Amosando publicacións coa etiqueta Rádio Filispim. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rádio Filispim. Amosar todas as publicacións

luns, novembro 22, 2021

Esta tarde, 22 de novembro, en Rádio Filispim: 50 aniversario do Dez de Marzo do 72, entrevista con Manuel Fernández Pita e Rafael Pillado Lista, no Programa 'Unha tarde no muíño'


Esta tarde, luns 22 de novembro, en Rádio Filispim: "50 aniversario do Dez de Marzo do 72", con Manuel Fernández Pita (de Memoria Histórica Democratica) e Rafael Pillado Lista (de Fuco Buxán), no Programa 'Unha tarde no muíño', no 93.9 da FM.

Dez de marzo 50 aniversario

Esta tarde, aproximadamente ás 18,45 dentro do programa "Unha tarde no Muíño", entrevistan historiadores da A.C. Ferrolterra Antiga.....

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario. Memoria e Dignidade


Achegamos: Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

Contacto:
10m72.50aniversario@gmail.com

Facebook:
Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
22 de novembro de 2021 12:45
_______

sábado, setembro 15, 2018

A independencia dos medios e as radios libres, ... Por Celso Posada Fernández e Anxo Fernández-Armesto Sánchez - Os autores deste artigo consideran que a radio debe dar voz aos colectivos sociais e que estes deben ser conscientes de que nela teñen unha plataforma excelente para dar a coñecer as súas reivindicazóns e un pequeno altofalante para a súa mensaxe - Modestamente convidan a que se impliquen e polo menos no seu programa 'Directo de Esquerdas' sempre estamos abertos a darlle un micro a quen o precise


Por Celso Posada Fernández e Anxo Fernández-Armesto Sánchez [*]
15.09.2018


A independencia dos medios e as radios libres

Hoxe en día, con tatas canles de televisión que existen e o acceso á informazón a través da rede, fálase moito de se esta ou aquela tele é máis independente ou máis progresista, máis conservadora, máis liberal, alternativa, moderna...que as outras. Realmente todos os grandes medios mandan unha mensaxe similar, a do sistema socioeconómico e político vixente. E dentro diso, a que os seus respectivos donos queren que manden, porque teñen donos; os grandes medios son todos propiedade de grandes conglomerados empresariais con intereses diversos.

Iso non implica que non existan en absoluto medios independentes, un exemplo son as radios libres e comunitarias como Cuac FM, Radio Calimera ou en Ferrol a Radio Filispim (a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, 93.9 FM). Estas radios libres, ao non teren donos, son unha garantía de independencia e de liberdade, pode dicerse que son unha alternativa da xente para a xente que dan cobertura a causas e a temas dos que nos grandes medios non se preocupan moito ou que directamente omiten. Estas radios, con toda a súa modestia, tentan dar unha voz a que non a ten. Entre as súas características a priori máis salientábeis están o compromiso e a utilidade social. Moita da xente que participa nelas ten un nivel de conciencia social alto e algúns destes teñen ademais vontade de axudar a crear esa conciencia noutros. Estes medios ofrecen unhas opcións de ocio e entretemento diferentes e unha informazón non suxeita aos dictados de ningún grupo empresarial e por tanto realmente independente. En suma, pode dicerse que apostan por un modelo social diferente, máis libre e máis baseado na comunidade. Por exemplo na Radio Filispim, nacida en 2005, existen e existiron historicamente programas con temas como feminismo, migrazóns, ecoloxía e moitos outros, alén de ofrecer unha alternativa cultural. A xente que participa son polo xeral persoas implicadas socialmente. Dase unha mensaxe de que a xente humilde tamén quere que a escoiten.

Esta implicación é hoxe máis necesaria que nunca. Moita xente está indignada con moitas cousas, proba son as mobilizazóns que se van dando periodicamente nos últimos tempos (Prestige, Guerra do Irak, Reformas educativas, incendios, 15M, Marchas da Dignidade...). A participazón das persoas é o factor que pode marcar a diferenza. Non vai vir ningún salvador a rescatarnos, temos que salvarnos nós mesmos. Os autores deste artigo consideramos que a radio debe dar voz aos colectivos sociais e que estes deben ser conscientes de que nela teñen unha plataforma excelente para dar a coñecer as súas reivindicazóns e un pequeno altofalante para a súa mensaxe. Modestamente convidamos a que se impliquen e polo menos no noso programa “Directo de Esquerdas” sempre estamos abertos a darlle un micro a quen o precise.

Temos que ser conscientes de que os grandes medios non serven á xente senón aos seus donos. Dicía Simone de Beaovoir que o opresor non sería tan forte sen cómplices entre os oprimidos. Eses cómplices son moitas veces involuntarios, xente que cre a mensaxe que lles mandan eses grandes conglomerados empresarias e que, nas palabras de Malcolm X, lles fan amar ao opresor e odiar ao oprimido. Non debemos permitir que a apatía ou o medo nos dominen, é importante implicarse socialmente e non abonda con criticar desde as redes sociais. Animamos a todos os colectivos sociais que queiran darse a coñecer a achegarse á radio e buscar un oco para darlle máis vida e darlle megafonía á súa mensaxe.

