Amosando publicacións coa etiqueta Participación cidadá. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Participación cidadá. Amosar todas as publicacións

venres, marzo 15, 2019

'A participación cidadá só para a precampaña', critica Eliximos Narón


A participación cidadá só para a precampaña
.

Xa se empeza a notar a precampaña electoral, pois aparecen os políticos convocando reunións, mentres os seus equipos de campaña andan “perseguindo” telefonicamente aos veciños para que acudan para “dialogar e escoitalos”. Claro que é normal que algúns veciños sentan burlados e indígnense!, e máis cando se trata do Tripartito no goberno.

Moitos veciños van ao concello a expoñer súas preocupacións, pero en bastantes ocasións queixáronsenos de que aos concelleiros do Goberno non se lles atopaba no concello, nin nas horas programadas para atender aos veciños, iso que algúns teñen dedicación exclusiva! Tampouco o teléfono serviu para falar con eles en moitas ocasións, sobre todo se xa sabían de que ía o tema e non lles interesaba.

A Eliximos puxéronllo todo o difícil que puideron, ata para ir ao Concello ou atender aos veciños: coa xornada de traballo do concelleiro pola mañá, só lle xustificaron ausencias laborais mínimas para as reunións oficiais e tampouco houbo persoal de confianza para o Grupo Mixto a diferenza dos demais grupos.
Hai reunións de participación cidadá (en teoría una ao semestre) que inicialmente eran para as asociacións, aínda que, ante as protestas e as ausencias, decidiron abrilas á cidadanía, pero nin así se aumentou a participación. Claro que a primeira que faltaba era a Alcaldesa, delegando na concelleira de Participación. En teoría ía modificar o regulamento de Participación Cidadá en febreiro de 2018, para o que desde  Eliximos achegamos varias propostas, pero todo quedou no caixón para logo abrir outro novo prazo, …, así que esgotado o tempo, xa será para a próxima lexislatura.

Nunca é tarde se a dicha é boa!, afirma o dito, pero que TEGA veña agora facendo reunións cos veciños para escoitalos parece de broma e deixa ver claramente que foron outros 4 anos sen contar con eles, salvo cando se vían forzados.

¡Parece que teñen razón os que din que necesitabamos eleccións todos os anos para que os veciños importen algo!

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
14 de março de 2019 11:04
_________________

domingo, agosto 26, 2018

Participación cidadá, ... Por Amadeo Varela - No concello de Ferrol houbo hai anos un importante movemento social pola participación cidadá e que, despois de moito traballo, conseguiu artellar un regulamento...


Por Amadeo varela [*]
26 de Agosto


No concello de Ferrol houbo hai anos un importante movemento social pola participación cidadá e que, despois de moito traballo, conseguiu artellar un regulamento que foi aprobado nun pleno. A vixencia dese regulamento durou o que tardaron as eleccións en poñer no goberno outro Partido Político pouco partidario dese aspecto da Democracia. O resultado foi que, mentres uns lle deron vida á participación, os seguintes encargáronse de matala e enterrala; e os de agora, non parecen interesados en resucitala. En realidade, na nosa cidade a xente está demasiado afeita a que lle dean todo “sachado e mondado”, e por iso, son “os mesmos de sempre” os que saen en defensa das liberdades e na denuncia dos abusos e trapalladas. O malo é que, os problemas son tantos que “os mesmos” non dan feito e non se albisca por ningures a posibilidade dun relevo. Os que teñen o poder sábeno e non lles interesa apoiar a participación, nin sequera nas AA. veciñais. E así nos vai.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
_______________

martes, decembro 19, 2017

O barrio da miña vida é un un programa de Participación Cidadá e actividades, do 20 ao 23 de decembro no Centro Cívico de San Pablo, en Catabois que o Concello de Ferrol pon en marcha para contribuir á dinamización social e cultural do barrio


O Concello de Ferrol pon en marcha 'O barrio da miña vida', un programa de actos de dinamización social e cultural do barrio de San Pablo de Catabois e que se van a desenvolver do 20 ao 23 de decembro no Centro Cívico do barrio.

Así o presentou o pasado 13 de decembro, en rolda de prensa o concelleiro de Participación Cidadá, Álvaro Montes. “Trátase de dar unha imaxe en positivo do barrio dentro das accións de Participación Cidadá. Hai que ter en conta unha peculiaridade que San Xoán, ao igual que acontece en Recimil, non conta cunha asociación constituída que poida optar as subvencións de Participación Cidadá n do Concello, co que tratamos de compensar con un evento específico de ocio pensado e centrado no barrio, pensando en nenos e maiores para que os veciños non teñan que padecer esta situación”, manifestou Montes.

Son, en total, catro actuacións musicais, unha por día, entre elas, unha específica a xente miúda. Todas elas, no Centro Cívico de San Pablo como “punto de encontro e centro referencial do barrio”.

O primeira actuación da Asociación Cultural Musical 'La Nuestra', o día 20 as 19:00 horas.

Os seguintes serán os da Rondalla do Club de Campo, o 21 a mesma hora e, en terceiro lugar, en pensando na mocidade, Marcos Mella, o día 22 as 21:00 horas.

Pecha este programa un evento para a xente miúda, As Parábolas de Pakolas, o sábado 23 as 11:30 horas.

Publicado na web oficial do Concello de Ferrol. | Irá Web.
____________________________

mércores, abril 27, 2016

O Concello de Ferrol pon en funcionamento un novo espazo para a participación cidadá: "Ferrol decide" - Adiada (sine die) a Asemblea do Barrio de Caranza


POSTA EN FUNCIONAMENTO DO ESPAZO PARTICIPATIVO "FERROL DECIDE"


O Concello de Ferrol pon en funcionamento un novo espazo para a participación cidadá "Ferrol Decide":

Un espazo de participación aberto para unha construcción colectiva da cidade que ten os seguintes obxectivos:
  • Contar coa cidadanía na toma de decisións sobre as actuacións municipais mais relevantes.
  • Dispor de enquisas de opinión on line sobre temas de actualidade da cidade.
  • Achegar propostas para a mellora da cidade.
  • Comentar, debater e apoiar as propostas cidadás que sexan de maior interese ou acaden un maior consenso.
Como persoa inscrita no ficheiro da cidadanía intresada en intervir nos procesos participativos do Concello de Ferrol, a concellería de Participación Cidadá pon á túa disposición o espazo participativo "Ferrol Decide", desde o que poderás participar nos diferentes procesos abertos.

Para acceder, primeiro debes activar o teu usuario neste enlace:
http://www.ferrol.es/decide/activarUsuario.aspx

Unha vez activado recibirás no teu correo electrónico unha contrasinal coa que poderá entrar na web "Ferrol Decide".

http://www.ferrol.es/decide






--

COMUNICACIÓN SUSPENSIÓN ASEMBLEA DE BARRIO DE CARANZA


Por mor do suceso acaecido na mañá de onte en Telleiras, suspéndese a celebración da asemblea de barrio de Caranza prevista para mañá mércores 27 de abril de 2016.

Unha vez dispoñamos dunha nova data será debidamente comunicada.

Un saúdo.

Álvaro Montes Celeiro
Concelleiro de Participación Cidadá

Nota.-
O resto das Asembleas seguen o seu curso normal: Calendario de Asembleas.

________________________________
CONCELLO DE FERROL - PARTICIPACIÓN
Casa do Concello, 2º andar
Tf.: 981 944 015 / 981 944 219

Enviado por:
participacion
-participacion@ferrol.es-
27 de abril de 2016 13:51
26 de abril de 2016 10:53
___________________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Iniciado o proceso de Asembleas de Barrio para elixir as vicepresidencias das mesmas e a representación no Consello da Veciñanza do Concello de Ferrol - Regulamento de Participación Cidadán - Orzamentos Participativos - Axenda 21 Local de Ferrol | 19.04.2016.

A Participación Cidadá en Ártabra 21.
____________________________

martes, abril 19, 2016

Iniciado o proceso de Asembleas de Barrio para elixir as vicepresidencias das mesmas e a representación no Consello da Veciñanza do Concello de Ferrol - Regulamento de Participación Cidadán - Orzamentos Participativos - Axenda 21 Local de Ferrol


Despois dun proceso de asembleas deliberativas que se celebraron despois do "Foro Cívico Reiniciamos" celebrado no Teatro Jofre o 3 de Decembro do pasado ano 2015, coa súa xornada de avaliación e análise, celebrada na antiga Casa do Hospicio o sábado 30 de Xaneiro de 2016, do 18 de Abril, até o 16 de Maio, comeza o proceso de Asembleas de Barrio para elixir as vicepresidencias das mesmas e a representación no Consello da Veciñanza do Concello de Ferrol.  O concelleiro de Participación Cidadán, Álvaro Montes, tamén se comprometeu que se constituirían os Consellos Sectoriais previstos no Regulamento de Participación Cidadán. O Concello pon a disposición das cidadás e cidadáns as fichas para candidatar-se para as representacións nomeadas con anterioridade e que a continuación achegamos os seus enlaces. As fichas físicas estiveron nas diferentes asembleas de barrio, mais agora poden-se descargar desde a páxina do Concello e presenta-las no rexistro do mesmo antes das asembleas programadas. A programación das asembleas de barrio están publicadas nun cadro, coa conseguinte orde do día.

Achegamos enlaces a documentos de moito interese como o Regulamento de Participación Cidadán, o Regulamento Piloto sobre Orzamentos Participativos utilizado no 2009-2010 e a Axenda 21 Local de Ferrol un documento que xorde directamente da participación cidadán.

Desde o Colectivo Ártabra 21, chamamos a participar neste proceso de participación cidadán que seguro non é o mellor e que ten moito que reformar e revisar, mais é un punto de partida, por iso as persoas que estean realmente interesadas na participación cidadán deben implicar-se neste proceso, para transformalo e que se utilicen os instrumentos de participación previstos (Intervención no Pleno, Iniciativa Popular, Consulta popular, Audiencia Pública, Defensor/a da Veciñanza, Portal Cidadán, Oficina de Participación, ....)

Procesos Participativos.

PROCESOS PARTICIPATIVOS CONCELLO DE FERROL
ASEMBLEAS DE BARRIO 2016

Ficha de candidatura ó consello da veciñanza Ficha de candidatura á vicepresidencia de asemblea de barrio

Cadro de asembleas 1ª volta
Orde do día: renovación Asemblea de Barrio (2016)
Regulamento de Participación Cidadán (BOP - BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA - 2 de decembro de 2009 • número 256 • Da páxina 58 á 72 25 páxinas en formato pdf)
Orzamentos Participativos
(18 páxinas en formato pdf)
Axenda 21 Local de Ferrol
Plan de acción
Fonte: Web do Concello de Ferrol.
https://www.ferrol.es/


Foto: Publicada en Ferrol360 | O antigo Hospicio acolleu a xornada na que participaron varias decenas de persoas (foto: R.C.).

Interesantes artigos, baixo licenza  publicados en Ferrol360 sobre a Participación Cidadán e o Foro Cívico Reinicia. | Ir á Web (P.C.)  | Ir á Web (F.C.).

A Participación Cidadán en Ártabra 21. | Acceder.
___________

luns, abril 18, 2016

Asemblea de Barrio no Inferniño, dentro do proceso de Participación Cidadá do Concello de Ferrol


Asembleas de Barrio.

Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño CONVIDA e fai un chamamento aos soci@s e veciñanza para participar na ASEMBLEA de BARRIO  deste LUNS-18 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVAHO CALERO.

Esta Asemblea de Barrio está convocada pola Concellaría de Participación Cidadá deste Concello de Ferrol en aplicación ó Regulamento de Participación Cidadá (Acceder/Baixar) que esta asociación participou tan activamente ate a súa aprobación unánime polo pleno deste concello.

Animamos a veciñanza a participar no desenvolvemento deste barrio sobre as infraestruturas, programas sociais ou debates de carácter social.

Saúdos

- Directiva .-

Proceso participativo:
Enlace Asembleas de barrio, na web do Concello. | Ir á Web.

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO

correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Enviado por:
A.Veciñal Inferniño
avvorosario@gmail.com
17 de abril de 2016 11:58
_________

xoves, novembro 26, 2015

Abren-se os procesos participativos no Concello de Ferrol, cun Foro Cívico que está previsto que se celebre o Xoves 3 Decembro

Desde a Concellaría de Participación Cidadá, abren os procesos participativos no Concello de Ferrol, cun Foro Cívico que está previsto que se celebre o Xoves 3 Decembro entre as 7 da tarde e 9 da noite, no Teatro Jofre. Mais para intervir a Concellaría abre un proceso de inscrición que se pode realizar a través da web municipal nun formulario especifico para o evento. Desde Ártabra 21 aledamos-nos de que se abra este proceso e intentaremos participar no mesmo, para contribuír á promoción da participación cidadá.

PROCESOS PARTICIPATIVOS CONCELLO DE FERROL

Xoves 3 decembro. 18-21 h. Teatro Jofre.

POR QUE PARTICIPAR?

Para facer de Ferrol un concello máis xusto, precisamos unha inmensa intelixencia colectiva. Contamos desde 2009 cun Regulamento de Participación Cidadá que posibilita modelos de democracia directa, onde cada persoa é máis que un voto. As túas achegas son necesarias para enriquecer este diálogo. Actívate, comparte os teus soños.

QUE SON OS FOROS CÍVICOS?

Son espazos abertos ao conxunto da veciñanza para reflexionar, debater e tomar decisións sobre temas que afectan a máis dunha área da actividade municipal.

FORO CÍVICO: MODELOS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Que esperamos da participación? Como chegamos ás persoas que faltan nestes procesos? Cales son as principais cuestións que desexamos abordar de maneira colectiva? Este encontro é un punto de partida co que reiniciar a participación en Ferrol e reforzar a corresponsabilidade entre cidadanía e representantes políticos. Unha oportunidade para poñer en práctica dinámicas igualitarias que favorezan a expresión e a escoita de todas as voces.

TEMAS

Os temas son: Cultura; Educación; Normalización lingüística; Cooperación ao desenvolvemento; Migración; Deportes; Turismo; Medio Ambiente; Patrimonio; Novas Tecnoloxías; Emprego; Participacion cidadá; Igualdade e xénero; Mocidade; Maiores; Área sociosanitaria; Diversidade funcional; Planeamento urbanístico; Obras; Tráfico e mobilidade e Seguridade Cidadá.

FICHA

Enlace para acceder e encher a "ficha de recollida de datos da cidadanía interesada en intervir nos procesos participativos do Concello de Ferrol" | [Ir á Web].

DOCUMENTO DE INTERESE

Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol | Baixar/Acceder.

_____________

sábado, maio 23, 2015

O goberno do Partido Popular de José Manuel Rey Varela paralizou os Procesos de Participación Cidadá e de Orzamentos Participativos, denuncian membros da antiga Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá

COMPROMISO E DEMOCRACIA PARTICIPATIVA

Membros da antiga Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC), órgano  cidadá para impulsar o Regulamento de Participación Cidadá e os Orzamentos Participativos mantivemos un encontro na Galería Sargadelos este pasado xoves (21.05.2015) en convocatoria pública con varios representantes dos Partidos políticos que concorren a estas eleccións municipais 2015.

Os membros desta Comisión de Control P. de P.C. e partidos asistentes constatan que os Procesos de Participación Cidadá e Orzamentos Participativos quedaron Paralizados polo actual alcalde Rey Varela e a concelleira de Participación Cidadá Martina Aneiros, lembrando que hai Propostas Pendentes de execución dos OP,s-2010 (Achegamos relación de propostas aprobadas no seu día).

Representantes do PSdeG–PSOE, Marea Ártabra e BNG-AA  manifestan o seus compromisos de recuperar os procesos de Participación Cidadá e Orzamentos Participativos de forma transversal no resto de areas municipais e de forma vinculante.  Na mesma liña, os representantes de Ferrol en Común manifestan o mesmo compromiso de restablecer a Democracia Participativa e os Orzamentos Participativos.

Estes partidos comprométense  a implantar a Participación Cidadá e os Orzamentos Participativos na porcentaxe dun 3% á 5% do Presuposto municipal, o que significaría unha cantidade en torno aos 2.000.000 € nun exercicio de investimento participativo e democrático.

Lamentamos a actitude do alcalde -Rey Varela e bancada do PP- co voto en sede Plenaria a favor do actual Regulamento de Participación cidadá. Despois de tomar posesión, prometeu levar a area de Participación Cidadá desde a Alcaldía co ánimo de darlle a relevancia que merece este proceso participativo. A realidade e que o Sr. Alcalde faltou a súa promesa e compromiso, faltando a súa palabra e con seu voto a favor, comete unha mentira política que o descualifica e desacredita nas súas funcións políticas de alcalde.

Facemos responsable ao Sr. Alcalde- Rey Varela do esquecemento do Regulamento de Participación Cidadá e por apropiarse e usurpar a Democracia Participativa, privando a cidadanía do desenvolvemento desta Participación e dos Orzamentos Participativos.

Esperamos o cumprimento e compromiso destas Forzas Políticas para desenvolver o rescate da Participación Cidadá e os Orzamentos Participativos para este vindeiro 2º Semestre deste ano 2015.

Ferrol, a 21 de maio  de 2015.-

Xose M. Fontao, Magdalena González, Alberto Saavedra, Luis M. Taboada, Chus Rilo e Xosé M. Sanxoán (Membros da Comisión de Control P. do Regulamento Participación Cidadá).

Orzamentos Participativos

Lembramos que un total de 1.258 persoas foron chamadas a votar na Asemblea de Cidade que se celebrou o sábado, 18 de decembro-2010 na Feira Internacional de Mostras (FIMO) e na que os veciños e veciñas de Ferrol puideron elixir aquelas propostas seleccionadas previamente nas asembleas de barrio.

O Goberno comprometeuse entón destinar 1.650.000 € para estes Orzamentos Participativos nos nove barrios participantes no ano 2010.

A Asemblea de Cidade aprobou 25  das 56 propostas que foron presentadas entre infraestruturas, servizos ou iniciativas culturais.

Lembramos de máis as menos votadas, as propostas que saíron adiante e xa que logo acometeranse con cargo aos orzamentos participativos:
  1.  Continuación carril- bici ata o cruce da estrada de Lobadiz, e beirarrúas ata a estrada xeral. 145.000 €.
  2. Mellora de acceso a internet na zona rural. 100.000 €.
  3. Melloras e cambio na pavimentación das pistas do Polideportivo do CEIP de San Xoán de Filgueira. 65.000 €.
  4. Arranxar beirarrúas de Vila de Area á Vila da Igrexa e colocación de varandas. 57.000 €.
  5. Colocación de puntos de luz desde paseo marítimo á Vila de Area. 45.000 €.
  6. Acondicionamento cunetas (zona rural). 120.000 €.
  7. Comedor social no barrio de San Pablo. 49.500 €.
  8. Recollida e limpeza de fosas sépticas (San Xurxo-Doniños). 156.000 €.
  9. Alumeado na estrada principal do paseo marítimo de Doniños. 58.860 €.
  10. Recollida e limpeza de fosas sépticas (Covas-Esmelle). 180.880 €.
  11. Axilización de inventariado para recuperación de fontes, lavadoiros e camiños públicos. 7.800 €.
  12. Programas de atención ás persoas maiores. 97.000 €.
  13. Programa de prevención da delincuencia. 30.960 €.
  14. Parque urbano no Campo de Tiro (Catabois). 294.000 €.
  15. Formación de monitores de tempo libre. 5.000 €.
  16. Aparcadoiros nas Praias de Covas. 41.020 €.
  17. Parque biosaudable (San Xoán). 12.000 €.
  18. Realización dunha experiencia piloto de animación sociocultural na zona rural dos OP. 106.000 €.
  19. Construción dun parque biosaudable e infantil no solar anexo ao Local Social de Covas. 16.700 €.
  20. Posta en valor dos montes do concello: recuperación de flora autóctona. 8.000 €.
  21. Fomento do transporte en bicicleta (Ferrol Vello-Canido). 6.000 €.
  22. Plan de ordenación forestal da zona rural. 23.000 €.
  23. Acondicionamento e pasarela peonil na lagoa de Doniños. 13.000 €.
  24. Plan de limpeza de solares de Ferrol Vello. 6.000 €.
  25. Bandas sonoras na R/Celso Emilio Ferreiro e estrada alta do porto. 1.350 €.
www.participacion-ferrol.blogspot.com

Regulamento de Participación Cidadá nos Arquivos Ártabros. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
Comision Veciñal
-comision.gap@gmail.com-
22 de maio de 2015 23:51
__________________

martes, novembro 19, 2013

Asemblea en Autoconvocatoria: Motivada pola decisión do goberno local do alcalde Rey Varela en restrinxir e limitar o acceso a cidadanía ao Pleno do Concello de Ferrol - Martes 19 de Novembro


Asemblea en Autoconvocatoria


Xuntanza de Asemblea Cidadá con carácter de autoconvocatoria o martes 19 de novembro ás 19 horas na Galería Sargadelos. Motivada pola decisión do goberno local do alcalde Rey Varela en restrinxir e limitar o acceso a cidadanía ao Pleno deste concello de Ferrol.

Ante a decisión do goberno municipal do PP e alcalde -Rey Varela- no continuo incumprimento e mesmo o desmantelamento do Regulamento de Participación Cidadá , acordamos de forma unánime unha mobilización  e concentración na Praza de Armas- Praza do Concello este vindeiro Xoves-día 28, coincidindo coa celebración do Pleno Ordinario de fin de mes.

As forzas políticas da oposición van presentar de forma conxunta unha moción a este respecto.

Concretaremos a Petición de Palabra para este Pleno.

Saúdos

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
19 de novembro de 2013 09:55

____________

mércores, outubro 30, 2013

Autoconvocatoria Aberta Urxente dunha xuntanza sobre Participación Cidadá: Xoves 31 de Outubro ás 7 da Tarde no Inferniño

En vista dos excesos adoptados polo actual goberno municipal e alcalde, Rey Varela, emprazamos a unha autoconocatoria urxente este vindeiro Xoves 31 de Outubro, ás 7 da tarde co fin de elaborar un comunicado denunciando a falta de democracia participativa por pechar as portas do Pleno á cidadanía e denunciar o desmantelamento da Participación Cidadá que tanto traballamos.

Podemos convidar a outras persoas que están no movemento cidadá ou estiveron neste proceso participativo.

Confirmar asistencia.

Xoves 31 de Outubro, ás 19:00hs, no local da A.Veciñal O Rosario-Inferniño.
(Edificio do antigo Kisco da Praza do Inferniño - nas inmediacións da parada de Taxis).

Saúdos

- membros da Comisión de Control de Participación Cidadá.

Enviado por:
xose manuel sanxoan
-melsanxoan@gmail.com-
30 de outubro de 2013 12:07

________________

martes, outubro 08, 2013

A Asociación Veciñal de Esteiro denuncián a eliminación da participación cidadá por parte dos gobernantes municipais

A Asociación Veciñal de Esteiro na reunión da Xunta Directiva celebrada, como cada luns, o día 7 de outubro tomamos o acordo de DENUNCIAR a eliminación total da Participación Cidadá no Concello de Ferrol.

Non se reúne o Consello da Veciñanza, os Consellos Sectoriais , algúns aínda non están constituídos. As Asembleas de Barrio non volveron a convocarse desde a súa constitución . Non se puxo en marcha unha institución fundamental como é o Valedor Veciñal e tamén desapareceron os Orzamentos Participativos.

Non se convoca a Comisión de Seguimento do Urban , non se da participación á veciñanza , agás para presentar alegacións que as mais das veces non son tidas en conta,  cando se elaboran Ordenanzas Municipais.

Tómanse decisións , como a de facer peoniles máis rúas, escoitando so os intereses de determinados colectivos, sen falar do modelo de cidade e sen establecer planos de mobilidade e de circulación alternativos.

Está claro que o actual Goberno Municipal non cree na participación cidadá.

As relacións dos responsables políticos, agás honrosas excepcións, coas entidades asociativas, cando menos coas veciñais, é cada vez máis menos fluídas e nalgún caso, como coa Concellería de Urbanismo, inexistente.

Por se non fose dabondo o non contar coas entidades veciñais, o Goberno Municipal aínda se está disposto a tomalas  máis de broma e menosprezalas moito máis. Sucede este ninguneo co chamado Plan de Barrios, que está na súa segunda fase.

Ningún responsable político municipal, nin tampouco ningún funcionario municipal, agás o de limpeza, se pon en contacto coas entidades asociativas para que elaboren un memorando coas demandas e deficiencias que hai no barrio . O que se fai é mandar unha semana antes da nova visita do Alcalde ao respectivo barrio aos responsables das empresas que traballan para o Concello polos locais veciñais para que lles digamos que necesita o Barrio e logo durante tres ou catro días as empresas de xardíns, alumeado, obras e servizos se encargan de amañar unha pequena parte de esas deficiencias, para que o Alcalde da cidade, como en “Bienvenido Mr. Marshall”, apareza un xoves ou un venres rodeado dos medios de comunicación a “vender” todo o que fixeron neses catro días.

Previamente á visita, o día anterior, se invita á Asociación Veciñal de ese Barrio para que acompañen ao Alcalde e tamén se avisa aos representantes da Asemblea de Barrio e poida contarlles a grande labor que leva feito en catro días no Barrio.

