Amosando publicacións coa etiqueta Video. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Video. Amosar todas as publicacións

xoves, xuño 07, 2012

O filósofo esloveno, Slavoj Žižek, participou na campaña da Syriza e dixo que a coligazón da esquerda radical grega é hoxe "a única oportunidade para a Europa"


Interesantísimo video subtitulado do filósofo esloveno Slavoj Žižek participando nun acto da Syriza. A obra de Slavoj Žižek integra o pensamento de Jacques Lacan co de Marx e Hegel, e nela destaca unha tendencia a exemplificar a teoría coa cultura popular. 


Tirado de Esquerda.net 
 
Slavoj Žižek:
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1d/Slavoj_Zizek_in_Liverpool_2.jpg/200px-Slavoj_Zizek_in_Liverpool_2.jpgNascido na antiga Jugoslávia, em Liubliana, hoje capital da Eslovénia), doutorou-se em Filosofia na sua cidade natal e estudou Psicanálise na Universidade de Paris. Žižek é conhecido por seu uso de Jacques Lacan numa nova leitura da cultura popular, abordando temas como o cinema de Alfred Hitchcock e David Lynch, o leninismo e tópicos como fundamentalismo e tolerância, correcção política, subjectividade nos tempos pós-modernos e outros.
Em 1990, candidatou-se à presidência da República da Eslovénia.
Žižek é professor da European Graduate School e pesquisador sénior no Instituto de Sociologia da Universidade de Liubliana. É também professor visitante em várias universidades estadunidenses, entre as quais estão a Universidade de Columbia, Princeton, a New School for Social Research, de Nova Iorque, e a Universidade de Michigan.

luns, xuño 04, 2012

"Lembranzas dun pobo" - Curta Documental


"Lembranzas dun pobo" é unha curta documental de TeinocoFilms sobre o barrio ferrolán de San Felipe e a súa tradición mariñeira.

TeinocoFilms é unha productora audiovisual dedicada á creación de publicidade, televisión e cine, que opta con esta curtametraxe ao premio do público Olloboi 2012 na categoría de "Premio do público", categoría aberta à participación d@s internautas. Se queres votar ou ver os 87 trabalhos presentados, pincha no enlace Olloboi 2012.


mércores, maio 16, 2012

Documental VENCEREMOS NÓS | a represión ao metal e o proceso a Antolín Alcántara


Breve documental que recolle esceas de arquivo da represión policial e gobernamental á folga do metal da provincia de Pontevedra en 2009, así como a situación actual do proceso xudicial contra Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva da CIG, ao que a fiscalía prentende enviar ao cárcere en base aos sucesos de 2009.



Manteñen petición de cadea para Alcántara ao remate do xuízo pola folga do metal de 2009 malia non probarse a autoría dos feitos

O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG recibiu o apoio e a solidariedade dos seus compañeiros/as ás portas dos xulgados de Vigo.
A Fiscalía decidiu manter a petición de prisión para o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG ao remate do xuízo celebrado este martes en Vigo a pesar de que non quedou acreditada a autoría dos feitos polos que se lle acusa, xunto a outras dúas persoas, de desordes públicos e danos durante a ocupación da estación marítima na folga do metal de 2009. Antolín Alcántara recibiu o apoio e a solidariedade dun nutrido grupo de compañeiros/as da central nacionalista, que se concentraron ás portas dos xulgados para reclamar a súa absolución.

Aínda que rebaixou a proposta inicial case á metade, o fiscal decidiu manter as petición de prisión para o dirixente da CIG e para o secretario comarcal do Metal de CCOO, Ramón Sarmiento, mentres que optou por retirar a acusación contra a ex responsábel de prensa do sindicato nacionalista na cidade, a quen a propia xuíza lle comunicou a súa absolución.

Pola contra, para Alcántara o Ministerio Fiscal pediu dous anos e medio -un e medio por desordes públicos e un por danos- e unha sanción económica duns 5.500 euros (12 meses a razón de 15 euros diarios, mentres que a petición inicial elevábase até os 18 meses). No caso de Sarmiento a petición de cadea quedou en dous anos, un por desordes e outro por danos, e unha multa do mesmo importe.

Un nutrido grupo de responsábeis e delegados/as da CIG concentráronse dende media hora antes do inicio da sesión -prevista para as 9.00 horas- ás portas dun edificio xudicial custodiado no seu acceso principal por máis de 20 axentes da Policía española. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o responsábel do sindicato na comarca, Serafín Otero, acompañaron a Alcántara ao interior dos xulgados mentres era despedido con berros de ánimo e aplausos.

Durante a sesión reproducíronse as imaxes captadas polas cámaras de seguridade da Autoridade Portuaria, nas que en ningún momento se observa a rotura da porta de acceso á estación marítima, e compareceron máis dunha ducia de testemuñas, entre gardas civís, policías e xornalistas.

Refuxiarse na estación marítima

Tampouco quedou probado que a intención dos folguistas fose ocupar a estación marítima e mesmo acceder a un cruceiro que se atopaba neses momentos atracando, tal e como sostivo o fiscal no seu alegato. Ben ao contrario, xa que o seu plan pasaba por realizar unha asemblea no acceso ao centro comercial que hai na zona para visibilizar o conflito diante dos turistas, “pero unha carga policial partiu o grupo en dous e unha parte correu a refuxiarse onde primeiro atopou”, tal e como explicaron os acusados no xuízo.

Ao remate da sesión, o secretario xeral da CIG dirixiuse ás persoas que agardaban á saída cinco horas despois para agradecerlles a súa solidariedade co compañeiro procesado e denunciar a actitude da Fiscalía e da propia xuíza. Suso Seixo criticou a dureza con que se persegue ás persoas que salientan polo seu compromiso cos dereitos da maioría social, “mentres se fai a vista gorda cos especuladores que causaron a crise ou cos empresarios que vulneran cada día dereitos fundamentais dos traballadores/as”.

Fonte: Avantar

Enlace relacionado:
http://www.galizacig.com/avantar/novas/15-5-2012/mantenen-peticion-de-cadea-para-alcantara-ao-remate-do-xuizo-pola-folga-do-metal-de-
___________________

luns, marzo 02, 2009

O meu Pais. Música de Luar na Lubre




O Meu País

O meu país/ é verde e neboento
É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan.
O meu país/ labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán.

Q quece na lareira,/ alo nas carballeiras
Bota a rir.
E unha folla no vento/ alento e desalento,
O meu país.

O meu país/ tecendo a sua historia,
Muiñeira e corredoira / agocha a sua verdá
O meu país/ sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar

Cara metas sin nome/ van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures,/ vieiros para ningures,
O meu pais.

O meu país/ nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía/ nun vello en un rapaz.
O meu país/ de lenda e maruxias
Agarda novos días/ marchando de vagar.

Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir.
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país.

De Miro Casabella [1977]
_____________

Carlos Taibo, Iñaki Gabilondo e Arcadi Oliveres fálannos de decrecimento

Palabras sabias dun divulgador do decrecimiento. Absolutamente recomendable.
Conferencia: "Crise Económica e Decrecimento" a cargo de Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid.
Enmarcada dentro das xornadas "Como che defendes ti da crise?" de CNT-Córdoba. 25 de novembro de 2008

Crise e decrecimento. Conferencia de Carlos Taibo. Audio









Afamado xornalista español dicindo que o crecemento económico sostido é imposible. Vía
Alberto Rey



Mestre en economía convencido de que imos cara a un decrecimiento económico tanto se nos gusta coma se non. Canal SubtUtiles


_______________

Enlace orixinal en: Decrecimento [08.02.2009]
______________

domingo, marzo 01, 2009

Domingo 1 de Marzo de 2009: "Pendentes do Futuro" - Reportaxen do programa "30 Minuts" da cadena catalana TV.CAT

Diumenge. Pendents del futur
[Domingo - Pendentes do futuro]

Por "30 Minuts"
22.02.2009
TV3.CAT


Domingo día 22, unha semana antes das eleccións lexislativas en Euskal Herria e Galiza, o programa "30 Minuts" toma a temperatura a estas dúas nacionalidades desde unha mirada instalada no futuro.



Máis aló do debate sobre a acción de goberno, "30 Minuts" quere entrar a fondo no debate sobre modelos de crecemento. De como Euskal Herria e Galiza fan as primeiras pasas neste século XXI.

E o programa escolleu dúas grandes obras públicas que teñen que proxectar Euskal Herria e Galiza cara a un futuro con personalidade propia. Ou non. De feito, parte do debate de fondo vira ao redor da dependencia ou non do Estado para revitalizar as respectivas economías e de como introducir un perfil propio. E non sen problemas. Sobre todo no caso do País Basco.

A fotografía basca de futuro tráenos, indefectibelmente, ao proxecto en marcha da Alta Velocidade ferroviaria. O "Y" basco, como se coñece popularmente de acordo co trazado da liña.

A brutal e sanguenta irrupción de ETA no debate condiciónao decisivamente. Pero detrás do impacto do terror, hai un debate sobre o modelo de transporte ferroviario, que para algúns relanza Euskal Herria se cabe adiante e que, por outros, fideliza unha relación non querida co Estado, posto que complementa o debuxo radial deseñado desde Madrid. Veremos na reportaxe as diferentes perspectivas que hai sobre o proxecto máis importante que afronta Euskal Herria.

