xoves, maio 17, 2018

Queremos Galego na Quintana no Día das letras 2018 - O galego non para... - Vídeo


Queremos Galego na Quintana no Día das letras en Santiago de Compostela, o 17 de maio de 2018.

Pasadas as 12 do mediodía comezaba a manifestación nacional pola lingua, despois de percorrer as rúas de Compostela, remataba nun acto na Praza da Quintana.

Presentamos un amplo detalle do acto, o comunicado da plataforma e a intervención do presidente da Mesa de Normalización Lingüística, Marcos Maceira, ...

En galego día a día Mantemos o galego vivo día a día.

O galego non para...

#EnGalegoDíaADía


https://youtu.be/Vi8LS_Vh_7o

Sitio na Web de Queremos Galego

http://www.queremosgalego.gal/

Sitio Web da Mesa Pola Normalización Lingüística

https://www.amesa.gal/
_________________

A Fundaçom Artábria celebra o Dia das Letras com um intenso programa de atividades, para este sábado, 19 de maio: umha ruada-normalizadora percorrerá várias ruas... ruada-normalizadora percorrerá várias ruas... espetáculo Rádio Bule Bule de Paco Nogueiras... o cantor ferrolano Óscar Fojo e os vigueses Liska... E o 17 de maio, dentro do bloco reintegracionista na mobilizaçom nacional convocada pola Plataforma Queremos Galego em Compostela


Fundaçom Artábria celebra Dia das Letras este sábado com um intenso programa de atividades


A nossa entidade tem programada umha intensa jornada para este sábado, 19 de maio,com motivo do Dia das Letras.

As atividades comezarám às 12.00hs, quando umha ruada-normalizadora percorrerá várias ruas de Esteiro e da Madalena rematando na Porta Nova.

Às 13.30hs decorrerá umha sessom vermute.

Posteriormente haverá jgrelhada onde se poderám comer Liscos e chouriços a preços populares à que nom é precisso apontar-se previamente.

Às 17.00hs chegará o primeiro prato forte do dia com o espetáculo Rádio Bule Bule de Paco Nogueiras que ponheram a todas as crianças a dançar e cantar em galego.

Para assistir ao espetáculo há que colher convite no Centro Social de maneira gratuita. Já ficam menos da metade.

Serám a partir das 22.30hs quando o cantor ferrolano Óscar Fojo e os vigueses Liska, com o seu ska de combate, fechem esta jornada lúdica e de reivindicaçom.

No dia 17 a Fundaçom Artábria participará dentro do bloco reintegracionista na mobilizaçom nacional convocada pola Plataforma Queremos Galego em Compostela. 

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
16 de maio de 2018 21:18

_________________

Valoración da primeira posición sobre a PAC 2021-2027 aprobada hoxe pola Comisión de Agricultura do PE - Lídia Senra: 'É urxente e imprescindíbel socializar o debate sobre a nova Política Agraria Común' - A Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural aprobou hoxe unha posición sobre a nova PAC; será votada na plenaria do PE a finais de mes - A Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural aprobou hoxe unha posición sobre a nova PAC; será votada na plenaria do PE a finais de mes


Valoración da primeira posición sobre a PAC 2021-2027 aprobada hoxe pola Comisión de Agricultura do PE. | Lídia Senra: “É urxente e imprescindíbel socializar o debate sobre a nova Política Agraria Común”. | A Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural aprobou hoxe unha posición sobre a nova PAC; será votada na plenaria do PE a finais de mes. | As eurodeputadas/os presentaron máis de 1.000 emendas a un texto que, segundo Senra, mesmo empeora a proposta inicial da Comisión


Esta mañá a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo (PE) aprobou un informe de iniciativa propia (INI) co que aspira a configurar a posición da Eurocámara en relación á proposta de Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027 que a Comisión Europea vai presentar formalmente nas vindeiras semanas. Este INI será votado na sesión plenaria do PE que terá lugar do 28 ao 31 de maio en Estrasburgo.

Para Lídia Senra o documento aprobado hoxe, que adoptou o mesmo título que o presentado pola Comisión Europea a finais do ano pasado  -“O futuro da alimentación e a agricultura”, do que Senra xa mostrou no seu momento a súa crítica-, “lonxe de mellorar, agrava a posición europea”, polo que loxicamente opúxose co seu voto.

A eurodeputada galega, coordenadora do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, reiterou hoxe a súa preocupación polo que identifica como “perder a oportunidade de realmente termos unha política agraria común que garanta labregas e labregos, pequenas e medianas explotacións, producindo alimentos no territorio e mantendo un medio rural vivo”.

A PAC actual, advertiu, “está eliminando o campesiñado europeo, o número de explotacións agrarias segue a diminuír. Que máis indicadores son precisos para asumir que estas políticas agrarias están destruíndo o medio rural labrego?”. E a nova proposta que está a facer dende as institucións europeas vai tamén na mesma liña, “a nós non nos serve nin a PAC actual nin a que están a propor para o período 2021-2027. Considero que é importante mandar unha mensaxe forte de que estas políticas agrarias non son as que queremos para a UE”.

A eurodeputada galega subliñou que no informe elaborado polo PE foron detectados aspectos que incluso empeoran o actual marco lexislativo comunitario, como por exemplo a consideración do sector forestal dentro da PAC, “unha visión política que apunta máis á capitalización do mundo rural que a unha verdadeira preocupación por establecer un marco que garanta unha produción de alimentos sans en base a un modelo respectuoso co medioambiente e que facilite o asentamento de poboación no medio rural europeo. A CE observa as zonas rurais como extensións de territorio nos que extraer aproveitamento económico, non ten en conta nin a cuestión da soberanía alimentaria dos pobos nin a relevancia de contar con un sistema de produción que manteña a alimentación nas mans das labregas e labregos”.

Outra consideración a ter en conta é a vontade da CE de apoiar ás organizacións de produtores/as, “en detrimento das organizacións sindicais agrarias”, cuestión que ademais vai paralela á práctica desaparición do debate con respecto aos prezos dos produtos agrarios. “É fundamental recuperar como unha cuestión central a fixación de prezos que cubran o custo de produción e o traballo das labregas e labregos. Unha cuestión tan seria como a  produción de alimentos non debería estar vinculado a subvencións, que ademais poden desaparecer en calquera momento, se non a garantir modelos de produción sustentábeis, que proporcionen unha alimentación sa e de calidade, e que estea sustentada por moitas labregas e labregos, non monopolizadas por megaindustrias produtoras de alimentos”.

Xa inmersas a nivel europeo nos debates previos á proposta e discusión da nova política agraria común para o período 2021-2027 -que ademais estará marcada pola redución de orzamento nun 5% dentro do Marco Financeiro Plurianual da UE contemplado para dito período-,  a eurodeputada galega vén de pór en marcha nas últimas semanas unha xeira de encontros para socializar información e dinamizar discusións con respecto á nova política agraria europea, así como para e recabar propostas do sector e da cidadanía na Galiza para plantexalas en todos os espazos onde sexa posíbel dende o Parlamento Europeo.

Na Galiza, á xornada desenvolvida a pasada fin de semana en Laza baixo o título “A futura PAC para as zonas de montaña” seguiralle o seminario “Acceso aos servizos básicos: Un dereito imprescindíbel para un rural vivo en Europa”, que terá lugar en Vedra o sábado 26 de maio.

Aliás, uns días antes, o vindeiro mércores 23, Senra acollerá na Eurocámara en Bruxelas un encontro ao que asistirán arredor de 150 labregas e labregos, 10 delas da Galiza. Este evento está a ser articulado pola eurodeputada galega en calidade de coordenadora do GUE/NGL na Comisión de Agricultura, e polos coordinadores do grupo dos Socialistas europeos -o francés Eric Andrieu (S&D)- e dos Verdes -o alemán Martin Häusling (Verdes/EFA)-.  Baixo a premisa “Unha PAC para o campesiñado e a cidadanía”, este encontro foi impulsado pola coordinadora europea da organización social labrega global La Vía Campesina, e está contemplado como o espazo de debate que xuntará ao maior número de labregas e labregos da UE antes de que a CE presente oficialmente a súa proposta, previsibelmente a finais de maio/principios de xuño.

Oficina de Lídia Senra. | Eurodeputada Galega do  Grupo da Esquerda Unitaria Europea/ Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) . | Comisión de Agricultura - Comisión de Pesca . | Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE . | 0034 609 845 861. | Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)

Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/



Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
16 de maio de 2018 15:32

__________

mércores, maio 16, 2018

Reintegracionismo de base participará conjuntamente na manifestaçom do Dia das Letras que decorrerá quinta-feira, 17 de maio, em Compostela - A cita para conformar o Bloco reintegracionista será às 11.45hs na Estátua das Marias - Fundaçom Artábria


Reintegracionismo de base participará conjuntamente na manifestaçom do Dia das Letras


A Fundaçom Artábria, entre as 16 entidades que subscreve o manifesto reintegracionista de base organizado para a participaçom na manifestaçom do próximo Dia das Letras, que decorrerá quinta-feira, 17 de maio, em Compostela.

Como é habitual no 17 de maio haverá reivindicaçom lingüística nas ruas da Galiza, convocada pola Plataforma Queremos Galego na que participaremos milhares de galegas e galegos.

Eis os 16 coletivos aderidos ao chamado Bloco Reintegracionista, popularmente conhecido como Bloco Laranja:

A Gentalha do Pichel , Ardora, Associaçom de Estudos Galegos (AEG), Associaçom Xebra, Briga, Centro Social Faísca, Centro Social Fuscalho, Centro Social Gomes Gaioso, Centro Social Mádia Leva, Centro Social Revolta, Coletivo Terra, Escolas de Ensino Galego Semente, Diário Liberdade, Fundaçom Artábria, Portal Galizalivre, Sociedade Cultural e Desportiva do Condado.

A cita para conformar o Bloco reintegracionista será às 11.45hs na Estátua das Marias.

Avante o reintegracionismo de base!

A continuaçom reproduzimos o manifesto difundido polas entidades convocantes do Bloco Reintegracionista.

A falar ao mundo com os pés na terra!

A situaçom da comunidade lingüística galega é preocupante. A falta de soberania do nosso país tem expressom na destruturaçom do idioma, cada vez mais reduzido a um papel secundário, frente ao protagonismo e privilégios de todo o tipo que as instituiçons conferem ao espanhol.

É verdade que existem determinadas normas legais e instrumentos institucionais, mesmo alguns meios públicos de comunicaçom, que ainda reservam certo papel ao galego, o que mostra que o nosso povo ainda nom o abandonou. Porém, a degradaçom é visível, mostrando o desprezo dos governos autonómicos e a incapacidade de concelhos e deputaçons com maiorias teoricamente pró-galego para articular estratégias de avanço social para o nosso idioma.

Nom há dúvida que, sem umha maior pressom popular, o Estado espanhol e as suas diversas continuarám a trabalhar em contra os nossos interesses lingüísticos. Daí a importáncia da auto-organizaçom em defesa da galeguizaçom de espaços como o ensino e os meios públicos, assi como o das relaçons laborais, a produçom, o consumo e a cultura.

Também devemos valorizar iniciativas de agrupamento dos setores sociais ativamente favoráveis ao idioma em todo o tipo de coletivos –musicais, culturais, educativos, desportivos, sindicais, etc– para defender coletivamente o direito à língua.

Entre as ferramentas de que dispomos para enfrentar o desafio histórico de recuperar o idioma, está o reintegracionismo, entendido como recurso que situa o galego onde lhe corresponde, como parte de um dos maiores espaços lingüísticos do mundo, capaz de responder a todas as necessidades de umha sociedade do século XXI, como é a galega.

Fora de qualquer tentaçom elitista ou individualista, consideramos o reintegracionismo um recurso coletivo que facilita que toda a populaçom galega dialogue com todos os povos que já figérom seu o nosso idioma, afirmando a sua própria identidade nacional na variante galega da língua comum.

Nom será só o reintegracionismo que possibilite a plena recuperaçom do idioma. É preciso que um setor maioritário do nosso povo aposte ativamente na recuperaçom plena dos direitos coletivos para que isso seja possível. É preciso reclamarmos a prioridade legal e efetiva do galego frente a qualquer outro idioma. Porém, a incorporaçom da Galiza ao espaço internacional que fala a nossa língua poderá ajudar-nos a ser um povo lingüisticamente soberano e aberto ao diálogo com todos os povos do mundo.

O autonomismo lingüístico, a teima oficialista em virar costas às variantes portuguesa e brasileira da nossa língua, reduzindo-nos a quatro províncias espanholas, mostra umha vocaçom de dependência e confirma a condena imposta à nossa língua, que esmorece e pode acabar por ficar reduzida à irreleváncia social.

Indo muito além das limitaçons impostas polas instituiçons e polas insuficências legais, os coletivos que participamos neste Bloco Reintegracionista de Base, participantes dia a dia nas mais variadas dinámicas populares pola soberania cultural e lingüística, reafirmamos a aposta numha Galiza em galego, soberana e que fale ao mundo com os pés na terra.

Compostela, 17 de maio de 2018

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
15 de maio de 2018 17:56

___________

Presentación da revista OLGa de Poesía Galega en Madrid, este sábado 19 de maio ás 12,30 hs, no Ateneo Ferrolán - Este último número está dedicado a Carvalho Calero - Con Vicente Araguas e Xosé María Dobarro


Presentación Revista OLGa
Revista de Poesía Galega en Madrid
Este último número está dedicado a Carvalho Calero
Sábado día 19 de maio ás 12,30 hs. no Ateneo Ferrolán

Intervirán: Vicente Araguas e Xosé María Dobarro

A revista OLGa de poesía galega en Madrid foi un dos últimos soños literarios de Sabino Torres, o editor responsable da primeira colección poética en galego na posguerra.

A revista está realizada por tres poetas: Vicente Araguas (director), Rafael Yáñez (subdirector) e Manuel Pereira (secretario) e o seu primeiro número dedicouse ao grupo Bilbao, un grupo dunha vintena de poetas galegos que se reunían en Madrid no Café Comercial.

---
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: | Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
16 de maio de 2018 12:26

________________

Segundo partido de fútbol sala solidario co Pobo Saharauí do Concello de Narón, celebrarase o próximo Domingo día 20 de Maio as 12:00 no Pavillón de A Gándara - Como o ano pasado neste partido solidario participaran concelleiros de Narón xunto a alcaldes, dirixentes sindicais, saharauís e familias acolledoras do noso Concello


Segundo partido solidario co pobo saharauí do Concello de Narón


O partido de fútbol sala solidario co pobo saharauí celebrarase o próximo Domingo día 20 de Maio as 12:00 no Pavillón de A Gándara. Como o ano pasado neste partido solidario participaran concelleiros de Narón xunto a alcaldes, dirixentes sindicais, saharauís e familias acolledoras do noso Concello. 

A entrada/donativo terá un prezo de 3 euros.

A intención é conseguir recadar fondos para mercar o material necesario para paliar as difíciles condicións de vida nos campamentos.

Tamén buscamos a concienciación da cidadanía e que mais familias da nosa cidade se animen a acoller no verán a unha nena ou neno saharauí durante o verán.  

Unha vez máis dende EU Narón animamos a veciñanza a participar e colaborar nos actos solidarios co pobo saharauí que estanse a celebrar no Concello de Narón.

André Abeledo indica que estes actos son unha mostra máis da solidariedade das naronesas e naroneses que sempre están a altura cando é preciso.

Dende EU Narón queremos amosar o noso agradecemento aos participantes na “masterclass” celebrada o día 12 de Maio no Pavillón de a Gándara. E ao ximnasio Beni Gym de Narón pola organización deste acto solidario.

Narón, 14 de maio de 2018

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Foto da “marterclass” solidaria celebrada este día 12 de maio no Pavillón de A Gándara, (Narón).

Enviado por.
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
14 de maio de 2018 12:34

_________

A Plataforma Ferrolterra para a Defensa do Sistema Público de Pensións, convoca unha xuntanza aberta, hoxe mércores 16 de maio, ás 6 da tarde, no Centro Cívico de Canido - Preparando outra mobilización


Convocatoria da Coordinadora ampla da Asemblea de Ferrolterra para a Defensa do Sistema Público de Pensións


A Coordinadora estatal en defensa do sistema público de pensións convoca concentracións en todo o Estado para o día 26 de maio.

A nosa Plataforma se ven sumando a todas as convocatorias que se realizan desde ese ámbito polo que é importante que nos poñamos á tarefa de organizar este novo chamamento.

É por isto polo que se convoca a todos aqueles que queiran participar na organización da mobilización a unha reunión que se celebrará este mércores 16 de maio, no Centro Cívico de Canido, ás 18:00 horas.

Nesa reunión, ademais de planificar a convocatoria para o día 26 de maio, discutiremos a conveniencia de dotarnos de personalidade xurídica propia e o noso encadre no movemento para a defensa do sistema público de pensións.

PLATAFORMA DE FERROLTERRA,
PARA A DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS


@DefensaPensionsFerrolterra

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:

plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
14 de maio de 2018 10:36

_____________

Nace adiante.gal un xornal dixital galego e en galego, da man de 'Adiante, Sociedade Cooperativa Galega' - Procuran outra mirada sobre o acontecer no país - Inspírase nun xornalismo lento que propón unha lectura pausada das historias e vai na procura doutra mirada sobre o acontecer no país - Un medio de comunicación libre que aspira a dar conta do que pasa sen filtros - Proxecto e Contacto


Nace adiante.gal un xornal dixital galego e en galego, da man de "Adiante, Sociedade Cooperativa Galega", coa procura doutra mirada sobre o acontecer no país, Ximena González (Deseño e edición), Xosé Dorrio (Administarción e redes) e Erik Dobaño (Edición), puxeron en marcha unha iniciativa loábel e moi necesaria na Nossa Terra. Desde Ártabra 21, damos os parabéns á iniciativa é as persoas que a fan posíbel, tanto as cooperativistas como ás colaboradoras e lectoras. Aquí a nosa contribución, difundindo o proxecto, no noso pequeno espazo local.

E #adiante.gal que todo vaia moi ben e con suceso.

Saúde e Liberdade!

Agora deixamos-vos coas súa propias palabras, para que expliquen o proxecto cooperativo, xornalístico e de comunicación.

Que é adiante.gal?

adiante.gal é unha comunidade de colaboradoras e lectoras que impulsan un xornal dixital en galego de ámbito galego, unha plataforma aberta para a difusión de información e análise da actualidade social e política do país. Pretendemos dar relevancia a asuntos esquecidos na axenda pública.

adiante.gal inspírase nun xornalismo lento que propón unha lectura pausada das historias e vai na procura doutra mirada sobre o acontecer no país.

adiante.gal é un medio de comunicación libre que aspira a dar conta do que pasa sen filtros.

adiante.gal pénsase coma un espazo onde público e informadoras cooperan, deciden, axudan, xeran comunidade, transforman e constrúen valores fornecedores das relacións humanas futuras. pénsase coma un espazo onde público e informadoras cooperan, deciden, axudan, xeran comunidade, transforman e constrúen valores fornecedores das relacións humanas futuras.

---

Para coñecer a súa Política editorial, quen fai parte do proxecto, porque son cooperativa, porque e como subscribirse,... Non hai mellor cousa que entrar no xornal e entrar no Que somos?, mais sen deixar de navegar polos seus moi interesantes contidos: adiante.

Coñéceos en:

http://www.facebook.com/adiante.gal/

http://www.instagram.com/adiante.gal/

https://vimeo.com/adiante

https://t.me/adiante_gal

@adiante_gal

adiante.gal

Para contactar:

redaccion@adiante.gal
adiante@adiante.gal
+34 881 92 63 95

______________

Artigo relacionado.

En adiante.gal un moi interesante artigo/entrevista sobre Ferrol, escrito por Jorge Gúzman, e publicado o pasado 14 de maio de 2018. | Ferrol, unha balea varada nunha praia. |Unha cidade cun pé no pasado e outro no presente, quizais algo insegura para cambiar de posición e encarar o futuro. |TEIMA: Ferrol/Detroit – Capítulo 1. | Ir á Web.
_______________________________

martes, maio 15, 2018

A eurodeputada Lídia Senra abre a xornada ‘A futura PAC para as zonas de montaña’ que ten lugar todo o día no Salón de Actos do Concello de Laza: Precisamos unha reforma en profundidade da PAC e non unha modernizacion e simplificación como di a CE - Reclámase un medio rural sostible, dinámico e ordenado e que os pagos da Política Agraria Común se realicen en base ás persoas e non ás hectáreas


Precisamos unha reforma en profundidade da PAC e non unha modernizacion e simplificación como di a CE, | A eurodeputada Lídia Senra abre a xornada ‘A futura PAC para as zonas de montaña’ que ten lugar todo o día no Salón de Actos do Concello de Laza. | Reclámase un medio rural sostible, dinámico e ordenado e que os pagos da Política Agraria Común se realicen en base ás persoas e non ás hectáreas.

A futura Política Agraria Común (PAC), prevista para o periodo 2021-2027, non será unha reforma da actual, senón unha “modernización e simplificación” e un “afondamento en máis do mesmo”, é dicir, un afondamento na desarticulación da vida dos agricultores e agricultoras e no sistema que hoxe empeora día a día as rendas labregas para beneficio das grandes empresas multinacionais. Así o asegurou este sábado pola mañá a eurodeputada Lídia Senra, na xornada ‘A futura PAC para as zonas de montaña’, que durante todo o día se desenvolveu no Salón de Actos da Casa do Concello de Laza (Ourense), organizada polo Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ao que pertence.

Senra defendeu a necesidade de desenvolver “moito debate político e moita oposición” porque “os cartos que trae a PAC poden supoñer certo colchón de amortiguación para vivir, pero non resolven os problemas de fondo”. Así, avisou de que “se non discutimos agora e non fixamos posición e damos o debate sobre a PAC que se necesita para o rural galego e europeo, no 2021, cando entre en vigor, o único que nos quedará será lamentarnos, porque xa estará aprobada”. “É fundamental sacar á luz estes temas”, recalcou Senra, que explicou que este mércores próximo se votarán na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, en Bruxelas, 1.500 emendas á comunicación da CE titulada “O futuro dos alimentos e da agricultura”[1], o considerado documento de orientacións da futura PAC que establece os elementos sobre os que vai xirar o debate. A partir de aí, está previsto que a finais de maio ou principios de xuño a Comisión presente as súas propostas lexislativas e que probablemente no 2019 se aprobe a nova PAC que se aplicará a partir do 2021.

A europarlamentaria fixo un repaso en como a PAC se comezou a adaptar ás negociacións do mercado global para produtos agrícolas e como empezou a desaparecer a discusión sobre os prezos que ten que percibir un produtor ou produtora de alimentos. “E así se empezou a falar de axudas para compensar a caída de prezos, para enganarnos cun colchón fronte a uns prezos en orixe tremendamente baixos”. “Socialmente a percepción é que os cartos da PAC veñen todos para os labregos e labregas, cando a realidade é que estes cartos que pasan polos labregos e labregas realmente serven para que a industria alimentaria teña materia prima barata; co cal os cartos benefician sobre todo á grande industria”, denunciou Senra, quen defendeu como “fundamental” na política agraria que se volva retomar o debate sobre os prezos en orixe.

Así, Lídia Senra atacou que pouco a pouco se fora producindo a desregulación da produción e dos mercados e que co desemantelamento do sistema de cotas do leite o que se provocou foi que cada vez se produzan crises maiores e con máis frecuencia. En consecuencia, desapareceron explotacións, empeorou a vida dos labregos e labregas e as súas rendas e ingresos foron a menos. “Cremos que todos estes problemas deberían abordarse nunha reforma da PAC, e sen embargo, a todas estas cuestións nin lles tocan, senón que afondan máis nelas. A proposta da Comisión é para seguir como estamos”, recalcou.

Ademais, Senra alertou sobre a chamada bioeconomía que se está a impulsar, e que “non é máis que a economía da grande industria forestal pura e dura” e tamén criticou que o Partido Popular Europeo siga a día de hoxe “sen aceptar a titularidade compartida das explotacións”, afondando na discriminación das mulleres. Tamén explicou que as políticas agrarias globais continúan coa dinámica de beneficiar a produción para a exportación e lembrou a experiencia que viviu hai unhas semanas en Brasil, onde as macrogranxas se están preparando para grandes exportacións de carne de vacún á UE a través do acordo do Mercosur a prezos moi baixos. “Por moito que nos queiran vender que nós no mercado internacional gañamos posicións, non é certo, para nós será imposible competir con esas extensións e prezos”, zanxou .

Na mesma mesa coa que deu comezo a xornada, a economista Ana Rodríguez certificou que efectivamente non se prevén grandes modificacións na concepción da futura PAC e que os fondos diminuirán nun 5% como mínimo. Manteranse os dous pilares actuais, cunha financiación íntegra do 1º pilar, menos financiación comunitaria no 2º pilar; continuarán os pagos directos e reforzaranse as esixencias medioambientais e climáticas, que serán a referencia para outras prácticas voluntarias máis ambiciosas. Afondarase nos seguros como instrumento de estabilización de rendas e prevese que exista un maior uso e tamén dos instrumentos financeiros innovadores.

Xosé Ramón Cendán, membro da Executiva Nacional do Sindicato Labrego Galego (SLG), pola súa banda, asegurou que “non hai ningunha posibilidade de ter un mundo rural vivo se non hai agricultura, gandeiría e medio rural sostible, dinámico e ordenado” e denunciou que as políticas que se están levando a cabo aquí van xusto “no sentido contrario”. Así, defendeu que os pagos da PAC deberían realizarse en base ás persoas e non ao número das hectáreas e das terras, para que a maior parte dos cartos da PAC vaian destinados a establecer xente no rural. Cendán lamentou que a día de hoxe se sexa un dos países con menor superficie agraria de toda Europa e chamou a levar a cabo proxectos sen pensar unicamente nas axudas. “Debemos impulsar os nosos propios proxectos e necesariamente deberán pasar pola agroecoloxía e pola sostibilidade e por uns prezos que nos permitan vivir”, dixo.

O concelleiro por LugoNovo, Víctor Álvarez Arias, encargado de moderar o debate, asegurou que debemos ser conscientes de que na Galiza hai moito marxe para poder modificar ou intervir nas políticas agrarias europeas e chamou a atallar o “gran problema” ao que nos enfrontamos e que é o feito de estar “ante xente incompetente e con falta de interese por solucionar os problemas dos labregos e labregas” como é a conselleira de Medio Rural e o Goberno de Alberto Núñez Fiejóo.

A xornada continua até as 18:00 horas da tarde, con outras mesas nas que participan a responsable técnica de PAC do SLG María Fernández Granja; o director técnico da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), Carlos Rodríguez Rodríguez; o membro da Plataforma Española de Pastoralismo e Gandeiría Extensiva Pedro M. Herrera; o gandeiro de Cimadevila Xosé Blanco Blanco; o deputado do Parlamento Galego e membro de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Davide Rodríguez Estévez; Sonia Vidal Lamas, de Gandeiría Rodríguez Vidal; Román Cid Álvarez, presidente da Asociación Abellas Nais; Samuel Formoso Salgado, gandeiro de vacas de carne; Eloi Prieto, gandeiro de ovellas; e Jorge Lorenzo Vila, veciño de Laza.

Laza, 12 de maio de 2018.

__________

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | lf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu - http://ageuropa.gal/  | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

[1] Pódese consultar aquí:
https://ec.europa.eu/agriculture/sites/agriculture/files/future-of-cap/future_of_food_and_farming_communication_es.pdf

Enviado pòr:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
12 de maio de 2018 13:19

____________

luns, maio 14, 2018

Letras Galegas: Guímaros e Suicidas, ... Por Iolanda Teixeiro - Entramentres ando a cismar na morte cotiá da nosa lingua, entramos na semana das Letras Galegas onde un presidente farfulla, nun galego de curral, que co seu governo se coñece mellor o galego mentres se van enchendo as marquesiñas coa eiva do galego como victoria de lingua emotiva que só pode espertar un amor de lar fechado e frores de escravatura dun maio suicida e necrofílico,...


Por Iolanda Teixeiro [*]

14.05.2018

Todo empezou por un viño nunha cea dun interesante encontro herculino de psicanálise onde se falava de Sade e da esencia da perversión. O viño era tan bon que deu parola a preguntármonos que era a verba guímaro coa que se bautismara aquel gorentoso viño. Eu só lembrava que Franco Grande definía ese vocábulo como un adxectivo semellante a espilido, vivo, activo e sagaz. Meu irmao pequeno, o mitólogo, díxome ao telefone que era unha especie de familia mítica das terras luguesas. Así as cousas, mentres preparava o poema para a homenaxe a Carvalho Calero, desprezado un ano máis pola Academia Galega, un amago de neurose obsesiva adonouse da miña vontade e deime á pescuda deses enigmáticos guímaros. Alén dos viñedos de Doade debruzados no Sil, o primeiro guímaro dun diccionario de español falavame de bufón e hazmereir, mais tambén dun apelido común en Brasil e Portugal.

Porén, descubrín que guímaro era amais un xentilicio para se referir non só aos habitantes de A Pobra do Brollón, polas Terras de Lemos e María Castaña, aquela afouta muller que liderou as revoltas contra o vispo de Lugo no século XIV, senón tambén dos nativos de Videmala nas terras de Alba, hoxe zamoranas e no pasado do reino da Galiza.

De enlace en enlace do buscador asistín pasmada á revolta medieval dos guímaros, contada por Amor Meilán, na que a casa de Lemos trata de sumeter aos do Brollón a un tributo ao que o povo dos guímaros se nega a non ser que llo viñeran a recadar nas súas casas e coas portas fechas, tan só botando a moeda por baixo da porta.(Encoraxada ideia guímara que me deu pé a pensar canto do noso pasado revolucionario ignorado podemos traer á revolta de hoxe contra a inxustiza). Desde entón dise que se lles coñece como guímaros, é dizer, rudos, afoutos e desconfiados.

En sendo a historia destes antigos guímaros unha lenda popular con certa base histórica, como aponta o arqueólogo Xurxo Ayán, nunha conflitiva terra de reguengo onde se solventavan, co sangue do povo, as rifas entre reis e nobres, enxergo o aquel de guímaro como espilido, activo e sagaz. Porque tamben en Videmala déronse conflitos medievais entre os reinos leonés e portugués.
Xa Benito Vicetto na novela Los Hidalgos de Monforte,  falava dun tal Guímaro nos tempos da revolta irmandiña, que fora encadeado e cruelmente esnaquizado polos esbirros do conde de Lemos por liderar a revolta. E Vicetto di que os monfortinos ainda aldraxan con ese alcume aos da Pobra do Brollón. De xeito que na memoria colectiva do noso povo ficou a verba guímaro co uso despectivo de insulto ate o ponto de terse que mudar a que fora rúa Guímaro por rúa da Feira. E ter que se artellar unha Feira Medieval Guímara no ano 2014 e unha estatua á entrada da vila para recuperar a memoria.