Esta Asociación non imos deixarnos manipular e non aceptamos que en lugar de cidadáns o Sr. Rey Varela pretenda tratarnos como súbditos  polo que non imos participar na farsa  que o Alcalde da cidade ten organizada para esta semana en Esteiro, polo tanto a Xunta Directiva da AV de Esteiro  non imos acompañar ao Alcalde como se fósemos o seu séquito ou o seu coro de figurantes.

Se o Sr. Varela quere estar en campaña electoral permanente, non o vai facer utilizando á Asociación Veciñal de Esteiro que  DEMANDAMOS  que se recupere xa a Participación Cidadá e se respecten os dereitos da cidadanía en xeral e do tecido asociativo en particular.

Cando o Alcalde de Ferrol,  calquera membro do Goberno Municipal ou Grupo Municipal queira reunirse coa Asociación Veciñal de Esteiro, a nosa entidade os recibirá gustosamente, pero pretender utilizarnos como figurantes nunha cerimonia permanente da confusión non o imos tolerar e non imos participar.

Sr Rey Varela paséese canto queira por Esteiro pero non conte con nós. Non pretenda vendernos os traballos aos que está obrigado a facer o Goberno Municipal como unha concesión da Súa Graciosa Maxestade aos súbditos de Esteiro.

A Participación Cidadá non é iso.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
8 de outubro de 2013 07:57

_____________

mércores, febreiro 06, 2013

O grupo municipal de Esquerda Unida entende que o Alcalde e o goberno municipal están a xogar cos cidadáns e esixe a convocatoria inmediata do Consello da Veciñanza


ESQUERDA UNIDA ESIXE DO GOBERNO MUNICIPAL A CONVOCATORIA INMEDIATA DO CONSELLO DA VECIÑANZA.
GALÁN SINALA QUE A PACIENCIA TEN UN LÍMITE E AFIRMA QUE SE PROMOVERÁN MEDIDAS CONTUNDENTES.

O grupo municipal de Esquerda Unida entende que o Alcalde e o goberno municipal están a xogar cos cidadáns e esixe a convocatoria inmediata do Consello da Veciñanza.

Ademáis dos temas que lle son propios o Consello debería comezar a traballar en numerosas cuestións que ,tanto individual como colectivamente, se están a demandar por parte da cidadanía ferrolá. Vivenda, alugueiro social, obras, tráfico e transportes públicos,planeamento urbanístico, festas e cultura… son innumerables os temas que o Consello debería abordar xa que a desfeita do goberno do PP impón unha inmediata e vigorosa acción da cidadanía no exercicio das funcións que o regulamento de participación lle ten encomendado a través do Consello da Veciñanza.

Quizáis só escoitando directamente aos veciños algúns concelleiros sexan quen de espertar do seu soño e darse conta de que hai fochas sen reparar, cidadáns sen vivenda,transporte público en perigo de extinción, desemprego crecente, comerciantes alucinados coa promoción de máis grandes superficies, barrios a puntos de converterse ,literalmente, nunha pura ruína mentres se promove irracionalmente a contínua extensión da cidade e, por parar en algún lado, unha poboación  aburrida dun goberno inepto e incapaz excepto para externalizar servizos a determinadas empresas, privatizalo todo pero non solucionar nada que non sexa promover a acumulación de capital nas mans das empresas amigas.

De non convocar un órgano que debería estar xa en funcionamento o grupo municipal estase a plantear iniciar os contactos necesarios adoptar medidas contundentes. “A paciencia ten un límite” sinala Javier Galán. O regulamento de participación non é un mero adorno floral é unha norma aprobada polo concello-pleno e polo tanto debe ser cumprida. Máxime nun momento onde a cidadanía asiste estupefacta ao derrumbe dos outrora loubados sistemas de control administrativos que facían da nosa democracia unha das máis transparentes do mundo. Esquerda Unida mantén hoxe coma onte que unha das mellores ferramentas de control é a moi virtuosa práctica da participación cidadá esencial para unha boa saúde democrática. As ameazas que hoxe acosan á democracia política son as mesmas que impiden que haxa políticas públicas insertas dentro dunha lóxica  de acción e gobernanza participativa.

Ferrol a 6 xaneiro de 2013

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org


facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
6 de fevereiro de 2013 13:12

Bos dïas. Enviamos a nota de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida pola que se pide a convocatoria urxente do xa electo Consello da Veciñanza. Saúdos, Xesús

_________

domingo, decembro 30, 2012

A Asociación Veciñal de Esteiro presentou Alegacións aos Orzamentos do Concello de Ferrol 2013


A Asociación Veciñal de Esteiro vimos de presentar, a través do Rexistro Municipal, as nosas alegacións a proposta de orzamentos municipais para o ano 2013 (achegamos anexo).

DEMANDAMOS :
  • A eliminación da partida consignada para Abrir Ferrol ao Mar, por que non é unha prioridade para a cidade neste momento.

  • A eliminación do malgasto destinado ao chamado " Pulmón Verde da Praza de España", nova ocorrencia do concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia,  para destinar esa cantidade de 918.000 euros a outras necesidades da cidade de Ferrol que requiren actuacións urxerntes:
  • Plano de reposición e sinalización horizontal e vertical en toda a cidade.
  • Plano de urxente de obras e mantemento que inclúa a colocación de bolardos e eliminación de barreiras arquitectónicas.
  • Eliminación do malgasto correspondente á rúa do Sol, rúa executada cun goberno do Partido Popular e IF sendo Rey Varela concelleiro de Facenda, conservando a cantidade necesaria para a súa REPARACIÓN.
  • Creación dunha nova partida para Orzamentos Participativos de 2 millóns de euros.
  • Incremento ate dous millón de euros para partidas de : Creación de emprego, creación de empresas públicas, fomento do cooperativismo e economía social e apoio a inicitivas de carácter social.
  • Creación de novos comedores sociais, comedor sobre rodas, financiamento da asistencia no fogar e mantemento de convenios con todas as entidade de carácter e recoñecemento de interese social.

Xunta Directiva da AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/



Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
29 de dezembro de 2012 17:16

______________

xoves, setembro 13, 2012

A Plataforma contra o Malgasto do diñeiro público a todo o tecido asociativo e cidadáns a título individual a unha reunión o próximo venres, día 14 de Setembro


A Plataforma contra o Malgasto de diñeiro público constutuída despois de que o Concello de Ferrol anunciara o gasto de máis de 700.000 € nunha nova obra na praza de españa, convocamos a todo o tecido asociativo e cidadáns a título individual a unha reunión o próximo venres, día 14 de setembro, ás 19,00 horas no local da A.VV. de Esteiro para informar sobre os actos que estamos facendo e programar os seguintes pasos para impedir este malgasto nun espazo público no que xa se levan gastados máis de 16 millóns de euros.

Conscientes de que o goberno actual do Concello de Ferrol segue adiante co seu proxecto, esta Plataforma quere impedir esta remodelación da praza e, para elo, precisamos sumar apoios da cidadanía e reclamar a convocatoria dunha consulta popular, tal como se contempla no Regulamento de Participación Cidadá, para que os cidadáns expresen a súa opinión.

Nestes momentos, esta Plataforma continúa recollendo sinaturas para solicitar esta Consulta Popular, así como tamén está preparando un acto reivindicativo na propia praza; pero sobre este último asunto xurdiron problemas que nos fan replantear a súa organización e o seu formato.

Por todo isto, solicitamos a vosa presencia na reunión e así dar forma definitiva a ese acto que traslade o malestar da cidadanía coas decisións unilaterais dun goberno que ten a osadía de dicir que son eles os que "sentaron as bases da participación cidadá en Ferrol".

Enviado por:
ana beceiro mosquera
-beceiroana@hotmail.com-
12 de setembro de 2012 19:26

____________

Documentación:
Escrito ao Alcalde (08.06.2012)

Panfletos.

Folla divulgativa.

Escrito para a recollida de sinaturas solicitando unha Consulta Popular.

Moción ao Pleno (Rexistrada o 12 de Xuño de 2012).

Intervención no Pleno (28.06.2012).

______________

luns, xullo 23, 2012

Continúa a campaña de recollida de sinaturas en demanda dunha 'Consulta Popular' sobre o novo proxecto da Praza de España (Praza da Porta Nova)




Consulta Popular Praza de España


Continúa a campaña de recollida de sinaturas en demanda dunha CONSULTA POPULAR sobre o novo proxecto da Praza de España, ao que se destinan, ademais dos 58.000 euros xa gastados na elaboración do proxecto, un mínimo doutros 700.000 euros, de maneira inicial, para volver a levantar a superficie da Praza nun malgasto manifesto do diñeiro público e con grave prexuízo para o comercio e a hostalería próximas á Praza que verán como, despois de 10 anos de obras e de contínuas perdas económicas, se lles quere someter a máis obras innecesarias.

Esta campaña está promovida pola Plataforma contra o Malgasto do Diñeiro Público, que compoñen as Asociacións: Ateneo Ferrolán, Sociedade Cultural López Bouza, Colectivo Ártabra 21, Asociación Cultural Fuco Buxán e as asociacións veciñais de: Esteiro, San Xurxo, San Pablo de Catabois, Santa Mariña, Prioriño, San Román de Doniños, O Rosario-Inferniño, San Xoán-Bertón e Ultramar.

Pensamos que cando toda a cidade de Ferrol é un bache, cando as Prazas do Callao, Cantón, Rúa do Sol, Irmandiños, Tunel da Praza de España e cando todas as rúas e camiños do rural están nun estado de conservación lamentable, sen que, durante un ano se fixese ningún arranxo e onde se fixeron arranxos como na Rúa Real, Rochel, etc, xa volven a estar desfeitos.

Cando, pola situación económica  que pasa a cidade, é máis preciso que nunca facer investimentos en servizos sociais, cando non se executan as demandas que os veciños e as veciñas dedidiron no proceso de orzamentos participativos, e que contaban con partida orzamentaria. Cando o coidado das zonas verdes é absolutamente deficiente e a limpeza da cidade é manifestamente mellorable.

Cando temos as torretas de electricidade sen soterrar en Caranza e noutros barrios, canda a Ría está sendo a cloaca onde vai toda a merda. Cando temos infinitas necesidades ao Concelleiro de Urbanismo e Obras non se lle ocurre máis que contratar proxectos: Praza de España, que xa contaba cun proxecto e so queda rematalo, Parque Municipal (que xa contaba cun proxecto), novo Proxecto sobre Mobiliario Urbano no barrio da Madalena, etc, etc. Estes proxectos, con independencia de que se realicen ou non, van supoñer un custo de preto de 180.000 euros innecesarios. Estes proxectos nunca se encargan aos funcionarios municipais do departamento de Urbanismo que poderían facelos perfectamente xa que teñen a capacidade necesaria para realizalos. É un continuo e reiterado malgasto de diñeiro público.

No día de hoxe , sábado 21 de xullo, estivemos recollendo sinaturas no Mercado da Central da Madalena, como se ve nas fotos que achegamos, con moito éxito e cunha recepción absolutamente positiva, da veciñanza de Ferrol, cara á demanda da Consulta Popular e da paralización do novo Proxecto para a Praza de España.

O pasado sábado 14 estivemos no Feirón do Inferniño e o domingo 15 na Feira de Ferrol, en tódolos casos cun resultado altamente positivo. Imos continuar recollendo sinaturas.

O vindeiro xoves día 26 de xullo asistiremos ao Pleno Ordinario do Concello de Ferrol para seguir opoñéndonos ao Malgasto do diñeiro público, o mesmo que faremos no pleno do mes de agosto, setembro, outubro, etc. E outras accións que estamos elaborando.



Documentación:

Escrito ao Alcalde (08.06.2012)

Panfletos.

Folla divulgativa.

Escrito para a recollida de sinaturas solicitando unha Consulta Popular.

Moción ao Pleno (Rexistrada o 12 de Xuño de 2012).

Intervención no Pleno (28.06.2012).



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
21 de julho de 2012 13:33

_______________

sábado, xuño 30, 2012

Este Sábado 30 de Xuño: Primeira Sesión das II Xornadas Comunitarias "Estamos proxectando o Mercado de Caranza", trae a túa idea


II Xornadas Comunitarias "Estamos proxectando o Mercado de Caranza", trae a túa idea - 30 de Xuño 1ª Sesión; 14 de Xullo 2ª Sesión e 28 de Xullo 3ª Sesión

O sábado 19 de Maio, celebrabamos a primeira Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza, foi a primeira cita para, dentro das propias instalacións do Mercado Municipal, celebrar unha primeira xornada comunitaria para a posta en valor do mercado e comezar a criar colectivamente o proxecto da súa recuperación, foi o primeiro obxectivo que nos marcamos. Desde aquela continuamos, as cinco asociacións do barrio, coa intención de seguir co proxecto comunitario de incentivar e dinamizar a participación veciñal nos problemas que nos preocupan e as necesidades colectivas do barrio. Consideramos no seu momento que o Mercado, a propia edificación depauperada e o espazo que o rodea, en especial a traseira totalmente infrautilizada e abandonada, merecían outro tratamento por parte das autoridades municipais e a propia veciñanza. E niso estamos.

