terça-feira, junho 05, 2007

Desoíndo o clamor popular de liberdade para Bastida, o xulgado ven ratificar a prisión provisional do Patrón Maior do pósito Ferrolán


Desoindo o clamor popular de liberdade para Bernardo Bastida que supuso a manifestación, de máis de 5.000 persoas, deste pasado domingo, 3 de xuño; das máis de 1.000 autoinculpacións asinadas por cidadás e cidadáns; as diferentes peticións de liberdade, de representantes sindicais, sociais e políticos da comarca e doutras partes da Galiza; da Federación Galega de Cofradías de Pescadores; da case a totalidade das organizacións ecoloxistas da Galiza; de institucións municipais da Comarca e alcaldes; a titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 6 de Ferrol, veu ratificar hoxe a prisión provisional sen fianza para Bernardo Bastida, o Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol, detido o pasado 29 de maio e dictada a súa prisión provisional ao día seguinte, por orden da xuiz de instrución Elvira Méndez Ibias.


O avogado defensor de Bastida, Víctor Manuel López, pideu a petición de liberdade para o compañeiro pois as acusacións de desobediencia á autoridade, ameazas, coaccións e desordes públicas, polo bloqueo contra Reganosa, non son máis que palabras que se utilizan para inculpar ao Patrón Maior, por participar como moitos centos de cidadás e cidadáns na defensa da Ría, a vida e a legalidade democrática. O avogado, do comité Cidadán de Emerxencia recorrerá este auto, indicando que este tipo de medidas non son as habituais e engadiu que a mesma resolución xudicial pon en dúbida a existencia dun delito de desordes públicas, que sería o máis grave, polo que cre que non hai argumentos suficientes para unha acción penal contra Bastida.

O compañeiro Bastida entregou unha carta en forma de declaración antes de ser levado para a prisión de Teixeiro, na di que se consideraba un preso político e que comezaría unha folga de fame.

[Texto completo da Carta de Bastida, copia do orixinal, nos Arquivos Ártabros]

Agardamos a convocatoria da Asemblea Cidadá e un comunicado, do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, polo que seguiremos informando.

Bastida Liberdade !!

Fóra REGANOSA por ilegal e perigosa !!

Planta de Gas Fóra da Ría !!
_________________________

2 comentarios

Este comentário foi removido por um administrador do blog.

Escluim a postagem anterior porque os que estám ao serviço de REGANOSA já tenhem ao Grupo Voz para intoxicar, silenciar e manipular todo o que queiram, ademais por desgraza commuita difusiom.

Inácio M. Orero

Administrador e desenvolvedor do Blog


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon