Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado 15, ás 12 h, Acto en lembranza de Victoria e Carmelo
Ao cumprirse o XII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e o VII da súa compañeira Victoria Fernández Paredes, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles,
unha ofrenda floral e intervencións poético musicais,
que terán lugar o
sábado, 15 de Febreiro, ás 12 hs,
no Parque Carmelo Teixeiro
Caranza – Ferrol.
Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da Vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.
A loita continua contra o despropósito gasista de Reganosa, no acto en Lembraza de Victoria e Carmelo e de todas as compañeiras e compañeiros que nos deixaron no transcurso da loita.
No XI Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (Febreiro de 2008), e o VI da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (Novembro de 2013).
Sábado 9 de febreiro de 2019, ás 13:00hs, no Parque "Carmelo Teixeiro" de Caranza.
O tanke monocasco LNG Cheikh El Mokrani, non puido entrar na Ría por malas condicións meteorolóxicas, con forte vento e mar de fondo que non garantía a seguridade á hora de ter que pasar o estreito, longo, de pouco calado e fondo rochoso canle da Ría. Era o 5 de febreiro de 2008, estabamos concentrados, como sempre que entra un gaseiro cargado para Reganosa, desde maio de 2007, anunciando-nos o aumento exponencial do perigo que supón un buque cargado dentro da Ría, cando nos chegou a triste nova da morte de Carmelo Teixeiro.
"O vento do nordés non permitiu que atracara na planta de gas... Este gaseiro monocasco, o último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sinrazón da localización de Reganosa no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira".
Este sábado celebraremos un acto en Lembranza de Victoria e Carmelo e de todas as compañeiras e compañeiros que nos deixaron neste camiño de loita contra o despropósito gasista, mais que están con nós e verán cos nosos ollos o peche de Reganosa, a planta de gas ilegal e perigosa que nos ameaza todos os días. Unha planta que instalaron no mesmo corazón da nosa Ría, con corrupción e con complicidade política, institucional e mediática.
Este ano cúmprese o XI Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (Febreiro de 2008), e o VI da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (Novembro de 2013).
Con tal motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles, unha ofrenda floral e intervencións poético musicais.
Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.
O documental, Ferrol, polo mar e a vida, céntrase na denuncia da planta de gas de Reganosa e foi premiado cun accesit no Certame 'Video Diversidade' de Ecoloxistas en Acción. | + Info.
--
Acto en Lembraza de Victoria e Carmelo.Sábado 10 de febreiro de 2018, ás 12 do medidía, no Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro".
Un acto en Lembranza de Victoria e Carmelo e de todos o compañeiros que nos deixaron neste camiño de loita contra o despropósito gasista, mais que están con nós e verán cos nosos ollos o peche de Reganosa, a planta de gas ilegal e perigosa que nos ameaza todos os días. Unha planta que instalaron no mesmo corazón da nosa Ría, con corrupción e con complicidade política, institucional e mediática.
Este ano cúmprese o X Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (Febreiro de 2008), e o V da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (Novembro de 2013).
Con tal motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles, unha ofrenda floral e intervencións poético musicais, que terán lugar o sábado, 10 de Febreiro, ás 12 hs, no Parque Carmelo Teixeiro, de Caranza –Ferrol.
Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.
O documental, Ferrol, polo mar e a vida, céntrase na denuncia da planta de gas de Reganosa e foi premiado cun accesit no Certame 'Video Diversidade' de Ecoloxistas en Acción. | + Info.
--
Homenaxe a Victoria e Carmelo 6 de febreiro de 2016
O sábado 6 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia celebrará o VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité e o II da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013).
Con este motivo, convídase a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza, que consistirá, como xa é costume, nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, e terá lugar, ás 12 do mediodía, no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza – Ferrol.
Agradeceremos así a Victoria e Carmelo o seu exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais, a súa militancia sindical, política e social de toda unha vida e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.
2015 foi un ano máis de loita e compromiso.
A loita continua contra a ilegal e perigosa Reganosa.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
____________________________