A esa primeira Xornada, continuaron reunión e debates, recollida de información e reflexión sobre o a mesma. Fixemos unha enquisa a comerciantes; e as operadoras e opreradores do Mercado, da cal temos unha análise que debatiremos na primeira sesión deste Sábado 30 de Xuño.

Estas Segundas Xornadas que veñen, divididas en tres sesións que realizaremos os días 30 deste mes e os 14 e 28 do mes de Xullo, teñen o obxectivo de elaborar un anteproxecto no espazo público e un programa de intervención no Mercado, coa intención de presentar-llo ao Concello.

Veciña, veciño, persoa interesada no traballo comunitario de calquera barrio ou lugar, pode participar nestas xornadas que facemos con vontade construtiva, transformadora e coa participación cidadá.


Un obradoiro aberto (sen inscripción previa), mínimo 3 xornadas: 30 de xuño, 14 de xullo e 28 de xullo.

Obxectivos xerais:

    Elaborar un anteproxecto de intervención no espazo público.
    Elaborar un programa de intervención no mercado.
    (para presentarlle ao concello)


Sesión 1: día 30 de xuño


Obxectivos:
  • Presentación do obradoiro
  • Introducción á participación veciñal no urbanismo
  • Acordo sobre programa do mercado.

Programa

11.00 Presentación

11.15 Exposición doutras experiencias de proxectos participados.

12.00 Formación de equipas de traballo e entrega do material.

12.15 Traballo en grupo. Análise das enquisas, propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.45 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

13.15 Discusión do banco de propostas. Acordo sobre programa de usos.

13.45 Conclusións.

14.00 Remate.

Materiais necesarios:   
  • Pequeno dossier dando información sobre o mercado e o seu uso
  • Actual (1 por grupo)
  • Resume resultados das enquisas.
  • Presentación en powerpoint (automática) para explicar exemplos
  • De participación veciñal en urbanismo.
  • Material de debuxo.
  • pos-its.


Sesión 2: día 14 de xullo

Obxectivos:

Acordo sobre programa do espazo público.


Programa:

11.00 Formación de equipas de traballo e entrega de materiais

11.15 Traballo en grupo. Análise das enquisas. Propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.00 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

12.30 Discusión do banco de propostas. Acordo.

13.15 Conclusións. Documento de programa para o mercado.

13.30 Remate.

Materiais necesarios:
  • Pequeno dossier dando información sobre o espazo (1 por grupo).
  • Planos do espazo público.
  • Material de debuxo.
  • pos-its.


Sesión 3: día 28 de xullo


Obxectivos:

Anteproxecto do espazo público.

Programa:


11.00 Formación de equipas de traballo e entrega de materiais.

11.15 Traballo en grupo. Propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.00 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

12.30 Discusión do banco de propostas. Acordo.

13.15 Conclusións. Documento de programa para o espazo público.

13.30 Remate.

Materiais necesarios:
  • Documento do acordo de programa de intervención no espazo público.
  • Maqueta do terreo-espazo público.
  • Módulos-xogo de construcción.
  • Material de debuxo.
  • pos-its.

Enlaces relacionados:   
Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza e os Espazos Públicos - Sábado 19 de Maio

Crónica - Desde primeira hora do sábado a actividade do Mercado de Caranza, desenvolvíase dun xeito especial - Xornada Comunitaria en Caranza: 19 de Maio de 2012

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
30 de junho de 2012 01:12
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/
___________________

sábado, maio 12, 2012

Entidades veciñais e sociais denuncian a falta de participación cidadá e o despilfarro no enésimo proxecto para remodelar a Praza de España, onde o goberno local do dereitista PP, teima en facer un "Pulmon Park", que xa leva consumido máis de 17 millóns de euros



A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño;  A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21, varias persoas a título individuais, expresamos o  noso malestar e rexeitamento co Goberno local por non nos convidar a debater a presentación sobre a actuación de 700.000 € para a Praza de España a pesar de ter rexistrada a solicitude de entrevista dende o pasado día 2 de abril.

Pensamos se deberíase deixar a superficie tal e como está na actualidade polo que non entendemos este empezoñamento dos diferentes gobernos en obrar onde a cidadanía esta moi cansa de que se experimente como un  auténtico campo de probas

Doutra banda, parécenos que nesta cidade temos outras necesidades máis importantes e outras prioridades para facer un gasto na superficie que estamos vendo como apuran RECORTES en dereitos sociais e se pechan comedores sociais e outros que estaba previsto abrir non se fala deles.

Estanse a pechar comedores sociais, se reducen as axudas a entidades sociosanitarias, se privatiza a xestión das instalacións culturais, se elimina o Padroado de Deportes e de Cultura, se fala de eliminar o INFACOFE. Sempre co argumento de aforrar cartos e se queren enterrar máis de 700.000 euros nun espazo onde se levan gastado máis de 16 millóns de euros.

O movemento asociativo tivemos que paralizar o proxecto do Goberno Municipal do Partido Popular e Independentes de Ferrol de constuir un edificio comercial de 21 mts de altura. Rescatar ese espazo público custounos aos contribuíntes máis de 7 millóns de euros.

Cando está todo Ferrol sen tapar unha focha desde hai un ano, cando a Rúa do Sol o tunel da Praza de España, Irmandiños, a Avenida da Paz, a Praza do Callao, o Cantón o Parque Raíña Sofía están totalmente degradados e cando a cidade de Ferrol ten moitas outras prioridades e necesidades se pretenden enterrar máis de 700.000 euros de novo.

Queremos lembrar  que  houbo un acordo de participación cidadá para destinar un dos edificios a ser un FORO CIDADÁ con contidos de caracter social e cultural como charlas, asembleas, sala de exposicións, lectura e lugar de encontro cidadá.

Por todo isto reclamamos ao actual Alcalde que faga unha auténtica presentación formal de Participación Cidadá ante a cidadanía e movemento social co obxecto de explicar a necesidade de obrar nesta Praza de todas as ferrolás e ferroláns.


Ferrol, a 11 de maio de 2012.

Enviado por:
_______

venres, abril 27, 2012

Activada outra Asemblea de Barrio - O PP non consigue desactivar a Asemblea de Barrio de Ultramar



O pasado luns día 23 de abril, tivo lugar a segunda parte da 1ª Asamblea de Barrio en Ultramar.

