Amosando publicacións coa etiqueta Pontedeume. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pontedeume. Amosar todas as publicacións

martes, maio 22, 2018

Paco Nogueiras presenta en Pontedeume o Libro-Disco 'Radio Bulebule', na Casa da Cultura este mércores 23 de maio, a partir das 7 da tarde


Paco Nogueiras presenta en Pontedeume o Libro-Disco 'Radio Bulebule', na Casa da Cultura este mércores 23 de maio, a partir das 7 da tarde.

Tralo éxito de “Brinca vai!” o músico galego dedícalle á comunicación as doce cancións do seu novo traballo publicado por Kalandraka.

A Casa da Cultura de Pontedeume (Praza de San Agostiño) acollerá, a presentación do novo libro-cd-dvd de Paco Nogueiras, “Radio Bulebule”, publicado por Kalandraka, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo. Nesta actividade, organizada pola Biblioteca Municipal e pola Concellería de Cultura, Paco Nogueiras interpretará unha escolma de cancións e asinará exemplares da obra.

+INFO na NOTA ADXUNTA. Formato pdf. | Acceder/Baixar.




VÍDEO DE PRESENTACIÓN DE RADIO BULEBULE:


https://youtu.be/NYSpe_kzP_4


VIDEOCLIP DE BULEBULE:


https://youtu.be/GrediASDgXM


FACEBOOK DE RADIO BULEBULE:
https://www.facebook.com/RadioBulebuleBrincaVai/

Paz Castro
Dpto. Comunicación

http://www.kalandraka.com

Enviado por:
KALANDRAKA Comunicación
-comunicacion@kalandraka.com-
22 de maio de 2018 11:57

________________________________

luns, abril 30, 2018

A primavera tamén é tempo de cogumelos. Nesta nova edición das xornadas micolóxicas de Pontedeume aprenderemos a cultivar varios tipos de cogumelos en troncos e borras de café - X Xornadas micolóxicas de primavera en Pontedeume, o 5 e 6 de maio


Xornadas micolóxicas de primavera

Pontedeume, o 5 e 6 de maio de 2018

A primavera tamén é tempo de cogumelos. Nesta nova edición das xornadas micolóxicas de Pontedeume aprenderemos a cultivar varios tipos de cogumelos en troncos e borras de café. Para ter conta da xente e adaptar millor os grupos, deberás apuntarte no correo aavendoa@gmail.com ou no número que aparece no cartaz. Ademais contaremos coa actuación de Magín Blanco, dado que é unha actividade que perfectamente poden facer as crianzas. Para este concerto, ao cal podes asistir malia non ir ás xornadas, non é preciso anotarse.
Vémonos!

Evento no facebook.

Dentro das actividades do noso X aniversario, este ano tamén organizaremos unhas xornadas de primavera.

Haberà obradoiro, saìdas o monte e xantar.

Nos vindeiros dìas informaremos de toda a programaciòn definitiva.

Sàbado 5 de maio

18:00h. Obradoiro

Aprenderemos a inocular en troncos e borras de café de man dos amigos da Asociación Micolóxica Viriato. Useremos micelio de 'Pleurotus ostreatus' e 'Hypsizigus ulmarinus'.

Domingo 6 de maio

10:30h. Saìda as Fragas do eume. Estarán con nòs, Marcote e Costa da A.A.M.M. Pan de raposo de Cee e Moncho Pato. Esta ruta, sinxela pero moi rica, é apropiada para os nenos.

14:30h. Xantar no Restaurante Andarubel (prezo 25€ por persoa).

17:30h.Saída o pinar de Cabanas cos micòlogos Marcote e Costa.

18:00h.Concerto na Casa da Cultura de Magín Blanco presentando o seu novo traballo "Camiños". Para aqueles nenos que queiran descansar do paseo matutino.

PONTEDEUME
COLECTIVO TERRA
Un espazo onde facer visíbel a creatividade do país, onde preservar a nosa identidade como pobo, onde defender a língua, o noso símbolo máis internaciona...

colectivoterra.gal

Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
30 de abril de 2018 08:50

___________________

martes, novembro 07, 2017

IX Xornadas Micolóxicas de Pontedeume, que terán lugar entre o 10 e o 12 de novembro


IX Xornadas Micolóxicas


Dende o Colectivo Terra promovemos as IX Xornadas Micolóxicas de Pontedeume, que terán lugar entre o 10 e o 12 de novembro.  A inscrición ten un prezo de 6€ e podes anotarte no correo electrónico aavendoa@gmail.com.

VENRES 10: 09:30h Varias persoas da organización das xornadas sairemos na procura de cogumelos para a posterior clasificación e exposición. Podes acompanharnos! Quedaremos ás 09:30h no aparcadoiro que está ao carón da gasolineira de pontedeume:

19:30h Vémonos na casa da cultura de Pontedeume para clasificar os cogumelos recollidos pola manhá e para preparar a exposición.

SÁBADO 11: Metémonos en faena ás 09:00h e quedaremos tamén no aparcadoiro ao carón da gasolineira de pontedeume para facer unha saída á serra do forgoselo. O obxectivo principal é aprender, non ir a enchelo cesto. A media manhá faremos un descanso onde degustaremos un petisco (tamén vegano)

14:30h Xantar micolóxico no BAR O TRASTEIRO. Non está incluído no prezo

18:00h Palestra na Casa da Cultura a cargo de José María Costa Lago, que ofrecerá unha introdución ao mundo da micoloxía para despois visitar tamén na Casa da Cultura a exposición de cogumelos.

Pola noite a cea é libre. Cadaquén que se administre o seu tempo. Nós proponhémosche que nos seguintes bares asociados degustes un petisco micolóxico: O Varadoiro (na parte alta da rúa Real de Pontedeume). No Trasteiro (na zona do muelle ao pé do torreón dos Andrade) e na Casa de la Abuela, (rúa Chafarís, 1, ao carón da Casa da Cultura).

DOMINGO 12: Non vos recollades moi tarde ;) porque o domingo tamén hai actividade. Ás 10:00h quedaremos novamente no aparcadoiro ao carón da gasolineira de Pontedeume para sair todas xuntas ás Fragas do Eume. Logo ás 14:30h xantar de confraternización na parrillada o pedrexal (Churrasco de Sambollo).

As xornadas todavía non están pechadas, atenta ás modificación que fagamos nas redes soiais, dado que poderiamos incorporar algunha palestra máis específica. Hai un evento creado no Facebook que leva por nome IX Xornadas Micolóxicas de Pontedeume

ANOTARSE: aavendoa@gmail.com.

Colectivo Terra - Xornadas Micolóxicas

Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
7 de novembro de 2017 19:48

_______

xoves, abril 07, 2016

En Pontedeume unha fin de semana chea de actividade, di o Colectivo Terra: O Sábado unha Gastrofesta e Gabriel Tizón e Rocío Botana ofrecerán un coloquio-exposición fotográfica que nos transportará ás fronteiras de arame de espiño que está construíndo Europa - E o Domingo, unha actuación de Fran Amil que presenta o seu disco "A Voz do Vento", unha homenaxe a Manuel María


Actividades fin de semana

Temos unha fin de semana chea de actividade. 


O vindeiro sábado 9 de abril argallamos unha nova Gastrofesta co fin de prestar axuda na medida das nosas posibilidades ás refuxiadas que cada día tentan atravesar as fronteiras de Europa.

Levaremos a cabo un pequeno festival con maxia, música e contos onde os beneficios da barra e da cea (menú árabe a base de hummus, falafel e harise) irán destinados de xeito íntegro á Asociación Causas Comúns.

