xoves, decembro 31, 2009

A cota do galego baixa ao 33% e os pais deciden en que materias se usa

Convocadas pola Plataforma Cidadá Queremos Galego, varios miles de persoas acudirón á Praza do Obradoiro en defensa do galego e despois marcharon en manifestación até San Caetano, onde estaba reunido o Consello da Xunta, que ía a escenificar un primeiro paso lexislativo contra a nosa lingua. A marcha até San Caetano amosou o seu rexeitamento á "política galegófoba" e ao novo decreto antigalego para o ensino do goberno Feijóo.


[Para ampliar clicar acima da foto - Concentración na Praza do Obradoiro 30.12.2009 - Foto CA21]

O novo decreto sobre o galego no ensino estabelece que os pais voten en que lingua queren as aulas de Infantil. En Primaria e Secundaria nais e pais elixirán a lingua para cada materia co límite dun terzo para galego, castelán e inglés.
    Máis Información en Vieiros

    Fonte: Vieiros
    ________________________

    A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia alcanzou o seu tramo final


    Programa especial: Uruguai, Arxentina e Chile pola paz

    A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia alcanzou o seu tramo final. Este mércores a mobilización chegou a Chile logo de pasar por Arxentina e Uruguai. O 2 de xaneiro finaliza a marcha mundial.

    A Asociación Latinoamericana de Eduación Radiofónica (ALER) e a Axencia Púlsar realizan un esforzo conxunto para cubrir o paso da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia por América Latina.

    As radios comunitarias e as súas redes na rexión entregarán programas especiais durante todo o mes de decembro ata a finalización da marcha o 2 de xaneiro na fronteira arxentino-chilena.

    Nesta oportunidade, unha produción especial coordinada polo servizo informativo de FARCO en alianza con radios comunitarias chilenas e AMARC Uruguai.

    Os programas teñen unha duración de 15 minutos e están dispoñibles na Axencia Informativa Púlsar.

    Para baixar e emitir o programa, visite a cobertura conxunta de ALER e Púlsar: "Dialogos, a paz latexando en América Latina".(PÚLSAR)

    Faga click aquí para acceder a máis notas desta Cobertura

    Enviado:
    Pulsar Axencia Informativa
    30 de dezembro de 2009 19:48
    agenciapulsar@agenciapulsar.org

    AXENCIA INFORMATIVA PULSAR - 2009-12-30





    Enlaces de interese:
    _____________________________

    Ola.

    Isto é o que parece que van transmitir desde Punta de Vacas, segundo indica na páxina de emisión: http://www.parquepuntadevacas.org/live.html

    Día 31 de Decembro de 2009
    • 01:00h. (día 1 en España) (21h. de Arxentina) transmisión da cea de fin de ano
    • 04:00h. (día 1 en España) (24h. Arxentina) brinde polo ano próximo

    Día 2 de Xaneiro de 2010
    • 22h. (18h. Arxentina) Peche da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia
    Un forte abrazo.

    Fernando

    Enviado por:
    Fernando Hernández
    -mme@espaciohumanista.org-
    31 de dezembro de 2009 00:45

    ________________________________

    mércores, decembro 30, 2009

    Ártabra 21

    Quen somos?
    Este sitio na rede, xunto a outros de temática específica, todos promovidos polo Colectivo Ártabra 21, pretenden ser un medio de expresión aberto e plural que parte da subxetividade de estar nunha posición de esquerdas social e política. Polo tanto non somos neutrais, queremos a transformación social, queremos outro imaxinario social e político, movemo-nos na convicción de que "un outro mundo non só é posíbel, senón que é necesario".

    Tamén facemos nosa a máxima zapatista de que "non veñas a Asemblea se non estás dispost@ a cambiar de opinión".

    O Colectivo Ártabra 21 expresa-se, entre outros medios, a través deste blogue, amosando umha liña de comunicaçom "a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade, respectuosa e defensora do medio natural".

    Os medios de comunicación convencionais
    Non é cuestión de facer un tratado sobre os medios informativos e de comunicación convencionais e o importante papel que desempeñan dentro da sociedade actual. Na súa maioría, non deixan de ser un negocio, unha empresa capitalista máis para a que, ao final, o que máis importa é a súa conta de resultados. Máis, tamén son o chamado "cuarto poder", condicionante das políticas partidarias, onde a súa pluralidade e a veracidade do que din, ten o límite na defensa sistémica, da orde imperante. Normalmente forman grupos empresariais, por regla xeral condicionados pola realidade política e económica, no sentido de cumprir un papel lexitimador e naturalizador dun sistema inxusto, onde quen manten os seus privilexios, se resiste á súa transformación con todos os medios ao seu alcance.

    Os grupos empresariais da comunicación teñen os seus propios intereses. Posúen diarios, revistas, radios, canles de televisión, editoriais, productoras, empresas de sondaxe e outros negocios. O "sistema" os protexe e ampara, presentando-se estes, como medios independentes, obxectivos e defensores da verdade. Autodefínen-se como portadores da opinión pública, fortalecendo o seu discurso argumental con supostas enquisas de opinión que realizan as empresas de sondaxe do seu grupo ou asociadas.

    Por regla xeral estes grupos empresariais, forman parte dun aparello ideolóxico sistémico, na súa maioría controladores e manipuladores da opinión pública, creadores de opinión que logo a "xente" repite como verdades absolutas. Mais, estes grupos empresariais, amosan-se como neutros, obxectivos e veraces, representantes do estado de opinión do conxunto da sociedade, por suposto un estado de opinión que eles mesmos crearon, en beneficio dos seus propios intereses e de quen políticamente mellor os representan.

    Os medios públicos
    Os medios públicos só cumpren en parte a función social que se lles atribúe de informar e formar á sociedade para protexela dos abusos dos poderes públicos e privados dominantes, educar á cidadanía nos valores que emanan dos dereitos fundamentais. Esa parte de cumprimento é máis ou menos maior dependendo de quen goberne no seu momento. Na Galiza acostumados á perversión mediática polos moitos anos de gobernos de dereitas, os pouco máis de tres anos do goberno bipartito, foi un paréntese dos que, en parte, perante un tempo emanaron dos medios públicos autonómicos outro tipo de valores, mais sen producir-se un cambio radical no xeito de informar e na programación, sobre todo nos informativos da Radio e na TVG. Por regla xeral, os medios públicos, tanto os estatais como autonómicos, a parte de estar mediatizados por quen goberna en cada momento, entraron no xogo perberso ao que nos teñen sometidos os medios privados, a sempre eterna desmesurada publicidade, os condicionantes dos intereses dos poderes económicos ao hora de dar a información e un factor desnaturalizador da esencia da propia información e o dereito a que esta sexa veraz: a elaboración de pacotes onde non se distingue o que é información, de espectáculo ou opinión. A nefasta presencia dos creadores de opinión que, salvo moi poucas excepcións, na maioría dos casos só representan as dúas caras dunha mesma moeda. Maestros, especialistas da opinión, un excluínte e reducido grupo que saben de todo sen realmente saber e que copan os medios tanto os privados como os públicos. No esencial, na defensa do "sistema", están todos na mesma sintonía: o modelo social e económico, a imposición do español fronte as linguas minorizadas, o "asunto basco", o "asunto catalán", o "asunto galego" a defensa do chauvinismo español diante de Europa, a inmigración, a defensa da monarquía, ... É difícil atopar voces discordantes nos creadores de opinión, na súa maioría, anxos chaqueteros que se sitúan por acima do ben e do mal.

    Os grupos de presión e os partidos políticos obsesionan-se cos medios públicos só para reclamar cada vez maiores cotas de poder, necesitan un apoio destes medios aos seus planos, actitudes, accións e opinións. Claman ao ceo contra deles cando están na oposición e intentan somete-los ou no mellor dos casos mediatiza-los cando están no poder. Nos mellores tempos dos gobernos de Aznar foron uns útiles instrumentos de propaganda.

    Din que nas redaccións dos medios públicos o espírito de cooperación e de que se forma parte dun colectivo cunha función social importantísima, para a formación dunha cidadanía crítica e informada, brilla pola súa ausencia, xa non se cree en que se forma parte dun colectivo onde os obxectivos e actuacións son profesionais e conformes coa ética xornalística, saben que o traballo profesional ben feito xa non é motivo de compensación e recoñecimento, pesa moito máis a submisión, o sometimento, as afinidades partidarias, arrimar-se aos políticos ben situados, ... en definitiva estar co poder.

    Estar cos intereses dos movimentos sociais transformadores
    Ártabra 21 ante isto, quere responder, dentro das súas posibilidades, a outros intereses. Estamos ao servizo dos intereses do pobo traballador, dos intereses veciñais, dos intereses dos movimentos sociais transformadores. Entendemos a comunicación, non só como a transmisión da información veraz, senón que tamén como unha ferramenta para a transformación social. Dentro da nosa pluralidade, identificamos esas ferramentas coa xustiza social, a democracia participativa, a sustentabilidade, a solidariedade, ... Ainda así somos conscientes do baleiro que poden soar estas palabras, dada a apropiación de parte desta linguaxe e conceitos, por parte dos comunicadores dos poderosos, que aborrecem e combaten estas ferramentas na practica. Por iso somos conscientes, desde Ártabra 21, da necesidade da acción social e da práctica teórica, para destapar as manipulacións e os enganos.

    Ártabra 21 está cos movimentos sociais, axudando á difusión das súas actividades, das súas propostas, das súas realidades, das súas opinións e puntos de vista, das súas demandas, denuncias e alegacións, das súas convocatorias, ... da súa existencia.

    Combatir as Non-verdades
    Queremos combatir as non-verdades, de que: máis construir, máis crecer económicamente, máis consumir, máis centros comerciais, máis portos, superportos, aeroportos, urbanizacións, máis coches, máis bancos, ... sexan sinónimo de prosperidade, de benestar, de saúde. Máis ben son todo o contrario. É por iso polo que pensamos que temos que prestar máis atención e dedicar-lle tempo e espazo ao chamado "decrecimento sustentábel".

    A loxica do caracol
    "O caracol constrúe a delicada arquitectura da súa cuncha engadindo unha tras outra as expiras cada vez máis amplas; despois cesa bruscamente e comeza a enroscarse esta vez en decrecimiento, xa que unha soa expira máis daría á cuncha unha dimensión 16 veces máis grande, o que en lugar de contribuír ao benestar do animal, o sobrecargaría. E desde entón, calquera aumento da súa produtividade serviría só para paliar as dificultades creadas por esta ampliación da cuncha, fóra dos límites fixados pola súa finalidade. Pasado o punto límite da ampliación de expíralas, os problemas do sobrecrecimiento multiplícanse en progresión xeométrica, mentres que a capacidade biolóxica do caracol só pode, no mellor dos casos, seguir unha progresión aritmética". [Ivan Illich].

    Loitar por un novo modelo social
    Enfocar a nosa acción, contribuír co noso grao de areia, para formar na conciencia das persoas as súas auténticas relacións de vida, cos demais, coas outras especies que habitan o Planeta e co medio natural, contribuíndo deste xeito a un proceso de des-alienación, pensamos que pode ser unha das nosa tarefas sociais e filosóficas. Pois cremos necesario a loita por un novo modelo social, un modelo transformador impregnado de Xustiza e Igualdade, onde o respeito á Nai Terra, a Solidariedade, a Diversidade, a Paz e Non-violencia, sexan valores que inspiren esa loita. Queremos rachar co falso consenso de que o sistema capitalista é o natural e único posíbel. É por iso que propomos cambios desde a base desde xá e agora, desde as cousas miudas, desde a loita local, sindical, veciñal, cultural, pola Paz, ecoloxista, feminista, ... propomos un cambio pola base, desde xa, desde o agora, no día a día.

    O noso compromiso
    O noso horizontalismo; o noso compromiso coa transformación social; o noso compromiso coa verdade; o noso compromiso coa democracia; o noso compromiso co pluralismo e a diversidade; o noso compromiso co outr@, co diferente, co inmigrante; o noso compromiso cos intereses do pobo traballador; o noso compromiso co medio natural; o noso compromiso coa nosa Terra e a nosa Lingua; o noso compromiso contra o machismo, obriga-nos a traballar de forma diferente aos medios convencionais e hoxe hexemónicos, sen ataduras partidarias nen económicas.

    Non pretendemos ser persoas isoladas da realidade que nos rodea, senón activistas comprometidas coa loita xusta e transformadora, da sociedade e dos valores que impiden o cambio [a insolidariedade, o consumismo, o éxito sen esforzo, o machismo, a fama, amasar diñeiro, a desmesurada competividade, ...]. Polo contrario buscamos os lazos, a unión, o compartir, o colaborar en espazos de traballo conxunto, ... co obxectivo de buscar, no inmediato, o benestar e a saúde das persoas, no camiño da transformación social, nunha sociedade máis xusta, solidaria, diversa e igualitaria, respectuosa co medio natural.

    Ofrecemos o Blogue, tamén, como un espazo para publicar comunicados, valoracións opinións ... sempre que non sexan contrarias aos obxectivos que manifestamos defender.

    O noso desexo
    Sería o noso desexo que na nosa cidade e por extensión en toda a comarca de Ferrol Terra, se constituíra un grupo de comunicación comunitario partindo do movimento social que hai activo e aproveitando a posibildade que ofrecen as novas tecnoloxías, así como a experiencia do "Colectivo Opaii!" no seu proxecto de Radio Libre e Comunitaria "Rádio Filispím".

    ----------

    O Colectivo Ártabra 21
    No seu momento, a Plataforma Ártabra 21 -PA21- cumpriu seu obxectivo na pasada etapa de goberno conservador PP-IF en Ferrol (2003-2007), dando unha resposta social de mobilizacións e apoios a outras plataformas e colectivos. A coxuntura tornou-se diferente. Comprían novos modelos, aproveitando a sinerxia "filosófica" e reivindicativa da PA21, para continuar sendo un elemento máis do movimento social da comarca, onde se pensa confluír.

    O 9 de Decembro do 2008, a Plataforma Ártabra 21 transformou-se, logo dun longo proceso de práctica, reflexión e debate, nun Colectivo de filiación social individual, respostando deste xeito á reformulación necesaria do modelo organizativo, para realizar un traballo social máis operativo e acorde coas novas circunstacias. No acto de constitución do novo colectivo, definiron-se os obxectivos do mesmo.

    Obxectivos Xerais do CA21
    A defensa de políticas a prol da xustiza social e do medio ambiente, deberán estar apoiadas na formulación realista de alternativas, sempre e cando isto for posíbel. Así entre outras apoiamos:
    • As políticas baseadas no transporte colectivo público e nos modos non contaminantes, fronte ás que defenden a prioridade do vehículo particular privado.
    • As dotacións e servizos públicos Asistenciais, Sanitarias, Culturais, Deportivas, Sociais e Docentes.
    • Os espazos públicos como centro da vida das cidades e vilas, fronte a exclusividade dos centros comerciais e a privatización dos espazos e servizos públicos.
    • O dereito a unha vivenda digna fronte a especulación inmobiliaria.
    • As fontes de enerxía renovábeis e aforro enerxético fronte aos combustíbeis fósiles.
    • A preservación do patrimonio cultural material ou inmaterial, da biodiversidade e dos espazos naturais fronte á depredación e destrución por motivacións e intereses económicos e políticos.
    • A defensa da igualdade fronte a marxinación e a exclusión social.
    • A defensa da continuidade histórica do territorio e o necesario entendemento das súas estruturas económica e medioambientais como apoio necesario para a sustentabilidade.
    • A defensa da lingua e cultura Galega, utilizando o Galego como lingua oficial do Colectivo.
    • Promover, apoiar a Iniciativa Popular e maiores cotas de Participación Cidadá.
    • A defensa do dereito a unha información veraz fronte a manipulación mediática.

    Que era a Plataforma Ártabra 21?
    A PA21 era unha entidade que agrupaba a 16 colectivos e organizacións da comarca. A PA21 naceu en 29 de maio de 2006, coa pretension de permanencia, é por iso polo que se dotou dun programa estratéxico e foi elaborando o táctico de asembleia en asembleia, en forma de resolucións. A PA21 tiña un funcionamento asemblear e procuraba decidir por consenso. As asembleias eran cada mes e entre asembleia e asembleia funcionaba unha Xunta Coordenadora que se reunía como mínimo unha vez entre asembleias; funcionaba como o orgánismo que efectivizaba os acordos asamblearios e á vez funcionaba como unha especie de permanente.

    Como se constituíu a PA21?
    A PA21 nasceu en Maio de 2006, logo dun proceso de debate de vários meses. A iniciativa xurde dunha asemblea pública da Comunidade Menáncaro, á cal asiste Amadeo Varela da Asociación Veciñal San Fernando e Colectivo Veciñal de Recimil que propón a unidade de acción de todos os colectivos que estaban daquela en conflito e tiñan importantes demandas contra o goberno municipal do PP-IF. A Comunidade Menáncaro, Colectivo Veciñal “Praza de Sartaña Sempre Pública”, Comisión Veciñal pola Recuperación de Ferrol Vello, Colectivo Veciñal de Recimil, Plataforma en Defensa dos Montes de Brión e Leixa e Plataforma na Defensa do Transporte Público e Alternativo, respostáron á chamada da unidade, mais tamén organizacións ecoloxistas interesan-se pola iniciativa [SGHN, ADEGA, VERDEGAIA, FUSQUENLLA, LAPIS VERDES, Amig@s da Terra...] e culturais [Ateneo Ferrolán, Fundaçom Artábria, AC “Fuco Buxan”, …]. Tamén aparecen en escena organizacións políticas [Nós-UP, Esqueda Unida, Unión Libertaria, ...] e as asociacións veciñais “Fontelonga” de Esteiro e “O Rosario” do Inferniño. Algunhas das organizacións que participaran nos debates iniciais, non entraron a formar parte da Plataforma, outras abandoaron nom transcurso do tempo, ...

    Que actividade desenvolveu a PA21?
    A PA21 baseaba a súa actividade en pronunciamentos públicos, nas súas Asembleas xerais; en apoios a diferentes colectivos e loitas [contra a Planta de Gás de REGANOSA; contra o proxecto de minipiscina e edififício que pretendia sacrificar a Praza Pública de Sartaña, para beneficios privados; pola reabilitación do bairro de Recimil; pola defensa da Fraga de Menáncaro; pola Reacuperación e Rehabilitación de Ferrol Vello; pola defensa dos montes de Brión e Leixa; pola defensa da Praza da Porta Nova aberta á cidadanía, contra a especulación e a usurpación dos espazos públicos; pola xustiza e realoxo para a veciñanza expropiada de Canido; para abrir espazos de participación cidadá ...] e noutras mobilizacións e actividades. Na loita contra o despropósito da Praza de Porta Nova [oficialmente Praza de España], xogou un importante papel, a PA21, na súa promoción e orientación, loita onde houbo bastante participación, onde se consegue reunir baixo os “Convocantes” a 15 organizacións, colectivos e asociacións veciñais. Realizaron-se tres manifestacións de grande importáncia cualitativa. Ademais realizaron-se dúas ocupacións de obra que tiveron destacado interese mediático.

    Por qué o nome de Ártabra 21?
    O nome de Ártabra 21, quere abranguer dous aspectos da loita cidadá, un o xeográfico, pretendia-se que o seu ámbito de actuación, da plataforma, abranguera todas as Terras Ártabras, é dicer o Noroeste Galego [Ferrol Terra de Trasancos, Bezoucos, Alto e Baixo Eume e Ortegal] e por outra banda ser un observatorio e entidade concienciadora e mobilizadora, polo cumprimento duns mínimos da Axenda 21 Local que surdira a raíz da Cimeira de Rio de Janeiro de 1992 que concluíu coa necesidade de que a cidadanía toma-se parte nas decisións que atinxen a sustentabilidade dos asentamentos humanos. E que posteriormente se concretizará na Carta das Cidades Europeas Cara a Sustentabilidade [Carta de Aalborg-1994]. Partindo dunha realidade caracterizada polo esgotamento enerxético do planeta, a destrución sistemática do medio ambiente natural e un paulatino empeoramento da calidade de vida, as cidades europeas apostan por percorrer un camiño cara á substitución das actuais fontes de enerxía de orixe fósil por fontes de enerxía renovábeis, pola mellora da calidade de vida e a protección do medio ambiente. Neste camiño trazado na Carta de Aalborg defendíase a Participación Cidadá coma un dos eixes imprescindíbeis para acadar estes obxectivos. Daquela e hoxe, 16 anos despois da Carta de Aalborg, vemos como na nosa contorna urbana e natural inmediata, lonxe de camiñar na liña proposta por este documento, as diferentes administracións teiman en levar a termo proxectos que atentan en contra da calidade de vida da cidadanía, [e moitas veces tamén en contra da súa propia seguranza], depredando e degradando o patrimonio cultural e natural herdado, desenvolvendo políticas territoriais, urbanísticas e enerxéticas insustentábeis. Agora o Colectivo, segue a manter o nome de Ártabra 21, pois consideramos que os obxectivos a cumprir son os mesmos, mais reducindo o campo de actuación ao ambito xeográfico da contorna da Ría e máis concretamente na cidade de Ferrol.

    Que principios rexían a PA21?
    A PA21 defendía a unidade do movimento social e cidadán frente aos abusos das administracións e indefensión dos cidadáns, polo que decidimos constituir un organismo democrático e aberto a quen quixer participar no proxecto de organización e loita que era a PA21.

    A acción da PA21 era democrática, participativa, transparente e pública, recollendo a opinión e intentando representar os intereses dunha parte importante da cidadanía.

    A PA21 erá totalmente independente, definindo as súas políticas propias, non estando baixo a influencia nin dependencia de organización ningunha, partido político, entidade ou asociación, declarándo-se ademais aconfesional.

    A defensa dos principios universais e fundamentais da Igualdade, a Xustiza, a Paz e a Solidariedade, denunciando as actitudes que fagan apoloxía da guerra, violencia, xenofobia, racismo, machismo, ...

    A PA21 Xurdiu pois a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sostíbel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural.

    O Colectivo Ártabra 21, como colectivo continuador da PA21, asome os principios desta, na súa integridade.


    Sitios do Colectivo Ártabra 21

    O xornal dixital "Ártabra 21"

    Blogues de apoio á loita por un saneamento integral da Ría de Ferrol:

    Blogues de apoio á loita contra a privatización da auga:

    Blogues de Traballo:

    Blogues de difusión:

    Blogues da loita contra Reganosa:

    Blogues de apoio da loita contra transnacional mineira en defensa da Fraga de Pico Vello:

    Blogues en defensa da fraga de Menáncaro contra a súa explotación urbanística:

    Blogues asociados compartidos:

    Blogues do Movimento Obreiro:

    No twiter:

    No facebook:
    _____________

    martes, decembro 29, 2009

    O Apalpador estará mais um ano polas ruas de Ferrol


    O próximo dia 30 de Dezembro, o velho carvoeiro do Courel e a sua quadrilha de trasnos, voltará sair polas ruas de Ferrol para repartir castanhas e brinquedos. O Apalpador poderá ser visto novamente polas ruas de Ferrol, repartindo castanhas e brinquedos entre as crianças, acompanhado de música de gaitas.

    Sitio na rede da Fundaçom Artábria:
    http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/

    _______________

    Outra información sobre O Apalpador

    O Pandigueiro, Apalpador ou Apalpabarrigas vén cargado de enredos

    Nos últimos dous anos, Galiza intenta recuperar a figura do Pandigueiro, Apalpador ou Apalpabarrigas, que das tres maneiras se chama o noso Papá Noel, Olentzero, Santa Claus..., e que antigamente chegaba cargado de castañas. Nada impide que hoxe poida traer no seu fardelo unha morea de xogos e xoguetes tradicionais, pois todo indica que se trata dun personaxe decididamente implicado na posta en valor do patrimonio lúdico do noso país.

    Se queres coñecer ao Apalpador, e convidalo a visitar a túa casa. Con el a AGXPT quere facerche chegar os seus mellores desexos...

    Enviado por:
    Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
    -jefernandez@navantia.es-
    15 de dezembro de 2009 08:57
    Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
    -agxpt@telefonica.net-

    ____________________
    ____

    Sitios na rede sobre o Apalpador:
    _____________________

    Daniel Salgado fai unha análise da proposta de Decreto da Xunta que restrinxe o Galego no ensino


    [O Decreto da morte do Galego no Ensino]

    Os pais galegos votarán en que idioma escolarizan aos seus fillos

    Os alumnos de infantil aprenderán na lingua que decida a maioría do aula


    DANIEL SALGADO - Santiago
    EL PAÍS - Sociedade - 29-12-2009

    A Xunta pretende que os pais voten en cal das dúas linguas oficiais de Galicia prefiren que os seus fillos aprendan a ler e a escribir no sistema público de ensino. E farao mediante un proceso de votación no que os proxenitores decidirán, en cada aula de Educación Infantil e coas opcións de galego ou castelán, o idioma preferente de lectoescritura. Ademais, o Goberno galego intentará garantir a introdución educativa á lingua menos apoiada das dúas. Esta é, segundo fontes gobernamentais, unha das principais novidades introducidas polo borrador do decreto que regulará a aprendizaxe das linguas en Galicia e que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería de Educación, presentará mañá.

    Na educación infantil, ata os seis anos, a diferenza respecto do decreto vixente en Galicia -elaborado en 2007 polo anterior Executivo de socialistas e nacionalistas, coa retirada a última hora do PP- resulta substancial. Ata agora, as escolas debían impartir as clases na lingua materna predominante entre o alumnado. E era o claustro de cada centro, baseándose nos datos achegados por sociolingüistas e pais, o que determinaba o que se entendía por "lingua materna predominante". A normativa reforzaba así mesmo a presenza do galego, sobre todo nos ámbitos urbanos, onde os estudos científicos constatan a debilidade da lingua vernácula.

    A aprobación da lexislación do anterior Goberno de Emilio Pérez Touriño provocou que, por primeira vez na historia da autonomía, a dereita atacase frontalmente a normalización do galego. E iso a pesar de que o decreto educativo de 2007 non facía máis que desenvolver o Plan de Normalización Lingüística que o Executivo de Manuel Fraga que aprobou no Parlamento co apoio dos tres partidos. A norma establecía unha presenza mínima da definida polo Estatuto como lingua propia de Galicia do 50%.

    O avance do decreto, que a actual Xunta presentará a tarde do penúltimo día do ano, 24 horas antes de que se cumpra o prazo comprometido polo presidente Alberto Núñez Feijóo para facelo, pasará entón por unha rolda de consultas. Polo menos así reza a promesa do propio Feijóo, reiterada fai dúas semanas no Parlamento de Galicia, de someter o texto á avaliación da Real Academia Galega e o Consello da Cultura. Estas dúas institucións, de tradición prudente, mostráronse moi críticas, a través de comunicados e declaracións, coas actitudes e as políticas lingüísticas despregadas polo novo PP no poder.

    O Partido Popular de Galicia converteu a suposta imposición do galego nun dos seus principais arietes para arremeter contra o Goberno de PSdeG e BNG. No fragor da campaña electoral, e xa despois elevado á presidencia da Xunta, as promesas de Núñez Feijóo sobre o ensino das dúas linguas oficiais en Galicia apareceron trufadas de conceptos como "liberdade de elección". Para cumprir con iso, a Consellería de Educación realizou unha enquisa entre os pais de nenos matriculados no sistema público. Os resultados, que tardaron varios meses en coñecerse e fixérono nunha rolda de prensa o 31 de xullo, omitían a cociña da sondaxe e reflectían a querenza da maioría de participantes pola aprendizaxe dos dous idiomas. A "liberdade de elección" transformouse no novo texto, polo menos nas aulas de Educación Infantil, nunha votación de pais.

    A implantación dun modelo de educación pública trilingüe, desenvolvido a partes iguais en galego, castelán e inglés, foi outro dos repetidos eslóganes do presidente da Xunta. A partir desa formulación, o Goberno popular fichou ao actual responsable de Política Lingüística e principal arquitecto do decreto que se presentará mañá, Anxo Lorenzo, ata entón un reputado sociolingüista colaborador dos socialistas.

    Ao longo destes axitados meses, en materia lingüística, Galicia asistiu ás dúas maiores manifestacións en defensa do galego que se recordan. A última, o pasado 18 de outubro, reuniu en Santiago a máis de 50.000 persoas, entre elas o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño (PSOE).



    O bilingüismo nas escolas


    - Cataluña. O modelo educativo catalán baséase na chamada "inmersión lingüística" e funciona desde a restauración da Generalitat. No seu día, os partidos cataláns rexeitaron crear unha dobre liña escolar (en catalán e castelán) para evitar a segregación da comunidade escolar en función do idioma. A similitude entre as dúas linguas foi un punto adicional a favor daquela decisión. A lingua vehicular no colexio é, pois, o catalán. Aínda así, as sucesivas leis de política lingüística aprobadas polo Goberno catalán (en 1983 e 1998) outorgan aos pais o dereito a escolarizar aos seus fillos en castelán. Algúns pais denunciaron obstáculos para facer efectivo ese dereito, aínda que en xeral non hai conflitos lingüísticos, segundo o Departamento de Educación, que defende que os nenos cataláns posúen a mesma competencia en castelán que os do resto de España.

    - País Vasco. Euskadi atópase en pleno proceso de desandar o camiño tomado en febreiro polo entón conselleiro de Educación, Tontxu Campos (EA), quen decretou que o eúscaro debe ser a lingua vehicular no ensino. O novo Executivo socialista presentou en novembro os cambios dos decretos, entre os que destaca a igualdade por norma dos dous idiomas oficiais. Esta decisión non terá consecuencias no día a día debido á autonomía dos centros. En Euskadi, as familias poden elixir un dos modelos lingüísticos. En educación básica, o modelo D, co eúscaro como lingua vehicular, é o elixido no 71% dos casos, o modelo B -intercala materias en eúscaro e castelán- está implantado no 24% e o A, en castelán, no 5%. A aposta polo "bilingüismo integrador" súmase agora ao futuro marco trilingüe.

    Publicado no xornal  El País
    ___________________________

    Entrou pola mañá o "Hispania Spirit" na Ría de Ferrol, cargado con GNL-LNG para Reganosa e o Comité Cidadán realizou unha acción de denuncia e protesta


    [Concentración contra a entrada do 58 gaseiro - Foto: Suso Pazos]

    A pesar de que MeteoGalicia daba tempo adverso anunciando alerta laranxa e amarela para o 28 de Decembro, o temporal deu unha tregua que aproveitou o buque gaseiro para entrar na Ría, cargado con gas natural licuado, para as instalacións de Reganosa. O "Hispania Spirit", fixo o buque nº 58 desde que en Maio de 2007 que entrou o nº1.

    Unha representación dos diferentes colectivos que participan na Asemblea Cidadá, sobre unhas 40 persoas, secundaron a chamada do Comité Cidadán de Emerxencia, concentrando-se nas inmediacións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, facendo soar as sirenes e soltando os berros reivindicativos e de denuncia. O compañeiro "Lalán" no nome do Comité foi o encargado de dirixir-se ás persoas concentradas, denunciando unha vez máis ao innecesario e corrupto despropósito gasístico; ao perigo potencial que representa Reganosa que se ve aumentado sempre que un buque gaseiro cargado con GNL-LNG entra na nosa Ría. Mencionou que a planta non era necesaria que este ano 2009, remata cun nefasto rendimento, con apenas un 30% da súa capacidade de regasificación. Asegurou que Reganosa non era necesaria, pois as necesidades de gas estarían perfectamente cubertas se non se pechara o gasoduto de Tui, ademais cun gas moito máis barato. Dixo que Reganosa só é un grande negocio para o Sr. Tojeiro e as demais empresas socias, ao receber das arcas do Estado sustanciosas cantidades polo simple feito de estar construída e funcionando. Denunciou unha vez máis que o sistema de regasificación, utilizando para os vaporizadores auga de mar, empobrecen a Ría, ao esterilizar máis de 300 millóns de litros ao día, mentras dura o proceso de rasificación. Denunciou aos medios de comunicación que non publican estes datos ou manipulan a información como o asunto do anuncio do arquivo do expediente sobre Reganosa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, cando isto é totalmente falso, dado que este asunto quedou adiado e aínda se vai tratar na vindeira sesión plenaria de dita Comisión que está previsto que se celebre a finais de Xaneiro do ano que ven. Rematou a intervención desexando un feliz 2010 cheo de logros e conquistas para o movimento social.
    • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
    • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
    • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

    Enlace de Interese:
    _____________________

    Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


    Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
    comitecidadan@gmail.com
    www.comitecidadan.org


    ________________________________

    Ante a inminente presentación, por parte da Xunta de Galicia do novo decreto que restrinxe, aínda máis, o uso do galego no ensino, a Plataforma Cidadá Queremos Galego mobiliza-se na defensa da Lingua


    URXENTE: ENVIO MASIVO DE POSTAIS, CON ACTOS EN CIDADES E VILAS DA GALIZA, O MÉRCORES 29 DE DECEMBRO, E CONCENTRACIÓN NACIONAL O DÍA 30, ÁS 17:00 HORAS NO OBRADOIRO

    Este Martes 29 de Decembro realizará, en Ferrol, unha concentración na oficina de correos, na Praza de Galiza -fronte ao teatro Jofre- para realizar un envío masivo das tarxetas postais de felicitación do nadal recollidas istos días. Contaran coa participación do Portavoz nacional da plataforma QUEREMOS GALEGO e Vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Fran Rei.

    Será ás 11 da mañá e é moi importante a presenza do meirande número de persoas posíbel.

    Por outra banda, preséntese ou non o anunciado decreto, ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e contra o idioma propio da Galiza: o Galego, convócase unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago para a cuarta feira (mércores) 30 de Decembro ás 5 da Tarde.

    É moi importante o esforzo pois atravesamos intres cruciais no proceso de normalización do noso idioma.

    Insistimos na importancia que ten a participación neste acto e na súa difusión.







    Enviado por:
    Colectivo A Revolta
    -a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
    28 de dezembro de 2009 17:52
    http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
    _________________________

    Sitio web oficial da Plataforma:

    http://www.queremosgalego.org/
    ______________________________

    domingo, decembro 27, 2009

    Prevista a entrada do "Hispania Spirit" na Ría de Ferrol, este Luns 28 de Decembro, cargado con GNL-LNG para a perigosa e ilegal Reganosa: O Comité Cidadán convoca nova acción de denuncia e protesta


    [O "Hispania Spirit" atracado en Reganosa, en Xuño deste 2009 - Clicar acima da foto para ampliar]

    De novo Reganosa, coa complicidade das autoridades, disposta a poñer en perigo a nosa seguridade e vida, ao traer un buque cargado con gas natural licuado, para as súas instalacións de Punta Promontorio en Mugardos. Pois este Luns 28 de Decembro de 2009, está prevista a entrada dun novo buque gaseiro, o Hispania Spirit, de grande porte con 279 metros de eslora que faría o nº 58 desde que en Maio de 2007 entrara o Galicia Spirit que contabiliza como o nº 1. Mais as condicións meteorolóxicas, para este Luns, son totalmente adversas, con alerta laranxa de madrugada e amarela durante todo o día. Polo que segundo a normativa vixente, e o sentido común, estes niveis adversos van a impedir que o buque se achegue á costa do Golfo Ártabro. MeteoGalicia editou o seu Boletín de tempo meteorolóxico adverso para o 28 - decembro - 2009. Entre outras cousas di: "Unha fronte moi activa atravesará Galicia durante este día deixando ventos fortes e chuvias de carácter moderado, localmente fortes".

    Xa son moitos os buques gaseiros que por mor das condicións meteorolóxicas non puideron entrar na Ría de Ferrol. Mesmo o parlamentario de Esquerda Unida Pascual Llamazares advertiu, con varias preguntas, no Parlamento Español sobre estes feitos que se veñen repetindo, xa con demasiada frecuencia.



    Aínda que sexa o máis probábel que o Hispania Spirit, non entre na Ría este Luns 28 de Decembro, o Comité Cidadán de Emerxencia, como ten por norma, convoca unha acción de protesta e denuncia contra o corrupto despropósito gasístico e o perigo potencial que representa Reganosa, aumentado esponencialmente sempre que un buque gaseiro cargado con GNL-LNG entra na nosa Ría. Polo que a Concentración terá lugar o mesmo día ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
    • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
    • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
    • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
    Características do buque: Nome.- Hispania Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 279 m, Manga.- 43.4 m, Calado.- 12.12 m, Puntal.- 26.02 m, Capacidade.- 140.620 m3, Carga.- 59.318 Tons de GNL

    Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


    Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
    comitecidadan@gmail.com
    www.comitecidadan.org


    Información elaborada pola enviada polo:
    Comité Cidadán de Emerxencia
    -comitecidadan@gmail.com-
    26 de dezembro de 2009 22:55
    _________________________________

    Enlaces e documentos de interese:
    _____________________________

    Empresarios


    Por Eduardo Fra
    27.12.2009


    Aqueles caciques, se saían da lei, buscábanche un enchufe na mili ou un traballiño, dependendo do compromiso. Os señores da terra aparecían nas historias como pais benfeitores, e mais defensores do pobo, por ser xente armada. Debíaslles respecto e reverencia. As familias nobres tiñan boas sepulturas historiadas nas igrexas. Así cerrábase o círculo da reverencia. ¿Quen non quere adornar con literaturas a súa profesión, a súa posición social e a propia familia? Agora os empresarios tamén queren aparecer como benfeitores sociais. Son moi finos falando e din frases graciosas como a de que “dan traballo”. Como se fosen unha ONG da caridade. Nunca lles escoitaredes dicir: “Compramos traballo, cando o necesitamos. E por hora de traballo pagada gañamos unha plusvalía. O negocio é o negocio”. Falar así é de groseiros brutos, En fin, que os empresarios, igual que aqueles señores feudais, a quen chamaban oficialmente pais do pobo, levan camiño de aparecer como os novos pais da patria. Hai modelos. Fixeron do Cid un exemplo de señor daqueles tempos da reconquista. Agora os empresarios elixiron a un señor como dirixente. Este salvador chamou ao presidente do Goberno ignorante e causante da crise. Díxoo despois de cear co sr. Rajoy, líder da oposición. Este empresario non lle contou a Rajoy que a súa empresa era un pufo, que debía aos traballadores varios meses de paga, que vendeu miles de billetes de avión sen ter avións... Había que revisar tamén o modelo do Cid, como señor cabal, non vaia ser o demo.

    Publicado no xornal comarcal Diario de Ferrol
    ________________

    Sacando caretas no asunto Recimil

    Estimados compañeiros: ante a imposibilidade de respostar a quen se empeña en insistir sobre a conveniencia do derribo do meu barrio (e da miña casa), envíovos algo de información, para que saibades...

    TAU Promociones S. A. y Recimil

    Na sección de Ferrol da “Coz de Galicia” do Sábado día 19 de decembro, aparecían dúas opinións sobre o futuro do barrio de Recimil.

    Unha delas a favor da rehabilitación, correspondente á Sra. Fernández Lemos, presidenta da Delegación en Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia, coherente co posicionamento desta entidade, que xa no ano 2005 dedicara a Recimil o día mundial da Arquitectura, polos seus valores histórico-urbanísticos.

    A outra a favor da derruba, correspondente ó Sr.Vázquez Liaño, Director do Grupo TAU, radicado en Coruña, e que se dedica a grandes operacións de derruba e reconstrución.

    Da primeira non vou facer comentario, porque a opinión dos arquitect@s ferroláns é de sobras coñecida.

    Da segunda quero facer unha serie de puntualizacións, para intentar que o persoal interesado no tema, teña o maior número de elementos de xuízo.


    Por exemplo:

    Di o Sr. Vázquez, que os arquitectos José Fonseca e outros, proxectaron a barriada desde Madrid, “interpretando equivocadamente las teorías e ideologías que formaban parte de las directrices del Plan Pedreira de 1929”. Pero resulta que José Fonseca foi un dos máis prestixiosos arquitectos do século pasado con numerosas e importantes obras en Madrid e que non parece posible que se equivocase na interpretación das intencións do proxecto Rey Pedreira, se temos en conta o parecido case exacto con aquel proxecto.

    Fai referencia o Sr. Vázquez a unha opinión da Dirección Xeral de Patrimonio, redactada do seguinte xeito:

    En opinión da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural non se pode afirmar que:"(...) El actual barrio de Recimil tenga los valores artísticos o antropológicos, en todo caso el valor histórico que pudiera tener es más teórico que real puesto que la propuesta original de Rey Pedreira fue desvirtuada y el valor cultural desde el punto de vista urbanístico, arquitectónico y social basado en el ideario del Movimiento Moderno se vio adulterado y trastocado en su realización y construcción";.

    Aínda sen ter en conta que o paragrafo está intencionadamente cortado con ese entrecomiñado que no documento orixinal non existe, debería estar ben clara a intención dos redactores de non “mollarse”, pois se non poden afirmar que teña eses valores, tampouco os negan.

    Mais este pequeno detalle non tería maior importancia se non fose que:

    1).- O Grupo TAU xa tentou meterlle man á derruba do barrio no ano 1996, en contactos coa Asociación de Veciños, cun proxecto que lles puxo os pelos de punta ós técnicos que o viron. Temos os debuxos daquel proxecto, que trataremos de enviarvos noutro correo.

    2).- En xaneiro do 2005, PP+IF aprobaron o “Expediente de desafección do barrio de Recimil de Ferrol”, documento no que apoiaron a súa petición á Xunta de descatalogación do barrio.

    Este expediente, cheo de mentiras e verdades a medias que amosaban o descoñecemento que do barrio tiñan os autores, a máis de algún insulto para os veciños (degradación social, tráfico de drogas) foi redactado precisamente polo Grupo TAU, que seguramente era consciente da trapallada que estaba a facer, pois NON firmaron o citado Expediente, que resulta ser un panfleto anónimo, pois ningunha firma o avala.

    E como soubemos que foi Tau quen o fixo? Porque temos o documento que xustifica o pago de 11.944,40 euros (15 – 12 – 2004) ó Grupo Tau Coruña S. L., como “Honorarios Expt. Desafección Barrio Recimil”.

    Velaí o interese do Sr. Vázquez Liaño, (“profesional das derrubas”), en arrasar as Casas Baratas de Recimil.

    Asociación San Fernando - Recimil.

    Enviado por:
    sanfernanadorecimil
    -sanfernandorecimil@mundo-r.com-
    24 de dezembro de 2009 19:48

    _________________________

    A 20 anos da invasión a Panamá familiares de caídos reclaman xustiza [Vídeo]


    Máis de 26 mil efectivos militares nortemericanos e proximadamente 400 bombas lanzadas a barriadas populares de Panamá, foron suficientes para devastar un país, que á día de hoxe aínda reclama xustiza.

    Tras dúas décadas da noite fatídica do 20 de decembro de 1989, cando marines estadounidenses invadiron a nación centroamericana, deixando ata agora, un incalculable número de vítimas, a Asociación de Familiares de Caídos, demandaron este domingo xustiza pola agresión á que foron sometidos.

    Dirixentes da organización esixiron que a data sexa declarada Día de Loito Nacional, como unha homenaxe a quen perderon a vida na agresión norteamericana.






