Amosando publicacións coa etiqueta Desenvolvimento Humano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Desenvolvimento Humano. Amosar todas as publicacións

martes, xaneiro 11, 2011

Informe sobre Desenvolvimento Humano 2010 - A verdadeira riqueza das nacións: Camiños ao desenvolvemento humano

Informe sobre Desenvolvemento Humano 2010
-Edición do Vixésimo Aniversario-

A verdadeira riqueza das nacións: Camiños ao desenvolvemento humano


O primeiro Informe sobre Desenvolvimento Humano, publicado en 1990, comezou cunha premisa simple que orientou todo o seu quefacer posterior: "A verdadeira riqueza dunha nación está na súa xente". Ao corroborar esta afirmación cun cúmulo de datos empíricos e unha nova forma de concibir e medir o desenvolvimento, o Informe tivo un profundo impacto nas políticas de desenvolvimento en todo o mundo.

Esta edición especial conmemorativa do vixésimo aniversario contén algúns comentarios introductorios de Amartya Sen, economista gañador do Premio Nobel, quen traballou co fundador da serie, Mahbub ul Haq, na concepción do primeiro Informe sobre Desenvolvimento Humano e inspirou e participou en varias das súas edicións posteriores.

O Informe 2010 mantén a tradición de ir máis aló do paradigma do desenvolvimento. Por primeira vez desde 1990, fai un reconto exhaustivo das últimas décadas e recoñece tendencias e patróns moitas veces inesperados que achegan leccións importantes para o futuro. Esta diversidade de camiños cara ao desenvolvimento humano demostra que non existe unha fórmula única para o progreso sostíbel, e que é posíbel e lográronse avances extraordinarios a longo prazo aínda sen un alto nivel de crecimento económico.

Mirando máis aló de 2010, este Informe analiza aspectos cruciais do desenvolvimento humano, desde as liberdades políticas e o empoderamiento até a sustentabilidade e a seguridade humana -e esboza un programa máis amplo de investigacións e políticas para responder a estes desafíos.

Segundo escribe Amartya Sen: "Vinte anos logo da publicación do primeiro Informe sobre Desenvolvimento Humano, os logros conseguidos ameritan grandes celebracións. Mais tamén debemos manternos alertas para atopar formas de mellorar a avaliación das adversidades de outrora e de recoñecer, e responder, ás novas ameazas que pon en risco o benestar e a liberdade humana".

A vixésima edición do Informe é unha resposta a ese imperativo do desenvolvimento humano.

Video de lanzamiento do Informe 2010.



O Informe 2010 está dispoñíbel para a súa descarga gratuíta.

ي | 中文 | Català | Dansk | Deutsch | English | Español | Euskera | Français | Italiano | Norsk | Português | Русский | Suomi | Svenska

Fonte: hdr.undp.org
_____________________