Amosando publicacións coa etiqueta Iraque. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Iraque. Amosar todas as publicacións

mércores, marzo 25, 2009

Seis anos de guerra de Wáshington contra Iraq

Por Bill Van Auken
23.03.2009


Hoxe fai seis anos que Wáshington emprendeu a súa campaña "conmoción e pavor" contra Iraque e lanzou unha choiva de bombas e mísiles sobre Bagdad. A pesar da oposición xeneralizada do pobo estadounidense a esta guerra e do cambio da administración Bush á de Obama, a guerra estadounidense en Iraque continúa sen que se albisque un final.

Este aniversario é tráxico á vez que infame. Marca o inicio dunha guerra de agresión baseada en mentiras. Emprendida en nome de "liberar" ao pobo iraquí, ha infligido unha catástrofe de dimensións históricas mundiais ao seu país e constitúe o maior crime contra a humanidade do século XXI.

Segundo os cálculos máis fiables, en seis anos a guerra en Iraque causou a morte de máis dun millón de iraquís e deixou unha cantidade incalculable de feridos ou discapacitados. Case cinco millóns de persoas foron expulsadas dos seus fogares, ben obrigadas ao exilio ben desprazadas dentro de Iraque pola represión estadounidense e a violencia sectaria.

O goberno e os medios de comunicación estadounidenses enxalzaron a situación de "mellora da seguridade" en Iraque e a "volta á normalidade". Semellantes afirmacións só poden facerse en comparación coa masacre que se estaba producindo antes.

Só na semana pasada sóubose dos seguintes incidentes:
  • O 16 de marzo unha nena iraquí de 12 que ía nun coche co seu pai morreu cando soldados estadounidenses dispararon contra o coche mentres se achegaba a eles preto da cidade norteña de Mosul.
  • O 15 de marzo o exercito estadounidense matou a tiros a unha muller nunha redada no distrito de Hamdan ao oeste de Mosul.
  • O 13 de marzo os soldados estadounidense mataron a dous agricultores no distrito de Jallam de Samarra na provincia de Saladin. As testemuñas indicaron á prensa iraquí que os soldados dispararan sen que houbese provocación algunha.
Decenas doutras persoas morreron en atentados con bomba e tiroteos por todo o país, moitos deles en relación á guerra sectaria de baixa intensidade que continúa causando estragos debido á toma de poder estadounidense e dos intentos de Wáshington de dominar o país utilizando a táctica de divide e vencerás.

E o 16 de marzo Gary L. Moore, un especialista do exército nacido en Oklahoma fai 25 anos, morreu por mor das feridas sufridas cando o seu vehículo chocou contra un artefacto explosivo. A súa morte fai que ascenda a 4.259 a cifra de soldados estadounidenses que perderon a vida nesta sucia guerra colonial.

Un estudo recente feito entre as mulleres iraquís polo grupo de axuda Oxfam ofrece un panorama de como a guerra estadounidense fixo retroceder de xeito brutal a toda unha sociedade.
  • Máis do 55% das mulleres afirmaron ser vítima da violencia desde 2003 e o 30% afirmou que membros da súa familia padeceran unha morte violenta. Tamén o 55% afirmou ser obrigada a abandonar a súa casa polo menos unha vez desde 2003.
  • Case o 25% afirmou non ter acceso diario a auga corrente e a metade das que tiñan acceso afirmaron que a auga non era potable.
  • Un terzo das mulleres afirmou ter electricidade tres horas ao día ou menos, mentres que dous terzos tiña seis ou menos horas. Un 80% afirmou que o acceso era o mesmo ou peor que o ano pasado.
  • Un 40% afirmou que os seus fillos non estaban indo a colexio.
Os esforzos de reconstrución estadounidense tiveron poucos resultados, se non ningún, para os iraquís e en cambio serviron como unha vasta area para a corrupción e proporcionou miles de millóns de dólares en beneficios a contratistas relacionados politicamente e fortunas a desfalcadores. Como recoñeceu nunha recente entrevista para a televisión Stuart Bowen, o inspector xeral da reconstrución iraquí, "32.000 millóns de dólares despois, non temos nin idea de que ocorreu con este diñeiro".

Mentres tanto, case 30.000 iraquís continúan detidos, a maioría deles sen cargos, en prisións estadounidenses e iraquís, onde se segue torturando.

A maioría do pobo estadounidense oponse a esta guerra. A pesar da incesante propaganda do goberno e dos medios de comunicación, o pobo estadounidense chegou á conclusión de que foi un acto depredador baseado en mentiras. Con todo, os seus repetidos intentos de porlle fin por medio das urnas resultaron ser inútiles, incluíndo a elección do Barack Obama como presidente o pasado mes de novembro.

Durante a campaña Obama adoptou a postura dun opoñente á guerra e criticou ao seu rival para o nomeamento demócrata, Hillary Clinton, porque votara a favor de autorizar a invasión. Unha vez que Obama asumiu o cargo, mantivo a todos aqueles que dirixiran esta guerra "ao secretario de Defensa Robert Gates, ao xefe do mando central xeral David Petraeus e ao comandante da ocupación de Iraq xeral Raymond Odierno" mentres que nomeaba a Clinton secretaria de Estado.

A chamada retirada de Obama prevé que decenas de miles de soldados estadounidenses continúen ocupando Iraq nos próximos anos e existen indicios cada vez maiores de que nin sequera se cumprirá o limitado acordo de retirada segundo o pacto do estatuto das forzas asinado co goberno monicreque de Maliki en Bagdad. O propio Maliki declarou esta semana que a pesar de que xuño é a data límite para a retirada das tropas de combate estadounidenses das cidades iraquís, ningunha delas sacarase de ningunhas das cidades nas que seguen sendo unha posibilidade de conflito.

A medida que se van retirando tropas de Iraque van sendo enviadas a Afganistán, onde a administración Obama está emprendendo unha importante escalada.

O obxectivo de ambas as guerras - que se iniciaron co falso pretexto da "guerra contra o terrorismo" - é establecer o dominio estadounidense sobre rexións do mundo ricas en petróleo e gas para asegurarse unha vantaxe sobre os seus rivais económicos. Ambas ten a súa orixe no histórico declive do capitalismo estadounidense, que agora se expresa na crise económica máis profunda desde os anos trinta. Ao perder Estados Unidos o seu preeminencia como centro industrial do mundo, a elite dirixente estadounidense volveuse cada vez máis cara ao parasitismo financeiro por unha banda e o militarismo por outra nun intento de manter a súa posición hegemónica.

Xusto dous meses logo de asumir o cargo, Obama revelou ser o home de palla dos militares e de Wall Street, mentres que as aspiracións de millóns de persoas que acudiron ás urnas para votar en contra da guerra foron rexeitadas. Este é o degenerado Estados Unidos do sistema capitalista bipartidista.

A loita para acabar coa guerra é unha cuestión de clase, inseparablemente unida á loita contra o sistema capitalista do beneficio que dá lugar ao militarismo. Esta loita require a mobilización política independente da clase traballadora baseada nun programa socialista e internacionalista, que inclúa a esixencia da retirada inmediata das tropas estadounidenses de Iraque e Afganistán e o que se impute a responsabilidade dos seus crimes a aqueles que conspiraron para iniciar estas guerras de agresión.

Enlace co artigo orixinal no World Socialist Web Site [Publicación do C.I. da IV Internacional (ICFI)]
______________________________