Amosando publicacións coa etiqueta IGE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IGE. Amosar todas as publicacións

luns, abril 27, 2020

O Portal Educativo do Instituto Galego de Estatística (IGE), presenta o seu xogo do Trivial en formato multimedia


O IGE dispón dunha versión do popular xogo do Trivial onde deberás responder a preguntas sobre poboación, sociedade, economía, ... referidas á Comunidade Autónoma de Galicia.

Xa está aquí o Trivial do IGE, onde versionamos en formato multimedia o popular xogo de mesa que seguramente todos coñecedes xa!!!

Trátase dun sinxelo xogo que consiste en responder ao máximo número de preguntas sobre temas moi variados, iso sí, neste caso relacionadas todas elas coa realidade socioeconómica de Galicia.

As preguntas están agrupadas en 6 categorías temáticas: territorio e medio, ciencia e tecnoloxía, poboación, mundo laboral e sectores de actividade, benestar e condicións de vida, e economía. Ofrecémosche 3 niveis de dificultade. Pero coidado porque, ademais de poñer a proba os teus coñecementos sobre a realidade galega, tamén che pedimos que interpretes gráficos, calcules porcentaxes e taxas de variación.

Veña! Demóstranos o que sabes de Galicia e pon a proba os teus coñecementos sobre estatística!!!

Se te atrancas con algunha das preguntas, non desesperes, pois en todas elas terás enlaces a nosa páxina web para que atopes a resposta.

Ánimo e a divertirte!

E se che gusta esta actividade, consulta o noso Portal Educativo, onde atoparás moitos máis exercicios para seguir aprendendo cousas de Galicia e dos galeg@s!!!

O TRIVIAL DO IGE A TRES NIVEIS (DOADO, MEDIO E DIFÍCIL): XOGAR.

Fonte: http://www.ige.eu/estatico/educacion/index.htm
_______

xoves, xaneiro 05, 2017

O Instituto Galego de Estatística publica a Enquisa conxuntural a fogares do último trimestre e os de Afiliacións á Seguridade Social do último mes


O IGE publica hoxe na súa web a Enquisa conxuntural a fogares correspondente ao cuarto trimestre de 2016.

A Enquisa conxuntural a fogares é unha operación estatística que realiza o IGE dende o ano 2003 co obxecto de obter información sobre a situación e as expectativas económicas dos consumidores galegos. Permite facer un seguimento ao longo do tempo das crenzas e comportamentos no que a súa posición económica, patrón de consumo, de aforro, de pagamentos e de traballo se refire. O Índice de confianza do consumidor (ICC) varía de -100 a 100, reflectindo os valores positivos do indicador optimismo por parte dos consumidores e os valores negativos pesimismo respecto ás variables mencionadas.

Resumo de resultados na Web do IGE.

Resultados detallados na Web do IGE.

O IGE publíca o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de decembro do 2016.

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia durante o mes de decembro deste ano 2016 acadou a cifra de 963.735 para o total do sistema, o que supón un incremento respecto ao pasado mes de novembro de 4.808 afiliacións (un -0,50%). Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 17.849.055, rexistrando un incremento do 0,39% con respecto a novembro de 2016. Informe en formato pdf: Acceder/Baixar.

Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu


Enviado por:

Instituto Galego de Estatística
-ige.novidades@ige.eu-
4 de janeiro de 2017 14:17
________

mércores, abril 27, 2016

Panorama estatístico actualizado dos sete grandes concellos galegos - Territorio, poboación, movemento natural da poboación, traballo, vivenda e pensións contributivas da Seguridade Social


Panorama dos sete grandes concellos galegos

Introdución

O obxectivo do Panorama dos sete grandes concellos é por a disposición pública aquela información dispoñíbel sobre os sete grandes concellos de Galiza que se poida desagregar a nivel de distrito ou sección censual. En todos os apartados ofrécese :
  • Información para o total municipal
  • Información por distritos censuais
  • Información por seccións censuais
Esta actividade estatística acompaña-se dunha aplicación que permite visualizar en mapas toda a información inframunicipal dos sete grandes concellos de Galiza.

Información por temas:
Acceso ás táboas de datos | Ir á Web.

---
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu

Foto parcial de Ferrol (Arsenal e Estaleiro Navantia)

Información baseada na enviada por:
Servizo de Difusión e Información Estatística
-ige.novidades@ige.eu-
26 de abril de 2016 09:20

_____________

mércores, decembro 16, 2015

Estudo sobre a forza de traballo na Galiza e os salarios desde diferentes perspectivas, feito polo IGE - Enlace a outro Informe de interese sobre as variacións nos Índices de Prezos ao Consumo


Introdución


O Estudo sobre salarios é unha actividade estatística incluída nos Programas Estatísticos Anuais da Comunidade Autónoma desde o ano 2013 cuxo obxectivo é facer un estudo coa información existente sobre os salarios. A dita información está moi dispersa no sistema estatístico, xa que son diferentes as perspectivas desde as que se estudan os salarios e son varios os organismos que realizan estatísticas salariais. O IGE pretende con esta actividade achegar a información sobre os salarios dunha forma estruturada destacando os principais resultados de cada unha das fontes estatísticas.

Este estudo estrutúrase en 6 apartados, o primeiro relativo ao mercado de traballo en Galicia, e os cinco restantes utilizan fontes estatísticas relativas aos salarios, polo que teremos cinco aproximacións complementarias co obxectivo de dar unha visión completa sobre as rendas do traballo en Galicia.

En cada apartado realízanse comparacións temporais e espaciais. Trátase de coñecer a evolución recente dos salarios e realizar comparacións con outros territorios, como España e a Unión Europea. Tamén terán cabida, na medida en que as fontes o permitan, as comparativas dentro de Galicia e teremos desagregacións provinciais ou mesmo por grandes concellos. A perspectiva de xénero é outro factor fundamental nos resultados deste estudo, no que tamén poñen a disposición dos usuarios datos dos salarios en función da idade, ocupación, nivel de estudos ou actividade económica.

1.- O mercado traballo en Galicia
A estrutura do mercado de traballo en Galicia achega o punto inicial deste traballo. Trátase de coñecer como se estrutura a poboación en relación coa actividade económica, co obxectivo de caracterizar o volume de traballadores por conta allea desde unha perspectiva socioeconómica. Trataríase de describir a poboación asalariada en Galicia segundo o sexo, idade, tipo de xornada, rama de actividade, nivel de estudos e ocupación. Neste apartado a fonte de información é a Enquisa de Poboación Activa (IGE-INE). | Ir a Web.

2.- A remuneración do factor traballo na economía galega
A continuación ofrécese unha visión agregada dos salarios na economía galega. A fonte de información é o Sistema de Contas Económicas de Galicia (IGE), que ofrece información da participación dos salarios na distribución do valor engadido xerado no sistema produtivo galego.
| Ir a Web.

3.-Salarios desde a perspectiva do fogar
A remuneración dos asalariados son os pagamentos realizados polas empresas. Unha parte vai destinado ás cotizacións obrigatorias á seguridade social e outra, tras deducir cotizacións do empregado e impostos sobre a renda, é a que reciben os fogares galegos pola súa contribución ao proceso produtivo achegando forza de traballo. As rendas salariais son a principal fonte de renda nos ingresos totais dos fogares galegos como se analizará no bloque 3. Neste apartado utilízase información da Enquisa de Condicións de Vida das Familias (IGE).| Ir a Web.

4.- Salarios desde o punto de vista do pagador
O cuarto bloque pon o foco nos salarios dende o punto de vista do pagador, isto é, das empresas da nosa comunidade. A competitividade das nosas empresas está condicionada polo custo laboral, xunto con outros factores máis amplos. Estes custos forman parte dos custos de produción total das empresas. Neste apartado analizaranse os custos laborais coa Encuesta anual de coste laboral (INE). | Ir a Web.

5.- Salarios desde o punto de vista do perceptor
A perspectiva do traballador será abordada no quinto apartado. Nel, a través da Encuesta de Estructura Salarial do INE, analizarase a distribución salarial en Galicia e nas súas provincias, o alario bruto anual e a ganancia por hora desde múltiples perspectivas: segundo sexo e idade, ocupación, actividade económica, nivel de estudos, tipo de xornada e contrato. A virtude deste punto de vista é establecer relacións entre o salario e algunhas variables que poden contribuír ao seu nivel, así como poñer os niveis salariais en relación a variables como a propiedade da empresa ou a actividade que desenvolve. | Ir a Web.

6.- Salarios nos grandes concellos
Neste Estudo sobre salarios analízanse os salarios nos grandes concellos de Galicia a través da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social. Neste caso publícanse datos sobre os salarios en función do sexo, idade, tipo de contrato e tipo de xornada, para os sete grandes concellos de Galicia.| Ir a Web.

7.- Salarios nas fontes tributarias
Por último, en febreiro de 2015, introduciuse neste estudo un resumo da estatística "Mercado de trabajo y Pensiones en las fuentes tributarias" realizada pola Axencia Tributaria. O obxectivo é facer unha análise dos salarios dende a óptica do perceptor, utilizando como variables de clasificación a provincia e a Comunidade Autónoma, o sexo, a idade, a rama de actividade e os tramos de salario.| Ir a Web.

Fonte: Servizo de Difusión e Información Estatística Complexo Administrativo San Lázaro s/n Instituto Galego de Estatística 15703 Santiago de Compostela Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323 | web: http://www.ige.eu

---

OUTRO INFORME DE INTERESE ANEXO, PUBLICADO POLO IGE.-

INFORME SOBRE AS VARIACIÓNS NOS ÍNDICES DE PREZOS DE CONSUMO
Novembro 2015 | 13 Páxinas en formato PDF | Acceder/Baixar.


Enviado por:

ige.novidades@ige.eu
-ige.novidades@ige.eu-
15 de dezembro de 2015 13:34
__________________

martes, novembro 24, 2015

O Instituto Galego de Estatística, publica hoxe un interesante informe sobre as persoas pensionistas residentes na Galiza


O Instituto Galego de Estatística (IGE), publica hoxe un interesante informe sobre as persoas pensionistas residentes na Galiza; "Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia - Ano 2014".


O IGE realizou unha explotación do ficheiro de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social xestionadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e polo Instituto Social da Mariña (ISM).

Os datos que se presentan neste apartado son relativos ao colectivo de titulares de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social xestionadas polo INSS e polo ISM, residentes na Comunidade Autónoma. Non se inclúen, aquelas persoas que teñen un sistema de previsión social distinto á Seguridade Social, como por exemplo, os funcionarios de clases pasivas.
"No ano 2014, en Galicia hai 652.477 persoas que perciben pensións contributivas da Seguridade Social, das cales o 50% son mulleres.

O 78,9% das persoas que perciben pensións contributivas teñen 65 ou máis anos. Nos homes, o grupo de idade máis frecuente é o de 65 a 74 anos (126.356 persoas), mentres que nas mulleres é o de 75 a 84 anos (102.340 persoas).

O importe medio calcúlase como a media da suma dos importes percibidos en pensións contributivas da Seguridade Social por cada pensionista. En Galicia, no ano 2014, este importe situouse en 848,05 euros, e no caso dos homes é un 37,2% superior ao das mulleres.

Ao comparar o importe medio segundo o sexo e a idade do pensionista pode observarse que os homes teñen importes medios superiores ás mulleres en todos os grupos de idade. Ademais os importes maiores, tanto para homes como para mulleres, atópanse nos grupos de idade intermedios, é dicir, de 55 a 64 anos e de 65 a 74 anos. Nestes dous grupos de idade o importe medio dos homes é un 47,4% e un 45% respectivamente superior ao das mulleres
."
Sigue sinalando no seu informe:
"No ano 2014, en Galicia, o 50% dos pensionistas, 326.238 persoas, percibiron un importe medio superior aos 634,4 euros; e o 10% percibiron menos de 404,8 euros.

Por sexos a distribución dos importes medios dos homes presenta unha maior dispersión e as diferenzas acrecéntanse nos importes medios máis elevados. Así, máis do 25% dos homes perciben un importe medio superior aos 1.000 euros mentres que no colectivo das mulleres só acadan esta cantidade pouco máis do 10% das pensionistas
".
Máis información con interesantes cadros en:
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/Pensions_ResumoResultados.html

Outra información de interese sobre as pensións na Galiza:
http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0205008

Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu


Información baseada na enviada por:
ige.novidades@ige.eu
-ige.novidades@ige.eu-
24 de novembro de 2015 09:58

__________

venres, marzo 27, 2015

Moi interesante informe con datos estatísticos fundamentais sobre o Panorama dos sete grandes concellos de Galiza que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE)


Desde o Servizo de Difusión e Información Estatística do IGE envían-nos unha información de moito interese para a elaboración de análise de conxuntura socioeconómica dos sete grandes concellos de Galiza (A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol). Análise necesario para a actividade social e política de quen pretende a transformación das institucións municipais e de elaboración de alternativas para a transformación dos concellos, barrios e parroquias en espazos para o ben común e o benestar social. Desde Ártabra 21 queremos contribuír á difusión desta ferramenta estatística que se pode utilizar de apoio para mellor coñecer a realidade sobre a que se quere intervir. A ferramenta estatística, con táboas, gráficos e mapas, presentan datos o máis actualizados posíbeis sobre Territorio, Poboación, Mortalidade (Movemento natural da poboación), Traballo, Vivenda e Pensións contributivas da Seguridade Social.


O IGE publica hoxe o Panorama dos sete grandes concellos de Galicia.


O obxectivo do Panorama dos sete grandes concellos é por a disposición dos usuarios aquela información dispoñible sobre os sete grandes concellos de Galiza que se poida desagregar a nivel de distrito ou sección censual. En todos os apartados ofrécese :
  • Información para o total municipal
  • Información por distritos censuais
  • Información por seccións censuais
Esta actividade estatística acompáñase dunha aplicación que permite visualizar en mapas toda a información inframunicipal dos sete grandes concellos de Galiza.

Territorio.-

Dos sete grandes concellos de Galiza, Lugo é o de maior extensión, con preto de 33.000 hectáreas de superficie. No outro extremo atópase A Coruña, con 3.783 hectáreas.

No tocante á densidade de poboación, A Coruña, con aproximadamente 6.500 habitantes por quilómetro cadrado, é o que presenta unha maior densidade mentres que en Lugo a densidade non acada os 300 habitantes por quilómetro cadrado.

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galiza, os datos de superficie e densidade por distritos e sección censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.
Acceder aos gráficos e táboas:
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/PanoramaConcellos/01_Territorio.html

Poboación.-

Estrutura da poboación.-

A poboación de Galiza no ano 2014 alcanzou a cifra de 2.748.695 persoas. Destas, o 36,2% reside nunha das sete grandes cidades de Galicia. Vigo é a que conta con maior poboación (con 294.997 persoas), seguida a pouca distancia da Coruña (con preto de 245 mil persoas), Ourense e Lugo. Pecha a lista dos sete grandes a cidade de Ferrol, co 2,6% da poboación de Galiza.

O xénero feminino supera ao masculino en número de efectivos: o 51,8% da poboación galega son mulleres. No referido á estrutura por idades, o 11,9% dos habitantes de Galiza ten menos de 15 anos, o 64,5% está comprendido entre os 15 e os 64 anos, e o 23,6% xa cumpriu os 65 anos de idade. As cidades de Pontevedra, Vigo, Santiago e Lugo presentan unha estrutura por idades menos envellecida que a galega (teñen porcentaxes de poboación menor de 15 anos superiores á media galega, e porcentaxes de poboación maior de 64 anos inferiores á media galega). A Coruña e Ourense presentan unha estrutura por idades moi similar á rexistrada no conxunto da Comunidade, e Ferrol rexistra maior porcentaxe de poboación maior de 64 anos (o 25,7% dos residentes na cidade).

Indicadores de envellecemento

A estrutura poboacional galega está bastante envellecida. Diso dan mostra indicadores demográficos como a idade media da poboación ou o índice de envellecemento. No referido ao primeiro deles, os galegos temos unha idade media de 45,9 anos. A idade media nos sete grandes núcleos poboacionais de Galiza tamén sobrepasa os 40 anos, máis, con todo, e agás no caso de Ferrol (que está moi por encima da media galega 47,4 anos), este indicador sitúase por debaixo da media galega. A cidade co indicador máis baixo é Pontevedra, cunha idade media de 42,8 anos en 2014, seguida de Vigo, con 44 anos.

O índice de envellecemento mide a relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos. En Galiza no ano 2014 toma o valor 150,1, o que quere dicir que, por cada 100 menores de 20 anos hai aproximadamente 150 persoas de 65 ou máis anos. Os sete grandes concellos galegos presentan valores máis baixos deste indicador que a media galega, agás Ferrol, que, cun índice de 173,8, supera ao galego. O concello co índice de envellecemento máis baixo é Pontevedra, onde a relación non chega a 100 (sitúase no 98,8%). En todos os restantes concellos, o indicador está por riba do 100%, o que implica que hai máis poboación maior de 64 anos que menor de 20.

Poboación segundo o lugar de nacemento e poboación estranxeira

O 56,3% da poboación galega reside no mesmo concello no que naceu; o 30,5% noutro concello ou provincia distinto ao de nacemento, e o 13,2% naceu noutra comunidade autónoma ou no estranxeiro. Nos sete grandes concellos galegos, a poboación que reside no mesmo concello no que naceu oscila entre o 46,6% de Ourense e o 60,9% de Ferrol.

O 3,6% da poboación residente en Galiza é de nacionalidade estranxeira. Seis dos sete grandes concellos galegos posúen porcentaxes de poboación estranxeira superiores á media galega. Lugo acada o valor máis alto en 2014 (o 5,2% dos residentes no municipio de Lugo teñen nacionalidade estranxeira), seguido de Vigo e a Coruña (co 4,9%). En Ferrol a porcentaxe de estranxeiros sitúase no 2,6% da poboación total.

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galiza, os datos de poboación, da súa estrutura e dunha serie de indicadores demográficos básicos, por distritos e sección censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.
Acceder aos gráficos e táboas:
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/PanoramaConcellos/02_Poboacion.html

Mortalidade.- (Movemento natural da poboación)

Información para os sete grandes concellos

A taxa de mortalidade defínese como o número defuncións por cada mil habitantes. Ao comparar distintas poboacións, a taxa de mortalidade verase influenciada pola proporción de individuos en cada grupo de idade de cada poboación. A taxa estandarizada de mortalidade elimina o efecto da estrutura por idades.

En Galiza a taxa estandarizada de mortalidade sitúase no ano 2013 en 11 defuncións por cada mil habitantes. Neste ano dos sete grandes concellos de Galicia, Ferrol e Santiago de Compostela son os que teñen maior taxa (11,6), a menor taxa dáse en Vigo con 10,2 defuncións por cada mil habitantes.

Polo que respecta á mortalidade segundo o sexo, os homes presentan en todos os grandes concellos taxas superiores ás das mulleres.

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galicia, os datos da taxa estandarizada de mortalidade por distritos e sección censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.
Acceder aos gráficos e táboas:
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/PanoramaConcellos/03_Mortalidade.html

Traballo.-

Afiliados á Seguridade Social en alta laboral

A continuación móstrase o número de afiliados á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia do traballador correspondentes ao día 1 de xaneiro de 2014. Segundo esta información, Vigo é o concello galego onde reside o maior número de traballadores afiliados á Seguridade Social (95.919) seguido da Coruña con preto de 81.000 traballadores.

Os sete grandes concellos galegos suman o 37,1% dos traballadores afiliados á Seguridade Social en Galicia e residentes na comunidade autónoma.

Atendendo á idade, o 29,9% dos traballadores galegos ten 50 ou máis anos. Agás Vigo, o resto de grandes concellos presentan unhas porcentaxes de afiliados neste grupo de idade superiores á media galega.

Nacionalidade dos afiliados

O 3% dos afiliados á Seguridade Social residentes en Galiza teñen nacionalidade estranxeira. Ferrol é o único concello galego con máis de 50.000 habitantes que presenta unha porcentaxe de traballadores afiliados de nacionalidade estranxeira inferior á media galega (2%). Pola súa banda, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo presentan porcentaxes moi similares (entre o 4% e o 4,3%), mentres que en Santiago e Pontevedra o peso destes traballadores é do 3,1%.

Afiliados entre a poboación de 16 a 64 anos

Como indicador de ocupación, pódese calcular o número de traballadores afiliados á Seguridade Social entre a poboación de 16 a 64 anos (ambos inclusive). Dos grandes concellos, Santiago é o presenta un maior indicador, con 52,6 afiliados en alta laboral por cada 100 persoas entre 16 e 64 anos. No outro extremo atópase Ferrol con menos de 40 afiliados por cada cen persoas neste grupo de idade.

Afiliacións segundo o sector de actividade
No tocante aos sectores de actividade, o 71,4% das afiliacións de residentes na comunidade autónoma de Galiza corresponde ao sector servizos. Nos municipios con máis de 50.000 habitantes esta porcentaxe sobe até valores que roldan o 80%. Destaca Santiago de Compostela co 87,1% de afiliacións no sector servizos.

Para o sector industrial, Vigo é o concello con maior porcentaxe de afiliacións neste sector (16,8%) seguido de Ferrol (13,8%). No outro extremo sitúase Santiago de Compostela onde as afiliacións na industria apenas supoñen o 7% do total de afiliacións de residentes neste concello.

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galiza, os datos de traballadores afiliados á Seguridade Social en alta laboral por distritos e sección censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.
Nota metodolóxica

A data de referencia dos datos contidos no ficheiro de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral é o 31 de decembro de 2013. Para calcular os indicadores pertinentes e construír os mapas por seccións e distritos consideráronse a poboación e os mapas de distritos e seccións a 1 de xaneiro de 2014, de aí que as táboas e os resultados finais teñan ano de referencia 2014.

Acceder aos gráficos e táboas:
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/PanoramaConcellos/04_Traballo.html

Vivenda.-

Información para os sete grandes concellos

Dos sete grandes concellos de Galicia, Vigo é o que ten maior número de bens inmobles de uso residencial, que representan o 63,5% dos bens inmobles deste concello. Nos concellos de A Coruña e Ferrol a porcentaxe de bens inmobles de uso residencial é case do 75% mentres que no concello de Ourense esta porcentaxe non chega ao 50%.

O concello, dos sete grandes, que ten maior número de bens inmobles de uso comercial é A Coruña, seguido de Vigo. En ambos os dous concellos o número de bens inmobles deste tipo supera os 10.000. Pola outra banda nos concellos de Ferrol, Lugo e Pontevedra os bens inmobles de uso comercial non acadan os 4.000.

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galiza, os datos de bens inmobles segundo uso e distritos censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos.
Acceder aos gráficos e táboas:
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/PanoramaConcellos/06_Vivenda.html

Pensións contributivas da Seguridade Social

Pensionistas

A continuación móstrase o número de pensionistas que perciben pensións contributivas da Seguridade Social segundo o concello de residencia do pensionista correspondente ao 31 de decembro de 2013 (ver nota metodolóxica). Segundo esta información, Vigo é o concello no que reside un maior número de pensionistas (58.851), seguido da Coruña con algo máis de 51.000.

Nos concellos das sete cidades galegas reside o 31% dos pensionistas galegos que perciben pensións contributivas da Seguridade Social.

No ano 2014, case 1 de cada 4 persoas residentes en Galiza percibe pensións contributivas da Seguridade Social. Nos sete grandes concellos o número de pensionistas por 1.000 habitantes é inferior ao valor de Galiza. Os que presentan un maior valor do indicador son Ourense e Ferrol, con 227 e 223 pensionistas por cada 1.000 habitantes, valor moi próximo ao dato de Galiza. Pola contra, Pontevedra, onde 1 de cada 6 residentes no concello é pensionista, é o concello dos sete grandes no que se rexistra o valor máis baixo do indicador.

Importe medio

O importe medio calcúlase como a media da suma dos importes percibidos en pensións contributivas da Seguridade Social por cada pensionista. En Galiza, no ano 2014, este importe situouse en 833,61 euros. Nos sete grandes concellos, o importe medio que perciben os pensionistas en termos de pensións contributivas é superior ao dato de Galiza. O concello de Ferrol é no que se rexistra o valor más alto deste importe, que é un 29,4% superior ao dato de Galiza.

O importe medio que perciben os homes galegos en pensións contributivas (963,03 euros) é un 36,7% superior ao que perciben as mulleres (704,43 euros). O importe medio en pensións contributivas dos homes supera en seis dos sete grandes concellos os 1.000 euros mentres que no caso das mulleres non chega a alcanzar os 850 euros en ningún deles.

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galicia, os datos de número de pensionistas e importe medio por distritos e seccións censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.
Nota metodolóxica

A data de referencia dos datos contidos no ficheiro de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social é o 31 de decembro de 2013. Para calcular os indicadores pertinentes e construír os mapas por seccións e distritos consideráronse a poboación e os mapas de distritos e seccións a 1 de xaneiro de 2014, de aí que as táboas e os resultados finais teñan ano de referencia o 2014.

Información xeral.-

Acceso ás táboas de datos (Até por Seccións censuais e con mapas ligado ao goole-maps):
http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?ruta=sCensales.jsp

Contido:
Enlace á información xeral e táboas estatísticas:
http://www.ige.eu/web/mostrar_seccion.jsp?idioma=gl&codigo=0703


Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu


Información baseada na enviada por:
Servizo de Difusión e Información Estatística
-ige.novidades@ige.eu-
27 de março de 2015 09:19

____________

sábado, marzo 07, 2015

O índice de produción industrial de Galiza decreceu un 4,9% con respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que a nivel estatal o descenso foi do 2,0%


O Instituto Galego de Estatística ven de publicar o informe sobre o índice de produción industrial correspondente a xaneiro 2015. O índice de produción industrial de Galiza decreceu un 4,9% con respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que a nivel estatal o descenso foi do 2,0%. E iso que din que "a economía esta despegando". Cando non manifestan que "a crise forma parte do pasado". Estes índices e as táboas comparativas veñen amosar unha situación de crise prolongada. 4,9% é un decrecemento industrial significativo. Polo interese do informe, desde Ártabra 21, pasamos a transcribir parte del, mais tamén achegamos os enlaces ao informe completo e a outros datos estatísticos comparativos publicados na web do citado IGE.


INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL.Xaneiro 2015

1. Índice xeral e por destino económico dos bens

O Índice de produción industrial (IPI) do mes de xaneiro de 2015 en Galicia acadou un decrecemento interanual do 4,9%, empeorando en 5,7 puntos a taxa rexistrada no mes precedente. En España rexistrouse un descenso do 2,
0%, empeorando en 5,2 puntos a taxa acadada no mes anterior.

Por destino económico dos bens, a influenza dos dis tintos sectores na variación interanual do índice xeral é a seguinte:
  • Os bens de consumo presentan unha caída do 6,6%, o que resta 1,7 puntos á taxa interanual do conxunto.
  • Os bens de equipo presentan unha caída do 8,5%, o que resta 1,9 puntos á taxa interanual.
  • Os bens intermedios caen un 3,0% cunha repercusión negativa de 0,8 puntos.
  • Por último, a enerxía, que retrocede un 1,8% restando 0,5 puntos á taxa interanual.
Comparando cos crecementos interanuais de decembro de 2014, por destino económico, os bens de consumo empeoran 15,7 puntos, os bens de equipo empeoran 5,6 puntos, os bens intermedios empeoran 2,9 puntos; pola contra, a enerxía mellora 0,2 puntos.

2. Índices por ramas de actividade.

Se utilizamos a clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 09) a nivel de división para facer unha análise máis detallada do comportamento das distintas ramas de actividade obtemos os resultados que se mostran no cadro 2 do anexo (Páxina 5 do Informe). As ramas de actividade están ordenadas segundo a repercusión que teñen no crecemento interanual do índice xeral.

As ramas que presentan unha maior achega positiva á taxa interanual de xaneiro son: a “industria química” e o “refino de petróleo” que achegan 0,6 puntos cada unha, a “captación, depuración e distribución de auga“ e a “fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos” que achegan dúas décimas cada unha.

As ramas con repercusión máis negativa en xaneiro foron: a “fabricación doutro material de transporte” (naval) que resta 1,4 puntos, a “produción de enerxía eléctrica“ que resta 1,3 puntos, a “confección de roupa de vestir” que resta 1,0 puntos e a “metalurxia” que resta seis décimas á taxa interanual.

Enlaces.

Informe:
http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/publicaciones/IPI_Informe_01_15.pdf

Datos estatísticos de interese:
http://www.ige.eu/web/mostrar_seccion.jsp?idioma=gl&codigo=0303

Notas metodolóxicas.

O IPI é un indicador conxuntural que mide a evolución mensual da actividade produtiva das ramas industriais, é dicir, das industrias extractivas, manufactureiras, fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado e fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación, que son, respectivamente, as seccións B, C D e E da Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009 (CNAE 2009). Mide, por tanto, a evolución conxunta da cantidade e da calidade producidas, eliminando a influenza dos prezos. | Para a súa obtención realízase unha enquisa continua de periodicidade mensual que investiga todos os meses a máis de 11.500 establecementos en España e 1.600 en Galicia
_____________

mércores, febreiro 25, 2015

Segundo datos oficiais do IGE e o INE, Ferrol xa baixa da cifra psicolóxica dos 70.000 habitantes, en concreto dá unha cifra de 69.259 correspondentes ao 1 de xaneiro de 2014.


Cifras poboacionais de referencia. | Ano 2014.

Segundo datos oficiais do IGE e o INE, Ferrol xa baixa da cifra psicolóxica dos 70.000 habitantes, en concreto dá unha cifra de 69.259 correspondentes ao 1 de xaneiro de 2014.

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe (24-02-2015) na súa web as Cifras poboacionais de referencia, correspondentes ao 1 de xaneiro de 2014.

As Cifras de poboación, estatística realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), proporciona unha estimación da poboación residente no polo de agora Reino de España, en cada comunidade autónoma, provincia e illa (nas provincias insulares), desagregada segundo características demográficas básicas, coma o sexo e a idade. Estes datos son empregados como cifras poboacionais de referencia en todas as operacións estatísticas do INE (enquisas, Contabilidade Nacional, indicadores, etc.) e son transmitidas a nivel internacional como datos oficiais de poboación de España a todos os efectos.

A partir da información proporcionada polas Cifras de población, o IGE elabora a desagregación territorial das mesmas, até o nivel municipal, para o ámbito galego. Preséntan-se neste momento os resultados obtidos con data de referencia o 1 de xaneiro de 2014, por sexo e grupos quinquenais de idade, en todos os concellos, e por sexo e idades simples para os sete grandes concellos de Galicia.

Máis información e as táboas na web do IGE.

Acceso ao resumo de resultados da operación: Cifras e Poboación.

Cifras poboacionais de referencia de Ferrol.

O ano en que Ferrol chegou a ter máis habitantes foi en 1981 que dan unha cifra de 87.691 habitantes.

Algúns do datos que se poden atopar nas táboas citadas.

      Ano   Total     Homes   Mulleres

      2005  75.560  35.120  40.440
      2006  74.863  34.777  40.086
      2007  74.020  34.409  39.612
      2008  73.540  34.278  39.262
      2009  73.119  34.181  38.938
      2010  72.634  33.975  38.658
      2011  71.965  33.714  38.251
      2012  71.249  33.447  37.802
      2013  70.130  32.890  37.240
      2014  69.259  32.466  36.793

IGE. Cifras poboacionais de referencia.
Estas cifras están baseadas nas Estimacións intercensais de poboación do INE, até o ano 2012, e nas cifras de poboación do INE a partir de 2013
(24-02-2015)

Foto da Manifestación en Ferrol 24 de febreiro de 2013, de Fermín Goiriz Díaz. | Publicada (24.02.2013) en Álbum de fotos da manifestación polo futuro do sector naval en Ferrol.

Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu

Información baseada na enviada por:
ige.novidades@ige.eu
-ige.novidades@ige.eu-
24 de fevereiro de 2015 10:00

_______________

martes, febreiro 04, 2014

Descenden en 13.249, as afiliacións á Seguridade Social nun so mes na Galiza, segundo o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de Xaneiro de 2014

Hoxe publícase na web do IGE o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de xaneiro de 2014.

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia durante o primeiro mes deste ano 2014 acadou a cifra de 901.377 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao mes de decembro de 2013 de 13.249 afiliacións (un -1,45%). Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 16.173.610, rexistrando un descenso do 1,1% con respecto ao pasado mes de decembro.

Para máis información consulte a seguinte ligazón:

http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/publicaciones/Afiss_Informe_01_14.pdf

---
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
Síguenos en Twitter: https://twitter.com/#IGE_Estatistica
Síguenos en Facebook: http://www.facebook.com/INSTITUTOGALEGOESTATISTICA
web: http://www.ige.eu

Enviado por:
IGE Novidades
-ige.novidades@ige.eu-
4 de fevereiro de 2014 10:44
____________________

martes, novembro 05, 2013

Publicou-se na web do IGE o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de outubro de 2013 - Na Galiza baixan significativamente as afiliacións á Seguridade Social, mentres que a media do Estado aumenta


A web do IGE, publica hoxe o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de outubro de 2013
.

05.11.2013 |O número medio de afiliacións [*] ao Sistema da Seguridade Social en Galiza durante o mes de outubro deste ano acadou a cifra de 921.332 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao mes de setembro de 2013 de 4.523 afiliacións (un -0,49%). Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 16.360.373, rexistrando un aumento do 0,34% con respecto ao pasado mes de setembro.

Na comparativa interanual (outubro de 2013 con outubro de 2012) obsérvase un descenso de 23.741 afiliacións no total do sistema en Galiza; en termos relativos a caída foi do 2,51%, superior á diminución do 2,25% (376.354 afiliacións) rexistrada no conxunto estatal.

Fonte: INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL (En formato pdf - 6 páxinas)| Afiliacións medias outubro 2013 | Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013 | Instituto Galego de Estatística.

[*] O Ministerio de Traballo e Inmigración dende o informe de xullo de 2008 tan só publica os datos de afiliación media do mes por
considerala máis estable que a cifra do último día do mes e reflectir mellor como foi a afiliación no conxunto do mes.

---
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
Twitter: https://twitter.com/#IGE_Estatistica
Facebook: http://www.facebook.com/INSTITUTOGALEGOESTATISTICA
web: http://www.ige.eu


Enviado por:
IGE Novidades
-ige.novidades@ige.eu-
5 de novembro de 2013 10:41

_____________

xoves, xaneiro 24, 2013

A Enquisa de Poboación Activa 2012 no concello de Ferrol - Datos estatísticos de interese e definicións para entender mellor as táboas

Enquisa de Poboación Activa no concello de Ferrol

ENQUISA DA POBOACIÓN ACTIVA POR SEXOS E EN RELACIÓN Á ACTIVIDADE ECONÓMICA.
  • Poboación de 16 e máis anos do concello de Ferrol por sexo e relación coa actividade económica.
  • Datos en miles de persoas.
  •  Espazo=Ferrol.

TAXAS DE ACTIVIDADE, OCUPACIÓN E PARO

  • Poboación de 16 e máis anos do concello de Ferrol.
  • Datos en porcentaxes.
  •  Espazo=Ferrol.

Definicións:

Poboación activa
Son as persoas que, nun período de referencia dado, subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse a dita produción. Comprende a todas as persoas de 16 ou máis anos que cumpren as condicións necesarias para a súa inclusión entre as persoas ocupadas ou paradas.
Poboación contada a parte

Poboación inactiva
Abrangue todas as persoas de 16 e máis anos non clasificadas como ocupadas ou paradas.
Os inactivos clasifícanse segundo a súa situación persoal nas seguintes categorías funcionais:
  • Persoas que se ocupan do seu fogar.
  • Estudantes.
  • Xubilados ou prexubilados.
  • Persoas que perciben unha pensión distinta á de xubilación ou prexubilación.
  • Persoas que realizan sen remuneración traballos sociais, actividades de tipo benéfico...
  • Incapacitados para traballar.
  • Outra situación. Persoas que, sen exercer ningunha actividade económica, reciben axuda pública ou privada e todas aquelas que non están incluidas en ningunha das categorías anteriores.
Poboación ocupada
Persoas de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia tiveron un traballo por conta allea ou exerceron unha actividade por conta propia, nalgunha das seguintes situacións:
  • traballando polo menos unha hora por un soldo, salario ou beneficio empresarial ou ganancia familiar en metálico ou en especie
  • con emprego pero sen traballar por razóns de enfermidade ou accidente, vacacións, festas, mal tempo ou razóns análogas
Poboación parada
Persoas de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia estiveron sen traballo, dispoñibles para traballar e buscando emprego. Son parados tamén os que atoparon un traballo e están esperando incorporarse, sempre que se verifiquen as dúas primeiras condicións.
Segundo o Regulamento 1897/2000 da Comisión Europea, os únicos métodos de busca de emprego considerados activos son:
  • Estar en contacto cunha oficina pública de emprego co fin de atopar traballo, calquera que sexa a parte que tomase a iniciativa (a renovación da inscrición por razóns puramente administrativas non constitúe unha postura activa).
  • Estar en contacto cunha oficina privada (oficina de emprego temporal, empresa especializada en contratación...) coa fin de atopar traballo.
  • Enviar unha candidatura directamente aos empregadores.
  • Indagar a través de relacións persoais, por mediación de sindicatos, ...
  • Anunciarse ou responder a anuncios de periódicos.
  • Estudar as ofertas de emprego.
  • Participar nunha proba, concurso ou entrevista, no marco dun procedemento de contratación.
  • Buscar terreos, locais ou material.
  • Realizar xestións para obter permisos, licenzas ou recursos financeiros.
Taxa de actividade
Porcentaxe do número total de activos sobre a poboación total (poboación de 16 ou máis anos).

Taxa de ocupación
Porcentaxe de ocupados sobre a poboación de 16 ou máis anos

Taxa de paro
Porcentaxe de parados sobre o total de activos.

Nota.- Os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con precaución porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.

Fonte: Instituto Galego de Estatística -IGE e INE.
______________

mércores, febreiro 15, 2012

O IGE publica hoxe na súa páxina web os datos do Índice de prezos ao consumo (IPC) do mes de xaneiro de 2012

O índice xeral correspondente ao mes de xaneiro de 2012 decreceu un 1,4% en Galicia con respecto ao mes anterior, mentres que no conxunto do Estado decreceu tres décimas menos. A suba dos prezos con respecto a xaneiro de 2011 foi do 2,2%, dúas décimas máis que no conxunto do Estado.

A variación interanual da inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) foi dun 1,5%, unha décima menos que a rexistrada en decembro e dúas
décimas máis que a rexistrada a nivel estatal.

En termos de taxa interanual, son os grupos de “Transporte” (5,1%), “Alimentos e bebidas non alcohólicas” (2,7%) e “Vivenda” (4,2%), cunha achega de 1,8 puntos, os que repercuten máis positivamente na subida do 2,2% do índice xeral.

Cadro 1.- VARIACIÓNS PORCENTUAIS DO IPC XERAL

Sobre mes anteriorSobre mes anterior Acumulado no anoSobre ano anterior
IPC xeral Galicia-1,4-1,42,2
IPC xeral España-1,1-1,12,0
Fonte: INE. Índices de Precios de Consumo

Con respecto ao crecemento interanual do mes anterior (2,5%), o índice xeral  diminuíu 0,26 puntos. O grupo que máis contribuíu a este descenso foi a “Vivenda” con -0,28 puntos.

Imforme completo en formato pdf

Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
web: http://www.ige.eu


Enviado polo:
IGE
-ige.novidades@ige.eu-
15 de fevereiro de 2012 12:37
___________

martes, xaneiro 31, 2012

O Instituto Galego de Estatística -IGE- publica hoxe os Indicadores de contexto do Plano estratéxico de Galicia 2010-2014

Os Indicadores de contexto do Plano estratéxico de Galiza 2010-2014, Fixeron-se público hoxe, 31 de Xaneiro de 2012, na web do Instituto Galego de Estatística -IGE. Pola súa importancia, desde Ártabra 21, achegamos os enlaces que dan acceso aos mesmos.

Na web do IGE, podemos acceder aos dados elaborados sobre cohesión socioeconómica (sociais e económicos) e sobre cohesión territorial e dos territorios (desenvolvemento interno, desenvolvemento comparado co ámbito supraterritorial, de conectividade e TIC). Agardamos que sexan de utilidade.

Indicadores de contexto Plan estratéxico de Galicia 2010-2014

1 Indicadores de cohesión socioeconómica
2 Indicadores de cohesión territorial e dos territorios
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
web: http://www.ige.eu


Enviado polo:
IGE
-ige.novidades@ige.eu-
31 de janeiro de 2012 11:15
___________

luns, xuño 06, 2011

O Instituto Galego de Estatística publica o seu Informe do indice de produción industrial para Galiza - Abril 2011, que presenta un descenso interanual do 7,9%, 5,6 puntos superior ao descenso do mes anterior

Hoxe o IGE publica o seu Informe do Índice de produción industrial para Galiza - Abril 2011.

O Índice de produción industrial (IPI) do mes de abril de 2011 en Galiza presenta un descenso interanual do 7,9%, 5,6 puntos superior ao descenso do mes precedente. No conxunto do estado a taxa interanual acadou un valor do -4,1%, tamén 5,6 puntos inferior ao crecemento do mes de marzo.

Por destino económico dos bens a influenza dos distintos sectores na variación interanual do índice xeral é a seguinte:
  • Os bens de consumo descenden un 10,1% e achegan 2,7 puntos negativos ao crecemento do índice xeral.
  • As ramas enerxéticas contribúen ao descenso do índice xeral na mesma medida que os bens de consumo, neste caso debido a un descenso do 11,8%.
  • Os bens de equipo caeron un 6,9% con respecto a abril de 2010, este descenso repercute minorando en 1,6 puntos o crecemento interanual do índice xeral.
  • Por último, os bens intermedios foi a compoñente con menor descenso (3,4%), o que supuxo unha achega de -1,0 punto ao crecemento do conxunto do índice.
Nos catro primeiros meses do ano o descenso do índice xeral con respecto ao mesmo período do ano anterior foi do 4,1%; o maior descenso corresponde ás ramas enerxéticas, un 9, cunha repercusión no descenso interanual do índice xeral de -2,3 puntos porcentuais.

Por ramas de actividade, as ramas con achega máis negativa son: “Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento” que repercuten -2,8 puntos debido a un descenso do 27,7%, “Coquerías e refinación de petróleo” que cun descenso do 31,6% achega 2,0 puntos negativos e “Confección de roupa de vestir” que minora 1,9 puntos o crecemento do índice xeral debido a que decreceu un 40,9%.

Acceder u baixar o informe -cinco páxinas- en formato -pdf:

Informe do Índice de produción industrial para Galiza - Abril 2011 -06.06.2011

Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
web: http://www.ige.eu


Enviado polo:
IGE
-ige.novidades@ige.eu-
6 de junho de 2011 11:21
___________

martes, abril 12, 2011

Afiliacións á Seguridade Social Marzo de 2011 e Índice de prezos ao consumo Marzo 2011

O IGE publica hoxe na súa páxina web os datos das Afiliacións á Seguridade Social correspondentes ao 31 de marzo de 2011 proporcionados polo Ministerio de Trabajo e Inmigración e o Índice de prezos ao consumo (IPC) do mes de marzo de 2011

Afiliacións medias á Seguridade social por réximes
Unidade: persoas
Espazo=Galicia
TotalXeralAutónom@sEspecial agrarioEspecial do marMinería carbónEspecial empregad@s do fogar
2007 1.073.399 750.528 186.451 55.288 27.226 73 18.954
2008 1.077.659 790.513 236.646 4.476 25.563 41 20.420
2009 1.034.223 755.318 229.042 4.475 24.719 18 20.652
2010 1.012.419 740.325 223.065 4.549 24.128 12 20.423
Marzo 1.007.875 734.721 223.701 4.508 24.363 13 20.569
Abril 1.008.356 735.648 223.499 4.452 24.199 13 20.545
Maio 1.012.672 740.304 223.380 4.449 24.025 13 20.501
Xuño 1.016.537 744.374 223.588 4.432 23.672 13 20.457
Xullo 1.028.782 756.240 223.587 4.357 24.159 11 20.428
Agosto 1.029.214 757.397 223.012 4.299 24.160 10 20.336
Setembro 1.020.299 748.447 222.442 5.086 24.017 10 20.297
Outubro 1.010.906 739.981 221.844 4.750 24.020 10 20.301
Novembro 1.005.776 735.299 221.220 4.606 24.321 10 20.320
Decembro 997.775 728.242 220.646 4.573 23.989 10 20.315
2011 .. .. .. .. .. .. ..
Xaneiro 982.407 714.194 219.777 4.594 23.599 8 20.235
Febreiro 982.353 714.732 218.963 4.621 23.727 7 20.303
Marzo 984.497 716.531 219.064 4.593 23.919 7 20.383

Fonte: Ministerio de Trabajo e Inmigración
Nota: Dende Xaneiro de 2008 os traballadores e traballadoras do réxime agrario por conta propia pasan a considerarse autónom@s
(..) Dato non dispoñible

04-04-2011
 

Índice xeral e por grupos=Xeral
Conxunto do Estado EspañolGaliza

Variación anualVariación sobre o mes anteriorVariación anualVariación sobre o mes anterior
2010

Marzo


1,4


0,7


1,5


0,9
Abril 1,5 1,1 1,7 1,2
Maio 1,8 0,2 1,8 0,3
Xuño 1,5 0,2 1,6 0,2
Xullo 1,9 -0,4 2 -0,7
Agosto 1,8 0,3 1,8 0,2
Setembro 2,1 0,1 2,2 0,2
Outubro 2,3 0,9 2,4 1,3
Novembro 2,3 0,5 2,4 0,6
Decembro 3 0,6 3,1 0,6
2011

Xaneiro



3,3



-0,7



3,4



-1,1
Febreiro 3,6 0,1 3,8 0,1
Marzo 3,6 0,7 3,8 0,9

Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: http://www.ine.es
12-04-2011


Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
web: http://www.ige.eu

____________________