Na Galiza, entre varios exemplos do combate entre o pasado e o futuro, escollemos o proxecto, tamén en marcha, do novo Porto Exterior de Ferrol. Unha cidade tradicionalmente dependente dos estaleiros e da vella estrutura militar, un modelo atado exclusivamente ao Estado que entrou en crise ao final da década dos 80. O novo porto exterior ofrece á comarca e, de retroceso en Galiza, a oportunidade de xerar unha iniciativa empresarial propia, menos suxeita a derívalas económicas centrais. E o debate sitúase precisamente neste punto: se o novo proxecto exponse nas condicións adecuadas para facer posíbel este reto, o de ser un novo motor económico que supere o antigo monocultivo industrial.

Unha reportaxe de: Carles Garda, Roser Oliver, Pere López, Ferran Prat, Josep M. Domenech e Sandra Rierola.

Fonte: "30 minuts" TV.CAT

martes, outubro 14, 2008

A cobiza e a estupidez: O porqué da crise en clave de humor

xoves, agosto 28, 2008

As imaxes da explosión en Forestal do Atlántico son de setembro do 2007

A nova que publicou Artabra 21 às 01:48 hrs do 28/08/08 na súa primeira edición e ampliada logo en dúas edicións máis, en relación a un accidente ocurrido en "Forestal del Atlántico" corresponden realmente a setembro do 2007. A fonte que enviou as imaxes as databa no día de onte [27.08.2008] polo que deu lugar a confusión. A noticia se reafirmou ao dar outra fonte información das sereias de alarma que se escoitaron en Mugardos. Ártabra 21 continua investigando sobre a orixe destas imaxes e o porqué non apareceron publicadas antes. Desde Artabra 21 pedimos desculpas pola confusión creada e reafirmamonos no compromiso de continuar informando dun xeito crítico e veraz sobre todo o relacionado coa planta regasificadora de Mugardos.

Explosión en "Forestal del Atlántico", empresa do Grupo Tojeiro que está á beira de REGANOSA, no mesmo complexo químico-industrial de Punta Promontorio en Mugardos.


Onte, 27 de Agosto de 2008, sobre as 12 do mediodía comezan a soar as sereias, non era un simulacro, en "Forestal del Atlántico" pasaba algo, saía moito fume e pasou o que mostra o vídeo. Agardamos que haxa unha explicación da Dirección da Empresa, así como das autoridades locais, pois a estas alturas Barcia e Irisarri xa tiñan que estar pedindo e dando explicacións a cidadanía e diante dos medios de comunicación. Tamén calan os responsábeis da nosa seguridade na Xunta de Galicia e na Delegación do Goberno. E como non os medios de comunicación convencionais ocultan o accidente e iso que soaron as alarmas. Onde están os polític@s, coas súas potentes maquinarias electorais ?.



Video postado por Susete70 -
A web de Susete

"ATENT@S AO 'PEACHO PEPINO' QUE SAE DISPARADO DA CHEMINEA, CARA AO INTERIOR DA PLANTA PETROQUÍMICA, APARTE DAS MILES DE TONELADAS QUE ALMACENA DE PRODUCTOS TÓXICOS, INFLAMABLES E PERIGOSOS, TEN ENCOSTADA A SÚA DEREITA A ILEGAL PLANTA DE GAS CONSTRUÍDA NO INTERIOR DA RIA DE FERROL (REGANOSA)". Susete70

Comentario de Artritris en Chuza !:

"Ás 12 do mediodía de onte mércores comezaron a soar sereas en Punta Promontorio. Eu, que non quixen pecar de paranoico, non lle din moita importancia malia vivir a 450 metros e escoitar as sereas perfectamente, pero pechei as fiestras da casa, non fora ser o demo... Finalmente parece que non era unha simple "proba de son" e efectivamente, saltaran as alarmas pola explosión dunha cheminea da planta petroquímica. A ver se cando menos a prensa informa do que pasou. Menos mal que o becho leva aí catro días... " [28/08/08 01:58]
[Enlace co Comentario Orixinal]

[Complexo Químico-Industrial de Punta Promontorio - Mugardos- Ría de Ferrol]
_____

Actividade de Forestal del Atlántico, S.A.:


Fabricación de colas e resinas.
para a industria do taboleiro e impregnación de papel cunha ampla gama de produtos como son as colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol.

Parque de almacenamento e terminal marítimo de líquidos:
Forestal dispón de tanques de almacenamento cunha capacidade total aproximada de 280.000 m3 preparados para hidrocarburos e produtos químicos, e de instalacións portuarias para a carga e descarga de buques-tanque.

Distribución de produtos petrolíferos.
Forestal leva traballando dende 1997 non mercado de fueloleos.

