Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol. Amosar todas as publicacións

venres, febreiro 03, 2023

Hoxe venres 3 de febreiro, comeza o Ciclo de Cultura Democrática 'Cóntamo Ti', coa presencia dos exalcaldes de Ferrol: Manuel Couce, Xaime Bello, Juan Juncal e Vicente Irisarri - Ás 7 da tarde no Centro Cívico de Canido


CANIDO LANZA O CICLO DE CULTURA DEMOCRÁTICA “CÓNTAMO TI”

Coa colaboración das xornalistas Rebeca Collado, Marta Corral, María Luaces,
Araceli Pita e Alicia Seone.

En abril de 2019 a Asociación Veciñal de Canido organizaba un encontro con 8 candidatos á Alcaldía, baixo a metodoloxía “Pecha Kucha”, no que cada opción política expuxo o seu proxecto en 20 imaxes x 20 segundos, tendo tan só un total de 6 minutos 40 segundos para a exposición. Esta sesión tivo moito éxito en canto á participación numerosa dun público moi plural. Se ben, este método resultou moi ríxido para os candidatos, que apenas tiveron tempo para defender o seu programa.
Hoxe, as entidades residentes no Centro Cívico de Canido (AV Canido, ASC Muíño do Vento e Rádio Filispim) presentan un novo ciclo de 6 xornadas, no que pretenden dar a coñecer os candidatos ás Eleccións Locais, baixo un formato moito máis próximo e amable, con conversas que durarán 1 ½ hora.

O obxectivo deste ciclo é profundar sobre temáticas de interese para o barrio e a cidade, coñecer aos candidatos a Alcaldía e os seus programas concretos de actuación.

Inténtase achegar á veciñanza información valiosa sobre diversos aspectos das políticas públicas locais que tan presentes están no día a día, corrixindo certa desafección pola vida comunitaria. Neste sentido, chama a atención que Ferrol é unha localidade cunha alta porcentaxe de voto en branco, con gran fragmentación e polarización social, con cambios de goberno constantes, gobernos en minoría e unha falta de visión estratéxica, de futuro. Esta carencia de políticas públicas a longo prazo é aínda máis ameazante nun territorio que posúe uns indicadores socioeconómicos ligados a altas taxas de desemprego, pobreza e avellentamento da poboación. Ferrol precisa de altas doses de deliberación a de acordos en asuntos clave que excedan os períodos temporais dos 4 anos de mandato.

É así como nace o ciclo CÓNTAMO TI #ISTONONÉUNMITN, que dará inicio o próximo venres 3 de febreiro ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Canido cunha sesión inaugural. Nesta sesión participarán 4 ex-alcaldes (que xa non son elixibles na próxima convocatoria electoral). Algúns xa están retirados da política e van ofrecer a súa visión da cidade co paso de tempo e dende a súa experiencia de xestión.

Neste primeiro encontro contaremos con Manuel Couce (alcalde en 1989 -1991, 1991-1995), Xaime Bello (1999-2003), Juan Juncal (2003-2007) e Vicente Irisarri (2007-2011).

Nas seguintes sesións terán lugar varios diálogos cos candidatos á Alcaldía que xa foron presentados formalmente. Estes encontros terán lugar:

1.- Venres 10 de febreiro ás 19:00 horas, Jorge Suárez (Ferrol en Común)
2.- Venres 17 de febreiro ás 19:00 horas, Iván Rivas (BNG)
3.- Venres 24 de febreiro ás 19:00 horas, José Manuel Rey (PP)
4.- Venres 3 de marzo ás 19:00 horas, Ángel Mato (PSdG-PSOE)

O esquema de preguntas para os encontros cos Alcaldables seguirá o mesmo patrón: E ti, de quen vés sendo? Biografía da persoa candidata.

Dime con quen andas… Equipo de candidatura, sinerxías e colaboracións.

Éche o que hai! Resumo das propostas realizadas durante este mandato, vinculadas a Canido.

Que hai do meu? Principais liñas estratéxicas para Ferrol e en especial, plan de acción para Canido 2023/2027

En todas as sesións haberá un espazo para as preguntas do público, grazas a un sistema de tarxetas que serán clasificadas pola organización durante o evento, para trasladarllas aos poñentes. Aquelas preguntas que queden sen reposta, por mor do tempo, serán publicadas na web do evento: https://contamoti.avcanido.org/ na que se pode atopar toda a información do ciclo e na que se irá subindo información actualizada. Os eventos serán emitidos e gravados por Rádio Filispim. Unha vez rematadas as sesións individuais, celebrarase un encontro conxunto cos candidatos, cuxa data está aínda por concretar, previsiblemente a finais de marzo. Dende as entidades organizadores comunícase que se abre unha canle de recollida de desexos cidadáns, podendo enviar arquivos de audio con frases curtas nas que se manifesten necesidades concretas e proxectos a realizar (máximo 30 segundos). Os arquivos deberán ser enviados por e-mail avcanido@gmail.com Durante o último evento, conxunto entre os candidatos a Alcaldía, proxectaranse as voces da veciñanza. O ciclo pretende, ademais, ter continuidade máis alá das Eleccións Locais de Maio, con máis encontros de seguimento tanto do labor do goberno local como da oposición, tratando temas específicos que afecten ao barrio de Canido e ao municipio.

https://contamoti.avcanido.org/


_______

xoves, febreiro 03, 2022

A RFEA certificaba a morte da competición do atletismo en pista nesta comarca, nin Ferrol nin Narón contan coa homologación pertinente das súas instalacións para competir


Onte a RFEA (Real Federación Española de Atletismo) certificaba a morte da competición do atletismo en pista nesta comarca, nin Ferrol nin Narón contan coa homologación pertinente das súas instalacións para competir, o abandono das mesmas sería unha anécdota se o Ría de Ferrol non estivera na máxima categoría do atletismo feminino ou que o Club atletismo Narón estivera na máxima categoría Master masculina e contase con máis de 300 deportistas. A nefasta xestión non queda aquí vese en Noia, na universidade de Vigo, ou en Ourense, mal de moitos desastre de todos.

Os estadios de atletismo son instalación grandes precisan espazo pero son baratas de manter, o problema é que de tan barato non se gasta nin un euro para que manteñan a homologación cando non,  gástanse os cartos precisamente para que a perdan como en Narón.  Aló polo principio deste século fíxose un Campeonato Galego Absoluto, logo un Master, e a última competición no 18/19. Isto xunto co abandono de Ferrol forza que todos as fins de semana desde Ferrolterra haxa que viaxar a Lugo, Pontevedra ou a Pobra para un control de 60, un lanzamento un 1000 ou calquera outra proba na que poidan admitir aos atletas. Un sen sentido e unha desconsideración para este deporte que necesita espazo para adestrar e competir en condicións.

Fonte: Manuel Polo Gundín en Facebook.

Documentación:

luns, 31 de xaneiro de 2022

CIRCULAR 31/2022

Actualización de instalacións atléticas homologadas antes de 2010 - Modificada 1 febreiro. | Comité Nacional de Xuíces | Acceder/Baixar.
_____

venres, decembro 03, 2021

Segue a andaina da comisión 'Dez De Marzo Cincuenta Aniversario' polas alcaldías das comarcas do noroeste, para implicar ás institucións locais na celebración do 50 aniversario da loita obreira de marzo do 72 - O encontro foi desta vez no Concello de Ferrol


Encontro co Alcalde de Ferrol


O pasado luns, Rafael Pillado Lista e Manuel Rodríguez Carballeira, directivos da A.C. Fuco Buxán e Manuel Fernández Pita, Presidente da A.C. Memoria Histórica Democrática, visitaron a Angel Mato Escalona, Alcalde de Ferrol, facéndolle entrega do Manifesto Dez de Marzo, “Memoria e Dignidade” e explicándolle toda una serie de iniciativas que están preparando, co apoio de diversas Institucións, Entidades, Asociacións e numerosas persoas, para conmemorar con toda a relevancia que merece este 50º Aniversario do Día da Clase Obreira Galega.

Non so para lembrar aqueles feitos, senón para que o espírito de solidariedade e de sacrificio da clase traballadora siga sendo, no presente, un instrumento para  conseguir un mundo de plena democracia, de liberdades e de progreso para toda a cidadanía.

O Alcalde veu moi positivo o noso plan de que os actos se celebren ao longo de todo o 2022 e que abarquen todos os eidos da vida social e cultural.

Formulamos a necesidade ineludible de trasladar o Monumento ao Dez de Marzo, desde o emprazamento marxinal que ocupa, a un lugar máis destacado da Praza contigua, para poñelo en valor, darlle o protagonismo que tal monumento a Clase Obreira Galega debe ter e sitúalo no espazo histórico onde tiveron lugar aqueles tráxicos sucesos.

Considerou interesante a proposta de situar elementos de difusión do 50 Aniversario en lugares adecuados, de forma permanente e anuncios dos actos puntuais e que a información do que se celebra sea de ampla difusión.

Deu facilidades para a disposición de locais onde se celebrarán as distintas actividades que proxectamos: teatro, conferencias, exposicións, mesas redondas, etcétera.

Informámoslle da preparación en marcha dunha Unidade Didáctica sobre o Dez de Marzo, para entregar aos Centros de Ensino das Comarcas Ferrolterra-Eume-Ortegal.

Tamén previa proposta detallada o Concello asumirá, como organizador, coa nosa colaboración, a estrea absoluta da peza sinfónica “FERROL 1972” que o compositor e profesor Juan Durán, nun xesto digno de agradecemento, regala á Clase Obreira Galega, a esta Cidade e a sociedade enteira

Agradecemos ao Alcalde de Ferrol este primeiro encontro e a súa boa disposición para tratar estes temas tan transcendentes.

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario
Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
3 de dezembro de 2021 09:42

_______

venres, xullo 16, 2021

O Pleno de de Ferrol acorda a aprobación inicial do Orzamento Municipal para o exercicio 2021 que supera os 86,8 millóns de euros - O documento orzamentario foi aprobado cos votos dos grupos municipais do BNG, de Ferrol en Común e o do PSdeG-PSOE e os votos en contra do Partido Popular


En sesión extraordinaria semipresencial celebrou-se o Pleno, no Pazo Municipal onte día 15 de xullo, comezando pouco despois de pasadas as 6 da tarde, para debater e votar a "Proposta de aprobación inicial do Orzamento Municipal para o exercizo 2021". O primeiro orzamento, despois de dous anos do goberno en minoría, do mandato do Alcalde Ángel Mato. Uns orzamentos que o grupo do goberno, integrado só por membros do grupo do PSdeG-PSOE, pactou a dúas bandas, nun primeiro lugar co grupo do BNG e logo co grupo de Ferrol en Común que consensuaron os orzamentos nunha actitude xenerosa por todas as partes, dado a importancia de que o Concello conte cuns orzamentos municipais, ante a importante crise social e económica que estamos a vivir, achegando varias propostas e cedendo o grupo de goberno noutras, como as relacionadas co Convenio de Defensa, no que non hai acordo. O orzamento municipal para 2021, aínda que chega seis meses tarde, é un orzamento histórico que despois dos acordos superan os 86,8 millóns de euros.

O Pleno transcorreu aproximadamente durante tres horas onde, nun principio debateron-se as emendas do grupo do Partido Popular que foron rexeitadas.

O documento de orzamento 2021 que se levou a Pleno foi o que pasou, este luns 12 de xullo, pola Comisión de Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos que como é preceptivo ditaminou o documento na citada sesión extraordinaria.

Na páxina web oficial do Concello relataba-se deste xeito os acordos da citada Comisión:
... Os representantes de FeC e BNG pronunciáronse a favor. Presidiu a reunión a concelleira Eva Martínez Montero. Trasladoulles aos grupos políticos as principais cifras dunhas contas que van chegar aos 86.869.243,11 euros, o que supón un incremento do 25,58 % respecto das do 2018. En números absolutos, un aumento de 17.696.981,29 euros sobre os 69.172.261,29 que acadaban os últimos presupostos aprobados polo pleno.

Martínez Montero destacou que a suba prevista nos ingresos derívase principalmente de endebedamento por algo máis de 14,6 millóns de euros destinados a investimentos reais, co que a débeda líquida do Concello se situaría en 26,24 millóns, dentro dos niveis legais permitidos. A edil destacou tamén o aumento do financiamento alleo, procedente da Edusi, a Agader, a Deputación ou o 1,5 % cultural do Ministerio de Transportes.

O Orzamento para este 2021 é “o máis elevado que presenta a cidade de Ferrol”, en palabras do alcalde, Ángel Mato, no día que se deu a coñecer o primeiro borrador. O rexedor afirmou naquel momento que as contas reflicten “o proxecto de cidade deste goberno”, nun documento “moi ambicioso, centrado nunha política anticíclica” e baseado no capítulo de investimentos “garantindo que o gasto ordinario se contén na medida do posible”, aínda que “contemplando sempre os fondos necesarios para garantir os servizos que o Concello ten pendente de contratar”. Mato destacou que a situación económica na cidade como consecuencia da pandemia require “un esforzo extraordinario” á hora de dinamizar a actividade, polo que a proposta “implica que o Concello asuma o mesmo esforzo económico que tamén lle está esixindo ao resto das Administracións”. Neste senso, puntualizou que é necesario levar a cabo unha “política económica expansiva para contribuír á saída da crise”, un obxectivo que “contempla o proxecto de orzamentos”.

Segundas contas elaboradas polo goberno local

O alcalde puntualizara tamén que é a segunda vez que o goberno local elabora uns Orzamentos, xa que os primeiros presentáronse a comezos do pasado exercicio, pero as negociacións para sacalos adiante paralizáronse co acordo de todos os grupos políticos ante a irrupción da pandemia mundial da covid-19. O anexo de investimentos recolle os proxectos que “queremos abordar de aquí ao final de mandato”, varios deles, pola súa envergadura, repartidos en varias anualidades. Entre eles está o proxecto para a reurbanización da rúa Igrexa, a humanización do primeiro quilómetro da Estrada de Castela, a rehabilitación de vivenda en Recimil e a dos catro inmobles que conforman a casa de Carvalho Calero; a rúa San Francisco; o derrubamento da nave provisional do mercado da Magdalena ou a reurbanización das rúas Manuel Belando e Nova de Caranza. Recolle tamén dotación económica para executar os proxectos de acondicionamento do parque de personaxes populares e o de Fontelonga e para continuar coa rehabilitación de Recimil, un proxecto que está en marcha dende hai varios anos e que “debe ter continuidade”.

Mato destacou naquel momento que a partida de Benestar Social pasaba de 4,9 millóns de euros a 5,2 e a de Cultura e Educación de 5,3 a 5,5, mentres que tamén se destinarán “importantes partidas” a eficiencia enerxética e mellora da Administración electrónica. E explicou que o Concello quere mobilizar arredor de 1.300 euros por habitante neste exercicio, unha proposta que convertería a Ferrol na cidade co maior gasto por veciño proporcionalmente. Vai ser o orzamento “máis alto das cidades galegas, e vai ser así porque Ferrol o necesita”, dixo.

Proxectos acordados durante negociacións

A estas grandes liñas sumáronse nas derradeiras semanas as acordadas polo goberno local e as forzas políticas e que están incluídas “de xeito específico” no documento, dixo hoxe Martínez Montero. No que se refire ao pactado con FeC, inclúense puntos tales como a execución da quinta fase de pasos de peóns accesibles, a instalación dun elevador no aparcadoiro do Cantón, o desenvolvemento de plans sociocomunitarios en Recimil e San Pablo, o estudo dunha renda municipal básica, o incremento dos fondos de emerxencia social de cara ao orzamento do 2022, a incoación do expediente dun novo regulamento de participación cidadá, un proxecto construtivo para a praza de Rosalía de Castro, un local social para o barrio de Ultramar, a reurbanización de Pardo Baixo, a rehabilitación de interiores de vivendas públicas de Recimil, un proxecto de nova urbanización para a praza Vella, a reconfiguración do proxecto da casa de Carvalho Calero, a redacción do proxecto de rehabilitación da Casa do Patín, a posta en marcha dun servizo de rozas municipal cunha cuadrilla permanente, a inclusión do saneamento do río Sardiña e do inicio do saneamento do rural no orzamento do 2022, o desenvolvemento dun plan para a implantación de iluminación pública de baixo consumo no rural e o desenvolvemento dun proxecto integral para a zona deportiva marítima da Cabana nas contas do 2022, que tería como paso previo pequenas intervencións xa este ano.

O acordo co BNG recolle un incremento dos investimentos en varios barrios, como poden ser a recuperación e rehabilitación do mercado municipal de Recimil, distintas intervencións en Santa Icía e Brión, a mellora do parque infantil da praza do Inferniño, a recuperación da zona verde do parque do Montón, en Caranza, e converter a casa Carvalho Calero nun “referente” tanto para o barrio de Ferrol Vello como para a cidade e para Galicia. Tamén se incorpora unha partida para a prestación directa do servizo de rozas do rural, que realizarían durante todo o ano operarios municipais con maquinaria especializada.

_______

xoves, marzo 04, 2021

O 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, hai mobilizacións en todo o mundo, na Galiza a Plataforma Galegas-8M, convocou-nas en diferentes vilas e cidades - En Ferrol está convocada unha concentración comarcal ás 7 da tarde na praza Porta Nova, na confluencia d'As Pías coa Estrada de Castela - E n'As Pontes unha Concentración Local ás 12 do mediodía díante da Casa do Concello - Sen coidados non hai vida!


Sen coidados non hai vida!

O 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, hai mobilizacións en todo o mundo, na Galiza a Plataforma Galegas-8M, convoca en diferentes vilas e cidades. En Ferrol está convocada unha concentración comarcal ás 7 da tarde, na praza onde está a réplica da antiga Porta Nova, na confluencia entre As Pías e a Estrada de Castela. En representación de Galegas 8M Ferrol, Nicolasa Castro Monteiro, achega a convocatoria en Ferrol. E n'As Pontes está convocada unha Concentración Local, ás 12 do mediodía, na praza diante da Casa do Concello.

Lugar da Concentración en Ferrol, nas inmediacións e na praza na cabeceira d'As Pías,
na confluencia coa Estrada de Castela, entre Recimil, Ultramar e o Inferniño

CONVOCATORIA COMARCAL 8 DE MARZO EN FERROL

A plataforma Galegas-8M da comarca de Ferrol, convoca unha concentración comarcal en Ferrol o 8 de marzo as 19 horas, na Porta Nova, lugar de acceso á cidade. O lugar escollido é o suficientemente amplo como para que, aínda sendo moitas as que acudamos a convocatoria, se poida gardar a distancia de seguridade. Contaremos cun grupo de compañeiras que se encargaran de ordenar en filas, lembrar a obrigatoriedade de manter posta a mascara, distancias, etc.


CONVOCATORIA LOCAL 8 DE MARZO N'AS PONTES

A plataforma Galegas-8M, convoca unha concentración o 8 de marzo, ás 12 do mediodía, na praza diante da Casa do Concello d'As Pontes, onde se desenvolverá o acto con todas as medidas de seguridade, manter posta a mascara e gardar as distancias.


SEN COIDADOS NON HAI VIDA !


Consideramos que a pandemia non pode impedir a manifestación das reivindicacións do feminismo, este ano especialmente, pois precisamente somos as mulleres as grandes perxudicadas por esta crise, ao seren os traballos esenciais os mais feminizados e ao encargarnos case en exclusiva dos coidados das persoas dependentes, crianzas e maiores. Esta situación que denunciamos, resúmese no lema da campaña de Galegas 8M para este ano, SEN COIDADOS NON HAI VIDA ! MULLERES EN FOLGA: ESENCIAIS, PRECARIZADAS E FARTAS.

Animamos ás mulleres a facer folga laboral, estudantil, de consumo e de coidados, e a ocupar o espazo público, como mostra de que queremos igualdade real e que os coidados estean nos centros das políticas públicas.

Info básica para as manifestacións locais deste 8m do 2021.

Manifesto de Galegas8m para o Día das Mulleres 2021.

http://galegas8m.gal/

8m2018gal@gmail.com


Información baseada na enviad pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
3 de março de 2021 16:02

_______












mércores, marzo 25, 2020

Medidas especiais do Concello de Ferrol en tempos de crise sanitaria, social e económica, por mor da pandemia provocada polo novo coronavirus (Covid-19)


Bandos, decretos da alcaldía, acordos das diferentes concellarías e novas relacionadas.| Desde o 12 de marzo. | Ira-se actualizando na medida que se vaian publicando. | Organizadas da máis recente a máis antiga.| Actualizada o 8 de abril de 20120.

⏩ Decreto do Alcalde do Concello de Ferrol 08.04.2020. | Acceder/Baixar.

⏩ Bando 23 marzo 2020. Sobre a xestión dos residuos en tempo de crise. | 24.03.2020 | Taboleiro de anuncios - Bandos | Bando: Acceder/Baixar.

⏩ Decreto da alcaldía de actuación para o persoal empregado público do Concello de Ferrol con motivo do Coronavirus (COVID-19). | 17.03.2020 | Taboleiro de anuncios - Anuncios. | Decreto: Acceder/Baixar.

⏩ Bando COVID-19. Sobre medidas xerais como peche de instalacións municipais, suspensión de actividades e recomendacións. | 13.03.2020 | Taboleiro de anuncios - Bandos. | Bando: Acceder/Baixar.


O Concello propón cada día unha actividade cultural e unha sesión de deporte para desenvolver no fogar
➤ O Concello propón cada día unha actividade cultural e unha sesión de deporte para desenvolver no fogar. 26.03.2020 | O edil de Cultura, Educación e Deporte, Antonio Golpe, explica que este “ambicioso” proxecto pretende seguir atendendo as “inquietudes da cidadanía a través doutros medios”. | Ir á Web.

O Concello habilita unha web con enlaces a máis de 40 ofertas culturais gratuítas para todos os públicos
➤ O Concello habilita unha web con enlaces a máis de 40 ofertas culturais gratuítas para todos os públicos. | 25.03.2020 | A proposta inclúe plataformas que permiten visualizar obras teatrais, zarzuelas, óperas, concertos, películas, conferencias, visitar virtualmente museos e acceder a libros de balde. | Ir á Web.

➤ O Concello habilita o teletraballo para todo o persoal municipal que non precise acudir ao seu posto.| 25.03.2020 | Dende a declaración do estado de alarma, o Centro de Recursos Informáticos comezou a facilitar a conexión dende os seus fogares aos empregados públicos en función das necesidades organizativas. | Ir á Web.

A modificación do calendario fiscal, entre as primeiras medidas do Concello para paliar as consecuencias económicas da epidemia
➤ A modificación do calendario fiscal, entre as primeiras medidas do Concello para paliar as consecuencias económicas da epidemia. | (25.03.2020 | Implica o aprazamento de períodos de pago, requirimentos, dilixencias de embargo ou presentación de alegacións e, nalgúns supostos, a suspensión de recargas ou xuros de mora. | Ir á Web.

O Concello entrega no CHUF milleiros de máscaras, monos, batas e luvas doados durante os últimos días
➤ O Concello entrega no CHUF milleiros de máscaras, monos, batas e luvas doados durante os últimos días. | 25.03.2020 | Os voluntarios de Protección Civil tamén trasladaron material ao CAMF, ao 061, a Cáritas, ao albergue Pardo de Atín, ao persoal de atención á dependencia e ás residencias de maiores . | Ir á Web.

O Concello suprime o pleno do mes de marzo por mor do estado de alarma e da paralización  dos prazos administrativos
➤ O Concello suprime o pleno do mes de marzo por mor do estado de alarma e da paralización dos prazos administrativos. | 24.03.2020 | A Alcaldía asume temporalmente as competencias da Xunta de Goberno Local, cuxas reunións quedan suspendidas. | Ir á Web.

O Concello intensifica a desinfección con lixivia e a limpeza da cidade para evitar a propagación do Covid-19
➤ O Concello intensifica a desinfección con lixivia e a limpeza da cidade para evitar a propagación do Covid-19. | 24.03.2020 | Servizos reorganizou o persoal de Urbaser para preservar as condicións de seguridade dos traballadores e reforzar a hixienización diaria das rúas e dos contedores. | Ir á Web.

O alcalde emite un bando con recomendacións destinadas ao manexo dos residuos en fogares con persoas contaxiadas de COVID-19
➤ O alcalde emite un bando con recomendacións destinadas ao manexo dos residuos en fogares con persoas contaxiadas de COVID-19. | 24.03.2020 | Pide a colaboración dos cidadáns para facilitar o correcto funcionamento da recollida do lixo durante o estado de alarma. | Ir á Web.

O Concello pide á Xunta que axilice o cobro da Risga e active as solicitudes que    se atopan suspendidas
➤ O Concello pide á Xunta que axilice o cobro da Risga e active as solicitudes que se atopan suspendidas. | 23.03.2020 | A concelleira Eva Martínez vén de enviar un escrito ao goberno autonómico no que alerta de que as consecuencias da crise do Covid-19 están sendo “terribles” tamén a nivel social. | Ir á Web.

O Concello centraliza a entrega aos hospitais de máscaras, luvas, monos e gafas doadas polas empresas e clasifica o material no antigo Hospicio
➤ O Concello centraliza a entrega aos hospitais de máscaras, luvas, monos e gafas doadas polas empresas e clasifica o material no antigo Hospicio. | 23.03.2020 | O alcalde, Ángel Mato, agradece a todas as compañías a súa axuda nun momento no que "todos debemos colaborar coas autoridades sanitarias", especialmente a Cofer e a Navantia. | Ir á Web.

O Concello súmase á petición dos traballadores da recollida do lixo para que a cidadanía colabore no bo funcionamento deste servizo básico
➤ O Concello súmase á petición dos traballadores da recollida do lixo para que a cidadanía colabore no bo funcionamento deste servizo básico. | 21.03.2020 |Tanto o alcalde, Ángel Mato, como a concelleira Ana Lamas expresaron o seu agradecemento polo labor que están levando a cabo en circunstancias tan complicadas coma as destes días. | Ir á Web.

O Concello entregará os menús a domicilio aos usuarios deste servizo da Cocina Económica
➤ O Concello entregará os menús a domicilio aos usuarios deste servizo da Cociña Económica. | 21.03.2020 | A concellería de Seguridade, en colaboración co Protección Civil, asume o reparto para evitar os desprazamentos das persoas que ata agora recollían a comida no centro social. | Ir á Web.

O alcalde anuncia a intensificación dos controis na vía pública para garantir  o cumprimento das restricións impostas durante o estado de alarma
➤ O alcalde anuncia a intensificación dos controis na vía pública para garantir o cumprimento das restricións impostas durante o estado de alarma. | 20.03.2020 | Nos últimos días, a Policía Local lembroulles a numerosos cidadáns as limitacións decretadas polo Goberno e tivo que impoñer 40 denuncias. | Ir á Web.

O Concello prepara coas entidades sociais novas medidas para atender a persoas sen fogar en previsión de que se puidesen detectar máis casos
➤ O Concello prepara coas entidades sociais novas medidas para atender a persoas sen fogar en previsión de que se puidesen detectar máis casos. | 20.03.2020 |Os voluntarios de Protección Civil encargaranse de facerlles chegar ás familias en situación de necesidade os alimentos que as ONG xa lles estaban a entregar antes do inicio da epidemia. | Ir á Web.

O goberno local pon en marcha as primeiras medidas económicas para atenuar os efectos da crise entre os autónomos e as pequenas empresas
➤ O goberno local pon en marcha as primeiras medidas económicas para atenuar os efectos da crise entre os autónomos e as pequenas empresas. | 19.03.2020 |Modificará o calendario fiscal e aprazará as débedas tributarias coa Administración municipal. | Ir á Web.

O Concello activa un servizo para realizar a compra de alimentos e medicamentos     a quen o necesiten
➤ O Concello activa un servizo para realizar a compra de alimentos e medicamentos a quen o necesiten. | 19.03.2020 | A campaña municipal “Se non podes, imos nós” comeza mañá venres e atenderá ás persoas necesitadas de luns a sábado a través dos números de teléfono 981 320 000 e 698 126 700. | Ir á Web.

As policías Local, Nacional e Naval crean un mecanismo de coordinación para as labores de vixilancia en Ferrol
➤ As policías Local, Nacional e Naval crean un mecanismo de coordinación para as labores de vixilancia en Ferrol. | 19.03.2020 | O alcalde, Ángel Mato, presidiu esta mañá no pazo municipal a reunión da Xunta Local de Seguridade convocada para establecer as canles de comunicación e organización. | Ir á Web.

A Policía Local realizou onte 138 controis a vehículos e peóns
➤ A Policía Local realizou onte 138 controis a vehículos e peóns. | 18.03.2020 | Sancionou a un establecemento hostaleiro e a tres persoas por incumprir as medidas contempladas no estado de alarma. | Ir á Web.

O Concello pecha a Casa Solidaria e centraliza os trámites de Benestar no Edificio Social
O Concello pecha a Casa Solidaria e centraliza os trámites de Benestar no Edificio Social. | 17.03.2020 | A concellería mantén operativos os dous números de teléfono habilitados para canalizar as xestións relacionadas co Benestar. | Ir á Web.

Ferrol contará a próxima semana con 6 novos policías locais e onte comezaron as súas prácticas outros 10
➤ Ferrol contará a próxima semana con 6 novos policías locais e onte comezaron as súas prácticas outros 10. | 17.03.2020 | O Concello coordínase con Protección Civil e Bombeiros para garantir a atención aos cidadáns durante o estado de alarma, que poden solicitar axuda a través dos teléfonos habilitados.  | Ir á Web.

O Concello entregará vales para alimentos ás familias beneficiarias da beca comedor que o necesiten
➤ O Concello entregará vales para alimentos ás familias beneficiarias da beca comedor que o necesiten. | 16.03.2020 |Benestar Social garante a atención ás persoas sen fogar mediante a colaboración coas entidades sociais. | Ir á Web.

O Concello estuda medidas de apoio a autónomos e pequenos negocios para amortiguar o impacto da crise do coronavirus
➤ O Concello estuda medidas de apoio a autónomos e pequenos negocios para amortiguar o impacto da crise do coronavirus. | 14.03.2020 | O alcalde solicitoulles a todos os grupos políticos municipais a súa colaboración para poder poñelas en marcha. | Ir á Web.

O Concello pecha os parques infantís e os biosaludables
➤ O Concello pecha os parques infantís e os biosaludables . | 13.03.2020 | Benestar Social habilita entregas a domicilio para os usuarios de comedores sénior que carezan de recursos económicos. | Ir á Web.

O Concello pecha as instalacións nas que non se presten servizos esenciais e suspende a actividade cultural, deportiva e institucional
➤ O Concello pecha as instalacións nas que non se presten servizos esenciais e suspende a actividade cultural, deportiva e institucional . | 12.03.2020 | O alcalde anunciou esta tarde o aprazamento das Pepitas e da Mostra Musical do Eixo Atlántico e explicou que moi posiblemente haberá que cancelar os actos da Semana Santa. | Ir á Web.
_______

Fonte páxina web oficial do Concello de Ferrol.

O Concello pide á Xunta que axilice o cobro da Risga e active as solicitudes que se atopan suspendidas - Nunha situación excepcional son necesarias medidas excepcionais


A concelleira Eva Martínez vén de enviar un escrito ao goberno autonómico no que alerta de que as consecuencias da crise do Covid-19 están sendo “terribles” tamén a nivel social. | O Concello pide á Xunta que axilice o cobro da Risga e active as solicitudes que se atopan suspendidas.

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, vén de solicitar á consellería de Política Social da Xunta, tanto á conselleira como ao director xeral de inclusión social, a resolución urxente da Risga (Renda de Integración Social de Galicia) e a renovación durante ao menos seis meses de aqueles expedientes que foron suspendidos.

No escrito enviado ao goberno autonómico, a edil explica que o motivo da solicitude é que desde que estallou a crise do Covid-19 a concellería de Benestar Social do Concello está recibindo novas necesidades dos cidadáns. A concelleira argumenta que ás familias que vivían nunha situación de vulnerabilidade e de exclusión social xa rexistradas como usuarias dos servizos sociais municipais engádense agora novos casos de persoas e mesmo familias enteiras que, debido ao parón provocado pola declaración de estado de alarma o pasado 14 de marzo, engrosan dun xeito notable o número de usuarios dos servizos sociais dos concellos. Máis aínda nunha cidade como Ferrol, “na que as situacións de vulnerabilidade tanto polo elevado número de desempregados como polo notable envellecemento da súa poboación son abundantes”. A crise sanitaria, insistiu, “está tendo unhas consecuencias terribles non só no eido da saúde, senón tamén no social”.

Eva Martínez explicou que o seu departamento está a verse “desbordado” polo incremento de peticións de novas familias e solicita á Xunta que considere facer este esforzo para paliar as novas necesidades que se están a xerar durante, ao menos, seis meses porque “unha vez conclúa o estado de alarma será necesario un período para que as persoas podan volver a súa actividade”. Deste xeito, e coa axuda tamén dos servizos sociais do Concello, “poderemos atender e chegar a máis familias e, sobre todo, poderemos garantir o futuro e a inserción sociolaboral de moitas persoas unha vez que volvamos á normalidade”.

Medias excepcionais

A concelleira puntualizou que “nunha situación excepcional son necesarias medidas excepcionais”, e destacou o importante esforzo que están a realizar tanto os servicios sociais do Concello como da Xunta. “As administracións estamos a traballar conxuntamente”, dixo, co obxectivo de acompañar ás familias máis necesitadas en circunstancias tan complicadas coma as destes días.

Fonte: Web Oficial do Concello de Ferrol. | 23 de marzo de 2020
_______

venres, maio 11, 2018

Unha vez aprobados inicialamente os orzamentos xerais de Ferrol e o cadro de persoal para 2018, comeza un período de exposición pública e alegacións


Os acordos entre os grupos municipais da bancada da esquerda, sobre os investimentos demandados pola veciñanza, sobre Emafesa e a taxa, facilitaron que Ferrol tivera os seus orzamentos, para posibilitar o funcionamento regular do Concello, os investimentos pendentes e consolidar un cadro de persoal que aínda que quedou escaso había que amarrar.

Agora queda un período de exposición pública e alegacións, onde aínda pode haber sorpresas, pois o goberno de Jorge Suárez é cativo e ten por costume non atar todos os cabos e o tempo é de tempestade.

Por outra banda as incorporacións, con tan pouco tempo, das contribucións dos grupos do BNG e do PSOE que implicou un endebedamento a maiores de case 2 millóns de euros máis, poden traer-lle complicacións ao grupo de goberno. E xa non digamos o de retirar a capacidade de aprobar subvencións directas para Emafesa, sen pasar polo Pleno, para equilibra contas.

Logo está o de pactar unha taxa "xusta", cando estamos tan só a uns días da celebración do último Consello de Administración da empresa mixta de augas, cuxo contido do tratado e aprobado, está oculto. Unha empresa mixta que ten sen aprobar as súas contas desde 2014. Unha empresa mixta que nos enganou por varias veces (Trialometanos, depuración,...), que emite miles de facturas estimativas avultadas todos os meses, vixiada de perto pola Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización que reclama a saída da parte privada Socamex, para facer de Emafesa unha empresa 100% pública.

Moito nos tememos que a Socamex que lle trae sen coidado ou crecente endebedamento de Emafesa e o seu millonario pasivo acumulado de máis de 8 millóns de euros, non se vai quedar de brazos cruzados e presentará alegacións a estes orzamentos, para aumentar no seu haber nunha suposta demanda que ao mellor está preparando contra os membros do Consello de Administración (anteriores e os de agora) que o son en representación da parte pública e subsidiariamente ao Concello de Ferrol. Socamex que é do mesmo grupo que a empresa de recollida de lixo e limpeza viaria (Urbaser - Firion Investments SL -
Ying Zhan Investment Hk Limited) que leva desde finais de 2014, "facendo o servizo" sen contrato, o que ven a indicar que o futuro das dúas está moi ligado. Unha grande transnacional que só lle importa a conta de resultados e a súa marca e que para eles Ferrol só é un punto nun mapa, un punto a eliminar.

Os pasos despois desta aprobación inicial son os que dispón o Artigo 169. "Publicidade, aprobación definitiva e entrada en vigor", da Lei Reguladora das Facendas Locais (Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da mesma) que di  "Aprobado inicialmente o orzamento xeral, expoñerase ao público, previo anuncio no boletín oficial da provincia ..., por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente aprobado si durante o citado prazo non se presentaron reclamacións; en caso contrario, o Pleno dispoñerá dun prazo dun mes para resolvelas". Logo publicara-se o orzamento xeral, definitivamente aprobado, que será inserido no boletín oficial da provincia, resumido por capítulos de cada un dos orzamentos que o integran e entrará en vigor. Os orzamentos terán que ser de acceso público, polo que terán que estar a disposición de quen quixer na web do Concello.
_____________

xoves, maio 10, 2018

O Pleno Extraordinario de Ferrol aproba os Orzamentos para o 2018, proposto polo goberno municipal co apoio dos grupos do BNG e PSOE que contribuíron con propostas concretas que foron negociadas con antelación, mais fixo falta o voto de calidade do Alcalde ante a abstención de Esther Leira, e o voto en contra do PP e Ciudadanos - Vídeo do Pleno


O Pleno Extraordinario de Ferrol aproba os Orzamentos para o 2018, proposto polo goberno municipal co apoio dos Grupos Municipais de 'Ferrol en Común', BNG e PSOE, contribuíndo estes últimos con propostas concretas que foron negociadas con antelación, mais fixo falta o voto de calidade do Alcalde ante a abstención de Esther Leira. Posicionamento que a Concelleira explica no Pleno que se pode escoitar no vídeo do Pleno que achegamos. E os votos en contra de Ciudadanos e Partido Popular.

A aprobación dos Orzamentos 2018 e o cadro de persoal, no Pleno, veu precedido dun acordo pactado entre o grupo de goberno e o BNG por unha banda e por outra un acordo entre 'Ferrol en Común' e o grupo do PSOE. E emendas presentadas no Pleno que foron aceptadas.

Ao final o orzamento pasou de 67.182.261,29 euros iniciais a 69.172.261,29 finais, 1.990.000 euros a maiores, por mor de ter aceptado as emendas propostas.

O Pleno tiña lugar hoxe 10 de maio de 2018, ás 10 da mañá de tres horas de duración.


https://youtu.be/sK7HTMTGvPY


Enlaces relacionado.-

A nova na Web oficial do Concello de Ferrol. | xoves, 10 de maio de 2018. |
APROBADOS OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA O 2018  | O documento económico foi aprobado inicialmente esta mañá en pleno extraordinario logo de tres horas de debate co apoio de BNG e PSOE A cifra global ascende a 69.172.261,29 euros coa prioridade na inversión, no gasto social e na creación de emprego público O superávit da liquidación de 2017 deixa un amplo marxe para axilizar as inversións prioritarias “É un día de orgullo. Son os orzamentos mais elevados i expansivos da historia de Ferrol e suporán un salto cualitativo para a nosa cidade”, di Suárez. | E o ANEXO ENMENDA IN VOCE ORZAMENTOS 2018 GRUPOS PSOE E BNG. | Ir á Web.


En Ártabra 21. | A necesidade de aprobar os Orzamentos Municiapis de 2018 - Agardemos que se hai cordura e acordo, este serva, para abordar os asuntos urxentes de Ferrol, como son o sistema de saneamento, Emafesa e o prezo da auga. Así como todos os servizos que están sen contrato e en especial o da recollida de lixo. Axilizar os investimentos que se aproben. E poñer as bases da remunicipalizacion, do parque público de vivendas, da rehabilitación, do plano de emprego.... | ir á Web.
______________

xoves, xaneiro 04, 2018

O Concello convida a veciñanza a sumarse ao acto público e informativo que vai ter lugar o martes, 9 de xaneiro, ás 7 da tarde, no Antigo Hospicio de Amboaxe, para explicar, como acceder as Axudas á Vivendas nas Áreas de Rehabilitación de Ferrol (ARI) - Para os barrios d'A Magdalena-Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello - Esta convocatoria supón unha inxección económica de 3.369.773,58 euros


ABERTA A CONVOCATORIA DE AXUDAS A REHABILITACION DE VIVENDAS NOS ARIS DE FERROL, QUE SUPORÁ UNHA INXECCION DE 3,3 MILLÓNS DE EUROS


* O Concello convida a veciñanza a sumarse ao acto público e informativo que terá lugar o martes, 9 de xaneiro de 2018, ás 19:00 horas, no Antigo Hospicio de Amboaxe, para explicar, polo miudo, como acceder as estas axudas.

* A convocatoria publicouse o 28 de decembro de 2017 no DOG e as bases están na web municipal para os barrios d'A Magdalena-Ferrol Vello, A Graña, Esteiro Vello e Recimil.

* Para calquera consulta, pódese acudir a Oficina Municipal de Rehabilitación en Urbanismo.

O Concello de Ferrol abre unha nova convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios de vivendas nas Áreas de Rehabilitación de Ferrol (ARI): Magdalena-Ferrol Vello, A Graña, Esteiro.

Así o anunciaron en rolda de prensa o alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Rehabilitación, María Fernández Lemos, logo de que o DOG publicase, na edición do 27 de decembro, os anuncios da convocatoria da Prórroga do Plan de Vivenda 2013-2016 e as addendas que permitirán reinvestir os cartos de anteriores convocatorias.

Esta convocatoria supón unha inxección económica de 3,3 millons de euros, concretamente, 3.369.773,58 euros, e con especial fincapé e atención, pola parte do Goberno local, ao barrio de Recimil, que acadou a consideracion de ARI en xaneiro deste 2017, mais no concreto nas rúas Dez do Marzal e Narón, co cambio da envolvente enerxética e as cubertas de 72 vivendas en dous blocos como primeiro paso para a renovación dun barrio que precisa dunha inxección de fondos e de autoestima, ao que se sumaran, no futuro, os fondos da Edusi.

Fernández Lemos, foi a encargada de expor, polo miúdo, o contido do novo convenio que obtivo o respaldo unánime de todos os grupos da corporación na sesión plenaria do 30 de outubro.

A inversión global é de 3,3 millóns de euros dos que 2,4 son achegas públicas sumando os aportes das tres administracións local, autonómica e central, polo que a parte que lles corresponden ass propietarias particulares estímase en 900.000 euros, en torno ao 27%.

A achega que fai o Concello de Ferrol, explicou a concelleira, ascende a 991.142,8 euros con cargo as anualidades 2017 (17.254,29) e 2018 (845.460,00). Un esforzo orzamentario moi esixente para as arcas locais e que destina, na súa meirande parte, na aposta decidida pola rehabilitación de 72 vivendas de titularidade municipal no barrio de Recimil, sitas nas rúas Dez de Marzal e Narón.

Ferrol é unha das cidades que mais intervencións ten realizados nos últimos dous anos, manifestou Lemos, e consolidamos a totalidades das axudas, segundo a comisión de seguimento do plan”.

O aporte da Xunta a este novo convenio 17/18, logo de ficar ausente nas convocatorias dos anos 2015 e 2016, será de 416.720,22, mentres que Fomento achega 1.033,200,00, apuntou a concelleira Lemos.

PRÓRROGA E ADDENDAS

Nesta ocasión convócanse subvencións correspondentes aos novos convenios A Magdalena – Ferrol Vello 12ª Fase, A Graña 8ª Fase e Esteiro Vello 2ª Fase, convenios denominados PRÓRROGA, pola prorrogación do Plan de Vivenda 2013-2016. Esta convocatoria inclúe ademais financiamento Autonómico para vivendas con uso habitual e permanente do propietario ou inquilino.

Prórroga Área de Rexeneración e Renovación Urbana Nº intervencións Achega Fomento Achega Xunta
ARRU/ARI da Magdalena e Ferrol Vello 12ª fase 67 268,000.00 € 107,679.00 €
ARRU/ARI A Graña. 8ª fase. 3 27,000.00 € 10,848.26 €
ARRU/ARI Esteiro Vello 2ª Fase 15 60,000.00 € 24,107.24 €

Ademais convócanse subvencións para completar os anteriores convenios aínda en vigor (A Magdalena – Ferrol Vello 10ª-11ª fase, A Graña 6ª e 7ª fase e Esteiro Vello 2ª fase).

Addendas Área de Rexeneración e Renovación Urbana Nº intervencións Achega Fomento
A Magdalena e Ferrol Vello. Addenda do 14 marzo 2015 14 52,529.64 €
A Magdalena e Ferrol Vello. Addenda do 27 outubro 2015 36 167,762.09 €
A Graña. Addenda do 14 marzo 2015 5 40,459.64 €
A Graña. Addenda do 27 outubro 2015 5 27,500.00 €
Esteiro Vello. Addenda do 27 outubro 2015 39 64,863.60 €

As obras que poden ser subvencionadas son as de mantemento ou mellora das condicións de habitabilidade, as de mellora da accesibilidade e a mellora da eficiencia enerxética, tanto para elementos comúns do edificio como para as vivendas.

Cumprimentarase unha solicitude por cada convenio (Prórroga e Addenda) e a documentación a presentar é común para ambas convocatorias, sen necesidade de entregala por duplicado. Esta consiste en documentación técnica: proxecto ou memoria valorada, Informe de Avaliación de Edificios (IAE) e licenza ou solicitude desta entre outros, e documentación administrativa, tanto dos propietarios individuais como as das comunidades, de selo caso.

Toda a documentación requirida está recollida na folla resume na convocatoria de subvencións da solicitude ADDENDA.

As contías para a subvención das addendas non poden exceder o 35% do custo subvencionable e unha contía máxima de 11.000 € por vivenda. Para o convenio da PRÓRROGA poderase obter ademais do 35% máximo 11.000€, unha contía adicional ata un 10% do custo subvencionable e máximo 4.000 € por vivenda no caso de ser vivendas habitual ou permanente.

Poden acollerse ás axudas as actuacións xa iniciadas pero non finalizadas na data de presentación das solicitudes.

O prazo para a presentación da documentación comezará aos dez días hábiles desde a data da última publicación nos boletíns oficiais (BOP, DOG). A concesión das subvencións será de concorrencia non competitiva, sendo a selección de beneficiarios por rigoroso orden de presentación da solicitude e da documentación completa nos rexistros admitidos por lei.

É necesario solicitar unha visita previa do edificio antes de realizar a solicitude de subvención. Cando solicite unha comunidade de propietarios estes realizarán unha única solicitude.

Datas límite para solicitar as subvencións:

- Para a convocatoria da PRÓRROGA: 30 abril 2018.

- Para a convocatoria da ADDENDA do 14 de marzo 2015: 30 de xaneiro do 2018.

- Para a ADDENDA do 27 outubro 2015: 30 de abril 2018.

A obra terá que estar rematada e a documentación xustificativa da inversión presentada con anterioridade ás seguintes datas:

- Para os solicitantes da PRÓRROGA: 30 de novembro do 2018.

- Para os solicitantes da ADDENDA do 14 de marzo 2015: 1 de marzo 2018.

- Para a ADDENDA do 27 outubro 2015: 8 de outubro 2018.

As bases reguladoras das dúas convocatorias encóntranse na páxina WEB do Concello, no apartado de Sede Electrónico/Urbanismo/Rehabilitación. Para calquera información referente ás mesmas pódese acudir á Oficina de Rehabilitación.

Ferrol, 28 de decembro de 2017

ANUNCIO de convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nos barrios da Magdalena, Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello, referidas a addendas para a modificación de acordos, derivadas do convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a prórroga do Plan de vivenda 2013-2016. | 58489 | Acceder/Baixar.

ANUNCIO da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nos barrios da Magdalena, Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello, referidas ao novo convenio entre o Ministerio de Fomento, o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ferrol con base na prórroga do Plan estatal de vivenda 2013-2016. | 58491 | Acceder/Baixar.

Fonte: Web Oficial do Concello de Ferrol.

______________

xoves, xuño 30, 2016

Intervención da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización no pleno de Ferrol pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados - Vídeo e Texto

Este xoves 30 de Xuño de 2016, Fernando Ramos Armesto, no nome da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, interveu no pleno do Concello de Ferrol, celebrado pola mañá, pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor xurídico, do Concello, Lama&Asociados, por ser un dos seus socios parte interesada na adxudicación do contrato.


Texto da Petición: 

Ao Pleno do Concello de Ferrol no nome da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización.

Bo día, tomamos a palabra neste pleno municipal, en representación dun grupo de veciñas e veciños, e de organizacións sociais, que ante a inminente sinatura do contrato eléctrico para a nosa cidade, deciden organizarse en plataforma para, nalgúns casos, incorporarse á defensa do interese xeral da veciñanza, e noutros casos, para retomar a defensa dos bens e servizos públicos.

Foi a posible sinatura deste contrato o que mobilizou a este grupo de veciñas e veciños, que de inmediato, comezamos analizar as características do mesmo, os seus protagonistas e, o máis importante, as consecuencias que tiña para esta cidade. Contamos para elo, co asesoramento de persoas expertas, tanto en xestión local, como neste tipo de contratos. Esas conclusións son as que queremos expoñer neste pleno para que se teñan en conta á hora de decidir se debe ser asinado ou non.

1º Aprendemos que este contrato é ilegal, porque se redacta como se fose un contrato de xestión de servizos públicos, cando en realidade trátase de dous tipos de contrato, un de subministro, que sería o caso do subministro eléctrico, e outro de servizo, que sería o caso de servizos enerxéticos e o mantemento da instalacións de alumeado público exterior e de edificios e dependencias municipais. Polo tanto, a duración do mesmo, segundo a lexislación vixente [*], non pode ser por máis de 4 anos, prorrogables a 2, e nunca por 15 como propón o contrato que se nos oferta. Nós entendemos isto perfectamente cando se nos preguntou se firmariamos un contrato de subministro de bolígrafos por 15 anos. Así de sinxelo. Pois no caso do subministro eléctrico, cun mercado e unha tecnoloxía en constante evolución, semella unha loucura facelo, e só se mostra interesante para as empresas que o propoñen para esta cidade. É por iso que o lexislador non pon limitación temporal, ao sobreentender-se que o interese xeral recomenda unha anualidade, só prorrogable por un ano máis.

2º Aprendemos que hai alternativas, esta corporación pode realizar un desestimento do contrato polas ilegalidades que presenta, ou tamén unha renuncia, por interese público. Todo parece indicar que un desistimento é o máis razoable nestes momentos. O desestimento permitiría abrir dun xeito rápido dúas liñas de contratación, subministro e servizo, por separado e dun prazo de duración dun ano, prorrogable a dous. Deste xeito sairiamos da  situación de ilegalidade que supón carecer dos contratos, como sucede neste momento. Mentres, poderíanse iniciar un proceso de municipalización que estudara as alternativas para a xestión pública, tanto do subministro como do mantemento. 

3º Non é de menor interese o que temos que dicir das empresas que concorren a este contrato. A Unión Temporal de Empresas que pretende que a cidadanía de Ferrol lle paguemos ao longo de 15 anos máis de 41 millóns de euros, son por unha parte FCC e pola outra SEFCON. No caso da primeira, Fomento de Construcciones y Contratas FCC, unha grande corporación transnacional, instalada na estratexia de converter en negocio o que pertence ao ben común e ao espazo público, provocando unha descapitalización da nosa cidade, pois levan fora a plusvalía o mesmo que as súas empresas filiais, empobrecendo máis a cidade. A segunda empresa, Servicios Eficientes de Control SL, é unha empresa que non ten nada que ver coa enerxía, ou o mantemento eléctrico, senón que opera baixo a definición de “conseguidores de negocio”. Pero é que no caso do noso concello, resulta altamente preocupante que o administrador único desta empresa, Francisco Borja Silveira Rey, sexa un dos socios, conselleiros e directores do bufete que presta servizos de asesoramento xurídico a este concello, Lama&Asociados, con o que o goberno do PP, presidido por José Manuel Rey Varela, asinou un contrato de 180.000 euros, por servizos xurídicos. Un bufete que se atreve a realizar un informe contrario ao desestimento ou á renuncia do contrato eléctrico e a ameazar veladamente co pago de fortes indemnizacións se se chegara a desistir ou renunciar a dita contratación, sendo parte interesada na sinatura deste contrato millonario.

4º Aprendemos que a municipalización dos servizos, sempre que se faga con criterios de boa xestión, transparencia, participación e racionalidade, resulta moi beneficiosa para a institución que a aplica, e satisfactoria e beneficiosa para a cidadanía que a percibe e goza. A recente remunicipalización do servizo de socorrismo, é un pequeno exemplo de aforro, mellora da calidade do servizo e da calidade das condicións de traballo, que demostra que neste concello é posible arrancar con procesos de municipalización.

Por todo o exposto, SOLICITAMOS a esta corporación,

PRIMEIRO.- Que encargue un informe xurídico que valore a posibilidade de finalizar o contrato con Lama&Asociados, tanto por abusivo no seu custe, como por romper o principio de confianza e lealdade a institución, e á defensa dos intereses xerais do pobo de Ferrol, ao actuar de mala fe no caso do contrato eléctrico, sabendo do conflito de intereses que representaba.

SEGUNDO.- Que aprobe o desestimento do contrato eléctrico con FCC e SEFCON, e comece un proceso de municipalización destes servizos.

Ferrol, 30 de xuño de 2016

[*] No caso do contrato de subministro e mantemento eléctrico a ilegalidade está ben clara, xa que polo seu obxecto e pola súa natureza xurídica, segundo a Lei de Contratos do Sector Público, non cabe un contrato de duración superior a catro anos, máis 2 de prórroga, é dicir de máis de 6 anos, polo que o contrato pretendido de 15 anos é nulo de pleno dereito segundo o art. 62.1.e) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. É dicir, que o contrato de subministro e mantemento eléctrico do PP, é absolutamente ilegal e ademais é lesivo para o interese xeral dos cidadáns de Ferrol, ao hipotecalo por 15 anos nun sector tan volátil como o da enerxía.

--


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
  • Alexandre Carrodeguas.
  • Fernando Ramos Armesto.
  • Pablo Portero 659855805
  • Bernardo Rego Gárate.
  • Lupe Ces..
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
________________________

martes, maio 03, 2016

O Bloque Nacionalista Galego interpón recurso contra a decisión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, de licitar as obras de acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol, optando pola alternativa sur que vai supor a morte da enseada da Malata e un moito maior deterioro da Ría


O BNG PRESENTA UN RECURSO CONTRA A LICITACIÓN DAS OBRAS DO ACCESO FERROVIARIO AO PORTO EXTERIOR

O Bloque Nacionalista Galego deu a coñecer, esta mañá, a interposición dun recurso potestativo de reposición contra a decisión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, de licitar as obras de acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol, optando pola alternativa sur e censurou que máis aló das recriminacións verbais entre o Partido Popular e o Goberno Municipal desta cidade, non existe ningún tipo de decisión que permita vislumbrar algún tipo de cambio ou modificación con respecto desta decisión que vai supor a morte da enseada da Malata e vai afondar no deterioro medio ambiental e económico da ría de Ferrol.

O BNG criticou que o PP despois de desenvolver un procedimento irregular, baseándose en motivacións de carácter, exclusivamente, económico, desde a administración central e cun goberno en funcións licitara as obras do acceso ferroviario ao porto exterior sen ter en conta todas aquelas reivindicacións feitas por organizacións políticas e innumerábeis colectivos desta cidade que reclamaban unha solución diferente á proposta que contemplaba un viaduto que cruza a enseada da Malata. Así mesmo o BNG afirmou que non sabemos o que se ten feito por parte do Goberno Municipal para impedir que esto poida acontecer ou cando menos facer que isto se poida modificar, e criticou que non ten interpuxeran ningún tipo de recurso para evitar que esto aconteza como acabamos de facer por parte do BNG.

O BNG indicou en que tampouco temos coñecimento de que se teña iniciado, por parte do Goberno local, ningún tipo de denuncia nin valoración na que teñan en conta as irregularidades do procedimento que desde o BNG temos expresado de maneira repetitiva. Desde o BNG, así mesmo, nos preguntamos como é posíbel que por parte do goberno local se continúe sen facer nada, nen sen tomar ningún tipo de decisión para evitar que a alternativa adoptada pola Autoridade Portuaria sexa a definitiva para levar o acceso ferroviario ao porto exterior atravesando A Malata.

O BNG decidiu desenvolver e apresentar o seu recurso, cando se cumpre un mes de aprobada esta licitación, por varias cuestións. O BNG cre que existe a necesidade de ampliar a información recollida no estudo informativo, tal e como se recollía na Declaración de Impacto ambiental e polo feito de que estas ampliacións de información supoñían de fato un novo estudo e que por tanto debería remitirse a todos aqueles colectivos que se consideraban afectados por esta decisión.

O BNG considera que debe terse en conta que este proxecto se licitou sen terse publicado a Declaración de Impacto ambiental e sen ter resolto as alegacións e por último que ao Concello de Ferrol non se lle informou sobre o proxecto definitivo, como queda evidenciado e se recolle nos informes do enxeñeiro municipal. O Concello non ten informado sobre o proxecto construtivo nin sobre a modificación substancial que se produce na delimitación de espazos portuarios que se produce no porto de Ferrol produto da elección da alternativa sur.

Para o BNG a elección da alternativa non só supón agravar o deterioro da ría de Ferrol senón que ademais ten afectacións de carácter patrimonial no barrio da Graña, en elementos que debían estar protexidos como o dique da Cabana, vai supoñer impactos que están sin resolver acústicos para o ámbito urbano desta cidade e desde o BNG queremos insistir no feito de que parece que tanto o PP como o actual goberno municipal, que forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, parece que están cómodos no ámbito, exclusivamente, das recriminacións verbais pero que máis aló destes reproches duns aos outros non se toma ningún tipo de decisión para resolver un dos grandes problemas que ten esta cidade.

Ferrol, a 2 de Maio, de 2016.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.

http://bng.gal/ferrol/
http://adiante.gal/


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
2 de maio de 2016 17:41
_____________

Imaxen de GeoTren e Google. | Clicar acima da imaxe para ampliar.

Enlaces relacionados de interese:

GeoTren - O acceso ferroviario ao Porto exterior de Ferrol. | 16.Xaneiro.2014 | Ir á Web.

A Autoridade Portuaria licita as obras do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol. | Ministerio de Fomento | 16.Abril.2016 | Ir á Web.

Fomento adxudica a redacción do proxecto constructivo do acceso ferroviario ao Porto exterior de Ferrol. | Ministerio de Fomento | 03.Xaneiro.2014. | Ir á Web.
___________

mércores, abril 27, 2016

Moción do BNG de Ferrol contra a prorroga do Convenio con Augas de Galicia e a encomenda de xestión da Edar de cabo Prioriño a Emafesa


O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA NON PRORROGAR O CONVENIO CON AUGAS DE GALIZA E A ENCOMENDA DE XESTIÓN DA EDAR A EMAFESA


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción, que será debatida no pleno deste xoves 28 de abril, na que se propón que o concello de Ferrol non prorrogue o convenio de xestión asinado entre o Concello de Ferrol e Augas de Galiza para a xestión da EDAR de Ferrol e romper a encomenda de xestión feita á empresa EMAFESA.

O BNG lembra que o convenio con Augas de Galiza, que remataba o 8 de xuño, e que o goberno local quere prorrogar, xa recollía a posibilidade de xestionar de xeito mancomunado esta infraestrutura polo que o acordo que tomou o goberno de Jorge Suárez é que mentres  que esta opción non se produza, vai manter vixente o actual convenio e polo tanto a xestión dunha infraestrutura, a EDAR, que non funciona do mesmo modo que se esta a facer no momento actual

Para o BNG senón se vai romper a encomenda de xestión con EMAFESA se seguirá entregando a Emafesa a xestión dunha depuradora que ten deficiencias, como ten anunciado o goberno local, produto da súa construción xestionada e recepcionada por parte da Xunta con esas deficiencias e que o Partido Popular entregou ao concello para que xestionase esa depuradora que non pode funcionar por ter deficiencias e que o concello entregou a Emafesa para a súa xestión

Desde o BNG non sabemos que é o que muda na actualidade con respecto ás decisións adoptadas polo PP tanto no que ten que ver co convenio asinado con Augas de Galicia como o que ten que ver coa encomenda de xestión desa depuradora a Emafesa, para que o Goberno Local decida manter estes acordos como estaban.

O BNG lembra que o convenio con Augas de Galicia implica que o Concello de Ferrol ten que xestionar unha infraestrutura obsoleta e que no momento actual non funciona como é a EDAR. A encomenda de xestión asinada con EMAFESA establece que a veciñanza paguemos unha taxa para custear as obras incluídas no convenio con ACUAES, a posta en funcionamento da rede que supón máis de 2,7M de euros e polo servizo de depuración das augas residuais do Concello que segue sen existir.

O BNG así mesmo insta ao goberno local á suspensión do convenio asinado entre o Concello e a empresa pública ACUAES co obxectivo de que sexa o Estado quen asuma os custos derivados da execución e posta en funcionamento dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol e que se esixa ao Ministerio de Fomento que asuma as obras de reparación das deficiencias da EDAR de Ferrol.

A realidade é que na actualidade os convenios asinados polo PP no anterior mandato seguen vixentes e as súas condicións tamén. O convenio coa empresa ACUAES obriga aos veciños e veciñas da cidade a pagar as obras da infraestrutura de saneamento que se están a desenvolver na cidade e que deberían estar rematadas a finais do ano 2015, o que provoca que aumenten os custos que terán que asumir os veciños e veciñas de Ferrol.

Ademais na actualidade o goberno local ten acordado, tamén, concederlle a ACUAES a xestión do custe dunha nova taxa sobre os veciños e veciñas da cidade, a da tarifa variábel dependente da posta en funcionamento dos interceptores xerais e dos tanques de tormentas, pese a que no convenio asinado non estaba previsto que fora  ACUAES quen xestionase esta tarifa que sen embargo o goberno de Jorge Suárez decidiu que así fora.

Para o BNG ao engano do PP sobre a EDAR súmaselle a incomprensíbel actitude do actual goberno local, que se nega a revisar estes acordos nen a cuestionar un deseño de rede unitaria, irracional e insostible económica e medio ambiental.

O BNG na súa iniciativa solicita tamén que o Pleno do Concello de Ferrol aprobe a derrogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, e insta ao goberno local á devolución do importe da taxa de saneamento cobrada indebidamente aos veciños e veciñas desta cidade nos primeiros meses do ano 2015.

Ferrol, 26 de abril de 2016.


Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.

http://bng.gal/ferrol/
http://adiante.gal/


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
26 de abril de 2016 16:41
______________

venres, marzo 25, 2016

A Semana Santa ferrolá, ... Por Francisco Rodríguez Sánchez


Parece que hai a intención declarada de converter estas procesións, xunto coa inefábel noite das Pepitas, nos dous símbolos senlleiros e definitorios da cultura tradicional e popular da cidade

Por Francisco Rodríguez Sánchez [*]
25.03.2016


Seguramente  hai moita xente na Galiza que escoitou falar das procesións de Semana Santa en Ferrol. A súa especial promoción propagandística pola RTVG,  pola Xunta, o Concello e a Deputación, en ascenso durante os últimos anos, contrasta coa cativa difusión que se fai do patrimonio histórico-artístico, ambiental e paisaxístico do que se deu en denominar Ferrolterra. Parece  que hai a intención declarada de converter estas procesións, xunto coa inefábel noite das Pepitas, nos dous símbolos senlleiros e definitorios da cultura tradicional e popular da cidade. Por que? É  algo casual e inocuo?

Crucei, un día de Antroido, a  praza de Amboaxe, no momento en que se concentraban crianzas, duns seis anos, a maioría de colexios relixiosos concertados, militarmente ordenadas e uniformemente disfrazadas para a ocasión. Daba a triste impresión de algo sen vida, unha especie de impostura, ver aqueles meniños e meniñas en ringleiras, sometidos a unha uniformidade plástica. Aquela visión educativa retrotraeume aos discursos que escoitara algunha vez, sendo estudante adolescente, contra o comunismo como asfixia do individuo ser orixinal, como ataque  á liberdade creativa, como opresiva uniformidade. Sorrí: non estaba nunha concentración comunista de adoutrinamento da infancia. Era, en todo caso, unha concentración de ensino infantil privado-concertado, que estaba a facer ostentación pública, previo percorrido polas rúas centrais da cidade, de como celebran tamén o carnaval. As meniñas e meniños foron, no seu desprazamento controlado e guiado, dándome as costas. Ían de bombeiros, ao que parece. Os meus ollos non daba crédito. En cada un dos seus lombiños, aparecía estampada unha grande bandeira española. Volvín retrotraerme ao meu pasado de neno e adolescente. Nunca me puxeran semellante cousa ás costas nin na escola nin no Instituto…Algo está a pasar no sistema educativo e non é difícil saber cal é a orientación do seu adoutrinamento….Por certo, con cargo ao erario público….

Vén o devandito moi a conto para axudar a responder, axeitadamente, os interrogantes formulados sobre a promoción pública  das procesións de semana santa como símbolo da cultura tradicional e popular da cidade de Ferrol.  Hai a tendencia por parte de moitos sectores que se consideran progresistas a restarlle importancia á cuestión, aducindo que non teñen significación relixiosa. Que son só unha manifestación folclórica, alén de significar unha fonte de ingresos por turismo, en momentos de tan grave deterioro e retroceso do sector industrial, o naval en particular. Non parece importar nada que se simbolice Ferrol en dous manifestacións que non teñen unha tradición antiga, galega e popular, senón colonial, clasista e discriminatoria.

Desde logo, as procesións da Semana Santa ferrolá, no seu actual formato, dimensión e intención, non teñen catrocentos anos. Son unha creación, promoción, imposición e impostura  do poder militar, en alianza coa Igrexa Católica, para homologar, en plano mimético, a cidade naval con outras urbes  españolas, en particular, pero non só, Cartagena, Cádiz, Sevilla e Málaga. É un fenómeno  progresivo que se pode detectar, sobre todo, desde mediados do século XIX até o franquismo. Desfilaban os corpos de todos os rexementos, xefes e oficiais e clase de tropa, os lombeiros eran mariñeiros e soldados, a mesma garda civil, e cantos cregos e frades había, e naturalmente foise involucrando a propia Maestranza, os estaleiros….O pobo que formaba parte, pouco e ao final. Así se pode deducir, por exemplo, da información de El Correo Gallego a fins do XIX e no primeiro terzo do XX. De cativo, en pleno franquismo, desde a galería dun terceiro piso na Rúa Magdalena, escoitei como un mariñeiro andaluz nos agasallaba cunha saeta, o prato forte da noite. Pasmo e mímese. O mesmo que, baixo novos envoltorios, se estila hoxe. Desde logo, non ten empate posíbel esta articulación procesional xurdida desde institucións do Estado centralista español, con ningunha tradición relixiosa autóctona, incluídas as de Semana Santa, que as hai.

Certamente, pode parecer inocua esta promoción, folclórica e sen intencionalidade ideolóxica, a articulación de confrarías e procesións, coas súas directivas. Non vou falar da maridaxe que aínda se mantén entre forzas armadas  e relixión católica, nin da confusión entre cargos institucionais e relixión, todo impropio dun Estado que se di aconfesional, non digamos xa laico. Hai máis, entrégase un diñeiro público, como mínimo 100.000 euros,  que non se somete a ningún tipo de control das institucións democráticas. Esta é unha cuestión que debía de ser contemplada coa máxima urxencia, sexa cal for a consideración ideolóxica e a intencionalidade que lle atribúamos ao evento.

Aliás, resulta inxenuo cerrar os ollos perante un feito tan evidente como lexítimo, se non se usase diñeiro público: os colexios relixiosos do centro da cidade, concertados, nutren de confrades as confrarías, galvanizan as familias arredor da súas organizacións e orientan os nenos, nenas e adolescentes cara a elas, sen esquecer a debida catequese. Alguén pensa que todo isto é inocuo e que non favorece as crenzas, ritos e mitos católicos, incluídos bautismos, comuñóns e vodas pola  Igrexa? É así como se respecta a aconfesionalidade e a laicidade? O mundo católico está no seu dereito de se organizar libremente como lle conviñer, e desde logo a facer o seu adoutrinamento, dentro da legalidade. Tamén a manifestarse cos seus ritos e símbolos. O que non pode ter é o dereito a sufragarse con fundos públicos sen control, mesmo considerando a manifestación deses ritos e símbolos unha manifestación cultural de interese turístico (en todo caso mimética e colonial), como gustan de xustificar os poderes públicos. Por certo, sería bo que puxesen tamén algunha condición, non puramente burocrática, sobre o país, o respecto polo uso da lingua propia de Galiza, tan discriminada, marxinada e ausente sempre.

Publicado no Terra e Tempo. | 24.03.2016.


[*] Francisco Rodríguez Sánchez, Ferrol, 1945. É Licenciado e Doutor en Filoloxia Románica e Catedrático de Literatura española en Instituto. É autor dunha ampla obra de investigación e ensaio en temas lingüísticos, literarios, culturais e políticos desde unha perspectiva nacionalista. Inaugura unha liña de análise socio-lingüística coa publicación de "Conflicto lingüístico e ideoloxía na Galiza" (1976 - vai pola 4ª edición). Especialista en figuras de grande releváncia como Rosalía de Castro (tese de doutoramento, xaneiro 1988), Curros Enríquez  (1973),  Blanco Amor  (1993)   Neste ámbito realizou diversas publicacións- e o manual "Literatura galega, problemas de método e interpretación". Militante do nacionalismo desde que tiña 19 anos. Desde entón, loitou contra o franquismo desde a perspectiva nacionalista, por iso sofreu desterro, foi multado en numerosas ocasións e padeceu o cárcere pola súa militáncia, por defender os direitos de Galiza e os direitos dos traballadores do país. Foi impulsor fundamental da creación e dinamización de organizacións sindicais e políticas como a INTG e o BNG. Dirixente da UPG é, desde a súa fundación membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego. Actualmente é  membro do Consello Nacional do BNG e da Executiva. Foi deputado no Parlamento Galego e deputado e Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados desde o ano 1996 até o 2008. Logo de ter deixado a sua actividade parlamentaria, encamiñou a súa labor ao traballo no BNG, aos estudos da nosa realidade nacional, amáis de ser o Secretario Xeral da UPG, secretaria que deixou o 17 de xuño de 2012, no XIII Congreso da Unión do Povo Galego.
Enviado por:
Inácio GZ

-inaciogz@gmail.com-
25 de março de 2016 113:40
______________