Ferrol, 12 de setembro de 2018


@directodeesquerdas

Toda a info en Rádio Filismim que emite en Internet e no 93.9 da FM

https://opaii.blogspot.com/

[*] Celso Posada Fernández e Anxo Fernández-Armesto Sánchez, son o condutor e colaborador do programa "Directo de Esquerdas" de Radio Filispim.

Enviado por:
Anxo Fernández-Armesto Sánchez
-anxofarmesto@hotmail.com-
13 de setembro de 2018 15:17

_______

mércores, abril 11, 2018

Rádio FilispiM vai as VI Xornadas de Enfermería Familiar e Comunitaria - Este sábado 14 de abril a partir das 10:30 am, dende o Áula Nodo de Innovación do Hospital Naval de Ferrol, gravación do programa especial


RÁDIO FILISPIM VAI ÁS VI XORNADAS DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

Este sábado 14 de abril a partir das 10:45 am, dende o Áula Nodo de Innovación do Hospital Naval de Ferrol, gravación do programa especial: “FilispiM vai ás VI Xornadas de Enfermería Familiar e Comunitaria”. Coa participación de enfermeiras, psicólogos clínicos, traballadoras sociais, médicos, xestoras sanitarias e responsábeis de formación.

Filispim vai ás VI Xornadas de Enfermería Comunitaria”. Este sábado 14 de abril a partir das 10:45 am. Entrada libre.

Emisión en diferido: sábado 21 de abril a partir das 7:00 pm, en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Rádio FilispiM, nacida libre.

---
Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC

FACEBOOK - TWITTER

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
11 de abril de 2018 10:33

____________

xoves, marzo 29, 2018

X edición do 'Conspirando por unha radio libre', xoves 29 de marzo, ás 12 do mediodía, no Centro Cívico de Canido, coa actuación de Oscar Fojo - Ademáis, haberá radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio FilispiM e riquísimos petiscos


Festival 'Conspirando por unha Radio Libre', este xoves, 29 de marzo, ao mediodía en Canido.

O Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrará a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol”, “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.

Dende as 12 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos apresentará a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis,  haberá radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio FilispiM e riquísimos petiscos.

Se ben o “Conspirando” poderá seguirse ao vivo no 93.9 da FM, o Colectivo Opaii! convida a todas a sumarse á festa da radio libre no Centro Cívico de Canido.

Rádio FilispiM, nacida libre.

Evento en facebook: https://www.facebook.com/events/283659278838270/

Colabora na autoxestión de Rádio FilispiM: Triodos Bank, ES06-1491-0001-2120-2936-2023. Titular: Colectivo OPAíí!! [Ondas Para Activación Información Independente - Rádio Filispim].

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC

FACEBOOK - TWITTER

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
E-mail: filispina@gmail.com

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
28 de março de 2018 08:28

_________________

mércores, xaneiro 04, 2017

Directo de Esquerdas, un programa radiofónico cunha ollada progresista e dende a esquerda - Todos os mércores en Rádio Filispím, no 93.9 da FM ou pola rede


"Directo de Esquerdas" Un programa radiofónico cunha ollada progresista e dende a esquerda:

"Directo de Esquerdas" é un programa de actualidade política cunha ollada de esquerdas e progresista que se emite en directo os mércores de 18:30 horas  a 19:30 horas na Radio Filispim a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos 93.9 da FM.  Somos un programa comprometido coas loitas sociais e comentamos a actualidade desde una óptica de esquerdas. No programa facemos tertulias sobre asuntos de actualidade como o ensino, a situación da sanidade, dos servizos públicos e sobre temas como as migracións ou o feminismo. Tamén comentamos as novas de Ferrol e comarca e da Galiza así como as máis relevantes no Estado e no mundo e falamos dos eventos da semana. O programa está aberto á participazón de todos os movementos sociais que se mobilizan pola defensa dos dereitos das persoas e do medio ambiente frente ás agresións do sistema. Nestes tempos de pensamento único neoliberal é fundamental a unidade das esquerdas, a mobilizazón social, presentar alternativas e aportar solucións pra os problemas reais da cidadanía. "Directo de Esquerdas" ten o obxectivo de denunciar, rebelarse e contribuír na loita contra as políticas ultraliberais que incrementan as desigualdades e condenan á clase traballadora ao paro, á pobreza, á precaridade e á exclusión social. Queremos dar voz a todas as persoas que loitan e contribuír a darlles megafonía a esas loitas. Desexamos que no 2017 se acade a xustiza social a través da solidariedade, da loita, do compromiso político, do activismo social. Queremos conseguir a igualdade real entre mulleres e homes a través da loita feminista. Animamos á mobilización para defender os nosos dereitos, porque os dereitos se conquistan cada día. Por todo isto pensamos que facía falta un programa así, modesto mais comprometido e que fale claro. Para iso creamos Directo de Esquerdas.

