Amosando publicacións coa etiqueta Urbanismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Urbanismo. Amosar todas as publicacións

mércores, outubro 24, 2018

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: 'Ferrol Vello e A Madalena | As estratexias de recuperación patrimonial, rehabilitación e rexeneración urbana' - No Ateneo Ferrolán, o mércores, 31 de outubro de 2018 - Unha actividade do Consello da Cultura Galega

Ferrol Vello e A Madalena. As estratexias de recuperación patrimonial, rehabilitación e rexeneración urbana
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural:
IN SITU. CONXUNTOS HISTÓRICOS
Ferrol, mércores, 31 de outubro, de 2018.
Ateneo Ferrolán, rúa Madalena, 202-204.

O patrimonio centra unha parte importante da actividade do Consello da Cultura Galega para as vindeiras semanas. A primeira delas celebrarase o vindeiro día 31 de outubro, onde nos trasladamos a Ferrol para analizar un casco histórico. Dentro do noso programa “IN Situ”, que analiza intervencións no propio espazo en que se producen, terá lugar unha revisión de dous barrios centrais na configuración do tecido urbano de Ferrol, como son o da Madalena e o Ferrol vello. Os arquitectos Miguel Reimúndez, Alfonso Díaz e Ignacio Mendizábal serán os encargados de falar da participación veciñal na recuperación deste espazo, das estratexias seguidas para a súa revisión e da xestión da área de rehabilitación.

Coordinación
Rebeca Blanco-Rotea
Teresa Nieto

Relatores
Alfonso Díaz Revilla
Ignacio Mendizábal Ferreiro
Miguel Reimúndez González

Colabora
Ateneo Ferrolán

Organiza
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

Lugar
Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 Ferrol


O programa IN SITU pretende crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o espazo de debate ao contexto xeográfico e social dos bens. A elección dos conxuntos históricos onde se van desenvolver os Encontros (Vigo, Ferrol, Ourense-Ribadavia) pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan e introducir no debate os aspectos complexos do debate arredor da protección patrimonial da cidade histórica.

O barrio da Madalena e Ferrol Vello son dúas realidades diferenciadas que forman, en palabras de Alfredo Vigo Trasancos, unha especie de binomio imprescindible inmerso nun contexto de crise urbana que se prolonga dende hai décadas. Esta condición danos pé a analizar e confrontar a aplicación nos dous barrios das estratexias e criterios de recuperación establecidos dende a lexislación, o planeamento e as políticas públicas de rehabilitación, así como a súa capacidade de adecuación a esas realidades.

Programa. | Acceder/Baixar.

Web oficial do Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/
_____________________

xoves, marzo 17, 2016

Eliximos Narón propón un novo acceso dende O Couto á rotonda sobre a Autopista


Eliximos Narón propón un novo acceso dende O Couto á rotonda sobre a Autopista

A parroquia d'O Couto a pesar de ser unha zona semiurbana cuns 1600 veciños presenta en xeral uns viarios de antigos trazados e que se melloraron no seu firme, pero que resultan estreitos e carecen de beirarrúas na maior parte dos casos, o que os fai pouco seguros e eficientes para a súa circulación. Por estas razóns, calquera redución de tráfico que se poida facer en ditas rúas redundará sobre a seguridade viaria.

Co fin de dar unha alternativa ao trafico da parroquia, reconducindo o mesmo as vías de alta capacidade que a atravesan (autopista AP-9 e FE11), proponse o trazado de un novo viario dende o camiño do Corveiro ata a rotonda de conexión da FE11 coa AP-9 (na saída 33F), que se pode ver na ilustración anexa, na que tamén se recolle un posible acceso directo a FE11 en sentido Ferrol co fin de evitar a dificultade de xiro na saída na rotonda.

Na actualidade para acceder dende a rotonda aos viarios do contorno e necesario dar voltas de entre 3 e 4 km. co conseguinte gastos de combustible e tempo, impacto no medio e riscos de circulación. Este novo trazado de uns 115 m de lonxitude transcorrería en case a súa metade (uns 52 metros) por unha parcela que figura como parte do sistema viario, e afectaría soamente a unha propiedade privada de 1.371 m2 de uso forestal con eucaliptos.

Resulta evidente que a zona da parroquia do couto e unha zona de futuro crecemento da cidade e, polo tanto, debe contemplarse na nova planificación do PXOM os viarios que, coma o proposto, dean solucións as comunicacións da mesma.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
17 de março de 2016 13:10
_____________________

sábado, abril 25, 2015

Marea Ártabra reuniuse coa directiva da Delegación en Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia, co fin de coñecer de primeira man as impresións dos profesionais da arquitectura na cidade e intercambiar ideas e análises


Representantes de Marea Ártabra reuníronse o pasado martes coa directiva da Delegación en Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia, co fin de coñecer de primeira man as impresións dos profesionais da arquitectura na cidade. Por parte do COAG, participou o seu presidente, Ramón Montero, acompañado por José Romero, secretario. Os candidatos de Marea Ártabra Begoña Hermida, Miguel Ángel Fernández, Lupe Ces e Ismael González participaron no encontro que ofreceu una panorámica global da cidade de Ferrol, no amplo sentido do urbanismo e a habitabilidade da cidade.

Recimil unha oportunidade

O encontro comezou por un tema de fondo calado de debate social: o barrio de Recimil. Dende o COAG son partidarios de continuar co modelo de aluguer público, sempre desde a administración local, que é a máis inmediata ao cidadán. É evidente que o barrio necesita un proceso de rehabilitación, que sería desexable fose planificado por partes (bloque a bloque, por exemplo), e que non se limite a una limpeza de fachada. Dous son os aspecto básicos sobre os que pivotar este proceso: a cualificación enerxética máis alta posible, e a accesibilidade das vivendas. É evidente que este proceso de rehabilitación debe ser acompañado por una actualización de rendas, sempre considerando o seu carácter de vivenda social. Acompañando este proceso de rehabilitación, sería positivo incluír elementos que diversifiquen as tipoloxías de habitantes. Neste sentido, e dada a súa proximidade, una boa opción sería a planificación de espazos de residencia para universitarios.

A rehabilitación da Madalena

Outro punto quente que se debate na cidade e que está na axenda tanto de Marea Ártabra como do COAG e o Plan de Rehabilitación do barrio da Madalena (Documento en pdf 120 páx.). Desde o COAG non consideran esta ferramenta como un mal plan, si acaso como un pouco enfarragoso. O problema do Plan é que foi implantado en 2007, a punto de comezar a crise, que levou acompañada una baixada de axudas por parte da Xunta de Galicia. Isto é o que está a frear a rehabilitación do barrio da Madalena. Mentres outras cidades de Galicia si tiveron axudas importantes por parte da Xunta, Ferrol está a sufrir os recortes por ter chegado tarde ao proceso de transformación urbana que se viviu en Galicia.

As conexións entre barrios

Aos respecto do constrinximento dos barrios, como pode ser Caranza, encaixada sobre a avenida das Pías, faise una reflexión máis global, que nos indica que moitos dos barrios de Ferrol carecen da permeabilidade necesaria. É un punto principal de actuación para o Concello. Santa Mariña e San Xoán viven pegados, pero a súas conexións son mínimas. A este respecto, o Ministerio de Fomento ven de aprobar una actuación parcial na avenida d'As Pías, precisamente para intentar permeabilizar o espazo entre os barrios de Ultramar e Esteiro. Esta actuación é valorada moi positivamente, porque ven acompañada cunha cesión da titularidade da vía ao Concello de Ferrol. Deste modo, no futuro poderíase actuar sobre ela, sen as complicacións que carrexa ter que instar ao ministerio a efectuar as medidas oportunas.

