luns, xullo 24, 2017

Tras as durísimas e inxustas condenas coas que castigaron ao grupo do Gdeim Izik polo seu activismo pacífico: solidariedade galega co Pobo Saharaui na Praza do Obradoiro


Un día inesquecible. Máis de 1000 persoas gritando liberdade para os Presos Políticos Saharauís.

Na mañá de onte, Domingo 23 de Xuño, realizouse unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago, esixindo a liberdade dos Presos Políticos Saharauís, cuxa situación empeorou unha vez máis esta semana, tras as durísimas e inxustas condenas coas que castigaron ao grupo do Gdeim Izik polo seu activismo pacífico.

24 persoas fixeron a representación dos 24 presos, encadeados, e co nome de cada un no peito. O noso compañeiro Xosé Henrique Porto Varela deu lectura dun manifesto.

Vivíronse momentos moi emotivos, asomáronse bágoas aos ollos de moitas persoas, e contamos coa extraordinaria resposta das familias acolledoras cos seus nenos.

Asistiron moitos concelleiros desde distintos Concellos de Galicia, moitos medios de comunicación, e contamos con todo o apoio do Concello de Santiago.

Entre os asistentes, os tres fillos da activistas Mina e Hassanna Duihi.

Damos as grazas a todo o apoio e comentarios de amigas e amigos políticos como as Eurodeputadas Lida Senra e Ana Miranda, membro do Intergrupo Paz e Liberdade para o Sahara, Montse Prado, a Senadora Vanesa Angustias, o deputado David, Pilar a alcaldesa de Mugardos, Andre Abeledo, concelleiro de Naron, Carlos Ruiz Miguel, catedrático da USC, Xose Luís Rivera, responsable Internacional da CIG.

Desde a Delegación Saharauí en Galicia e SOGAPS o noso agradecemento a todas e todos e dicirvos que a loita continua e queremos seguir contando co voso apoio e Solidariedade co Pobo Saharauí.

SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI
Avda. Alcalde Gregorio Espino, 57 baixo.
36205 - Vigo
Tel./Fax: 986 262 637

http://sogaps.org/gl/

info@sogaps.org

https://www.facebook.com/sogaps.galicia/

https://twitter.com/sogaps_oficial
_______________

domingo, xullo 23, 2017

Chamamento a participación na concentración solidaria cos Presos Políticos Saharauís - Ás 12 do mediodía na Praza do Obradoiro en Compostela



Chamamento a participación na concentración solidaria cos Presos Políticos Saharauís. EU Narón.


Mañá domingo 23 de Xullo realizarase unha concentración solidaria cos Presos Políticos Saharauís. Ás 12 am na Praza do Obradoiro (Santiago de Compostela).

Dende EU Narón animamos a participación da para darlle visibilidade a inxusta situación que vive o Pobo Saharauí, representada esta semana polas durísimas condenas coas que Marrocos castigou aos activistas saharauís do Gdeim Izik pola súa loita pacífica, a favor dos dereitos humanos, e a autodeterminación do seu pobo.

O Concelleiro e Voceiro de EU Narón André Abeledo participará na concentración xunto con varios membros do CPL de EU Narón e militantes da organización naronesa.

Abeledo entende que debemos cumprir cun deber solidario para có pobo saharauí, un deber que tamén ten o Estado Español para có Sáhara Occidental.

Debemos facer chegar, e esixir ao goberno de España que cese dunha vez a súa irresponsabilidade, e como potencia administradora deixe de mirar para outro lado e exerza en dereito o seu deber de esixir a lei co pobo saharauí. Que responsablemente solicite a anulación desta sentenza e cúmpranse os dereitos do Pobo Saharauí.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
22 de julho de 2017 19:32

_________________

xoves, xullo 20, 2017

O Concello non controla Emafesa e pretende que a substitua en dereitos e obrigas nunha futura xestión mancomunada do ciclo da auga - Rolda de Prensa da Plataforma - Comunicado, novas relacionadas e vídeos


Na mañá de onte tiña lugar unha Rolda de Prensa en dependencias municipais, da Plataforma, onde se formularon as denuncias e demandas veciñais, dando-se conta da actividade da mesma, onde principalmente se contactou co tecido asociativo e veciñal, onde se recadaron importantes apoios e se informou a unha veciñanza que na maioría comparte os argumentos e demandas da Plataforma,  iniciaron-se pasos no asesoramento xurídico e no estudo da documentación que se foi conseguindo.

COMUNICADO DE PRENSA

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, comparece ante os medios de comunicación para dar conta das seguintes actuacións:

Asistimos con estupor no mes de abril, á aprobación en pleno municipal cos votos de Ferrol en Común e Partido Popular do Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol. Un convenio copia exacta do aprobado no 2014 polo goberno de Rey Varela e que abría a porta para renovar o  Contrato-Protocolo de Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e Emafesa. Un convenio denunciado xa pola nosa Plataforma como lesivo para os intereses do pobo de Ferrol.

Agora, despois de que non se fixeran públicas as obras e actuacións realizadas por EMAFESA en relación ao sistema de saneamento e depuración; de que esta empresa, teña as súas contas sen aprobar e sen presentar no Rexistro Mercantil desde o ano 2013; de que non devolveu a taxa cobrada ilegalmente cando a depuradora non funcionaba; de que non respondeu por responsabilidades na crise dos trihalometanos, con analíticas que demostran que se sobordan os límites permitidos outra vez neste pasado mes de maio; de que está nunha situación de quebra económica, debendo mesmo o canon a Augas de Galicia, cobrado aos veciños e veciñas de Ferrol en cada recibo; de que está solicitando 6 millóns de euros das arcas municipais..., o Concello de Ferrol, mediante o  Contrato-Protocolo de Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e Emafesa, para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración, pretende, que a empresa EMAFESA, teña a representación do Concello de Ferrol na xestión mancomunada deste servizo. Concretamente isto está recollido na Cláusula Quinta do contrato-protocolo do seguinte xeito, no caso de que a xestión pase a ser mancomunada “EMAFESA asumiría las obligaciones y derechos del ayuntamiento de Ferrol en el seno del nuevo órgano y/o sistema de explotación”  Non entendemos como o alcalde anuncia a xestión directa mancomunada do ciclo integral da auga, e pola contra, mantén un contrato-protocolo con EMAFESA para que o represente nesta xestión, pois EMAFESA é unha empresa que o goberno municipal non controla en absoluto. Un contrato-protocolo, susceptible de ser denunciado por vulnerar entre outros, o dereito á concorrencia.

A nosa Plataforma ven de realizar unha ronda de entrevistas coas AAVV, para por unha banda informar de todos estes asuntos, e obter o seu apoio ante o que consideramos unha práctica abusiva, irresponsable e pouco profesional por parte da empresa EMAFESA, e unha actuación pouco transparente e ao servizo dos intereses desta empresa por parte do goberno municipal.

Seguimos reclamando unha AUDIENCIA PÚBLICA para que o Alcalde explique e se someta ás preguntas da cidadanía en relación ao servizo de subministro e saneamento das augas.

Seguimos reclamando que a elaboración da taxa se faga dun xeito PARTICIPADO, e recusamos os estudos presentados por EMAFESA, para o cálculo da devandita taxa.

Seguimos reclamando que se devolva a taxa cobrada ilegalmente aos veciños e veciñas de Ferrol, 800.000 euros, e que se cumpran as promesas de auditoría e actuacións ante a fiscalía contra EMAFESA, que Jorge Suárez asumiu en xullo de 2015, incluíndo a recuperación do servizo.

Para poder seguir adiante co traballo desta Plataforma, na defensa dos servizos públicos,contra o abuso das empresas e polo dereito á participación, presentamos por rexistro 8 solicitudes ao Alcalde ao abeiro de distintas lexislacións que nos amparan como LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (LPACAP) 39/2015, DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA, de acordo coa LEI 19/2013 de TRANSPARENCIA, ou o  REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO, sobre Dereito á Información desenvolto no Capítulo Segundo; no disposto no Artigo 10 do Capítulo Terceiro, referente á Presentación de Propostas; e no disposto no Artigo 54, único do Capítulo Quinto, referido a Plataformas e coordinadoras cidadás.

Estas son as nosas peticións de documentación e de actuacións á alcaldía:

- Copia dos balances contábeis de EMAFESA correspondentes aos anos 2013, 2014, 2015 e 2016 si os houbese.

- Actas dos Consellos de Administración de Emafesa, realizados nos anos 2015, 2016 e 2017.

- Que se inicie o trámite de consulta, audiencia e información públicas para a nova Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa de Depuración de Augas Residuais tal e como se recolle no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

- Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol de maio de 2014 (o asinado, definitivo e con anexos).

- Actas de final de obra dos traballos realizados por EMAFESA no sistema de Saneamento e Depuración das augas residuais.

- Pliego de Condicións do Concurso (Licitación 1999) para a selección da empresa privada coa que constituíu a empresa de economía mixta para a xestión do servizo público de abastecemento e saneamento do termo municipal de Ferrol (EMAFESA).

- Estatutos vixentes e actualizados da Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S. A. (EMAFESA).

- Contrato-Protocolo de Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e Emafesa, para a xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración, presentado por Emafesa en 20 de maio de 2014 e aprobado polo Pleno celebrado o 29 do mesmo mes e ano (Definitivo, asinado e co seus cadros e anexos completos).

- Modificación ou ampliación, se a houbera, do contrato ou do Protocolo de Execución mencionado, unha vez caducado este, que servira de cobertura legal para actuar no sistema de saneamento e depuración, como se veu facendo, por parte da empresa EMAFESA,  desde o 9 de xuño de 2016, sen estar en vigor o Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, para a formalización da encomenda de xestión, explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración.

- Estudo Técnico-económico polo que se determinou a taxa de saneamento e depuración.

- Contrato/s do fornezo de electricidade para o servizo de saneamento e depuración, e o estudo técnico de consumo que o xustifica.


Ferrol, 19 de xullo, de 2017

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
Alexandre Carrodeguas | 690612737
Fernando Ramos | 622932443
Pablo Portero | 659855805
Bernardo Rego | 603772650
Lupe Ces | 652201003

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com  |
https://plataformaferrol.blogspot.com

A nova nos medios dixitais:

FERROL 360. | A Plataforma pola Remunicipalización denuncia que Emafesa representará a Ferrol na xestión mancomunada do saneamiento. | Representantes do colectivo en roda de prensa (foto: R.C.). | REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 19 Xullo 2017 | 14:35 | Despois de que este martes o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, anunciase que a Mancomunidadese fará cargo da xestión do ciclo integral do auga, a Plataforma na Defensa dúas Servizos Públicos pola Remunicipalización, denuncia que a empresa Emafesa será quen represente ao Concello de Ferrol nese órgano de xestión. | Ir á Web.

LA VOZ DE GALICIA. | A Plataforma pola Remunicipalización acentúa de "pelotazo" a entrega da xestión do ciclo do auga a Emafesa. | Acusan ao alcalde de obrigar aos concellos da Mancomunidade a aceptar unha xestión que tería que saír a concurso. | C. López Ferrol 20/07/2017 05:00 h. | A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización acentúa de "pelotazo" a encoménda a Emafesa da xestión integral do ciclo do auga. Nunha roda de prensa na que participaron unha decena de integrantes da Plataforma, acompañados por edís do BNG e do PSOE, criticouse o anuncio do alcalde, Jorge Suárez, da xestión directa mancomunada a partir de abril próximo, "mentres mantense un contrato-protocolo con Emafesa para que ou represente nesta xestión, pois Emafesa é unha empresa que ou goberno municipal non controla en absoluto", manifestou a portavoz, Lupe Ces.| Ir á Web.

DIARIO DE FERROL. | Varias entidades denuncian que Emafesa leve a xestión mancomunada da auga. | Representantes da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización denunciou onte que a Empresa Mixta de Augas de Ferrol, Emafesa, vaia a ser a encargada da xestión do auga cando esta sexa mancomunada, en abril de 2019, data que se anunciou tralo último pleno do organismo supramunicipal. | redacción ferrol 20 de Xullo de 2017 (00:30 h.) | Ir á Web.

GALICIA ÁRTABRA. | DENUNCIAN NUEVAMENTE A POSTURA DO CONCELLO ANTE EMAFESA. | A Plataforma pola Remunicipalización na Defensa dúas Servizos Públicos celebrou na mañá deste mércores unha roda de prensa, á que asistiron edís do PSdG-PSOE e do BNG na que denunciaron que a empresa Emafesa será quen represente ao Concello o órgano de xestión do ciclo integral do auga.| 19 Julio, 2017 Galicia Ártabra Digital. | Ir á Web.

EL CORREO GALLEGO. | Veciños de Ferrol volven á carga xudicial polo auga. | Afirman que Emafesa seguirá levando a xestión aínda que se mancomune o servizo. | Avisan con regresar á Fiscalía. | A auga xera polémica tras polémica en Ferrol. O alcalde Jorge Suárez anunciaba o martes que a xestión integral do ciclo sería asumida pola mancomunidade en abril de 2019. Pero os veciños da Plataforma pola Remunicipalización denuncian que "a empresa Emafesa terá a representación do concello nesa xestión mancomunada". Así se recollería no protocolo existente entre o concello e a concesionaria. | Patricia Hermida. | Ferrol 20/07/2017. | Ir á Web.

Nota.- Subiremos os vídeos no transcurso do día.
___

domingo, xullo 02, 2017

Mentres a guerra en Yemen continúa, o rei de Arabía Saudita nomea como príncipe herdeiro ao artífice do conflito e EE.UU. avanza cun enorme acordo de venda de armas - Conversa de Amy Goodmam con Kristine Beckerle - Vídeo


Mentres a guerra en Yemen continúa, o rei de Arabía Saudita nomea como príncipe herdeiro ao artífice do conflito

Mentres EE.UU. avanza cun enorme acordo de venda de armas con Arabia Saudita, o rei saudita depuxo ao seu sobriño como príncipe da coroa e reemprazou-no polo seu propio fillo, o mesmo home que dirixe a devastadora guerra que Arabia Saudita leva adiante en Yemen con apoio de EE.UU. A medida prodúcese un mes despois de que o presidente Donald Trump asinase unha serie de acordos de venda de armas con Arabia Saudita por un monto récord de 110.000 millóns de dólares, durante unha visita a Riad. O acordo inclúe tanques, artillería, barcos, helicópteros, sistema de defensa misilística e tecnoloxía para a ciberseguridade. Para saber máis deste tema, falamos con Kristine Beckerle, membro de Human Rights Watch.



Reportaxe do 22 de xuño de 2017, publicado en Democracy Now.
________________

As Vivendas Protexidas de Recimil, Informe Final realizado pola Asociación San Fernando - Asinado por Amadeo Varela Rodríguez, Presidente da entidade veciñal

Clicar acima da imaxe para ampliar

As Vivendas Protexidas de Recimil - Ferrol | Informe realizado pola Asociación San Fernando. | Aprobado pola Xunta Directiva o 24 de Abril do 2017.


RECIMIL

A lei do 19 de Abril de 1939 establece un réxime de protección á vivenda de renda reducida e crea un Instituto Nacional da Vivenda, encargado da súa aplicación. [BOE do 20 de Abril de 1939].

O Decreto do 8 de Setembro do 1939 aproba o Regulamento para a aplicación da Lei do 19 de Abril de 1939, de protección á Vivenda de Renda Reducida [BOE do 2 de Outubro de 1939].

No BOE número 149, do 28 de maio de 1940, páxina 3.624 aparece unha comunicación do Ministerio de Traballo, que di:



Datos de interese do Regulamento, referidos aos usuarios.


1.- Definición da Renda Reducida.- [Capítulo II - artigo terceiro]

Enténdese por "Renda Reducida" a que supoña un alugueiro mensual non superior ao importe de seis días do xornal ou a quinta parte do soldo mensual do seu presunto usuario.

