xoves, xaneiro 24, 2013

Posicionamento do Consello Local de Esquerda unida sobre o trazado escollido por Fomento para a conexión mediante ferrocarril do porto exterior - O Grupo Municipal presenta unha moción ao Pleno do Concello de Ferrol

NOTA INFORMATIVA  ESQUERDA UNIDA FERROL.

O GRUPO MUNICIPAL PRESENTA UNHA MOCIÓN AO PLENO DO CONCELLO DO PRÓXIMO XOVES, DÍA 31, INSTANDO A ESIXENCIA AO MINISTERIO DUNHA RESPOSTA CLARA ÁS ALEGACIONES PRESENTADAS POR DISTINTOS ORGANISMOS, ORGANIZACIÓNS E ASOCIACIÓNS CON RESPECTO AO TRAZADO ESCOLLEITO PARA COMUNICAR O PORTO EXTERIOR MEDIANTE FERROCARRIL.
O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTA NOVAMENTE A SÚA OPOSICIÓN AO TRAZADO MÁIS AGRESIVO CO NOSO MEDIO  E ANUNCIA QUE PARTICIPARÁ E APOIARÁ CALQUERA ACCIÓN E PROTESTA CIDADÁ CONVOCADA .

O grupo municipal de Esquerda Unida presenta unha moción esixindo que o pleno do Concello interpele ao ministerio pedindo unha resposta clara ás alegaciones presentadas ao trazado ferroviario (denominado sur) ao porto exterior por distintas institucións, asociacións e organizacións incluído o propio Concello e Esquerda Unida. O grupo municipal pedirá ademais un posicionamiento contrario a unha opción que, co único motivo de aforrar diñeiro nun investimento necesario para a nosa cidade,vai significar un ataque case definitivo contra a nosa ría, un ben  que todos debemos estar de acordo en preservar como se merece.

O coordinador local de Esquerda Unida, Suso Basterrechea, manifesta que o necesario enlace por ferrocarril do porto exterior, cuestión na que a citada organización realizou diversas xestións nas institucións nas que ten representación, non pode significar unha agresión terrible sobre unha ría, a nosa, que xa se atopa nun estado lamentable.

Suso Basterrechea sinala que Esquerda Unida sempre defendeu unha economía sostible, respetuosa co medio ambiente e que permita a convivencia de distintas actividades e fontes de riqueza. A ría, elemento fundamental na nosa comarca, vai ser novamente castigada co único propósito de aforrar nun investimento económico que esta cidade merece e que permitiría un enlace moito menos daniño para a contorna e o conxunto da cidadanía. A ría é a maior garantía para o futuro da nosa comunidade.

Por todo isto EU Ferrol apoiará e acudirá a calquera convocatoria realizada polo tecido asociativo da nosa cidade.

Ferrol, 23-xaneiro, 2013

Alegacións presentadas, o 28 de Abril de 2010, por Esquerda Unida:
Alegacións ao Estudo informativo de accesos ferroviarios ás obras de ampliación do porto de Ferrol (porto exterior) en cabo Prioriño.


Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol


eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
24 de janeiro de 2013 10:38

Bon día. Adxuntamos nota informativa do Consello Local de Esquerda unida sobre o trazado escollido por Fomento para a conexión mediante ferrocarril do porto exterior. Enviamos tamén as alegacions que, no seu día, Esquerda Unida presentou ao trazado proposto polo Ministerio de  Fomento.
Saúdos.

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon