xoves, febreiro 02, 2017

Nos últimos días a depauperada situación socioeconómica de Ferrolterra, acelera o afloramento de inxustizas extremas en referencia ao dereito á vivenda e ao aumento do empobrecemento da Clase Traballadora - Desafiuzamentos- Concentración


Nos últimos días a depauperada situación socioeconómica de Ferrolterra, acelerou o afloramento de inxustizas extremas en referencia ao dereito á vivenda, e ao aumento do empobrecemento da Clase Traballadora. A falta de emprego, mesmo a falta de perspectivas de consigue-lo a curto prazo, deprimen socialmente a unha poboación castigada duramente pola crise e a mala xestión dos recursos nas comarcas do noroeste galego, e principalmente nos concellos da contorna da Ría de Ferrol. As persoas que non teñen apoio familiar, son as principais vítimas da situación. En Ferrolterra, miles de persoas viven dos salarios e pensións de familiares directos en primeiro grado, mesmo até conviven nos mesmos fogares. Mais hai un grupo máis vulnerábel, trata-se de persoas sen familiares directos, ou vítimas noutrora da violencia machista ou da escravitude do Capital. Casos de familias numerosas e outros en perigo de exclusión social. Nomes como Emilia, Cristian, Angel, Mariola, Estevan, Verónica, Blanca, Rocio, Cristina, Merche, Jeide, Dulce, Aurelia, José, Isabel, Manuel, Iván... E tantos outros e outras, forman parte dunha relación de persoas con necesidades que non son máis que dereitos fundamentais vulnerados, ao traballo, á vivenda á alimentación,... a unha vida digna. Non podemos quedar calados, temos que romper o silencio e reclamar unha solución,... vivir con dignidade, parque público de vivendas, renda básica universal europea, subministros básicos garantidos (luz, gas, auga,...) ... emprego,... Solidariedade e Xustiza.

Nos próximos días

Os dous últimos casos que se achegaron a Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, son familias numerosas con ganas de vivir, con esperanzas, con ganas de futuro. As crianzas ignoran a fráxil situación que lles ameaza, como se se trata-se dunha fera con ganas de matar sen piedade. De matar a esperanza; de matar unha puberdade alegre e ilusionada, con sonos e liberdade; de matar o futuro. Por que nun mundo rico, hai xente que non sabe se vai poder dar-lle un teito as súas pequenas crianzas mañá?

Hai vidas en xogo. Non está permitido xogar á rendibilidade partidaria cos recursos de todas e todos, cos recursos públicos que non son do partido de quenda que se apoltrona no poder, son do pobo e teñen que xestiona-los con xustiza e responsabilidade.

O desafiuzamento de mañá venres, 3 de febreiro que estaba previsto para as 10:30hs queda adiado até que se resolva o asunto dunha alternativa residencial. Hoxe mesmo estivemos no Servizo Común de Actos de Comunicación e Execución, para saber da situación e nos comunicaron que se ía adiar á espera de recibir comunicación do Concello ou da Xunta.  De todos os xeitos o que está previsto no Convenio, son só 10 días, polo que como no sexan máis celosos, o tempo non vai chegar, para solucionar o asunto. Polo que mañá non imos convocar concentración. Aínda que imos estar presentes na comunicación.

Por outra banda, temos outro xuízo previsto para este luns 6 de febreiro, ás 13:30, no xulgado de instancia n°5. Un desafiuzamento por falta de pagamento do alugueiro, por mor de falta de recursos económicos, familia de sete membros, cinco menores, de 10, 8, 7, 6 e 2 anos de idade. Trata-se dunha parella nova de 29 e 30 anos, con circunstancias familiares e de vida e infancia, moi difíciles. Son traballadores en desemprego, totalmente integrados e arraigados no barrio, mais empobrecidos.  Hoxe mesmo presentamos-lle o caso á Concelleira de Benestar, Saínza Ruíz, que se comprometeu a xestionar unha solución.

Concentración

Luns 6 de febreiro, ás 13:00hs (unha da tarde), diante dos Xulgados de Ferrol, concentración de denuncia e solidariedade, por unha vivenda digna. Convocada pola PAH de Ferrol e Comarca e Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.


Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||

domingo, xaneiro 29, 2017

Reclaman diálogo construtivo sobre o proxecto da Praza de Xuvia entre a veciñanza e o Concello e aclaran que non existe ningún tipo de "alianza" có resto da oposición sobre o proxecto da Praza de Xuvia, din desde Esquerda Unida Narón,


Dende EU Narón queremos clarexar que non existe ningún tipo de "alianza" por parte de EU có resto da oposición sobre o proxecto da Praza de Xuvia.

O que fixo André Abeledo foi apoiar con a súa sinatura unha solicitude por parte dun grupo de veciñas e veciños de Xuvia a solicitude dunha serie de informes xurídicos sobre o proxecto ao Concello. Dende EU Narón seguimos mantendo a necesidade de diálogo sobre o proxecto da Praza de Xuvia entre a veciñanza e o Concello, en EU Narón estamos sempre dispostos a apoiar todo tipo de solicitude veciñal que pretenda clarexar calquera tipo dúbida sobe calquera proxecto.

Pero tamén entendemos que é un erro politizar, tentando sacar calquera tipo de rédito político deste tipo de situacións, facémoslle un fraco favor as veciñas e veciños, ademais de ser ó noso entender unha falta de lealdade para coa veciñanza.

EU Narón seguirá chamando ao dialogo construtivo entre o Concello e a veciñanza. Seguimos entendendo a remodelación da praza como unha necesidade, e sabemos que a humanización da cidade non pode facerse dándolle as costas a opinión das veciñas e veciños do barrio ou parroquia.

Dende EU Narón queremos deixar claro que non existiu ningún tipo de alianza, xuntanza, ou negociación có PP ou ENE, tan só atendemos a petición dunhas veciñas e veciños de Xuvia que solicitaban unha determinada documentación sobre o proxecto e necesitaban as sinaturas de sete concelleiros para realizar dita solicitude.

Tamén queremos clarexar que en ningún momento a EU Narón negóuselle esa documentación dende o Concello, pois non a tiñamos solicitado.

Esta documentación  foi solicitada por parte da veciñanza e non por ningún partido político. A sinatura de André Abeledo serviu como aval para realizar dita solicitude veciñal.

Dende EU Narón seguiremos ao servizo da veciñanza, da AAVV de Xuvia e do ANPA, para xunto có Equipo de Goberno buscar unha solución consensuada que tome en conta a opinión das veciñas e veciños na remodelación da Praza de Xuvia.

GRUPO MUNICIPAL

ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.


Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
29 de janeiro de 2017 20:22

_________

Actos en Memoria das Vítimas do Holocausto en Narón e Ferrol - Galerías Fotográficas


A Asociación Memoria Histórica Democrática, o pasado 27 de xaneiro, participou e colaborou na celebración dos Actos Institucionais, nos Concellos de Narón e Ferrol, en conmemoración do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto.

Os actos consistían no aceso de seis veas, cada unha delas representativa dun determinado colectivo dos que sufriron aquela barbarie. Cada vela foi acendida por un alumno ou alumna do Instituto participante, así como a explicación do siginificado deste evento, por parte dos historiadores: Esperanza Piñeiro, en Ferrol e Enrique Barrera, en Narón.

En Ferrol participaron, coa súa achega musical, membros da Banda de Música Municipal, e, en ambos Concellos, pecháronse os actos coa intervención institucional.

ÁLBUMS FOTOGRÁFICOS

CONCELLO DE NARÓN

CONCELLO DE FERROL

--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
29 de janeiro de 2017 19:00
________

sábado, xaneiro 28, 2017

Apoiando o proxecto #Sondobar... - Unha singradura ten comezado, nun barco que se nun tempo foi peixeiro agora vai ser recreativo, cultural e participativo. Capitanea un vello mariñeiro coñecido polos mares mais tamén nos currunchos portuarios, nas movidas reivindicativas e nas noites de taberna compartida e cantos corais


#Sondobar...


Que sería de nós se non puidésemos cantar, se as nosas voces estivesen limitadas apenas ás mainas melodías dos sentimentos agochados na calma chicha da gorxa...

Cantamos no colo, cando nacemos, cantamos de crianzas na rúa cando brincamos e cando nos agrupamos nas voltas xiroscópicas dunha roda infantil e melódica; cantamos adolescentes cando amigamos e namoramos, cantamos adultos nos xantares familiares, nos patróns, nas festas, nas viaxes colectivas, cantamos cando facemos parroquia nas xuntanzas de bar e taberna.

E mais si, hai lugares e lugares para cantar, mais falando nun presente que por veces é pasado, se cadra podemos ter a sensación de que cantar en grupo, de forma improvisada mais premeditada, vén resultar unha práctica que se está a perder.

Cantamos para non perder o don de sermos quen somos, coas melodías propias que forman parte da ecoloxía cultural da beirarrúa atlántica que habitamos. Cantamos desde Ferrol coas letras anónimas que xentes anónimas cantaron de forma anónima para darlle nome á nosa música.

Cantamos dende o sur do Miño, coas melodías e a fala dos que falan o que nós mesmos imaxinamos no pentagrama da lingua.

Cantamos porque cantar é sermos humanos. Cantamos porque cantar supón respirar melodías e lanzar as voces ao ar para bicármonos co alento das corcheas, para amolecer as limaduras da pel coas sinfonías do corazón.

Destes e doutros compases nace Sondobar..., dun costume familiar, da necesidade da beleza sonora, da busca da harmonía social. E Manolo Bacallau decídese a cantar na roda dun disco para dar ás ao discorrer da vida. E canta na lingua de noso, na que está no groto da gorxa, na que está no manancial dos beizos, que se estende máis aló do monograma fronteirizo da nosa xeografía, creando a aperta dos acentos e deixándonos no ámago o laimo da harmonía.
Cando sintas dor, canta;
cando sintas luz, canta;
cando sintas sede, canta;
cando sintas soños, canta...
Porque cantar é ser río
e ser río é amar o mar.
Cara a fóra, son de dentro,
cara a dentro, sondobar.
Antón Cortizas

Ferrol, Xaneiro de 2017

Web do proxecto:
http://www.verkami.com/locale/gl/projects/16786-sondobar


____________

mércores, xaneiro 25, 2017

Presentación do libro 'Bestiario do vestiario' de Martiño Suárez e mini concerto de Grampoder. Venres 27 de xaneiro ás 20 h. no Ateneo Ferrolán


O venres día 27 de xaneiro ás 20 h. no Ateneo Ferrolán presentarase o libro Bestiario do vestiario, de Martiño Suárez, editado por Carlos Meixide. Asi mesmo, o grupo Grampoder interpretará un miniconcerto con cancións dedicadas ao deporte.

Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos, espías da RDA, Elvis e Bob Marley...

Bestiario do vestiario xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.

Estes textos do Bestiario do Vestiario (fóra tres escritos para a ocasión) foron publicados orixinalmente en DIOIVO na sección do mesmo nome e tiveron unha excelente acollida por parte dos lectores.

Podes seguir este evento no facebook: https://www.facebook.com/events/207466569715982/

Presentación do libro 'Amada García e os seus arredores' de Bernardo Máiz Vázquez. Xoves 26 de xaneiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán


Xoves día 26 de xaneiro ás 19,30 h. no AteneoFerrolán

Presentación do libro 
"Amada García e os seus arredores" de Bernardo Maiz Vázquez. 

Edicións Embora

Intervirán: Miguel Toval, Xoán Rubia, Amada Toimil e o autor Bernardo Maiz.


"Amada García e os seus arredores" é o último libro do historiador Bernardo Maiz. Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico. 

Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, “do rastro que deixou”, só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción. 

Bernardo Maiz Vázquez (1950), catedrático xubilado, doutor en historia, é recoñecido como pioneiro e como traballador infatigable na investigación do tempo histórico contemporáne da Galiza e no estudo do patrimonio marítimo. Por tal condición no ano 2010 recibiu o Premio Manuel Murguía ao labor e Mérito Historiográfico da Asociación Galega de Historiadores.



martes, xaneiro 24, 2017

Entre hoxe e mañá, 24 e 25 de xaneiro de 2017, a actividade na defensa dos servizos públicos e pola remunicipalización, fai-se intensa - Acto do BNG sobre Saneamento este martes 24 de xaneiro, e o mércores 25 pola mañá, temos xuntanza co Alcalde, Jorge Suárez e Asemblea da Plataforma, pola tarde


Entre hoxe e mañá, 24 e 25 de xaneiro de 2017, a actividade na defensa dos servizos públicos e pola remunicipalización, fai-se intensa.

Despois dos acordos previos sobre o saneamento da marxe norte da Ría de Ferrol, pactados na xuntanza celebrada en Santiago, este pasado venres 13 de xaneiro e na que participaron Roberto Rodríguez Martínez, director de Augas de Galicia e os alcaldes de Ferrol e Narón, Jorge Suárez e José Manuel Blanco; tivo lugar, o pasado mércores 18, unha Rolda de Prensa, na Casa do Concello de Ferrol, organizada por esta Plataforma, da que dimos conta no seu momento, sobre o Sistema de Saneamento e Depuración, coas nosas análises, denuncias, preguntas, propostas... Mesmo o BNG, despois de analizados os acordos previos da citada reunión de Compostela, fai hoxe martes 24, ás 8 da tarde, un acto público na Casa do Antigo Hospicio de Ferrol, nas inmediacións da Praza de Amboaxe. Acto onde pretenden respostar ás seguintes preguntas Quen vai pagar as obras? Quen vai xestionar a rede? É un modelo sustentábel? Que vai pasar coa Taxa? E ao día seguinte, mércores 25, ás 10 da mañá, o Alcade de Ferrol, convoca-nos a unha xuntanza que tiñamos solicitado desde o pasado 1 de decembro, día no que se aprobou en Pleno a Renuncia ao Contrato Eléctrico, petición que reiteraramos o pasado 16 de xaneiro. Pola tarde, do mesmo mércores, a Plataforma, ten convocado a súa Asemblea, ás 19:30hs, en Caranza, no local social de Fuco Buxán, onde está previsto abordar todos estes asuntos de interese.

Foto de Daniel Alexandre: A primeira reunión da plataforma tivo lugar no local da entidade vecinal de Recimil, o 24 de maio de 2016.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
  • Alexandre Carrodeguas.
  • Fernando Ramos Armesto.
  • Pablo Portero.
  • Bernardo Rego Gárate.
  • Lupe Ces.
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/


---

domingo, xaneiro 22, 2017

O BNG organiza un Acto público Informativo sobre o saneamento en Ferrol - Martes 24 de xaneiro às 8 da tarde, no Salón de actos do antigo Hospicio


O vindeiro martes 24 de xaneiro às 20 horas no Salón de actos do antigo Hospicio (r/ Méndez Núñez) o Bloque Nacionalista Galego vai desenvolver un acto público informativo para explicar cal é o estado actual na que se atopa a situación da rede de Saneamento na cidade e cales son as repercusións que vai ter nos veciños e veciñas.

Quen vai pagar as obras?
Quen vai xestionar a rede?
É un modelo sustentábel?
Que vai pasar coa Taxa?

Neste acto público repasaran o que se ten feito desde o Concello sobre este tema lembrando entre outras cuestións:
Que o o saneamento da ría de Ferrol foi declarado de interese xeral polo Estado en 1997, debendo ser obriga deste a súa execución e financiamento.

O Modelo eleito de rede de saneamento é obsoleto por tratarse dunha rede unitaria, contraria a todos os criterios actuais de xestión de augas residuais e contrario as propias determinacións da Lei de Augas de Galiza e das directrices do propio PXOM.

O PP impuxo unha taxa para pagar as obras e a posta en funcionamento do saneamento asumindo o modelo de rede unitaria imposto polo Estado e o custe das obras.

En agosto de 2015 o Goberno da cidade confirmou que a depuradora da cidade, despois de décadas de abandono, non depuraba. Esto non impediu que se nos cobrase por este servizo máis de 800.000 euros no remate do ano 2014.
Manifesta que "na actualidade o goberno FeC pretende dar continuidade ao modelo unitario imposto polo PP, asume os custes de reparación da EDAR, os da construción da obra e a posta en funcionamento da infraestrura e entrega a xestión do sistema á empresa ACUAES, responsable da execución dunhas obras que acumulan máis dun ano de retraso que suporán maiores custes para a Cidade".

Desde o BNG proponen
:
A transformación do sistema de depuración.

Modificando e complementando a infraestrutura para que as augas fecais non sexan tartadas conxuntamente coas augas pluviais reducindo os custes medioambientais e económicos.

A xestión directa dos servizos básicos para a cidade.

Recuperando a xestión pública da auga, tanto no servizo de abastecemento como no de saneamento e depuración. A primeira compensación sería inmediata ao eliminar o beneficio económico da empresa concesionaria.

Que o Estado asuma a súa responsabilidade e pague as obras.
E seguen dicindo que "a pesar de non poder decidir a ubicación da EDAR e ter que bombear máis de 40 m. os volumes a tratar, de impoñernos un modelo de rede unitaria con excesivos tanques de tormentas insostible económica e medioambientalmente e de non poder decidir sobre o trazado dos colectores o Estado e o actual goberno pretenden que asumamos nós o custe da obra".

Rematan a convocatoria , facendo un chamamento a participar no acto se se quere  afondar nos coñecimentos sobre a situación respecto da rede de saneamento na cidade, a taxa vinculada a esta rede e cal é a súaa proposta respecto destas cuestións.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com | bng@ferrol.es (Grupo Municipal)
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/ | http://adiante.gal/ | #Adiante.