Dúas crianzas morren ao día tentando chegar ás costas de Europa. Pode soar simple, pero a foto de Aylan, o meniño sirio que nos sobrecolleu a todas, non é consecuencia dunha crise migratoria. Esta traxedia é consecuencia directa do sistema capitalista. Siria, último Estado que levantou (con erros e acertos) as bandeiras do nacionalismo árabe, que non ten débeda externa con organismos internacionais, rico en recursos naturais e, casualidade, que defende a causa palestina, é agora o epicentro das políticas de exterminio desenroladas por EEUU, o Sionismo e a OTAN.

Fotografías como idioma universal. Gabriel Tizón e Rocío Botana ofrecerán un coloquio-exposición fotográfica que nos transportará ás fronteiras de arame de espiño que está construíndo Europa. O imperialismo queda retratado unha vez máis neste drama. Lembrade o inicio de todo. O punto de partida. Por exemplo, un serán nas Azores. A fotografía. Idioma universal.

O Domingo 10 de abril contaremos no Terra coa actuación de Fran Amil que ven a presentar o seu disco 'A Voz do Vento', unha homenaxe a Manuel María, recoñecido poeta e incansábel activista a prol da lingua a quen este ano se lle adican as Letras Galegas. Será ás 17:30h no local do Colectivo Terra. Agardamos por vos!

Agardámosvos a tod@s!!!

#RefuxiadasBenvidas

http://colectivoterra.gal


Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
6 de abril de 2016 08:31

______________

mércores, marzo 11, 2015

Actividades fin de semana en Pontedeume do Colectivo Terra - Venres 13 de marzo: Mesa redonda sobre a xestión dos nosos montes - Sábado 14 de marzo: Actuación do cantante de Limodre Roger de Flor, con novos temas


Actividades fin de semana en Pontedeume do Colectivo Terra

Venres 13 de marzo:
"A xestión dos nosos montes: Problemática e alternativas" tres relatores tentarán aclararnos diferentes cuestións que afectan aos nosos montes como a eucaliptización, situación na Galiza, problemáticas,...

Sábado 14 de marzo:
Actuación do cantante de Limodre Roger de Flor, con novos temas.

Esta próxima fin de semana o Colectivo Terra realiza dúas actividades

A primeira será o venres 13 de marzo ás 20:00 na Casa da Cultura. Baixo o título "A xestión dos nosos montes: Problemática e alternativas" tres relatores tentarán aclararnos diferentes cuestións que afectan aos nosos montes como a eucaliptización, situación na Galiza, problemáticas,... Opcións, cultivos alternativos, exemplos reais, beneficios,... Ademais da situación das axudas, viabilidade económica,... Haberá tempo para o debate e tentarase aclarar as diferentes dúbidas que xurdan.

A segunda actividade da fin de semana será un concerto o sábado 14 ás 20:30 no noso local (Rúa Boa Vista, 8). Visitaranos o cantante de Limodre Roger de Flor. Presentaranos novos temas así como os máis clásicos do seu repertorio. Non podedes faltar a esta cita. A entrada será de balde e pasarase a gorra ao final da actuación.

Roger de Flor (vídeo):
https://www.youtube.com/user/videosrogerdeflor

Colectivo Terra (Pontedeume).
Correo-e:
colectivoterra@gmail.com
Blogue do Colectivo:
http://colectivo-terra.blogspot.com.es/


Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
10 de março de 2015 20:19
_______________

mércores, setembro 28, 2011

Sondaxes arqueolóxicas no castro d'A Insua, parroquia de Boebre, en Pontedeume

Sondaxes arqueolóxicas na Insua

A asociación Ardóbriga ten o gusto de informar que estamos estes días a desenvolver uns traballos arqueolóxicos no castro de A Insua, na parroquia de Boebre (Pontedeume). Estes traballos están dirixidos polo arqueólogo Fidel Méndez, asiduo colaborador de Ardóbriga, e consisten na realización dunhas catas de sondaxe nas que pretendemos atopar os restos da primitiva igrexa parroquial, de cuxa existencia temos constancia grazas ao descubrimento dos desaparecidos libros parroquiais por membros da asociación. Ademáis procuraremos chegar ata niveis de ocupación castrexa coa intención de establecer unha datación do castro, sequera aproximada.

Se queredes podédevos achegar ata o xacemento e vos informaremos do estado dos traballos. Chégase tomando a estrada AC-7803 que vai de Miño a Pontedeume e, no km 5(+-) no extremo da recta de Boebre máis próximo a Perbes, colledes unha pista asfaltada sinalizada co nome de A Insua. Ao final desa pista, e si non chove ou é fin de semana, estaremos algún de nós.

Grazas e un saúdo
Antón Prego
Asociación Ardóbriga
http://www.ardobriga.com/

Enviado por:
Asociación Cultural Ardóbriga
-asc.ardobriga@gmail.com-
28 de setembro de 2011 21:20
_______________

martes, setembro 11, 2007

Organizado polo colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio” en Pontedeume: xoves 20 de setembro a partir das 20:00 h. na Biblioteca

De: manuel dominguez -manudominguez@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de setembro de 2007 19:41
Asunto: proxección en Pontedeume do salario do silencio



Convocatorias setembro

Organizado polo colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio” en Pontedeume

Será presentado pola actriz e produtora executiva do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Un alegato contra o silencio imposto sobre a planta de gas en Mugardos

El Salario del Silencio é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). Pero o que pretende, sobre todo, é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo, a súa seguridade.

O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian.

A proxección será o xoves 20 de setembro a partir das 20:00 h. na Biblioteca Municipal. Tanto Mabel Rivera como Enrique Banet serán os encargados de presentar o traballo realizado por eles mesmos. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá). A todos eles e elas agradecémoslles o seu compromiso social na defensa da ría, do hábitat e da xustiza social.
_____

Documentario

"O Salario do Silencio"

Sobre a Planta de Gas na Ría de Ferrol

Realizado por:

Mabel Rivera e Enrique Banet

Producción: Namche Film, S.L.

Lampai (Teo, A Coruña)

A Grela, 1 C.P.: 15883

Tlfno: 981 800 200

-----------------------

Trailer do documentario
"O salario do Silencio"

-----------------------

Tamén para a súa difusión poñerse en contacto co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es

A súa web: http://comitecidadan.org/
_____________

mércores, xuño 13, 2007

Información de actividades medioambientáis en Pontedeume e Neda, e exposición Neda. Xuño 2007

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
ADEGA -adegatrasancos@adega.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Junho de 2007 17:41
Asunto: Información de actividades medioambientáis en Pontedeume e Neda, e exposición Neda. Xuño 2007



Queridos/as compañeiros/as: reenvió información das seguintes activades medioambientais por se vos apetece asistir, participar ou difundir entre os vosos asociaciados,etc

Unha aperta:

Información de actividades medioambientáis en Pontedeume e Neda, e exposición Neda. Xuño 2007

-Días 15 -Venres- e 22 -Venres-, ás 20 hs en Neda, na casa da Cultura: (cartaz sobre o tema máis abaixo) coa participación de membros de Adega, Nébóa, SGHN, etc,etc

* 15.6. Mesa redonda sobre "A ría: Unha riqueza a defender "

* 22.6. Mesa redonda sobre "O voluntariado do lume"

* Exposición fotográfica entre o 15 e 22 de xuño.

______________

-Día 14 -Xoves- ás 20 hs. Biblioteca de Pontedeume.

Charla-coloquio sobre o CAMBIO CLIMÁTICO.

Apresenta: Suso L Piñeiro - Presidente de Adega-Trasancos.

Falará: A.García - membro de Adega-Trasancos.

Organizan: Adega e a Biblioteca de Pontedeume

Unha aperta

Antonio G

Ferrol