Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade Pública. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade Pública. Amosar todas as publicacións

venres, marzo 09, 2018

Xubilacións e sistema sanitario..., por Paula Pérez Santiago


Xubilacións e sistema sanitario. | Os médicos veteranos que se rifa a sanidade privada. | Con máis de 65 anos poñen en valor a súa experiencia e coñecementos.

Por Paula Pérez Santiago [*]
09.03.2018


Practican intervencións cirúrxicas de doce horas, pasan consulta a cincuenta pacientes diarios e non deixan de aprender porque a medicina require unha formación continua. "Non temos data de caducidade", defenden. Desde fai dous anos o Sergas permite aos facultativos aprazar a súa xubilación pero só ata os 67. Douscentos médicos lograron esta prórroga. Outros se levaron "o seu talento e a súa experiencia" á sanidade privada, logo de ser forzados a xubilarse porque cumpriron os 65 antes de 2016, cando aínda non se permitían prórrogas á vida laboral.

Son as catro e media da tarde e Berta Piñó aínda non finalizou a súa xornada de mañá no centro de saúde de Vilagarcía de Arousa onde leva preto de trinta anos traballando de médica de familia. Pola súa consulta pasaron ese día uns cincuenta pacientes. Algúns os coñece ben. Atendeu a familias enteiras, desde os avós aos netos. E pesar da carga de traballo que soporta, non o pensou dúas veces cando en 2016 decidiu aprazar a súa xubilación. "Estou afeita á presión. os meus fillos xa son maiores e toda a miña vida desenvólvese en torno ao traballo. Necesito un motivo para levantarme", relata.

A vocación non morre cos anos. E a experiencia aumenta. "Gústame o que fago, teño coñecementos adquiridos que podo transmitir, estou en condicións de seguir aportando tanto a nivel de formación como de técnicas cirúrxicas e podo operar igual que fai anos", explica Jesús Araújo, que traballa de otorrino no Hospital Álvaro Cunqueiro con 66 anos cumpridos. "É verdade que depende das condicións físicas. Igual dentro dun tempo non estou para estar doce horas no quirófano. Agora sígoo facendo. E cando non poida, poderei aportar outras cousas como formar a outros médicos", apunta.

E si a sanidade pública non quere "aproveitar este capital humano", estes facultativos advirten que nas clínicas e hospitais privados non hai límite de idade. "Rifan-nos porque son profesionais de alta calidade", explica Manuel Martín, que con 66 anos segue traballando de médico de familia en Marín e coñece os casos doutros compañeiros aos que obrigaron a xubilarse forzosamente e terminaron montando a súa propia consulta ou traballando para a sanidade privada. "Desperdician-se a moitos facultativos en plenitude da súa carreira", lamenta.

Berta Piñó, Jesús Araújo e Manuel Martín puideron aprazar o seu retiro porque a Consellería de Sanidade decidiu fai dous anos flexibilizar a xubilación forzosa imposta en 2012 aos 65 anos. Anteriormente os facultativos podían continuar en activo até os 70, pero en plena crise económica as políticas de austeridade obrigaron a adoptar medidas para reducir os persoais das administracións públicas.

Manuel Martín explica que a maior parte dos médicos incorporáronse ao Sergas na década dos setenta e, por esta razón, agora atópanse todos nunha franxa de idade a piques de xubilarse. "Coa obrigación para retirarse aos 65 anos pasáronse de freada. Xerouse un oco tremendo e as plantillas quedaron escuálidas", lamenta.

Produciuse "unha perda de valor do sistema de saúde", en palabras de Jesús Araújo. "Eu levo 41 anos traballando. Teño agora 66 e sígome formando, vou a cursos, congresos, aprendo novas técnicas. É unha pena que todo ese capital se deite pola borda de vez e a moreas", advirte.

Este otorrino, con todo, pode seguir traballando grazas a que cando cumpriu os 65 anos, Sanidade xa abrira de novo a porta a que os facultativos continuasen, polo menos dous anos máis. Agora o Sergas quere ampliar ese límite de idade aos 68 anos.

A súa permanencia en activo, segundo defenden os médicos, axudaría a paliar este déficit de especialistas. Ademais, formar a un médico é un proceso longo. "Os coñecementos tardan moito en adquirirse", explica Araújo. De feito, hai algunhas técnicas que só dominan uns poucos facultativos, moitos deles veteranos.

No caso da medicina familiar, a idade ten outro plus, ademais da experiencia: a confianza cos pacientes. "É fundamental. Cando lles chamas por teléfono, por exemplo, xa che sabes a súa historia, que lle pasa ao fillo, quen é o pai. E a xente maior sobre todo xa se afixo a tí", explica Berta Piñó, que recoñece que a súa posíbel xubilación causa inquietude nalgúns dos seus pacientes. "Preguntan-me a miúdo: pero segues verdade? de momento non che vas?", relata.

Esta médico de familia, que leva traballando desde o franquismo, recoñece que a sanidade mellorou moito pero tralos recortes que houbo durante a crise, "a situación púxose difícil". "Cada vez que me dan as catro da tarde, eu saio ás tres, e aínda sigo no ambulatorio, pregúntome: quen me mandaría pedir a prórroga?", vacila. De feito, recoñece que este ano foi especialmente duro pola epidemia de gripe e reformúlase si pedir outra prórroga para traballar un ano máis.

Manuel Martín, con todo, aínda non ve próxima a data para abandonar o centro de saúde."Eu estou encantado. Vou intentar seguir traballando", explica. En todo caso, estes facultativos, con máis de 65 anos, teñen que pasar anualmente avaliacións de saúde.

"Pero a idade non importa. Hai xente con 60 anos que está queimada e outros con 70 están estupendamente", di Berta Piñó. De momento, a ningún trémelle o pulso e a paixón pola medicina segue intacta.

"Fago operacións de doce horas. Cando non sexa capaz, sempre podo formar a outros"


Con máis de 65 anos néganse a quitarse a bata de médico.

[*Paula Pérez Santiago, é xornalista e redactora do Faro de Vigo. | 03.03.2018 |

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
8 de março de 2018 21:22

________________

xoves, xaneiro 18, 2018

En Ferrolterra, como noutras comarcas da Galiza, mobiliza-mo-nos na Defensa da Nosa Sanidade Pública, o mércores 24 de xaneiro cunha Concentración, ás 19,30hs, na Praza Amada García, diante do Edificio da Xunta de Galicia en Ferrol - E o 4 de febreiro Manifestación Nacional en Compostela, ás 12 do mediodía na Alameda - Vídeo Rolda de Prensa

Rolda de Prensa do 16 de xaneiro de 2018, no Centro Sociocultural de Fontiñas,
en Compostela, Moncho Veras como portavoz de SOS,
e tamén María Xosé Abuín, Rubén Cela, Juan Evaristo e Isabel Varela

En Ferrolterra, como coutras comarcas da Galiza, mobiliza-mo-nos na Defensa da Nosa Sanidade Pública, o mércores 24 de xaneiro cunha Concentración, ás 19,30hs, na Praza Amada García, diante do Edificio da Xunta de Galicia en Ferrol.  Convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, que participa na plataforma galega SOS-SANIDADE PÚBLICA.

SOS Sanidade Pública convoca mobilizacións o 24 de xaneiro e o 4 de febreiro, en toda Galiza: PARA DEFENDER A "NOSA" SANIDADE PÚBLICA.

Rolda de prensa de SOS Sanidade Pública presentando as mobilizacións na sanidade.

O mércores 24 de xaneiro concentración en todas as comarcas, en Ferrolterra: Ás 19,30hs, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

O sábado 4 de febreiro manifestación en Santiago de Compostela, con saída ás 12 do mediodía da Alameda.

O motivo: PARA DEFENDER A NOSA SANIDADE PÚBLICA. O adxectivo "NOSA" é importante, todos temos que ser conscientes do que é "NOSO" e que as políticas do goberno galego, cos recortes, privatizacións e mala xestión, están debilitando, empobrecendo e facéndonos perder parte deste patrimonio esencial para a vida como é a "NOSA SANIDADE PÚBLICA".

Facemos un chamamento á cidadanía a que se mova e participe tanto o día 24 na súa comarca como o día 4 de febreiro en Compostela, na defensa desta riqueza común que é a sanidade pública.


https://youtu.be/cpsIazGdX_c

Canle: SOS Sanidade Pública Galega. | Publicado en 16 de xaneiro de 2018. | Rolda de prensa de SOS Sanidade Pública Galega. | Presentación da convocatoria de mobilizacións de defensa da sanidade pública: concentracións comarcais o 24 de xaneiro e manifestación o 4 de febreiro en Santiago de Compostela con saída ás 12:00 da Alameda.

O proxecto do PP, de modificar a Lei Galega de Saúde, afonda no desmantelamento e na privatización do Sistema Sanitario Publico  Galego:
  • Desmantela os hospitais comarcais, dificultando o acceso á asistencia especializada da poboación rural e recentraliza o control da Conselleria de Sanidade, sobre a atención da saúde.
  • Perpetua as Estruturas de Xestión Integrada, que someten á Atención Primaria ás Xerencias Hospitalarias, en detrimento da promoción, prevención e atención cercana.
  • Privatiza a formación a investigación e a innovación sanitaria, consolidando a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, penetrada por empresas multinacionais.
  • Reduce e limita a participación social no control da Sanidade Pública Galega.
  • Favorece a creación de chiringuitos, para  laboralizar o persoal, potenciando o favoritismo e a arbitrariedade na contratación do persoal sanitario.
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Información baseada na enviada por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com
17 de janeiro de 2018 13:01

_________________

sábado, decembro 23, 2017

O movemento na defensa da sanidade pública prepara un inverno de mobilizacións contra a política sanitaria do Partido Popular na Xunta de Galicia - Convocada Asemblea Extraordinaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Area de Ferrol, o martes 9 de xaneiro


CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA AREA DE FERROL


Día: martes 9 de xaneiro
Hora: 18:30hs.
Lugar: Local da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño.
Orde do día: Organizar as mobilizacións nesta comarca de Ferrolterra.

Punto Único .-

ORGANZACIÓN E DATAS DE MOBILIZACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA EN FERROLTERRA .

Saúde

Secretaría -
---

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
plataformadspferrol@gmail.com
17 de dezembro de 2017 20:06


Acta Plataforma SOS Sanidade Galicia.-

Reunión de SOS Sanidade Pública Galega. 13/12/2017

Asisten Plataforma do Salnés, Valdeorras, Mariña, Santiago, Pontevedra, Vigo, A Coruña, CIG, CCOO, BNG, Podemos, En Marea, Esquerda Unida, Movemento Galego de Saúde Mental, Cogave, Galiza Nova, Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública.

Desculpa asistencia a plataforma de Monforte. Juan Evaristo avisou de que probablemente UGT tería dificultades para asistir hoxe.

Téñense presentado nas áreas que perden a consideración de área sanitaria: charlas, mocións municipais, concentracións diante dos centros de saúde, manifestacións, caravanas, buzóns de reclamacións, notas de prensa,…. Por outra banda presentáronse múltiples mocións municipais e nas deputacións fóra destas áreas tamén.

O proxecto de lei foi aprobado polo consello da Xunta pero non entrou aínda no Parlamento. O primeiro debate, tendo en conta os tempos parlamentarios, non sería antes de febreiro.

Tiñamos acordado facer unha concentración diante do Parlamento galego en algún momento do trámite parlamentario.

A CIG propón unha manifestación en Santiago o 4 de febreiro e facer un traballo previo de información á cidadanía para estimular a participación na manifestación nacional, sobre todo a partir do 10 de xaneiro.  Propón tamén unha mobilización comarcal conxunta na semana do 22 a 27 de xaneiro.

As plataformas da Mariña, Salnés e Valdeorras presentes na reunión deron as queixas e manifestaron sentirse soas neste conflito e botaron de menos a presenza de máis accións da SOS galega neste tempo.

Acórdase:

1. Gran manifestación galega en Santiago o día 4 de febreiro.

2. Concentración diante do parlamento galego en apoio das organizacións parlamentarias da Plataforma.

3. Concentración comarcal na semana do 22 ao 27 de xaneiro.

4.- Elaborar lema, folleto informativo e material audiovisual para as redes.

5. Constituír un comité de coordinación para a preparación das actuacións previas e da manifestación do 4 de febreiro. Apuntáronse ao mesmo: Manuel Martín (portavoz de SOS), María Xosé Abuín (CIG), Ángel Cameselle (CCOO), Guillermo Crego (EU), Xosé María Dios (Plataforma Santiago), Moncho Veras (Plataforma A Coruña). Este comité vai ter a primeira reunión o martes 19 ás 18 horas no local de CCOO.

Manuel Martín

Portavoz  SOS - Sanidade Pública

Interesantes documentos:

Análise orzamento da Xunta de Galicia do Sistema Sanitario Público en 2018 - 5 de decembro de 2017. | Acceder/Baixar.

Análise do novo modelo de financiamento sanitario - 8 de decembro de 2017. | Acceder/Baixar.

O Anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia no Portal de Transparencia da Xunta de Galicia. | Ir á Web.
 --

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
22 de dezembro de 2017 14:13

___________________

xoves, decembro 21, 2017

Un servizo novo na Área de saúde das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal: Consulta de Logopedia e Foniatría, unha nova prestación do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación emprazado no Hospital Novoa Santos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, unha infraestrutura sanitaria pendente de rehabilitar


O pasado 4 de decembro o gabinete de Comunicación Xerencia Integrada de Ferrol, facía publica esta nota de prensa que consideramos de interese difundir, por tratar-se dun servizo novo na Área de saúde das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal: Consulta de Logopedia e Foniatría,
unha nova prestación do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación emprazado no Hospital Novoa Santos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, unha infraestrutura sanitaria pendente de rehabilitar.

A POBOACIÓN DA XERENCIA INTEGRADA DE FERROL CONTA CUNHA NOVA CONSULTA DE FONIATRÍA E LOGOPEDIA DE ADULTOS.

Activábase este verán; ofértase un día a semana; e vense unha media de nove persoas á semana. | Atende a pacientes que presentan alteracións da linguaxe e a fala por problemas fundamentalmente neurolóxicos; e, tamén, a pacientes con problemas de deglución. | A valoración médica e o enfoque diagnóstico realízao a especialista en Medicina Física e Rehabilitación formada a este respecto, Mercedes Doval Álvarez. | Se esta profesional o considera necesario, o paciente acude a sesións de terapia da nova logopeda incorporada á area sanitaria ferrolá.

A poboación da Xerencia Integrada de Ferrol conta dende o verán cunha nova consulta de Foniatría e Logopedia de adultos. É unha nova prestación do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación emprazado no Hospital Novoa Santos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Atende a pacientes que presentan alteracións da linguaxe e a fala por problemas fundamentalmente neurolóxicos; e, tamén, a pacientes con problemas de deglución. Activábase este verán, e ofertase un día a semana, os luns. Vense unha media de nove pacientes á semana.

Habilitáronse unha consulta para Foniatría, coa súa correspondente sala técnica, e unha sala de terapia para a logopedia. Na sala técnica, incorporouse unha nova parataxe para a exploración instrumental, un nasofibroscopio flexible e un programa informático específico para análise de voz. Este nasofibroscopio permite o exame de estruturas ata a larinxe e comprobación do funcionamento de cordas vocais por observación directa.

Perfil do paciente

O perfil do paciente que se está a incorporar fundamentalmente a esta nova consulta é o paciente con afasia, que é unha alteración da linguaxe e da fala orixinada fundamentalmente por unha lesión cerebral, por patoloxías neurolóxicas, como un ictus, ou por traumatismos craneoencefálicos. Con esta afasia prodúcense tanto alteracións da linguaxe (expresión, compresión, lectura e escritura), como outras tales como físicas, intelectuais (razoamento ou cálculo), de comportamento ou emocionais. Cada persoa con afasia é distinta polo tipo de lesión ou gravidade da mesma, pola personalidade, ou pola idade e profesión.

Tamén vense nesta consulta pacientes con problemas de deglución, por causas tamén neurolóxicas ou por cirurxías específicas a nivel orofacial ou de cabeza. Ás veces, os pacientes tamén amosan disartria, problema físico na articulación que dá problemas na fala sen alteración do contido.

O paciente chega a esta consulta por varias vías. Moitos xa están sendo atendidos polas secuelas dun accidente cerebrovascular ou ictus no propio Servizo de Rehabilitación, e poden presentar algún tipo de afasia ou problema de deglución. Por outra banda, poden ter a súa orixe no contacto xa estreito co Servizo de Neuroloxía e a revisión daqueles pacientes hospitalizados que poden ter algún trastorno da linguaxe. Tamén poden chegar procedentes da especialidade de Otorrinolaringoloxía, e son pacientes sometidos a algunhas cirurxías específicas. O obxectivo nestes casos é facilitar a mobilidade da zona orofacial tras esa cirurxía.

As interconsultas doutras especialidades valóranse folla por folla e se asigna o día de consulta se é necesario. A valoración médica e o enfoque diagnóstico realízao a especialista en Medicina Física e Rehabilitación formada a este respecto, Mercedes Doval Álvarez, nunha consulta na que, explica, “se inclúen aspectos específicos de comprensión e expresión e de capacidade a través de test que valoran a situación concreta de cada paciente”. Por outra banda, nesta consulta de Foniatría esta profesional considera igualmente se é necesaria a intervención da logopeda ou non. Se é necesario, acude á sesión de terapia coa nova profesional que se ten incorporado á area.

Logopedia
Esta nova profesional valora uns sete pacientes ó día. Trátase de traballar a alteración da linguaxe e da comunicación que dificulta a súa vida diaria e a compresión, a lectoescritura. Estas dificultades “foron provocadas fundamentalmente por patoloxías como un ictus, un problema de deglución, un alzheimer, ou as consecuencias cirúrxicas dun cancro orofacial, fundamentalmente”.

Realízanse diversas terapias tanto de estimulación da atención e a memoria como da musculatura orofacial, o que se coñece como praxias bucolinguofaciais, para recuperación da mobilidade e a tonicidade, explican. Realízanse tamén exercicios de memoria e estimulación da linguaxe tanto espontánea (cando non hai unha pregunta dirixida previa) como dirixida (en base a unha serie de preguntas). Con respecto ás disfaxias valórase a musculatura orofacial e trabállase coa textura dos alimentos, e, tamén, coa reeducación da posición e as axudas compensatorias á respiración. Realízanse tamén actividades relacionadas coa anomia, o esquecemento de nomes comúns, e para o incremento do vocabulario. Os acompañantes do ou da paciente poden estar na sesión e seguir os exercicios e as dinámicas, para continualos no día a día.

En función da secuela, enfócase unha terapia ou outra. “A diario, a foniatra e a logopedia temos comunicación constante sobre os pacientes e a súa valoración nos distintos aspectos”, inciden. En conxunto, un paciente pode estar ata seis meses sendo atendido nesta consulta, dependendo da patoloxía e da afectación.

Ferrol,a 4 de decembro, de 2017

Comunicación Xerencia Integrada de Ferrol. | Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, andar baixo. |
comunicacion.ferrol@sergas.es

Enviado por:
Inacio GZ
-inaciogz@gmail.com-
21 de dezembro de 2017 11:05

_______________

mércores, novembro 01, 2017

O anteproxecto de reforma da Lei Galega de Saúde: As Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS), creadas polo goberno do PP, anularon as Xerencias de Atención Primaria - Os Centros de Saúde pasaron a depender das Xerencias Hospitalarias, o que supuxo unha enorme perda de poder e de recursos para o primeiro nivel asistencial, para os seus profesionais e usuarios


O  PROXECTO  DE REFORMA DA LEI GALEGA DE SAÚDE, MANTÉN AS ESTRUTURAS DE XESTIÓN INTEGRADA (EOXIS) EN DETRIMENTO DA ATENCIÓN PRIMARIA


As Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS), creadas polo goberno do PP, anularon as Xerencias de Atención Primaria (AP). Os Centros de Saúde pasaron a depender das Xerencias Hospitalarias, o que supuxo unha enorme perda de poder e de recursos para o primeiro nivel asistencial, para os seus profesionais e usuarios.

1.- Perda de financiamento:

Dende o 2010, data de entrada en vigor das EOXIS,  o orzamento hospitalario creceu de 2.197 millóns de euros no ano 2010 a 2.270 no 2017, mentres que o de Atención Primaria medrou nese mesmo período de 492 millóns a 466 (Figura 1). A diferencia orzamentaria entre  hospitais e AP aumentou do 43,3% ao 51% (incrementou nun 15,1%)  (Figura 2). A participación da AP no orzamento sanitario pasou ao 13,1% do total, moi por debaixo do 15,4% da media española ou do 25% que se fixou como óptimo no Plan de Mellora e na Estratexia AP 21.

2.- Redución de persoal:

Entre 2009 e 2015 o goberno do PP reduciu 1.795 prazas na sanidade pública; 1.154 en AP (64,3%) e 641 nos hospitais (35,7%). O persoal facultativo recortárono en 513 prazas,  das que 392 foron en AP (76,4%) fronte a 121 nos hospitais (23,6%). Como consecuencia máis do 50% das cotas están masificadas, con máis de 1.500 tarxetas individuais por médico/a (as sociedades científicas indican que non deberían superar as 1.250). Esta situación obriga a atender unha media de entre 40 e 50 pacientes ao día, o que repercute na calidade da atención e na capacidade resolutiva, e obriga a enviar de xeito innecesario a moitos pacientes ao hospital, colapsando as urxencias e incrementando as listas de espera. En algúns Centros de Saúde, a espera para acudir a consulta chega a superar a semana, algo inadmisible no primeiro nivel asistencial.

3.- A supresión das Xerencias e a integración da AP nos hospitais someteu aos Centros de Saúde ás xerencias e servizos hospitalarios. Hai unha enorme diferenza de poder entre os coordinadores dos equipos (case sen competencias) e as xefaturas de servizo hospitalarias, fortemente xerarquizadas; a desigualdade en orzamentos, persoal e recursos tecnolóxicos, e a dispersión dos Centros de Saúde convirten a éstes en apéndices ao servizo dos hospitais.

Como consecuencia:

•Hai unha redución notable de profesionais en AP, con repercusión negativa na calidade asistencial e na capacidade de resolver problemas de saúde sen precisar derivación ao nivel hospitalario.

•En moitas áreas sanitarias os xefes de servizo hospitalarios controlan as interconsultas e derivacións decididas polo persoal facultativo dos Centros de Saúde

•A perda da capacidade de xestión impide á AP controlar as prioridades e os tempos de espera. Isto facilita que algúns servizos hospitalarios manexen as listas segundo os seus intereses.

Por todo iso desde a AGDSP esiximos:

1.- A retirada do Anteproxecto de reforma da Lei Galega de Saúde, que perpetúa as Estruturas de Xestión Integrada.

2.- Restituír as Xerencias de AP e dotalas de medios e recursos para reforzar a capacidade de resolución.

3. Desenvolver a Lei Galega de Saúde do ano 2008.

Figura 1
Figura 2

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
A asociación ten publicado o Informe Dramático da Sanidade Galega. | Decembro de 2015. | Ir Ẃeb.




Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
31 de outubro de 2017 22:02
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_________________________

mércores, outubro 18, 2017

As traballadoras e traballadores da sanidade pública mobilizan-se pola recuperación dos seus dereitos laborais - Vai ter lugar unha Concentración no Hall do Hospital Arquitecto Marcide, este xoves 19 de outubro ás 11 da mañá - É hora !


As traballadoras e traballadores do Sergas, mobilizan-se pola recuperación dos seus dereitos laborais, cunha Concentración no Hall do Hospital Arquitecto Marcide, do CHUF, en Catabois. Unha mobilización unitaria da maioría dos sindicatos presentes na Área da sanidade pública, convocan esta mobilización, este xoves 19 de outubro, ás 11 da mañá. É hota !
__________

sábado, setembro 09, 2017

Comunicado da Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública, ante a información de que a patronal da sanidade privada (IDIS) pretende que o SERGAS destine 88 millóns de euros para eliminar a Listas de Espera Quirúrxica utilizando os centros privados

O Consello Consultivo de IDIS está formado por representantes do Patronato do Instituto para
o Desenvolvemento e Integración da Sanidade (IDIS) e as súas patrocinadores: Accenture,
Amgen, Boston Scientific, Xeral Electric Healthcare, Indra, Johnson & Johnson Medical
Companies, Medtronic, MSD, Philips, Roche, Siemens y Telematic & Biomedical Services.
Novembro de 2016.

Ante a proposta patronal privada para reducir listas espera


Ante a información de que a patronal da sanidade privada (IDIS) pretende que o SERGAS destine 88 millóns de euros para eliminar a Listas de Espera Quirúrxica utilizando os centros privados, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:

1º- Que os plans de choque baseados no uso intensivo dos quirófanos, ben mediante concertos ou con peonadas na pública, resultaron sempre un fracaso, dado que ao pouco tempo volven crecer aos niveis previos xa que esta medida non afronta de xeito integral os determinantes das listas como a falta de camas pública, a escaseza de persoal medico e de apoio, a non utilización dos recursos en horario de tarde, a baixa produtividade dos quirófanos,  ou a ausencia de incentivos profesionais. Á cor da crise pecharon case 500 camas nos hospitais públicos e este veráns máis de 1.000 camas.

2º.- Recorrer á sanidade privada non é a solución como demostra que o único hospital privado cun área sanitaria como POVISA en Vigo duplica as listas de espera quirúrxica dos centros públicos galegos.

3º.- Esta desviación de fondos públicos á privada supoñería un novo avance da descapitalización de SERGAS, que xa destina máis do 11% do seu gasto a concertos coa privada. A sanidade privada esixe un aumento do 2.5% do capitulo de concertos (un aumento do 25%) o que supoñería un enorme avance da privatización. Pese ao incremento dos fondos para concertos as listas de espera seguen sendo totalmente inaceptables.

4º- Que o SERGAS tolere a dobre dedicación á pública e á privada dunha parte do persoal sanitario, especialmente dos xefes de servizos, favorece o crecemento das listas (xa este persoal esta interesado en reducir a actividade en centros quirófanos públicos para desviala á concertada onde tamén traballa) e sobre todo favorece a corrupción pola vulneración sistemática da Lei de Incompatibilidades.

Por todo iso esiximos que a Consellería de Sanidade e o SERGAS rexeite esta proposta da patronal privada, abra as camas e quirófanos pechados nos últimos anos , utilice os quirófanos e recursos diagnósticos pola tardes, dote ao sistema dunha política de persoal incentivadora que recupere a carreira profesional dos traballadores sanitarios e acabe coa dobre dedicación na sanidade pública.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

5 de setembro do 2017

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
8 de setembro de 2017 20:43

__________________

martes, febreiro 23, 2016

A Comisión Permanente da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol, reune-se de urxencia este xoves 25 de Febreiro


Case cincuenta entidades veciñais, sociais, sindicais, culturais e políticas das comarcas que conforman a Área Sanitaria de Ferrol, constituímos hai anos a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que a súa vez entrou a formar parte da plataforma galega SOS Sanidade Publica, desde este movemento popular a prol da sanidade pública, mobilizamos, concienciamos, denunciamos e nos mantemos en alerta contra toda agresión e intentos de privatización e deterioro do servizo público de saúde, un servizo universal, de tod@s e para tod@s. Desde Ártabra 21 chamamos a participar na Plataforma de forma activa con análises e propostas, este xoves 25 de febreiro vai ter lugar unha xuntanza da súa Comisión Permanente que está aberta á participación.

Xuntanza da Comisión Permanente da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Convocatoria Comisión Permanente

Día: xoves 25 de febreiro de 2016.
Hora: 18:30hs.
Lugar: no Local da Asoc. Veciñal de "O Rosario" do Inferniño (Rúa Sánchez Calviño, s/n - Ferrol) | Aviso: novo Local de reunión, ver fotos.

Informaremos que este pasado xoves 18 de Febreiro ás 5 da tarde tivemos unha Xuntanza de SOS Sanidade Publica en Compostela con importantes iniciativas a realizar nas vindeiras datas.

Temos a necesidade e urxencia de convocar a Comisión Permanente para dar conta desta xuntanza de Compostela e poñer en marcha varias iniciativas que se van producir e coordinar en todas as Plataformas de defensa da sanidade pública:

Debate e informacións sobre as denuncias dos abortos terapéuticos e queixa no Parlamento; Participación cidadá Municipal nas distintas Áreas Sanitarias; Listas de Espera; Incompatibilidades médicas; Valedor do Pobo; - Doc respecto o estado da Sanidade Pública; Servizo de Urxencias ...

Sobre as listas de espera preguntamos como poderíamos recibir informacións das consultas e operacións cirúrxicas nesta Área Sanitaria, xa que imos facer unha valoración real destas Listas.

Esperamos a colaboración das entidades, sindicatos e traballadores sanitarios para facilitar esta información.

Saúdos
Secretaría

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Entidades que forman parte da Plataforma:
  1. A.C. Fuco Buxán
  2. A.VV. A Cabana
  3. A.VV. A Graña
  4. A.VV. Caranza
  5. A.VV. Covas
  6. A.VV. Esteiro
  7. A.VV. Ferrol Vello
  8. A.VV. O Cruceiro de Canido
  9. A.VV. O Cruceiro de Meá
  10. A.VV. O Lago-Doniños
  11. A.VV. O Rosario-Inferniño
  12. A.VV. Prioriño
  13. A.VV. San Fernando-Recimil
  14. A.VV. San Pablo de Catabois
  15. A.VV. San Xoán-Bertón
  16. A.VV. Santa Eulalia de Limodre
  17. A.VV. Santa Mariña
  18. A.VV. Serantes
  19. A.VV. Ultramar
  20. A.VV. Valle de Esmelle
  21. A.VV. Valón
  22. AFINOR(Fibromialxia)
  23. AGAVIDA
  24. ALCER
  25. AMICOR
  26. ASFEDRO
  27. Asociación de Diabéticos Ferrolterra
  28. Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra
  29. ASPANEMI
  30. Ateneo Ferrolán
  31. B.N.G.
  32. C.I.G.
  33. COGAMI-FERROL
  34. Colectivo Ártabra21
  35. Colectivo Soc. Cul. A Revolta de Trasancos
  36. CPS de San Valentín
  37. Esquerda Unida
  38. Federación Veciñal Roi Xordo
  39. Foro Galego da Inmigración
  40. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
  41. Grupo Rural de Narón
  42. LAZOS-Comité Antisida de Ferrol
  43. Marcha Mundial das Mulleres
  44. PSdeG-PSOE
  45. TEIMA-SINDROME DE DOWN
  46. Terra Galega
  47. U.G.T.
  48. U.S.T.G.

Información baseada na enviada por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
22 de fevereiro de 2016 22:19
__________________

domingo, decembro 20, 2015

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública deu a coñecer o Informe dramático sobre a situación da sanidade pública galega - O goberno do Partido Popular, presidido por Alberto Núñez Feijóo, ven aplicando unha estratexia deseñada para desmantelar a Sanidade Pública e xerar espazos de negocio para as empresas privadas


INFORME DRAMÁTICO SOBRE A SANIDADE PÚBLICA GALEGA


O goberno presidido por Núñez Feijóo ven aplicando, desde o súa chegada ao poder en 2009, unha estratexia deseñada para desmantelar a Sanidade Pública e xerar espazos de negocio para as empresas privadas a expensas do diñeiro público. Nestes últimos anos o goberno galego aplicou unha severa redución dos orzamentos sanitarios e fixo recortes profundos na dotación de persoal e camas hospitalarias; paralizou o Plan de Mellora e desmantelou a Atención Primaria; aplicou medidas privatizadoras nos hospitais así como en moitas áreas sanitarias que pasaron a mans privadas; tamén teñen planeado implantar as Unidades de Xestión Clínica que poñerían a disposición das empresas a actividade asistencial, o núcleo duro da sanidade. A continuación faremos, en sete puntos, un repaso dos principais problemas que ten hoxe a Sanidade pública galega e que deben ser plantexados ante as próximas eleccións.

1.- Redución do orzamento sanitario público:

Representa o 30.4% do gasto público da CCAA. Baixaron o orzamento sanitario un 18.3% desde 2009, e un 10.2% respecto ao ano pasado. Galicia é a CCAA que fixo o recorte máis severo. A maior redución aplicárona en Atención Primaria (AP) cun 22.3%  menos respecto ao ano 2009. Respecto ao ano pasado a redución é de 25.3%. O recorte foi moito menor no nivel hospitalario (un 0.2% de recorte respecto a 2009, e un crecemento dun 2.9% respecto ao ano pasado).

Este diferencia deixa ben ás claras que o goberno de Núñez Feijóo aposta por potenciar o modelo hospitalocéntrico e o uso intensivo da alta tecnoloxía (Galicia xa é a CCAA que máis RMN realiza); esto beneficia ás multinacionais farmacéuticas e da tecnoloxía sanitaria, en detrimento das actividades de prevención e promoción da saúde que deben realizarse en AP (segundo as recomendacións da OMS).

2.- Recortes de persoal:

Esta partida representa o 34.5% do gasto sanitario, que ven ser un 24,5% inferior á media estatal; esto sitúa a Galicia no penúltimo lugar do Estado, só superada por Catalunya.

O ano pasado Galicia foi a CCAA que máis recortou no capítulo de persoal, un 30.67% fronte a unha media do 7.9% do Estado. Esta redución afecta aos traballadores sanitarios, con descensos brutais en prazas e salarios e aumento da precariedade laboral. A partida de persoal baixou un 21% desde 2009: pasou do 43.15% do total do gasto sanitario ao 34.5% neste ano.

En total Galicia perdeu 1.795 prazas na sanidade pública (1.154 en AP e 641 nos hospitais). Eliminaron 513 prazas de medicos: 392 en AP (69.2%) e 121  en hospitais (30.8%). Recortaron 184 prazas de enfermería hospitalaria e 1.121 prazas de persoal non sanitario: isto é consecuencia da cesión de servizos a empresas privadas que teñen persoal propio. Moitas tarefas realizadas por empregados públicos pasan agora a ser desenvolvidas polas empresas concesionarias (central de chamadas, loxística, mantemento, cociñas, etc).

Estas medidas de recorte tan extremas producen unha merma na calidade asistencial e mesmo representan un risco para os pacientes. Sabemos que o persoal sanitario non pode ser substituído por máquinas, e hai evidencias contundentes de que a redución de persoal de enfermería nos hospitais por debaixo de certo nivel asóciase a incrementos da mortalidade hospitalaria.

3.-Recorte en camas:

Entre 2010 e 2014 eliminaron 447 camas hospitalarias públicas en Galicia. Pasamos de 8.010 a 7.563, a pesar do elevado e progresivo incremento das listas de espera e da conxestión permanente dos servizos de urxencias.

4.- Suspensión do Plan de Mellora de AP:

No Plan de Mellora de AP impulsado polo goberno progresista (2005-2009) estaba prevista a construción de novos Centros de Saúde e a creación de prazas de persoal. Dos 66 centros previstos só se plantexa a construción de sete. Tamén deixaron de crear prazas de sanitarios: eso representa a perda de 193 prazas de Medicina de Familia e 385 de enfermería.

5.-O desmantelamento e a privatización do Sistema:

-Privatización de hospitais:
  • Para a construción do novo hospital de Vigo (H. Álvaro Cunqueiro) utilizaron o modelo de Colaboración Público-Privada, o que representa un incremento no custe, que pasa de 450 a 1.400 millóns de euros, ao tempo que reduciron as camas operativas (de 1.230 a 850), recortaron os quirófanos nun 31.4%, as camas de UCI nun 25.5%, a superficie de Urxencias nun 55.5% e os servizos de Radioloxía nun 45%. A empresa concesionaria, coa complicidade do Sergas, recortou en servizos, consultas, superficies, equipamentos, calidade nos materiais, nos accesos e nas prazas de aparcadoiro (que deberán pagar tanto traballadores como usuarios). O hospital, desde a súa apresurada inauguración, acumula problemas e conflitos, que poñen en risco a calidade da atención, a actividade asistencial e mesmo a seguridade dos pacientes.
  • A Xunta xa licitou, por terceira vez, a ampliación e xestión privada do hospital de Ourense (CHOU, que dirixe unha prima de Núñez Feijoo), e mellorou as condicións á empresa concesionaria –integrada por ACS, Indra e La Caixa-, en 41 millóns de euros. Tamén adxudicou a ampliación do hospital do Salnés á multinacional Cofely-Suez que, xunto con La Caixa, posúe o fondo de inversion “Hisusa holding”, que é propietario da aseguradora privada Adeslas.
-Renovación do concerto singular co hospital privado Povisa de Vigo, que presta atención a case 140.000 persoas da área (Península do Morrazo, Valmiñor e polígono de Coia en Vigo). Pola utilización de 403 camas neste hospital o Sergas paga un canon anual de 75 millóns de euros (despois da última renovación e mellora do concerto, asinado sendo conselleira Rocío Mosquera, quen foi alto cargo na empresa propietaria de Povisa).

-Privatización do Laboratorio Central de Galicia, que foi adxudicado a unha UTE integrada por Laboratorio Cerba, Laboratorio Lema e Bandín. Esta empresa realizará máis de 600 probas analíticas e xenéticas, a expensas do desenvolvemento dos laboratorios dos hospitais públicos (que poderán pechar progresivamente como en Vigo) e dos seus profesionais. Esta decisión pon a disposición dunha multinacional datos moi sensibles da poboación galega (como o VIH e outras doenzas).

-Continuidade da empresa de xestión privada Galaria S.A., co que incumpren o compromiso do Sergas de rescatar os servizos asistenciais como a Radioterapia, a Medicina Núclear/PET e a Resonancia Magnética (RMN) para integralos no novo hospital. O propio Consello de Contas ten denunciado o abuso de exploracións de TAC e RMN (a taxa de RMN supera nun 50% a media do resto do Estado).

-Privatización da alta tecnoloxía por media da figura do “socio tecnolóxico”. Esta modalidade de contratación permite que as mesmas empresas que fabrican os aparellos tecnolóxicos poidan controlar cales son os equipos que deben adquirir os hospitais, fixar o seu prezo e mesmo decidir onde se ubican. Esta entrega a mans privadas do control da tecnoloxía hospitalaria pode ter consecuencias severas para a sustentabilidade do Sistema (a tecnoloxía provoca un enorme incremento do gasto sanitario) e para a saúde da poboación (a xestión mercantilista destes medios provoca unha sobreutilización dos mesmos, con repercusión negativa polos efectos iatroxénicos). Este modelo de contratación xa levou a unha inversión de 88 millóns de euros na compra de novas RMN, cando bastaría con substituír os equipos actuais cambiando só o software (moito máis barato).

-Privatización da investigación, por medio dos Institutos Biomédicos de Investigación dos hospitais públicos do Sergas. Estes Institutos acóllense ao modelo empresarial, son participados e coxestionados pola multinacional farmacéutica Janssen (Johnson&Johnson). Deste xeito as empresas privadas, ademais de conseguir beneficios económicos, controlan e dirixen a investigación, e teñen acceso a datos xenéticos e outras informacións sensibles sobre a saúde da poboación galega. O Sergas adxudicoulle fondos á Fundación Ramón Domínguez, para ampliar o laboratorio ubicado no CHUS, por un total de 1.2 millóns de euros. Esta fundación é de xestión privada e ten persoalidade xurídica propia (está integrada pola Fundación IDI-CHUS, Fido-Xeral Calde, a empresa farmacéutica Jhansen, a Fundación de Medicina Xenómica e a farmacéutica Biogen IDE).

6.-Externalización-privatización de recursos e servizos estratéxicos do Sergas a empresas multinacionais e fondos de inversión. Faremos un repaso telegráfico das distintas áreas de actividade que foron entregadas a mans privadas polo goberno de Núñez Feijóo, a maioría delas mediante concesións a longo prazo, o que dificultará o seu retorno a dominio público cando haxa un cambio de goberno.

-Servizo de ambulancias: foi adxudicado por 236 millóns de euros (a pagar en catro anos) á UTE Ambulevante, empresa valenciana á que Fabra (ex-presidente de Valencia) tamén lle entregou este negocio, e que está denunciada pola súa vinculación co PP.

-Historia clínica electronica (Ianus): concedida a Indra, empresa que foi privatizada por Aznar e Rato. Esto supón deixar en mans privadas todos os datos sanitarios da poboación galega.

-Telecomunicacións, cedidas a Telefónica (por 28 millóns de euros), empresa agora gobernada por La Caixa, BBVA e Bankia.

-A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco creado en 2009, impulsada por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e xestionada por un directivo que provén da auditora Deloitte.

-O teléfono de cita previa, tamén foi adxudicado a Netaccede.

-O servizo de suministro e loxística foi entregado, por 88 millóns de euros, á empresa Severiano Servicio Móvil (que o ano 2004 custodiaba as historias clínicas do CHOP nunha nave industrial sen licencia, e que arderon nun incendio por carecer de medidas de seguridade, quedando o hospital sen documentación clínica).

-O mantemento dos equipos sanitarios foi adxudicado á empresa zaragozana Ibérica de Mantenimiento SA.

-A xestion da limpeza e enerxía foi entregada ao Grupo Norte, vinculado á inmobiliaria Martinsa-Fadesa, (quebrada en 2008, que foi unha das principais causas do desplome de Novagalicia Banco).

-O servizo de catering dos hospitais, adxudicado a Mediterránea-Arturo, propiedade do fondo de inversion Portobello (Banco de Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da CEOE, imputado no caso Bankia, acusado de defraudar á Facenda, de pagar aos traballadores en diñeiro negro e do uso das tarxetas black como conselleiro de Caja Madrid).

