sábado, marzo 17, 2012

Solidaridade e apoio aos Meriscadores procesados - Os dias 22, 26 e 28 de Marzo 9 mariscadores comparecerán diante do Xulgado do Penal de Ferrol, polo acontecido en maio de 2007 - Reparto de Folletos Informativos

Tags

Solidaridade e apoio aos Meriscadores procesados - Campaña de Solidaridade cos mariscadores, promovida polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Os dias 22, 26 e 28 de Marzo 9 mariscadores comparecerán diante do Xulgado do Penal de Ferrol, polo acontecido en maio de 2007, cando o Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) levou a cabo as accións de protesta para impedir a entrada ilegal na Rïa dos primeiros gaseiros, cargados con GNL, rumbo a Reganosa e nas que participaron centos de persoas. O fiscal lles imputa os delitos de resistencia e grave desobediencia á Autoridade, e solicita penas que van desde máis de 3 anos para o expatrón maior a dous ou inferiores para os restantes.

Lembramos que a planta de gas de Reganosa e unha instalacion ilegal, perigosa, deficitaria e innecesaria que acelera a destrución do ecosistema da Ría. Prevista a súa instalación no Porto Exterior, foi relocalizada no interior da Ría somentes, para facilitar ao grupo Tojeiro unha operación especulativa que lle reportou preto de 5.000 millons das antigas pesetas.

Nun primeiro momento a Fiscalia inmputou a 63 mariscadores, que logo rebaixou a 9, ademais desestimou a autoinculpación das persoas do CCE que participamos na acción. A estratexia da fiscalia pretende diluir a causa real do conflito: a planta de gas de Reganosa e que o xuizo teña a menor repercusión pública.

A defensa da Ría de Ferrol non só compete aos mariscadores/as. O conxunto da cidadanía témola que defender. E inaceptable a persecución dese colectivo pois é vítima dunha situación cuxos responsables seguen actuando con total impunidade.

O CCE chama a cidadanía, a todas as orgaizacións patidarias, sindicais, entidades cívicas, ecoloxistas, a expresar a súa solidaridade co colectivo dos mariscadoras/es, na defensa do emprego, da Ría e da súa recuperación, mediante comunicados públicos e actos de apoio e acompañándoos os días 22, 26 e 28 de marzo diante dos Xulgados de Ferrol.

Asemade solicitamos de todos os colectivos e particulares sensibilizados, a axuda economica para afrontar a defensa xurídica dos mariscadores procesados, que podese facer efectiva a través da seguinte conta bancaria no Banco de Santander [Pedimos desculpas por ter que poñer o nome deste banco no noso Blogue - Pedimos ao Comité que considere cambiar a conta para a banca ética canto antes], titular: Luz Marina Torrente e outros, en concepto de “axuda defensa xurídica a mariscadores”, C.C.C.: .0049 3315 77 2894017995

Engádese Folleto do CCE en apoio aos Mariscadores

Máis información en "Praza Pública"

Entrevista cos mariscadores: "Sentímonos uns cabezas de turco. Isto é unha persecución para que sexamos submisos", por Marcos Pérez Pena.
|Entrar en Praza Pública|

"Estamos pagando o gas máis caro para encherlles os petos a algúns, para compensar o déficit de Reganosa", entrevista co compañeiro "Lalán".
|Entrar en Praza Pública|

Nemesio Barxa: "A acusación contra os oito mariñeiros é unha acción premeditada das forzas da orde e do propio xulgado
|Entrar en Praza Pública|

AVISO:

O Sábado 17, e o Domingo 18 de Marzo, ás 10 da mañán, frente ao Teatro Jofre, @s membros do Comité Cidadán de Emerxencia farán distribución de Folletos Informativos, solidarizándose cos Mariscadores procesados.

Todas e todos estades convidados a achegarse por alí e axudarnos na distribución.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
...........

Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de março de 2012 00:04
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon