Amosando publicacións coa etiqueta SOS Sanidade Pública. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SOS Sanidade Pública. Amosar todas as publicacións

mércores, abril 26, 2023

Este mércores 26 de abril, en Ferrolterra como noutras comarcas da Galiza, está convocada unha mobilización na defensa da sanidade pública - Manifestación ás 8 da tarde, desde diante do Centro de Saúde Fontenla Maristany - Pola defensa e o fortalecemento da Atención Primaria apoiemos a ILP - Texto da ILP presentada


En Ferrolterra sumamo-nos este mércores día 26 de abril ás manifestacións e concentracións convocadas por SOS Sanidade Pública en diferentes cidades e vilas da Galiza, para reclamar medidas para o fortalecemento e defensa da Atención Primaria

Todo o noso apoio á Iniciativa Lexislativa Popular proposta e promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública para salvar e reforzar a Atención Primaria de Galicia, a cal está en deterioro constante pola mala xestión do goberno da Xunta.

A ILP quere chamar a atención e poñer en marcha unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer a atención primaria.

Un resumo esquemático das medidas propostas é o seguinte:

🚩 Atención presencial ou telemática decidido polo paciente.

🚩 Resposta telefónica por unha persoa, non dun robot, non de máquinas.

🚩 Adecuar os cadros de persoal ás necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade.

🚩 Limitar o número de consultas diarias para permitir un tempo de atención axeitado ás necesidades dos pacientes.

🚩 Garantir estabilidade laboral e condicións laborais adecuadas e atractivas, para fidelizar aos profesionais.

🚩 Garantir a participación cidadá.

🚩 Reducir as listas de espera para probas diagnósticas e para consultas hospitalarias.

🚩 As persoas que non desexen ser atendidos en centros privados non perderán o seu posto no rexistro na lista de espera.

🚩 Autonomía de xestión na atención primaria, sen dependencia do hospital.

🚩 Garantir a accesibilidade sanitaria en condicións de equidade, independientemente do lugar onde se viva, xa que no medio rural hai zonas con moitas máis dificultades de acceso que o resto.

Chamamos á participación da veciñanza das comarcas nesta Manifestación que convocamos para este mércores día 26 de abril, ás 8 da tarde que partirá das inmediacións do Centro de Saúde Fontenla Maristany (Praza de España) até a Praza de Armas.

Os dereitos que non se defenden, pérdense !!
Participa !


✅ TEXTO DA PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, SOBRE MEDIDAS URXENTES PARA RECUPERAR E FORTALECER A ATENCIÓN PRIMARIA. | Acceder/Baixar.
_______

mércores, novembro 30, 2022

Mobilización en toda Galiza na defensa da Atención Primaria, este mércores 30 de Novembro - En Ferrol, ás 7 da tarde diante do centro de saúde Fontenla Maristany


HOXE MÉRCORES, 30 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE, CONCENTRACIÓN EN FERROL NA DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA, DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE FONTENLA MARISTANY, NA PRAZA DE ESPAÑA.

Haberá mobilizacións simultáneas en todas as cidades e numerosas vilas da Galiza

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocamos a toda a cidadanía a mobilizarse para salvar e fortalecer a Atención Primaria e a todo o Sistema Sanitario Público Gallego, seriamente ameazado polas política de recortes e desmantelamento da Xunta de Galicia e a Conselleira de Sanidade.

A Poboación sofre importantes trabas e limitacións para:

✅ Acceder e ser atendida de maneira presencial nos Centros de Saúde, PAC e Servizos de Pediatría de Atención Primaria.

✅ Soporta listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas
✅ Estan a desaparecendo as consultas de pediatría.

✅ Moitos PAC están pechados al igual que moitos de saúde no rural.

✅ Boa parte dos Centros de Saúde perderon as actividades de promoción,
prevención, promoción, rehabilitación, atención ás enfermidades crónica e os programas da muller.

✅ O SERGAS acabou coa participación comunitaria.

✅ O persoal dos centros esta sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral inaceptables e a unha enorme presión asistencial polo recorte de persoais e falta de recursos.