2.-Dos plans e proxectos.- [Capítulo IX - artigo quincuaxesimoséptimo]

Ao fixar o prezo de cada casa aos efectos de fixar a cota de amortización, acumularase ao importe da súa construción, o valor do seu solar e a parte alícuota dos terreos de uso común e das obras de urbanización e de instalación dos servizos xerais.

Ao determinar os alugueiros terase en conta, ademais do valor asignado á casa, os gastos de gardería ou portería, consumo de auga, luz e demais servizos e os que deban calcularse para ocos e reparos, sen cargar nada pola parte de contribucións, impostos e arbitrios.

3.- Uso das vivendas.- [Capítulo XII - artigo septuagésimotercero]

As vivendas protexidas poderá o construtor dalas en alugueiro, cedelas gratuitamente ou a censo e venderse en man ou a prazos. Tamén se poderá enaxenar por separado os distintos pisos dunha casa.

Será preferido o sistema que permita aos usuarios o acceso á propiedade das vivendas mediante o pago de cotas de amortización, sempre que altas razóns non se opoñan a iso.


Datos de interese dos primitivos contratos.


1.- Na carátula do contrato aparece o escudo de Ferrol e os nomes de: "Instituto Nacional da Vivenda" e "Concello do Ferrol do Caudillo" e está definido como "Contrato de Beneficiario".

Á metade do folio aparece un espazo dedicado á ?Renda mensual? e debaixo outro dedicado á ?Cota de amortización?. Máis abaixo tres apartados: ?Nome do Fiador?, ?Importe da garantía? e ?Data de arrendamento?.

2.- Na 2ª páxina, a cláusula 1ª fixa o prezo do aluguer e especifica que: ?o beneficiario satisfará por mensualidades adiantadas? e que, ?O importe do auga e da luz será de conta do Inquilino.?

A cláusula 2ª establece a obrigación de satisfacer a cantidade de ... pesetas mensuais polos gastos de gardería, consumo de luz nos portais e corredores exteriores, ocos e demais servizos. [Nos primitivos contratos, a cantidade estipulada coincidía co 10% dos distintos prezos de alugueiro]

A cláusula 4ª establece que: "No seu concepto de Beneficiario propietario satisfará como cota de amortización a cantidade de ... Pesetas".

3.- Na 3ª páxina, o apartado H) da cláusula 5ª non permite "subarrendar a vivenda nin transmitila, a menos que sexa por herdanza, aínda no caso de que a haxa pago totalmente, nun período de vinte anos, a partir do momento en que lle foi adxudicada, salvo a excepción...".

A cláusula 6ª expón que: "Son dereitos do Beneficiario os apuntados no Regulamento por que se rexe o da utilización das vivendas protexidas".

As cláusulas 7ª e 8ª refírense á Fianza para danos e os datos do Fiador.

4.- Na 4ª e última páxina aparecen as firmas do Alcalde, do Beneficiario, do Fiador e de dúas testemuñas.


Diferenzas entre o Regulamento e os contratos aplicados.


1.- Con respecto á Renda Reducida, os alugueiros fixados excedían moito a quinta parte do soldo mensual dos beneficiarios ou o importe dos cinco días do xornal, establecidos no Regulamento. (Existen documentos demostrativos dos soldos e xornais da época)

2.- Ademais dos alugueiros abusivos, cargouse un 10% do prezo de aluguer..., co cal os beneficiarios de maior alugueiro pagaban máis polo mesmo concepto de "gastos de gardería", consumo de luz nos portais e corredores exteriores, ocos e demais servizos, dándose a circunstancia de que ningún dos servizos aludidos existiu nunca nestas vivendas, a non ser unha bombilla de 25 W en cada planta das escaleiras e cuxo custo habería que dividir entre os dous pisos, dereita e esquerda.

Este outro abuso resulta máis escandaloso aínda, pois segundo a Tarifa Provisional da Sociedade Xeral Galega de Electricidade, de 31 de Agosto de 1946, "o custo mensual dunha lámpada de 25 W. custará, sen impostos, 2´40 pesetas". ¡¡¡Por ese consumo, os dous "beneficiarios" de cada piso pagaban cada un por "a mesma" bombilla entre 13 e 8 pesetas mensuais, segundo o alugueiro correspondente!!!

3.- No Regulamento exponse a forma de calcular ambos sistemas de alugamento e amortización. Neste caso, os prezos establecidos nos contratos, parecen apuntar máis á amortización que ao alugueiro, pero, aínda que non se pode asegurar que esa fose a fórmula elixida, tampouco constan en ningún escrito coñecido, as "altas razóns" que impedirían a amortización.

4.- En calquera caso, tanto no acta do Pleno Extraordinario do 24 de Novembro de 1939, como no acta do Pleno Extraordinario do 25 de Xaneiro de 1940, ao especificar o custo das diferentes obras e servizos, indícase que: "Se fai constar que o grupo escolar e o mercado, aínda que se inclúen no orzamento, non cargan o seu importe sobre o das vivendas para o cálculo de amortización".

Segundo o recolleito nestas dúas actas, parece clara a intención da Corporación de facer amortizables as vivendas. Ademais, hai constancia de que os primeiros contratos asinados tiñan cuberta a cláusula de amortización pero, sen que se coñeza ao autor desa iniciativa, case todos foron retirados aos adxudicatarios substituíndoos por outros coa amortización sen cubrir. Por este motivo só se puido atopar un contrato con dita cláusula cuberta.

Este feito pode demostrarse coa existencia dos contratos de arrendamento de dúas vivendas iguais, do mesmo prezo, un con data 1 de Febreiro de 1949, coa cláusula de amortización estipulada, a nome de Leonardo Merino Muiños, cuberto correctamente a máquina e coa firma do Alcalde; o outro con data do 15 de Febreiro do 1945, a nome de Manuel Lence Rodríguez cuberto a man e coa firma do Alcalde substituída por un tampón, no cal non aparece cuantificada a cláusula de amortización. É dicir, o máis antigo é unha chapuza que substituíu ao verdadeiro contrato.

5.- A cláusula 6ª, referente aos dereitos dos beneficiarios, debe referirse, entre outras posibles, a dúas cuestións concretas: unha, a que se refire á Renda Reducida; a outra, a preferencia ao sistema de amortización. En ambos casos e en calquera outro dereito que puidese existir, o Concello incumpriu e segue incumprindo claramente esta cláusula contractual.


Diferenzas entre o Regulamento e os contratos aplicados.


6.- Tomando como referencia o contrato de Leonardo Merino Muiños, asinado o 1 de Febreiro do 1949, coa cláusula de amortización cuberta e o de Alfonso Varela Espiñeira, asinado o 1 de Xuño do mesmo 1949, coa cláusula de amortización sen cubrir, sería lóxico deducir que, no intervalo deses catro meses producísese un acordo no goberno municipal para o cambio de amortización a alugueiro. Pois ben, consultadas no arquivo municipal as Actas dos Plenos mensuais e as das Comisións de Goberno, correspondentes a ese intervalo, non se atopou referencia algunha a devandito cambio, o que suxire unha decisión arbitraria por parte dalgún funcionario, suxestión reforzada coa chapuza realizada no cambio de contratos explicado no punto 4. E si a iso engadimos a inexistencia de "altas razóns" que impedisen a amortización, resulta claro que os primitivos adxudicatarios foron claramente prexudicados, por unha decisión incorrecta de quen non estaba legalmente facultado para decidir.


Conclusión
.

Coa redacción deste informe, do que por suposto, posuímos todos os documentos citados, non pretendemos que se nos dea a razón como aos tolos e esquézase o tema, senón que alguén nos demostre que estamos equivocados, co cal poñeriamos fin a esta longa e infrutuosa loita. Pola contra, esiximos que se faga o posible, para que o Concello cumpra en todas os seus cláusulas aqueles contratos asinados; porque si seguimos recibindo o silencio como resposta, si como de costume ignóranse as nosas lexítimas aspiracións, teremos que considerar que somos vítimas dun acto de covardía política colectiva. E que non nos falen de acudir á custosa Xustiza, pois entendemos que esta é unha cuestión política. Si o Concello incumpriu leis, regulamentos e contratos, prexudicando aos adxudicatarias primitivas, el é quen debe rectificar.

Pola Xunta Directiva da Asociación San Fernando, o Presidente.

Amadeo Varela Rodríguez

Asociación San Fernando. | Para a Conservación do Patrimonio Histórico do Barrio de Recimil - Ferrol. Inscrita no Rexistro Xeneral de Asociacións e do Concello, en xaneiro de 1998. |sanfernandorecimil@mundo-r.com

Para máis información ver a nosa páxina Web - http://sanfernandorecimil.galeon.com [*]

[*] Esta páxina Web deixará de existir a partir do próximo verán.

Enviado por:
Amadeo varela
-sanfernandorecimil@mundo-r.com-
24 de junho de 2017 14:48
______________

Enlace de interese:

http://ferroldondeyonaci.galeon.com/index.htm

https://urbancidades.wordpress.com/2009/11/17/recimil-un-barrio-obrero-de-ferrol-a-coruna/
______________

sábado, xullo 01, 2017

Eucaliptos, patrimonio, ríos... A loita que non cesa!, e unha entrevista a Froilán Pallín , ... xa está na rúa o Sermos-Adega nº11


Os eucaliptos superaron o medio millón de hectáreas na Galiza e mesmo inzaron lugares emblemáticos como a Prazo do Obradoiro compostelá e a Ferrería de Pontevedra, imaxes que reactivaron a loita contra a eucaliptización, da man da Rede Cousa de Raíces, unha loita pola conservación da nosa natureza e dos nosos recursos produtivos, mesmo do patrimonio etnográfico e cultural. Un contexto no que ADEGA e outros colectivos presentaron no último ano máis de 300 denuncias, das que a administración so puido resolver unha de cada cinco, mais que abondan para demostrar o manifesto incumprimento da lei. Unhas páxinas que estaban a escribirse no mesmo intre no que a traxedia do lume se cebaba no pais veciño, sen dúbida acrecentada nas súas dimensións por un monte inzado de eucaliptos e sen o debido ordenamento e coidado.

Poucos éxitos se poden nomear na loita ecoloxista contra a eucaliptización, que non por iso deixa de ser un tema de grande incidencia para o noso medio, a substentabilidade a o futuro ambiental, social e mesmo a seguranza na Galiza. Por iso, estas páxinas do Sermos  ADEGA recollen dous casos de éxito noutros ámbitos, o dique do Miño (Lugo) e a Cova Eirós (Triacastela), despois de longas e intensas loitas contra a desidia das administracións (in)competentes. E aproveitamos para saudar dúas iniciativas que veñen a reforzar este traballo, no eido dos ríos e do patrimonio cultural.

Sermos-Adega nº 11: Eucaliptos, patrimonio, ríos... A loita que non cesa! | 30.06.2017 | Sermos Galiza.

Nota.- Pode-se conseguir nos quioscos e librarías de balde comprando o semanario 'Sermos Galiza' desta semana ou baixando da rede. | Acceder/Baixar.

--
adegatrasancos@adega.gal | ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza). | Delegación de Ferrolterra. | Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol. | www.adega.gal .

Información baseada na enviada por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
30 de junho de 2017 17:56

_________

venres, xuño 30, 2017

Projeçom do documentário Morrer Devagar, da autoria de Irene Pim e Bego Fernández - Hoje, sexta-feira 30 de junho, às 21h, na Fundaçom Artábria


Projeçom do documentário Morrer Devagar hoje na Fundaçom Artábria

Hoje, sexta-feira 30 às 21h projetaremos o documentário "Morrer devagar" da autoria de Irene Pim e Bego Fernández.

MORRER DEVAGAR é um documentário sobre a crise das refugiadas na Grécia. Mas não é um documentário como os que estamos habituadas a ver. Se queres descobrir uma visão alternativa do conflito apareçe na Disgraça no dia 20 de Junho.

"A nossa intenção inicial era retratar as duras condições da vida quotidiana nos campos de refugiados, onde milhares de pessoas esperam encerradas em terra de ninguém.

Porém, com o passo do tempo e através do nosso próprio processo de aprendizagem, o relato foi-se transformando e acabou por converter-se numa reflexão sobre a produção de imagens numa situação mediática e a nossa incapacidade para contar uma história que só pode ser transmitida por quem a vive em primeira pessoa".

O documentário irá seguido de um debate, no qual contamos com a vossa participação.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
30 de junho de 2017 08:29
_____________________

E dous ... Porta Nova versus plaza de España, ... Por Joam Tavia - A luita segue, há muito que transformar e mesmo subverter em Ferrol, na Galiza, no reino de Espanha e no mundo.


Por Joam Tavia [*]
30.06.2017

Hoje por motivos laborais, nom pudem estar na proposta sobre a restituiçom do topónimo original à Porta Nova. Todas as informaçons que me chegaram falavam da boíssima intervençom de Bruno (Fundaçom Artábria) do bom fazer de Ivan (BNG) e de que FeC depois dum início com dúvidas se somava ao si, como nom? também o das duas concelheiras que procedentes da lista do PSOE, formam parte do governo municipal e também agradeço o si de Esther Leira, companheira da CIG Admon, filóloga e concelheira agora nom adscrita. Foi umha derrota, (a favor 9, 11 contra e três abstençons) mas umha derrota com honor, como diriam os clássicos, e trabalho valente, responsável e sério.

Já está bem de tabús ferrolanos e deixar que os de sempre fachendeem de ferrolanismo barato. Nós nom somos ferrolanistas, somos galegos e galegas e por suposto que queremos muito a Ferrol, temos levado muitos paus e sofrido por esta comarca e o seu futuro. Cremos na sua gente, galegos e galegas de bem, gente trabalhadora que só aspira a ser dona se si, do seu pais e solidária com o mundo.

Quando cheguei do choio ainda pudem acompanhar ao irmao Pintos e escuitar com ele as intervençons na moçom de apoio e solidariedade com ele. Foi aprovada polo conjunto das forças de esquerda e nacionalistas. Lamento que para PP e C's, prime a vingança, como dixo Iván e solicitou com veemência, podiam ter votado a favor. Isso também ajudaria para vermo-nos  uns aos outros como rivais e nom como inimigos. O alcaide na sua interveçom mencionou-me dizendo que ele estava ali, junto a Xam e Pintos, é verdade. Há momentos de irmandade de classe nos que estamos juntos como os dedos arredor do punho. Para mim sempre foi um privilégio estar com os oprimidos e oprimidas frente aos poderosos. E agora que vou para velho nom vou mudar.

A luita segue, há muito que transformar e mesmo subverter em Ferrol, na Galiza, no reino de Espanha e no mundo. Recuperar  serviços para o público, dignificar, repartir e bem pagar o trabalho, distribuir a riqueza, fomentar a igualdade predicada polo feminismo, acobilhar aos e as desamparados, acolher à gente de outras culturas e países como irmaos, nom de religiom ou étnia  senom de pura humanidade. E nom esquecer nunca a busca da felicidade!

Há tanto que fazer e é tam curta a vida de um! Dixo Chaplin.

Verdade Moncho, hoje de cabodano, verdade Elena, Xan Quinhoá, Begonha , Martinho, John. Aqui estades na nossa memória, a eternidade dos ateus.

[*] Joam Tavia, Narón. Licenciado em História e membro da Fundaçom Artábria.

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
30 de junho de 2017 10:33

___________________

Avaliaçom da moçom municipal pola recuperaçom da ‘Porta Nova’ - Fundaçom Artábria


Avaliaçom da moçom municipal pola recuperaçom da ‘Porta Nova’


A Fundaçom Artábria quer por esta via apresentar umha pequena avaliaçom da iniciativa que levou hoje mesmo ao Pleno da Cámara Municipal de Ferrol, através do BNG, pola recuperaçom do nome da ‘Porta Nova’ em lugar do imposto em 1953 pola ditadura franquista.

Começamos por lembrar que o principal objetivo desta iniciativa, como tínhamos expressado, era socializar a necessidade de recuperarmos todos os sinais de identidade usurpados polo franquismo na nossa cidade.

Tendo em conta que a iniciativa foi apresentada “tecnicamente” por um só representante (o do BNG) e que o PSOE, o PP e Ciudadanos figérom “campanha” nos últimos dias contra a mesma, consideramos o resultado mais do que satisfatório, por vários motivos:

1. Conseguimos um importante incremento de apoios para o “SI”: Ferrol em Comum e a representante nom adscrita, mais o voto do BNG, somárom um total 9 votos afirmativos, contra os 11 contrários (PP-Ciudadanos) e as 3 abstençons (PSOE).

2. Esse resultado reflete bem o desenvolvimento de um debate social em que quigemos sublinhar o necessário exercício de dignidade democrática, recuperando o nosso património histórico-cultural contra as arbitrárias imposiçons da ditadura franquista.

3. A representante do grupo extremista ‘Ciudadanos’, acusando-nos sem nengum fundamento de fomentar “o ódio contra Espanha”, deu pé a que alguns “incontrolados” atacassem o mural comemorativo dos 100 anos das Irmandades da Fala. Desse modo, ficou à vista de todos e todas quem fomenta realmente o ódio.

4. Tal como indicou no seu discurso no Pleno o nosso representante, o companheiro Bruno Lopes Teixeiro, a Fundaçom Artábria move-se por sentimentos de amor à Galiza, à cultura e à língua deste país, nom por ódio contra nengum outro povo do mundo.

5. Aceitamos com total desportividade o resultado da votaçom de hoje, o que nom impedirá que continuemos socialmente a trabalhar para tornar maioritária esta proposta. Tanto nas instituiçons como nas ruas, continuaremos a exigir a recuperaçom plena dos direitos lingüísticos, culturais e nacionais da Galiza, assi como a total deslegitimaçom da ditadura franquista e dos seus herdeiros políticos.

Finalmente, agradecemos o apoio do BNG, de FeC e de Ester Leira à nossa moçom municipal.

A luita por um Ferrol digno, galego e antifascista continua.

Ferrol, 29 de junho de 2017


Intervençom do nosso companheiro Bruno Lopes Teixeiro no Pleno Municipal e duas imagens de hemeroteca ao respeito do nome da atual Praça de Espanha.

Bom dia,

Concelheiras, concelheiros, alcalde de Ferrol

Desde a passada segunda-feira, conseguimos, com a apresentaçom desta moçom, que o que alguns consideram um tema “nom prioritário” se debata na rua, nos centros de trabalho, nos bares, nas redes sociais, nos meios de comunicaçom e nos gabinetes políticos.

Chegamos aqui com umha boa parte das cartas em cima da mesa, tal e como nos figérom saber os distintos partidos representados neste pleno municipal através dos meios de comunicaçom.

O Partido Popular manifestou em boca da sua porta-voz Martina Aneiros que gostaria de que no pleno se tratassem assuntos mais relevantes para a cidade que este. É bem curioso que a porta-voz popular declare isto referindo-se à modificaçom do nome dumha praça, quando apenas há um mês se somava ao pelotom de fusilamento do alcalde Jorge Suárez, pola falsa polémica criada a partir da petiçom dumha rua para o vizinho de Las Rozas assassinado em Londres polo terrorismo yihadista. Terrorismo financiado polos regimes feudais da Arábia Saudita e Qatar, os mesmos com os quais o atual regime espanhol mantém magníficas relaçons.

Terá, entom, que explicar-nos a senhora Martina Aneiros qual é o critério para escolher o que é relevante ou nom o é. Nom questionamos a valentia de Inácio Echevarria, como tampouco questionamos a valentia de todas e todos aqueles ferrolanos assassinados polo franquismo, esse franquismo que o Partido Popular se nega umha e outra vez a condenar. Pois bem, foi precisamente a ditadura franquista a que decidiu de maneira arbitrária suprimir o nome tradicional da Porta Nova.Diga-nos, Senhora Aneiros, seria mais relevante umha moçom solicitando umha medalha para a Virgem de Chamorro, tal e como propujo o seu partido político em Ponte Vedra?

A nomenclatura das cidades é competência do pleno municipal, e é aqui onde deve debater-se.

É certo que há muitas questons urgentes na nossa cidade, umha cidade que se desangra demograficamente, que tem umhas percentagens brutais de desemprego... mas estas questons nom vam melhorar porque se mantenha o nome ilegítimo da Praça de Espanha.

Nom sabemos que votara hoje o PSOE, mas as palavras da Senhora Sestayo à imprensa adiantam-nos a pouca disponibilidade para levar avante esta proposta democrática, antifascista e galega, que entre outros honra a todos e todas as socialistas assassinados na nossa cidade polo criminal regime franquista.

Confiamos em que pola memória de Xaime Quintanilha, López Bouça, Maria Abelha, Milagros Nidáguila ou Matías Usero, votem a favor de esta iniciativa.

Senhora Masafret, fala você de provocaçom. Você?!? Temos que lembrar-lhe qual foi a sua primeira proposta neste Concelho? Equivoca- se ao afirmar que temos fobia a todo o que leve a palavra Espanha. Se o problema é que querem umha Praça de Espanha, proponham outra localizaçom. O que nós solicitamos hoje aqui é que nom esteja na Porta Nova, usurpando o nome que o nosso povo deu a esse lugar.

E nom, senhora Masafret, nom queremos voltar ao século XIX, talvez o seu partido sim gostasse de voltar aos Séculos Obscuros e acabar dumha vez com qualquer vestígio do galego.Às seis da tarde do dia 14 de setembro de 1953, o general golpista Francisco Franco Baamonde inaugurava a “Plaza de España” na sua cidade natal, com a presença, entre outros, de vários ministros, o alcalde franquista José Manuel Alcántara Rocafort e outras forças vivas chegadas de diferentes pontos da Galiza e do Estado espanhol, num ato de exaltaçom do regime. Assim o recolhem as crónicas da época, que podem ser consultadas nas hemerotecas.

Ainda nos dias de hoje, e incumprindo aliás a Lei de Memória Histórica, numha das esquinas da praça esta presente umha placa que lembra este facto com a legenda “Bajo la égida de nuestro caudillo se inauguró la obra de esta plaza del nuevo Ferrol”.

Desta maneira, um governo ilegítimo saído dum golpe militar que assassinou entre 1936 e 1939 mais de 3.000 galegas e galegos (cumpre lembrar que na Galiza nom houvo frente bélica) substituía um topónimo com 142 anos de história.

Até 1953, a mal chamada ainda hoje “Praça de Espanha” era conhecida popularmente como Porta Nova, desde que em 1811 se acrescentava umha nova entrada de acesso à cidade departamental na muralha defensiva.

Esta Porta Nova comunicava diretamente o bairro da Madalena com a Estrada de Castela.

Como afirmamos, foi um governo ilegítimo de um regime ilegítimo que realizou essa substituiçom arbitrária. Ainda assim, há ainda vizinhos e vizinhas de certa idade que na nossa cidade lembram perfeitamente o nome originário da praça, junto às expressons “de portas afora” ou “de portas adentro”.Queremos lembrar também que outras cidades galegas em que acontecêrom factos semelhantes, como Compostela e Lugo, recuperárom os nomes tradicionais para as praças correspondentes, retirando o nome de “Plaza de España” imposto pola ditadura franquista. Referimo-nos, no caso da capital galega, à praça do Obradoiro, e no caso de Lugo, a praça Maior.

Parece-nos umha grave irresponsabilidade desviar o sentido desta proposta para supostas incitaçons ao ódio contra ninguém. Ódio é sabotar murais dedicados a pessoas fusiladas polo fascismo como o ferrolano Camilo Diaz Valinho, como sucedeu estes dias no na fachada do nosso Centro Social; ódio é apresentar moçons contra o galego numha cidade em que, devido às nefastas políticas lingüísticas aplicadas até hoje, o galego é cada vez menos falado, quando até há umhas décadas era o idioma maioritário. Nom, senhoras e senhores, nom é ódio a Espanha, é amor a Galiza, amor a nossa cidade, e amor à nossa identidade como povo.

