sábado, novembro 18, 2017

A asociación veciñal 'O Rosario' do Inferniño fai balanzo das demandas veciñais ao Concello de Ferrol - Informe da situación actual do barrio para coñecemento xeral e demandar a atención do Goberno local - Reportaxe fotográfica


Informe da situación actual deste barrio do Inferniño para coñecemento xeral e demandar a atención do Goberno local


BARRIO DO INFERNIÑO


Esta directiva presenta as seguintes demandas as administracións públicas co fin de impulsar a boa convivencia da veciñanza.

Mención especial merece este tema da inmigración onde existe unha presenza de persoas de distintas nacionalidades que merecen atencións con programas de convivencia e integración social, Participación Cidadá, coñecemento costumes, gastronomía e intercambio culturais, lingua e cultura Galega, dereitos socio-laborais, ... etc.

A Educación dos fill@s debe ser unha responsabilidade de todas as administracións públicas e a comunidade educativa para esixir máis recursos para os Centros Públicos. 

Demandamos  programas de prevención de drogas onde a mocidade é vítima do ataque das mafias organizadas por ser o sector máis feble e prevención de delitos.


PRAZA DO INFERNIÑO


Consideramos que esta PRAZA DO INFERNIÑO representa o espazo público máis importante do barrio e unha das prazas máis vivas da cidade de Ferrol por seu uso e diversidade. Ten ZONAS ARBÓREAS E VERDES para uso e desfrute da cidadanía polo que debe ter un mantemento continuo en concepto de podas, zonas verdes, bancadas, papeleiras e mobiliario.

Denunciamos a retirada ocupación de camións de atraccións infantís PRIVADAS por longos períodos  na zona central da Praza que entendemos unha PRIVATIZACIÓN continuada deste ESPAZO PÚBLICO para malestar das persoas maiores destes barrios .

Denunciamos tamén as repetidas escenas de adoutrinamento relixioso por megafonía para malestar dunha parte da cidadanía.


PARQUE INFANTIL

Destacamos o grande uso por parte dos nenos e nenas de todas as idades. Tendo en conta que estamos a falar de nenos/as de moi curta idade, demandamos do concello máis atención co lecer da infancia seguindo as normativas europeas e comunitarias de parques infantís en cuestión de seguridade, materiais, xogos, etc.


CENTRO COMERCIAL


O Centro Comercial ten as súas plantas superiores os locais comerciais  baleiros motivada a súa mala xestión dos distintos gobernos municipais de Ferrol. Lembramos que uns 10 anos, un grupo de comerciantes e esta Asociación denunciabamos a mala xestión e incumprimentos do PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, pedindo o seu RESCATE.

Lembramos varias campañas enganosas para reivindicar a construción dunha gardería ou Ludoteca pública contemplada no PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, onde indica textualmente na súa cláusula 1.2 - ...engadir un mínimo de 250 m2 de superficie edificable sobre rasante para destinala a un Centro de ensino, Preescolar- Gardería.

Nosa preocupación crece pola ausencia de proxecto dos gobernos municipais con este Centro Comercial para o obxecto que foi construído con investimentos de recursos públicos. Lembramos que está RESCATADO polo concello de Ferrol e intervido por decisión xudicial cunha DÉBEDA de case 500.000€.

Necesitamos coñecer o momento actual deste Centro Comercial e o seu futuro comercial.


APARCAMENTO PORTANOVA PARK S.A.


Nestes últimos anos en especial en xaneiro-2011 realizamos varias reclamacións e queixas ante o Rexistro Xeral Municipal do Concello de Ferrol para denunciar o abusivo cobramento nas TARIFAS da Empresa concesionaria PORTANOVA PARK S.A. e pedir o cumprimento do Prego de Condicións así como ofrecer aos usuarios todas as garantías legais e SANITARIAS ante o seu estado de abandono. Houbo unha tímida resposta de mellora de súas instalacións e dispositivos electrónicos.

A nosa solidariedade e denuncia cos 4 traballadores, ante a escapada e desaparición da empresa concesionaria da xestión deste aparcadoiro. Existe compromiso do Alcalde e Concelleiro de persoal para dar solución a este escándalo polo que esiximos unha rápida solución dos 4 traballadores abandonados neste aparcadoiro.
       
* Instamos ao goberno municipal a unha solución para este aparcamento.


CENTRO CULTURAL – BIBLIOTECA


Demandamos un Centro Cultural Carvalho Calero como  un lugar de encontro da Cultura para realizar programas sociais de tipo; Programas de Muller, Programas Xuventude e Infancia; Persoas maiores e a Integración social – inmigración.

Levamos 2 anos denunciando o PECHE da BIBLIOTECA sen resultados ou esperanza de súa apertura que consideramos inaceptable polo que esiximos a súa apertura de usos para estudantes e usuarios.

* Amosamos o estado das butacas do Salón de Actos.

* Pedimos o tapizado ou renovación.

O Salón de Actos deste Centro Cultural está infrautilizado, que carece de toda programación cultural e artes escénicas. Demandamos unha programación socio- cultural estable para o fin que foi construído.
Preguntamos polas OBRAS da cuberta e mellora deste Centro Cultural que estaban anunciadas e listas para executar.

Insistimos en que a xestión de APERTURA e CONTROL das chaves das dependencias de carácter municipal como o Salón de Actos e sala de Exposicións deste Centro Cultural debe ser utilizado e controlado polo Concello de Ferrol a través da Area de Cultura.


FEIRÓN


Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, pide manter unha patrulla de Policía municipal de control da normativa para vehículos, accesos, permisos e esixir o cumprimento da Ordenanza Municipal e implantar a Tarxeta Identificativa, indicando o tipo de venda, mercadoría, foto propietario e sinatura concellaría municipal.

*  Cobramento das TAXAS MUNICIPAIS polo Concello de Ferrol.

*  A XESTIÓN e cumprimento da Ordenanza Municipal Mercados debe preservar todas as garantías de calidade sanitarias e óptima xestión cara a cidadanía.


ÁRBORES SEN PODAS E RAÍCES


Esta Asociación veciñal expresamos a nosa queixa e malestar pola falta de mantemento nas árbores desta zona do Inferniño. Observamos que non se fan as podas anuais e van 2 anos consecutivos sen este mantemento para fortalecer e coidar as árbores que dado seu abandono están en parte  invadindo as vivendas da veciñanza.

Reclamamos un plan de podas e mantemento das árbores do Inferniño e demandamos un informe técnico de árbores inadecuadas polo exceso de altura e por levantar as beirarrúas as súas raíces como as actuais fronte a parada de taxis, na Estrada de Castela.
   
Outra cuestión que molesta e moito a cidadanía,  é a falta de urbanidade e convivencia dalgúns propietarios de seus cans que abandonan as CACAS nas beirarrúas co conseguinte malestar veciñal.


SEN PARTICIPACIÓN CIDADÁ


Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño participou activamente dende o principio no desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá e os seus órganos participativos así como no deseño dos Orzamentos Participativos da Cidade de Ferrol.

O movemento veciñal e a Comisión de Control, órgano de Participación cidadá, pediron a dimisión do anterior concelleiro do goberno do PP de Participación Cidadá por substituír os órganos e procesos do Regulamento de P.C. polo coñecido Plan de Barrios que consistían en xuntanzas coas directivas das Asociacións e así substituír e fulminar os procesos participativos dirixidos a toda a cidadanía.

O actual goberno repite o mesmo sistema, e ademais empeora coa falta de convocatorias das ASEMBLEAS DE BARRIO, FOROS CÍVICOS ou CONSELLOS SECTORIAIS e incumprimentos ante a cidadanía pola falta dos ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS.

Non se cumpre a promesa de convocatoria para xaneiro do CONSELLO da VECIÑANZA e as candidaturas para a COMISIÓN PERMANENTE de Participación Cidadá que quedou no máis absoluto esquecemento.

En  materia das actuais políticas participativas, a nosa valoración é de SUSPENSO absoluto.

- A xunta directiva.-

Ferrol, a 18 de Novembro de 2017 .-






ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO - INFERNIÑO
avvorosario@gmail.com
http://orosario-inferninho.blogspot.com



Detalle de falta de mantemento na terraza do Centro Comercial.


Instamos ao goberno municipal a unha solución para este aparcament



Amosamos o estado das butacas do Salón de Actos

Pedimos o tapizado ou renovación



Enviado por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
17 de novembro de 2017 21:11

_____________

Hoxe sábado 18 de novembro dentro dos Actos contra a Violencia Machista organizados por Ti e Máis Eu Teatro e a Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza: actuación das Cantareiras Xirafeiras e Airiños de Fene e o venres 24 'Construíndo un mundo de Respecto', relatorio da psicóloga Sandra Izaguirre


Hoxe sábado 18 de novembro dentro dos Actos contra a Violencia Machista organizados por Ti e Máis Eu Teatro e a Asociación de Mulleres de Caranza: actuación das Cantareiras Xirafeiras e Airiños de Fene e o venres 24 "Construíndo un mundo de Respecto", relatorio da psicóloga Sandra Izaguirre.

Onte venres foron os Amigos do Acordeón de Sigüeiro, os que actuaron no Centro Cívico de Caranza. Todos os actos son ás 8 da tarde e a entrada é de balde até completar aforo.

No Centro Cívico de Caranza pode-se visitar unha Exposición relacionada con esta campaña contra a Violencia Machista centrada ao redor do 25N como efeméride declarada como "Día Internacional pola Eliminación da violencia contra a Muller".  Día, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.

Enlace ao sitio oficial do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. | Ir á Web.


https://youtu.be/U4YxbGc8-4U

Ti máis Eu Teatro, asociación que coordina, en Ferrol, desde 2012, os Domingos a Escena, unha programación do teatro aficionado. Organiza o Festival Internacional de Teatro Amador e Artes Escénicas 'EstéNarúa' que vai pola súa quinta edición. E outras actividades de interese cultural e artístico. Mais tamén é unha asociación que tamén fai activismo social. | tiemaiseuteatro@gmail.com | A asociación nas redes: Facebook.

A Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza, é unha asociación dedicada ao activismo en prol dos dereitos das mulleres, pola igualdade, contra a violencia e a pobreza. Organiza unha Escola-Obradoiro no barrio. (Local Social: Avda. Castelao, Blq. 37 Baixo, Lateral Dereita. 15406 - Ferrol).

Nos últimos meses, as mulleres destas dúas asociacións promoveron un movemento veciñal asembleario, contra a imposición do gas natural, na vez do propano que resulta moito mais barato a miles de familias (Só en Ferrol sobre 3.500), moitas delas empobrecidas pola situación de declive socioeconómico da cidade. A directiva da asociación veciñal de Caranza, actuando como axente comercial de Gas Natural Fenosa e da súa filial Gas Galicia SDG, pretendía vender como irremediábel o paso dun combustíbel a outro. A audacia e inconformismo das mulleres destas asociacións, conseguiron unha verdadeira rebelión veciñal contra esta imposición.
_________

venres, novembro 17, 2017

Portas xiratorias en Navantia


Dende EU Narón queremos insistir na importancia da defensa das empresas públicas pois deben ser a base para manter e mellorar os servizos, algo que repercute positivamente na sociedade.

Por esa razón manifestamos a nosa repulsa e denunciamos calquera acto de utilización do público para beneficio propio. Esta debe ser unha norma básica dentro do código de conduta das empresas públicas.

A obxectividade debe ser a premisa. Os “premios” que empresas beneficiadas poden dar aos responsables de outorgar "concesións" deberan ser perseguidos por algún organismo asociado a Lei de Incompatibilidades, que cun seguimento real e un réxime sancionador acorde que tente eliminar as tentacións a este tipo de actos, nada éticos, aínda que puidesen ser “legais”.

En Navantia dáse o caso dun Director de Estaleiro que se vai, con excedencia ou sen ela, a unha empresa á que se axuntou Navantia formando unha UTE, para levar a cabo o proxecto da eólica mariña en Navantia Fene. Tiveron que facerse inversións nas instalacións e agora pasan a estar destinadas case totalmente para ese fin. Tras o cese do seu cargo como Director, ao pouco tempo pasa ao GRUPO DANIEL ALONSO, do que forma parte Windar.

Insistimos en que a obxectividade e a ética deben ser a primeira norma de calquera ente público.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
16 de novembro de 2017 10:30

_____________________

A Xunta publica no DOG a posta en marcha da Renda Básica das iguais que deroga a RISGA


A Xunta publica no DOG a posta en marcha da Renda Básica das iguais que deroga a RISGA


Obviamente o titular é falso. O dicimos na primeira frase para que ninguén leve a engano. Xa nos gustaría que moitas máis na Galiza e no Estado Español apostaran pola Renda Básica das iguais (RBis) como ferramenta para reorganizarmos a vida dende abaixo cunhas mínimas condicións para todas. Malia a nosa posición, avisamos que seguiremos teimudas nunha loita que desexamos que sexa compartida e que leve dentro moitas máis.

Luis González Reyes, Yayo Herrero (por citar só uns nomes) vaticinan que o sistema lévanos ao colapso, a unha moi grave crise que pagaremos con máis crueza as empobrecidas. Como agora, pero peor. Porén, non ficamos inmobilizadas polos augurios xa que precisamos movementos, resistencias, abrir reflexións que posibiliten saídas colectivas a esta tolemia do capitalismo.

En fronte temos, tamén teimudo,ao poder. Eles seguen a recuncar en medidas que afondan na desigualdade desbotando os indicios. Deste xeito, seguen a presentar parches ou esmolas como únicas estratexias posibles para xestionar a pobreza. Os mesmos responsables (ou colaboradores) do noso empobrecemento aparecen, así, como “os nosos salvadores”.

