máis que complicar a aproximación de posicións e o acordo entre os socios de goberno, aínda que sexa para pactar o desacordo. Persoalmente paréceme razoábel a formulación que fan organizacións sociais, sindicatos e moitos expertos, apuntando á necesidade dun mix de medidas. Unhas a longo prazo, como a promoción de parques de vivendas públicas en alugueiro ou a creación de mesas de negociación colectiva entre propietarios e inquilinos como existe nalgúns países nórdicos. Outras, medidas a curto prazo como a regulación legal dos alugueiros e os incentivos fiscais aos propietarios de vivendas.

Pero, sinceramente, non teño ningunha seguridade teolóxica de que funcionen. Nada garante que as medidas teoricamente apropiadas obteñan os resultados esperados e que sirvan para situacións moi distintas entre si. Esa é sempre a dificultade das leis, regulan con vocación universal realidades moi diversas.

Por iso e como non dispoñemos de datos nin de experiencias previas, non me parecería mal que estas políticas puxésense a proba nalgúns territorios acoutados e se sometesen á avaliación de resultados, antes de consagralas definitivamente. Aínda que para iso necesitamos datos dun mercado, o do alugueiro, que é todo menos homoxéneo.

Para rematar e non menos importante. En calquera negociación, é imprescindíbel entender a lóxica do outro interlocutor, até cando se trata de socios de goberno que, a priori, comparten obxectivos, aínda que discrepan do xeito de alcanzalos. Neste caso parece que as diferenzas apuntan á lexítima defensa dos intereses de diferentes sectores sociais e os seus efectos electorais.

Estes días escoito acusar ao PSOE de haberse sometido ás presións dos grandes fondos inmobiliarios. Non serei eu o que negue unha realidade que coñece calquera que tivera responsabilidades en política de vivenda, sobre todo a nivel municipal.

Aínda que me temo que esta explicación fácil ignora outro factor que me parece máis potente en términos políticos. É certo que nos últimos anos os fluxos de novas vivendas en alugueiro proveñen de fondos inmobiliarios que adquiriron a carteira de vivendas das entidades financeiras afectadas pola gran recesión. Pero o stock acumulado de vivendas en alugueiro continúa de xeito moi maioritario (máis do 90%) en mans de propietarios particulares.

Non parece descartábel que as razóns do PSOE para negarse a limitar por lei os prezos do alugueiro sexan que polo retrovisor está vendo a estes propietarios privados e teme a deserción do seu voto en futuras eleccións. Non deberiamos menosprezar o arrastre que ten en sectores de clases medias a cruzada das dereitas españolas en favor da liberdade. Desa liberdade que non nos recoñecen para garantir un final digno á vida e que se converte na liberdade absoluta do mercado para fixar o prezo do alugueiro. Do mesma xeito, Unidos Podemos fíxose portavoz dos millóns de persoas, especialmente novas, que hoxe non poden acceder a unha vivenda.

Quizais esa lóxica política sexa a que fai que tanto o PSOE como Unidas Podemos parezan sentirse cómodos na batalla política pública, especialmente ás portas das eleccións autonómicas en Madrid.

Aínda que o terreo electoral que pisan sexa moi distinto. Mentres os propietarios de vivenda forman parte deses sectores sociais que adoitan votar, moitas das persoas que non teñen acceso a vivenda nutren as filas do abstencionismo. Este é o drama das esquerdas, quen máis necesitan da política máis se desentenden dela, quizais porque non se senten atendidos polas políticas. Trátase dun bucle perverso.

Arbitrar políticas públicas eficientes a curto prazo en favor das persoas que non poden acceder ao alugueiro non é fácil, facelo sen datos complícao e situar o debate no terreo da teoloxía pódenos conducir ao desastre.

