Amosando publicacións coa etiqueta Soberanismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Soberanismo. Amosar todas as publicacións

domingo, febreiro 24, 2013

Concentración Soberanista ante a sede do PP: Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega


O pasado venres 22 de Febreiro de 2013, en toda Galiza, estaban convocadas concentracións ante as sedes do Partido Popular -PP. Con estas concentracións, pretende-se denunciar a corrupción e a de destrución social e cultural da Galiza. En Ferrol, a concentración, tivo lugar na rúa do Sol ás 8 da tarde. Convocaban a protestas as organizacións: BNG, CIG, FRUGA, COMITÉS, GN, MPB, COG, NÓS-UP, CCPI, AGIR, AMI, BRIGA, ISCA e LEG, baixo o lema: "Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega". Mesmo suman-se, agora, ao discurso político, que analiza que estamos nunha situación de emerxencia social e que o réxime da segunda restauración borbónica chega ao seu fin, discurso que a Alternativa Galega de Esquerda -AGE, levou nas bases programáticas e espallou por toda Galiza, para contenda electoral galega do 21 de Outubro do pasado ano 2012 e que lle deu tan bos réditos electorais: "Por un proceso constituínte e de ruptura democrática".

As organizacións convocantes teñen previsto a realización dunha Manifestación Nacional, o vindeiro Domingo 3 de Marzo en Compostela, con saída ás 12 do mediodía desde a Alameda.

Fotos: Susete'70.
________________