Seica en breve, algunhas din que antes de rematar 2017, a Consellería de Política Social vai publicar o decreto que desenvolve a RISGA (Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia). Case tres anos e medio de excepción na xestión desta faragulla. Están-no a facer á calada, non sabemos do borrador e das sorpresas que poden vir con el.

Moitas vimos denunciando a opacidade e a xestión a golpe de instrucións opacas desta axuda. Pero medo temos, dun documento -que de seguro virá anunciado con bombo e prato- que lonxe de ampliar o catálogo de dereitos sociais vai pór na escrita máis restritividade e control. Teremos que escoitar que non paran de medrar os orzamentos da RISGA, tentado facer esquecer que para iso as Axudas de Inclusión Social están en suspenso ou, máis grave, que esta renda apenas chega a un pequeno número de galegas que malviven na pobreza.

Ante isto, seguiremos a nós organizar, a visualizar o seu desastre de políticas, os seus negocios coas nosas necesidades, a inviabilidade dun sistema que sustentado en aniquilarnos e en responsabilizar aos individuos do fracaso, que para a maioría, supón este sistema.

Esiximos dereitos para todas, estamos fartas das faragullas, da xestión da miseria, de negocios coa nosa miseria e necesidades. Por iso: Renda Básica das iguais e moito máis!

Vigo, novembro de 2017

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)


Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
17 de novembro de 2017 09:42

______________

xoves, novembro 16, 2017

En novembro, no Ateneo Ferrolán, na Mostra Cinema e Sociedade 2017, falamos de infancia - A Mostra Cinema e Sociedade ten como obxectivo principal contribuír a coñecer a nosa realidade promovendo o debate por medio do uso do mundo da imaxe


En novembro, no Ateneo Ferrolán, na Mostra Cinema e Sociedade 2017, falamos de infancia.


DIA de COMADRES. FALAMOS de: INFANCIA
Novembro no #AteneoFerrolán ás 19:,30 h. Organiza: Asociación CONXEITO.

A Mostra Cinema e Sociedade ten como obxectivo principal contribuír a coñecer a nosa realidade promovendo o debate por medio do uso do mundo da imaxe e render unha homenaxe pública a entidades, homes e mulleres que veñen desenvolvendo a súa labor neste eido dun xeito comprometido coa sociedade. Velaí a creación da figura da Mención Especial que pretende recoller esa homenaxe. A Mostra “Cinema e Sociedade 2017” realizárase no espazo físico da comarca de Ferrol. A ubicación da Mostra poderá distribuírse en varias sedes ou localidades e a realización das súas actividades manterá un carácter multidisciplinar e sectorial, así coma rotativo, en función da demanda das entidades sociais interesadas na súa participación.

DÍA de COMADRES, será a vía directa que a Asociación CONXEITO ofrecerá a partir do presente ano coincidindo coa celebración mundial de eventos da loita social contra as diferentes enfermidades e discapacidades e desenvolverase en dúas modalidades:

a) A primeira aberta e pública con temáticas xerais que se desenvolverán nas sedes oficiais da Mostra.

b) Unha segunda vía reservada para aqueles Centros de Ensino ou entidades sociais que soliciten un tema concreto a desenvolver nos seus locais.

Cinema e Sociedade 2017” tentando chegar a un espectro máis amplo da sociedade invitará á participación directa no Cine Fórum a aqueles colectivos sociais implicados nas diferentes temáticas que se tratarán na mesma.

MOSTRA “CINEMA E SOCIEDADE 2017”. DÍA de COMADRES. FALAMOS de: INFANCIA

ATENEO FERROLÁN.
Programa. Novembro


Xoves 16 XUSTIZA ADAPTADA Á INFANCIA
19,30 h. Proxeccións:
AntiBulling. Amigas de Infancia. Fundación
Cine Fórum . Mesa Redonda
AGAMME (Estrela Gómez)
Psicóloga Forense (Beatriz Dorrio).

Luns 20 Niños y niñas: Adopcións especiales
19,30 h. Proxeccións:
Cine Fórum: “Fundación MENIÑOS
Ana González
Olalla Tajes

Venres 24 NENOS HIPERACTIVOS. ETIQUETAS .
19,30 h. Proxección:
Como identificar un niño hiperactivo
Diagnóstico y perfil de un niño hiperactivo
Cine Fórum: Mesa Redonda
ASPANEPS
ANHIDA

Luns 27 ACOSO ESCOLAR E NAS REDES
19,30 h. Proxeccións:
Acoso Escolar (3 min. 57 sgs.)
Bullyng Acoso (5 min. 8 sgs.)
Corto IES Carballo Calero.
Cine Fórum: Mesa Redonda.
IES Carballo Calero.
CEIP Recimil.
GALA MENCIÓN ESPECIAL
--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
16 de novembro de 2017 13:06

__________________

Hoxe xoves, 16 de novembro, presentación en Ferrol,das Bases Democráticas para unha nova Galiza, coa presencia de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e do concelleiro Iván Rivas, ás 8 da tarde no salón de Actos do antigo Hopicio, nas inmediacións da Praza de Amboaxe


Presentación, en Ferrol, da Bases Democráticas para unha nova Galiza


Día: xoves 16 de novembro de 2017.
Hora: 20:00 horas (8 da tarde).
Lugar: Salón de Actos, do Antigo Hospicio de Ferrol (Rúa Méndez Núñez, 11, nas inmediacións da Praza de Amboaxe).
Maps: Localización no Mapa.

Participará Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Iván Rivas, portavoz municipal.

As Bases Democráticas para unha Nova Galiza son unha proposta do BNG pensada para o contraste e o debate social con todos os axentes políticos, sociais e económicos do país.

A Galiza que queremos é necesario definila colectivamente, desde a suma de ideas e a unidade de vontades para construír un país mellor. Con elas queremos propoñer á sociedade galega un novo horizonte para o noso país.

Temos que avanzar cara un deseño político e institucional que nos garanta capacidade real para poñer en marcha unha Galiza próspera, xusta e igualitaria, capaz de crear riqueza e emprego e de garantir os servizos públicos e os dereitos sociais.

http://unpasoadiante.gal/

#UnPasoAdiante

http://ferrol.bng.gal/








Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
10 de novembro de 2017 12:27

_________________

Ante a entrada na Ría de Ferrol, do buque LNG Gallina, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este xoves 16 de novembro, ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do edifico da Xunta - Enlaces ás catro Sentenzas - Recursos e Alegacións


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 XOVES 16 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA

Hoxe xoves 16 de novembro de 2017, está prevista a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, o "LNG Gallina", de bandeira de conveniencia dE Singapur, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, para descargar nos tanques de Reganosa.