Desde a Xunta de Galicia e a Consellaría de Sanidade non hai ningunha vontade de facer fronte ao problema dado que para o 2023 orzamento sanitario apenas crece respecto a este ano, especialmente o de Atención Primaria que paso do 13,4% ao 13,7% do gasto sanitario total, tres miserables décimas para facer fronte á maior crise do sistema sanitario desde que se creo. Con este incremento es imposible recuperar a normalidade nas consultas de medicina familiar e os servizos de pediatría e os PAC pechados por falta de persoal medico e dos outros profesionais necesarios para unha atención de calidade.

Por todo iso desde SOS Sanidade Pública convocamos esta mobilización xeral de rexeitamento ao desmantelamento da Atención Primaria Pública e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular na que propoñemos que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para solucionar a situación.

E necesario acordou redobrar os esforzos para recoller firmas para a ILP, informar á poboación do desastre da Atención Primaria e continuar convocando concentracións e manifestacións en todas as localidades de Galicia.

Reivindicamos un Novo Modelo de Atención Primaria que responda as necesidades da poboación, dotado dos recursos necesarios para atender os problemas e demandas de saúde da poboación, baseado na promoción, prevención, participación social e traballo comunitario.

As mobilizacións non van parar ata conseguir o obxectivo de salvar e fortalecer a nosa Atención Primaria.

SOS Sanidade Pública convocara unha nova manifestación en Santiago a primeiros do mes de xaneiro.

Soamente a alianza da poboación co persoal sanitario pode frear a deterioración do nivel primario de asistencia e a precariedade do persoal.

Seguiremos convocando novas actuacións unitarias.

Para contactar coa Plataforma SOS Sanidade Pública de Ferrolterra:

plataformasosanidadepublica@gmail.com

_______

mércores, outubro 26, 2022

Valoracion da situación crítica da pediatría en Galicia - SOS Sanidade Pública


Valoración da situación crítica da pediatría en Galicia

Pediatras e Matronas Xa, Costa da Morte

Aquí na costa da morte é unha práctica habitual, ou son atendidos por médicos de familia con cursos de puericultura ou directamente por médicos de familia a secas, a figura do pediatra aquí está practicamente desterrada, non se fan moitos seguimentos de idade nin se dan as vacinas pautadas no seu debido tempo nin a bebés, e en moitos concellos xa se considera un luxo que che atendan o fill@

As nais e pais adoitan peregrinar polos centros de saúde mendigando atención e cando xa non queda máis remedio tirando de PAC (onde non hai pediatra), ou directamente as urxencias do hospital comarcal de Cee, onde tampouco soe haber pediatra (nas urxencias), salvo que lle cadre de garda ou que sexa algo tal gravidade que o fagan chamar.

Plataforma Sanxenxo

Aquí por desgracia está máis normalizado do que quixeramos de feito a veces ata se aplaude cando vas o Centro de Saúde e che atenden á nen@, e nós metémoslle moita caña a xente pero a xente xa ten asumidas dúas cousas:

- Que non imos volver a ter pediatras.
- Que o mellor é facer un seguro privado porque as crianzas son o primeiro.

E para rematala a individua esta sae dicindo dende a xerencia da SERGAS que non pretendamos ter un pediatras por centro de saúde, canta falta de humildade e canto exceso de soberbia teñen os ricos de berce.

Nós xa nos mobilizamos no 2.017 e conseguimos seguir tendo o servizo, pero moito me temo que agora vai ser máis complicado. O bo é que a xente desta zona están máis sensibilizada co tema da pediatría. Aquí xa non hai un pediatra por centro de saúde, haino nun dos dous que temos, e que atende parte dos concello limítrofes.

É o discurso do PP, o mesmo dixo o alcalde de Sanxenxo co tema dos médicos de familia, nun dos plenos. Traédenos médicos que os contratamos pero xa...

Plataformas Condado

Estivemos case 2 anos sen pediatra nin en Covelo, nin Mondariz, nin Mondariz Balneario, que tiñamos o servizo compartido para os 3 concellos distribuíndo a xornada de 8 a 12 en Mondariz e de 12 a 15 en Covelo

Restableceuse o servizo no 2019 tal como estaba, co Covid pasou a atender so no concello de Mondariz ás cativas dos 3 concellos tendo que ser as familias as que se desprazan e a iso hai que sumarlle que non hai transporte público ningún, soamente un taxi en todo o concello de Covelo, e dende finais do 2021 atende en Mondariz en xornada completa todos os días e en Covelo soamente ós xoves

Eu lémbrome que levamos as crianzas as concentracións tanto en Cañiza como en Ponteareas e a Garda Civil coas metralletas na man diante deles berrando "votaivos pa atras!!", as de 1ª fila eran as crianzas.... vergoñento...

Plataforma Sanxenxo

Nun principio, o Sr. Comesaña estará mañá no CS de Baltar a sacar peito da campaña de prevención do cancro de cérvix (as probas realizan-nas as matronas, non si?)  Algún recado para o conselleiro?

Pediatras e Matronas Xa, Costa da Morte

 Cal é a excusa para a falta de matronas.
- Vir quitar as fotos si pero as prazas sen cubrir
- Coa saúde das mulleres no  se xoga

Denuncian que 192 concellos de Galicia carecen de peditria

Si este dato é real, e contando que en Galicia hai 313 concellos, xa hai máis concellos sen pediatra que con pediatra.

Iso tamén llo había que espetar o Sr. Comesaña.

✅ Feijoo mentindo sobre a contratación de pediatras. | Nova no Faro de Vigo.

✅ O SERGAS non quere poñer pediatras nos Centros de Saúde. | Nova en Nós Diario.

Manuel Martin
Voceiro SOS Sanidade Pública

Contacto coa Plataforma SOS Sanidade Pública de Ferrolterra:

plataformasosanidadepublica@gmail.com


Web nacional da Plataforma:

https://sossanidadepublica.wordpress.com/

Foto: Demandando pediatra n'A Lama, de Gustavo Santos (Detalle).

Enviado por:
PLATAFORMA FERROLTERRA
-plataformasosanidadepublica@gmail.com-
20 de outubro de 2022 15:26

_______

xoves, xuño 23, 2022

SOS Sanidade Pública presenta no rexistro xeral do Parlamento de Galicia a ILP con medidas para recuperar, mellorar e fortalecer a Atención Primaria - Vídeo da rolda de prensa posterior ao acto de presentación - Texto da ILP



A plataforma SOS Sanidade Pública presentou no rexistro xeral do Parlamento de Galicia a ILP con medidas para recuperar, mellorar e fortalecer a Atención Primaria.

O portavoz nacional da Plataforma, o médico Manuel Martín, acompañado de mulleres e homes, membros da Plataforma que compoñen a comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular, denunciou o desmantelamento da Atención Primaria e do servizo galego de saúde, por parte da Xunta de Galiza.


SOS Sanidade Pública presenta no rexistro xeral do Parlamento de Galicia a ILP para a mellora da Atención Primaria:

PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, SOBRE MEDIDAS URXENTES PARA RECUPERAR E FORTALECER A ATENCIÓN PRIMARIA

Texto da ILP presentada | Acceder/Baixar.

Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela, 22 de Xuño de 2022

https://youtu.be/IjLi99_NVog

A nova nos medios:

Nós Diario | SOS Sanidade Pública rexistra no Parlamento unha ILP para "revitalizar a Atención Primaria" | A plataforma denuncia o "desmantelamento" continuado da Atención Primaria e a sanidade pública galega. | A Plataforma SOS Sanidade Pública presentou na mañá desta cuarta feira no rexistro do Parlamento da Galiza, unha proposición de lei de iniciativa popular que inclúe unha serie de "medidas para recuperar e fortalecer a Atención Primaria", cada vez "máis deteriorada" na Galiza. | 22.06.2022| Ir á Web.

Galicia Confidencial | SOS Sanidade Pública leva a Atención Primaria ao Parlamento: "O obxectivo é salvala" | Rexistra unha ILP no Parlamento para "abrir un debate" para "mellorar a Atención Primaria" con "medidas urxentes". "Temos que garantir que unha máquina non substitúa aos profesionais", indicou. | 22.06.2022 | Ir á Web.

Praza Pública | SOS Sanidade rexistra unha ILP para aplicar «medidas urxentes» aos SOS Sanidade rexistra unha ILP para aplicar «medidas urxentes» aos problemas na Atención Primaria, dos que o PP culpa ao Estado e ao bipartito. | A plataforma SOS Sanidade Pública, partidos como o BNG e sindicatos como a CIG e CCOO rexistraron este mércores unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en defensa da Atención Primaria coa que pretenden "abrir un debate fundamental" para mellorala con "medidas urxentes e extraordinarias". | 22.06.2022 | Ir á Web.

Avantar | SOS Sanidade Pública promove unha ILP con medidas urxentes para "salvar" a atención primaria. | Chaman a “queimar” nas fogueiras de San Xoán os recortes da Xunta na sanidade pública galega | 22 xun 2022 | Ir á Web.