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
20 de janeiro de 2017 14:33


Foto: O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, co seu antecesor no cargo, José Manuel Rei Varela. De Miguel Muñiz. | 2017.08.28
________

A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza, Adega, acordou outorgar o Premio Oxixeno 2016, categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez, avogada e asesora xurídica do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza, Adega, acordou outorgar o Premio Oxixeno 2016, categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez, avogada e asesora xurídica do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, “polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de REGANOSA. Como resultado, conseguiuse a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción”.

O CCE acolle esta nova con enorme satisfacción, agradece a ADEGA esta distinción e felicita efusivamente a Patricia Gabeiras por tan merecido premio ao seu acertado, desinteresado e comprometido traballo en defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes, desde fai máis de quince anos.

Nesta 16ª edición dos Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016, ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, estiveron moi presentes no fallo deste ano.

Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 28 de xaneiro a partires das 14:30h no restaurante A Marola (Hotel Zenit Coruña, r/ Comandante Fontanes 19, A Coruña).

Máis información na Web de Adega.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de janeiro de 2017 23:37
____________________________

Catro Sentenzas firmes e un Auto do Tribunal Supremo contra Reganosa:

  • Sentenza 1966/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 26.07.2016 | Recurso de Casación Número: 2070/2014 | Anulando o Plan de Emerxencias Exterior de Reganosa e o Decreto 144/2007, do 9 de Xullo, da Xunta de Galicia | 16 páxinas en formato PDF. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Auto de Aclaración do Tribunal Supremo, con data de 25 de maio de 2016, onde desestimou "o incidente de nulidade de actuacións..." promovido pola representación da empresa Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA), contra a Sentenza. Auto que denega o Recurso de REGANOSA á citada sentenza que declara a nulidade da Autorización Administrativa Previa - Recurso de Casación 599/2013. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Estima o recurso contra sentenza do TSJM e declara nula a resolución que aproba o proxecto de execución de instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Estimar recurso contra sentenza do TSJM, polo que debe ser anulada a Autorización Administrativa Previa para a instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Ratificando a sentenza do TSXG que anula aresolución do pleno do concello de Mugardos onde se modificaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos para facilitar a instalación de Reganosa, mais sen que esta modificación puntual fora sometida a avaliación de impacto ambiental. | Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos. | Acceder/Baixar.
_______________________________

Ocupación simbólica en Narón, dunha parcela do Polígono do Rio do Pozo, en demanda de emprego de economía social no rural


O sábado día 21 de Xaneiro un grupo de rapaces desempregados do rural e de campesiños de Narón acompañados polo Concelleiro de EU André Abeledo ocuparon simbolicamente unha das parcelas do "Polígono do Rio do Pozo".

A acción pretende chamar a atención sobre a necesidade de traballar en Narón sobre un proxecto para crear un "banco de terras", que xunto coa posta en marcha da Moción xa presentada en Pleno por André Abeledo, e aprobada por unanimidade para a creación dun "Viveiro de Cooperativas" poda servir como ferramenta para crear emprego no noso municipio.

A ocupación simbólica fíxose nunha das parcelas mais afectadas pola invasión da "Herba da Pampa" ou "Plumacho", unha especie invasora moi perigosa para a biodiversidade galega e que debe ser combatida, algo xa denunciado por EU Narón, ademais de que tamén defendemos que a formación de rapaces actualmente no paro a loita contra a "Herba da Pampa", isto vai reverter positivamente no sentido de crear emprego e traballar para erradicar esta praga.

Dende EU Narón entendemos que o cooperativismo debe ser fomentado dende as distintas administracións, e no caso do rural estes rapaces precisan de terra, medios técnicos e asesoramento para poder crear emprego e riqueza no noso concello, así como para evitar o despoboamento do rural galego.

Abeledo indicou que aquelas comunidades que apostan polo cooperativismo e o fomento do autoemprego resisten mellor a crise, e tamén  conseguen unha menor degradación das condicións de traballo e do mantemento do nivel salarial, que polo tanto tamén permiten que as traballadoras e traballadores poidan consumir, cousa que repercute positivamente no comercio local.


GRUPO MUNICIPAL


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de janeiro de 2017 19:50

____________

Ferrolterra estivo presente na Acción Internacional contra o CETA, o tratado -neoliberal- económico e comercial entre Canada e a Unión Europea que se pretende que aprobe o Parlamento Europeo a principios de febreiro


Ferrolterra, a través de 17 colectivos e organizacións [*], uneu-se aos movimentos populares de resistencia, estando presente na Acción Internacional, "Día Europeo de Accións contra o CETA", o tratado -neoliberal- económico e comercial, entre Canadá e a Unión Europea que pretenden que se aprobe no Parlamento Europeo, a principios de febreiro. Un tratado que empobrece aos pobos e ao medio ambiente, e que fundamentalmente beneficia aos intereses das grandes corporacións multinacionais industriais e financeiras. Na Galiza tamén participarón na Acción: en Vigo e Ourense. A mobilización tivo lugar en centos cidades de toda Europa, o sábdo 21 de xaneiro, para incidir sobre a votación do Tratado, e conseguir que non se aprobe.

A Acción Internacional, silenciada a mantenta polos mass-media, tiña como obxectivo amosar a indignación e oposición ao Tratado que está previsto que o próximo martes 24 de xaneiro, sexa votado na Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo

O Tratado foi cuestionado por amplos sectores da sociedade civil, tanto na Unión Europea como en Canadá por non ofrecer garantías respecto da protección do medio ambiente e os dereitos fundamentais das persoas.

O CETA, como o TTIP e o TISA, non son tratados beneficiosos para as clase traballadora e o resto das clases populares, tanto de Europa, como de USAmérica ou Canada, só benefician a grandes corporacións transnacionais que impoñen os seus criterios para que os estados lexislen no seu beneficio, a cambio de transaccións comerciais ou investimentos que na maioría dos casos son moi prexudiciais para os pobos e o medio ambiente.

Manifesto Unitario leido na concentración, en formato pdf: Acceder/Baixar.

A Campaña Europea NONaoTTIP, CETA, TiSA, pode-la seguir na web e nas redes sociais: En facebook e twitter.

Web da Campaña Europea:
http://www.noalttip.org/

Collage da Acción en Ferrol

[*] 17 Colectivos e organizacións convocaron a Acción Internacional en Ferrolterra:
- A Revolta de Trasancos Colectivo Sociocultural.
- Asociación Galega Contra o Maltrato a Menores - Agamme.
- Ateneo Ferrolán.
- Bloque Nacionalista Galego -BNG.
- Colectivo Ártabra 21.
- Decide en Común.
- Espazo Ecosocialista.
- Esquerda Unida -EU.
- Foro Galego de Inmigración.
- Fuco Buxán A.C.
- Fundaçom Artábria.
- Grupo de Consumo Fonte da Uz.
- Ligando.
- Marcha Mundial das Mulleres.
- Marchas da Dignidade Ferrolterra.
- Muiño do Vento Asociación Sociocultural.
- Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
________________

venres, xaneiro 20, 2017

Ante a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este venres 20 de xaneiro, ás 7 da tarde na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta - Enlaces ás catro Sentenzas e ao Auto a favor do Comité


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 VENRES 20 DE XANEIRO, ÁS 7 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Un novo buque GASEIRO cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, ten previsto a súa entrada na Ría de Ferrol para descargar na ilegal e perigosa Reganosa. Un buque de grande porte que entrará pola bocana da Ría e cruzará o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque destas características cargado, para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 2220 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Sentenzas

Este é o onceavo buque que entra na Ría, despois de que o Tribunal Supremo ditara a súa Terceira Sentenza firme contra Reganosa que anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegalsa). E o séptimo, despois de que unha cuarta sentenza a favor do Comité Cidadán, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo enton goberno en funcións do estado, resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

Concentración sonora

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este venres ás 7 da tarde en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Sopa química clorada e arrefriada saíndo do colector de Reganosa
Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!>
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !
  • PECHE XA !
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Catro Sentenzas firmes e un Auto do Tribunal Supremo contra Reganosa:
  • Sentenza 1966/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 26.07.2016 | Recurso de Casación Número: 2070/2014 | Anulando o Plan de Emerxencias Exterior de Reganosa e o Decreto 144/2007, do 9 de Xullo, da Xunta de Galicia | 16 páxinas en formato PDF. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Auto de Aclaración do Tribunal Supremo, con data de 25 de maio de 2016, onde desestimou "o incidente de nulidade de actuacións..." promovido pola representación da empresa Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA), contra a Sentenza. Auto que denega o Recurso de REGANOSA á citada sentenza que declara a nulidade da Autorización Administrativa Previa - Recurso de Casación 599/2013. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Estima o recurso contra sentenza do TSJM e declara nula a resolución que aproba o proxecto de execución de instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Estimar recurso contra sentenza do TSJM, polo que debe ser anulada a Autorización Administrativa Previa para a instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Ratificando a sentenza do TSXG que anula aresolución do pleno do concello de Mugardos onde se modificaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos para facilitar a instalación de Reganosa, mais sen que esta modificación puntual fora sometida a avaliación de impacto ambiental. | Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos. | Acceder/Baixar.
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de janeiro de 2017 20:54
_______________

xoves, xaneiro 19, 2017

A Plataforma presentou, na Casa do Concello de Ferrol, as súas análises, denuncias, preguntas, e propostas, en Rolda de Prensa sobre o Sistema de Saneamento e Depuración da Zona Norte da ría de Ferrol - Audio


A Plataforma presentou, na Casa do Concello de Ferrol, as súas análises, denuncias, preguntas, e propostas, en Rolda de Prensa sobre o Sistema de Saneamento e Depuración da Zona Norte da ría de Ferrol, despois dos últimos acontecimentos que remataron cunha reunión e preacordo co Presidente de Augas de Galicia, e os alcaldes de Ferrol e Narón (38 minutos e duración).



Esta Plataforma, como herdeira das loitas contra o cobro da taxa ilegal imposta polo goberno de Rey Varela, e herdeira da Comisión Social de Seguimento  e Control Popular da implantación do sistema de saneamento, segue con preocupación os últimos movementos de Augas de Galicia e os acordos aos que ten chegado cos alcaldes de Narón e Ferrol.

As obras levadas a cabo polas empresas Acciona e FCC, cun custe de 37.610.169,49 millóns de €, e que eran responsabilidade nun 80% de AcuaEs, ente estatal Aguas de las Cuencas de España (a obra pagábase con fondos europeos nun 80% inicialmente, despois coa addenda ao convenio nun 77% e actualmente non sabemos a cantidade exacta), aínda non foron recepcionadas, só en 2014, as estacións de bombeo e depuración por Augas de Galicia sen que o sistema estivera en condicións de funcionar. A axudicación da posta a punto en  primavera de 2014 foi asignada a Espina&Defin, S.L. O atraso na realización das obras, mesmo o tramo da Malata está sen rematar, fixo que se perderan unha parte importante dos Fondos Europeos que se agardaban para o financiamento da mesma. O anterior alcalde Rey Varela, nunha visita ás instalacións en xuño de 2014, aseguraba que ese mesmo verán, estaría funcionando a pleno rendemento.

* https://www.youtube.com/watch?v=d7DaXNrYrps
Como se demostrou na visita que realizou en setembro de 2015 o actual alcalde Jorge Suárez, e o concelleiro de Servizos nese momento, Bruno Díaz,  as instalacións de Cabo Prioriño estaban nunha situación lamentable e nunca chegaran a funcionar. Eran tempos nos que o director de Aguas de Galicia, Gonzalo Mosquera, insistía en que se depuraba unha “parte importante das augas fecais de Ferrol”; eran tempos nos que o alcalde de Ferrol aseguraba que ía impugnar o convenio con Aguas de Galicia e que ía devolver a taxa ilegal cobrada por un saneamento inexistente.
* https://www.youtube.com/watch?v=d7DaXNrYrps

* http://www.abc.es/local-galicia/20150903/abci-ferrol-agua-emafesa-201509022045.html
Agora, desde a Plataforma vemos con preocupación como despois dunha campaña de presión mediática por parte de Aguas de Galicia e o Partido Popular, denunciando a parálise do goberno municipal neste tema, o novo director, desde outubro de 2015, de Aguas de Galicia, Roberto Rodríguez, e antigo xerente do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar, chega a un acordo cos dous alcaldes, o de Ferrol e Narón, para que o sistema entre en funcionamento o 1 de abril deste ano, e será EMAFESA, e non Aguas de Galicia, quen xestione provisionalmente a depuradora de Prioriño, que pasará posteriormente a mans da mancomunidade de municipios da Ría.

Desde a Plataforma esiximos:
1º Responsabilidades aos xestores de Aguas de Galicia, ente pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que preside Beatriz Mato, polo engano reiterado á cidadanía desta comarca en relación á situación da EDAR e o conxunto do sistema de saneamento, con defectos construtivos que fixeron imposible ate agora a súa posta en funcionamento.

2º Responsabilidades ao anterior alcalde de Ferrol, agora actual Conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela, xunto ao seu equipo de goberno municipal no período 2011-2015, por utilizar a mentira e o engano, cobrando unha taxa ilegal por un saneamento inexistente, co fin recaudatorio de facer frente aos gastos de arranxo dunha infraesrutura recepcionada por Augas de Galicia en estado deficiente. (Augas de Galicia non recepcionou as obras dos interceptores, recepcionou a EDAR que despois se asegurou que non podía entrar en funcionamento. As obras de reparación da EDAR está a pagalas EMAFESA).

3º  Solicitamos que o alcalde de Ferrol informe da situación das xestións levadas a cabo diante da Fiscalía; dos termos do novo convenio con Aguas de Galicia e que pensa facer coa taxa que se cobrou de xeito irregular por parte de EMAFESA durante o goberno de Rey Varela.

4º Solicitamos que o alcalde de Ferrol aclare en que consiste o compromiso económico requerido por Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación y Medioambiente, para comezar co funcionamento do sistema de saneamento. Este concello perde poboación, xa baixamos dos 69 mil habitantes, e cada vez somos mais pobres, polo que sería insoportable, que se nos fixera pagar, vía modificación de crédito, ou vía imposto municipal, unhas obras que en todo caso son de interese xeral, e que pola mala xestión dos responsables políticos do PP, perdeu parte dos Fondos Europeos para financiarse.

4º Solicitamos urxentemente á cidadanía de Ferrol que tome consciencia da situación á que nos enfrontamos:
  • Un sistema de saneamento que sigue en cuestión en canto á súa efectividade e un sistema declarado obsoleto pola Unión Europea, que mezcla augas pluviais e fecais.
  • Un sistema que non cumpre con PXOM actual de Ferrol-Naron.
  • Un sistema que presenta opacidade no proxecto e inconsistencia do mesmo na sua implementación.
  • Un sistema de saneamento cun elevado custe enerxético (perto do 40% dos custos do sistema son gastos de enerxía eléctrica), e de mantemento (12 tanques de tormenta e a estación de bombeo que ten que elevar a auga a máis de 50 metros de altura na Malata), que imos ter que custear entre todas e todos.
Polo tanto un sistema que temos que comezar a transformar xa en moitos aspectos (eficiencia, medioambiental, económicos...). Desde esta Plataforma propoñemos como medidas inmediatas a tomar as seguintes:
  • Unha mellora substancial desde o punto de vista de control de   verquidos. Pode darse a situación que se realicen vertidos á Ria para rebaixar o custe enerxético como denunciaron os mariscadores da zona de Perillo na Coruña. Cumpriría pois instaurar un protocolo de control auditable de vertidos para evitar os intencionados ou accidentais.
  • Control auditable de operacións de limpeza dos tanques e do equipamento que o precise, para evitar paradas de bombeo por dificultades nas aspiracións das bombas.
  • Adaptación do saneamento ao PXOM actual que obriga a separar as augas residuais (pluviais e fecais), coas conseguintes reformas técnicas no sistema, comezando polos tanques de tormenta que aínda están por construír.
  • Información veraz sobre os custos de depuración baseados en parámetros irrefutables como variación de caudais inverno/verán, custos eléctricos.
O pasado luns, o Alcal de Ferrol, en comparecencia ante os medios, anunciou unha nova taxa de depuración da que exclúe o custe da infraestrutura e que a xestión dos interceptores vaise facer a través de ACUAES que ten un proceso de contratación aberto. Asegurou tamén que ía devolver a taxa cobrada.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

    Alexandre Carrodeguas.
    Fernando Ramos Armesto.
    Pablo Portero.
    Bernardo Rego Gárate.
    Lupe Ces..

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
____

martes, xaneiro 17, 2017

A mobilización popular consigue a renuncia da acusación contra o activista Diego Lores - Onte chegaba a comunicación ao peche que viña mantedo a veciñanza de Coia na igrexa do significativo barrio vigues - "Quéren-nos en soidade, teran-nos en común",