O buque "LNG Gallina" ten unha eslora total de 290 metros, unha manga de 42, un calado de 11,50 e unha capacidade de 135.269 m³. Este buque de enorme porte e grande capacidade, ten que entrar pola bocana da Ría e terá que cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque LNG / GNL cargado, para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 230 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Concentración sonora

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora. Este xoves ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Reganosa transnacional do gas

O caso é dar novas "positivas" de Reganosa de cando en vez, ou mais ben periodicamente cada unha ou dúas semanas. Agora veñen-nos ofrecendo as grandes dotes da dirección da empresa para situar a Reganosa no campo das transnacionais do gas. Falan que, despois de 10 anos de funcionamento, a gasista de Mugardos consolida-se no mercado global. Mais, a realidade é que apenas chegou a funcionar unha media ao redor do 30% da capacidade regasificadora. A que se vendía como empresa estratéxica para Galiza, a realidade amosou que non. Tivo que buscar outros negocios como o da especulación co gas, entra un buque e descarga e ao pouco entra outro para cargar o que acaban de deixar. e isto é algo que se repite con bastante frecuencia, mais a pouca transparencia da Autoridade Portuaria non deixa rexistro público do feito. Co que significa de aumentar o perigo para a poboación na descarga e carga. Todo un fracaso, mais non importa porque cobra das arcas públicas unha millonaria contribución que a mantén a flote e aínda chega para repartir dividendos. Todo va no recibo do gas.

Novo socio para Reganosa: Sojitz Corporation - Sojitz Regasificadora

Se cando entrou o penúltimo buque metanero, para a regasificadora de Mugardos, o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, anunciaba que o seu goberno apoiará e facilitará a ampliación de Reganosa, coa construción dun novo tanque, para, supostamente, contribuír ao proxecto dun Hub surtidor de GNL para buques. Agora, a entrada do
"LNG Eunugu", ven acompañada do anuncio dun ambicioso plan de negocios da transnacional nipona, Sojitz Corporation, que adquiriu Spanish First State Regasificadora (FSR) de capital australiano que leva na empresa gasista, desde hai 7 anos (Novembro 2010) con perdas constantes por culpa da operación. A corporación xaponesa, cambiou o nome da compañía a Sojitz Regasificadora (SR). Pendente duns trámites a corporación logrará contar cunha participación do 15% da Regasificadora do Noroeste.

Parece que á transnacional, ten un interese especial no negocio da exportación de gas que ten na actualidade, Reganosa, como alternativa ante a súa moi baixa taxa de actividade como subministradora de Gas á península, pola tamén baixa actividade das centrais de ciclo combinado e o engano de que se ía subministrar unha importante porcentaxe da produción a empresas do Grupo Tojeiro, como grande consumidor, feito que nunca se produciu. Á planta de Mugardos, veñen a cargar buques gaseiros con certa frecuencia, pois Reganosa exporta parte da súa produción a países asiáticos. A corporación
Sojitz busca ampliar a súa participación no mercado mundial do negocio do gas, pois xa pose terminais de LNG en Indonesia e Qatar.

Mais o negocio do gas de Reganosa, independente mente de estar dando saltos para diante con novos negocios e incorporacións, a terminal de Mugardos está fortemente cuestionada, por se construír apoiando-se na corrupción política e saltando-se a normativa medio ambiental e de seguridade, con catro sentenzas do máis alto tribunal (Tribunal Supremo) na contra. O que obrigou ao Goberno Español, presidido por Mariano Rajoy, o máis corrupto da historia do Reino, a tomar a decisión de eximir da avaliación de impacto ambiental á regasificadora de Mugardos, intentando chulear, deste xeito, o cumprimento das catro sentenzas mencionadas. Exención que está recorrida ante os tribunais. Que tome nota Sojitz Corporation.

O accionariado da gasista quedaría do seguinte xeito: o 24,31 %, da Xunta de Galicia, o Grupo Tojeiro, suma o 50,69 % do capital por medio das súas sociedades Gadisa e Forestal del Atlántico, SA; o 10% é de Sonatrach, empresa pública alxerina; e o 15% do que agora é titular First State Investment, pasaría á Sojitz Regasificadora.

Atrapados polo Gas (Informe) - Un lobby do gas gastou centos de millóns en influír sobre as políticas europeas


Outra nova nesta conxuntura, é que as empresas enerxéticas de gas gastaron máis de 100 millóns de euros, só en 2016, para intentar influír ás persoas encargadas de tomar decisións sobre o futuro enerxético da Unión Europea (UE). Esa é a conclusión á que chega o informe Atrapados polo gas publicado por Ecoloxistas en Acción e Corporate Europe Observatory (CEO).



Sentenzas

Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a través da súa Asesoría Xurídica, presentou ante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid un recurso contencioso-administrativo contra a desestimación do recurso de alzada contra a resolución, de 7 de xullo pasado, da Dirección Xeral de Política Enerxética do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que outorgou a REGANOSA a autorización administrativa e aprobou o proxecto de execución da Planta de Gas, e solicitando que se declare a nulidade de autorizacións e a paralización da actividade da instalación, perigosa, innecesaria, antieconómica e ilegal.

Alegacións

O pasado 4 de setembro de 2017, o Comité Cidadán, tamén presentou alegacións contra a ampliación da concesión (C-496-1) a REGANOSA, e instou aos concellos a que os seus representantes voten non a esta concesión no Consello de Administración da Autoridade Portuaria.

Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !
  • PECHE XA !
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Info baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de novembro de 2017 19:18
_______________

martes, novembro 14, 2017

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, continuará no feche até que se celebre o Pleno deste mércores


Un grupo de representantes da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización efectuou un feche nas dependencias municipais que pretende prolongar até o pleno de mañá mércores 15 de novembro. O obxectivo deste feche é chamar a atención e mostrar o rechazo ante o levantamento da suspensión da taxa municipal de saneamento, que fora aprobada durante o goberno de José Manuel Rey Varela e que, logo de ser suspendida a proposta do goberno de FeC-PSOE, no Pleno do 18 de setembro de 2015, e derogada provisionalmente en Febreiro deste ano 2017, agora quere ser instaurada de novo polo goberno de Jorge Suárez. Algo que con case seguridade conseguirá aprobar cos votos ou a abstención do PP.

A Plataforma critica a Suárez por cambiar o programa municipal, e incumprir todo o que aprobou e dixo que ía realizar nos primeiros meses de mandato, verán de 2015. Agora critican que goberne ao mandado de Socamex, parte privada da empresa mista EMAFESA.

Portavoces da Plataforma aseguran que Jorge Suárez debera ter entregado a xestión da depuradora a Augas de Galicia, porque o traballo que realiza agora EMAFESA carece de base contratual. Ademais cualifica de inxusto que a cidadanía de Ferrol teña que sanear as contas dunha empresa totalmente opaca, que ten enganado á cidadanía de Ferrol (a depuradora que non depuraba, os trialometanos, a taxa cobrada ilegalmente...), da que debemos desconfiar e non entregar-lle a xestión dun servizo tan importante como é a depuración de augas residuais.