Coxeración de electricidade e vapor:
Forestal posúe a súa propia planta de coxeración cunha potencia eléctrica instalada de 25 Mw para consumo eléctrico propio, exportación á rede e produción de vapor para a utilización na planta.

Actividades "ambientais":
Forestal ven desenrolando dende vos seus inicios a xestión de residuos MARPOL tipos A, B e C en conexión coa limpeza, deslastre e desgasificación de buques.

Porto de sólidos:
Cunha superficie de almacenamento de 50.000 m2, unha liña de atracada de 400 m. de lonxitude e un calado mínimo de 14m.
____________

mércores, agosto 20, 2008

Para Ver

mércores, maio 21, 2008

O Courel está en perigo, salvé-mo-lo !

O Courel está en perigo, a acción social é unha baza a xogar. O sendeirista Dant fai este vídeo coa súa beleza para o seu blog e para expresar o que de verdade é este entorno, unha marabilla natural.

Visita o blog
http://www.senderista-iar.blogspot.com

Música de Luar na Lubre



__________

Enlace relacionado:

SOS Courel, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea, tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas, coa intención de asolar a Serra enteira.

Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

O Courel: Europa advirte con ultimatum á Xunta de Galicia
____________

domingo, abril 13, 2008

Un despropósito dentro da nosa Ría: REGANOSA

xoves, abril 10, 2008

SOS Courel: "O Escaravello verde" Video-denuncia en Internet

De:SOS Courel
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de abril de 2008 10:29
Asunto: "Escarabajo verde" Video-denuncia en Internet


"Escaravello verde" Video-denuncia en Internet

Difunde canto poidas, para que tod@s sexan testemuñas da desfeita do Courel.

Vídeo completo de “O Escaravello Verde” en internet:

O' COUREL, A XOIA DA BIODERSIDAD GALLEGA

Ollo !!! Despois de premer en “ Vídeo”, busca debaixo da pantalla do visor : “parte 1 - parte 2”, e preme en calquera delas

preme>>Vídeo

Aclaracións ao Sr Conselleiro de Medio Ambiente:
  • No Courel hai varias canteiras activas na Rede Natura.
  • No Courel hai varias canteiras abandonadas, sen restaurar na Rede Natura.
  • Non sabemos de ningunha concesión anulada por a Xunta, dígannos cales.
  • Non teñen vostedes ningunha intención de parar a desfeita nin en dez anos, acaban de “regalarlle” unha superestrada ás canteiras de 15 millóns de euros e de 22 quilómetros, coa que están desfacendo metade da Serra.
  • Mentres, a estrada dos veciños cara a Autovía, leva 5 anos en obras e só hai un quilómetro asfaltado, de un total de 14, e case sempre está cortada.
  • Están vostedes cometendo un erro histórico gravísimo, fíxense que falamos só de salvar un tercio do Courel.

Se queres gravar ou ver o vídeo con máis definición, emítese os próximos días na en televisión:
  • Canal 24 Horas. VENRNES 11 de abril, ás 15h00 Internet
  • Canal 24 Horas. SÁBADO 12 de abril, ás 12h30 Internet
  • Canal 24 Horas. SÁBADO 12 de abril, ás 18h30 Internet
  • TVE Internacional (Europa/Asia). SÁBADO 12 de abril, ás 17h30 Satélite HorarioUTC + 1
  • TVE Internacional (America). LUNES 14 de abril, ás 00h30 Satélite. HorarioUTC + 1
  • TVE Internacional (América II). LUNES 14 abril, ás 02h30 Satélite. HorarioUTC + 1

Campaña de recadación de fondos para facer fronte a defensa legal do Courel:
  • Agradecemos o esforzo económico e a molestia da xente que xa ingresou a súa apartación na conta de SOS Courel en “La Caixa” . Para ver o nº de conta en >>> Entrar
  • Gracias a estas apartacións xa podemos facer fronte ao primeiro dos recursos en contra da Licencia Municipal de Actividade da canteira “ La Campa”.
  • Os fondos recadados serán empregados unicamente na defensa legal do Courel.
  • Tamén podes colaborar economicamente mercando o documental “Unha lousa sobre o Courel”, producido por Mabel Rivera e dirixido por Enrique Banet, informarte en >>> http://www.namchefilms.es

Vídeo de mostra de “Unha lousa sobre o Courel” :



Difunde e visita o vídeo de música e imaxes do Courel en Youtube, Luar Na Lubre - Terra - AXUDA URXENTE PARA O C@UREL ! , o vídeo galego máis visto, con máis de 700.000 visitas



Saúdos

SOS Courel, 4 de abril de 2008

soscourel@mundo-r.com

Teléfono 607 22 58 87
______________________

xoves, xullo 12, 2007

Video da concentraçom do 11 de Julho em Ferrol, ante a visita do Ministro de Industria Joan Clos.


Por Damch