COMUNICADO DE APOIO AOS ACTOS ORGANIZADOS POR AVANTE LGBT NA CONMEMORACIÓN DO “DÍA DO ORGULLO”
A Coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres da comarca de Ferrol, quere mostrar o seu apoio aos actos que o
colectivo Avante LGBT ten previsto desenvolver o próximo
sábado 25 para comemorar o "
Día do Orgullo", comezando pola
manifestación que sairá ás 12:30 h da Praza Amada García (
diante do edificio administrativo da Xunta). Posteriormente haberá un
pícnic no parque Raíña Sofía (
AVISO: Por mor da chuvia o picnic será no Centro Cívico de Canido) e xa pola tarde,
ás 17 h, no Centro Cultural de Canido, decorrerá a
presentación do libro "
A defunción dos sexos" a cargo da autora, a historiadora e activista no transfenminismo,
Daniela Ferrández. A xornada reivindicativa rematará coa celebración dunha festa no mesmo local.
Nos últimos tempos asistimos a un aumento de actos de violencia homófoba e tránsfoba que supoñen unha intolerábel ameaza para a integridade física das persoas destes colectivos. Estes actos pretenden coartar a liberdade de expresar con normalidade a diversidade de xénero e afectivosexual, provocando medo en quen rompa os moldes do heteronormativismo.
As reivindicacions dos colectivos trans e homosexuais sempre formaron parte da axenda feminista e neste momento en que se poñen en cuestión, cando aínda distan de verse realizados, a Marcha Mundial das Mulleres queremos mostrar na conmemoración do día do Orgullo que imos seguir camiñando xuntas, ORGULLOSAS E COMBATIVAS -
como reza o lema de Avante LGBT-, por unha sociedade incluínte, en que se poida libremente e sen medo ser e expresar a diversidade na identidade de xénero e na orientación afectivosexual.
Ferrrol, 23 de xuño de 2022
Coordenadora Local de Ferrol e comarca
Toda a info:
Colectivo Avante LGBT+ "Día do Orgullo 2022".
"
As mulleres decidimos"
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.comwww.feminismo.infohttps://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galizatwitter.com/MMMGaliza
Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de junho de 2022 12:44
_______