Tampouco temos que asumir parte dos custes de financiamento dun sistema de saneamento obsoleto, que non separa as augas pluviais das residuais, obrigando a depurar a auga da chuvia, co coste enerxético engadido que supon, moi caro, grande consumidor de enerxía que se nos impuxo en Ferrol, ao que non se puido nin presentar alegacións (a exposición pública do proxecto fíxose en Ourense, dede da Confederación Hidrográfica Miño-Sil), e do que o único responsábel é o Ministerio de Medio Ambiente, a través de ACUAES. Que se paga con fondos europeos e case o 30%, temos que pagar a veciñanza dos concello de Narón e Ferrol. Cando non teríamos que pagar, como no resto dos lugares onde as obras a realizar son declaradas de interese público. Ademais de ser a Ría de Ferrol unha zona de especial sensibilidade. Por non falar da situación de declive económico e social desta Comarca (Desindustrialización, case dobre desemprego que no resto das cidades, emigración da xuventude, alto índice de envellecemento da poboación... ).

A Plataforma denuncia tamén o conxunto de chantaxes e mentiras que se verteron desde Emafesa e a Alcaldía, contra quen pretenderan actuar no camiño do rescate do servizo. Chantaxe ao que se sumou estes días Gas Natural Fenosa, dicindo que ía parar o subministro eléctrico ao sistema de depuración, coa conseguinte paralización, como se a súa paralización, non incurrira nun delito ecolóxico grave, obrigando a outras institucións a facerse cargo, como é o caso de Augas de Galicia, verdadeira responsábel da xestión desta infraestrutura.

Foto de M.C. Ferrol360 - 14 de novembro de 2017

A Plataforma segue insistindo que a situación actual resolveríase convertendo a Emafesa nunha empresa 100% pública e devolvendo a depuradora á Xunta de Galicia. Segundo os portavoces da plataforma “expedientar á empresa, levala ante a fiscalía, audita-la para demostrar a súa xestión contraria aos intereses da cidadanía de Ferrol. Ese é o camiño da recuperación do servizo e do mantemento dos postos de traballo, e non embolsar-lle os maís de 5 millóns de euros que disque lle debemos”.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | 690612737 | Fernando Ramos | 622932443 | Pablo Portero | 659855805 | Bernardo Rego | 603772650 | Lupe Ces | 652201003  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es


___________

luns, novembro 13, 2017

Glifosato, industria química e UE, ... Por Félix García Yáñez


Félix García Yáñez [*]
14.11.2017


Nos últimos vinte anos a utilización de pesticidas estendeuse no agro europeo. Práctica importada desde os USA que a Unión Europea foi incapaz de controlar ou frear. As grandes empresas que controlan a produción alimentaria mundial, a través de lobbies asentados en Bruxelas, operan como lanzadeiras para introducilos na axenda da PAC (Política Agraria Común Europea). Hai que recordar que a utilización de produtos herbicidas, onde o glifosato é o compoñente esencial, é a principal causa da contaminación das fontes e acuíferos de auga potable, da redución dos paxaros insectívoros, e da morte das abellas en amplas zonas de Europa.

Amais, o glifosato non é neutro para as persoas, xa que foi clasificado como probable axente canceríxeno polo Centro Internacional contra o Cancro (CIC), axencia da Organización Mundial da Saúde (OMS), encargada de inventariar os detonantes canceríxenos. Aparecido nos anos setenta o seu uso leva aparellado a redución da biodiversidade agrícola e botánica xa que mata sen distinción toda a materia verde como si fose un lanzachamas. A Comisión Europea despois de propoñer a súa re homologación por quince anos máis atópase hoxe debatendo autorizalo só para os próximos dezaoito meses, mentres procura acordar a súa total prohibición na agricultura da Unión Europea. O prazo acábase o 15 de decembro e os países están moi enfrontados nesta cuestión aínda que o Parlamento Europeo avoga por vetalo no espazo agrícola comunitario.  Na última reunión, oito de novembro, catorce países, entre eles España, defenderon prorrogar o uso durante cinco anos máis. En contra pronunciaronse nove e abstiveronse cinco. Francia segue a ser o país máis que máis se opón tal é así que o presidente Macron comprometeuse na campaña electoral a suprimilo no seu territorio.

O veto de uso é fortemente rexeitada polos medianos e grandes propietarios agrarios europeos que pensan que a supresión levaría consigo unha drástica redución das colleitas e poría a auto suficiencia alimentaria na man das empresas exportadoras americanas que non estarían sometidas a esta norma. Complementariamente están en xogo os beneficios da multinacional americana Monsanto que ten a patente. Segundo a Voz de Galicia só na comunidade úsanse máis dun millón de quilos ao ano para unha  superficie potencial de arredor de 650.000 hectáreas agrícolas cun custo que supera os dez millóns de euros.

Pola contra un recente estudo aparecido no número de febreiro da revista “Nature Plants” desmonta o argumento sobre a diminución dos rendementos agrarios. Durante tres anos traballaron nunha base de datos con información de un millar de grandes granxas agrarias francesas e compararon a produtividade coas explotacións lindeiras que mantiñan a mesma produción e o mesmo clima. O análises estatístico demostrou que só no 6% delas hai unha correlación directa entre o aumento da produción e o uso da química agraria. E que unha diminución do 30% no uso da química de sentises non tería efectos negativos sobre a colleita. O estudo vai máis alá e aclara que poderíase manter a produción agraria actual reducindo o 37% dos herbicidas, o 47% dos funxicidas, e o 60% dos insecticidas.

O traballo ven a confirmar as conclusións análogas de outras investigacións recentes. Como o estudo publicado en xullo de 2016 na revista “Scientific Reports”, sobre os rendementos de 150 campos de trigo franceses.

Mais o problema reside na dificultade de convencer aos labregos para que cambien o modelo para favorecer a rotación de cultivos, a diversidade biolóxica, e a limpeza mecánica dos campos. Neste eido a cidadanía europea tamén xoga un papel determinante para obrigar á Unión Europea a desenvolver unha PAC que potencie unha agricultura biolóxica, sen pesticidas, e con planificación ecolóxica global. E no que os concellos poden xogar un importante papel de concienciación. Municipios como os de A Coruña, Ourense ou Santiago xa aprobaron declaracións que prohiben o uso do glifosato nas tarefas de mantemento de parques e xardíns e no referente á limpeza da maleza.

[*] Félix García Yáñez -O Barco, 1954, é licenciado en Historia e Concelleiro de Riada Cidadá (O Barco de Valdeorras).

Enviado por:
Con Nome e Apelidos
-colectivosoeres@gmail.com-
13 de novembro de 2017 19:30

____________

Pedimos a todos os grupos municipais que se opoñan a levantar a suspensión da taxa - ... pola inviabilidade de que Emafesa poda executar a xestión do sistema, polo que pedimos que se esixa á Xunta de Galicia que encargue a depuración a Augas de Galicia, responsábel principal deste servizo - A situación actual resolveríase convertendo a Emafesa nunha empresa 100% pública e devolvendo a depuradora á Xunta de Galicia.