Anxo Fernández e Celso Posada. Presentadores do Programa Radiofónico " Directo de Esquerdas" na 93.9 FM da Radio Filispim a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos.

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/directodeesquerdas/

Rádio Filispim, no 93.9 da FM


Enviado por:
Anxo Fernández-Armesto Sánchez
-Anxofarmesto@hotmail.com-
4 de janeiro de 2017 17:24
__________

xoves, xuño 16, 2016

FilispiM Vai a... Centro educación especial Nosa Sra. de Chamorro, este sábado 18 de Xuño na Rádio FilispiM, nas ondas no 93.9 da FM ás 7 da tarde ou pola rede vía streaming


FilispiM Vai a... Centro educación especial Nosa Sra. de Chamorro.
Este sábado na FilispiM, 93.9 FM (7:00 pm)

O Colectivo Opaii! continúa co ciclo "FilispiM Vai...", levando a radio libre e comunitaria aos espazos de interese da nosa comarca.

Rádio FilispiM, 93.9 FM vén de gravar un programa, "FilispiM vai ao Asociación Nosa Sra. de Chamorro" de O Val (Narón), coa participación da comunidade educativa do centro de educación especial. O programa conta coa participación do músico Daniel Pita, quen interpreta algunhas pezas ao vivo.

Escoitao en diferido en Rádio FilispiM, 93.9 FM, este sábado 18 de xuño a partir das 7:00 pm, e vía streaming en: http://opaii.blogspot.com.

Promo (audio) en ivoox e evento no facebook.

Rádio FilispiM, nacida libre.


OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
http://www.opaii.blogspot.com
filispina@gmail.com


Avda. Castelao S/N | Traseira do Mercado de Caranza.
CP. 15406 Ferrol -[A Corunha.

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
16 de junho de 2016 12:53
_____

xoves, abril 14, 2016

"Filispim vai... a La Espuma", este sábado 16 de Abril - Jamie Fifthring interpretará algunhas pezas en directo

"Filispim vai... a La Espuma" (este sábado 16 de abril ás18:30 h)

O Colectivo Opaii! continúa co ciclo "FilispiM Vai...", trasladando as equipas técnicas e humanas da radio libre e comunitaria aos espazos de interese da nosa comarca.

Este sábado 16 de abril a partir das 18:30 hs, estarán en "La Espuma", r/ Igrexa, 90. Falarán de cervexa artesá, delicatessen, de establecementos míticos coma "El Rápido" ... con moit@s convidad@s.

Durante o especial Jamie Fifthring interpretará algunhas pezas en directo.

Entrada de libre até completar aforo. Radio ao vivo, non o perdas!

Grazas pola difusión.
Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

Xúntanse cartaz do evento + audio promo
>>  http://www.ivoox.com/11124413

--
Escoita! Rádio FilispiM

FACEBOOK - TWITTER

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal:

Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
14 de abril de 2016 14:03
________________

sábado, febreiro 20, 2016

Rádio Filispim prepara un documentario para deixar constancia dos 10 anos de emisión da "Rádio Livre e Comunitária da Terra de Trasancos", e fan un chamamento a participar no proxecto audiovisual a todas as persoas que son ou foron parte da radio


ATENCIÓN, AVISO AS PERSOAS QUE TIVERON OU TEÑEN RELACIÓN CO COLECTIVO OPAII!-RFM


Com motivo da gravaçom do documentário polos 10 anos de Rádio FilispiM, fazemos umha convocatória aberta para todas as pessoas que participam ou participárom do colectivo e do projecto e que estejam interessadas em fazer parte deste documento audiovisual, para a realizaçom de umha breve entrevista sobre a sua experiência.

Será a próxima quarta-feira 24 de Fevereiro, a partir das 17.30h.

O lugar escolhido é o Centro Cultural Torrente Ballester (R/ Concepción Arenal s/n – Ferrol).

Solicita-se que aquelas pessoas interessadas confirmem a sua assistência (achegando nome e número de telefone de contacto) para que a equipa de produçom poda organizar as entrevistas.

A data limite para esta confirmaçom será a terça-feia 23 de Fevereiro até as 23.59h.

Podedes enviar os vossos dados através das seguintes vias:
  • correio-e: xende.lt@gmail.com
  • SMS/Whatsapp: 669 73 70 06
--


Escoita! Rádio FilispiM com: Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime ou VLC.

