Amosando publicacións coa etiqueta Ensino. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ensino. Amosar todas as publicacións

mércores, outubro 13, 2021

Volta a Romaria Pequeninha, este domingo 17 de outubro, na zona da Escolinha do Roxal, em Neda


Volta a Romaria Pequeninha!

Após ter que adiar-se, pola situaçom sanitária provocada pola Covid19, o passado ano, chega umha nova ediçom da Romaria Pequeninha. Esta sétima ediçom decorrerá este domingo 17 de outubro por primeira vez na zona da Escolinha do Roxal, em Neda.

Quem quiger acercar-se a disfrutar desta jornada lúdica poderá fazê-lo desde as 12h para começar a sessom-vermute. A música ponhera-a a partir das 13h, Pablo Carracedo, conhecido musicalmente por Jasper, que trazerá um setlist carregado de temas míticos de música combativa.  

Às 14h e para abrir o apetito que melhor que botar uns bailes na foliada. Desde a organizaçom animamos-vos a trazer o vosso instrumento e vir com ganhas de dançar.

A partir das 15hs decorrerá um jantar popular cuja ementa estará composta por arroz, pam, sobre-mesa, água, vinho e gaseosa. Haverá opçom vegana. O jantar tem um preço de 10€, 8 euros para as sócias da Semente. Podes anotar-te ligando por telefone ou whatsapp no 695 601 398. Também há opçom de levar o jantar, para isso só tés que trazer o teu tupper.

Para baixar a comida reanudaremos a foliada e para finalizar a jornada Antón Cortizas preparará a partir das 17h umha seleçom de jogos populares para participar coletivamente e em familia.

As atividades som todas de graça e contaremos balcom com preços populares. No caso de chuva a atividade levará-se para o interior do pavilhom do Roxal.

Contacto:

sementetrasancos@gmail.com

http://sementetrasancos.gal/

@Semente.trasancos

@SementeTR

Canle Youtube Semente Trasancos

Enviado por:
Semente Trasancos
-sementetrasancos@gmail.com-
13 de outubro de 2021 02:24

_______

mércores, febreiro 03, 2021

Denuncia o desleixo e inacción ante a inundación do patio cuberto CEIP Cruceiro de Canido, para que as autoridades responsábeis resolvan esta situación de deterioro da calidade do benestar educativo e das instalacións públicas do centro de ensino de Ferrol - Fotos e vídeo



Aliana Corral Fernández, nai dun alumno de infantil do CEIP CRUCEIRO DE CANIDO, denuncia coa difusión de imaxes e una nota pública "a situación de abandono e desamparo" que as nenas e nenos do colexio están vivindo. Di que "o patio cuberto se atopa totalmente inundado día tras día sen que ninguén faga nada para poñerlle remedio". Manifesta que "sempre é necesario que os peques poidan saír a gozar do seu tempo de recreo ao patio cuberto, xa que en Galicia a maior parte do tempo as condicións meteorolóxicas non acompañan para que poidan gozalo nas zonas que non están cubertas". Continua coa denuncia pública manifestando que "a maiores, coa situación de emerxencia sanitaria que vivimos, resulta de vital importancia que poidan facer uso do patio cuberto pois hai menos risco de contaxio que na aula e, deste xeito, as docentes aproveitan estes momentos para ventilar moito máis e mellor as instalacións pechadas nas que os menores pasan a maior parte da xornada escolar". Remata deste xeito a denuncia da nai agraviada polo desleixo e inacción das administracións, ante a inundación do patio cuberto CEIP Cruceiro de Canido, para que as autoridades responsábeis resolvan esta situación de deterioro da calidade do benestar educativo e das instalacións públicas do centro de ensino de Ferrol.


https://youtu.be/9L4GkOwnCq0


Enviado por:
Aliana Corral
-alianacorralfdez@gmail.com-
3 de fevereiro de 2021 11:26

_______

xoves, decembro 17, 2020

Unha iniciativa de Change. org trata de modificar o currículo das materias de Arte en Bacharelato para incluír artistas femininas - A historiadora da arte e divulgadora cultural Miriam Varela, consegue nunha semana máis de 5000 firmas para corrixir a desigualdade de xénero no temario de arte - Moi interesante entrevista na Radio Galega



Unha iniciativa de Change. org trata de modificar o currículo das materias de Arte en Bacharelato para incluír artistas femininas.