Foto de José Pardo - Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol - 10.11.2017

COMUNICADO DA PLATAFORMA - 14 DE NOVEMBRO DE 2017

O Pasado 7 de setembro, esta Plataforma emitía un comunicado[1] completo e argumentado, sobre o sistema de saneamento e depuración das augas residuais de Ferrol e Narón, onde rexeitabamos de plano que Emafesa puidera ser a que xestionara o sistema, entre outras irregularidades, por non cumprir coa lexislación ao respecto, e porque se soporta nunha cadea de encomendas de xestión irregulares, cuxo único obxectivo foi poñer en mans da empresa mixta de augas este servizo. Unha estratexia montada, que resultará moi prexudicial para as abonadas de Ferrol e Narón. Unha empresa endebedada até a medula, e un sistema de depuración nun limbo legal, desde que caducou o anterior convenio de 2014, en 9 de xuño de 2016, até que se asinou este novo Convenio o 1 de Agosto deste ano 2017, ao que non se lle deu publicidade no DOG até o 9 de Outubro.[2] Un funcionamento sen cobertura legal, faltando transparencia e participación cidadá en todo momento do procedemento administrativo, onde as numerosas preguntas e peticións de documentación feitas por rexistro, nunca foron atendidas.

A Plataforma exixe ao goberno municipal, facer unha auditoría real e integral sobre a xestión e a situación económica financeira de Emafesa, que inicie o proceso de rescate da xestión do servizo da auga, denuncie o Convenio con Augas de Galicia e lle entregue a xestión da depuradora, até que se cre un sistema supramunicipal de xestión, devolva a taxa indebidamente cobrada e comece cun proceso transparente e participado.

No pleno do pasado día 10 de Novembro, convocado unicamente para tratar o levantamento da suspensión da taxa, ouviuse de todo. Algúns concelleiros argumentaban que a taxa proposta a votación presentaba indicios de ilegalidade. Outros denunciaban que o Alcalde, facéndose portavoz da parte privada de Emafesa, os ameazase con repercusión legais. Tamén se dixo que o goberno municipal non fora receptivo a escoitar alternativas ofrecidas por grupos da oposición, as cales poderían axudar a solucionar este conflito. En todo caso, de consolidarse o conflito entre o Concello de Ferrol e a empresa mixta Emafesa, presentando esta última a petición de disolución ante do xulgado, a responsabilidade débena asumir todas as partes involucradas: Augas de Galicia, o goberno municipal de Ferrol e a parte privada de Emafesa (Socamex).

A actitude mantida polo goberno municipal de Ferrol nun tema tan importante como é o saneamento das augas residuais é inadmisíbel nunha sociedade que se define libre, democrática e participativa, que se asente nuns valores e principios non manipulábeis nin negociábeis. A xestión pública dos servizos comúns debe ser transparente e participada. A situación actual resolveríase convertendo a Emafesa nunha empresa 100% pública e devolvendo a depuradora á Xunta de Galicia.

Recordamos á cidadanía de Ferrol os seguintes feitos sobre este servizo municipal:

▲ Emafesa non ten un contrato que a lexitime para realizar a depuración nin tampouco para executar unhas obras que realizou no sistema sen o obrigado control e sen pliegos técnicos. Estes traballos deberían ser, en calquera caso, responsabilidade de Augas de Galicia.

▲ O Concello de Narón non asinou aínda ningún Convenio sobre a prestación deste servizo, nin tampouco acepta que sexa Emafesa o xestor do sistema de saneamento. Por outra banda só está disposto a pagar o coeficiente de vertedura establecido pola Lei de Augas de Galicia[3]. Isto quere dicir que, previsiblemente, de non mudar esta situación, serán os abonados e abonadas de Ferrol quen soporten o custo total da depuración de ambos concellos.

▲ Emafesa ten aínda sen aprobar os seus balances económicos anuais correspondentes aos anos 2014, 2015 e 2016. Tampouco o Concello de Ferrol logrou dispoñer da auditoría económica tantas veces anunciada e prometida.

▲ Todos os estudos realizados para o cálculo da taxa foron elaborados por Emafesa e non por unha terceira parte independente como debe ser obrigado.

En vista do anterior:
Pedimos a todos os grupos municipais que se opoñan a levantar a suspensión da taxa, non só pola falta de análise en detalle tanto dos custos incluídos na mesma como dos gastos até agora incorridos en reparacións, postas a punto e pola falta de acordo con Narón de como vai pagar polo servizo, senón tamén pola inviabilidade de que Emafesa poda executar a xestión do sistema, polo que pedimos que se esixa á Xunta de Galicia que encargue a depuración a Augas de Galicia, responsábel principal deste servizo.

Dada a deriva e arbitrariedade que este asunto está tomando, realizaremos un informe completo das efemérides e accións levadas a cabo por todas as partes, para o seu envío á Fiscalía e aos organismos de control das administracións públicas no caso de conflito con Emafesa.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | 690612737 | Fernando Ramos | 622932443 | Pablo Portero | 659855805 | Bernardo Rego | 603772650 | Lupe Ces | 652201003  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

Notas.-

[1]  Comunicado da Plataforma do 7 de setembro de 2017 | http://plataformaferrol.blogspot.com.es/2017/09/a-plataforma-exixe-ao-goberno-municipal.html

[2] RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2017, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no segundo cuadrimestre do ano 2017. | DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 | http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171009/AnuncioO143-280917-0001_gl.html

[3] Artigo 52º e Artigo 68º.4 da LEI 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. |https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20101118/Anuncio3BF46_gl.html

___________

sábado, novembro 11, 2017

A chantaxe non tivo efecto e o Pleno non aprobou a Taxa - Jorge Suárez convoca un novo Pleno Extraordinario, para o mércores 15 de novembro - Gas Natural Fenosa reclama unha factura de 920.835 euros - Vídeo do Pleno de hoxe 10 de novembro de 2017


Hoxe 10 de novembro era o enésimo pleno sobre a Taxa de Depuración, mais foi suspendido tras reclamar o Partido Popular un informe do Consello Consultivo de Galicia sobre a legalidade da proposta, para pronunciarse sobre a mesma. O PP propuxo retirar o único punto da orde do día: "Proposta de declarar finalizada a suspensión da aplicación da Ordenanza Fiscal  reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, publicada no BOE de data 3 de setembro de 2014". Proposta que saíu adiante cos 11 votos da bancada do Partido popular, contra os 5 de Ferrol en Común, 2 das non adscritas (Integrantes do Goberno Municipal) e 1 de Ciudadanos, e as abstencións de 3 do PSdeG-PSOE, 2 do BNG e 1 de Esther Leira (Non adscrita).

Escrito de Socamex

O Pleno realizaba-se nun ambiente enrarecido polas circunstancias que envolveron a súa convocatoria, onde días antes coñecía-se a existencia dun escrito de de Socamex,[1] parte privada de Emafesa, co 49% da participación, mais co 100% da xestión empresarial, con rexistro de entrada do 3 de novembro. Escrito onde fai referencia á súa solicitude de disolución, por perda patrimonial, ou en caso de insolvencia, concurso, formulada na pasada Xunta de Accionista, celebrada en 21 de setembro deste 2017. Socamex, di que está obrigada no prazo de dous meses, desde a citada Xunta, á tramitación xudicial de disolución da sociedade, para o que ten de prazo até o 21 deste mesmo mes de novembro.[2] Apuntando, a parte privada de Emafesa que se pode "eliminar a situación de despatrimonialización" que sufre a sociedade, como a causa da súa necesaria disolución, "rehabilitando a Taxa de Depuración Irregularmente Suspendida". Ademais pregunta-se como aínda non se deu curso ao padrón municipal que posibilitaría o cobro dos recibos anteriores á suspensión que segundo Emafesa ascende a 1,911.513 euros e que permitiría reequilibrar "a agónica situación financeira".

Ameaza e chantaxe

O mencionado escrito de Socamex, acompañado dun ditame xurídico, provocou unhas declaracións públicas ameazantes e de claro chantaxe, advertindo de posíbeis repercusións legais das concelleiras e concelleiros que se opuxeran co seu voto á aprobación do rescate da Taxa do PP , neste Pleno que foi precedido dunha improvisada xunta de portavoces coa presencia de secretario e interventor, para validar a "advertencia" do goberno municipal de Ferrol en Común e non adscritas, co alcalde Jorge Suárez de viaxe na cidade escocesa de Glasgow na cuarta edición da Atlantic Stakeholder Platform Conference. Participaba na "Advertencia", a través dun vídeo colgado en facebook previamente gravado. O día anterior a xunta de portavoces unha rolda de prensa de Alvaro Montes e Suso Basterrechea, no mesmo ton ameazante, sen asumir ningún tipo de responsabilidade. Para os dous edís, son o resto dos grupos que conforman a corporación municipal os culpábeis de ter chegado a esta situación.

Pleno curto máis bronco


https://youtu.be/DTSKhYFEHpc

Falaron: Alberto Espiñeira pola sección sindical da CGT; o presidente do comité de empresa, Jesús Castro;  pola Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización Servizos Públicos, pola Remunicipalización, interveu o noso compañeiro Alexandre Carrodeguas.

Logo polo grupo municipal do Partido Popular, antes do inicio do debate, Martina Aneiros, portavoz do grupo, solicitou a retirada do único punto da orde do día, amparando-se no artigo 92 do Regulamento de Organización (ROF e RX das EL).[3]

Beatriz Sestayo e Ibán Rivas, do PSdeG-PSOE e BNG portavoces dos grupos municipais do PSOE e BNG, interviron a continuación en termos moi duros co propio Alcalde e o portavoz de Ferrol en Común e Goberno Local, Álvaro Montes. E a edil non adscrita Esther Leira.

Declaracións do Alcalde despois do Pleno

En declaracións posteriores, unha vez rematado o Pleno, o Alcalde, Jorge Suárez, acusou ao Partido Popular de artellar unha estratexia de desgaste ao goberno, co obxectivo de asfixia-los, logo de que o pleno extraordinario no que estaba previsto levantar a suspensión a taxa do PP, como así demandaba Socamex no seu escrito.

Convocado un novo Pleno para o mércores 15 de novembro

Ao pouco de rematar o Plen, xa foi convocado un novo, coa mesma orde do día, para o vindeiro mércores, 15 de novembro, a partir das 9 da mañá. Jorge Suárez afirmou que non pediran o Informe ao Consello Consultivo de Galicia tal como demandou o Partido Popular, ao estimar que non son informes perceptivos e nós o que queremos é traer canto antes este punto a un novo pleno e onde cada un deberá de aceptar as responsabilidades que teña que asumir.

Gas Natural Fenosa reclama unha factura de 920.835 euros


Gas Natural Comercializadora decidiu rescindir o contrato de fornezo eléctrico a Emafesa, por débedas contraídas desde setembro de 2016, e que ascenden a un total de 920.835 euros, facturas que a empresa mixta non pagou alegando falta de liquidez.


Notas.-

[1] Escrito de Socamex dirixido ao Concello de Ferrol, con data de rexistro  de entrada do 3 de novembro de 2017. | Acceder/Baixar.

[2]  Real Decreto Legislativo 1/2010, de 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital. | Ir á Web do BOE.

Artigos (363.1.e, 365 e 366) relacionados no escrito de Socamex do RDL 1/2010.

Artigo 363. Causas de disolución.

1. A sociedade de capital deberá disolverse:

e) Por perdas que deixen reducido o patrimonio neto a unha cantidade inferior á metade do capital social, a non ser que este auméntese ou se reduza na medida suficiente, e sempre que non sexa procedente solicitar a declaración de concurso.

Artigo 365. Deber de convocatoria.

1. Os administradores deberán convocar a xunta xeral no prazo de dous meses para que adopte o acordo de disolución ou, si a sociedade fose insolvente, esta inste o concurso.

Calquera socio poderá solicitar dos administradores a convocatoria si, ao seu xuízo, concorrese algunha causa de disolución ou a sociedade fose insolvente.

2. A xunta xeral poderá adoptar o acordo de disolución ou, si constar na orde do día, aquel ou aqueles que sexan necesarios para a remoción da causa.

Artigo 366. Disolución xudicial.

1. Si a xunta non fose convocada, non se celebrase, ou non adoptase algún dos acordos previstos no artigo anterior, calquera interesado poderá instar a disolución da sociedade ante o xuíz do mercantil do domicilio social. A solicitude de disolución xudicial deberá dirixirse contra a sociedade.

2. Os administradores están obrigados a solicitar a disolución xudicial da sociedade cando o acordo social fose contrario á disolución ou non puidese ser logrado.

A solicitude haberá de formularse no prazo de dous meses a contar desde a data prevista para a celebración da xunta, cando esta non se constituíu, ou desde o día da xunta, cando o acordo fose contrario á disolución ou non se adoptou.

[3] Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. (ROF e RX das EL) | Ir á Web do BOE.

Art. 92.

1. Calquera Concelleiro poderá pedir, durante o debate, a retirada dalgún expediente incluído na orde de día, a efecto de que se incorporen ao mesmo documentos ou informes, e tamén que o expediente quede sobre a mesa, aprazándose a súa discusión para a seguinte sesión. En ambos casos, a petición será votada, tras terminar o debate e antes de proceder á votación sobre o fondo do asunto. Si a maioría simple votase a favor da petición non haberá lugar a votar a proposta de acordo.

2. No caso de que se trate de asuntos non incluídos na orde do día que requiran informe preceptivo da Secretaría ou da Intervención, si non puidesen emitilo no acto, deberán solicitar do Presidente que se aprace o seu estudo quedando sobre a mesa ata a próxima sesión.

Cando dita petición non fose atendida, o Secretario farao constar expresamente no acta.

_________

venres, novembro 10, 2017

Esquerda Unida Narón esixe a xestión directa da rede de saneamento e depuración por parte da Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia. - Noutra orde de cousas, insta ao Goberno Local poñer en marcha unha campaña de fomento do cooperativismo en Narón


Esquerda Unida Narón esixe a xestión directa da rede de saneamento e depuración por parte da Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia

André Abeledo defendeu que Narón non debe asinar ningún acordo que non pase pola xestión directa da rede de saneamento e depuración por parte da Xunta.