FACEBOOK - TWITTER

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
19 de fevereiro de 2016 14:26
__________

martes, decembro 08, 2015

Rádio Filispim, libre e comunitaria da Terra de Trasancos, segue celebrando os seus dez anos nas ondas, desta vez inaugurando a Exposición "10 anos de historia filispiniana", no Ateneo Ferrolán - Este xoves 10 de Decembro ás 8 da tarde, agardan por todos vós


A prehistoria do Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM remóntase á desaparecida emisora universitaria Radio Kaos. Tras o verán de 2003, algunhas voces que xa participaran da mencionada experiencia sentían a necesidade de volver ás ondas e outras persoas interesáronse na idea. Após varias asembleas en locais de ocio, o 28 de novembro de 2003 fixeron un primeiro chamamento aberto á cidadanía para presentar esta iniciativa de crear unha nova emisora. Desta vez sería un medio libre, independente das institucións oficiais, e ao servizo da comunidade. A denominación debía ser claramente ferrolá, tanto para o colectivo como para a emisora.

Tras esa data no Ateneo Ferrolán, o proxecto de Rádio FilispiM participou en decembro no Foro Negro nunha mesa de traballo xunto a Piratona, A Kalimera e outros medios de contrainformación. Nun período de gran actividade contra-informativa en Galiza e o Estado, o colectivo realizaba unha asamblea tras outra. Debatía ideas, obxectivos e estatutos, organizou a asamblea de constitución dos principios de ReGARLIC (rede galega de radios libres e comunitarias) e formulaba iniciativas de recadación para adquirir o equipamento técnico. Entre as realizadas, a edición dun fancine, ciclos de cinema, festas varias, a confección e venda dun par de CDs compilatorios de grupos e solistas da comarca e, sobre de todo, un exitoso I Festival Conspirando por umha Rádio Livre na semana santa de 2004. Conseguidos os cartos, a emisora comeza emitir en probas desde o Ateneo Ferrolán, nun “metro cuadrado” rehabilitado no verán de 2005. "A nossa história facémola nós da
Matraca Perversa é a primeira canción que soa no 93.0 da FM o 27 de agosto de 2005.

Coa intención de ter presenza alén das ondas, comezan unhas sesión vermú que se manteñen na actualidade con periodicidade, teñen lugar varias edicións do festival Conspirando e últimamente a radio desprázase no Filispim Vai a diversos locais da comarca. E se falamos de desprazamentos, Rádio FilispiM viviu dúas mudanzas. No dial, móvese ao actual 93.9 da FM o 15 de decembro de 2006 pola “concesión legal” do 93.0 a unha radio privada. Na localización física, o inicio das obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán en xuño de 2015 fan necesario o cambio de local e, pasado o verán, as ondas filispinianas volven ao ar desde a súa actual localización na traseira do Mercado de Caranza.

Nestes 10 anos de existencia, moitas voces e propostas chegaron, participaron, resistiron, saíron e regresaron, sempre achegando novos folgos e pluralidade a esta experiencia. Rádio FilispiM segue aí, libre e comunitaria, chamando ao teu interese, á túa participación, á túa achega.

O Colectivo Opaii-Rádio FilispiM continúa cos actos de celebración do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM, libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

Este xoves 10 de decembro, na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán (R/Madalena, 202-204), ás 20h., inauguramos a Exposición
"10 anos de historia filispiniana".




OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
E-mail: filispina@gmail.com

Direcçom Postal: 
Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
7 de dezembro de 2015 18:37

______________

luns, decembro 07, 2015

Exposicións 10 anos de Rádio FilispiM - Sá exposicións Ateneo Ferrolán, a partir do 10 de decembro de 2015


Exposicións 10 anos de Rádio FilispiM (Sá exposicións Ateneo, a partir do 10 de decembro de 2015)

O Colectivo Opaii! continúa cos actos de celebración do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM, libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

Este xoves 10 de decembro, na sá de exposicións do Ateneo Ferrolán (R/Madalena, 202), inauguración da "Exposición 10 anos nas ondas de Rádio FilispiM".

Estades convidad@s.

Anexamos info e audio promo do evento "filispiniano".

Rádio FilispiM; 10 anos, compartindo.





OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
E-mail: filispina@gmail.com

Direcçom Postal: 
Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]



Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
4 de dezembro de 2015 20:17
____________

luns, xuño 15, 2015

Sessiom Vermú na traseira do Mercado de Caranza a partir das 12h, este sábado 20 de Junho, e com a actuaçom especial de Jamie Fifthring - Despedida da Grelha 2014-2015 de Rádio Filispim


Vem celebrar com nós a despedida da tempada filispiniana 2014-2015 o Sábado 20 de Junho nunha nova Sessiom Vermú na traseira do Mercado de Caranza a partir das 12h e com a actuaçom especial de Jamie Fifthring . Radio ao Vivo, Música e Petiscos!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1592178171051262/

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
__________

xoves, xuño 11, 2015

Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM. Actos 10º Aniversario, maratón radiofónico "A Filispina Tolea!" - Este sábado 13 de xuño entre as 11 da mañá e as 9 da noite


Continúan os actos en conmemoración do 10º aniversario das emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM, coa maratón radiofónica "A Filispina Tolea!!!"