-Os servizos de protección radiolóxica foron cedidos a General Electric: dese xeito a mesma empresa que fabrica os equipos é a que realiza o control de calidade.

-A esterilización de instrumental medico e cirúrxico: o goberno de Núñez Feijóo ten prevista a súa adxudicación por un período de 12 anos e un custe de 160 millóns de euros. De levarse a cabo suporía, ademáis dun grave risco de incrementar as infeccións nosocomiais, unha severa redución de postos de traballo públicos pola desarticulación dos servizos existentes, que funcionan cun elevado nivel de calidade.

-Centro de Saúde móbiles, pendentes de adxudicar. De levarse a cabo suporía un chanzo máis na privatización e o desmantelamento da Atención Primaria.

-Teleasistencia domiciliaria: teñen contactos con R Comunicaciones (empresa inicialmente galega, hoxe vendida por NGB ao fnodo de inversión CVC-Capio).

-Tamén cederon ao sector privado as contratacións públicas do Sergas. Transferiron esta actividade á Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines, constituída por grandes empresas tecnolóxicas e de xestión de recursos humanos, especializadas en dispositivos electrónicos para controlar a produtividade dos traballadores. Esta Plataforma está participada por Microsoft, Telefónica e Indra, que tamén xestionan a teleasistencia, a receita electrónica e a historia clínica electrónica. Esto supón que estas tarefas propias da función directiva, que deberían estar estritamente controladas polo Sergas e a Consellería, pasan a mans de empresas multinacionais e fondos de inversión (moitos deles radicados en paraísos fiscais). Deste xeito baleiran de contido ás actuais estruturas directivas e entregan a xestión estratéxica do Sistema sanitario público de Galicia a mans privadas.

7.- As Unidades de Xestión Clínica (UXC): o próximo paso cara a privatización do Sistema sanitario público. Dese xeito pretenden converter os Centros de Saúde e os Servizos hospitalarios en empresas con autonomía de xestión, presupostos propios e capacidade para beneficiarse dos aforros conseguidos en persoal, material ou actividade asistencial. Estas UXC poden abrir a porta ao mercado, á xestión privada e á laboralización do persoal. A empresa seleccionada pola Xunta para auditar a implantación das UXC é a axencia de calidade europea EFQM, que está presidida en España polo responsable de PwC (IBM), a empresa que almacena o maior número de datos sanitarios e non sanitarios a nivel mundial.

Está claro, á vista do relatado, que o principal obxectivo do actual goberno da Xunta é desmantelar a Sanidade Pública galega. Esta privatización, realizada con presa e coa maior cautela, deixa unha severa hipoteca para o país e os gobernos futuros, que deberán asumir o compromiso coas empresas ás que lle adxudicaron concesións a longo prazo. Esta forma de actuar non é inocente e responde a unha estratexia, que executan con todo rigor. É necesario desaloxar ao PP do goberno da Xunta para deter esta demolición planificada dos servizos públicos.

Decembro de 2015

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)

Publicado no blogue "Pavillón de Repouso" de Pablo Vaamonde. | 15.12.2015

Difunde:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com


Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
19 de dezembro de 2015 17:54

__________

venres, decembro 11, 2015

Desmontando a Sanidade pública: todo atado e ben atado, ... Por Pablo Vaamonde

Por Pablo Vaamonde [*]
11.12.2015


Nesta campaña electoral os candidatos non falan da saúde. E deberían. O PP para informar do que fixo cos servizos sanitarios e os demais para pedir explicacións. A sanidade pública é un elemento básico do Estado de benestar; desde que o PP accedeu ao poder sufriu o maior ataque da súa historia. Nestes catro anos aplicaron con rigor unha estratexia destinada a desmantelar o sistema sanitario público para crear espazos de negocio ás empresas afins e ás grandes multinacionais do sector.

A primeira medida nesa dirección adoptouna o PP nada máis chegar ao poder central. En abril de 2012 (tres meses despois da toma de posesión) publicou no BOE o funesto RDL 16/2012 -o que fai sospeitar que ese texto xa estaba escrito cando Rajoy prometía nos mitins que non tocaría a sanidade nin as pensións-. Esa norma introduciu copagos en sanidade, excluíu medicamentos do financiamento e excluíu persoas da sanidade pública: aos inmigrantes e ás persoas que teñen estancias no estranxeiro superiores a 90 días. Este apartheid sanitario é unha decisión inxusta, inhumana, perigosa e inútil: non produce ningún aforro económico e provoca un enorme sufrimento persoal e colectivo -ademais de significar un risco para a saúde pública-. Esta lei atopouse, desde o principio, coa oposición de moitos profesionais -que fixemos obxeción de conciencia-, e de todos os grupos políticos (excepto Cidadáns). O goberno central aplicouse con rigor neste retorno ao pasado. Levounos a un tempo preconstitucional: as persoas xa non temos dereito á atención sanitaria pola nosa condición de cidadáns senón en canto esteamos asegurados. O dereito á sanidade volve estar condicionado pola cotización previa.

Mentres tanto as CCAA no seu poder continuaron coas políticas xa iniciadas anos atrás: recortes e privatizacións. A disminución do gasto sanitario nas CCAA chegou ao 21% e pasou do 6.8% do PIB en 2008 a representar o 5.9% en 2013. En 2015 o sistema sanitario público ten 55.000 traballadores menos (con menos salario, peores condicións laborais e maior precariedade -10.300 médicos/as e 6.500 enfermeiros/as fuxiron ao extrenjero-) mentres as empresas sanitarias conseguiron manter e ata aumentar os seus beneficios a costa dos orzamentos públicos. Numerosas áreas relacionadas coa sanidade (limpeza, cociña, mantemento, loxística, tecnoloxía, etc) pasaron a mans privadas (en concesións para anos, o que fai máis difícil o seu rescate) e, ademais, xa sabemos -por un informe da FADSP- que a construción de novos hospitais mediante a colaboración público-privada incrementou o custo, o nivel de endeudamento e favoreceu a corrupción; moitos deses centros teñen problemas legais e os novos gobernos das CCAA estudan fórmulas para rescatalos.

Todas estas medidas non son consecuencia da crise, non son equivocacións nin decisións tomadas en contra da súa vontade: obedecen a unha estratexia deseñada polo PP (en connivencia cos grandes lobbys sanitarios) durante os anos de oposición e aplicada agora con todo rigor en busca dun obxectivo: conseguir que a saúde sexa un negocio e non un dereito dos cidadáns. Por iso, no seu último mes de mandato, o goberno de Rajoy aprobou (procurando pasar desapercibido) tres iniciativas de gran importancia na política sanitaria e que poden condicionar o futuro do sistema público. Aprobaron a desgravación fiscal para os seguros privados (unha medida moi demandada polo sector), asinaron un acordo con Farmaindustria para garantir o gasto farmacéutico ligándoo ao incremento do PIB e recorreron e paralizaron a decisión do novo goberno valenciano de devolver o dereito á atención sanitaria aos inmigrantes sen papeis. O que pretenden con estas decisións é deixar o futuro atado e ben atado -tal como fixo Franco-, para que os próximos gobernantes non teñan máis remedio que seguir o camiño trazado. Haberá que buscar fórmulas para evitar ese destino. A saúde dos nosos fillos e dos nosos netos depende diso.

Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde Garcia, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

Publicado no seu Blogue persoal | 10.12.2015.
______________

venres, abril 17, 2015

O TTIP e as ameazas máis importantes para a sanidade pública - Porque mobilizar-nos contra o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos entre a Unións Europea e os EEUU - En Ferrolterra, o 18 de Abril, ás 12:30hs na Praza de Armas


CONTRA DO TRATADO DE LIBRE COMERCIO


Desde xuño de 2013 a Comisión Europea,  e o Departamento de Comercio de EE UU están negociando unha Asociación Transatlántica para o Comercio e o Investimento (TTIP), que non se aprobará antes de 2016. Esta negociación caracterizouse pola opacidade e a falta de transparencia malia que os acordos afectan aos cidadáns.  A crise económica é a xustificación dun proxecto que pretende liberalizar as relacións comerciais USA UE, aínda que en realidade está dirixido a consolidar normas e lexislacións que amparan aos fondos de investimento e ás grandes empresas multinacionais.

Este Tratado e unha continuación dos Acordos da Organización Mundial do Comercio e a Unión Europea sobre Liberalización de Servizos que supuxeron a privatización dos servizos públicos  na UE.  O TTIP pon os intereses das multinacionais  por diante dos dereitos cidadáns.