Soterramento das liñas de alta tensión

Como demanda veciñal histórica do barrio de Santa Mariña e Caranza cabe destacar a obrigatoriedade do soterramento de liñas de alta tensión, que nunca foi satisfeito pese a ser incluso aprobado no pleno do concello en 2009. Esta demanda histórica entronca coa rehabilitación dos espazos dedicados aos mercados en Ferrol, todos nunhas condicións mellorables, pero especialmente lamentables no caso do Mercado de Caranza, que esixe unha actuación urxente de forma inmediata.

As murallas que non deixan ver o mar

Tamén foi interesante o debate sobre a muralla que rodea ao Arsenal Militar, que por unha parte está catalogada como patrimonio histórico, e por outra actúa como barreira física e psicolóxica para pechar a cidade ao mar. Nese sentido non hai que caer en ambigüidades nin en limitacións de perspectiva, xa que se analizamos todo o litoral da cidade, desde A Malata até Caranza, nestes momentos amósase inaccesíbel á cidadanía, agás Curuxeiras. Se comentou que sería interesante deixar que se puidera entrar nos espazos abertos do Arsenal e de Navantia, deixando o que son as instalacións con vixilancia para gardar a seguridade dos edificios. Ramón Montero manifestou a súa postura de non eliminar a muralla, mais si rebaixala en altura e intentar permeabilizar o espazo de Arsenal co obxectivo de que a cidadanía poida gozar dos espazos interiores accesibles. O mesmo caso para as instalacións de Navantia. Sen embargo, o espazo portuario que vai dende A Malata ao porto, ese si debe ser obxecto de recuperación para a cidadanía, posto que foi un dos argumentos para a construción do Porto Exterior.

Renovación da idea de cidade

O decrecemento demográfico da cidade é unha cuestión que preocupa moito ao colectivo de arquitectos. A análise que se fai é que basicamente a poboación que perde Ferrol móvese a Narón na busca de vivenda accesible, nova e sen trabas. Isto incide directamente na idea de que Ferrol ten un parque de vivendas antigo e sen a renovación que esixen os novos usuarios urbanos. Baixo esta premisa se lanza una cuestión nada banal: a renovación da idea de cidade. Desde a perspectiva do urbanismo é imprescindible poñerse prazos amplos e por medio da participación cidadá, promover un Plan Estratéxico (por riba do Plan Xeral de Urbanismo). Dito Plan Estratéxico, partiría dun diagnóstico da situación da cidade para planear que cidade queremos para os próximos 15-20 anos. É necesario que este proxecto se aborde desde múltiples perspectivas e non caiamos nos perigos de non dar cabida ao rural, por exemplo,  ou de promover valores alleos a Ferrol, aínda que moitas ferrolás e ferroláns non estean educados suficientemente nos valores propios da nos cidade.

Unha praza con fonte e arborado

Para rematar a reunión se abordou un tema interesante: a posibilidade de que a Praza de Armas volva a ser una praza limitada ao uso cidadán, eliminando o aparcadoiro actual e instalando arborado e fonte, como no seu día tivo, formulando incluso a posibilidade do traslado do Concello de Ferrol a outra ubicación.

Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook

A Marea Ártabra é un proceso asambleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.


Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

WEB: Mareaartabra.gal
TWITTER: @mareaartabra | #MareaArtabra
E-MAIL: info@mareaartabra.gal
FACEBOOK: Marea Ártabra
YOUTUBE: Marea-Ártabra

Local electoral:

Rúa Rochel, nº5 e Magdalena nº14.
Teléfono: 633 352 131

Enviado por:
Inácio Caranza
-inaciogz@gmail.com-
25 de abril de 2015 22:56
_____________

luns, agosto 04, 2014

Xornadas Informativas sobre o Plan Especial de Ferrol Vello - 5, 12 e 19 de Agosto, na Praza Vella


Xornadas Informativas sobre o Plan Especial de Ferrol Vello

Perante os martes 5, 12 e 19 de Agosto de 2014, na Praza Vella, terán lugar as Xornadas Informativas sobre o Plan Especial de Ferrol Vello, organizadas pola Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello

A ordenación do espazo público. O estacionamento.
martes, 5 de agosto, 20.00 horas.

Os aspectos económicos do Plan.
martes, 12 de agosto, 20.00 horas.

A normativa do Plan.
martes, 19 de agosto, 20.00 horas.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
4 de agosto de 2014 18:40

__________

Documentación:

Anuncio da aprobación inicial do Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello, publicado no DOG  DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32807 | Ir a web.

____________________

sábado, agosto 02, 2014

A área de Urbanismo e Vivenda do Consello Político Local de Esquerda Unida valora a proposta de 'Plan especial de protección e rehabilitación de Ferrol Vello'

Esquerda Unida considera globalmente positiva a reordenación do espazo público formulada polo Pepri de Ferrol Vello, mesmo entende que debería ser máis ambicioso, e insta ao PP a tomar boa nota.

A area de elaboración de Urbanismo e Vivenda defende a remodelación do adro da Igrexa de San Francisco e propón que se faga extensiva á fronte portuaria. | A supresión do aparcadoiro previsto na Costa de Mella, substituído por un baixo rasante na praza Eduardo Pondal, debe ser exhaustivamente explicado e analizado.


A área de Urbanismo e Vivenda do Consello Político Local de Esquerda Unida considera globalmente positiva a proposta de reordenación do espazo público formulada pola empresa redactora  no Plan especial de protección e rehabilitación de Ferrol Vello. A rexeneración do barrio pasa, necesariamente, pola racionalización de espazos e unha aposta pola mobilidade peonil. Esta materialización que se propón claramente para a o adro da Igrexa de San Francisco, e progresivamente para a rúa do mesmo nome, debería materializarse para a fronte portuaria, suprimindo as prazas de aparcadoiro en superficie e mellorando a habitabilidade do espazo público do conxunto da fachada marítima da cidade.

Con respecto a dotación de aparcadoiro que se propón, baixo rasante na praza de Eduardo Pondal, Esquerda Unida propón a apertura dun debate público con información rigorosa por parte da empresa redactora así como o careo público do goberno municipal coa veciñanza do barrio. A veciñanza e a cidadanía en xeral ten que estar exhaustivamente informada do por que da modificación do previsto polo plan de mobilidade (plan de mobilidade que os redactores do plan especial toman, polo demais, como referencia) das súas vantaxes e das garantías que  se están a ofrecer para a dotación pública de aparcadoiros de vehículos unha vez revitalizado o barrio. Por que non contemplar tamén a parcela de Hispania? Falamos do seu conxunto. A maiores da obrigada reserva que a propiedade ten que facer e que no plan se denomina “xardíns de Hispania”, 746 dun total de 3450 metros cadrados. Aquí a posibilidade  de compatibilizar praza verde con aparcadoiro público verde é a proba de algodón para calquera goberno municipal que se tome en serio os plans que publica no DOG.

Queda por último unha cuestión non menor para un plan especial que toma como referencia o mencionado de mobilidade: cómpre incorporar ao plan as formulacións do plan de mobilidade para transporte público terrestre: o silencio ao respecto doutros modos que transporte alternativos ao vehículo privado é clamoroso. Incomprensible no caso do autobús e do carril bici, aspectos clave para a nosa organización, na procura dunha cidade compacta e sostible medioambientalmente debe promoverse o uso do transporte público e de medios alternativos non contaminantes, claro que se o propio concelleiro responsable da área, Pablo Cal, recoñece “non ter nin idea de transportes” cabe na pura lóxica deste goberno que non estea contemplado. Será motivo de  alegacións por parte de Esquerda Unida.

Ferrol, 2 de agosto de 2014
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
2 de agosto de 2014 11:35

Achégase nota de prensa sobre o Pepri de Ferrol Vello, ao que esta organización fará alegacións na procura dunha reordenación do espazo público máis ambiciosa e sostible. Un saúdo. Secretaría de comunicación.

___________________

luns, xuño 30, 2014

O Grupo Municipal de Esquerda Unida contra unha revisión do modelo especulativo no PXOM

Esquerda Unida fai un chamamento ao movemento asociativo, veciñal e á cidadanía activa en xeral para esixir que o PP poña as cartas enriba da mesa na revisión do PXOM |Todos os problemas e conflitos derivados dun modelo de crecemento urbanístico obsoleto teñen que ser debatidos pola veciñanza” afirma Javier Galán |Hai que desterrar a vella política do urbanismo, da xestión do público, dos servizos, non serven os modelos de construción especulativa do pasado”conclúe o portavoz do grupo ao mesmo tempo que anuncia xa alegacións ao plan especial de Ferrol Vello.

Ferrol, 30 de xuño de 2014. O grupo municipal de Esquerda Unida manifesta, novamente, a súa preocupación pola, máis que probable, dinámica de feitos consumados a propósito das decisión que se están a tomar con respecto da revisión do plan de urbanismo e que van conformar unha dinámica de feitos consumados de difícil. No fondo estamos perante un capítulo máis do mesmo: de costas ás posibilidades que outorga o regulamento de participación cidadá o PP está a propoñer unha revisión do plan de urbanismo agochando baixo fórmulas vacuas (es una oportunidad”, “hay que adaptar el planeamiento a la realidad”...) o que xa se ve que vai ser unha nova volta de torca  do   modelo que nos levou á actual situación de ruína (e ruínas), de reurbanización descontrolada do medio, de aposta pola cidade dispersa , en crecemento continuo, e o seu corolario inevitable: o despoboamento e declive comercial da cidade e barrios tradicionais; da falta de servizos  e solo dotacional nos novos asentamentos e nos barrios exteriores, da falta de trenzado e trama urbana entre barrios etc. Todo isto ten que ser debatido xa, na opinión de Javier Galán. Desde o primeiro momento no que o goberno municipal adoptou a decisión de iniciar o proceso que levará á revisión do plan deberían estar convocados os órganos de participación cidadá.

Hai debates que teñen que darse agora, non no momento das alegacións cando todo estea cociñado.  As vellas políticas e as vellas manobras deben ser desterradas para sempre da xestión e do planeamento urbanístico” conclúe o voceiro do grupo.

Por último o voceiro do grupo anuncia a presentación no momento da  súa publicación inicial de alegacións ao Plan Especial de Ferrol Vello: “Por suposto  a comezar por unha primeira  que tamén repetiremos para a taxa de saneamento: non houbo nin información suficiente nin se garantiu un proceso participado; non vai con nós ese procedemento”. A maiores o grupo anuncia determinadas alegacións que afectan aos valores relativos ao modelo BIC, normas de uso que permiten unha excesiva proliferación de usos terciarios, e que indican por onde van ir os tiros para a revisión do plan en canto aos barrios tradicionais etc, ordenación do espazo público e mobilidade, a viabilidade económica do plan ou a (im)política de vivenda.

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
30 de junho de 2014 14:11

Achegamos nota de prensa do grupo municipal de EU sobre a necesidade de que o goberno municipal implique a cidadanía na redacción do PXOM. Un saúdo. Secretaría do Grupo Municipal

__________

luns, xaneiro 20, 2014

Esquerda Unida demanda unha nova política de urbanismo e incide na crítica á política escurantista do goberno municipal do Partido Popular, en todo o que ten que ver coa ordenanción do espazo público e o transporte


O grupo municipal de Esquerda Unida considera necesario un cambio radical na política urbanística na cidade
. | Esquerda Unida considera que se está a perder unha oportunidade para unha planificación integral que poña en conexión emprego con rehabilitación. | O grupo  de Esquerda Unida reclama, por enésima vez ,que se activen os organismos de participación e comece a discusión pública sobre o secuestrado plan de mobilidade.

Hai no concello un informe polo que se pagou unha chea de cartos que vai de cousas referidas a mobilidade e espazo público e que , suponse, é o documento técnico necesario para un debate sobre as solucións de detalle en aspectos esenciais para áreas como o transporte público, a rede de rúas peonís a rexeneración urbana dos barrios a recuperación económica e comercial da cidade e, por parar por algún lado, o deseño dos aparcadoiros en superficie. Por suposto que este documento está en contexto con outros ,ben xa existentes ben en proxecto por necesidade urxente, por exemplo con plans sectoriais de urbanismo cos que se poida comezar a poñer fin a esperpénticas situacións que se dan no noso concello. Un que inviste cartos procedentes de fondos europeos finalistas para a rexeneración de barrios enteiros, coas súas rúas e os seus servizos, e logo as vivendas deses barrios caen por desleixo.

Todo isto debería ser motivo de debate no concello. Pero non. Hai tempo o grupo municipal de Esquerda Unida demandou dúas cousas: a primeira que se modificara a prioridade do investimento nas obras da praza de España, e outras, para, a través dun plan específico de apoio á economía social, crear emprego de calidade poñendo en conexión cousas como a rehabilitación integral e a rexeneración económica dos barrios; a segunda que se puxeran en marcha as medidas necesarias para comezar un amplo e extenso (no tempo e nos axentes participantes) debate sobre o conxunto da proposta do Plan de Mobilidade e Espazo Público e os seus detalles sectoriais. Ambas cuestións son   prioridades para este grupo municipal e así se fixo saber á hora de emendar os orzamentos deste ano. Xa alí diciamos o de sempre desde que entrou o Partido Popular no goberno da cidade: ao malgasto hai que sumar o escurantismo; tamén na política local está a acontecer a trufa de elementos que se dan en Galicia ou no Estado:corrupción política e baleirado das arcas públicas en favor das corporacións amigas máis ocultación máis lei mordaza etc.

Dúas son as alegacións que queremos remarcar: fronte ao malgasto creación da Empresa Municipal de Vivenda e inicio inmediato da política de acción rehabilitadora encamiñada a potenciar unha política pública de alugueiro e creación de emprego, fronte ao escurantismo  dotación dunha partida suficiente para a presentación pública e edición masiva do plan de mobilidade urbana de xeito que a peonalización e reorganización do tráfico, aparcadoiros, transporte de mercadorías etc sexan obxecto de discusión pública e planificación integral.

Se non, e cremos que por desgraza, non , seguirán a derrubarse edificios, a cidade continuará a súa lenta pero inexorable agonía e, por suposto, a veciñanza de Ferrol Vello e doutras latitudes acabará por non ter, xa non paradas para coller o autobús, senón autobús e servizos públicos en xeral. Así, como soa.

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
20 de janeiro de 2014 16:23

Boas. Enviamos nota do grupo municipal de Ferrol pola que demandamos unha nova política de urbanismo e incidimos na crítica á política escurantista do goberno en todo o que ten que ver coa ordenanción do espazo público e o transporte. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local- Ferrol

__________________

Foto de José Pardo.
__________________________

mércores, novembro 20, 2013

Juan Rubio del Val, falará de "Rexeneración Urbana e Rehabilitación de Vivendas", dentro do ciclo de conferencias "Ferrol: Rexeneración Urbana e Recuperación Económica", o venres 22 de Novembro, no Ateneo Ferrolán


O vindeiro venres 22 de Novembro, continúa no Ateneo Ferrolán, o Ciclo de Conferencias "Ferrol: Rexeneración Urbana e Recuperación Económica", organizadas pola Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Federación 'Roi Xordo' de Asociacións Veciñais de Ferrol.

Como todas as conferencias deste ciclo, está terá lugar no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202), ás 8 da tarde.

Este Venres (22 de Novembro), participará: o arquitecto, Juan Rubio del Val, nunha conferencia que leva o titulo "Rexeneración Urbana e Rehabilitación de Vivendas".
_____________

martes, setembro 17, 2013

O grupo municipal de Esquerda Unida demanda unha nova política urbanística na nosa cidade, máis alá de improvisacións, amiguismos ou procura de réditos electorais

O grupo municipal de Esquerda Unida demanda unha nova política urbanística na nosa cidade, máis alá de improvisacións, amiguismos ou procura de réditos electorais.
Javier Galán pregúntase para que investimos fondos europeos en rexenerar as rúas de Ferrol Vello, Canido e A Magdalena se logo as vivendas destes barrios déixanse caer por desleixo do goberno.

Sendo definido o Urban como un proxecto para a rexeneración urbana dos barrios históricos de orixe da cidade marítima de Ferrol, para Esquerda Unida esta rexeneración tan só pode ter un tratamento integral e non actuacións parciais que nunca acadarán o obxectivo que é o fin de promover un desenvolvemento urbano sostible.

A día de hoxe, e así o sabe a veciñanza de Ferrol, e deste xeito foi transmitido ao Grupo Municipal de EU en diferentes reunións, o Urban está a rexenerar os barrios con obras das que se fai uso electoralista, necesarias pero eivadas, xa que dan un tratamento parcial aos barrios de Ferrol Vello, Canido e A Magdalena.

Como di Javier Galán, potenciar grandes áreas comerciais como a do Boial e crecemento urbanístico no extrarradio é todo o contrario a idea do desenvolvemento urbano sostible e da dinamización do comercio local que propón a Unión Europea a través do Urban. No mesmo sentido, pouco axudan a un urbanismo planificado as decisións improvisadas, como a tomada polo Concelleiro Langtry, que, sen debate nin coa oposición nin cos comerciantes nin cos veciños desas rúas, decide, de motu propio, peatonalizar Pardo Baixo e tramos da rúa Magdalena e María. Lamentamos que ese sexa o máximo respecto que pode amosar o concelleiro cara a cidadanía, respecto sempre subordinado ao amiguismo e aos fines particulares. É tamén nos preguntamos se é esa a negociación coa oposición que sempre procura o goberno municipal, como ven de presumir a voceira Martina Aneiros, con decisións unilaterais e improvisadas, cando está en plena elaboración o proxecto dunha supermazá, que moito nos tememos, volverá responder a intereses partidistas máis que en beneficio da cidade.
Grupo Municipal de Esquerda Unida

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
17 de setembro de 2013 13:41
Boas. Enviámosvos a nota informativa do grupo municipal de Esquerda Unida pola que se demanda unha nova política urbanística na nosa cidade ao marxe de amiguismos ou procura de réditos electorais. Adxunto remitimos o documento completo. Grazas.Un saúdo, Jorge Suárez Secretaría de Comunicación. Consello Local de Esquerda Unida..

__________________

sábado, xuño 01, 2013

As grandes superficies e o Ferrol que queremos, ... Por Alexandre Carrodeguas


Por Alexandre Carrodeguas [*]
02.06.2013


A proliferación do modelo de grandes superficies comercias chega a nosa cidade. Cando se fala de relocalizar a economía, de mercados de proximidade, de pequeno comercio. En Ferrol imos en dirección oposta, cara a nada. O impacto nas economías locais das grandes superficies esta mai que estudado e avaliando, sobre todo, os prexuízos que ocasionan nas economías local.

Este tipo de instalacións fomentan un tipo de cidade segregada e especializada, lonxe da cidade ideal de barrios multifuncionais; é dicir de barrios con comercios, servizos etc. Tamén nos alonxa do modelo de cidade compacta e estenden o que os urbanistas chaman cidade difusa, aumentando o uso do vehículo individual e disuadindo a necesaria utilización do transporte público.

O que é mais grave en Ferrol e o fomento da perda de urbanidade do espazo central do barrio da Magdalena, xa en grave proceso de degradación comercial e urbana, o propiciar o traslado masivo da actividade comercial a periferia mais lonxana . A actividade urbana e a forma da cidade "compacta" vese así gravemente danada, mermando cada vez máis a función urbana tradicional. E promovese así unicamente unha cidade amorfa: E dicir sen forma, sen personalidade, sen valor.

O espazo público é aquel que se goberna desde o público, e así cada vez que estas grandes áreas comerciais avanzan na nosa cidade, estase limitando o espazo comunitario e privatizando os espazos de relación social para deixalos en mans de grandes multinacionais alleas o noso país. E hoxe están aquí e mañá poder irse deixando un rastro de destrución.

Non se entende tampouco que nesta crise que vivimos que nos levou ao marasmo e caos actuais, se siga cos mesmos modelos fracasados. Modelos de especulación urbanística, que moitas veces levaron aparellados casos de corrupción e malversación do diñeiro público. Temos casos moi próximos de denuncias asociadas a este tipo de expansións comerciais como e o caso da veciña cidade da Coruña, onde se leva xa desde fai moito tempo denunciando a destrución que supuxo e supón para a cidade a implantación ilimitada destas grandes areas comerciais.

En cambio en Vigo parece, que van xa por outro camiño e os tres sindicatos mais representativos da cidade acaban de facer público o seu rexeitamento a instalación dunha multinacional do sector en terreos comunais. Saben que hai que mudar. Pero no noso Ferrol semella que non nos queremos darnos conta e en vez de pararnos a reflexionar sobre a cidade que queremos, de como poñernos a traballar para recuperar a nosa cidade histórica. Camiñamos no sentido contrario e apostamos por un modelo suicida que non leva mais que a empobrecer a cidade, a empobrecela e degradala tanto social como cultural.

E hora xa por tanto de pensar doutra maneira, de non fragmentar mis a cidade, de non seguir destruíndo o pequeno comercio, de non seguir degradando e desurbanizando a Magdalena e Ferrol Vello, de non seguir con expansións urbanísticas irracionais e ilimitadas como as do Bertón. Nunha cidade en regresión demográfica permanente.

De pensar en serio que facemos co antigo cuartel do Sánchez Aguilera. De ir pensando en abrir o Arsenal o uso e goce público de toda a cidadanía de Ferrol. De derrubar a muralla dunha vez. De apostar por unha economía relocalizada onde a rehabilitación xogue un papel fundamental. Onde a ría sexa vista como unha fonte de vida e non de morte. Onde recuperamos de vez unha función para Ferrol, unha función que lle dea unha nova forma a esa cidade perdida.

E a instalación suicida de grandes superficies vai en dirección contrario a ese Ferrol que anelamos e polo que loitamos.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
31 de maio de 2013 17:11

________________

mércores, xullo 04, 2012

O futuro urbanístico de Canido (Plan Urban) a debate - Mesa Redonda coa participación dos grupos municipais dos partidos políticos con representación no Concello de Ferrol


A Asociación Sociocultural 'Muiño do Vento', no comezo da súa andaina, que agardamos sexa longa e semente un presente e un futuro de transformación para unha sociedade do "Ben Vivir" e de democracia participativa, organiza unha mesa redonda no local social da S.R.D. Canido Canido, ás 20:30 horas, deste Xoves, 5 de Xullo de 2012. O acto leva por titulo "O futuro urbanístico de Canido: Plan Urban", onde están convocados a participar representantes dos grupos municipais dos partidos políticos con representación institucional no Concello de Ferrol.

Para contactar: SEGANHO@terra.es

Web do Programa Urban: |Ir web |
__________________________

sábado, xuño 30, 2012

Este Sábado 30 de Xuño: Primeira Sesión das II Xornadas Comunitarias "Estamos proxectando o Mercado de Caranza", trae a túa idea


II Xornadas Comunitarias "Estamos proxectando o Mercado de Caranza", trae a túa idea - 30 de Xuño 1ª Sesión; 14 de Xullo 2ª Sesión e 28 de Xullo 3ª Sesión

O sábado 19 de Maio, celebrabamos a primeira Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza, foi a primeira cita para, dentro das propias instalacións do Mercado Municipal, celebrar unha primeira xornada comunitaria para a posta en valor do mercado e comezar a criar colectivamente o proxecto da súa recuperación, foi o primeiro obxectivo que nos marcamos. Desde aquela continuamos, as cinco asociacións do barrio, coa intención de seguir co proxecto comunitario de incentivar e dinamizar a participación veciñal nos problemas que nos preocupan e as necesidades colectivas do barrio. Consideramos no seu momento que o Mercado, a propia edificación depauperada e o espazo que o rodea, en especial a traseira totalmente infrautilizada e abandonada, merecían outro tratamento por parte das autoridades municipais e a propia veciñanza. E niso estamos.

A esa primeira Xornada, continuaron reunión e debates, recollida de información e reflexión sobre o a mesma. Fixemos unha enquisa a comerciantes; e as operadoras e opreradores do Mercado, da cal temos unha análise que debatiremos na primeira sesión deste Sábado 30 de Xuño.

Estas Segundas Xornadas que veñen, divididas en tres sesións que realizaremos os días 30 deste mes e os 14 e 28 do mes de Xullo, teñen o obxectivo de elaborar un anteproxecto no espazo público e un programa de intervención no Mercado, coa intención de presentar-llo ao Concello.

Veciña, veciño, persoa interesada no traballo comunitario de calquera barrio ou lugar, pode participar nestas xornadas que facemos con vontade construtiva, transformadora e coa participación cidadá.


Un obradoiro aberto (sen inscripción previa), mínimo 3 xornadas: 30 de xuño, 14 de xullo e 28 de xullo.

Obxectivos xerais:

    Elaborar un anteproxecto de intervención no espazo público.
    Elaborar un programa de intervención no mercado.
    (para presentarlle ao concello)


Sesión 1: día 30 de xuño


Obxectivos:
  • Presentación do obradoiro
  • Introducción á participación veciñal no urbanismo
  • Acordo sobre programa do mercado.

Programa

11.00 Presentación

11.15 Exposición doutras experiencias de proxectos participados.

12.00 Formación de equipas de traballo e entrega do material.

12.15 Traballo en grupo. Análise das enquisas, propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.45 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

13.15 Discusión do banco de propostas. Acordo sobre programa de usos.

13.45 Conclusións.

14.00 Remate.

Materiais necesarios:   
  • Pequeno dossier dando información sobre o mercado e o seu uso
  • Actual (1 por grupo)
  • Resume resultados das enquisas.
  • Presentación en powerpoint (automática) para explicar exemplos
  • De participación veciñal en urbanismo.
  • Material de debuxo.
  • pos-its.


Sesión 2: día 14 de xullo

Obxectivos:

Acordo sobre programa do espazo público.


Programa:

11.00 Formación de equipas de traballo e entrega de materiais

11.15 Traballo en grupo. Análise das enquisas. Propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.00 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

12.30 Discusión do banco de propostas. Acordo.

13.15 Conclusións. Documento de programa para o mercado.

13.30 Remate.

Materiais necesarios:
  • Pequeno dossier dando información sobre o espazo (1 por grupo).
  • Planos do espazo público.
  • Material de debuxo.
  • pos-its.


Sesión 3: día 28 de xullo


Obxectivos:

Anteproxecto do espazo público.

Programa:


11.00 Formación de equipas de traballo e entrega de materiais.

11.15 Traballo en grupo. Propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.00 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

12.30 Discusión do banco de propostas. Acordo.

13.15 Conclusións. Documento de programa para o espazo público.

13.30 Remate.

Materiais necesarios:
  • Documento do acordo de programa de intervención no espazo público.
  • Maqueta do terreo-espazo público.
  • Módulos-xogo de construcción.
  • Material de debuxo.
  • pos-its.

Enlaces relacionados:   
Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza e os Espazos Públicos - Sábado 19 de Maio

Crónica - Desde primeira hora do sábado a actividade do Mercado de Caranza, desenvolvíase dun xeito especial - Xornada Comunitaria en Caranza: 19 de Maio de 2012

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
30 de junho de 2012 01:12
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/
___________________

xoves, xuño 21, 2012

Edificio de Carlos III nº 34 de Esteiro: Ante o silencio e a pasividade da Concellaría de Urbanismo, despois de reiteradas denuncias e solicitudes de reunión, a Asociación Veciñal vai denunciar no Xulgado a situación de abandono e de perigo para as persoas nas que se atopa este edificio



Edificio de Carlos III nº 34

Desde a AV de Esteiro, ademais de todo o que vimos denunciando reiteradamente, a última vez o día 4 de xuño, onte poidemos comprobar como agora xa lle quitaron unha das portas co que, calquera persoa, neno ou adulto, pode acceder ao interior.
Non temos ningunha infomación de que a Inspección Técnica de Urbanismo, fixese un informe, nin teña tomado medida ningunha.

Debido a que desde a Concellería de Urbanismo non se actúa, nin siquera se reúne con nós, a Asociación Veciñal de Esteiro na vindeira semana imos poñer en coñecemento do Xulgado e da Fiscalía a situación de abandono e de perigo para as persoas nas que se atopa este edificio, estamos na fase de elaboración dun informe completo para acompañar a denuncia xudicial.

A Asociación Veciñal de Esteiro queremos denunciar unha vez máis, como levamos cinco anos facendo, o estado do inmoble da rúa Carlos III nº 34, antiga panadería dos Irmáns Bellón, que cada vez está en un estado de conservación máis deplorable ( achegamos fotos) e no que, como tamén temos denunciado repetidas veces, están vivindo varios indixententes o que constitúe un risco gravísismo para a súa seguridade.

Xa denunciaramos no seu día, diante do Fiscal de Urbanismo do TSXG ,D Antonio Roma a situación que non foi estimada en via penal, pero si que foi requirido o Concello de Ferrol para que actuase sobre o estado do Edificio que é propiedade de Abelardo Bellón López.

Na actualidade, o edificio ten as portas e as fiestras abertas e calquera pode entrar nel ,se almacena mobles bellos no seu interior o teito interior xa se veu abaixo e é un niño de ratas, podredume e malos cheiros.

Xa tivo nunha ocasión o Corpo de Bombeiros de Ferrol que intervir para retirar elementos da fachada que costituían grave perigo para os moitos peóns que por alí circulan, moitos deles en dirección o Colexio Isaac Peral e o Instituto Saturnino Montojo.

Nesta Asociación recibimos continuas queixas dos veciños que residen nas vivendas que rodean o citado edificio, nas que nos denuncian os cheiros, de excrementos, que teñen que padecer continuamente e especialmente cando vai calor.

Que ten que pasar para que o Concello, en aplicación da Lei, lle obrigue ao propietario do edificio a consolidar a estructura para evitar que se veña abaixo, que é o que quere o seu propietario?

Haberá que esperar que ocorra unha desgraza aos indixentes que están dentro do Edificio, feito que comunicamos varias veces á Policía Local, para que a Concellería de Urbanismo actúe?

Cantas veces máis teremos que denunciar unha situación que xa foi recollida varias veces nos medios de comunicación e que mesmo a TVG fixo unha reportaxe no programa ViVIR AQUI con Isabel Durán e Farruco?.

Está por encima da Lei o propietario de este edificio que tamén o é de moitos máis, ademais de en Esteiro, na Magdalena e Ferrol Vello?

Xunta directiva da AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
20 de junho de 2012 09:13

_________________

mércores, xuño 13, 2012

Chamamento a todo o tecido asociativo de Ferrol para participar nunha xuntanza aberta, hoxe Mércores 13 de Xuño en Esteiro - Xuntanza por un Ferrol saudábel, por un investimento xusto e racional: Non á dilapidación de centos de miles de euros máis na Praza de España -Porta Nova


Praza de España-Porta Nova-Mércores-13 xuño


Estades CONVOCAD@S para unha xuntanza este vindeiro Mércores-13 ás 20 h no local da A. Veciñal de Esteiro, co obxecto de informar da reunión mantida co alcalde este pasado venres sobre as obras de superficie da Praza de España, que teñen un custo inicial de 700.000 euros, máis os 56.000 que xa custou a elaboración do novo proxecto.
                           
Ante a decisión do goberno local de iniciar unhas obras innecesarias na praza, comentaremos que medidas imos tomar para tratar de evitar esta nova acción que como sabedes rexeita a cidadanía e queremos convocar a todo o tecido asociativo de Ferrol a que asista a esa xuntanza ou que nos faga chegar o seu apoio e incorporación a esta Plataforma Asociativa que demanda que se remate a Praza de España xa e que eses cartos se destinen a outras demandas que necesita a cidade de Ferrol e a súa cidadanía.

Nesta xuntanza queremos tamén acordar que accións e mobilizacións levamos a cabo para evitar que se sigan a enterrar cartos de maneira innecesaria na Praza de España, ocasionando un novo prexuizo para, ademais da cidadanía en xeral, os comerciantes e hostaleiro dese entorno que xa levan tendo que sofrir 10 anos de obras e, cando xa estaban case rematadas, o Concelleiro de Urbanismo e Obras, Guillermo Evia e o Partido Popular, quere levantar toda a Praza de novo.
                           
Convocan esta xuntanza:
                           
A. Veciñal de Esteiro; A.Veciñal San Xurxo; A.Veciñal San Pablo de Catabois; A.Veciñal Santa Mariña; A. Veciñal Prioriño; A. Veciñal San Román de Doniños; A. Veciñal O Rosario-Inferniño; A.Veciñal Ultramar; A. Veciñal San Xoán- Bertón; A. S.C. López Bouza; A. S.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21.

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
11 de junho de 2012 10:49

________________

mércores, marzo 28, 2012

A Asemblea da Cidadanía opon-se a que se dilapiden case 800.000 euros máis no "Pulmón Park" de José Manuel Rey - A "Praza de España" nestes case 10 anos de obras interminabeis xa leva consumido máis de 17 millóns de euros


Pasadas as sete e media da tarde, do 27 de Marzo de 2012, daba comezo a Asemblea Cidadá convocada por doce entidades sociais e a Comisión Provisional de Control do regulamento de Participación Cidadá. A citada Asemblea, convocada en réxime de autoconvocatoria, é dicer calqueira veciña, veciño ou representante de asociación ou entidade, podía tomar a palabra e expresar publicamente o seu parecer. Como unha das ensinanzas que nos deixou o Movimento 15M, o micrófono estivo aberto a quen quixera opinar ou propoñer. E así foi, despois dunhas palabras expositivas dalgúns do promotores da iniciativa, foron varios as veciñas e veciños os que denunciaron e fixeron propostas concretas.

Esta foi a crónica do acto da xornalista Puri Rodríguez Calvo que publicou o "Diario de Ferrol", na súa edición de hoxe:
Ao redor de duascentas persoas participaron onte na asemblea aberta convocada pola Comisión de Control do Reglamento de Participación Cidadá para rexeitar o investimento de 700.000 euros na praza de España, unha iniciativa que se poñerá en marcha coa inminente adjudicación do proxecto á arquitecta Isabel Aguirre.

Os acordos adoptados pasan por solicitar unha entrevista co alcalde, José Manuel Rey Varela, para suscitar esta oposición ás obras, cuxos resultados transmitir á cidadanía nunha nova asemblea para convocar, si non se atenden os seus reclamaciones, movilizaciones.

Demasiado diñeiro| Os representantes vecinales explicaron a súa postura contraria a este novo gasto na praza, por entender que xa se destinou demasiado diñeiro a este espazo, uns 17 millóns de euros. Miguel López, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, recordou que na etapa de goberno de PP e IF intentouse levantar no recinto un edificio de once metros cuxa construción foi paralizada pola presión social e engadiu que nun momento no que se recortan prestaciones sociais e subvencións e se acometen privatizaciones de organismos públicos, non resulta lóxico “enterrar 700.000 euros máis na praza de España”. Destacou ademais que as obras prexudicarían de novo aos comerciantes e hosteleros da zona.

Miguel López referiuse ao concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, para dicir que “pode gastar vos seus cartos non que queira, pero non ou que é de todos”. Lamentou que non se consulte á cidadanía para proxectos dunha magnitude como o da praza de España e insistiu en que o diñeiro previsto para as obras pode destinarse a outros fins.

De feito, algúns veciños que participaron na asemblea realizaron propostas concretas, como que os 700.000 euros se destinen á contratación de desempregados para limpar a zona intermareal da ría, un gasto que revertería no mantemento de postos de traballo do sector marisqueiro e non se limitaría a crear emprego puntualmente para as obras, como no caso da praza de España. Tamén se apuntou que a plantación de árbores podería realizarse en moitos dos xardíns da cidade e que sería necesario limpar os sumidoiros, especialmente na zona de acceso ás estacións de ferrocarril e buses. Outro veciño denunciou a contradición entre o “ecoloxismo” do alcalde ao querer facer un “pulmón verde” na praza de España e tállaa de quince cedros de máis de cincuenta anos no colexio Juan de Lángara, engadindo que ademais se trituró a madeira pese a que podía haberse vendido. |Diario de Ferrol - 28.03.2012|

Nos vindeiros días pasaremos a informar dos pasos que se vaian dando agora o protagonismo está na Folga Xeral deste 29M e despois na súa análise e consecuencias. Seguiremos informando. Agora imos-vos deixar cun pouco de humor: obra de arte de Susete'70 con engadidos de Ártabra 21.


Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Hoxe martes 27 de Marzo, está convocada unha Asemblea Cidadá para debater e decicir sobre un novo proxecto do goberno municipal para a Praza de España

Ártabra 21: Queren privatizar organismos públicos e enterrar 800.000 euros na Praza de España - Comunicado da Asociación Veciñal de Esteiro
____________

mércores, febreiro 22, 2012

Esquerda Unida esixe á Xunta de Galicia os equipamentos dos comedores sociais e un plan para a súa extensión ao conxunto dos barrios da cidade ao longo deste mandato - Por outra banda manifestan o rexeitamento ao custo e ocorrencia-proxecto para a antiga Praza da Porta Nova - rebautizada nos tempos da ditadura como Praza de España

Informacións do Grupo Municipal
Ferrol, martes 21 de febreiro de 2012

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA COMO GASTO INNECESARIO O QUE O GOBERNO PROXECTA NA PRAZA DE ESPAÑA
“VANSE DESPILFARRAR PRETO DUN MILLÓN DE EUROS PARA PLANTAR UNHA DECEA DE ÁRBORES”, DENUNCIA JAVIER GALÁN

O Grupo Municipal de Esquerda Unida empraza ao alcalde de Ferrol a aplicar a austeridade en materia de ocorrencias travestidas de proxectos, e a aforrar o gasto anunciado para volver cambiar cousas na Praza de España. Este Goberno Municipal teima en contrarreformar os proxectos previos, nunha furia sectaria que nos custa centos de milleiros de euros á cidadanía. Xa abondo nos custaron as ideas do PP sobre a Praza de España no pasado como para que tornen a imaxinar máis cousas para este espazo público. O que lle importa ás persoas traballadoras, á cidadanía de Ferrol é o reto de garantir protección social ás persoas golpeadas pola crise e as respostas neoliberais que se seguen a aplicar logo de ter causado a actual crise e recesión; en resumo, EU defende que non hai que malgastar en obras innecesarias ou superfluas os cartos públicos.