O sábado 13 de xuño, dende as 11 da mañá até as 9 da noite, emitiranse 10 horas ao vivo para celebrar os 10 anos de emisións da radio libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.

Nesta festa da radio libre haberá músicas en directo, humor, lembranzas, mestura de programas actuais e regreso de voces que foron parte destes 10 anos de radio libre e comunitaria. Serán 10 horas continuadas coas voces do presente, do pasado e do futuro… as voces da túa comunidade!

O Colectivo Opaíí! invita a sintonizar o 93.9 da FM, ou vía streaming no blogue [http://opaii.blogspot.com/] este blog, e a participar a traves do teléfono directo 981.371040. Porque a xente conta!

Lembra: este sábado 13 de xuño entre as 11 da mañá e as 9 da noite… “A Filispina Tolea!!!”. 10 horas de radio ao vivo, 10 anos de vida.

Rádio FilispiM; 10 anos compartindo!

Audio promo 1:
http://www.ivoox.com/cunha-a-filispina-tolea-maraton-10-audios-mp3_rf_4608081_1.html?autoplay=1
Audio promo 2:
http://www.ivoox.com/cunha-a-filispina-tolea-maraton-10-audios-mp3_rf_4608076_1.html
Audio promo 3:
http://www.ivoox.com/cunha-a-filispina-tolea-maraton-10-audios-mp3_rf_4608071_1.html?autoplay=1

Evento facebook:
https://www.facebook.com/events/1570454033215726/







OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]

A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]


Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
10 de junho de 2015 11:59

_______________

martes, marzo 17, 2015

Este martes no Ciclo de Audiovisuais da Rádio FilispiM a proxección do documentario: "Moito máis que ruído"


Ciclo de audiovisuais sobre a radio.


Día: Martes 17 Marzo 2015.
Hora: 19:00hs. (7 da tarde)
Lugar: Ateneo Ferrolán, salón de actos.
Prezo: Entrada de balde.
Organiza: Colectivo Opaii!! - Rádio FilispiM. 
Colaboran: Ateneo Ferrolán, E.O.I de Ferrol.

Continúan os actos do décimo aniversario das emisións de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol).

"Moito máis que ruído" (Mucho más que ruido).

Sinopse: O 2001 marcou un antes e un despois na historia de Arxentina. A crise institucional, económica e social que provocou o estoupido das masas, transformouse en porta para novos actores e creadores de espazos de comunicación. Asi, dqueles que non podían amplificar as súas voces nos medios convencionais, atoparon a maneira de chegar a máis xente e construíron unha rede, un territorio comunicacional diferente. Nese momento naceu Radio Revés. "Mucho más que ruido", é un documentario que amosa que é posíbel crear un medio de comunicación nacido dun sono case utópico en base ao intercambio coas organizacións sociais, para construir unha experiencia única no país...  (Argentina, 2011, 50’, ATP).

Trairler:
https://www.youtube.com/watch?v=QHnyWqy-K6M

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/913832415335366/913841062001168/
...

Próximamente:

Martes 24 de marzo.
- Lavorare con lentezza
Radio Alice, Bolonia, 1976. Nas aforas das cidade, dous amigos soñan cunha saída as súas grises e opresivas vidas...

Martes 31 de marzo.
- Radioactividad.
Unha curta documental sobre as radios libres que emiten dende Madrid.
- Las radios comunitarias.
Un pequeno documentario en clave de humor sobre a razón de ser das radios comuntarias no Estado español, dirixido por Alba Lucio (Radio Ritmo).

Grazas pola difusión!!!!

Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

OPAII-Rádio FilispiM no 93.9 da FM  |
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha].


Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
16 de março de 2015 11:55

___________________

xoves, febreiro 05, 2015

FilispiM vai... cumprir 10 anos - Unha decada facendo radio libre e comunitaria, na Terra de Trasancos, polas ondas no 93.9 da FM e a través da rede


"FilispiM vai cumprir 10 anos", este sábado ás 7 do serán no Ateneo Ferrolán
.

Este sábado 7 de febreiro de 2015 a partir das 7 do serán, o Colectivo Opaii! volve ao Ateneo Ferrolán, cunha nova edición do ciclo "FilispiM vai ...", nesta ocasión adicado ao aniversario da principal actividade do Colectivo Opaii!, a Rádio FilispiM.

"FilispiM vai... cumprir 10 anos".

Durante a gravación do programa de radio lembraranse os alicerces do proxecto, falarase do presente e do futuro. Ademaís, haberá música ao vivo da man da banda ferrolá Weather Underground (pop/rock) e o dúo Indio & Lidia Pinheiro (sons brasileiros).