A historiadora da arte e divulgadora cultural Miriam Varela, consegue nunha semana máis de 5000 firmas para corrixir a desigualdade de xénero no temario de arte.

Tras comprobar que non existe ningunha muller artista no currículo oficial das materias de Arte de Bacharelato que propuxo o Ministerio de Educación no ano 2014, e que estivo vixente ata a actualidade, Miriam Varela impulsou unha campaña en change.org. Segundo relata a opositora, historiadora e divulgadora cultural “Oficialmente as mulleres estamos apartadas do discurso artístico. Cun currículo xa de por se apertado, as profesoras e profesores interesados en ensinar estoutra metade da Historia da Arte teñen que facer verdadeiros malabarismos temporais para poder sacar á luz estas autoras que están excluídas dos contidos oficiais de obrigatorio coñecemento para superar a materia”.

La artísta olvidada”, así se fai chamar Miriam Varela en Instagram, recupera nomes de mulleres que quedaron enterradas nos libros de arte facendo divulgación sobre o seu traballo e tratando de desempoar os seus nomes. Segundo ela mesma relata “Hoxe en día sabemos que as mulleres pintaban nas cavernas. Coñecemos pintoras da Antiga Grecia. Sabemos que as mulleres traballaban na construción das catedrais. Existiron grandes 'xenios' do Renacemento como Sofonisba Anguissola ou Lavinia Fontana que do mesmo xeito que Leonardo dá Vinci ou Miguel Ángel influíron nos artistas posteriores”.

A iniciativa está a ter unha gran acollida nas redes sociais, sendo compartida por multitude de usuarios que se fan eco desta reivindicación.

14 de decembro de 2020

Axudar asinando: Ir á Causa no Portal de Change.

Entrevista na Radio Galega

Enlace coa entrevista no programa "A Tarde" da Radio Galega. |  Miriam Varela: "As mulleres están borradas da Historia da Arte" | 15/12/2020 - 16:33 h| Ir á Web.

Enviado por:
Miriam Varela Ces
-miriam.varela@gmail.com-
14 de dezembro de 2020 11:16

_______

mércores, agosto 26, 2020

A plataforma Dereito ao Ensino sen Risco en Pandemia entrega 2.000 sinaturas esixindo que se permita aos pais decidir se envían ou non aos seus fillos á escola mentres non se garanta á seguridade fronte á Covid-19

A plataforma Dereito ao Ensino sen Risco en Pandemia entrega 2.000 sinaturas esixindo que se permita aos pais decidir se envían ou non aos seus fillos á escola mentres non se garanta á seguridade fronte á covid-19

Os asinantes do manifesto de DERPA reclaman á Xunta protocolos para o incidio do curso que protexan a saúde de alumnos, profesores, familias e traballadoras, e que garantan o dereito ao ensino dos nenos e nenas

As voceiras da plataforma Dereito a Ensino sen Risco de Pandemia (DERPA), formada por 750 familias de todo o país, entregarán este mércores no Rexistro Oficial da Xunta de Galicia arredor de 2.000 sinaturas recollidas presencialmente en toda Galicia esixindo ao Goberno galego que poña en marcha os protocolos sanitarios e educativos axeitados para un comezo seguro do curso escolar en Primaria e Infantil.

As asinantes esixen garantías efectivas tanto para a saúde de todos os membros da comunidade escolar (alumnado, familias, profesorado e traballadores), como o dereito ao ensino das nenas e nenos que poden verse afectadas pola segunda oleada da epidemia de covid-19 en Galicia, e polas medidas necesarias para combatila.

As esixencias de DERPA súmanse así ás das miles doutras familias de todo o país que, a través das redes sociais e de diferentes plataformas, veñen denunciando que oProtocolo da Xunta de Galicia para o retorno ás aulas incumpre o disposto no RealDecreto-lei 21/2020, de 9 de xuño de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19.

As asinantes da reclamación de DERPA esixen:

Que se contemple, mentres dure a epidemia, a voluntariedade da asistencia presencial ás aulas nas etapas de primaria e secundaria nos centros educativos de Galicia, sen menoscabo do dereito á educación das familias que decidan non asistir presencialmente, arbitrando os medios electrónicos que sexan necesarios.

Que se habiliten solucións electrónicas para a educación a distancia dos nenos e nenas de Infantil, mentres dure a pandemia, sen que a súa non asistencia as clases presenciais supoña a perda de praza nos centros educativos nos que a teñan asignada.

Que se consensúen os protocolos da Xunta, para que as familias que necesiten e decidan levar aos seus fillos e fillas presencialmente ás aulas, teñan garantida a máxima seguridade fronte á covid-19, sen menoscabo de dereitos.

Que se vele especialmente para non deixar a ningunha nena e neno atrás, atendendo singularmente ás necesidades educativas especiais, e aos alumnos e alumnas en risco de exclusión ou abandono escolar, para evitar que se vexan afectadas negativamente polas medidas adoptadas como consecuencia da adaptación das necesidades educativas á situación de epidemia.

Compostela, 25 de agosto de 2020.-

DERPA Galicia

Dereito a Ensino sen Risco en Pandemia

Enviado por:
Asistencia Voluntaria
-vueltaseguragalicia@gmail.com-
25 de agosto de 2020 18:21

_______

xoves, maio 16, 2019

A tradición naval e o baile tradicional, irmanados nun mar de muiñeiras - Vídeo


Un mar de muiñeiras é unha acción educativa coa pretensión de vindicar a danza galega na escola, e ao tempo homenaxear as letras galegas no 2019, adicadas ao mestre da etnografía galega Antón Fraguas. Cremos nun futuro cheo de barcos e muiñeiras. Sentímonos carpinteiros de ribeira elaborando a escola do porvir a ritmo de seis por oito.


https://youtu.be/-kW_DJz_8cI

Profesorado, alumas e alumnos de 20 colexios da Comarca de Ferrolterra, o CFR Ferrol  e Navantia, un conxunto pola lingua e o baile tradicional galego.

CFR Ferrol | Publicado o 16 de maio de 2019.

Fonte: Canle do CFR Ferrol.
_________

sábado, abril 06, 2019

Xornadas de Formación da Federación e Confederación de ANPAS de Galiza no Ateneo Ferrolán, este sábado 6 de abril


Xornadas Formación ANPAS. Sábado 6 de abril ás 10 h.

A Federación e a Confederación de ANPAS GALEGAS organizan unhas xornadas de formación a nivel galego

Sábado día 6 de abril ás 10 h. no #Ateneo

Programa:

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
5 de abril de 2019 12:26

_________

xoves, xaneiro 17, 2019

Depois de termos criado, há 3 anos, o espaço de Educaçom Infantil agora trabalhamos para impulsionar Primário na Comarca de Trasancos - Objetivo é comprar um espaço já adaptado para começar o Primário, situado no concelho de Neda (zona de antigos moinhos do Rio Belelhe) com umha ampla zona exterior acarom do rio - A Semente é um projeto de todas e todos para todas, das pessoas que queremos garantir umha educaçom em galego para as crianças - Campanha crowdfunding em Goteo.org


Depois de termos criado, há 3 anos, o espaço de Educaçom Infantil agora trabalhamos para impulsionar Primário na Comarca de Trasancos


Desde a Semente Trasancos levamos perto de 80 dias de campanha de micromecenato para pôr em andamento a escola de primário na nossa comarca, seguindo o caminho encetado por Compostela. Nestes setentaedous dias levamos angariado 47.794 euros dos 60.000 euros que nos marcamos como objetivo ótimo ao início da campanha.

Ás pessoas comprometidas com a nossa língua pedimos um pequeno esforço nestes últimos dias para que a escola de inmersom lingüística na idade de primário seja umha realidade.

Info geral

Somos a iniciativa comunitária que está a criar centros de imersom lingüística na Galiza, para garantir que as nossas crianças podam crescer na nossa língua, em liberdade e com atençom aos próprios processos de aprendizagem. Em Trasancos levamos funcionando três anos e na atualidade temos 20 crianças que assistem ao espaço diário.

Depois de termos criado, nos últimos anos, 5 escolas de Educaçom Infantil na Galiza (Lugo, Compostela- 2- Trasancos e Vigo), e 1 de Primário em Compostela, agora trabalhamos para impulsionar Primário na Comarca de Trasancos.

Neste este novo reto, precisamos de muito apoio económico e social, para poder manter os espaços e o pessoal necessário. No caso de Trasancos, o objetivo é comprar um espaço já adaptado para começar o Primário, situado no concelho de Neda (zona de antigos moinhos do Rio Belelhe) com umha ampla zona exterior acarom do rio.

É um prédio de dous andares já pronto para começar a atividade e um terreno com umha extensom de 5.000m2, muito bem situado, na comarca de Trasancos.

O movimento social contaria com o primeiro local em propriedade.

Estamos a tramitar o financiamento a través da cooperativa COOP57, que dispom dumha secçom para financiar a adquisiçom de locais a entidades com fins sociais. Solicitaremos umha percentagem do valor do prédio eo que resta assumiremo-lo com recursos próprios e com esta campanha crowdfunding em Goteo.org

Características básicas

Semente Trasancos nasce inicialmente como projeto de imersom lingüística em galego para a etapa de infantil, mas depois de quatro anos de estar en marcha a escola de Sam Mateu, o projeto tem ánsias de continuar a crescer e agora precisamos de um novo espaço para ter continuidade em primário e dar às nossas crianças a oportunidade de continuarem a sua educaçom em galego.

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Este goteo.org surge da necessidade de conseguir esse espaço físico em que poder materializar Primário, un lugar, como o que temos para infantil, que esté en contato directo com a natureça, no que poidam desfrutar da observaçom do entorno, aperfecionar as suas destreças, com uns espaços abertos e adaptados às suas necessidades dimensionais e de movemento. Com o dinheiro arrecadado, cobriremos parte dos custos da aquisiçom do local que será o pontapé de saída para que Semente Trasancos Primário se ponha a caminhar na nossa Comarca.

A Semente é um projeto de todas e todos para todas, das pessoas que queremos garantir umha educaçom em galego para as crianças, nom só da nossa comarca se nom de todo o país, respeitosa com os seus ritmos e inquietaçons, em estreito contacto com o meio e, portanto, valorizando o nosso.

Em Trasancos já sabemos o que é luitarmos polo que queremos. Conseguimos, depois de muito esforço e dedicaçom, dum pequeno número de familias inicialmente, ter um projeto como a Semente numha comarca em que a nossa língua está tremendamente castigada e onde escuitar as crianças falar em galego era praticamente impossível. Na atualidade, há 16 familias utentes da Semente Trasancos, contamos com 20 crianças galego-falantes no nosso espaço e nom paramos de marcar objetivos.

Primário é o seguinte, porque sabemos que tanto trabalho vale a pena e apostamos fortemente no galego; a homologaçom já está em processo e é por isso que... vamos polo Primário!

Experiência previa e equipo

Contamos com umha experiência de 5 anos desde que um pequeno grupo punha a andar este projeto na nossa comarca, dando continuidade ao que outras familias, com as mesmas necessidades e compromisso com a nossa língua que nós, tinham começado em Compostela.

Nos dias de hoje, contamos com mais de 70 sócias, 20 crianças no noso espaço e 3 educadoras. Contamos com um local de Infantil em San Mateu, Narón no que o projeto de infantil fixo-se realidade e onde ponhemos em valor o nosso, língua, entorno, cultura, fazendo ateliers de sobre-mesas tradicionais, achegando palavras do nosso idioma que já davamos por esquencidas ampliando ao mesmo tempo o vocabulário das familias, festejando cada umha das celebraçons tradicionais do nosso país: magusto, samaín, entruido, chegada do Apalpador, solstício de verao... e sobre todo, inculcando-lhes às nossas crianças respeito por elas mesmas, polos demais e polo seu próprio entorno., e agora tentamos continuar a crescer, como as nossas crianças, comprando um local que cubra as necessidades de Primário. continuando a ter em conta todos estos pontos que comentamos tam importantes e que marcarám o desenrolo desta nova etapa do nosso projeto.

Compromisso social

As escolas Semente é um projeto educativo de imersom lingüística em galego. Na Semente sabemos que a imersom linguistica é a melhor ferramenta educativa para umha educaçom de qualidade, aberta à sociedade, mais justa.

Projeto e achegas:

https://gl.goteo.org/project/vamos-a-por-primario

#VamosPoloPrimário

Web de Semente Trasancos:

http://sementetrasancos.gal/

Enviado por:
Semente Trasancos
-info@sementetrasancos.gal-
17 de janeiro de 2019 02:05

___________________