Por todo isto, da Fundaçom Artábria achamos que o Pleno Municipal de Ferrol, no exércicio das suas competências, deve fazer valer a Lei de Memória Histórica no seu artigo 15 e caminhar cara a recuperaçom dos nossos sinais de identidade colectiva, recuperando o nome tradicional da Porta Nova, rejeitando a permanencia do nome imposto polo franquismo (Plaza de España).

Para finalizar, só fica afirmarmos que para nós já foi um êxito que este debate chegasse hoje a este Pleno. No caso de nom ser aprovada esta moçom, assumiremos o resultado, mas também dizer que voltaremos atentá-lo e estamos certos de que Ferrol, igual que antes Lugo, Compostela e outras cidades, recuperará os nomes tradicionais ilegitimamente usurpados polo franquismo.

Quem sabe se numha segunda tentativa nom conseguiremos, como aconteceu em aquel pleno de 1982 com a proposta do socialista Quintanilha, que Ferrol recupere a sua Porta Nova como daquela abandonou o insultante apelido de “del caudillo”.

Muito obrigado!

Ferrol, 29 de junho de 2017

Clicar acima da imagem para ampliar

Clicar acima da imagem para ampliar

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
artabria@artabria.net
29 de junho de 2017 18:25

Encaminhamos avaliaçom da moçom municipal pola recuperaçom da ‘Porta Nova’. | Anexamos a intervençom do nosso companheiro Bruno Lopes Teixeiro no Pleno Municipal e duas imagens de hemeroteca ao respeito do nome da atual Praça de Espanha.

_____________

Novas relacionadas:

Rexeitado o cambio de nome da praza de España. | O goberno local apoiou a proposta do BNG, pero os votos de PP e Ciudadanos impediron que prosperase. | Rocío Pita - Ferrol 29/06/2017 14:19 h. | Logo de catro días de polémica e unha hora e media de debate plenario, a praza de España non cambiará de nome. | La Voz de Galicia. |Ir á Web.

Seis horas e 35 minutos. Esa foi a duración do pleno ordinario celebrado onte no consistorio ferrolano, o cal estivo cargado de momentos de tensión nalgunhas das oito mocións. 1 30.06.2017 | Redacción. Diario de Ferrol. | Ir á Web.
___

xoves, xuño 29, 2017

Os plenos municipais de Ferrol e Narón apoiaron ao exdirixente sindical da CIG Xesús Anxo López Pintos, diante do seu procesamento con petición de prisión na causa que leva a Audiencia Provincial e rexeitaron a aplicación da chamada Lei Mordaza

André Abeledo e  Xesús Anxo López Pintos presentaron a moción con antelación,
en rolda de prensa, o mércores día 28 de Xuño, na na Casa do Concello de Narón.

Os plenos municipais de Ferrol e Narón aprobaron, o xoves 29 de xuño de 2017, unha moción de apoio ao exdirigente sindical da CIG Xesús Anxo López Pintos, diante do seu procesamento con petición de prisión na causa que leva a Audiencia Provincial, os plenos tamén rexeitaron a aplicación da chamada "Lei Mordaza".  En Ferrol foi aprobada por FeC, BNG e PSOE e en Narón con 16 votos a favor (EU, TEGA, BNG, PSOE, ENE) e a abstención do PP.

Publicamos o audio da intervención de André Abeledo durante a defensa da Moción, no transcurso do Pleno.


Nova relacionada:

Presentación nos concellos de Ferrol e Narón dunha moción, en apoio ao exsindicalista da CIG Xesús Anxo López Pintos e contra a aplicación da Lei Mordaza - Moción promovida por André Abeledo, concelleiro de Esquerda Unida de Narón . | Ir á web.
______________

Eliximos Narón pide a consulta pública sobre a proposta de Regulación da participación cidadá na planificación, elaboración e avaliación de toda normativa municipal


Cando propoñiamos unhas Directrices para a Consulta Pública da Normativa municipal, para que se deran a coñecer “as regras de xogo” co fin de mellorar o acercamento da cidadanía á acción da Administración Local, no supoñiamos que ía a acabar nun novo Regulamento disfrazado de “regulación da participación cidadá”.

O Tripartito preséntanos unhas directrices acordes cao súa liña de NON Traballo coas que pretende que as revisións da normativa se fagan unha vez “ao comezo de cada mandato Corporativo”, é dicir, unha cada 4 anos, xa é ir demasiado lonxe porque aínda que non contradí directamente a lei si o seu espírito. Inicialmente o borrador da lei marcaba facer anualmente as revisións, pero logo deixouse sen periodicidade fixa para non saturar o traballo administrativo. Esta liberdade, como sempre, hai quen a aproveita para fuxir o que pode das súas obrigas.

Tamén tratan de reducir o traballo quitando algunhas normas do Plan Normativo Anual, e limitar a participación cidadá as novas normas excluíndo a participación nas revisións, que son as máis frecuentes e as que máis afectan aos cidadáns (especialmente as ordenanzas fiscais).

Agora encontrámonos cun regulamento que incumpre as propias normas que quere regular, triste comezo. Pedimos a retirada do punto do orde do día para que se cumprise coa propia norma, pero o sentido común parece non acompañaba a ningún dos membros do Pleno e ninguén fixo caso. Logo aprobaron o Regulamento e hasta a “suposta” oposición encomiou o traballo de recortar os dereitos dos naroneses recoñecidos pola lei.

Tristemente isto e o que temos, así nos vai.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 / E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
29 de junho de 2017 13:06
____________

A xestión sustentábel do territorio a debate, nunha xornada o sábado 8 de xullo en Pontevedra, organizada pola eurodeputada Lídia Senra, en colaboración coas asociacións Anova Terra, Irmandade Illa de Tambo, Colectivo pola Defensa do Patrimonio A Forneiriña, Umia Vivo e Plataforma pola Defensa do Patrimonio Termal


Xornada
A XESTIÓN SUSTENTÁBEL DO TERRITORIO
Sábado 8 de xullo de 2017
Pontevedra


O vindeiro sábado 8 de Xullo, deste 2017, terá lugar en Pontevedra, a xornada A XESTIÓN SUSTENTÁBEL DO TERRITORIO. DEBATE PARA AVANZAR NA GALIZA E EN EUROPA. Organizada pola eurodeputada Lídia Senra, en colaboración coas asociacións Anova Terra, Irmandade Illa de Tambo, Colectivo pola Defensa do Patrimonio A Forneiriña, Umia Vivo e Plataforma pola Defensa do Patrimonio Termal, a xornada está aberta á asistencia de todas as persoas que queiran participar, sen necesidade de inscrición previa.

O obxectivo da xornada será reflexionar entre todos e todas sobre a falta de respecto cara ao territorio que está a amosar a Administración galega e estatal e o desleixo e ataques que está a padecer o patrimonio arqueolóxico e cultural, os solos agrogandeiros e as augas termais e recursos hidrolóxicos da Galiza. Para iso, e tamén coa meta de poñer enriba da mesa alternativas para unha xestión sustentábel e solucións de futuro, desenvolveranse en horarios de mañá e de tarde varios relatorios e debates que abordarán os diferentes temas.

Programa do evento. | Acceder/Baixar.

Oficina de Lídia Senra na Galiza
Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268
Tlf.: +34.881.817.443

www.ageuropa.gal

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
29 de junho de 2017 12:42
____________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol formula a Solicitude da Cuestión Prexudicial ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, relativa á Planta de Gas de Reganosa - Para saber se as administracións ao aprobar as modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal obxecto de recurso, subverteu os obxectivos establecidos pola Directiva 2001/42/CE de Plans e Programas - A loita contra a ameaza, a ilegalidade e a corrupción no caso Reganosa continúa

PXOM de Mugardos, 19 de Abril de 2012 - Clicar na imaxe para ampliar

A loita contra a ameaza, a ilegalidade e a corrupción no caso Reganosa continúa. | O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol formula a Solicitude da Cuestión Prexudicial ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, relativa á Planta de Gas de Reganosa. | Para saber se as administracións ao aprobar as modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) obxecto de recurso, subverteu os obxectivos establecidos pola Directiva 2001/42/CE de Plans e Programas.


