Amosando publicacións coa etiqueta Silvia Bermúdez Pérez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Silvia Bermúdez Pérez. Amosar todas as publicacións

xoves, marzo 15, 2012

Charla de Silvia Bermúdez : "As reformas laborais e a súa repercusión na mocidade" - Vídeo - Enlaces

"Estudantes hoxe, precarios/as mañá" foi o título escollido pola Liga Estudantil Galega para unha charla impartida pola formadora sindical da CIG Silvia Bermúdez Pérz, que falou a cerca das novas reformas laborais e a súa repercusión na mocidade. O acto vén enmarcado na campaña "Estamos fart@s" en apoio da Folga Xeral do día 29-M e que dará lugar o día 22 a unha mobilización do estudantado galego en todo o país contra os recurtes aos ensino público.

Silvia Bermúdez Pérez, sindicalista da CIG, licenciada en dereito, vinculada á FESGA - FUNDACIÓN PARA O ESTUDO E DIVULGACIÓN DA CUESTIÓN SOCIAL E SINDICAL EN GALIZA.

Nada en Vigo, en 1979, licenciada en Dereito (rama económico-empresarial). Tivo un papel destacado no movemento estudantil participando dos CAF e formando parte dos órganos de goberno da Universidade de Vigo. Foi concelleira do BNG no último tramo da lexislatura 2003-2007. Milita na CIG dende o ano 2002, tendo un intenso e activo labor no seo da CIG-Mocidade. Na rede, mantén o blog persoal Galiza_subversiva.


http://youtu.be/5d5PwBrJq8U


15 de Marzo de 2012

Fonte: http://estamosfartos.org/portfolio-items/as-reformas-laborais-e-a-sua-repercusion-na-mocidade-video-de-silvia-bermudez/

Webs relacionadas:

http://estamosfartos.org/

http://ligaestudantilgalega.info/
__________________

sábado, xaneiro 15, 2011

A gran mentira das pensións: 15 minutos excelentes onde Silvia Bermúdez Pérez, xoven advogada e sindicalista, desmonta as falsidades que se están a difundir sobre o sitema público de pensións como escusa para a sua reforma - Vídeo

A gran mentira das pensións

Ás portas da folga xeral convocada pola central sindical nacionalista e de clase CIG para o vindeiro 27 de xaneiro, faise imprescindíbel tamén o combate sindical no eido da batalla das ideas.

Está realmente en perigo o sistema público de pensións?

Cal é a súa orixe?

É necesaria a súa reforma?

Que intereses se agochan tras dos ataques ás pensións públicas?

A que responde a reforma antisocial que promove o PSOE?

Que resposta debe dar a clase traballadora fronte estas políticas?

Coa pretensión de dar resposta a estas cuestións e de desmontar as numerosas falsidades que se están a difundir reiteradamente a través dos medios de comunicación do sistema, servindo de altofalantes das posicións do capital a respecto do sistema público de pensións, desde a FESGA vemos de realizar un breve audiovisual de algo máis de dez minutos de duración.

Neste traballo a licenciada en dereito e técnica de formación sindical da nosa fundación, Silvia Bermúdez Pérez, bota abaixo de xeito pedagóxico os principais “argumentos” esgrimidos por quen promove a precarización dos sistemas públicos de pensións, deixando en evidencia a sumisión ideolóxica –e tamén económica- dos presuntos expertos independentes cos que públicamente se avalan estas propostas antisociais, e deitando cuestións de relevo a respecto da orixe pero sobre todo do futuro das pensións públicas.

13 de Xaneiro, de 2011



Canal Fesga: http://www.youtube.com/user/fesgatv

Fonte: FUNDACIÓN PARA O ESTUDO E DIVULGACIÓN DA CUESTIÓN SOCIAL E SINDICAL EN GALIZA - FESGA
__________________

Blogue persoal de Silvia Bermúdez Pérez:

http://galizasubversiva.blogspot.com/
_____________________________