Narón non pode poñerse nas mans de EMAFESA. Lembremos todo o que rodea a EMAFESA en materia de xestión económica financeira, dende contas infladas ata incumprimentos, ademais dunha situación económica insostible cunha débeda millonaria.

Abeledo, advirte do perigo que supón que a parte privada de Emafesa (Socamex)  sería quen  imporía sempre o seu criterio e as súas contas, claro está para conseguir o maior beneficio posible e conseguir sanear as súas contas.

André Abeledo remarcou que dende EU NARÓN defendemos a necesaria transparencia que datos reais e contrastados estableza o custo do servizo.

Defendemos que se adopten medidas para evitar o gasto enerxético que dispara o custo económico.

Insistimos en que a Xunta e do Goberno central deben contribuír economicamente para facer fronte a este servizo.

Unha obriga ineludible tendo en conta que non asumiron todo custo das obras, custo que aínda por riba incrementouse para os Concellos por mor dos atrasos de execución. Uns atrasos dos que Narón non é responsable.

Abeledo insiste en que ao Goberno Local a que defenda os intereses da veciñanza e que non asine un convenio que vai hipotecar o futuro de Narón.

Entendemos que o acordo é de dubidosa legalidade, e pretenden que a sinatura do Concello de Narón déalle a aparencia de legal e consensuado polas Administracións.

---

Abeledo insta ao Goberno poñer en marcha unha campaña de fomento do cooperativismo en Narón

Para dar cumprimento a Moción presentada por EU Narón e aprobada en Pleno en Febreiro de 2016.

André Abeledo insta ao equipo de goberno a traballar nunha campaña de información, formación e fomento do cooperativismo.

Abeledo entende que esta campaña é urxente unha vez os presupostos contemplan unha partida  para dar axudas as veciñas e veciños de Narón que busquen autoempregarse poñendo en marcha unha cooperativa.  Axudas que se poderán solicitar a partir de Xaneiro do 2018.

EU de Narón levou de Febreiro de 2016 a moción para fomentar o cooperativismo en Narón da que parte esta iniciativa. Naquela Moción Abeledo propuxo ao Concello configurar un proxecto de viveiro de cooperativas para pór á súa disposición instalacións básicas; promover cursos de formación e asesoramento para emprendedores.

Despois de diferentes reunións de traballo entre EU e o equipo de Goberno chegouse a conclusión de que a mellor opción é a da colaboración económica cós novos cooperativistas naroneses e os presupostos contemplan unha partida para traballar neste sentido.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN
    
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
9 de novembro de 2017 17:02
9 de novembro de 2017 17:00

________________________

xoves, novembro 09, 2017

Atividades previstas para esta fim de semana, na Fundaçom Artábria, o 10 e 11 de novembro: A sexta-feira coa apresentaçom da Banda Desenhada... O sábado con Antón Cortizas ensinará-nos a arte milenar dos Origamis...


A seguir informamos das atividades previstas para esta fim de semana na Fundaçom Artábria

Na sexta-feira, 10 de novembro, decorrerá a apresentaçom da Banda Desenhada "Lucas Ferro Caaveiro, a autêntica rebeldia galega". No ato, que começará às 20.30hs e intervirám Henrique Sanfiz e o ilustrador Carlos Sardinha.

+info: https://www.youtube.com/watch?v=Q9bvzFXP9yw


No sábado 11, contaremos com um novo atelier para crianças e familias. Desta volta, Antón Cortizas ensinará-nos a arte milenar dos Origamis. A atividade é pensada para crianças a partir dos 5 anos. Precisa-se de inscriçom prévia, a qual é gratuita e há um límite para 15 crianças.

Podes fazer a inscriçom escrevendo para correiodeartabria@gmail.com ou ligando para o telefone 671 200 160 (Lara).
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
9 de novembro de 2017 12:39
_________________

Segunda convocatoria da Asemblea Cidadá Aberta: para a realización de propostas de organización, constitución e elaboración dun plan de traballo - Venres 10 de novembro ás 18:30hs no Ateneo Ferrolán


CONVOCATORIA DE ASEMBLEA CIDADÁ
DIA: VENRES 10 DE NOVEMBRO
HORA: ÁS 18.00hs.
LUGAR: ATENEO FERROLÁN


O próximo venres 10 de Novembro terá lugar a convocatoria dunha nova asemblea cidadá aberta, na que se dará continuidade á tida lugar o pasado 28 de Outubro. A cita será ás 18.00 horas, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

Na asemblea aberta do pasado 28 de Outubro, un grupo de  persoas, participantes a título individual, preocupadas pola situación social, cívica, económica, laboral e institucional de Ferrol, estivemos a falar en torno a fomentar a participación da veciñanza na vida do concello, á construción dunha alternativa desde abaixo, desde a pluralidade de inquedanzas, e a necesidade de concretar obxectivos comúns, e tamén o coidado dos procesos, a través do diálogo, da flexibilidade, da transparencia e da horizontalidade.

Tamén concretamos unha orde do día para esta nova asemblea, para traballar na realización de propostas de organización, constitución e elaboración dun plan de traballo.

Resumo da Primeira Asemblea Cidadá do pasado 28 de Outubro

O sábado 28 de Outubro, no Centro Cultural Carvalho Calero, tivo lugar unha asemblea cidadá que reuniu un grupo de persoas a título individual en torno á súa preocupación pola situación social, cívica, económica, laboral e institucional de Ferrol. Entre as asistentes, atopábanse persoas participantes en diversos movementos asociativos e sociais, sindicais e veciñais,e mesmo varias persoas que teñen formado parte do goberno municipal. Isto reflectiu e posibilitou unha pluralidade de visións e perspectivas que guiará o proceso de creación dunha posible alternativa social e política.

Nesta primeira Asemblea foron de especial relevancia as reflexións en torno a fomentar a participación da veciñanza na vida do concello, á construción dunha alternativa desde abaixo, desde a pluralidade de inquedanzas, e a necesidade de concretar obxectivos comúns, e tamén o coidado dos procesos, a través do diálogo, da flexibilidade, da transparencia e da horizontalidade.

Neste contexto, expresouse a vontade da Asemblea de continuar o proceso de construír e afondar unha alternativa social e política para a cidade de Ferrol, e para iso emprazámonos para unha nova asemblea cidadá aberta a todas aquelas persoas que desexen participar, para o venres día 10 de Novembro. A orde do día desta seguinte convocatoria centrarase na realización de propostas de organización, constitución e elaboración dun plan de traballo.

Contacto para Comunicación:
Xaime Aguiar
675 357 630
procesoferrol@gmail.com
Documento: Hai Alternativa - Hai Posibilidade, en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
Proceso Ferrol
-procesoferrol@gmail.com-
29 de outubro de 2017 13:05
8 de novembro de 2017 23:47

________________