Quero lembrar, que na primeira parte da asemblea celebrada o luns o 5 de marzo, dábase información do desenrrolo do Regulamento de Participación Cidadá, e ao mesmo tempo abríase o prazo de 15 días para a presentación de candidaturas ao Consello da Veciñanza, e propostas de actuacións e melloras do barrio, para ser votadas nesta segunda parte.

Polo tanto na Orde do día desta segunda parte, figuraba a elección de Vicepresidentes, de representantes no Consello da Veciñanza e de propostas.
Como ven sendo habitual en outros barrios e parroquias, o Partido Popular tocou a corneta e mobilizou a un número importante de persoas.

En todo caso os resultados foron os seguintes:

- Vicepresidente por asociacións ou entidades: José Ramón Jove Vidal.
- Vicepresidente a título individual: Luis Rico Castro.
- Representantes no Consello: Antón Gómez García e Mª Dolores García Sánchez.

- Propostas:

Limpeza e saneamento do barrio, sobre todo dos focos de infección de Sartaña (pista polideportiva), oco entre a rúa Nova e a rúa Ponzos, oco detrás da cafetería Valencia e en Sánchez Calviño (detrás do parque infantil).

Remodelación e reurbanización da Praza Sartaña.

Cumprimento da normativa municipal de animais de compañía: recollida de excrementos.

En resumo, obtivemos dúas vicepresidencias, e tamén conquerimos incluir nas tres mais votadas, a proposta pola que vimos loitando o Coletivo Veciñal Sartaña dende hai varios anos. Polo tanto os resultados foron mellores do que se agardaba tendo en conta o feudo e a capacidade de convocatoria que provoca o Partido Popular utilizando os medios que sexan necesarios para conseguir o seu obxectivo, que non é outro que mangonear absolutamente todo, sen voces discrepantes.

Saúde,


Enviado por:
Jove Vidal, José Ramón (FE)
-jrjove@navantia.es-
26 de abril de 2012 15:24

_______________

mércores, abril 25, 2012

Asembleas de Barrio que se van celebrar na vindeiras datas - A participación cidaddá en Ferrol

Asembleas de barrio

Constitución ASEMBLEAS DE BARRIO

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá,  órgano impulsor do propio regulamento, convida a toda a cidadanía a participar na constitución das distintas ASEMBLEAS DE BARRIO.

Animamos a todos os veciños e veciñas de todas os pensamentos, idades, persoas asociadas/ non asociadas que impulsen e participen de forma individual ou colectiva a formular PROPOSTAS que considere ou CANDIDATURAS para os órganos do seu barrio.   

A Comisión consideramos que estas Asembleas de barrio son órganos importantísimos de Participación Cidadá polo que  facemos un chamamento as entidades sociais de cada barrio ou parroquia co obxecto de fomentar e enriquecer estes foros de debate no seu ámbito territorial.

Lembramos as competencias:

Artigo 32. Competencias das ASEMBLEAS DE BARRIO.

Será competencia das ASEMBLEAS DE BARRIO:

a. Fomentar a participación directa na xestión municipal de cada barrio das persoas que o habitan e das entidades que actúan no seu territorio, establecendo a este efecto os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades municipais.

b. Promover a colaboración entre as organizacións do barrio e entre estas e os/as veciños/as.

c. Participar na toma de decisións sobre as actuacións e investimentos que o Concello realice no ámbito territorial da Asemblea:

c.1) Debatindo e valorando os elementos dos plans de actuacións e investimentos do Concello que afecten ao ámbito territorial da Asemblea;
       
c.2) Informando, como mínimo anualmente, ao Concello do funcionamento efectivo e seguimento dos servizos municipais e das necesidades do territorio, con indicación e selección de prioridades para a súa posible inclusión no plan de actuacións do Concello;

c.3) Elaborando propostas para implementar proxectos e programas públicos, novos servizos, etc.

d. Solicitar información do Concello, previa petición razoada, dos temas de interese para a Asemblea.

Lembramos que as seguintes ASEMBLEAS DE BARRIO desta semana serán;

- MÉRCORES-25 DE ABRIL– Barrio de CANIDO ás 19,30 h. no salón actos da SCDR CANIDO

- VENRES -27 DE ABRIL - Parroquia de MANDIÁ-ás 19 h. no seu local.

- SÁBADO-28 DE ABRIL - Parroquia MARMANCÓN -ás 18,30 h no seu local.

Ferrol, a 24 de Abril de 2012.

A Comisión de Control P do RPC.-

comision.gap@gmail.com

www.participacion-ferrol.blogspot.com

Enviado por:
Comision Veciñal
comision.gap@gmail.com
24 de abril de 2012 16:44

_______________

venres, abril 20, 2012

Carta de Francisco Maceira sobre a Asemblea de Barrio: "Participación cidadá no barrio de Esteiro"


Participación cidadá no barrio de Esteiro

A asociación de  veciños á que pertenzo  -Esteiro- ven traballando dende hai anos para mellorar e suplir as carencias  deste emblemático barrio de Ferrol. Clases de pilates, encaixe de  palillos, punto canario, corte e confección, informática, exposicións, sardiñada de San Xoan, ciclos de cine, excursións, reivindicación da escola infantil, do comedor social ... Non chegaría esta folla para enumerar os centos de actividades e proxectos que saen adiante gracias ó traballo desinteresado de xente que emprega o seu tempo libre para beneficio  da comunidade.

Esta semana tivo lugar a votación  de Participación Cidadá para elexir os representantes do barrio ante o concello. Como era de esperar tamén se presentaron  persoas da  Asociación Veciñal de Esteiro. Inexplicablemente non saiu ningún elixido.  O máis votado foi un tipo que na miña vida vin polo barrio. Eu xa sospeitei algo cando vin a sala da votación ateigada e rezumando un glamour inusual en actos participativos. Recordoume  cando na miña aldea os do PP carrexan votantes cara as urnas.  Por suposto que estas artimañas non van amedrentar á asociación veciñal  que xa  confirmou a continuidade do seu traballo. A pesar de ter o concello en contra seguirán loitando pola escola, polo comedor  ou por calquer outro proxecto que supoña un ben para os veciños. Incluso para aqueles que o único que fixeron polo barrio foi ir a votar o día que alguén, dende o concello, descolgou un teléfono.

Francisco Maceira

Esteiro - Ferrol

Enviado por:
Francisco Maceira
-f.maceira@hotmail.com-
19 de abril de 2012 23:33

___________________________