La Voz de Galicia | SOS Sanidade Pública busca que una ley obligue a Sanidade a reforzar la atención primaria | La iniciativa se registró en el Parlamento de Galicia y prevén empezar a recoger firmas después del verano. | En colaboración con sindicatos, partidos políticos y varias asociaciones registra una petición de Iniciativa Legislativa Popular en el Parlamento, para la que esperan reunir decenas de miles de firmas. | 22 jun 2022 | Ir á Web.

Contacto coa Plataforma SOS Sanidade Pública de Ferrolterra:

plataformasosanidadepublica@gmail.com


Web nacional da Plataforma:

https://sossanidadepublica.wordpress.com/
_______

mércores, xuño 08, 2022

Defendendo os nosos dereitos coa defensa da Sanidade Pública. ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
08.06.2022


Hoxe é máis necesario que nunca defender os nosos dereitos e seguir na loita na defensa da Sanidade Pública. Dende a Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA facemos un chamamento a toda a cidadanía, plataformas a seguir con todas as mobilizacións en toda Galiza neste verán e a denunciar todos os recortes e privatizacións que seguen desenvolvendo dende o goberno e a Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia do PP.

Aos problemas de falta de recursos, de consultas telefónicas en lugar de presenciais, de listas de espera que superan a semana ou os quince días, ao peche de centros rurais e PAC de urxencias, súmase agora unha diminución do persoal sanitario por baixas laborais, vacacións estivais ou incremento de poboación por turismo, que poden duplicar ou triplicar o número de persoas, en moitos concellos.

A resposta nefasta da Xunta e o SERGAS, é proporcionar vivenda ao persoal médico en diferentes concellos, rexeitar aos pacientes que veñen doutros municipios ou pechar mesmo máis urxencias-PAC.

Durante meses, a poboación e as plataformas para a Defensa da Sanidade Pública, convocamos mobilizacións cada vez máis numerosas, moitas delas con apoio municipal, sen que o SERGAS se digne contestar e onde o Conselleiro négase a reunirse con estas entidades; as mobilizacións permanecerán e acrecentaranse ata conseguir os obxectivos de mellora do Sistema Sanitario Público Galego.

E intolerable o desmantelamento da Atención Primaria, as limitacións de acceso aos Centros de Saúde ou a deterioración sanitaria do sistema público. O último despropósito é non poder derivar aos pacientes directamente aos especialistas (temos unha lista de espera para entrar na lista de espera…).

Debido a precariedade do Sistema Sanitario, moita xente contrata seguros ou recorre á privada pero está non é a solución, dado que boa parte destes seguros, son lixo, non garanten a atención cando se necesita, especialmente a máis grave e importante para a saúde.

A política neoliberal do PP defende a distribución de bens e servizos por medio de empresas privadas. Convertendo neste caso a sanidade nunha mercadoría máis. Un servizo polo que empresas privadas poden obter suntuosos beneficios a costa da saúde publica, encamiñándonos a un sistema no que ter acceso a sanidade so quen a poida pagar. Desde SOS Sanidade Publica avogamos por unha sanidade publica de calidade e universalmente accesible.

Desde as plataformas, non podemos nin queremos aceptar resignadamente esta situación, nin tolerar o desmantelamento do noso Sistema Sanitario Público, por unha administración sanitaria do PP, incapaz e en mans de grupos de presión privada.

Este verán non debe ser a “tumba” da Atención Primaria, senón o inicio da súa recuperación.

Organicemos novas e potentes mobilizacións alí onde a situación o requira.

A Sanidade Pública NON se Vende Deféndese.


[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra e membro da plataforma SOS Sanidade Pública. Militante do BNG e da UPG. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook. | En Twitter. | Artigos en: Nós Diario, Diario de Ferrol, Galicia Confidencial, Ferrol 360, GalizaLivre, Praza Pública, El Comunista e Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
7 de junho de 2022 14:55

_______

mércores, maio 11, 2022

A Plataforma S.O.S Sanidade Pública de Ferrolterra en apoio da manifestación que se celebrfará en Vigo, en defensa da Atención Primaria e Recuperar a Sanidade Pública desmantelada polo goberno da Xunta do PP