O Comité Cidadán de Emerxencia a través da súa asesoría xurídica ven de formular o 28 do actual, a solicitude da Cuestión Prexudicial ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, no recurso contencioso-administrativo contra a segunda modificación do PXOM de Mugardos que pretende legalizar a planta de gas de Reganosa, pendente de votación e fallo no Tribunal Supremo.

Trátase a través deste procedemento de valorar si se cometeu un fraude de Lei, e por ende, unha desviación de poder, ao utilizar a escusa da adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mugardos á Directiva 2001/42/CE de Plans e Programas, para así legalizar un uso e unha instalación declarada ilegal (a Planta de gas de Reganosa acumula catro sentencias condenatorias), mediante unhas novas modificacións que parten, loxicamente da existencia da instalación e do uso de regasificación, sen que previamente se analizara alternativa algunha (alternativa 0) para a súa localización, nin foi obxecto dunha Declaración de Impacto Ambiental, e que se valore tamén si a Directiva de Plans e Programas está prevista para legalizar unhas instalacións sobre as que non se realizou análise algún de alternativas.

Ferrol a 29 de Xuño de 2017

Achegamos o texto completo da Solicitude.
Escrito de Solicitude da Cuestión Prexudicial ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, relativa á Planta de Gas de Reganosa: Acceder/Baixar.

--
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
29 de junho de 2017 16:435
___________

Porta Nova versus plaza de España, ... Por Joam Tavia


Por Joam Tavia [*]
28.06.2017


Porta Nova versus Plaza de España

Solicito de vós um momento para um tema que tem a sua importância.

Estou-me a referir à mudança de nome da atual Plaza de España em Ferrol por Porta Nova. Este nome era o que tinha este espaço antes de que em 1953 o assassino Franco inaugurara a praça na que anos depois se instalou a sua estátua.

Quero parabenizar ao BNG e muito especialmente ao seu concelheiro e portavoz em Ferrol, Ivan Rivas, a recepçom, e por ter a valentia de levar ao pleno esta proposta da Fundaçom Artábria. Dizer que também outros a receberom sem qualquer resposta. Penso que temos aí umha pessoa importante para o futuro do Pais, jovem, preparado, valente e rigoroso. No só por esta ocasiom senom por muitas outras.

Dizer que a nomenclatura das cidades, é competência do pleno municipal, está apresentada pois, no lugar no que corresponde. A oportunidade nom deveria discutir-se pois temos que outras cidades irmans da Galiza como Lugo e Compostela já corrigiram esta aldragem há anos, voltando-a a nomear Praça do Obradoiro e Praça Maior, ao que antes também fora imposto como Plaza de España. Que a nossa cidade tenha especiais caraterísticas nom é óbice para nom fazermos o nosso trabalho, todo o contrário.

Contra esta proposta à luz do dia, democrática, antifascista e galega, estam-se a verter rios de lixo polos de sempre. É claro, defendem o seu ideário e nom permitem que Galiza tenha umha outra ideia de si que a que os seus antepassados e eles mesmos desenham. Acusam-nos de fomentar o ódio a Espanha com a que confessamos umha nula identificaçom nacional por muito que respeitemos ao seu povo. Seguramente muito mais do que eles.

Outros numha demagogia que bem conhecerdes manifestam nom ser cousa importante. Mesmo quem mais fala disto enche as corporaçons de propostas de medalhas e alaracas a virgens, como na nossa Ponte-Vedra, e mesmo acaba conseguindo tal aberraçom como no Cádiz espanhol (com a instimável ajuda de algumha pseudoesquerda, nom de toda felizmente)... mesmo acodem a atos de intimidaçom que sobardam as redes como o ataque ao mural comemorativo das irmandades.

Ferrol, por muito que nom queiram, é umha cidade galega, poda que mais de portas afora que de portas adentro mais é-o. E será no futuro, com ajuda de tod@s.

Terra, tempo e vontade!

Xam.

Envio-vos algumha ligaçom por se queredes mais informaçom.

https://www.facebook.com/xoan.tavia?ref=bookmarks

https://www.facebook.com/fartabria/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/06/28/plaza-espana-vez/0003_201706F28C2992.htm

Ainda se pode botar umha mao na rede. Semelha que a proposta vai ter mais apoios no pleno. Bem-vindos e parabéns a quem apoie isto. Salga ou nom seguro que paga a pena.

Para votar na rede:

http://www.lavozdegalicia.es/encuesta/ferrol/ferrol/2017/06/28/consideras-necesario-cambio-nombre-plaza-espana-ferrol/01031498644170141126687.htm

[*] Joam Tavia, Narón. Licenciado em História e membro da Fundaçom Artábria.

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
28 de junho de 2017 16:59

_________________

mércores, xuño 28, 2017

Convocatoria dun encontro da esquerda para valorar a situación municipal e os dous anos de goberno municipal en Ferrol - Este xoves, 29 de xuño, ás 19.30hs no Ateneo Ferrolán - Esta convocatoria pretende interpelar a todas esas persoas que consideren que é preciso reflexionar serenamente sobre a situación e tentar construír unha interpretación contrastada e compartida


Estamos no ecuador do mandato municipal. O pasado 24 de maio cumpríanse dous anos das últimas eleccións locais e o pasado 13 de xuño outros dous da elección de alcalde. Naquel momento o PP pasaba á oposición e formábase un goberno de esquerdas por medio dun acordo entre Ferrol en Común e o PSOE co apoio do BNG na investidura.

O programa e propostas electorais de Ferrol en Común e o Acordo co PSOE, abrían unha etapa de esperanza e ilusión. Para moitos/as coa lexítima ilusión de quen formaba parte do proxecto, outros/as máis críticos con Ferrol en Común, divididos entre quen pensaron que había que cooperar e que Ferrol en Común sería o primeiro interesado en procurar esa colaboración, e quen pensaban que era mellor non interferir porque calquera cuestionamento ao goberno só podía beneficiar ao PP.

En calquera caso, para todos/as abríase unha etapa chea de incógnitas no político, ás que se sumaban outras no ámbito máis inmediato e orgánico, como o funcionamento da coalición (EU-Anova-”Inscritos en Podemos”), ou o do Grupo Municipal de Ferrol en Común ou do acordo de goberno de Ferrol en Común co PSOE, así como a capacidade de diálogo co BNG como socio imprescindible de futuro para moitos acordos necesarios, ou a capacidade e compromiso das persoas que lideraban o proxecto, ou a vontade de ampliación da influencia social de Ferrol en Común, ou a súa consolidación como alternativa política, e mesmo a súa contribución á maduración dunha alternativa política galega máis aló de simples plataforma electoral…

Pero moito máis importante que todo isto era que se abría unha nova etapa presidida polas anunciadas políticas “claramente de esquerdas” e centradas na remunicipalización de servizos, na transparencia, na participación cidadá…

Neste momento boa parte daquelas incógnitas deixaron de selo. Ten pasado tempo suficiente como para saber cales son as prioridades, compromisos, capacidades e actitudes do goberno municipal, e podemos prever o que poden depararnos os dous anos escasos que restan de mandato.

Durante estes dous últimos anos todos/as nós temos falado en múltiples ocasións sobre estas cuestións. Seguramente de maneira informal, fragmentaria, con máis ou menos información contrastada… Seguramente teñamos comentado na nosa contorna persoal a preocupación pola inercia e a ausencia de proxecto do goberno local de Ferrol en Común “+2” e teñamos manifestado a preocupación polo futuro.

Esta convocatoria pretende interpelar a todas esas persoas que consideren que é preciso reflexionar serenamente sobre a situación e tentar construír unha interpretación contrastada e compartida. Non se trata de romper o goberno, senón que reaccione a favor do cumprimento do programa electoral e que a actitude da practica política municipal volva a ilusionar a súas bases sociais e ao conxunto da cidadanía.

Moitas persoas pertenceremos ao espazo político-electoral de AGE ou de En Marea, algunhas terán formado parte de Ferrol en Común, outras da Marea Ártabra, outras quizá de ningunha, pero en calquera caso todos/as compartiremos a preocupación polo futuro do concello de Ferrol.

Vémonos pois o vindeiro xoves, día 29 de xuño ás 19:30 hh. no Ateneo Ferrolán.

Enviado por:
Lucia Vizoso
-luciaxocaloma@gmail.com-
26 de junho de 2017 12:54

_____________

Presentación nos concellos de Ferrol e Narón dunha moción, en apoio ao exsindicalista da CIG Xesús Anxo López Pintos e contra a aplicación da Lei Mordaza - Moción promovida por André Abeledo, concelleiro de Esquerda Unida de Narón


Desde que se soubo o procesamento de Xesús Anxo López Pintos, exsindicalista da CIG, da que chegou a ser o seu Secretario Comarcal, polos feitos que sucederon no marco dunha protesta convocada polos comités de Navantia e Poligal, con motivo dun acto electoral do PP en Ferrol, no inicio da campaña das eleccións autonómicas de 2012, o compañeiro André Abeledo Fernández, concelleiro de Esquersa Unida en Narón, manifestou publicamente a súa solidariedade e promoveu a presentación de mocións nos concellos da Comarca. André Abeledo, tamén é sindicalista, membro do Comité de Empresa de Mercadona, empresa na que se deu unha importante loita contra a represión patronal, polo despido dun traballador por participar na Folga Comarcal do 12 de Xullo de 2013. Ante este despedimento, desatou-se un importante movemento de solidariedade, no que Pintos xugo un importante papel, mesmo enfrontando ao seu proprio sindicato de servizos que prohibía amosar solidariedade contra este abuso patronal, pola mera presencia de CCOO no conflito, á cal estaba enfrontada dentro do sector. Tal era a situación que mesmo a Executivas, tanto Galega, como Comarcal da Federación de Servizos, reprobaran a Cristina Martínez Ces, daquela Sercretaria Comarcal de Servizos, por participar nas mobilizacións de solidariedade e combate contra o despido patronal. Paradoxo do asunto é que hoxe André Abeledo e o resto de compañeiras e compañeiros que antes eran de CCOO, agora forman parte da CIG logo dun ano de corentena ao que foi sometido.


Este xoves 29 de xuño, van-se presentar mocións de apoio ao menos nos concellos de Ferrol e Narón, Unha moción solicitando o apoio ao ex-dirixente sindical e rexeitando a aplicación da chamada “lei mordaza.

Abeledo indicou que “entendemos que o caso de Pintos é un exemplo do retroceso lento pero inexorábel no exercicio dos dereitos civís que se está a vivir no Estado español  e dos métodos represivos e antidemocráticos aos que a dereita neoliberal recorre para acalar aquelas voces críticas coas súas políticas de recortes".E continua dixcindo: "Fronte a isto  ratificámonos na defensa "intransixente" do sistema de garantías e liberdades, conquista histórica do movemento obreiro. Sen un estado garantista non hai democracia”.

André Abeledo manifestou o seu total apoio ao compañeiro Pintos: "Non é de recibo que o noso compañeiro poida entrar na cadea por participar nunha protesta unitaria onde estabamos todas e todos aqueles que defendíamos o futuro da comarca de Ferrolterra. Naquela protesta estaban representados sindicatos, comités de empresa, partidos políticos, etc. A consigna debería ser ou todos ou ningún".

Sigue manifestando: "Pintos non pode ser a 'cabeza de turco que meta o medo no corpo as traballadoras e traballadores que queiran facer uso a lexítima protesta na rúa".

Abeledo fai fincapé en que "o xuízo contra Pintos é un xuízo contra a clase traballadora máis consciente, e supón a aplicación máis desapiadada da inxusta 'lei mordaza'. Dende a esquerda a idea de que as traballadoras e traballadores poidan pagar con cadea a súa participación en protestas é inadmisible".

MOCIÓN

Moción solicitando o apoio do consistorio ao veciño e ex-dirixente sindical Xesús Anxo López Pintos e rexeitando a aplicación da chamada “lei mordaza”

Rematada a fase de instrución, o Xulgado de Instrución 3 de Ferrol vén de emitir auto polo que abre xuízo oral e sinala a competencia da Audiencia Provincial para xulgar os feitos que sucederon no marco dunha protesta convocada polos comités de Navantia e Poligal, con motivo dun acto electoral do PP en Ferrol, no inicio da campaña ás autonómicas de 2012.

Acórdase así abrir xuízo oral que se desenvolverá na Audiencia Provincial dada a gravidade das acusacións.

En canto ás acusacións, por parte da Fiscalía atribúese ao compañeiro Pintos un delito de atentado e unha falta de lesións.

Recordemos que nas conclusións provisionais da Fiscalía en 2013 non se facía referencia á carga policial (que foi no seu momento cualificada como “brutal” por parte das organizacións sindicais da comarca), nin tampouco a como se produciu a detención de Pintos e moito menos á denuncia que este presentou por torturas e malos tratos na propia comisaría.

Mais tamén a aquela altura o Partido Popular, facendo valer a súa maioría absoluta, buscaba reprimir a contestación social a todo este paquete de políticas neoliberais perfectamente deseñadas, mediante o endurecemento do Código Penal e a imposición da coñecida como "Lei Mordaza".

Ben é certo que o PP finalmente decidiu retirar a denuncia contra Pintos, unha denuncia que nunca deberían de ter presentado, pero o caso é que o proceso xudicial sigue o seu curso.

Non é de recibo que o noso veciño poida entrar na cadea por participar nunha protesta unitaria onde estabamos todas e todos aqueles que defendíamos o futuro da comarca de Ferrolterra. Naquela protesta estaban representados sindicatos, comités de empresa, partidos políticos, etc. A consigna debería ser ou todos ou ningún.

Pintos non pode ser a "cabeza de turco" que meta o medo no corpo as traballadoras e traballadores que queiran facer uso a lexítima protesta na rúa.

O xuízo contra Pintos convertese deste xeito nun xuízo contra a clase traballadora máis consciente, e supón a aplicación máis desapiadada da inxusta "lei mordaza". Defendemos a idea de que as traballadoras e traballadores, nun estado de dereito, non poden pagar con cadea a súa participación nunha protesta, este é un feito inadmisible.

É a nosa obriga denunciar que a actual lexislación deixa en total indefensión a todas e todos os que protestan na rúa, nas redes, e a todos os niveles, por defender os dereitos e os intereses da clase traballadora. 

Neste contexto de deterioro socioeconómico e do estado de dereito, foi no que os comités de Navantia e Poligal acordaron realizar unha concentración ás portas do Hotel Almirante, na noite do 4 de outubro de 2012, coincidindo co acto do PP de inauguración da campaña ás eleccións autonómicas dese ano. A protesta, de corte pacífico, rematou cunha actuación policial desmedida e a detención de Pintos.

Entendemos que o caso de Pintos é un exemplo do retroceso lento pero inexorábel no exercicio dos dereitos civís que se está a vivir no Estado español  e dos métodos represivos e antidemocráticos aos que a dereita neoliberal recorre para acalar aquelas voces críticas coas súas políticas de recortes.

Fronte a isto  ratificámonos na defensa "intransixente" do sistema de garantías e liberdades, conquista histórica do movemento obreiro. Sen un estado garantista non hai democracia.

ACORDOS:
1. O Concello de Narón solicita a retirada da chamada “lei mordaza” e que deixe de aplicarse de inmediato.
2. O concello de Narón manifesta o seu apoio solidario para co veciño e ex-dirixente sindical Xesús Anxo López Pintos.
3. O Concello de Narón solicita que non sexa aplicada a “lei mordaza” as traballadoras e traballadores que como Pintos exercen o seu lexitimo dereito a protesta. 
En Narón a 22 de Xuño de 2017.


GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Información baseada na enviada por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
20 de junho de 2017 09:51
22 de junho de 2017 10:55
26 de junho de 2017 12:52
_________________