Por poñer un exemplo do necesario e do superfluo, quérense gastar na Praza de España unha cantidade de preto dun millón de euros, cando o que se precisa con urxencia é a intervención na praza do Callao. Se esta última intervención semella urxente dado o deterioro do espazo e a densidade de tráfico que soporta, a intervención na praza de España cheira a unha das ocorrencias e modificados deste Goberno, insatisfeito con calquera obra pasada. A recreación virtual que se publica hoxe supón unha ráteo árbore-euros desmesurada: para plantar unha decea de árbores o custo dispárase a 100.000 euros por exemplar.

“Prudencia e austeridade semellan aconsellables para que o PP non volva a reabrir unha Praza onde cometeu erros abondo no seu anterior Goberno Municipal,” sinala Javier Galán. Se queren plantar árbores que o fagan coa cuadrilla municipal, pero que se aforren centos de milleiros de euros nun proxecto-ocorrencia.

A nosa organización chama a atención ao Goberno Municipal por reiterar o mal estilo antidemocrático de exhibir fotomontaxes nos medios de comunicación que son descoñecidos para os Grupos Municipais da oposición.

Pedimos en suma que non xoguen cos cartos públicos en cuestións innecesarias neste intre, cando tantas necesidades sociais e pobreza restan desatendidas na nosa sociedade.

ESQUERDA UNIDA DEMANDA QUE A XUNTA DE GALICIA SE FAGA CARGO DOS COMEDORES SOCIAIS DA CIDADE
YOLANDA DÍAZ DEMANDA UN ACORDO MUNICIPAL QUE PLANIFIQUE A APERTURA DESTES CENTROS EN TODOS OS BARRIOS DA CIDADE NESTE MANDATO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia o mal quefacer do Goberno Municipal que atrasando os pagamentos a entidade social que xestionaba os comedores sociais non deixa de producir senón unha decisión “ difícil e dolorosa” segundo manifestou a propia entidade, a asociación Dignidad. O noso Grupo Municipal chama a atención e recrimina ao Goberno Municipal a mala xestión da área económica, que reproduce agora os atrasos e impagos dos que acusou nestes meses atrás ao Goberno anterior. “Este Goberno estase a especializar nos atrasos para solucionar problemas e nas demolicións para producilos” denuncia Yolanda Díaz, Voceira do Grupo.

Yolanda Díaz afirmou que a súa organización levará ao Pleno a petición, en forma de moción, para que os comedores sociais sexan asumidos pola Xunta de Galicia. Goberno Feijóo que ten en Ferrol a un pagano das súas deixacións, sexan estas os comedores escolares ou este outro equipamento social. Corresponde asumir unha fórmula para o longo prazo e non parchear sobrecargando de traballo a entidades sociais que xa desenvolven outras labouras, e que aínda por riba sofren logo a mala xestión económica deste Goberno.

Doutra banda, EU entende necesario acadar un acordo no seo do concello, acordo que contemple a programación e a dotación cos recursos suficientes destes equipamentos sociais, de xeito que en todos os barrios da cidade se garanta a posta en funcionamento dun comedor social ao longo deste mandato, comezando pola posta en funcionamento do comedor social de Esteiro e San Pablo, zonas onde xa hai os medios e recursos para poñelos en marcha. Falla o de case sempre: a vontade de ampliar as prestacións sociais a nosa veciñanza.

Razóns de orde social e demanda cidadá fundan dar este salto que permita estender ao conxunto da cidadanía a prestación dun servizo cada vez máis necesario por demandado.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
21 de fevereiro de 2012 14:12
Prezadas/os amigas/os: remitimos dúas INFORMACIÓNS do Grupo nas que pedimos a asunción pola Xunta de Galicia dos equipamentos dos comedores sociais e un plan para a súa extensión ao conxunto dos barrios da cidade ao longo deste mandato, comezando por San Pablo e Esteiro; doutra manifestamos o noso rexeitamento o custo e ocorrencia-proxecto para a praza de España. Saúdos, Ramiro Marier
___________________

luns, febreiro 20, 2012

Esquerda Unida de Ferrol fai publicas as súas propostas: por unha banda para combater o abandono especulativo que sufre o centro histórico da cidade, e por outra en relación cunha iniciativa parlamentar sobre Navantia

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, luns 20 de febreiro de 2012

A CIDADE HISTÓRICA NON ATURA MÁIS ABANDONO POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL DAS SÚAS OBRIGAS PARA FACER CUMPRIR AS ORDENANZAS DE INSPECCIÓN TÉCNICA E DE SOARES

ESQUERDA UNIDA RECLAMA DO GOBERNO QUE IMPULSE A MODIFICACIÓN DO GRAVAME EXTRAODINARIO DO IBI PARA INMOBLES BALEIROS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal que faga efectivo o compromiso debido cunha política urbanística de respecto e protección ao patrimonio inmoble da cidade: “a cidade se defende pensando no interese xeral, non nos intereses de propietarios que deixan causar ruína aos inmobles para especular con eles” sinala Yolanda Díaz.

Esquerda Unida propón actuar en dúas frontes: mediante o desenvolvemento e posta en efectivo funcionamento das ordenanzas aprobadas a instancias do noso Grupo Municipal: Inspección Técnica de Edificios e de Soares, e doutra banda mediante o desenvolvemento do procedemento previsto na Lei de Facendas Locais, que contempla gravar eses inmobles que se atopan baleiros e que somentes serven os intereses espúreos da especulación.

Pedímoslle ao Goberno que se deixe de lerias e de boas palabras e execute as ordenanzas en vigor, a da Inspección Técnica e a de Soares. A nosa cidade histórica require dunha acción inspectora que preveña sinistros e desgracias persoais e poña couto á degradación dos inmobles. Con convenio co COAG ou sen él, o Goberno Municipal ten que reaccionar, porque a frecuencia dos incidentes non vai deixar de medrar a medida que se acentúe o paso do tempo.

Esquerda Unida urxe tamén a elaborar o censo de soares para desta maneira poder pór en funcionamento esta norma destinada a combater a especulación urbanística e a degradación dos inmobles.

Doutra banda, EU requírelle ao Goberno que acometa o desenvolvemento do precepto contido na Lei de Facendas Locais para gravar ao puñado de propietarios que especulan con centos de inmobles baleiros no casco histórico. Po riba do afán de lucro privado se atopan os intereses xerais e o Goberno ten que estar de parte destes”, salientou Yolanda Díaz.

ESQUERDA UNIDA RECLAMA MAÑÁN NO CONGRESO O COMPROMISO DO GOBERNO CENTRAL CO DIQUE FLOTANTE E O PLAN DE TRABALLO PARA NAVANTIA

O NOSO GRUPO PARLAMENTAR VAI REQUERIR O LEVANTAMENTO DO VETO A UN ASTANO PÚBLICO PARA A CONSTRUCIÓN CIVIL

Ao abeiro do debate mañán no Congreso dos Deputados dunha Proposición non de Lei do BNG, Esquerda Unida sumará as súas forzas para reclamar un firme compromiso do Goberno do Estado cos estaleiros públicos de Ferrolterra. En concreto o noso Grupo sosterá a necesidade de dotar neste orzamento de 2012 ( o que Rajoy tenta manter oculto ate que pasen as eleccións andaluzas e asturianas ) dunha partida para construír xa o dique flotante.