COMUNICADO DE S.O. S SANIDADE PÚBLICA DE FERROLTERRA DE APOIO A MANIFESTACIÓN DE ESTE XOVES 12 DE MAIO AS 20:00 EN VIGO CONVOCADAS POLAS PLATAFORMAS NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA SANITARIA DE VIGO

A Plataforma S.O.S Sanidade Pública de Ferrolterra manifesta o seu apoio e fai un chamamento a toda a cidadanía a participar na manifestación que vai ter lugar este xoves 12 de maio ás 20 horas en Vigo convocada por todas as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública – SOS  Sanidade da Área Sanitaria de Vigo para Salvar a Atención Primaria e Recuperar a Sanidade Pública desmantelada polo goberno da Xunta do PP.

Reivindicamos unha:


1.- Atención Primaria digna, con profesionais suficientes para atender con tempo ás persoas enfermas.

2.- Atención Hospitalaria con capacidade para atender ao 10% da cidadanía e acabar coas listas de espera que están a danar gravemente a saúde da poboación.

3.- Contratación digna do persoal que permita unha atención de calidade.

Todas estas reivindicacións son compartidas por tódalas Plataformas que integran SOS Sanidade Pública de Galicia.

En decenas de pobos, vilas e cidades de toda Galicia levamos tempo  mobilizándonos para acabar con esta situación que ten responsábeis políticos,

A política sanitaria da Xunta e do PP están desmantelando salvaxemente a  Atención Primaria e recortando a Sanidade Pública pra favorecer a Sanidade Privada demostrando a súa profunda ideoloxía neoliberal de ataque constante o público e os dereitos das maioría sociais

Se non loitamos todxs, perderemos o dereito a ter unha sanidade publica, de calidade, universal, accesible e equitativa.

Manifestación en Vigo, este xoves 12 de maio as 20 horas.

VÉMONOS NA GRAN MANIFESTACIÓN ... SALVEMOS A ATENCIÓN PRIMARIA ... A SANIDADE PÚBLICA NON SE VENDE ... DEFÉNDESE.

PLATAFORMA S.O.S. SANIDADE PÚBLICA DE FERROLTERRA

plataformasosanidadepublica@gmail.com

Enviado por:
PLATAFORMA FERROLTERRA
-plataformasosanidadepublica@gmail.com-
10 de maio de 2022 20:11

_______

luns, febreiro 21, 2022

Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública reacionan ante a contratación médicos sen especialidade por parte do Sergas


Contratación médicos sen especialidade

Ante a noticia de que o luns día 20 incorpóranse os primeiros médicos sen especialidade para reforzar a atención primaria, desde a  AGDSP queremos comunicar:

1.- Ningún médico pode nin debe traballar en España na sanidade pública sen o título de especialista homologado.  Aínda que inicialmente a contratación é por dous meses, esta medida pode instaurar unha porta de acceso, sobre todo na Atención Primaria

2.-A Xunta afirma que as súas funcións básicas serían de apoio burocrático, aínda que se inclúe a apostila de que poderán atender demandas segundo as necesidades asistenciais, o que indica que actuarán de médicos de familia sen acreditación para iso

3.- Esta decisión demostra a ausencia dunha planificación racional das necesidades de médicos pola  Conselleira de  Sanidade, xa que a maioría dos Centros de Saúde teñen moi graves problemas asistenciais por falta de persoal, o que obriga á poboación para soportar listas de espera intolerables

4.- Resulta inaceptable que se recorra a este parche, que pode supoñer unha volta atrás, a cando os médicos podían exercer sen un período de formación supervisada, coa consecuente diminución na calidade e a seguridade dos pacientes

5.- Primeiro desmantélase a AP e permítese que os médicos de familia e enfermeiras vaianse de Galicia, e agora ábrese unha vía, inicialmente excepcional, pero que pode supoñer a  flexibilización no acceso a postos de especialista no SERGAS, mediante outros procesos alternativos á vía  MIR

6.- A Xunta de Galicia non perece interesada en solucionar esta situación xa que nos orzamentos deste ano o incremento de fondos para a formación de novo persoal especializado foi dun raquítico 4,8%, algo absolutamente insuficiente para afrontar a gravidade de falta de especialistas en Medicina Familiar e pediatría.  

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Enviado por:
PLATAFORMA FERROLTERRA
SOS Sanidade Pública
-plataformasosanidadepublica@gmail.com-
19 de fevereiro de 2022 17:01

_______