No transcorrer da festa de aniversario, apresentaranse as novas camisolas e chapas, conmemorativas do 10 aniversario, realizadas para a ocasión en unidades limitadas.

A entrada é de balde.


Programa de actos conmemorativo do 10º aniversario das emisión da Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Durante este 2015, levaranse ao cabo outros actos conmemorativos, coma un Ciclo de Cinema adicado as radios libres e comunitarias, retomaremos o festival Conspirando por Unha Radio Libre (en xoves "santo"), unha Exposición dos 10 anos da FilispiM e, mesmo, unhas Xornadas de Medios Libres. A práctica totalidade destes actos celebraranse no Ateneo Ferrolán, pola súa complicidade e vinculación fundacional co proxecto da activación da primeira radio libre e comunitaria (terceiro sector) da Terra de Trasancos.

Seguiremos informando...

Grazas pola difusión, ficades tod@s convidad@s.

Colectivo Opaii!! - Rádio FilispiM, 93.9 FM.

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
5 de fevereiro de 2015 14:02

_____________________

xoves, xaneiro 22, 2015

Especial Centenario do 'Real Coro Toxos e Froles' en Rádio Filispim, no programa radiofónico Entrelazados


Entrelazados
programa divulgativo coordinado e conducido por Xurxo Gago, realizou este mércores un espazo radiofónico dedicado aos 100 anos da agrupación folclórica ferrolán "Toxos e Froles". Programa que se pode escoitar en diferido a través das ondas no 93.9 da FM, o vindeiro Venres 23 de xaneiro de 02:00 a 03:00hs da madrugada, e o domingo, 25, de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

No "Especial Real Coro Toxos e Froles" co gallo do seu centenario, puido-se escoitar a canción "Ferrolada", logo "Pandeirada do Grove" e "A Escala", todas elas cancións do seu Cd "100 Anos". Un monográfico sobre a historia desta agrupación folclórica e as entrevistas ao seu presidente Arturo Lamas e aos coristas Manuel Galán e o abandeirado Miguel Vázquez, forman parte do contido do programa que se emitiu en Rádio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos.


___________

luns, novembro 17, 2014

'Furtivos' - Reunid@s en Asemblea a xente sen regularizar que vai a mariscar ás praias da Ría de Ferrol, acordaron unha serie de accións para conseguir 80 permisos para mariscar a pé - Unha moi interesante entrevista no programa Escarnio de rádio FilispiM, onde @s traballador@s irregulares da ría de Ferrol denuncian a súa criminalización


Desde hai días xente sen regularizar que vai a mariscar ás praias da Ría de Ferrol, "furtivos", veñen denunciando vexacións e malos tratos por parte da policía que os persegue e reprime. O cariz violento e vexatorio que tomaron as últimas redadas contra estes traballadores e traballadoras que reivindican un medio de vida, conseguiron que se organizaran e comezaran a mobilizar-se para facer visíbel a súa inxusta situación.  Familias sen recursos van á marea porque é onde poden tirar un pouco de diñeiro para poder facer fronte aos gastos máis elementais do día a día. As mariscadoras e mariscadores sen regularizar, puxeron-lle cara ao desemprego que está oculto en frías estatísticas. Pediron axuda que alguén lles botara unha man, xa non podían soportar sós por máis tempo a inxustiza que se estaba cometendo con eles e as súas familias. Chamaron á Columna Caranceira das Marchas da Dignidade, contactaron coa prensa, cos grupos municipais e partidos políticos, ... despois de mobilizar-se diante do Palacio municipal, na Praza do Concello de Ferrol, o Alcalde, José Manuel Rey Varela, prometeulles mediar e elevar a súa reivindicacións á Xunta de Galicia, pediulles a  cambio paz social, non quere ver xente na rúa pedindo Pan, Traballo e Teito. Os medios convencionais fixeron-se eco da súa situación. Comezaron a loita pola súa regularización.

Este fin de semana, o sábado 15 de novembro, centraron as súas reivindicacións, nunha Asemblea celebrada, ás 11 da mañá, no Centro Cívico de Caranza, apoiados polos nosos, moi veteranos, compañeiros Bernardo Bastida (Activista Social e ExPatrón Maior da Cofradia de Pescadores de Ferrol) e Rafael Pillado (Activista Social e histórico sindicalista e político, autor do libro de memorias "Latexo da Vida e da Conciencia").

J. Gómez do xornal comarcal 'Diario de Ferrol', dá conta hoxe, tanto na edición dixital como na impresa, de como se desenvolveu a citada Asemblea. Nova que ven recoller dalgún xeito as análise e acordos que se tomaron. Que polo seu interese, desde Ártabra 21, decidimos a transcribir a continuación. Maís antes tamén queremos dicir que facilitamos unha moi interesante entrevista que os compañeiros e compañeira do programa Escarnio da Rádio FilispiM, lle fixeron a tres representantes do colectivo da xente das praias.

---

Os mariscadores furtivos pedirán á cofradía e a Mar 80 permisos a pé
A asemblea reuniu no Centro Cívico de Caranza a preto dun centenar de persoas


Os mariscadores furtivos da zona d'O Couto acordaron onte nunha asemblea celebrada no Centro Cívico de Caranza e conducida polo expatrón maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, solicitar senllas reunións cos responsábeis do pósito local e da Consellería do Medio Rural e do Mar para esixir a creación de oitenta permisos de explotación a pé nas denominadas "zonas improductivas" da ría, é dicir, Montón-Caranza, A Cabana-A Malata e San Felipe.

Estas tres áreas, recordou Bastida, suman case 900.000 metros cadrados e, pese á súa extensión, só hai unha persoa que teña a habilitación para poder faenar nelas. "Pódese e débense dar permisos a pé", insistiu o expatrón, que, ante as preguntas dos asistentes sobre a calidade das augas, engadiu que "o que se saque das zonas C tería que completar o mesmo proceso que o que se colle nas Pías".

Bastida tamén se referiu á obrigatoriedade que fixa a lexislación autonómica de presentar uns estudos de viabilidade e substentabilidade das autorizacións nas que se quere traballar. "En primeiro lugar", apuntou, "si hai furtivismo significa que hai marisco; e, en segundo, pregúntome con que se compararían as mostras que se fagan agora si fai sete anos que non se mostrea neles? "

Non afecta ao de á boia

O expatrón insistiu en que a expedición de novos permisos de explotación a pé "non lle vai a comer o pan a ningún mariscador con permiso" porque, explicou, nesas zonas só traballa unha persoa.

Ademais, defendeu que o único xeito de mellorar a produtividade dos bancos máis afectados pola contaminación e a falta de saneamento é "traballándoos, porque só removendo o fondo se oxixena e evítase que se compacte".

Fonte: Diario de Ferrol. | Foto: Luís Polo. | 16.11.2014

Foto de Daniel Alexandre no 'Diario de Ferrol.

@s traballador@s irregulares da ría de Ferrol denuncian a súa criminalización.

"Isto vai a pior, non hai ningúen que se sente e que poña unha solución riba da mesa, cada vez hai máis xente no paro, na ría, sen recursos. Estamos abocados a isto, ao paro. Nin clases altas, nen clases medias... todo para abaixo". Con ista claridade expresábase unha pequena representación do cada vez máis numeroso grupo de traballador@s irregulares da ría de Ferrol, no descorrer da emisión do programa Escarnio da Rádio FilispiM. Entre trescentas e catrocentas persoas recorren aos froitos da ría, coma último recurso, ante a falla de perspectivas laborais ou prestacións das Admóns, co telón de fondo da realidade cotiá da cidade con maior taxa de paro do país, Ferrol.

No transcorrer da longa e intensa charla, os traballadores irregulares da ría, denunciaron trato denigrante por parte da policía, nos cada vez máis frecuentes operativos da Xunta e "forzas do orde". "Danche un chuvasqueiro do 'Capitán Pescanova' ou vas nú para casa", denuncian. Ademáis falan de atribucións de incautacións que non se corresponden coa realidade e que non se lles da recibo do incautado, entre o que se atopa útis de traballo e roupa de mar. Conclúen que as Autoridades (Xunta e policía) están interesadas en crear unha alarma social para lograr que o agora mesmo considerado coma falta administrativa pase a "resoverse" coma ser fór un delicto, pola vía penal. Ante esta situación, veñen de organizarse en Asembleas para chamar a atención sobre o que está a acontecer.


Fonte: Colectivo Opaíí ! de Rádio FilispiM, nas onda no 93.9 da FM e na rede.

Pode-se escoitar un estrato da entrevista elaborado pola  Redacción de Informativos, Rádio FilispiM,  no posto orixinal.

Recomendamos entrar no sitio-e de Rádio FilispiM, para poder observar a riqueza e creatividade que emana do Colectivo Opaíí !, cun grande número de programas propios e unha completa e atractiva grella de programación. Únete a Radio FilispiM, sintoniza o 93.9 da FM no teu dial. Escoita-a na rede en directo ou os teus programas favoritos, en diferido, a través dos Podcast que publica cada programa.
______________

domingo, outubro 19, 2014

Rádio Filispim celebrou con moito suceso, música, baile, petiscos e confraternización a súa XV Sesión Vermú do Colectivo Opaii!- Radio Filispim 93.9FM este sábado 18 Outubro de 2014, que anunciaba o comezo da tempada radiofónica


Rádio Filispim celebrou con moito suceso, música, baile, petiscos, entrevistas e confraternización a súa XV Sesión Vermú do Colectivo Opaii!- Radio Filispim 93.9FM este sábado 18 outubro de 2014, na Traseira do Mercado de Caranza. Comezaba a nova tempada, cunha nova grella e novos programas propios, non deixes de escoita-la, nas ondas no 93.9 do teu dial en FM.