    A noticia en Telesur: telesurtv.net

    _______________

    Señoritos


    Por Eduardo Fra
    26.12.2009


    Cando era pequeño meu pai dábame leccións de socioloxía, sen querelo chamar así. Camiño das viñas, para chaspodar en febreiro ou podar no seu tempo, ou cavalas ou arrincarlles os mamóns, sinalaba a un home e dicía: “Ese é un señorito. Vive sen traballar e de rendas”. Daquela un labrego cedíalle o paso e quitábase a boina ante él e lle respondía: ¿mande? “Os señoritos -meu pai nisto era radical- son a desgracia de España, porque non so non traballan, se non que desprezan o traballo e poñen a súa vida como un exemplo”. Pasou o tempo e agora todos buscamos o traballo como un ben precioso. Había palabras para distinguir as clases: En Ferrol “Lefre de caldereta” determinaba unha posición social baixa. Unha asociación cultural nolo recorda. O señoritismo aparentemente non o hai, pero eu sospeito que algo no que vivían instalados tanta xente é difícil que deixe de existir de boas a primeiras. Nos anuncios de certos productos de luxo vexo ramallazos de señoritismo. Lin que se vendían uns chalés cunha “paisaxe exclusiva”. Tamén lin dun colexio privado que dicía: “Formamos a futuros líderes”. Tiña pinta dun “college” británico e había xente moza pisando un “green” impecable. Todos rubios, espigados... Parecíanme señoritos, pero quizais ando equivocado e en realidade eran fillos de lefres de caldereta, bolseiros do estado, admitidos por unha lei anticlasista nese college. E despois están eses programas de xente ociosa que cada pouco ten que ir a descansar a Sant Moritz ou sitios así.

    Publicado no xornal comarcal Diario de Ferrol
    ________________

    sábado, decembro 26, 2009

    Mensaxe de Ano Novo do Secretario Xeral da Federación Sindical Mundial -FSM- [Texto e Vídeo]


    Estimad@s amig@s, traballadores me traballadoras, campesiñ@s pobres, desempregad@s, persoas sen fogar, irmáns e irmás de África, Asia-Pacífico, América Latina, Europa e Oriente Medio, en nome da directiva da FSM desexámoslles saúde e forza para o novo ano 2010.

    Atopámonos nun período de crise económica internacional. Aumentan o desemprego, a pobreza e a carestía dos alimentos básicos. As guerras imperialistas producen novos refuxiados e novas catástrofes. Os beneficios dos capitalistas aumentan. O pasado ano, a clase obreira levou a cabo grandes loitas masivas e efectivas. No novo ano, as novas loitas poden e deben ser ata máis fortes, para reforzar aínda máis o Movemento Sindical en todo o mundo. A FSM estará na primeira liña destas loitas co obxectivo de defender:
    • Os dereitos de todos os traballadores e traballadoras, os moz@s e as mulleres, por un traballo estable con bos salarios e liberdades sindicais.

    • Os dereitos de todas as persoas á sanidade pública, a educación e a seguridade social.

    • A supervivencia d@s inmigrantes e os refuxiad@s.

    • O cesamento dos despedimentos e as privatizacións.

    • A protección do medio ambiente e a calidade de vida. Como afrontar os problemas derivados do cambio climático.
    Reforzaremos o noso Internacionalismo e Solidariedade co pobo de Cuba, cos importantes cambios Bolivarianos que teñen lugar en América Latina, cos pobos de África golpeados polo fame e a SIDA, cos pobos de Asia para abolir o traballo infantil, cos pobos de Europa do Leste para frear a prostitución. Cos loitadores de Fonduras que loitan contra o golpe de estado. Cos nosos irmáns e irmás en Colombia e en Filipinas, aos que asasinan organizacións paramilitares. Loitaremos polo cesamento de todas as guerras imperialistas, pola retirada de Israel de todos os territorios árabes e a fundación dun Estado Independente Palestino con Xerusalén por capital.

    Estimad@s compañeir@s,

    Para a FSM o 2010 é o ano da educación e formación sindical, con programas concretos de educación sindical en todos os continentes e en todos os países. Prestaremos especial atención aos mozos traballadores, que representan a esperanza para un mundo socialista.

    Desexámoslle á Clase Obreira Mundial saúde, forza e loitas efectivas.

    Decembro de 2009

    George Mavrikos

    Fonte: http://www.wftucentral.org/?p=2936&language=es

    Video da Mensaxe de Ano Novo do Secretario Xeral da FSM:


    Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=Qt65XoSS9wo


    Sitio web oficial da FSM:
    http://www.wftucentral.org/?language=es
    _________________________

    Díaz Ferrán, o empresario representativo de España

    Por Pascual Serrano/
    24/12/2009


    O representante dos empresarios españois non paga a nómina aos seus traballadores, queda co diñeiro da Seguridade Social, a súa empresa declarada insolvente polos xuíces alemáns porque debe a un banco dese país cinco avións, tampouco paga a Cajamadrid outros 27 millóns de euros que lle debe e aos clientes que pagaron polo servizo da súa empresa déixaos abandonados e deben ser atendidos polo goberno español co diñeiro de todos os cidadáns.

    Suxerir que todos os empresarios son iguais sería unha maldade ilícita e sen fundamento, este empresario podería ser un caso illado. O impresionante é que a Confederación Española de Organizacións Empresariais cre que esa persoa, Díaz Ferrán, dono da aerolínea Air Comet, é o adecuado representante do sector, a supraorganización de empresarios reiteroulle o seu apoio o pasado 16 de decembro cando insinuou a súa dimisión. De modo que que xa nos ofreceu a fotografía precisa dos empresarios españois.

    Non fai falta ningunha organización proletaria que se dedique a criticalos, o seu presidente ofrécenos a imaxe perfecta onde, segundo eles mesmos, reflíctese o empresariado español.

    Fonte: http://www.pascualserrano.net/noticias/diaz-ferran-el-empresario-representativo-de-espana
    ___________________________

    venres, decembro 25, 2009

    Constitúen a Comisión de Seguemento dos Orzamentos Participativos


    CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS DO CONCELLO DE FERROL

    Constitúen a Comisión de Seguemento dos Orzamentos Participativos.

    Está integrada por 12 persoas, representantes dos 5 barrios e parroquias nos que se executarán os proxectos elixidos e da Comisión Provisional de control de Participación Cidadá.

    O concelleiro Manuel Santiago explica que realizará o seguimento e control de expedentes e das obras executadas con cargo aos Orzamentos Participativos,pioneiros en Galicia.


    As 16 propostas xa aprobadas se entregarán ao alcalde, Vicente Irisarri, no pleno que se celebrará o 29 de decembro.


    Ferrol, 23 de decembro de 2009.-

    O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, deu conta esta mañá da constitución dun novo espazo de participación: a Comisión de Seguemento dos Orzamentos Participativos, proceso pioneiro en Galicia que convirte a Ferrol na primeira cidade da Comunidade Autónoma na que os veciños e veciñas do municipio teñen a oportunidade de elixir os proxectos que serán financiados con cargo a unha partida dos orzamentos municipais, de 350.000 euros.

    A dita comisión, tal e como indicou o edil, foi constituída onte no Teatro Jofre, nunha reunión na que participaron o Grupo Motor, as Mesas de Propostas e a Comisión provisional de control de Participación Cidadá.

    Este novo órgano está integrado por un total de 12 persoas: 2 representantes, xa nomeados paritariamente, de cada barrio e parroquia no que se estivo executando o proceso (Santa Mariña, San Pablo de Catabois e San Xoán de Filgueira-Bertón, no caso da zona urbana, e San Xurxo e Doniños, no ámbito rural) e outros 2 representantes que formaban parte da comisión provisional de control -estes serán seleccionados proximamente-.

    As súas funcións, segundo explicou o concelleiro de Participación Cidadá, é a definición das actuacións que se levarán a cabo relativas ás 16 propostas que foron aprobadas recentemente nas asembleas urbana e rural celebradas os pasados 12 e 20 de decembro, respectivamente, toda vez que estas precisan da redacción concreta de proxectos de intervencións (obras e actividades).

    Neste senso, Manuel Santiago subliñou que está prevista a creación dun espazo de encontro co persoal técnico e iniciar un diálogo entre a cidadanía. Así mesmo, esta Comisión de Seguemento terá como cometidos o seguemento e control de expedentes e das obras e actividades realizadas, unha vez sexan executadas.

    A Comisión de Seguemento dos Orzamentos Participativos continuará funcionando baixo os criterios deste proceso participativo, xa que será o enlace cos veciños e veciñas en cada un dos barrios e parroquias obxecto das actuacións seleccionadas, recollendo información sobre o terreo dos avances destas propostas e informando á cidadanía do estado dos correspondentes expedentes, así como do nivel de implementación destes programas.

    Unha vez iniciada a avaliación do proceso, en xaneiro de 2010, irase perfilando o novo modelo de Orzamentos Participativos para o vindeiro ano, no que se incorporarán máis zonas ao proceso.

    Para esta avaliación serán convocados os membros do Grupo Motor, Mesas de Propostas e Comisión Provisional de Control dos procesos de participación cidadá. Neste senso, o equipo técnico encargarase da preparación de toda a información recollida desde o pasado mes de xullo nas numerosas xuntanzas de traballo -charlas informativas, sesións de elaboración do regulamento co Grupo Motor, reunión das Mesas de Propostas ou a celebración das asembleas-.

    Outro dos aspectos que se tratou na reunión deste martes foi a valoración das asembleas de votación de propostas e o seu nivel de participación, ademais da preparación do acto de entrega das propostas cidadás ao equipo de goberno, previsto para o vindeiro martes, 29 de decembro.

    Este celebrarase inmediatamente antes do inicio da sesión plenaria -ás 18.00 horas- na que se aprobarán os proxectos por parte da corporación municipal. A este respecto, o edil Manuel Santiago avanzou que dúas persoas, representantes do proceso participativo na zona urbana e rural, farán entrega dun dossier coas 16 propostas aprobadas nas asembleas co obxecto de que o alcalde, Vicente Irisarri, o presente á corporación.

    O montante total destas ascende a 347.803 euros, dos cales 200.616 euros corresponden aos barrios de San Pablo de Catabois, San Xoán de Filgueira e Santa Mariña, e 147.187 ás parroquias de San Xurxo e Doniños.

    Participación Cidadá.-


    Publicado por Participación Cidadá de Ferrol para PARTICIPACIÓN CIDADÁ-FERROL el 12/24/2009 12:03:00 AM

    Enviado por:
    Comision veciñal
    -comision.gap@gmail.com-
    24 de dezembro de 2009 16:03

    ______________________________

    StoryCorps: xente usamericana común e corrente contando as súas historias


    Desde Democracy Now! achegan-nos un documento sonoro moi interesante para a historia social de usamerica.

    StoryCorps:

    Proxecto de historia social usamericana grava a xente común e corrente contando as súas historias

    Escoitamos as voces de persoas, cidadáns e non-cidadáns, anciáns e mozos ao contar as súas historias uns a outros. Unha avoa cónta-lle ao seu neto sobre a súa propia nenez. Un mozo propon-lle matrimonio a súa noiva. Un soldado fala sobre a súa experiencia na guerra. Un pai recorda a un ser querido que morreu ...

    Todas estas historias son contadas por usamericanos comúns e correntes.
    Agora, miles delas serán conservadas para sempre en audio.

    Fai tres anos, o galardoado produtor de radio Dave Isay creou un proxecto de historia social nacional chamado StoryCorps. Agora ten o potencial de ser un dos proxectos de documentación de historias orais máis importantes, doado á Biblioteca do Congreso.

    Pode-se escoitar o audio en inglés
    :
    http://media.libsyn.com/media/democracynow/dn2009-1225-1.mp3 target="_blank"





    Enviado por:
    "Democracy Now! en Español"
    -spanish@democracynow.org-
    25 de dezembro de 2009 21:15

    _________________

    Enlace relacionado en español:

    http://www.storycorps.org/espanol
    ____________________________

    xoves, decembro 24, 2009

    Nova edición da revista "Pueblos", nº 40 do mes de Decembro de 2009



    Pueblos nº 40 - Decembro de 2009

    23-12-2009

    Presentámosvos o sumario do último número da Revísta Pueblos. Nesta ocasión achegámonos a catro países de Centromérica para analizar algunhas certezas e outros tantos interrogantes. Na sección "Comunicación" ofrecémosvos unha análise sobre "a construción mediática da prostitución" e un artigo sobre o tratamento informativo de cuestións relativas ao Islam. Na entrevista, conversamos co africanista Ferrán Iniesta Vernet. O noso "Dossier" dedícase neste caso á análise de 5 casos de explotación por parte de empresas transnacionales e as súas resistencias, mentres a sección "Miradas" centra a súa atención na Xustiza Universal. En "Cooperación" presentamos "a outra cara do microcrédito e unha visión sobre o fenómeno do fame". Pechan esta edición as críticas de literatura, música e cine habituais.

    Como manteñen a Somalia no caos as potencias coloniais.
    Entrevista a Mohamed Hassan
    Gregoire Lalieu e Michel Collon | 18-12-2009
    Somalia tiña todo para ter éxito: unha vantaxosa situación xeográfica, petróleo, minerais e algo máis ben raro en África, unha soa relixión e unha soa lingua para todo o seu territorio. Somalia puidese ser unha gran potencia da rexión? Como se afundiu este país? Por que desde fai case vinte anos non hai un goberno somalí? Que escándalos ocúltanse detrás destes piratas que secuestran os nosos barcos? Neste novo capítulo da nosa serie Comprender o mundo musulmán, Mohamed Hassan explícanos por que e como as potencias imperialistas aplicou en Somalia unha teoría do caos.

    FAD: reforma ou maquillaxe?
    Dani Gómez-Olivé/ODG | 17-12-2009
    Cando o pasado 6 de novembro o Goberno aprobou en Consello de Ministros os Proxectos de Lei de reforma do controvertido Fondo de Axuda ao Desenvolvemento (FAD) parecía que, por fin, chegara a hora da verdade para tan esperada revisión. No entanto, logo de ler devanditos textos, a decepción non pode ser máis profunda. Dado que os proxectos de Lei chegan ao Parlamento con case dous anos de atraso non se pode afirmar que o Goberno non tivo tempo para unha modificación máis intensa. Por iso, debemos pensar que o problema radica na concepción mesma do que debería supor este cambio.

    Un mundo en crise ingresa ao ano do tigre (2010)
    Vicente Otta R. | 17-12-2009
    No horóscopo chinés, o ano 2010 é o ano do tigre, que depara prosperidade e ventura aos nados baixo este signo. En extremo oriente afirman que é o ano do tigre asiático. Neste artigo imos tratar de albiscar algunhas perspectivas de futuro nalgúns dos temas máis candentes do momento.

    Feministas nas rúas granadinas
    María Viadero
    Os días 5, 6 e 7 de decembro tiveron lugar en Granada as Xornadas Feministas Estatais tituladas Granada, trinta anos despois: aquí e agora organizadas pola Asemblea de Mulleres de (...)

    Apoio público ás transnacionales españolas, incoherencia e anticooperación: o caso de CESCE
    Mónica Vargas
    Cada ano o Estado español destina millóns de euros das arcas públicas ao apoio da internacionalización da empresa española, ou sexa, das transnacionales españolas, mediante diferentes (...)

    Intelectuais españois e o problema do Sahara Occidental
    Pasqual Moreno Torregrosa
    O escritor Juan Goytisolo publicou un artigo no País do mércores 9 de decembro titulado: Condenados a non entenderse?, que como mínimo é desconcertante. E o é porque todos (...)

    MÁIS ARTIGOS:
    • Optimismo oficial vs. rescate do clima común // Joan Buades
    • Seattle 10? un clima para unha soa humanidade // Joan Buades
    • Honduras: a historia (e a democracia) ao revés // Andrés Cabanas
    • Atentados en clave pre-electoral: a resistencia condena a matanza de civís // Pedro Vermello Pérez
    • Poxa climática: o espellismo dos cheques caritativos // Joan Buades
    • Sayyed Mansur Nadiri: "Canto antes retírense as tropas de Afganistán, mellor" // Paul Grasse/Marx21
    • O público inimigo // Alejandro Pedregal
    • Karakoleka: Grupo de consumo ecolóxico en Madrid // Toño Hernández
    • Campaña pola defensa das variedades tradicionais e as sementes libres // Rede de Sementes "Resembrando e Intercambiando "

    Revista "Pueblos":

    Enviado por:
    Revista PUEBLOS
    Gran Vía, 40 - 5º - 2
    28013 MADRID (España)
    Tfno y fax : (34) 915233824
    Correo electrónico: redaccion@revistapueblos.org
    Web: www.revistapueblos.org

    23 de dezembro de 2009 12:00
    __________________________

    mércores, decembro 23, 2009

    Um amigo preso em Israel: Jamal Juma, coordenador de "Stop The Wall", integrante do Fórum Social Mundial


    Um amigo preso em Israel

    Por várias vezes estivemos com Jamal Juma, coordenador de Stop The Wall (pelo fim do muro e ocupação da palestina), integrante do Fórum
    Social Mundial e que agora está organizando com parcerias do Brasil o Fórum Mundial de Educação na Palestina, previsto para outubro de 2010.

    É uma pessoa de coragem e sensibilidade para a importância de se democratizar a comunicação no mundo. Em Belém, no último janeiro, ele juntou-se a nós para conversar sobre as iniciativas de comunicação compartilhada no Fórum Social Mundial e fazer a ponte com iniciativas na Palestina e Oriente Médio.



    Para terem uma idéia, no último Fórum, só conseguimos uma conexão direta com um jornalista na Palestina por meio de um gerador e um
    computador em algum lugar da Faixa de Gaza e esse contato foi cuidadosamente construído. Também queremos derrubar os muros.