Oxalá este conflito se canalice, despois do 4 de maio, cun acordo dos socios de goberno -hai marxe para iso- e de paso sirva para entender dunha vez por todas a urxencia de dispoñer de datos estatísticos e de mecanismos de avaliación das políticas públicas. Así o próximo debate poderá ser no terreo da ideoloxía e as políticas con datos e non no da teoloxía.

[*] Joan Coscubiela Conesa (Barcelona, 1954). Sindicalista, político e escritor. | https://elblocdelcoscu.cat/ | @jcoscu.
_______

martes, marzo 23, 2021

Unha lei de Vivenda que non poña fin aos desafiuzamentos, nin é lei nin é nada - 1.044.507 no período 2007-2020 son demasiados motivos como para non poñer fin a tanto sufrimento


A sangría dos desafiuzamentos pasou por varias fases, foi un drama silenciado, que pasou por unha fase de eclosión mediática para volvelo a silenciar, coma se dunha moda pasaxeira se tratase. Nada máis lonxe da realidade. Nin se frearon nunca, nin se puxeron xamais solucións para iso.

A nova crise económica derivada da COVID-19, xunto ao clamor social, volvéronos a poñer en primeira liña. Os 29.406 desafiuzamentos producidos en 2020 dannos a razón e mostran as mentiras do Goberno que se tirou meses afirmando que estaban suspendidos. Tamén poñen en evidencia o que nos queren vender os neoliberais, a banca, os fondos voitre, as inmobiliarias, as patronais e todo ese sector capitalista disposto a derramar sangue para non ver afectados os seus intereses.

Mentres o ministro Ábalos fala de seguridade xurídica, para quen?, nós falamos de vidas, de persoas con elas en xogo, que ven como os seus dereitos máis fundamentais son tratados como bens de mercado e unha mercancía para enriquecer a uns poucos.

É imprescindíbel que a futura Lei de vivenda acabe con isto. Dita lei debe contemplar, sen discusión, o Stop Desafiuzamentos de persoas vulnerables sen alternativa de vivenda digna e adecuada. Para iso debe obrigar aos grandes especuladores a ofrecer alugueiro social estable e, para o resto de casos, garantir o realoxo digno e adecuado a cargo dos poderes públicos.

A Lei debe recoller o mandato dado polo Comité DESC de Nacións Unidas en canto aos desaloxos de vivenda sen alternativa residencial; cambiando a situación actual para impedir que se execute un desaloxo mentres non haxa unha garantía de vivenda alternativa que cumpra as características mencionadas. Unha habitación de hostal ou un albergue non cumpren as condicións adecuadas.

No caso de procedementos de desafiuzamento en vivendas propiedade de grandes propietarios, a obrigación de ofrecer alugueiro social dos mesmos deberá ser a concesión dun aluguer social na propia vivenda para evitar o desarraigamento

Para que a proposta poida ser considerada de alugueiro social, debe cumprir os seguintes requisitos, fixando rendas que garantan que o esforzo polo pago do aluguer non supere:

✔ o 10% dos ingresos ponderados da unidade familiar, si están por baixo do 0,89 do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), ou

✔ o 12% dos ingresos ponderados da unidade familiar, si están por baixo do 0,95 do IPREM, ou

✔  o 18% dos ingresos ponderados.

Sen estas medidas, o Goberno seguirá de xeonllos fronte aos lobbies, seguirannos expulsando das nosas casas e non terminaremos co derrame de bágoas de sangue.

Non poderemos avanzar como sociedade ate que non solucionemos este problema.

Fonte: PAH - 11.03.2021

#InicitivaLeiVivenda #StopDesafiuzamentosSenAlternativaResidencia
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE AS RESTRINCIÓNS, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______

A futura Lei de Vivenda debe, ante todo, garantir a vivenda como Dereito fundamental - A primeira Lei de vivenda presentada por un partido en máis de 40 anos, debe estar á altura das necesidades da xente e deixar de tratala como un ben de mercado


A futura Lei de Vivenda debe, ante todo, garantir a vivenda como Dereito fundamental. | A primeira Lei de vivenda presentada por un partido en máis de 40 anos, debe estar á altura das necesidades da xente e deixar de tratala como un ben de mercado.

