Amosando publicacións coa etiqueta Lois Méndez Pérez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lois Méndez Pérez. Amosar todas as publicacións

martes, xaneiro 25, 2011

Outra reforma máis do sistema de pensións ... por Lois Méndez

Por Lois Méndez Pérez [*]
21.01.2011

Dende 1985 xá se levan aplicado varias reformas do sistema de Pensións, e todas ás reformas persiguen un único obxetivo: reducir o importe da contía retributiva a percibir por xubilación da pensión contributiva. A pensión media na actualidade é de 876€/mes. En Galiza, de 728€.

Agora o goberno do estado quere impoñer unha nova reforma do sistema de pensións: ampliar a idade de xubilación os 67 anos. Ademais, aposta por establecer diferenzas en función dos anos cotizados -co que quen teña un historial de 41 ou máis anos póidase seguir retirando aos 65- ou os oficios realizados, xa que naqueles sectores especialmente penosos tamén se poderán xubilar aos 65 anos, aínda que está pendente de concretar na lei.

Ademáis, pretende ampliar o período mínimo necesario para ter dereito a pensión de 15 a 17 anos, progresivamente, ata chegar os 25, ampliar o número de anos para calcular a base reguladora da pensión a 25 e ampliar o número de anos para acadar o cen por cen da pensión de 35 a 40 (a última proposta coñecida é situala en 37 anos e ir progresivamente incrementándoa).

As medidas que pretende aprobar o Goberno de ampliar os anos de cálculo e a idade de xubilación, poderán reducir até un 25% o importe da pensión nos próximos anos.

Vannos impoñer unha reforma que de facto nos deixará sen dereito a unha pensión digna á grande maioría da sociedade. Para cotizar 40 anos debes acceder antes dos vinte e cinco, ademaís estar a cotizar de forma ininterrompida. Hoxe a metade da mocidade está en paro e o 95% dos contratos que asinan son eventuais.

Ao aumentar os anos para determinar a contía da pensión, prexudica as rentas máis baixas do sistema laboral, ás máis altas non veran reducidas ás súas prestacións ao ser as bases reguladoras moi superiores as necesarias para acadar o 100% do tope da pensión máxima 2.497€.

Aportará diñeiro aos que crearón a crise: a Banca vai ser destinataria de plans privados de aforro para a vellez: individuaís ou colectivos, e se nos preguntásemos se é máis beneficioso o sistema privado que o público ... Claramente diríamos que non. Calquera sistema privado de aforro, que é o que realmente son os fondos de pensións, ten menos garantía e menos solvencia que un sistema público. Cando unha traballadora ou un traballador subscribe un plan de pensións privado, o que está a facer é depositar parte dos seus ingresos nun fondo que vai xestionar unha entidade financeira. Esta inviste ese diñeiro no mercado financeiro buscando a súa revalorización a través de procedementos, moitas veces, puramente especulativos; polo tanto, a rendibilidade deses fondos privados non está asegurada pois depende dos vaivéns dos mercados financeiros, que por definición son inestábeis e volátiles (sirva como exemplo que só durante o ano 2010 perdéronse máis de 2.000 millóns de euros dos fondos de pensións privados do Estado español). Alén de resultar tremendamente beneficiosos para o capital financeiro e o seu modelo especulativo, a xeralización dos sistemas privados de pensión creará graves desigualdades sociais entre aqueles/as traballadores/as en precario que non poidan acceder a un sistema complementario de pensións e aquelas persoas con maior capacidade de aforro. Isto provocará que un sector moi amplo da poboación só teña posibilidade de percibir as pensións mínimas.

Todos os avances que se tiñan conseguido cara un sistema de protección social estábel e seguro estanse destruíndo. Tanto as reformas xa efectuadas, como agora a das pensións, ou a que se nos anuncia da negociación colectiva déixanos nunha situación social e laboral de fai 60 anos. Non permitamos este ataque aos nosos dereitos. O noso futuro, os dos novos traballadores e traballadoras, debemos defendelo agora. Precisamos emprego para termos futuro!

Porque temos razóns e argumentos máis que suficientes o vindeiro día 27 de xaneiro, a clase traballadora, o estudantado, os mozos (os grandes perxudicados: accederan ao mercado laboral aínda máis tarde), os pensionistas de agora e de futuro?. É dicir, todas e todos temos unha obriga por dignidade, apoiar a folga xeral do día 27 de xaneiro convocada pola organización sindical CIG  “en defensa das pensión e do emprego” e acudir ás manifestacións convocadas contras as propostas do goberno. En Ferrol ás 12:30 horas dende Esteiro ata a praza do Concello.

Da nosa resposta contundente ou deixadez dependerá o noso futuro é o das vindeiras xeneracións, ás empresas é ás ruas deben de amosar o noso mais enérxico reixeitamento ás medidas propostas, deberá ser un acto de rebeldía pacífica do conxunto da sociedade na rúa, de indignación, sublevarse contra a submisión, contra a ditadura dos valores financeiros, pois o maior perigo sería a resignación é o maior fracaso non ter convocado é apoiado unha folga xeral, pola xustiza social, agás que prefiramos ignorar a realidade pois as medidas que recolle esta reforma van dirixidas claramente contra a clase traballadora e buscan beneficiar ao capital, pretendendo pisar os dereitos laborais conseguidos após anos de loita.

[*] Lois Méndez Pérez, é traballador do SERGAS, activista sindical e social, membro da Executiva Nacional da Federación da Sanidade da CIG e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol Terra-

Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
21 de janeiro de 2011 18:23http://www.cig-saude.org/ferrol/
_________________________