    Em janeiro deste ano, Jamal é novamente esperado para avaliar 10 anos do FSM na grande Porto Alegre e participar da roda sobre a comunicação compartilhada 2010-11.

    Precisamos de Jamal livre!

    Nosso amigo foi preso dia 16 por autoridades israelenses, sem direito a visitas, sem explicação. O levaram de casa, e disseram à esposa que ele seria trocado por prisioneiros. Nada mais se soube, além de que haverá uma audiência amanhã, véspera de Natal aqui.

    Stop the Wall desencadeou a campanha internacional por sua libertação e queremos participar ativamente. É importante expressar apoio do
    movimento de comunicação no Brasil, das/os que estivemos na Confecom, das iniciativas compartilhadas nacionais e internacionais, a exemplo de Fórum de Radios, com Abraço e Pulsar no Brasil, e Amarc na América Latina, assim como do Fórum Social Mundial e do Fórum Mundial de Educação.

    No blog criado pela Stop the Wall, estão informes em inglês e espanhol. É possível enviar mensagens. No site da Ciranda, há notícia
    também em português.

    Por favor, circulem esta informação em todos os espaços que compartilhamos.


    Rita Freire
    ciranda.net

    Enviado por:
    rita@ciranda.net
    23 de dezembro de 2009 14:14
    __________________

    Evo Morales anuncia Cume Climático Alternativa



    Logo do fracaso do Cume de Copenhague, onde os países participantes non puideron conseguir un acordo para contrarrestar o cambio climático, o presidente de Bolivia anunciou un Cume Alternativo que se celebrara en Abril de 2010.

    Evo Morales presentou a proposta como o Cume Climático "dos movementos sociais", que intentará avanzar sobre o que non puido facer o Cume promovido polas Nacións Unidas.

    O cume de Copenhague non puido conseguir un acordo vinculantes nin metas claras para reducir o impacto ambiental do que son responsables principais os países máis ricos do mundo.

    Evo Morales, xunto con outros presidente de América Latina e o Caribe, denunciaron que Estados Unidos intentou impor un documento ambiguo e pouco comprometido.

    En consecuencia, opuxéronse ao acordo xunto coa maioría dos países que participaron do Cume, e o documento non foi recoñecido.

    Evo Morales asegurou que o cume alternativo "será unha conferencia para preparar, debater e presentar (propostas) ás Nacións Unidas sobre os dereitos da nai terra".

    A mediados do 2009, Morales foi declarado polo entón presidente da Asemblea Xeral da ONU, Miguel D´Escoto, "heroe mundial da nai terra" pola súa continua defensa do planeta.

    O foro, cuxa axenda atopar en etapa de consenso, terá como data principal o 22 de abril, Día Internacional da Terra, adiantou Morales. [PÚLSAR/Erbol]

    Nova relacionada:

    Países do ALBA rexeitan o documento final de Copenhague [22/12/2009]

    Fonte: AXENCIA INFORMATIVA PULSAR
    www.agenciapulsar.org
    pulsar@agenciapulsar.org
    __________________

    luns, decembro 21, 2009

    Por qué mentiron os medios de comunicación dun xeito tan xeneralizado ?


    Informe para o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

    Os pasados 2 e 3 de Decembro os medios de comunicación [TV, Radio e Prensa Escrita] en forma de titular e noticia de fundo, daban titulares como este:

    "El Parlamento Europeo cierra el expediente sobre Reganosa ... La comisión de peticiones del PE se encargó de tomar la decisión..." [El Correo Gallego - 03.12.2009 P. HERMIDA]

    Estaban-se referindo á Petición 1322/2007, presentada por Yolanda Díaz Pérez, en nome Esquerda Unida de Galicia, Jesús Ignacio Caselas Pérez, en nome da Federación Roi Xordo de AAVV da zona urbana de Ferrol, e Bernardo Bastida Sixto, en nome da Confraría de Pescadores de Ferrol sobre a apertura da planta de regasificación que Reganosa instalou en Punta Promontorio no concello de Mugardos.

    A petición foi presentada en Novembro de 2007 no rexistro de peticións do Parlamento Europeo, lugar onde se desprazou unha representación do Comité Cidadán, convidados polo grupo parlamentario de Esquerda Unida.

    A Petición 1322/2007 foi admitida a trámite o 7 de maio de 2009. Respaldando-se no disposto no artigo 202, apartado 6, do Regulamento do Parlamento Europeo, a Comisión de Peticións solicitou á Comisión Europea que facilitase información ao repeito do asunto.

    A Comisión de Peticións recibe o Informe da Comisión Europea que con data 25.9.2009 reenvia aos membros da Comisión de Peticións. Este documento baixo o Titulo: "Comunicación aos Membros", foi enviada a todos os membros do Pleno da Comisión de Peticións, así como  se fixo público na propia web do Parlamento Europeo.

    Este é o Documento que utilizan os medios para elaborar a súa noticia de suposto peche do expediente sobre Reganosa na Comisión de Peticións.

    Este Documemto que recolle na súa integridade o Informe da Comisión Europea, era un Documento que se tiña que tratar na Reunión Ordinaria do Plenario da Comisión de Peticións, do 1 e 2 de Decembro de 2009, onde se ía tratar a xa citada Petición 1322/2007, no ponto 32 de 91 puntos anexados máis que figuraban na orde do día.

    Documento da Reunión:
    http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/organes/peti/peti_20091201_1500.htm

    Os medios deron por suposto que na citada reunión plenaria da Comisión de Peticións o ponto 32 [Petición 1322/2007] ía ser tratado, pechado o expediente  e acordado o seu arquivo.

    Chegaron-se e dicer cousas como esta por parte de P. Hermida en "El Correo Gallego" do 03.12.2009:

    "Pero los eurodiputados no necesitaron ni un debate para archivar el expediente. La resolución atiende a las recomendaciones del Ejecutivo comunitario, partidario de 'no proseguir con el asunto ya que no tiene sentido ni hay irregularidades'."

    O Comité Cidadán de Emerxencia e Esquerda Unida, desmentiron o arquivo do expediente, máis non houbo nengún só medio que retificara, só publicaron algúns deles as notas das citadas entidades con anotacións ao marxe.

    Hoxe, 18 de Decembro de 2009, a Comisión de Peticións publica a Acta da Reunióm Plenaria celebrada os pasados 1 e 2 de Decembro de 2009 [En inglés], onde na súa páxina sete, no último parágrafo di textualmente:
    • Petitions 0669/06, 0878/2007, 1322/2007, 1831/2008, 0192/2009, 0302/2009 and 0439/2009 would be discussed in an upcoming meeting.

    • [Peticións 0669/06, 0878/2007, 1322/2007, 1831/2008, 0192/2009, 0302/2009 e 0439/2009 será discutido nunha próxima reunión.]
    E na súa páxina oito, no primeiro parágrafo di textualmente:
    • 92. Date and Place of next meeting
      Wednesday, 27 January 2010, 15.00-18.30
      Thursday, 28 January 2010, 09.00-12.30

    • [92. Data e lugar da seguinte reunión
      Mércores 27 de Xaneiro 27 de 2010, De 15:00 a18:30 horas
      Xoves 28 xaneiro de 2010, De 09:00 a 12.30 horas
      ]
    Esta é a seguinte reunión plenaria onde se vai tratar o asunto.

    É dicer a nosa Petición 1322/2007 vai-se tratar na Reunión Plenaria da Comisión de Peticións dos vindeiros 27 e 28 de Xaneiro de 2010.

    Enlace onde se pode abrir e baixar a citada Acta

    Como funciona a Comisión de Peticións [Moi interesante Video explicativo de pouco máis de tres minutos].


    Documentos referenciados:

    Algunhas mostras da noticia nos medios :

    Conclusión
    :

    Os medios de comunicación, mentiron á hora de dar a noticia, intencionadamente ou non, o caso é que mentiron, nuns casos daban a fonte da información en noticias de axencia [EFE], noutros falaban de "fontes parlamentarias" e noutros como correspondentes ou mesmo redactores sen mencionar fontes.

    Manipulación, falta de rigor ou erro ... nalgúns casos que coñecemos a súa traxectoria "desinformativa" e manipuladora en todo o referente a Reganosa, non temos a menor dúbida. Mais noutros casos pode que sexa un erro ao non investigar as fontes.

    Mais en todos os casos, estes medios deberían dar unha explicación formal do seu "erro", e retificar publicamente.

    E as organizacións e persoas que aproveitaron esta manipulación para minar a credibilidade do Comité, na súa "cruzada" para o seu derrocamento, deberían retificar publicamente.


    Publicado no Blogue
    :

    Accións contra Reganosa nas Institucións Europeas

    Blogue de traballo do Colectivo Ártabra 21 para a loita contra o despropósito gasístico de Regano

    http://europa-e-reganosa.blogspot.com/
    ____________________________________