O proceso de negociación con conta coas organizacións da sociedade civil como sindicatos, organizacións ecoloxistas, veciñais, de consumidores e ata dos gobernos elixidos democraticamente (negóciao a Comisión Europea que non esta sometida ao control do Parlamento Europeo). Sen embargo as multinacionais e os lobbies de presión han tido a  oportunidade de participar e influenciar nas propostas.

Principais claves do acordo:
  • Limitar a soberanía dos gobernos facilitando as demandas das multinacionais para a posta en práctica de políticas que afecten aos seus intereses.
  • Outorgar ás grandes empresas amplas facultades para impugnar novas leis polos gobernos, o que fará irreversibles ás privatizacións dos servizos públicos..
  • Abrir aos mercados sectores crave dos países europeos como a enerxía, as patentes, a sanidade pública, ou a soberanía alimentaria.
  • Desregular os servizos financeiros, coa eliminación das restricións en materia de transaccións financeiras e da comercialización de produtos financeiros derivados (un dos desencadéantes da crise).
  • Desenvolver o chamando Mecanismo de Solución de Diferenzas entre Inversor e Estado (ISDS), con normas para protexer a seguridade xurídica dos inversores que inclúe disposicións contra a expropiación de servizos de interese público ou a libre circulación e transferencia de fondos.
Os obxectivos en materia sanitaria do Tratado están dirixidos a eliminar medidas reguladoras (non arancelarias) que afectan ao comercio:  Condicionar as normas europeas que obrigan á transparencia dos ensaios clínicos dos laboratorios farmacéuticos; reducir as regulacións ambientais e alimentarías que garanten a calidade e seguridade dos mesmos;  incrementar os dereitos de propiedade intelectual das empresas farmacéuticas prolongando os períodos das patentes de medicamentos e innovacións tecnolóxicas; e protexer o investimento das empresas privadas nos sistema sanitarios.

As ameazas máis importantes para a sanidade pública contidas no Tratado son:
1º. - Os gobernos non poderán recuperar os servizos externalizados ou privatizados, aínda que sexan un desastre e os seus gastos exorbitantes (como os hospitais PFI de Madrid ou de Vigo, que multiplican por sete o seu custo real).  As empresas poderán protexer os seus investimentos cun Arbitraxe Inversionista - Estado, que outorga ás corporacións o dereito de demandar a un goberno que tome decisións que danen as súas ganancias, á marxe dos tribunais nacionais de xustiza.  A concesión de indemnizacións dos investimentos das empresas nos sistemas sanitarios públicos supoñerá unha seria ameaza para a capacidade dos gobernos de intervir na defensa do interese público.

2º.- Os gobernos non poderán fixar prezos para os produtos farmacéuticos, promover medicamentos xenéricos, aplicar programas para control do tabaquismo ou da seguridade e calidade dos alimentos:
  • Prolongar o tempo de vixencia das patentes dos medicamentos a máis de 20 anos.
  • Atrasar a entrada dos xenéricos no mercado.
  • Reducir os requisitos para as patentes, para facilitar a comercialización das innovacións biotecnolóxícas.
  • Incrementar o período de protección dos datos dos medicamentos biolóxicos a máis de 12 anos (entre 4 8 na actualidade).
  • Garantir a presenza dos laboratorios nos organismos estatais  que fixan as políticas de prezos (Dirección Xeral de Farmacia e Axencia Española do Medicamento), mediante as chamadas Garantías Procesáis.

3º.- A Converxencia Regulamentaria esta dirixida a suplantar a  OMS no establecemento de normas de rexistro, calidade, seguridade e eficacia dos medicamentos, en función dos intereses das multinacionais.

4º.- Crear un Comité Industria-Gobernos para monitorizar o cumprimento do acordo (patentes, normas de xenéricos, fixación de prezos e reembolsos).
Todas estas medidas incrementarán de xeito brutal os gastos sanitarios, poñerán en risco a sustentabilidade dos sistemas sanitarios públicos, dificultarán o acceso aos medicamentos, aumentarán a irracionalidade do sistema, e afectarán á saúde da poboación xerando maior mortalidade e carga de enfermidade.


Principais consecuencias:
  • Diminución das esixencias de seguridade para os consumidores (comercialización dos alimentos transxénicos ou a desinfección de poios mediante cloro , prohibidos en Europa e aprobados en Estados Unidos).
  • Recortes e perda de control público en educación formación, desenvolvemento científico e dereitos de propiedade intelectual, ao servizo das grandes corporacións privadas.
  • Precarización das condicións laborais e salariais dos traballadores sanitarios, destrucións de emprego nos servizos sanitarios e sometemento da súa actuación aos intereses empresariais.
  • Desaparición das regulacións medio ambientais que garanten a saúde pública como a autorización do fracking para obter gas do subsolo utilizando produtos químicos, que poden contaminar os acuíferos ou as prospeccións petrolíferas sen control.
Por todo  isto esiximos a paralización das negociacións do tratado.

Chamamos a cidadanía galega a apoiar ás mobilizacións  do  18 de abril, na Xornada Global contra el TTIP.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Enviado pola:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
16 de abril de 2015 23:28

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_______

FERROLTERRA NA MOBILIZACIÓN GLOBAL DO SÁBADO 18 DE ABRIL

Ás 12:30hs na Praza de Armas, diante do palacio Municipal de Ferrol

Facemos un chamamento á cidadanía de Ferrolterra e a todas as organizacións presentes na cidade a que se mobilicen o 18 de abril contra este tipo de tratados de libre comercio que pretenden facer máis efectivo o trasvase de riqueza cara as elites.

En Ferrolterra sumámonos cunha Concentración - Acción - Asemblea Popular Aberta, na Praza de Armas.

Á diversidade de tácticas e accións solidarias que se preparan a redor de todo o planeta para contribuir a informar buscando a participación e mobilización da xente, rumbo a un novo modelo económico e de comercio que funcione para o beneficio de todas as persoas e o planeta, agora e no futuro.

Non ao TTIP !!

________________________

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia o rocambolesco despedimento do Xerente da EOXI de Vigo, sen ningunha explicación máis ou menos racional - Este cese é un paso máis no caos de xestión do proceso de construción do Novo Hospital co financiamento privado

Diante da información aparecida na prensa de que Mario González foi cesado como Xerente da EOXI de Vigo, de xeito precipitado, sen esperar sequera á recepción da obra do Novo Hospital polo SERGAS, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar que:

1.- Este cese é un paso máis no caos de xestión do proceso de construción do Novo Hospital co financiamento privado. Este cese/dimisión imprevisto reflexa perfectamente a incapacidade da Consellería para xestionar con criterios de racionalidade a nova infraestrutura, tan necesaria para corrixir os déficit sanitarios da área de Vigo.

2.- Aos problemas de financiamento, aos atrasos de máis de 3 anos na entrega do proxecto por falta de fondos da Concesionaria; aos recortes de camas, módulos, superficie e equipamento; ao traslado do laboratorio; á perda de servizos de referencia en favor do Complexo Hospitalario de Santiago e de POVISA; ao mantemento da empresa de xestión privada GALARIA; e ao falseamento e ocultación dunhas listas de espera desproporcionadas, engádese agora o rocambolesco despedimento do Xerente, sen ningunha explicación máis ou menos racional.

3.- Esta decisión envolta de opacidade, rumoroloxía e sospeitas supón unha nova burla aos profesionais e traballadores do CHUVI e do conxunto da área, (que soportan todo tipo de decisións que lesionan os seus dereitos e a súa dignidade laboral) e sobre todo á cidadanía da área que leva anos padecendo uns servizos insuficientes para as súas necesidades, sen que desde a Administración do PP se lles proporcione a máis mínima explicación, pese a pagar estes recursos cos seus impostos.

4.- Desde a Asociación esiximos da Conselleira de Sanidade que, de xeito inmediato, ofreza unha información transparente, que explique que está pasando no Hospital, cales son os motivos do cese do xerente, e as causas do atraso na entrada en funcionamento do Novo Centro.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

16 de abril, de 2015

Enviado pola:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
16 de abril de 2015 23:23

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_______

luns, marzo 30, 2015

Quique Costas da Plataforma Galega de enferm@s de hepattite C, estará en Ferrol, o mércores 1 de Abril, nunha Charla Coloquio na Galería Sargadelos, organizada pola Marea Ártabra


O vindeiro Mércores 1 de Abril, ás 7 da tarde na Galería Sargadelos de Ferrol (esquina rúa María - rúa Rubalcaba), celebrarase unha charla coloquio sobre a loita das persoas enfermas da hepatite C a cargo do voceiro da Plataforma Galega de enfermos de hepattite C Quique Costas.

CARTA ABERTA A UN/HA DEPUTADO/A DO PP NO PARLAMENTO DE GALICIA (Este texto foilles remitido por correo electrónico a cada un/ha dos/as deputados/as do PPdG na Cámara do Hórreo).

Diríxome a Vostede, en nome dun colectivo de persoas que vivimos angustiadas pola certeza de padecer unha enfermidade mortal. Unhas persoas plenamente conscientes de que o tempo corre na nosa contra, de que o noso estado de saúde tende irremisiblemente a empeorar cada día que pasa. A algunhas vímolas morrer impotentes tras meses de espera por un tratamento que non chegou a tempo, outras levan ata un ano e dous transplantes de agónica agarda.

Esas persoas acudimos hai algo máis dun mes ao Parlamento, buscando o amparo e o apoio de quen (supoñíamos) ostentan a nosa representación. Críamos que o Parlamento mantiña a función co que esa institución naceu hai séculos: a defensa da cidadanía fronte ao poder. E, atónitos, asistimos ao terrible e cruel espectáculo de ver como a maioría da cámara (Vostede e as persoas da súa bancada) votaban contra unha proposición que parecía do máis elemental sentido humanitario (ata común, diría eu). Tanto máis atónitos nos quedamos por canto o texto que se sometía a votación lle foi presentado ao seu Grupo en reunión mantida na Cámara o día 7 de decembro, nunha reunión na que se nos ofreceu apoio e na que invitamos a ese Grupo Parlamentario a facernos chegar calquera suxestión referente á redacción do texto coa fin expresa de que este fose asumible por Vostedes. O voto que Vostede emitiu na votación desa proposición o pasado día 11 semella máis un asañamento ou unha vinganza por ignoramos que causas que o froito dunha decisión consciente e meditada. O feito de ter votado en contra, sen ternos feito ningunha proposta de modificación do redactado aparenta unha especie de manobra traizoeira e deliberada. Comprende Vostede o anoxo que provocou o seu voto entre aquelas e aqueles que seguíamos esperanzados o debate desde a tribuna? Entende as bágoas de frustración e rabia que o seu acto fixo correr pola meixelas de moitas de nós? E consciente da severidade do dano inflixido e da gratuidade do mesmo?

É por iso, porque supoñemos que o seu comportamento ten que ter algún tipo de explicación, que lle rogo, en nome deste colectivo, que teña a ben explicar a súa conduta. Podería Vostede explicarnos que parte, palabra, xiro ou expresión do texto o moveu a premer un botón que nos fixo tanto dano?

Voulle refrescar a memoria, por se se dá o caso de que para Vostede o asunto non tivera tanta transcendencia como para recordalo. Aquelo ao que votou NON di exactamente: “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a ao Goberno de España a garantir que o acceso ás novas terapias para os doentes de Hepatite C que o precisan se produza de acordo co criterio dos médicos especialistas que os atenden en cada caso, dispoñendo todos os recursos que sexan precisos para a atención dos casos definidos como de tratamento urxente pola Asociación Española para o Estudo do Fígado na súa recente reunión co Ministerio de Sanidade, Igualdade e Asuntos Sociais. Así mesmo insta ao goberno da Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para que a terapia cos novos fármacos para a Hepatite C se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes aos que lles sexa prescrita polos seus médicos especialistas do Servizo Galego de Saúde, de xeito inmediato á súa prescrición”.

Na confianza de que Vostede non terá ningún problema en dar cumprida satisfacción ao que lle demando, quedo á espera da súa resposta

Enrique Costas Bastero, é o Voceiro da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C.
---

Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook

A Marea Ártabra é un proceso asambleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.
Marea Ártabra é unha iniciativa cidadá que quere para Ferrol un goberno transparente, honesto, e solidario.

Imos defender os servizos públicos, protexer o territorio, e impulsar a economía e a cultural local.

A Marea Ártabra está composta por xente de  a pé, mulleres e homes,  coma ti, que queren poñer a funcionar este concello.

Ferrol precisa que o pobo asuma a súa responsabilidade, e o protagonismo; por iso Marea Ártabra se presenta as eleccións municipais de maio.

Únete á marea, únete ao cambio!
Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Enlaces relacionados:
  • A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
  • A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.

Información baseada na enviada por:
MAREA ÁRTABRA
-mareaartabra@gmail.com-
30 de março de 2015 11:25

_______________

martes, marzo 17, 2015

Ao igual que no resto das comarcas da Galiza, Ferrolterra mobiliza-se o vindeiro xoves 19 de Marzo, en Defensa da Sanidade Pública, ás 7 da tarde na Praza de Armas


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra e SOS Sanidade Pública Galega, comunican que convocan a toda a cidadanía a unha mobilización social o vindeiro Xoves, día 19 de Marzo ás 7h da tarde na Praza de Armas- Praza da Casa do Concello.

Esta mobilización prodúcese en todas as Áreas Sanitarias de Galicia co obxecto de defender a Sanidade pública por un acordo das entidades, organizacións e sindicatos que conformamos as Plataformas dentro de SOS Sanidade Pública.

As políticas neo-liberáis de axuste, privatizacións de servizos e RECORTES da Administración da Xunta de Galicia fai un efecto demoledor na atención sanitaria pública galega que leva ao sufrimento e desprotección  de sectores sociais como os enfermos de Hepatite C, a falta de aplicadores MODERNOS dos enfermos de ESCLEROSE ou persoas con baixos recursos que non poden comprar as súas medicinas motivada as políticas de Recortes.

Están producíndose colapsos nos Servizos de Urxencias con cidadáns nos corredores dos hospitais, observando unha falta de resposta e nula xestión da Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, sendo xustificada polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Sorprende o Informe da Comisión Galega de Bioética, onde expresa a súa desconformidade co SERGAS de forma concluínte e denuncia as DESIGUALDADES de sanidade pública, cuestionando os principios de equidade, universalidade e gratuidade. O comportamento da Conselleira resulta escandaloso e impropio por tratar de facer OCULTISMO POLÍTICO destes informes e falta de criterio de calidade política ante as dimisións por parte da metade dos membros desta Comisión.

Esta Plataforma fai un chamamento a cidadanía para participar na CONCENTRACIÓN en DEFENSA da SANIDADE PÚBLICA este vindeiro  XOVES, día 19 de Marzo ás 7 horas da tarde na Praza de Armas - Praza do Casa do Concello de Ferrol.

PDSP de Ferrolterra.-

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
13 de março de 2015 18:04
__________________

venres, marzo 13, 2015

O Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia, vén corroborar o que veñen denunciando desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e as diferentes plataformas locais e a galega SOS Sanidade Pública - Achega-se o texto do informe

Valoración sobre o informe da Comisión de Bioética

O Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia (cuxa publicación foi bloqueada pola Consellería de Sanidade o que desencadeo a dimisión de 7 membros da mesma), vén corroborar o que vimos denunciando desde fai tres anos:
  1. Que o Real Decreto Lei 16/2012 de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde atenta contra a universalidade a equidade e a accesibilidade á asistencia sanitaria,.
  2. Este cambio na lexislación, esta xerando desigualdades inxustas e inaceptables, eticamente, desde a óptica sanitaria, xurídica e social.
  3. A necesidade imperiosa de derrogar este instrumento legal que pretende reducir gasto sanitario, a costa de recortar o dereito fundamental á saúde de todos e todas as cidadás e cidadáns, teñan ou non traballo ou a posibilidade de cotizar como as persoas inmigrantes ou a mocidade en desemprego.
Desde a nosa Asociación queremos denunciar a incapacidade da actual Xunta de Galicia de tolerar a menos crítica, aínda que proveña dunha Comisión cuxos membros foron elixidos pola propia Consellería (o que supón que son da súa confianza) e que reflicte unha situación de fraxilidade política e deterioro ético incompatibles coa función de xestionar o sistema sanitario público galego.

12 de marzo, de 2015

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública -AGDSP.

Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia, | aprobado o 17 de Setembro de 2014. | Ocultado pola Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, perante todos estes meses | 16 páxinas en formato pdf | Acceder/Baixar.

O asunto na rede a través do buscador libre (gnu-linux): DuckDuckGo.

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
13 de março de 2015 01:06

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_________________