Levamos meses oíndo falar das intencións do Goberno a presentar no Congreso unha Lei de Vivenda. Unha proposta que, de realizarse nas condicións necesarias, abriría unha porta a que dunha vez por todas  se cumpra o artigo 47 da Constitución, así como empezar a lexislar segundo marcan os ditames de Nacións Unidas e as sentenzas do Tribunal Europeo.

Os constantes titulares deixan ver o descafeinada que pode chegar a ser esta lei. Para que a lei sexa realmente o que a cidadanía sexa o que necesitamos e que o Goberno deixe de afincar o xeonllo ante a presión dos lobbies, a sociedade civil organizamonos.

Medio centenar de organizacións impulsamos a Iniciativa por unha Lei que Garanta o Dereito á Vivenda. Xuntas elaboramos un decálogo de 8 puntos imprescindíbeis, que a lei debe recoller, así como unha batería de medidas para facelos efectivos.

O primeiro punto e dunha importancia vital, é que a lei, debe garantir o dereito a unha vivenda digna, como dereito subxectivo. Garantindo así, que esta protección sexa efectiva e evitando que ningunha persoa sufra situación de sinfogar.

O recoñecemento do Dereito á Vivenda como dereito subxectivo, implica que pase a ser exixíbel ante Administracións e Tribunais. É dicir, creando a obrigación dos poderes públicos de dispoñer os medios precisos para garantilo desde o mesmo momento da aprobación desta Lei.

Para que isto sexa así, a vivenda debe ser:

Digna: con condicións materiais aceptábeis en canto a habitabilidade, seguridade, illamento térmico, garantía de subministros básicos (luz, gas e auga) e telecomunicaciones para evitar a brecha dixital.

Adecuada: en función do número de membros da unidade familiar e as súas necesidades.

Alcanzábel: o esforzo das familias para o pago da vivenda, incluídos os gastos fixos e de subministros básicos, non debería exceder do 30% dos ingresos.

Accesíbel: para todas as persoas que teñan necesidades de accesibilidade especiais.

En España hai máis de 32.000 persoas sufrindo senfogar, 12 millóns de persoas en risco de exclusión social, máis de 1 millón de desafiuzamentos entre 2008 e o 3º Trimestre do 2020.

O 36,1% da poboación destina máis do 40% dos seus ingresos ao pago de vivenda e subministros básicos, e unicamente o 18,5% da poboación entre 18 e 29 anos emancipouse polas enormes dificultades para acceder e manter unha vivenda estable.

Mentres, hai 3,4 millóns de vivendas baleiras, moitas delas en mans de grandes propietarios (INE 2011) e o Parque de Vivenda Pública e Social é entre 7 e 10 veces menor que o doutros países desenvolvidos de Europa.

Tras 42 anos de absoluta vulneración deste dereito humano, a Lei polo Dereito á Vivenda será papel mollado si non protexe e garante de xeito efectivo o Dereito en todo o territorio.

Fonte: PAH. | 10 de Marzo de 2021

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE AS RESTRINCIÓNS, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______

sábado, febreiro 20, 2021

A Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra apoia o Manifesto da Iniciativa por unha Lei que garanta o Dereito á Vivenda Digna e adecuada - Texto completo do Manifesto - Enlace de acceso ao formulario, para asinar o apoio á mencionada iniciativa


Movementos de vivenda, sindicatos laborais, Mareas, Pensionistas, Sanidade, ONG e decenas de organizacións facemos fronte común de presión ante a inminente Lei de Vivenda anunciada polo goberno español. A Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra apoia o Manifesto da Iniciativa por unha Lei que garanta o Dereito á Vivenda Digna e adecuada.

POR UNHA LEI QUE GARANTA O DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA E ADECUADA

O Goberno está preparando a chamada Lei polo Dereito á Vivenda; de feito, parece que o borrador da lei entrará no Consello de Ministros de xeito inminente e remitirase de inmediato ao Congreso para o seu debate e aprobación.

Tras 42 anos de absoluta vulneración deste dereito humano, debemos remarcar que a nova Lei será papel mollado si non protexe e garante de xeito efectivo o Dereito en todo o territorio. Non deixaremos escapar a oportunidade que brinda a elaboración da primeira lei estatal na materia para conseguir un avance histórico na cobertura deste dereito fundamental.

A crise residencial é innegábel: Máis de 32.000 persoas sufrindo senfogar, 12 millóns de persoas en risco de exclusión social, máis de 1 millón de desafiuzamentos [1] entre 2008 e o 3Tr do 2020, moitos agravados con cláusulas abusivas e executados cunha lexislación contraria aos estándares europeos sen importar que houbese menores ou anciáns dependentes. Por iso, as abaixo asinantes non estamos dispostas a permitir que sexan o sector financeiro, as grandes inmobiliarias e os fondos voitre quen diten o texto desta Lei. Contra as presións dos especuladores, chamamos á xente do común a sumarse á mobilización necesaria para asegurar a protección deste Dereito humano no conxunto do Estado.

No Estado, o 36,1% da poboación destina máis do 40% dos seus ingresos ao pago de vivenda e subministros básicos [2], e outros miles de fogares novos nin sequera poden formarse, de feito unicamente o 18,5% da poboación entre 18 e 29 anos emancipouse [3] polas enormes dificultades para acceder e manter unha vivenda estábel.

Mentres segundo o INE (2011) hai 3,4 millóns de vivendas baleiras, moitas delas en mans de grandes posuidores, o Parque de Vivenda Pública e Social é entre 7 e 10 veces menor que o doutros estados desenvolvidos de Europa.

No estado español as vivendas sociais representan só un 2,5% do parque de vivendas principais, nada que ver coas porcentaxes dalgúns países europeos da nosa contorna [4] (Holanda 30%, Austria 24%, Reino Unido 17,6%. Francia 16,8%).

Logo de entregar máis de 60.000 millóns [5] de diñeiro público para o rescate bancario que non foron devoltos, é de xustiza que a nova Lei faga fronte á emerxencia residencial que sufrimos. Garantindo, así, unha vivenda para quen o necesite mediante un orzamento suficiente en políticas de vivenda pública e establecendo mecanismos legais que obriguen, aos responsábeis financeiros da crise inmobiliaria e aos grandes posuidores de vivenda, a asumir responsabilidade social e evitar novas burbullas especulativas.

Levamos demasiados anos sufrindo a quen pon os seus beneficios privados por encima da vida e saúde de millóns de persoas. É o momento de que as Administracións públicas asuman a súa responsabilidade e cumpran coa súa deber de protexer e garantir un dereito humano que é básico para asegurar a integridade física, a dignidade, o acceso a outros dereitos fundamentais e o desenvolvemento persoal que todos nos merecemos.

As organizacións asinantes deste manifesto unimos forzas para lanzar unha campaña estatal de mobilización cidadá e conseguir que a Lei polo Dereito á Vivenda inclúa como mínimo estas 8 medidas de aplicación directa en todo o territorio:

1. A lei debe garantir o dereito a unha vivenda digna, alcanzábel, accesíbel e adecuada como dereito subxectivo, garantindo que esta protección sexa efectiva e evitando que ningunha persoa sufra situación de senfogar.

2. Stop desafiuzamentos de persoas vulnerábeis sen alternativa de vivenda digna e adecuada, así como a obrigación de alugueiro social estábel para os grandes posuidores e no resto de casos realoxo digno e adecuado a cargo dos poderes públicos.

3. Asegurar e ampliar o parque público de alugueiro social, como mínimo ao 20% do conxunto de vivendas en vinte anos, facendo fronte á urxencia residencial de forma prioritaria.

