domingo, junho 10, 2007

A Marcha pola defensa da Ría e pola Liberdade de Bastida chega até a prisión de Teixeiro

Máis de 150 marchistas conseguiron chegar até a prisión de Teixeiro, para esixir a Liberdade do Patrón Maior da Cofradía de Ferrol que se atopa inxustamente encarcerado desde o pasado 29 de maio. A Marcha reivindicativa e solidaria reagruppouse na vila de Teixeiro antes de coller o tramo final de 6 Km que lles separaba do Centro Penitenciario onde está encarcerado Bernardo Bastida.

A 5 Km do obxectivo, un grupo procedente da comarca ferrolán xuntouse coa marcha que estaba no seu tercer día de camiñata. Foron cinco quilometros de berros: Bastida Liberdade ! Non estamos tod@s falta Bastida ! A Ría é nosa e non de REGANOSA ! Membros do Colectivo "A Revolta" acompañaron parte do traxecto sen deixar de tocar as gaitas, bombo, tamboril e pandireta. varios centos de persoas foronse somando á marcha e outras agardaban xa nas inmediacións da prisión. As portas do estacionamento estaban abertas e non houbo problema en realizar o acto reivindicativo mesmo na esplanada, onde chegamos a ser case 1.000 persoas, na súa maioria mariscadores e mariscadoras da Ría e familiares, mais non faltaron membros do Comité Cidadán de Emerxencia, co seu coordenador, Carmelo Teixeiro, todo o tempo exultante polo logro tan importante de seguir rompendo os muros de silencio que hai construídos ao redor da loita contra a planta de gas que REGANOSA ten dentro da Ría de Ferrol, foi o encargado de leer o comunicado do Comité Cidadán ... Tamén estivo a Coorddanadora Nacional de Esquerda Unida e concelleira de Ferrol, Yolanda Díaz e membros de diferentes organizacións ecoloxistas da comarca.

Non hai a menor dúbida de que as mariscadoras e mariscadores son os verdadeiros protagonistas da xornada e da loita para expulsar a planta de gas da Ría, o seu portavoz Xaime Gabarri, unha vez mais centra o debate, denuncia e pon o dedo na chaga: "Non somos biólogos, nen técnicos, mais non somos tontos, ... nos estabamos primeiro que REGANOSA... eles son os que teñen que vir a falar con nós, mais antes que solten ao Patrón Maior... A Xunta ten que falar directamente con nós sen intermediarios sen intermediarios que desvirtuen e manipulen a información, coa documentación acima da mesa ...

________________________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: artabra21@gmail.com

Para ampliar clicar acima da foto

_______________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
Asociación Veciñal Ferrol-Vello

Para ampliar clicar acima da foto

______________________________

A Marcha a Teixeiro segundo os medios galegos nas súas edicións dixitais:

Diario de Ferrol -1-

Diario de Ferrol -2 Editorial-

Galicia-Hoxe

Vieiros

De Luns a Venres

El País - Galicia

El Correo Gallego

La Opinión de A Coruña

Faro de Vigo

El Progreso - Lugo-

La Región -Ourense-

Xeración WEB

O Xornal

GZNación

La Voz de Galicia

El Ideal Gallego

Noticias de Galicia
____________________


Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
[Blog actualizado a 11 de xuño de 2007 10:00 hrs]
________________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon