Amosando publicacións coa etiqueta Edificio do Rena. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Edificio do Rena. Amosar todas as publicacións

mércores, marzo 14, 2007

Demandan o remate do plan especial e que éste defina pormenorizdamente os usos do Rena

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de marzo de 2007 13:27
Asunto: Demandan o remate do plan especial e que éste defina pormenorizdamente os usos do Rena


ESQUERDA UNIDA-IU DEMANDA QUE SE REMATE CON URXENCIA O PLAN ESPECIAL E QUE ÉSTE DEFINA PORMENORIZADAMENTE OS USOS DO RENACIMENTO. FELICITÁMONOS DA DECISIÓN ADOPTADA POR PATRIMONIO DE PARALIZAR O PROXECTO DE VIVENDAS NESE INMOBLE

A actuacion urbanistica proxectada no Teatro Rena, que agardou informe da Consellería de Cultura ata o día de onte, pon unha vez máis en evidencia as nefastas consecuencias que ten a falla dun Plan Especial para o barrio da Madalena.

ESQUERDAUNIDA-IU quere denunciar a pasividade da equipa de goberno municipal que non foi quen de quitar adiante un planeamento para o barrio de A Magdalena nos catro anos de lexislatura. Para a nosa cidade é de vital importancia ordenar e protexer un espazo urbano da centralidade histórica de A Magdalena, e que non se teña feito nestes catro anos por parte do goberno municipal é unha das cuestións que nos levan a apuntar a actuación neglixente do goberno de dereitas municipal.

Pero ademáis de resultar impresentable, esta falla e planeamento especial no barrio da Madalena ten graves consecuencias para o futuro da cidade.

Cales son esas consecuencias?

Primeiro, a falla dun Plan Especial da Madalena, demostra ben pouca capacidade de xestión do conxunto do Patrimonio Cidade da Ilustración ao Patrimonio da Humanidade, declaración que, con esta xente que nos goberna, está pendente dun fío. Se tanto lle preocupa ao grupo de Goberno PP-IF crear unha fundación para mellorar xestión do conxunto de bens incluídos na candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco, ¿qué fai este Concello que non aproba aqueles instrumentos de xestión básicos para regular as actividades neste barrio histórico?

Segundo, a Area de Rehabilitación Integral tamén está pendente dun fío: de non aprobarse definitivamente o Plan Especial da Madalena antes do vrao, este barrio emblemático deixaría de percibir axudas a rehabilitación da Xunta e o Estado, xa que o Plan de Vivenda 2005-2008 pon como condición que os cascos históricos declaradaos (tal é o caso do Barrio da Madalena dende 1984) teñen que contar con planeamento especial aprobado definitivamente nun prazo de dous anos despois da aprobación de dito plan de vivenda.

En terceiro lugar, a non existencia dun Plan Especial, perxudica á actividade de rehabilitación. Mentres este plan non se aprobe definitivamente a tutela de protección do barrio non corresponde ao Concello senon á Consellería de Cultura. Esto intruduce un factor de retraso duns tres meses na tramitación das licencias de obra, nas obras de urbanización... Esto ten consecuencias nefastas para os veciños, as constructoras e os promotores inmobiliarios.

Por qué o Concello non aprobou xa o Plan Especial da Madalena?

O Plan Especial da Madalena estaba informado favorablemente pola Consellería de Cultura en Marzo de 2003. Tan só faltaba a súa aprobación plenaria e a publicación no DOG.

Sen embargo este Goberno Municipal, nunha actitude completamente irresponsable, anulou a tramitación anterior do Plan Especial, intentando aplicar criterios en contra de calquera recomendación sobre a conservación do patrimonio (destrucción do parcelario, aumento de volume en cubertas, alta porcentaxe de oficinas-en detrimento do uso vivendas...), topándose ca oposición frontal da Consellería de Cultura, que informou desfavorablemente o Plan Espacial, e topándose tamén cun número moi superior de alegacións...aínda non resoltas (na primeira exposición pública, en decembro do 2002, presentáronse 18 alegacións e na segunda máis dun cento.)

A día de hoxe, despois de seis ou sete anuncios do actual Concelleiro de Urbanismo de o Plan Especial está listo, agardamos que, antes das eleccións municipais este goberno municipal aprobará o plan. Atrás quedarán catro anos de desgoberno, do que o caso do Teatro Renacemento é un exemplo máis.

Qué sensibilidade cabía esperar dunha Concellería de Urbanismo que, as primeiras declaracións que fai o seu responsable, cando arden as casas en frente do Concello, fai o comentario de que “eran de madeira” en vez de lamentarse de que unha delas era da autoría de Rodolfo Ucha Piñeiro ?

Ao final, despois de catro anos, a este goberno municipal non lles queda máis que abandonar a idea de que o centro de Ferrol é únicamente un campo de batalla de promotores inmobiliarios (únicos intereses que se defendían ca unificación de parcelas, co aumento do número de oficinas, co aumento de volume ou as vivendas no baixocuberta ou en bufardas...) e “entrar polo rego”, do que son os criterios establecidos mundialmente sobre a conservación do patrimonio construido, se queren aprobar o Plan Especial da Madalena.

ESQUERDAUNIDA-IU entende que non cabe demorar máis a aprobación do Plan Especial da Madalena que axuste a ordenación de pormenor para o inmoble do Teatro Renacemento, preservando a memoria deste singular espazo, que forma parte do acervo histórico da cidade. Para nós sería necesario apostar pola rehabilitación do inmoble tendo en conta a oportunidade de acoller usos excepcionais nun inmoble de excepcional capacidade nun barrio tan denso como a Madalena.

Pensamos que un modo de axilizar a instalación dun uso distinto da vivenda sería limitar os usos dende o Plan Especial aínda en redacción, permitindo tan só usos culturais, comerciais, lúdicos, xa públicos, xa privados....

A calidade de vida da cidadanía ten na ordenación e preservación do barrio de A Magdalena como centro de referencia un fito pendente que nós queremos que se aborde de xeito urxente. Isto permitiría acometer a dignificación deste tramo do barrio e devolver á vida social un ámbito que foi perdéndose para ela.