O pasado xoves 12 de xaneiro, tiña lugar un acto en Ferrol, en solidariedade coa loita veciñal contra o malgasto no barrio vigués de Coia, concretado na loita da Rotonda, onde o alcalde  vigués, o socioliberal Abel Caballero, empeñou-se na colocación dun barco pesqueiro -o Bernardo Alfageme- na rotonda do barrio, gastando centos de miles de euros, mentres moita xente do barrio estaba pasando moitas necesidades e nos servizos sociais municipais escaseaban os recursos. Foi unha loita veciñal exemplar, mais onde desde a Alcaldía ordenou-se utilizar a violencia contra a veciñanza e así foi imposto o malgasto coa colocación do barco pesqueiro na rotonda pola forza. Un axente rompeu un dedo no forcexeo e aproveitaron para acusar ao activista Diego Lores de atentado, a pesar de que o Fiscal non veu indicios de delito algún, a acusación particular solicitaba tres anos e medio de prisión e mais de 30.000 euros de responsabilidade civil. Todo un despropósito auspiciado pola alcaldía. A mobilización popular non se fixo agardar, desde a propia veciñanza, até organizacións sociais, sindicais e políticas. A relación de persoas do mundo da cultura, das artes, dos movementos sociais, ... que asinaron o manifesto, é unha mostra do significado popular da loita veciñal e da calidade humana de Diego Lores e d@s activistas do barrio vigués. En Ferrol proxectou-se un pequeno corto que convidamos a ver: #MoitoPeixeRompeARede que resume a loita popular contra o malgasto na rotonda. Baixo o lema "Quéren-nos en soidade, terán-nos en común", tivo lugar unha Palestra-Coloquio á que se achegarón activistas da Asembleia Aberta de Coia. Desde as Marchas da Dignidade Ferrolterra, colleu-se a testemuña da solidariedade, repartindo-se follas informativas na Feira de Ferrol deste pasado Domingo e convocou-se unha concentración onte no Palco da Música do Cantón. Onte mesmo chegaba a nova de que retiraban a acusación e o proceso quedaba sobreseido e arquivado, Diego Lores, non ía ser xulgado e a mobilización popular conseguiu gañar a loita. Hoxe tiña lugar unha Rolda de Prensa pola mañá, para posteriormente dirixir-se até a Rotonda de Coia, para seguir denunciando o malgasto e a represión, pois hai que lembrar que desde que comezaron as protestas pacíficas en 2014, sufriron xa numerosas multas, detencións e a condena do activista Xurxo Romero.


Marchas da Dignidade Ferrolterra

#ColumnaFerrolterra

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com


Teléfono Ferrolterra
635 229 857

Páxina no Facebook da asemblea Aberta de Coia:
https://www.facebook.com/asembleaabertacoia/

Web de ODS:
http://odscoia.arkipelagos.net/

__________

Esquerda Unida de Narón denuncia a contratación da xestión do lixo en Navantia Ría de Ferrol


O cártel do lixo en Navantia Ría de Ferrol


Dende EU Narón queremos denunciar certas prácticas na contratación de empresas externas en NAVANTIA:
Como a contratación en NAVANTIA Ría de Ferrol dunha das empresas do que poderiamos denominar como o “cártel do lixo” para a Xestión Integral de residuos industriais.

Unha contratación pública adxudicada á empresa SERTEGO, filial de URBASER que foi sancionada pola Comisión Nacional  de Mercados e Competencia cun expediente no que están tamén Urbaser (daquela pertencia a ACS, agora é de Firion Investments, controlada pola transnacional chinesa Ying Zhan Investment), FCC, Valoriza (Sacyr) y Cespa (Ferrovial), así como a outras 35 empresas e as asociacións Aselip, Aceser y Arema con un total de 98,2 millóns de euros por repartirse o mercado de xestión de residuos e saneamento urbano.

Unha sanción imposta polo CNMC que para SERTEGO foi de 23.289.036 euros que a día de hoxe seguen dilatando o pago recorrendo ao tribunais.

Estas prácticas non melloran as condicións laborais das traballadoras  e traballadores, senón que se basean en pactos entre grandes empresas para aumentar os beneficios, a costa do diñeiro público.

Por todo isto consideramos que se deben coñecer cales foron as outras empresas ofertantes e os criterios da elección, pois os concursos públicos polo xeral sinalan un importe límite da licitación e as ofertas son por debaixo, adxudicándose ao mellor postor como último criterio. Neste caso cun presuposto de licitación 771.270,94€ e finalmente adxudicouse por 936.785,49 euros.

Convidamos a que calquera poida comprobar esta información cos seus propios ollos na web da Plataforma de Contratación do Estado.

(Axuntamos Resolución de CNMC).

GRUPO MUNICIPAL


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
16 de janeiro de 2017 16:31

Relacionada:
A CNMC multa con 98,2 millóns de euros ás grandes empresas de servizos urbanos por competencia desleal. | Publicado o 28/01/2015 | A corrupción non só salpica aos políticos. As filiales das grandes construtoras como FCC, Ferrovial, ACS e Sacyr e así ata 39 en total foron sancionadas pola CNMC con multas que suman 98,2 millóns de euros tras probar que acordaran entre elas non facerse competencia nas licitaciones públicas de xestión de residuos e saneamiento urbano, entre outras. | Ir á Web.

Documentación:
A Sala de Competencia do Consello da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, ha dictado esta Resolución no expediente S/0429/12 Residuos, incoado de oficio pola Dirección de Investigación da extinta Comisión Nacional da Competencia con data 4 de xullo de 2013 contra 37 empresas e dúas asociacións, e ampliado o 13 de marzo de 2014 contra 17 empresas e unha asociación máis pola existencia de indicios racionais da comisión por parte das empresas incoadas dunha infracción do artigo 1 da Lei 15/2007 de 3 de xullo, de Defensa da Competencia (en diante LDC).| Baixar/Acceder.

_______________

luns, xaneiro 16, 2017

A Plataforma convoca Rolda de Prensa en Ferrol: AcuaEs, Augas de Galicia, Partido Popular, Emafesa, Concello de Ferrol, Concello de Narón, ... Depuradora (Edar Prioriño). - Mércores 18 de xaneiro


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Convocatoria Rolda de Prensa

Día: Mércores 18 de xaneiro.
Hora: 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: Casa do Concello de Ferrol (Praza de Armas,s/n.)
Asunto: AcuaEs, Augas de Galicia, Partido Popular, Emafesa, Concello de Ferrol, Concello de Narón, ... Depuradora (Edar Prioriño).

O próximo mércores 18 de xaneiro, ás 17 hs na sala de prensa do Concello de Ferrol, a  Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, celebrará unha roda de prensa para informar á cidadanía a respecto das últimas novas referidas ao saneamento da Ría de Ferrol.

Esta Plataforma, como herdeira das loitas contra o cobro da taxa ilegal imposta polo goberno de Rey Varela, e herdeira da Comisión Social de Seguimento  e Control Popular da implantación do sistema de saneamento, segue con preocupación os últimos movementos de Augas de Galicia e os acordos aos que ten chegado cos alcaldes de Narón e Ferrol.