Sitio-e:
http://opaii.blogspot.com/

Correo-e:
filispin[arroba]gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/radiofilispim.opaii

Conta no Twitter:
https://twitter.com/filispina939


Emisión en directo na rede:
http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg

Colabora económicamente co proxecto no nº de conta OPAII - Rádio FilispiM:
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Asociación Cultural OPAII
[Ondas Para Activazom da Informazom Independente]
_______

mércores, outubro 15, 2014

XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, presentación 10ª grella, 2014/2015


Iniciada a décima grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM, retomamos un dos nosos encontros clásicos coa comunidade "ferrolterráquea", a Sesión Vermú.

A XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, acontecerá este sábado 18 de outubro de 12:00 a 15:00 h, na traseira do Mercado de Caranza. Contaremos coa actuación do grupo de música tradicional, "Vai Rañala Meu".

Durante as tres horas emitirase un programa de radio especial ao través do 93.9 FM, donde as voces habituais da radio libre, falarán das súas propostas radiofónicas para este novo curso radiofónico. A festa da radio libre acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio.

Como ao inicio de cada grella, o Colectivo Opaii!- Rádio FilispiM, oferece a comunidade a posiblidade de involucrarse no proxecto. As persoas interesadas deben enviar as súas propostas ao enderezo filispina@gmail.com .No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, atópase información sobre o ideario fundacional desta iniciativa cidadá.

No mes de agosto de 2015 Rádio FilispiM cumprirá 10 anos de emisións initerrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que nestes anos pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca.

Este sábado 18 de outubro entre as 12:00 e 15:00 h. da tarde, pasa pola traseira do Mercado de Caranza e toma un vermú na festa da radio libre!!

Cuña de promo


Enviado por: Rádio FilispiM 
-filispina@gmail.com 
14 de outubro de 2014 10:20

venres, setembro 12, 2014

Rádio FilispiM cumprirá este curso radiofónico (2014/2015), 10 anos facendo rádio libre e comunitaria na comarca




Rádio FilispiM cumprirá este curso radiofónico que comeza, 2014/2015, 10 anos facendo rádio libre e comunitaria na comarca


Rádio FilispiM é a principal actividade do Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación da Información Independente). Unha radio sen ánimo de lucro, autoxestionada, sen patrocinadores, que non emite publicidade, enmarcada no terceiro sector da comunicación, integrada na ReGARLIC [Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias] e na ReMC [Rede Estatal de Medios Comunitarios].

Rádio FilispiM, cumprirá 10 anos de emisións ininterrompidas en agosto de 2015, sen que os fundamentos da súa activación teñan mudado; 10 anos nos que foron amplificadas as voces de centos de persoas, colectivos e asociacións da nosa comarca.

Aberto o prazo para presentación de novas propostas.

Rádio FilispiM aproveita esta nova grella para visualizar a súa actividade e convidar a todas as persoas a interesarse e participar no proxecto. As persoas, Colectivos ou Asociacións interesadas deberán enviar comunicación ao correo electrónico: filispina@gmail.com. No apartado “Quen Somos?” do noso blog [http://opaii.blogspot.com], atópase o ideario fundacional do Colectivo Opaíí!.

Áulas de técnicas de radiodifusión básicas e Actos do 10 aniversario.

Durante os vindeiros días Rádio FilispiM levará a cabo áulas de formación básica co obxecto de ensinar técnicas de radiodifusión básicas aos futuros responsábeis dos programas. Ademaís, a  Asemblea do Colectivo Opaíí!, comezará a perfilar os Actos para a celebración do 10 aniversario das emisións ininterrompidas da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca, Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Ferrol, 9 de setembro de 2014

Colectivo Opaíí!
Rádio FilispiM, 93.9 FM
--

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
11 de setembro de 2014 11:43
______________

martes, abril 08, 2014

Rádio FilispiM nominada aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia - Ártabra 21 apoia a Rádio FilispiM

Convocados pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento xunto coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz(ACPP), coma entidades do Terceiro Sector que apostan por iniciativas de comunicación con vocación social.

"O obxectivo dos Premios Luceira é visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade. Ademais, con este premio pretendemos motivar aos distintos medios de comunicación galegos a reflexionar sobre o tratamento informativo que están a dar actualmente sobre as temáticas sociais, aquelas que afectan directamente ás vidas das persoas".

Como votar pola candidatura de Rádio FilispiM?.

Até o 30 de abril podes votar ao través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1QuGvMx9tvQj78420_sUDCkekoWWQjZDOtcRpD-8gBTc/viewform

+ info da convocatoria: http://galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=noticias&id=not20140404103010

Grazas polo voso apoio!

--
OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]


Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
8 de abril de 2014 14:19

_____________