EU sosterá o carácter inaprazable da elaboración dun plan de traballo estratéxico que permita dotar de continuidade e estabilidade á carga de traballo dos estaleiros públicos, que xogan hoxendía un papel central no artellamento económico e social da comarca. O seu impacto en volume de emprego esixe un tratamento particularizado e prioritario por parte do Goberno do Estado e da propia Xunta de Galicia. Ámbas institucións públicas as goberna o PP e, xa que logo, non restan excusas para facer realidade unha arela compartida pola cidadanía de Ferrolterra.

Outros dos aspectos que defenderá o noso Grupo Parlamentar versará sobre a conveniencia de acelerar os estudos sobre a nova fragata na que traballa Navantia, que pode representar no futuro un elemento moi importante na carga de traballo.

O noso Grupo empraza ao alcalde de Ferrol a facer valer a súa tal condición para que pese no sentido do Goberno do Estado os intereses dos estaleiros públicos de Ferrolterra.

Onte nas rúas de Ferrolterra houbo un referéndum multitudinario a prol doutra política laboral e da carga de traballo para Navantia. Hoxe os intereses xerais de Ferrol son coincidentes coas demandas das traballadoras e traballadores de Navantia.

EU agarda que en breve se poida celebrar a comparecencia do presidente da SEPI para coñecer de primeira man cal vai ser a postura do PP no futuro dos estaleiros públicos da comarca.

Na intervención parlamentar se defenderá aos traballadores e traballadoras do naval vigués, que loitan por manter os seus postos de traballo entre os atrancos dunha Comisión ferozmente neoliberal. En todo caso a situación de creba dos estaleiros vigueses privatizados deixa en evidencia a que conducen os atallos que malvenden patrimonio industrial público. Lembrámolo porque non hai moito xurdían ofertas para malvender Astano a un dos propietarios hoxendía en creba.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
20 de fevereiro de 2012 15:25
Prezadas/os amigas/os: remitimos dúas INFORMACIÓNS do Grupo Municipal de EU Ferrol nas que formulamos unha serie de propostas en orde a combater o abandono especulativo que sufre o centro histórico da cidade, e en relación cunha iniciativa parlamentar sobre Navantia. Saúdos, Ramiro Marier.
_______________

luns, outubro 03, 2011

Foro Espazos Públicos en Ferrol, este Luns 3 de Outubro desde as 7 da tarde

"Día Mundial da Arquitectura"

Foro Espazos Públicos, hoxe Luns 3 de Outubro de 2011, desde as 7 da Tarde, no Local Social da COAG-Ferrol, na Rúa Real 14-16 Baixo.

Carta de convite:

O Luns 3 de outubro celébrase o Día Mundial da Arquitectura.

A delegación do COAG en Ferrol conmemora esta celebración cun foro sobre o tema dos espazos públicos, que pretende contrastar as problemáticas máis comúns, como son a contradicción entre a mobilidade peonil e o predominio do vehículo automóvil, a dureza da intervención urbanizadora das administracións públicas fronte as necesidades reais dos cidadáns, ou o ataque a espazos públicos que forman parte do patrimonio herdado por parte de institucións que utilizan o interese público como coartada.

Quixéramos contar coa vosa asistencia a este acto para que así poidades achegar a vosa perspectiva sobre estes temas.

Un saúdo
Miguel Reimúndez
Secretario do COAG en Ferrol.

Enviado por:
MIGUEL ANGEL REIMUNDEZ GONZALEZ
-miguelrey@coag.es-
1 de outubro de 2011 15:39
_________________

mércores, xullo 06, 2011

Novas de interese censuradas nos medios convencionais privados e públicos sobre as ilegalidades da macro-urbanización de Barreiros

Perante a censura informativa e o ocultamento ao que os medios de comunicación galegos subvencionados pola Xunta someten a calquera información ambiental crítica co executivo de Feijóo, achegámosvos este boletín con información relevante das últimas iniciativas de ADEGA censuradas.

A Xunta recoñece e xustifica as ilegalidades de Barreiros na memoria ambiental do plan sectorial




4 de xullo de 2011. Por se o Decreto 15/2007 que suspendeu o urbanismo de Barreiros non fora suficiente; por se as sentenzas do Contencioso-Administrativo de Lugo non foran dabondo para demostrar a ilegalidade das licenzas outorgadas en Barreiros en 2006, no DOG deste 28 de xuño aparece publicada a Memoria Ambiental do Plan Sectorial co que a Xunta pretende "regularizar" a situación das promocións ilegais. Esta memoria constitúe unha proba non só de tais ilegalidades, senón das intencións da Xunta de lavar os chanchullos e infraccións urbanísticas de Barreiros con diñeiro público. ADEGA dará traslado á Fiscalía de dito documento para que serva como proba na denuncia contra Hernández por prevaricación e delictos contra a facenda pública.

ADEGA denuncia a Hernández por prevaricación e delictos contra a facenda pública no caso Barreiros




Compostela, 29 de xuño do 2011. Tras a aprobación por parte do Consello da Xunta do proxecto sectorial para legalizar e pagar con cartos públicos as ilegalidades urbanísticas no concello de Barreiros, o ordenamento territorial carece xa de valor. A mensaxe é a seguinte: tanto teñen as ilegalidades cometidas confirmadas por sucesivas sentenzas xudiciais: a Xunta vai acudir ao quite para salvar a cara a concellos e promotoras sen escrúpulos, usar a lexislación para amparar os chanchullos e o que é pior, adicar cartos públicos a tapar os buracos deixados polos promotores. Non hai cartos para políticas sociais nen para educación; non hai cartos para medio ambiente e investir no rural na prevención dos lumes; pero para amparar ilegalidades de concellos amigos e agasallar a construtores e especuladores hai 14 millóns de € de cartos públicos (e os que virán). Certificados falsos, diñeiro negro, prevaricación, malversación de fondos públicos, persecución política e represalias á secretaria municipal... Barreiros, a "Marbella" galega. Denuncia_Fiscalía_HERNANDEZ (PDF 180 Kb)

Fonte: Adega Información


Para contactar con ADEGA:

Xesús Andrés López Piñeiro, Presidente ADEGA-Trasancos
spinheiro@terra.es

Ernesto Lopes Dias, Secretario ADEGA-Trasancos
lodergz@gmail.com

Antonio García Jiménez. ADEGA-Trasancos
angaji@yahoo.com

Antón Muñiz. ADEGA-Trasancos
xamute@gmail.com

Delegación de Ferrol (Trasancos)
Apdo Correos 481; 15480 Ferrol
www.adega.info
______________

xoves, outubro 21, 2010

Este Venres 22 de Outubro Verdegaia presenta en Ferrol "Urbanismo e Corrupción" co arquitecto - urbanista Xosé Santiago Allegue Fernández

  Verdegaia Ferrol organiza unha charla baixo o título:

URBANISMO E CORRUPCIÓN

Segundo Francesco Kjellberg, a corrupción é unha quebra das normas legais ou das normas éticas non escritas relativas a como se debe exercer o servicio público, para proporcionar servicios ou beneficios a certos grupos ou cidadáns de forma oculta, con vontade de ganancia directa ou indirecta. Sen embargo, a quebra destas normas conta cun apoio social xeneralizado.

 Tomando como punto de partida esta definición, Xosé Santiago Allegue Fernández profundiza nas consecuencias deste tipo de prácticas no marco do estado español: a destrución do territorio e o patrimonio arquitectónico e natural; a mala xestión dos bens públicos; a devaluación democrática ou a perda de calidade de vida da cidadanía.

Charla a cargo de Xosé Santiago Allegue Fernández, arquitecto.

Data: 22 de Outubro 2010 - Venres.

Hora: 20.00 h.

Lugar: Fundaçom Artábria , Travesa de Batallóns, nº 7  Ferrol

Máis información: 690 612 737

Enviado por:
Verdegaia
ferrol@verdegaia.org
16 de outubro de 2010 13:03

_____________________