As obras levadas a cabo polas empresas Acciona e FCC, cun custe de 37.610.169,49 millóns de €, e que eran responsabilidade nun 90% do ente estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), foron recepcionadas por Augas de Galicia sen que o sistema estivera en condicións de funcionar. O atraso na realización das obras, mesmo o tramo da Malata está sen rematar, fixo que se perderan unha parte importante dos Fondos Europeos que se agardaban para o financiamento da mesma. O anterior alcalde Rey Varela, nunha visita ás instalacións en xuño de 2014, aseguraba que ese mesmo verán, estaría funcionando a pleno rendemento.
* https://www.youtube.com/watch?v=d7DaXNrYrps
Como se demostrou na visita que realizou en setembro de 2015 o actual alcalde Jorge Suárez, e o concelleiro de Servizos nese momento, Bruno Díaz,  as instalacións de Cabo Prioriño estaban nunha situación lamentable e nunca chegaran a funcionar. Eran tempos nos que o director de Aguas de Galicia, Gonzalo Mosquera, insistía en que se depuraba unha “parte importante das augas fecais de Ferrol”; eran tempos nos que o alcalde de Ferrol aseguraba que ía impugnar o convenio con Aguas de Galicia e que ía devolver a taxa ilegal cobrada por un saneamento inexistente.
* https://www.youtube.com/watch?v=d7DaXNrYrps

* http://www.abc.es/local-galicia/20150903/abci-ferrol-agua-emafesa-201509022045.html
Agora, desde a Plataforma vemos con preocupación como despois dunha campaña de presión mediática por parte de Aguas de Galicia e o Partido Popular, denunciando a parálise do goberno municipal neste tema, o novo director, desde outubro de 2015, de Aguas de Galicia, Roberto Rodríguez, e antigo xerente do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar, chega a un acordo cos dous alcaldes, o de Ferrol e Narón, para que o sistema entre en funcionamento o 1 de abril deste ano, e será EMAFESA, e non Aguas de Galicia, quen xestione provisionalmente a depuradora de Prioriño, que pasará posteriormente a mans da mancomunidade de municipios da Ría.

Desde a Plataforma esiximos:
1º Responsabilidades aos xestores de Aguas de Galicia, ente pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que preside Beatriz Mato, polo engano reiterado á cidadanía desta comarca en relación á situación da EDAR e o conxunto do sistema de saneamento, con defectos construtivos que fixeron imposible ate agora a súa posta en funcionamento.

2º Responsabilidades ao anterior alcalde de Ferrol, agora actual Conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela, xunto ao seu equipo de goberno municipal no período 2011-2015, por utilizar a mentira e o engano, cobrando unha taxa ilegal por un saneamento inexistente, co fin recaudatorio de facer frente aos gastos de amaño dunha infraesrutura recepcionada por Augas de Galicia en estado deficiente.

3º  Solicitamos que o alcalde de Ferrol informe da situación das xestións levadas a cabo diante da Fiscalía; dos termos do novo convenio con Aguas de Galicia e que pensa facer coa taxa que se cobrou de xeito irregular por parte de EMAFESA durante o goberno de Rey Varela.

4º Solicitamos que o alcalde de Ferrol aclare en que consiste o compromiso económico requerido por Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación y Medioambiente, para comezar co funcionamento do sistema de saneamento. Este concello perde poboación, xa baixamos dos 69 mil habitantes, e cada vez somos mais pobres, polo que sería insoportable, que se nos fixera pagar, vía modificación de crédito, ou vía imposto municipal, unhas obras que en todo caso son de interese xeral, e que pola mala xestión dos responsables políticos do PP, perdeu parte dos Fondos Europeos para financiarse.

4º Solicitamos urxentemente á cidadanía de Ferrol que tome consciencia da situación á que nos enfrontamos:
  • Un sistema de saneamento que sigue en cuestión en canto á súa efectividade e un sistema declarado obsoleto pola Unión Europea, que mezcla augas pluviais e fecais.
  • Un sistema que non cumpre con PXOM actual de Ferrol-Naron.
  • Un sistema que presenta opacidade no proxecto e inconsistencia do mesmo na sua implementación.
  • Un sistema de saneamento cun elevado custe enerxético (perto do 40% dos custos do sistema son gastos de enerxía eléctrica), e de mantemento (12 tanques de tormenta e a estación de bombeo que ten que elevar a auga a máis de 50 metros de altura na Malata), que imos ter que custear entre todas e todos.
Polo tanto un sistema que temos que comezar a transformar xa en moitos aspectos (eficiencia, medioambiental, económicos...). Desde esta Plataforma propoñemos como medidas inmediatas a tomar as seguintes:
  • Unha mellora substancial desde o punto de vista de control de   verquidos. Pode darse a situación que se realicen vertidos á Ria para rebaixar o custe enerxético como denunciaron os mariscadores da zona de Perillo na Coruña. Cumpriría pois instaurar un protocolo de control auditable de vertidos para evitar os intencionados ou accidentais.
  • Control auditable de operacións de limpeza dos tanques e do equipamento que o precise, para evitar paradas de bombeo por dificultades nas aspiracións das bombas.
  • Adaptación do saneamento ao PXOM actual que obriga a separar as augas residuais (pluviais e fecais), coas conseguintes reformas técnicas no sistema, comezando polos tanques de tormenta que aínda están por construír.
  • Información veraz sobre os custos de depuración baseados en parámetros irrefutables como variación de caudais inverno/verán, custos eléctricos.
Esta Plataforma, na rolda de prensa que convoca para o próximo 18 de xaneiro, explicará estes e outros moitos asuntos diante dos medios de comunicación, ás 17hs na sala de prensa do Concello de Ferrol.
Ferrol, 15 de xaneiro de 2017

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

    Alexandre Carrodeguas.
    Fernando Ramos Armesto.
    Pablo Portero Arnaiz.
    Bernardo Rego Gárate.
    Lupe Ces Rioboo.

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

__________