Entramentres ando a cismar na morte cotiá da nosa lingua, entramos na semana das Letras Galegas onde un presidente farfulla, nun galego de curral, que co seu governo se coñece mellor o galego mentres se van enchendo as marquesiñas coa eiva do galego como victoria de lingua emotiva que só pode espertar un amor de lar fechado e frores de escravatura dun maio suicida e necrofílico, onde un povo todo o ano mudo, dáse a unha semana orxiástica de cerimonia museística, con ripios, mantras e inciensos alumiados por uns exvotos de candea mercados nos cerumes meseteiros dunha academia que vive de costas aos xigantes exvotos de Braga e Porto, a lingua oceánica que abre o mundo da lusófona galeguía.

Entramentres os da plataforma Queremos galego reclama o dereito a vivir en galego, o clúster lobista de Gloria Lago Hablamos Español recolle sinaturas para nos soterrar e lacrar as campas, os lusos comezan a falar con nós sen intermediarios casteláns e os ilusos sacam da gaveta a lei Paz Andrade...Entramentres uns guímaros de Ferrol reivindican en homenaxe a  Carvalho Calero para as Letras Galegas dunha estúrdiga Academia.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista, articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.



Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
13 de maio de 2018 21:46

____

venres, maio 11, 2018

A eurodeputada galega Lídia Senra, estará hoxe venres 11 de maio en Ferrol, para presentar o libro, do cal é coordenadora: 'O feminismo, imprescindible para construír outra Europa' - Ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán - Estará acompañada pola activista ferrolán Estrela Gómez Viñas, de Agamme


A eurodeputada galega Lídia Senra, estará hoxe venres 11 de maio en Ferrol, para presentar o libro, do cal é coordenadora: "O feminismo, imprescindible para construír outra Europa". A cita é ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán.

O libro inclúe 15 artigos de diferentes autoras na defensa dos dereitos das mulleres e distribuirase de forma gratuíta en versión dixital e impresa.

Lídia Senra defende a necesidade de que as mulleres sigamos reuníndonos, reflexionando e encontrándonos en foros para que poida avanzar a loita pola igualdade e poder facerlle fronte aos machismos que continúan presentes na nosa sociedade.

Lídia Senra, estará acompañada pola activista ferrolán Estrela Gómez Viñas, de Agamme (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores).

Versión dixital completa do libro de 140 páxinas en formato pdf.. | Acceder/Baixar.

Sitio web da Eurodeputada:
http://ageuropa.gal/

Sitio Web de Agamme:
http://agamme.org/

Na foto: Sandra Pesqueira, Estrela Gómez e Lídia Senra, en marzo deste ano 2018, na presentación oficial do libro, na rolda de prensa de Compostela.


___________

Enlace relacionado:

Presentación en Ferrolterra do libro ‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’, o venres 11 de maio, no Ateneo Ferrolán ás 19:30 horas, coa eurodeputada Lídia Senra e con Estrela Gómez Viñas, activista de Agamme - A eurodeputada galega chama a rebelarse contra o machismo que campa na xustiza, que castiga ás mulleres e que segue provocando dor e sufrimento.| Ir á Web.

___

Unha vez aprobados inicialamente os orzamentos xerais de Ferrol e o cadro de persoal para 2018, comeza un período de exposición pública e alegacións


Os acordos entre os grupos municipais da bancada da esquerda, sobre os investimentos demandados pola veciñanza, sobre Emafesa e a taxa, facilitaron que Ferrol tivera os seus orzamentos, para posibilitar o funcionamento regular do Concello, os investimentos pendentes e consolidar un cadro de persoal que aínda que quedou escaso había que amarrar.

Agora queda un período de exposición pública e alegacións, onde aínda pode haber sorpresas, pois o goberno de Jorge Suárez é cativo e ten por costume non atar todos os cabos e o tempo é de tempestade.

Por outra banda as incorporacións, con tan pouco tempo, das contribucións dos grupos do BNG e do PSOE que implicou un endebedamento a maiores de case 2 millóns de euros máis, poden traer-lle complicacións ao grupo de goberno. E xa non digamos o de retirar a capacidade de aprobar subvencións directas para Emafesa, sen pasar polo Pleno, para equilibra contas.

Logo está o de pactar unha taxa "xusta", cando estamos tan só a uns días da celebración do último Consello de Administración da empresa mixta de augas, cuxo contido do tratado e aprobado, está oculto. Unha empresa mixta que ten sen aprobar as súas contas desde 2014. Unha empresa mixta que nos enganou por varias veces (Trialometanos, depuración,...), que emite miles de facturas estimativas avultadas todos os meses, vixiada de perto pola Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización que reclama a saída da parte privada Socamex, para facer de Emafesa unha empresa 100% pública.

Moito nos tememos que a Socamex que lle trae sen coidado ou crecente endebedamento de Emafesa e o seu millonario pasivo acumulado de máis de 8 millóns de euros, non se vai quedar de brazos cruzados e presentará alegacións a estes orzamentos, para aumentar no seu haber nunha suposta demanda que ao mellor está preparando contra os membros do Consello de Administración (anteriores e os de agora) que o son en representación da parte pública e subsidiariamente ao Concello de Ferrol. Socamex que é do mesmo grupo que a empresa de recollida de lixo e limpeza viaria (Urbaser - Firion Investments SL -
Ying Zhan Investment Hk Limited) que leva desde finais de 2014, "facendo o servizo" sen contrato, o que ven a indicar que o futuro das dúas está moi ligado. Unha grande transnacional que só lle importa a conta de resultados e a súa marca e que para eles Ferrol só é un punto nun mapa, un punto a eliminar.

Os pasos despois desta aprobación inicial son os que dispón o Artigo 169. "Publicidade, aprobación definitiva e entrada en vigor", da Lei Reguladora das Facendas Locais (Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da mesma) que di  "Aprobado inicialmente o orzamento xeral, expoñerase ao público, previo anuncio no boletín oficial da provincia ..., por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente aprobado si durante o citado prazo non se presentaron reclamacións; en caso contrario, o Pleno dispoñerá dun prazo dun mes para resolvelas". Logo publicara-se o orzamento xeral, definitivamente aprobado, que será inserido no boletín oficial da provincia, resumido por capítulos de cada un dos orzamentos que o integran e entrará en vigor. Os orzamentos terán que ser de acceso público, polo que terán que estar a disposición de quen quixer na web do Concello.
_____________

xoves, maio 10, 2018

O Pleno Extraordinario de Ferrol aproba os Orzamentos para o 2018, proposto polo goberno municipal co apoio dos grupos do BNG e PSOE que contribuíron con propostas concretas que foron negociadas con antelación, mais fixo falta o voto de calidade do Alcalde ante a abstención de Esther Leira, e o voto en contra do PP e Ciudadanos - Vídeo do Pleno


O Pleno Extraordinario de Ferrol aproba os Orzamentos para o 2018, proposto polo goberno municipal co apoio dos Grupos Municipais de 'Ferrol en Común', BNG e PSOE, contribuíndo estes últimos con propostas concretas que foron negociadas con antelación, mais fixo falta o voto de calidade do Alcalde ante a abstención de Esther Leira. Posicionamento que a Concelleira explica no Pleno que se pode escoitar no vídeo do Pleno que achegamos. E os votos en contra de Ciudadanos e Partido Popular.

A aprobación dos Orzamentos 2018 e o cadro de persoal, no Pleno, veu precedido dun acordo pactado entre o grupo de goberno e o BNG por unha banda e por outra un acordo entre 'Ferrol en Común' e o grupo do PSOE. E emendas presentadas no Pleno que foron aceptadas.

Ao final o orzamento pasou de 67.182.261,29 euros iniciais a 69.172.261,29 finais, 1.990.000 euros a maiores, por mor de ter aceptado as emendas propostas.

O Pleno tiña lugar hoxe 10 de maio de 2018, ás 10 da mañá de tres horas de duración.


https://youtu.be/sK7HTMTGvPY


Enlaces relacionado.-

A nova na Web oficial do Concello de Ferrol. | xoves, 10 de maio de 2018. |
APROBADOS OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA O 2018  | O documento económico foi aprobado inicialmente esta mañá en pleno extraordinario logo de tres horas de debate co apoio de BNG e PSOE A cifra global ascende a 69.172.261,29 euros coa prioridade na inversión, no gasto social e na creación de emprego público O superávit da liquidación de 2017 deixa un amplo marxe para axilizar as inversións prioritarias “É un día de orgullo. Son os orzamentos mais elevados i expansivos da historia de Ferrol e suporán un salto cualitativo para a nosa cidade”, di Suárez. | E o ANEXO ENMENDA IN VOCE ORZAMENTOS 2018 GRUPOS PSOE E BNG. | Ir á Web.


En Ártabra 21. | A necesidade de aprobar os Orzamentos Municiapis de 2018 - Agardemos que se hai cordura e acordo, este serva, para abordar os asuntos urxentes de Ferrol, como son o sistema de saneamento, Emafesa e o prezo da auga. Así como todos os servizos que están sen contrato e en especial o da recollida de lixo. Axilizar os investimentos que se aproben. E poñer as bases da remunicipalizacion, do parque público de vivendas, da rehabilitación, do plano de emprego.... | ir á Web.
______________

Maniféstate pola Lingua! - O 17 de Maio, ás 12 do mediodía na Alameda de Santiago de Compostela - En galego día a día - Autobuses desde Ferroltera




En galego día a día
Mantemos o galego vivo día a día


Día a día para as nosas fillas e fillos malia a prohibición do galego nas materias da área científico-técnica, o tratamento como lingua extranxeira na educación infantil e a exclusión dos espazos de lecer infantís e xuvenís, incluída a televisión onde a presenza do galego para este público está restrinxida ao 4,6 a diario e ao 2,7 nas fins de semana.

Día a día nos medios de comunicación en galego que resisten, imprescindíbeis para a normalidade da lingua, a única oficial do Estado español que non conta cun xornal diario en papel, outra tarefa que o pobo galego realizará sen o apoio do seu goberno.

Día a día no audiovisual só pola implicación das súas profesionais e pola existencia dunha soa canle –pública– que emite en galego e dun público que ten limitado o acceso a produtos comercializados en galego incluso naqueles casos nos que existe dobraxe ou lexendado.

Día a día na xustiza aínda que só o 5% de xuíces e xuízas o empregan nas súas sentenzas e a inexistencia de recursos para o funcionariado poder traballar en galego con toda normalidade.

Día a día no ámbito socioeconómico pois no mellor dos casos a nosa lingua aparece subordinada, como se só un adorno e non unha necesidade e onde o Partido Popular negou a máis mínima igualdade de dereitos e obrigas na atención, información e sinalización.

Día a día na saúde onde as/os pacientes ven restrinxido ou prohibido o exercicio do dereito a se dirixiren na súa lingua ás/aos profesionais da saúde e a seren atendidos/as e entendidos/as nela. Mais sen o coñecemento da lingua da/o paciente non se pode ofrecer unha boa asistencia médica.

Día a día na administración pública onde se vulnera o dereito a sermos atendidos/as en galego. Aumentan as trabas para empregar o galego con normalidade e a Administración do Estado mantén espazos forzosos de exclusión.

Día a día na edición de libros en galego en descenso desde hai dez anos pola diminución de axudas da Xunta de Galiza.

Día a día nas rúas, na cultura, na toponimia, nos parques, no lecer, no deporte, no turismo, na onomástica, na música, nos servizos, no transporte, na literatura…

Queremos galego no día a día con toda normalidade e naturalidade, sen exclusións, coaccións, e limites para garantir o futuro de Galiza.A lingua galega e a sociedade que a mantén viva non pode ficar á intemperie exercendo as responsabilidades dun goberno absentista e agresivo contra o idioma que nos une.


Ferrolterra


Autobuses 2018

Narón

Saída ás 10:00h
Para anotarse chamar ao teléfono 981 358 750 ou 981 364 058.

Ferrol
Saída ás 10:30h desde a Avenida de Esteiro desde o local da CIG
Para anotarse chamar ao teléfono 981 358 750 ou 981 364 058.

Evento no facebook.

Sitio na Web de Queremos Galego

http://www.queremosgalego.gal/
___________________________

O sábado 12 de maio, espetáculo poético-musical de Juan Carballo que apresenta 'Asuntos Pendentes', no local social da Fundaçom Artábria, no bairro de Esteiro, Travessa de Batalhons nº7


Juan Carballo apresenta "Asuntos Pendentes" este sábado na Fundaçom Artábria

No próximo sábado, 12 de maio, às 22.30h o poeta de Vila-Garcia Juan Carballo apresenta na Fundaçom Artábria o seu trabalho "Asuntos pendentes".

Um espetáculo poético-musical que fai o escritor Juan Carballo, o pianista Álvaro Cardalda e Pedro Falcón à guitarra, os três pés do espetáculo que poderemos ver o sábado às dez e meia da noite.

"Asuntos pendentes" é a versom para salas e teatros do livro-disco que leva o mesmo título e que assinam o poeta Carballo e Manolo Tarancón.

A entrada é  de graça.

"Asuntos pendentes" (Com Juan Carballo). | Ir á Web.

------

[AVISO]

Por motivos de saúde temos que adiar a apresentaçom de "Um elefante no armário" que ia decorrer esta tarde no Centro Social. As melhoras para Teresa Moure Pereiro e em breve daremos umha nova data.


Apresentaçom do romance de Teresa Moure "Um elefante no armário"


Amanhá, sexta-feira 11 de maio,  às 20.30hs, Teresa Moure Pereiro apresenta "Um elefante no armário" editado por Através Editora. [Adiada]

"Um escritor torna-se em voyeur para aceder às cenas íntimas em que participa Ana. Uma das suas amigas teme que Ana esteja a planificar um assassinato; outra, psiquiatra, fica fascinada com o interesse extenuante de Ana pela verdade. Ana Brouwer, filósofa, vem da Holanda. Tem uma filha, um ex-marido, uma loja de trabalhos manuais e um passado que guarda cuidadosamente no armário. Corre, engata homens, filosofa com o martelo, cultiva a amizade e vive apressadamente para ocultar qualquer coisa tão imensa como um elefante. Pertinaz no objetivo de dar com a verdade, conseguirá que todos os que andam à sua volta colaborem na tarefa de escrever o romance da sua vida, embora tenha que desvendar a sua intimidade. Completamente".

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
10 de maio de 2018 12:20
10 de maio de 2018 13:41

____

A necesidade de aprobar os Orzamentos Municiapis de 2018 - Agardemos que se hai cordura e acordo, este serva, para abordar os asuntos urxentes de Ferrol, como son o sistema de saneamento, Emafesa e o prezo da auga. Así como todos os servizos que están sen contrato e en especial o da recollida de lixo. Axilizar os investimentos que se aproben. E poñer as bases da remunicipalizacion, do parque público de vivendas, da rehabilitación, do plano de emprego...


Despois de case tres anos, o Goberno Municipal de Jorge Suárez, foi capaz de presentar uns orzamentos municipais, a unha cidade que está sedenta dos mesmos. Ferrol leva cuns orzamentos prorrateados que o eran para 2015 e feitos por un goberno do PP, para políticas de dereitas, aínda que máis do 55% do orzamento sexa xa para custes correntes e máis do 26% para custes de persoal.

Hoxe pola mañá ás 10 está previsto un Pleno Municipal Extraordinario que leva como único punto da orde do día a "Proposta de aprobación inicial do Orzamento Xeral e Cadro de Persoal para o exercicio 2018". A semana pasada foi entregado o texto aos diferentes grupos municipais e concelleiras no adscritas, este martes abordou-se na comisión informativa de economía e facenda e os diferentes grupos presentaron emendas e propostas.

O BNG, non tardou en facer unha rolda de prensa criticando os orzamentos, mais tamén se deu presa en presentar propostas ao grupo de goberno que este aceptou na súa integridade.

O PSdeG-PSOE, tamén criticou os orzamentos e elaborou unha relación de 16 propostas, din que todas elas, foron aprobadas en diferentes Plenos.

A concelleira Esther Leira agora non adscrita, mais que formou parte do grupo de goberno até hai pouco, reserva para o Pleno as súas propostas e voto.

Isto por falar de quen co seu voto fixo que o Alcalde de Ferrol, sexa Jorge Suárez Fernández.

Os grupos municipais da dereita, Ciudadanos e Partido Popular, criticaron os orzamentos, mais non cremos que se opoñan aos mesmos cun voto negativo e pasen a exercer unha abstención crítica quedando como obstrucionistas a un investimento tan necesario para a cidade e que moitos sectores están agardando.

A posición do BNG, foi intelixente, e agardemos que o PSOE e Esther Leira, comprenda a situación e que valoren mais as necesidades urxentes da cidade tanto nos investimentos como en dotar e cubrir os obxectivos dun cadro de persoas necesitado de que se cubran a súas baixas e vacantes xa.

Non ten que importar que este necesario acordo na aprobacións dos orzamentos municipais 2018, sexa rendabilizado politicamente por un goberno non merecedor de tal acordo, mais ten que pesar máis os intereses do pobo de Ferrol e dunha cidade tan castigada por unha crise estrutural que a leva a está levando a un colapso socioeconómico de graves consecuencias que necesita un consenso sobre todo nas forzas que se din de esquerdas.

O electorado de cada quen, vai agradecer máis un acordo e consenso político que un desacordo irresponsábel, onde a abstención nas últimas eleccións municipais superaba o 43% (De 58.403 posíbeis votantes, só votaron 33.094 e se abstiveron de votar 25.309).

Agardemos que se hai cordura e acordo, este serva, para abordar os asuntos urxentes de Ferrol, como son o sistema de saneamento, Emafesa e o prezo da auga. Así como todos os servizos que están sen contrato e en especial o da recollida de lixo. Axilizar os investimentos que se aproben. E poñer as bases da remunicipalizacion, do parque público de vivendas, da rehabilitación, do plano de emprego... E comezar a negociar os moi importantes orzamentos para 2019 que vaian perfilando o modelo de cidade sustentábel e democrática.

Documentación:

Propostas o BNG aos orzamentos. | Acceder/Baixar.

Propostas do PSDEG-PSOE aos orzamentos. | Acceder/Baixar.

Info na web oficial do Concello de Ferrol, sobre a proposta inicial de orzamentos para 2018. | Ir á Web.
___