4. Regulación estatal de alugueiros a prezos adecuados aos salarios da poboación en cada zona do territorio. Modificación da lei de arrendamentos urbanos para dar protección e estabilidade aos inquilinos do conxunto do país.

5. Garantir os subministros básicos de auga, luz, gas e acceso ás telecomunicacións para evitar a brecha dixital como parte dunha vivenda digna.

6. Garantir unha segunda oportunidade efectiva para os fogares con débedas hipotecarias, e desenvolver medidas contra o sobreendebedamento e os abusos financeiros e inmobiliarios.

7. Ampliación orzamentaria para vivenda social e políticas sociais de vivenda ate chegar á media europea de parque público, destinando como mínimo o 2% do orzamento estatal. Asignación dunha parte suficiente dos fondos europeos de recuperación a este obxectivo.

8. Participación activa da poboación en toda a política de vivenda e urbanismo.

É imprescindíbel que a Lei polo Dereito á Vivenda incorpore estas demandas de afectadas e sociedade civil, que afectan á dignidade das persoas e aos Dereitos Humanos, blinde as lexislacións autonómicas máis progresistas e dea cumprimento, dunha vez ao PIDESC [6] e aos ditames de Nacións Unidas e dos Tribunais Europeos, sen atrasar a súa aplicación a desenvolvementos normativos posteriores.

Por imperativo constitucional e estatutario corresponde ás Comunidades Autónomas definir e desenvolver as políticas de vivenda, pero o establecemento das condicións básicas que garantan a igualdade dos cidadáns no exercicio do dereito constitucional á vivenda é competencia irrenunciábel do Estado, debendo ser comúns as bases deste dereito esencial, conforme ao disposto no artigo 149.1.1.a de a Constitución.

Existe unha maioría social e tamén parlamentaria que apoia estas medidas, pero temos claro que só coa mobilización de toda a poboación conseguiremos que esta Lei sexa a garantía do Dereito á Vivenda.

¡Sumar! ¡Non che quedes SEN casa!

✔ Enlace para apoiar e asinar o Manifesto. | Ir ao formulario de apoio.

✔ Texto completo do manifesto en pdf, 9 páxinas en Galego. | Acceder/Baixar.
 
✔ As notas no texto completo.

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE AS RESTRINCIÓNS, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______

xoves, febreiro 04, 2021

Carlota no Corazón


"Foi-se unha grande da loita, artífice do sorriso de centos de familias, cómplice e fundadora de @PAHVIGO TUI, loitadora incansábel polos DDHH até o último día, pero sobre todo foi-se unha persoa marabillosa, valente, leal e xenerosa"

"Carlota sempre compañeira, amiga e loitadora.... Non che esquecemos!"


Este mércores 3 de febreiro de 2021, deixaba-nos a nosa compañeira Carlota

Carlota Pérez, formaba parte da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) Vigo-Tui, só tiña 52 anos unha cruel enfermidade acabou coa súa vida en poucos días.

Desde 2011 Carlota estivo presente no movemento antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna. O seu compromiso, a profunda solidariedade e a súa xenerosidade, estivo sempre na intensa actividade polos dereitos civís e humanos. Un traballo incansábel e un compromiso coas "Condenadas da Terra", na loita polo dereito a unha vivenda e vida dignas. Combateu os abusos bancarios e buscou solucións residenciais a quen o necesitaba. Denunciaba a falta de investimentos en vivenda pública social, reivindicaba un parque de vivenda pública e promoveu a nosa alternativa de Lei de Vivenda da Galiza.  A loita de Carlota está na mente de moitas e moitos de nós e a de todas as persoas que nos momentos máis difíciles sentiron o seu apoio e compromiso.

As compañeiras e compañeiros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - Stop Desafiuzamentos só temos palabras de agradecemento e lembranza, para tanta xenerosidade e amor. Carlota sempre na nosa memoria.

Ferrol, a 3 de febreiro, de 2021







---





_______